O Pazo do Outeiro de Maíndo (Couso)
José Manuel Bértolo Ballesteros e Luís Ferro Pego
O pazo de Maíndo, situado na parroquia de Santa María de Couso, cunha orixe de carácter militar, xa existía a principios do século XIV Da súa antigüidade tamén nos fala unha lauda sepulcral de 1530 que está no pazo e que pertencía a María Suárez de Reino, nai doutra señora do mesmo nome que casou dúas veces, unha co alférez da Capitanía do Reino de Galicia don Roi Suárez de Reino, devanceiro dos condes de Ximonde, e outra o 4 de xuño de 1558 con Ares Fernández Miranda, cuxo apelido e descendencia dará nome a casa de Miranda en Pearo na parroquia de Santeles. Esta María Suárez de Reino foi quen fundou en 1556 o morgado deste pazo de Maíndo.
O seu fillo Roi Suárez de Castro casou con Isabel de Ribera, cuñada de Gómez Rodríguez de Sotomayor e Riobó, señor da casa de Preguecido na parroquia de Aguions. Tiveron unha filla chamada Apolonia de Castro Ribera que casou con Pedro González de Cisneros, pertencente a unha familia nobre de Santiago e que era dona da xurisdición de Ximonde. Deste xeito non só cambia o apelido dos donos de Maíndo senón
que tamén cambia o uso do pazo que pasa a ser unha vivenda secundaria ou de recreo.
A partir deste momento os descendentes enlazan matrimonialmente sempre con familias adiñeiradas de xeito que, como o di o estudoso desta casa Héitor Picallo, “todas estas unións sacramentais que se foron producindo no decurso dos tempos e que ligaron principalmente aos Reino cos Ribera e Cisneros, e logo estes cos Mendoza, Figueroa e Sarmiento sempre resultaron, a cada cal mellor, favorables e favorecedoras do tronco señorial” (PICALLO, H. Maíndo... Miscelánea Histórica e Cultural A ESTRADA).
A Pedro e Apolonia sucedeulles o seu fillo Bernaldino Cisneros, que casou con Catalina Guevara Mendoza, de orixe pacense, e foi deputado por Santiago da Xunta do Reino de Galicia, cargo que terán os seus descendentes, como o seu fillo Antonio de Cisneros Mendoza ou o seu neto chamado tamén Bernaldino. Este foi o avó de Juan Antonio Bernaldino Cisneros de Castro (S.Miguel de Sarandón, 1725-Santiago,1798) que casou con Da. Manuela de Ulloa Cadórniga Lousada Pardo e Ribadeneira, e que tras ser vizconde de Soar foi nomeado conde de Ximonde o 17 de decembro de 1765.
O II conde de Ximonde foi o seu fillo Pedro María Ambrosio de Cisneros de Castro e Ulloa, home ilustrado, filántropo, mecenas de novos artistas, interesado polo progreso da agricultura, etc., e que en 1808 entrou a formar parte da Xunta Suprema de Defensa do Reino de Galicia durante a Guerra de Independencia. Tamén foi el quen, como padecía reuma, mandou construír unha casa para os baños en Cuntis tras comprobar a súa eficacia. Casado coa súa parente Agustina de Puga Cisneros da casa ourensá de Meréns, tivo como filla única e sucesora a Jacoba Cisneros.
Jacoba casou cun membro da casa de Preguecido, José Ma Bermúdez Acevedo Pardiñas e Villardefrancos. O matrimonio destacou polo seu comprometido apoio e axuda aos carlistas. Sen descendencia as múltiples posesións foron repartidos entre os membros das dúas familias, quedándolle o pazo de Maíndo a Gumersinda Puga, quen casou en segundas nupcias co profesor Jesús Novoa.
A súa filla Jesusa Novoa contraeu matrimonio con Salvador Lissarrague Molezún, pais da actual propietaria, chamada María del Carmen Lissarrague Novoa, quen coa súa familia utiliza a miúdo dito pazo.