Pazo de Valiñas (Callobre)
José Manuel Bértolo Ballesteros e Luís Ferro Pego
Pazo de Cervela ou de Valiñas está situado nun lugar delicioso, termos de Vilar, na parroquia de Callobre. Unida ao pazo hai unha capela advocación a San Bieito, hoxe pechada ao culto, e da outra banda un hórreo. Diante do pazo chama a atención unha enorme sobreira.
O pazo de Valiñas foi construído polos señores do Pazo de Preguecido na freguesía de Aguións, Baltasar Ribera e Soutomaior, fillo de Xoán Rodríguez de Ribera e Soutomaior e de Tareixa Mera Ulloa, e a súa segunda esposa Sabela Tareixa Fernández de Deza Taboada e Mondragón filla de Andrés Fernández de Deza, veciño de Cervaña, e de Xoana de Mondragón e Castro, veciña de Santiago e irmá do I marqués de Santa Cruz de Ribadulla.
Baltasar e Sabela Tareixa, segundo unha testemuña, “durante a súa vida en Preguecido fabricaron unha casa no lugar de Valiñas co seu alto e o seu baixo e que trala morte do seu marido Sabela finalizou fabricando o alto da cociña e a súa cheminea e outras cousas, a súa cerca, portada e unha capela contigua advocación do patriarca san Bieito co seu retablo, imaxes e ornato, e unha muralla moi alta cercando a horta de catro ferrados”. A casa fabricouse “a cimentes”, é dicir, “sen que houbese fábrica algunha máis que soamente o terreo limpo”. Fíxose de cantería e cachotaría cos obreiros da freguesía de San Miguel de Arca, un deles chamado Alberte, e a pedra tróuxose do monte de Ferreiros por carreteiros de Callobre. Tamén fixo un gran corredor de madeira na fachada principal. Para todo isto Sabela Tareixa contou coa axuda dos seus irmás Pedro Francisco, solteiro, que era o que gozaba do morgado, e de Bernardo, abade de Xestoso e logo de Cervaña. Logo fixo un gran plantío de árbores froiteiras en torno á casa e outro nos saídos sobre todo de carballos e castiñeiros. Unha destas árbores quizais sexa a sobreira corpulenta e centenaria, que esta contigua á casa e que Ramón Cervela cantou en belas estrofas no ano 1851 dedicadas á poetisa ullana dona Avelina Valladares. Sabela foi sepultada na capela maior da igrexa de Callobre en 1758. Tiveron catro fillos, pero sucedeulle nos bens de Valiñas a súa filla Ma Micaela Ribera Taboada e Soutomaior (Aguións, 1707) que casou en Callobre en 1728 con Xosé Casimiro Cervela Taboada, fillo de Antonio Cervela Teixeiro e de Gregoria Taboada Mariño de Lobera, señores da casa de arriba en Pazos de Arenteiro.
Ao parecer Antonio Cervela trataba a seu fillo Xosé Casimiro de xeito desaborido. Por iso, o cura de Preguecido invitou ao mozo a ir á súa casa, e alí ao cabo duns meses concertouse o casamento de Xosé Casimiro con María Micaela. Pouco despois da voda foron para a casa do seu pai en Pazos de Arenteiro onde foron ben
recibidos, pero aos poucos días as relacións seguiron tensas, pois Antonio non deixaba que se sentasen á mesa nin permitía que a nora participase no goberno da casa. Entón o fillo, que era o sucesor no morgado, pediulle a seu pai unha pensión por alimentos. Ante a súa negativa, puxo a cuestión en mans da Xustiza que ditaminou que Xosé debía recibir de seu pai 200 ducados anuais, dez moios de viño e cen ferrados de centeo. Porén, Antonio Cervela non se portou tan mal co fillo, pois ademais de pagarlle estudios en Santiago, deulle uns 4.500 reais con motivo da voda e 2.000 máis para unha cruz de ouro con diamantes para a noiva, segundo recoñeceu Xosé Casimiro.
A partir de 1730 Xosé Casimiro viviu na casa de Valiñas sen poder administrar ningunha das rendas paternas até que Antonio morreu en 1749. Foron pais de 15 fillos, sucedéndolles :
Xosé Casimiro Eusebio Cervela Ribera, (Callobre, 1740 Pazo de Arenteiro, 1808), contraeu matrimonio coa súa parente Hipólita Cervela en 1772 en Pazos de Arenteiro, onde tiveron a súa residencia principal. Sen embargo, continuaron vivindo habitualmente no pazo de Valiñas os seus sucesores, a saber, Ánxo María Bieito Cervela Cervela, (Pazos de Arenteiro,1782-Callobre 1836), Ramón Manuel Cervela Arias (Callobre, 1824-1871), Xulián Cervela Malvar (Santiago,1859-Callobre,1899), e Mª da Concepción Cervela Lira (Callobre, 18891974), que casou na colexiata de Sar en 1919 con Xosé Álvarez Noboa (1888-1959), natural de Salcidos e médico de profesión en A Garda. Foron os seus fillos:

- Xosé María Álvarez Cervela (A Garda,1922), casado con Xenoveva González e pais de dous fillos, Xosé Xulián, avogado en Porto Rico e Lois Xerardo, médico en Estados Unidos.
- Lois Ramón Álvarez Cervela (A Guarda, 1924) casou en A Coruña con Mª do Rosario Roberes Álvarez, sendo pais de Mª Cristina, Ma Xosé, Ma do Rosario e Lois Álvarez-Cervela Roberes.
- Mª do Carme ( A Guarda, 1925) casada con Román Pereiro Miguéns, médico en Vigo, foron pais de María do Carme, Manuel, Xenoveva e Beatriz, xa falecida.
- Ana María (A Guarda,1927), solteira.
- Álvaro María (A Guarda, 1931Vigo 2007) que casou en O Rosal en 1963 con Mª Rosa Rodríguez Martínez, nacida en Pancenteno (O Rosal). Tiveron dous fillos: Álvaro e Xosé Ramón. Actualmente, como Xosé María vendeu a súa parte, o pazo pertence aos irmáns Álvarez Cervela, Lois, Ma do Carme, Ana María e, por falecemento, aos fillos de Álvaro.