Castro*
Clara Iglesias Cortizo
- ADOUFE: provén de VILLAM ATAULPHI, por referencia a un posesor medieval chamado Ataulphus. Este é o antropónimo xermánico do que deriva o noso actual Adolfo, composto de atala, “nobre” e mais wulf, “lobo”.
- A ALBERGUERÍA: procede da palabra xermánica haribairgo e o seu significado é o mesmo que o de albergue “lugar de aloxamento, casa destinada para recoller pobres”. Descoñecemos se houbo tal establecemento neste lugar, mais é de supoñer que o topónimo indique que nalgún tempo existiu.
- A BURATA: trátase dun substantivo común que significa “cova ou abertura grande”. Na parella de substantivos burato/burata a flexión de xénero indica diferenza de tamaño, que é un dos posíbeis significados da variación xenérica na nosa lingua, de forma que o feminino indica “tamaño grande” e o masculino “tamaño pequeno”. Na toponimia galega, ademais da forma Burata rexístrase a variante Buraca nun lugar da parroquia de Cans, no Porriño. O substantivo presenta unha etimoloxía escura. É posíbel que proveña do latín vulgar FORATU, derivado de FORARE, “perforar”, de onde proceden o substantivo furado e o verbo furar. De todos xeitos, a cousa non está clara, posto que a evolución do /f/ inicial a /b/ resulta moi difícil de explicar, polo que algúns investigadores apuntan na dirección dun étimo prerromano, probabelmente celta. García de Diego remite ao celta *bora, de onde tamén fai derivar o francés dialectal bôre e bourette “burato”.O topónimo Burata indica normalmente unha depresión no terreo.
- A CARBALLEIRA: este topónimo presenta un lexema prerromano, incorporado moi cedo ao latín. Trátase da raíz prerromana karb-, “pedra”, que acabou por substituír a denominación latina para as árbores que agora coñecemos como carballos. O sufixo –eira é locativo e abundancial: o significado é transparente “bosque poboado de carballos”.
- CASTRO: do latín CASTRUM, “campamento militar fortificado”. A palabra castro úsase para designar os poboados da época prerromana e romana. É un topónimo moi abundante no noso país e tamén aparece con moita frecuencia como apelido. Parece lóxico pensar que este nome indica que existiu no lugar un destes asentamentos.
- COSTENLA: topónimo formado polo substantivo costa + o sufixo diminutivo enla. A palabra costa, como xa se dixo noutro lugar, procede do latín COSTAM, “costela, costado ou lado”. Deste significado inicial derivou ao actual “terreo en pendente”. En canto ao sufixo, provén do diminutivo latino –ELLA, que deu, segundo a área dialectal, ben –ela, ben –enla.
- A COVA: procede do latín vulgar COVA, “burato, oco”. Normalmente, este topónimo non fai referencia á acepción “gruta” que na actualidade lle damos normalmente á palabra cova, senón a depresións no terreo, fondais ou vales. Este é o caso no que respecta a este lugar.
- LAGOS: deriva do latín LACUM. O significado desta palabra, “masa considerábel de auga que non comunica directamente co mar”, parece que non acae ben na toponimia, na que son moi abondosas as formas tipo Lago e Lagoa. En realidade estes nomes de lugar adoitan facer referencia a terras moi húmidas ou campos enchoupados.
- PONTE: do latín PONTEM. É de supoñer que este topónimo debe facer necesariamente referencia a unha ponte que existe neste lugar.
- PRADO: trátase tamén, como o anterior, dun topónimo transparente. Procede do latín PRATUM, que tiña o mesmo significado que a palabra actual: “comunidade vexetal densa, húmida e verde”.
- SAN MIGUEL: haxiotopónimo que nomea o lugar onde está situada a igrexa da parroquia. É de orixe hebrea.
- O SEIXO: procede do latín SAXUM, “rocha, pedra”. Na toponimia adoita designar outeiros ou montes pedregosos; ou ben, lugares onde existe un grande penedo.
- A SILVA: deriva do latín SILVAM, “selva, bosque, maleza”. No paso do latín ao galego esta palabra sufriu un cambio semántico e pasou a designar “arbusto silvestre da familia das rosáceas cos talos cubertos de espiñas, que ten como froito a amora e adoita nacer nas beiras dos camiños e en terreos abandonados”. Seguramente, o significado da palabra silva na toponimia non se corresponde co actual, senón co orixinario en latín: “lugar boscoso”.
Os nomes da Estrada; ed. Fervenza, 2018
Castro (San Miguel)*
Manuel Reimóndez Portela
Parroquia coñecida de sempre, que se saiba con este nome. Ten por patrón a San Miguel Arcanxo, que ademais lle serve para distinguilas doutras parroquias co mesmo nome de Castro, aínda que non haxa no noso concello.
LINDES: Castro linda por todo o norte e parte do oeste co río Ulla, o río Grande como aquí se lle chama en moitas ocasións, polo oeste tamén linda con Gundián, que paradoxicamente pertence á parroquia de Ponte Ulla, Concello de Vedra, provincia da Coruña (deste "enclave'' falamos cando nos ocupamos de Gundián).
Polo leste linda con Cira, do Concello de Silleda, polo sur con Oca, da Estrada tamén, e polo oeste ten a Arnois.
Por razón do seu nome correspóndelle o posto número 13 seguindo a orde alfabética.
Polo que respecta á súa superficie correspóndelle o número 10 comparada coas súas compañeiras que compoñen o concello. Ten
478 habitantes de feito. Actualmente ten 298 habitantes.
COMUNICACIÓNS: a máis importante estrada que atravesa esta parroquia é a chamada de Callobre a Ponte Ledesma, ou sexa a provincial PO-2135. E faino desde o quilómetro 10 ata o 13 percorrendo a parroquia polo seu linde leste. Tamén a tan importante estrada nacional 525 roza só o linde sur do lugar da Burata, a ela ten a mellor saída.
Unha rede de pistas asfaltadas fan posible achegarse a cada un dos lugares, sendo as máis importantes a que desde o lugar da Carballeira chega ao Seixo (centro da parroquia) seguindo ata o lugar de Castro, e outra corta a esta perpendicularmente, vindo de Adoufe, preto do río Ulla por San Miguel e Constenla para cruzarse no Seixo e seguir cara a Lagos, Ponte e A Burata empalmando coa xa dita N-525. Desde Lagos parte outra cara a Moimenta de Arnois e o mesmo acontece cos demais lugares.
Camiños sen afirmar, en terra e outros empedrados saen destas pistas para dirixirse a montes e labradíos para o mellor servizo dos labores das terras.
Está sendo afectada polo trazado do tren de alta velocidade, proxectado en paralelo á liña actual do Ferrocarril Santiago-Zamora, entrando polo lugar de Prado e Constenla en trincheira para logo atravesar a serra en túnel, que vai saír a Gundián para atravesar o río Ulla por un viaduto que enlazaría co túnel da Serra do Pico.
Camiño Real: este camiño viña de terras ourensás por Deza e Trasdeza, entrando neste concello por San Marcos en Orazo e na parroquia pola Sobreira, cruzándoa de leste a oeste, pola Carballeira, O Seixo, A Burata e Ponte, onde xa pasaba a Ponte Ulla cara a Compostela.
Este denominado camiño real pertence ao trazado do Camiño de Santiago polo sueste, que chega de Loimil e entra na parroquia polo lugar da Carballeira, na que podemos desviarnos en dirección A Estrada uns 500 m para chegar ao lugar da Alberguería, que como o seu nome indica foi un lugar de albergue e os veciños recordan como os peregrinos durmían alí na capela de Santiago, que en 1880 foi trasladada ao lugar do Seixo, no centro da parroquia. Volvemos a tomar o camiño na Carballeira, onde hai unha fábrica de serrar madeira e segue por pista asfaltada na mesma dirección ao oeste ata o Seixo; a 1 km atopamos a capela das Angustias, situada no campo da festa e pista polideportiva. Dende aquí arranca unha pista cara ao norte que vai á igrexa parroquial (nesta esquina había un cruceiro que daba nome ao topónimo "A Cruz da Esquipa").
Do Seixo dirixímonos cara ao lugar de Castro e da Ponte para logo xirar á dereita por unha forte baixada cara a Gundián en dirección N. Sobre isto escribiron M. Reimóndez, J. Espiño e M. Sinde en "El Camino a Santiago por el Sudeste".
HIDROGRAFÍA: cinco regatos ou regueiros atravesan as terras, todos eles nacen nun terreo de Castro e verten as súas augas no río Ulla.
O río Grande, como lle chaman aquí ao Ulla, forma unha belida paisaxe coas súas bocarribeiras estradenses, nos seus comezos no linde noroeste da parroquia con Cira e separada dela por un destes regatos segue formando parte dun val ata preto da chamada Insua, onde o río vira da dirección leste-oeste á norte-sur, alí aparece xa moi preto o estreito de San Xoán da Cova cunha grande pendente pola nosa parte para despois formar un pequeno val en terra de Gundián camiño da parroquia de Arnois.
Polo que atinxe aos regueiros comezaremos polo primeiro xa mencionado do "castillo" nace nos lindes do lugar de Prado cos de Vilar da parroquia de Cira (Silleda) baixa pola canle e antes de rematar no Ulla chámase o regueiro de Atán, nome da paraxe por onde pasa; cruza A Estrada, Callobre-Ponte Ledesma no km 13 e xa preto de alí empeza a ter muíños, o de Xunqueira, o de Louzao e o de Reimóndez, máis abaixo antes da vía do tren estaba o de Montaña e pasada esta vía está o chamado do Castelo.Outro regato é o de Adoufe, que nace na fonte, ao norte do lugar de Prado, para encaixalo ante o igrexario e o monte de Bugalleira e pola esquerda das casas de Adoufe onde ten un só muíño chamado "muíño Vello". Un terceiro regato é o chamado do Regueiro, por denominarse así o punto por onde verte as súas augas no Ulla, nace nas Ramalleiras e pasa por debaixo da vía do tren.
O cuarto é o chamado das Barrioncas, nace preto do Fontao, cruza a vía e verte no Ulla onda o Chouso de Aruxo. Para rematar o quinto nace no sueste de Prado na paraxe chamada As Regas e chámase Presa da Nabeira ata chegar ao lugar da Cova, desde alí segue por Lagos á ponte Unxido, onde atravesa a estrada 525 Santiago-Ourense para pasar pola parroquia de Arnois; chámanlle da Tenencia (refírese á Tenencia da Veiga -antiga xurisdición de Vega).
Presenta os seguintes muíños: xa en Lagos, muíño de Pedriña, muíño de Vázquez, muíño das Mimosas, muíño de Santo Agustín, muíño dos Mareques, muíño de Veloso, muíño de Barreira, muíño da Burata, muíño dos Bartolos e muíño de Laguiños.
Este regueiro, que nace nas Regas xusto debaixo onde pasa A Estrada Callobre-Ponte Ledesma no km 12, cóntase por tradición que estaba permitido facer perforacións para buscar máis auga só a cinco pasos longos dun home a partir da estrada. Todas no río Ulla.
BARCAS: houbo tres, unha en Adoufe, fronte a Noente e dúas no Rodeo, fronte a Donas.
FONTES PÚBLICAS: conta a parroquia cunha ducia de fontes públicas, aínda que a maioría están pouco utilizables:
Fonte Vella en Prado, onda o carreiro da misa e onda o Castiñeiro de Balbino.
Fonte do Rei e fonte de Aruxo no lugar de Castro. Fonte do Rego e Constenla. A fonte de San Miguel no mesmo lugar, a do monte de Lagos, a da Silva, a do mesmo lugar de Lagos, a da Alberguería, e a fonte de Arriba.
PONTES: Non hai pontes aínda que si pontellas en Lagos, a da Alberguería, e a fonte de Arriba.
OROGRAFÍA: percorre a parroquia de oeste a leste unha cordilleira que é o seguimento da do Pico Sacro cara a Cira, atopando como alturas principais o couto do Castro con 287 metros, segue un fondo corte por onde pasa un regueiro, volvendo a subir ata a igrexa cun monte a 172 metros, volvendo afrontar de súpeto o terreo co paso doutro regueiro para entrar no monte da Bugalleira e a Serra, composta de tres picos de 275, 268, 273 metros para baixar de novo lindando con Cira polo regueiro do Castillo.
Outra altura importante está situada no centro da parroquia, onde o lugar do Seixo, o monte Maior de 317 metros de altitude.
Os lugares de Prado e Alberguería forman xa unha terra case chá a uns 300 metros de altitude.
O CASTRO: da nosa banda do río sobresaíndo a douscentos oitenta e sete metros de altitude cando o río pouco máis ten de 50 aparece erguido e sobresaínte o seu cume e constituíndo un dos máis fermosos miradoiros de toda a comarca, a serra do Pico Sacro e as rexas penedías da Bugalleira, ben preto do castelo de Cira, co Ulla alá abaixo, manso aos seus pés, que ao mesmo tempo o rodea polo norte e leste con todo agarimo de todos os séculos no fondo, Donas, Caldelas, Codeso, Oural ou Pousada, terras da Ponte Ledesma que o señorean coas de fermosísimo val da Ulla, a parroquia tamén aos seus pés e ao fondo A Nosa Señora de Gundián na súa capela e o mítico pozo de San Xoán da Cova co seu mosteiro desaparecido, enchendo a paisaxe coas fermosas lendas que complementan un todo inesquecente. En datas de moi lonxe apareceron uns ingleses que se puxeron a cavar para buscar ferro, querendo facer unha mina neste castro... opúxose a eles, por vía xudicial, o veciño Valladares (home prudente) e logrou evitalo.
Tampouco pasaron tantos anos para lembrar que os veciños da parroquia da Ulla pola festa de Gundián botaban alí a pólvora e incluso subía alí a banda de música para tocar a alborada.
Polo Entroido os veciños do lugar de Castro, ao pé de couto, subían ao castro para celebrar o magosto (asar e comer castañas axudándolle co viño da Ulla).
Ten este castro unha gran pendente, de máis de douscentos metros desde o río, alí pretiño, sobre todo polo oeste, norte e leste.
A explanación do cume é máis longa nos aires leste oeste, sendo as dimensións duns 40 ou 60 metros.
Apareceron aquí restos de cerámica en barro vermello, sobre todo preto do cume por onde se abriu unha pista, apareceron tamén restos de muíños de pedra. As defensas que debeu de ter este castro, sobre todo pola banda do sur, non se coñecen.
No cume do castro levouse a cabo a construción dunha edificación circular, semellante ás castrexas, que se converteu nun miradoiro e lugar de interese turístico.
Este singular edificio ten unhas marabillosas vistas e foi construído a iniciativa de D. M. Reimóndez Portela, coa colaboración veciñal, o que lle dá carácter de obra parroquial. No cume desta edificación atópase un vértice xeodésico.
PAISAXES: Castro pertence ás terras da Ulla Baixa e delas dixo Pedro Varela... "tierra jardín poética y maravillosa, es tan dulce esta tierra, esta hermosa y fértil comarca que el Ulla baña, así se expresó un poeta..."
Terra onde os máis diferentes matices dos verdes que engaiolan os sentidos na primavera xurdindo de milagre as folliñas tenras e doces, o verán coa súa explosión de fermosura, coas súas carballeiras e camposas incomparables, un outono cuns ocres dignos de doces, o verán coa súa explosión de fermosura, coas súas carballeiras e camposas incomparables, un outono cuns ocres dignos de reproducirse no lenzo e un inverno que sen chegar a ser cru nos deixa admirar as posturas do sol, as néboas e as choivas morriñosas.
A paisaxe estase vendo deteriorada pola presenza dunhas canteiras de extracción de seixo que ocupan os lugares de Prado con extensión a San Miguel cara ao Pico Sacro. Dedícaselle un importante espazo en "Contrarretranca nº 8".
PEDRAS: atópase un marco con R no monte de Ponte cara o Zurcido chamado monte de Lousas, tivo que haber alí unha plantación real, máis arriba había outro marco tamén con R que desapareceu hai poucos meses. No monte da Cova, preto das casas hai outro marco con R onde lle chamaron a Carballeira do Rei.
En decembro de 1976 erixíuselle por subscrición popular, un busto ao Dr. Reimóndez Portela, que estivo situado no couto de Castro, pasando posteriormente ao lugar do Seixo, a súa situación actual. Obra do escultor Castelo, ten unha inscrición que di "Manuel Reymóndez Portela San Miguel de Castro te da las gracias diciembre 1976". Na súa base, unha placa colocada co gallo do Ano Cultural M. Reimóndez Portela, déixase constancia do acto alí celebrado e di "2004 Ano Cultural Manuel Reimóndez Portela os homes pasan e as pedras quedan". Con esta mesma data púxose unha placa conmemorativa no seu domicilio particular. Unha réplica exacta deste busto é a que se erixiu ese mesmo ano na rúa da Cultura.
Cruceiro
Situación: a parroquia de San Miguel de Castro, paraxe nomeado Carballeira, en predio particular, a carón da estrada Callobre-Ponte Ledesma km 12'05.
Descrición: plataforma: tres chanzos cuadrangulares. Pedestal: cúbico. Columna: comeza e remata cuadrangular, resto octogonal, lisa. Capitel: tronco piramidal invertido, cuadrangular, que ten enriba unha pedra única verdadeiramente importante deste cruceiro, no anverso presenta as imaxes de Adán e Eva e no reverso unha gran serpe, enroscada, cunha mazá na boca, tentando a Eva. Cruz: pouco importante, antiga lisa, sen figuras. Altura: uns dous metros e medio.
Inscricións: non
Conservación: boa.
Tradición: é un cruceiro "composto" por pezas diversas, situado aquí hai uns catro anos. A súa verdadeira importancia está na moi antiga pedra do capitel, procedente da cruz dun hórreo da parroquia de Berres.
Houbo outros cruceiros nesta parroquia, o da Esquipa no lugar do Seixo, e lembramos unha cruz ao norte de Prado indo para as Viñas e a Bugalleira e Agría que desapareceu sen que os veciños fixesen nada por ela cando rompeu. Propiedade do que escribe.
HÓRREOS: deixaremos testemuño duns hórreos de máis de 100 anos aínda que non se nomean todos.
Temos á forza que lembrar en primeiro lugar a chamada "Hórrea de Reimóndez" nas eiras de abaixo do lugar de Prado, o único exemplar da bisbarra; na parte baixa fai de pallal ou cuberto e no alto gardábase o millo ou tamén a palla (milla ou centea), aínda que en mal estado resulta un modelo de hórreo moi especial para estas terras. No mesmo lugar de Prado están os hórreos de Louzao de Abaixo e o de Louzao de Arriba. O do igrexario en San Miguel, O de Faílde, Calvo e a Tendeira nos lugares de Cova Silva, o da casa do Regueiro en Lagos, o de Rogelio Rey en Ponte o de Cortes de Castro e o do Zoqueiro no mesmo lugar.
LENDAS: San Xoán da Cova. Aínda que non pertenceu a esta parroquia, estivo moi vencellado con ela como dixemos; consérvase o "enclave" de Gundián coidamos que por ter formado parte dos terreos do mosteiro, alí onde o río Ulla pasa por un fondo estreito (duns 90 metros) e as augas se ven obrigadas a estreitarse a afondarse moito ao que xa a xente chama pozo de San Xoán da Cova... por tradición contaban os vellos que en pasados séculos fuxindo un monxe do castigo que lle impoñían ou da súa propia conciencia saltou o estreito de parte a parte (por suposto cara á parroquia de San Miguel) enredándoselle os hábitos no salto e caeu cara a atrás dando co seu corpo no río, que alí é fondísimo... con que tendo morto en pecado mortal é hoxe unha alma en pena. Isto contábanolo Alfredo Vicenti recollido en "A Orillas del Ulla" citado por José A. Durán p. 74, que di tamén "por su parte los eruditos representantes de la superstición ilustrada aseguran que el tajo artifical y abierto a pico por una legión romana acantonada en Puente Ledesma".
Din que a raíña Lupa ou Loba traía a beber os seus cabalos a este pozo por unhas covas dende o Pico Sacro, onde din tamén que vivía.
Tamén se aparecía unha galiña con pitos de ouro.
E tamén está soterrada unha grade de ouro ou de bronce da que está pendurada unha campá que a noite de San Xoán toca soa a "Maitines" e ó toque deste conxunto érguese sobre da grade un monxe; aparece na terra unha galiña con doce pitos de ouro e séntase á sombra dos loureiros unha fermosa muller branca... a galiña cos seus pitos vai da muller ao monxe, a campá segue con toques de anguria e remátase a visión ao alborexar o día.
Voltando ao corte da serra duns 90 metros de fondo feito nos máis duros dos seixos conta tamén a lenda que, antes de ser aberto ao paso das augas existía un lago moi grande; o dono das terras que o rodeaba aparecéuselle o demo propoñéndolle abrirlle paso ás augas coa condición que lle dese unha das dúas fillas, moi fermosas, en troques abriríalle paso e el podería desta maneira agrandar as súas posesións de terra... mandando nel a cobiza cerrou o trato, entón o demo abriulle paso ás augas e o veciño fíxose coas terras... para cando apareceu a reclamar süa débeda presentáron as mozas, mais era tanta a súa fermosura que o demo perplexo, preguntou... ¿cal delas?... os veciños din que por iso ten ese nome a aldea.
Outros din que no fondo do pozo de San Xoán aparece unha vella con cabelos de ouro, peiteándose cun peite do mesmo metal.
O día de San Xoán ao amencer vese bailar o sol.
HISTORIA: vexamos o que nos di Gerónimo del Hoyo, ano 1607:
"Memorias del Arzobispado de Santiago p. 472". "La feligresía de San Miguel de Castro es anexa a Santa Baia de Cira en el arcedinato de Cornado y arciprestazgo de Piloño. Tiene 20 feligreses. Los frutos se hacen tres partes, la una y un desmero lleva al rector que valdrá como 20 cargas de pan, y las dos el Conde Altamira. Presentación del Monasterio de S. Paio. La fábrica no tiene renta ninguna. Hai una ermita que llaman de Santiago de Almergueria, tiene una rapada de centeno de renta".
Catastro de Ensenada: "A la primera pregunta (como se llama la población) dijeron que esta feligresía es comprendida en la jurisdicción de Zirz y del señorío del conde de altamira, por cuia razón percibe el dicho conde por cada fuego, amo de casa, casado o viudo seis maravedises de cada uno y siendo viuda quatro maravedises a que llaman Vasallaje cuio derecho regulan por quinquenios en cinco reales y medio vellón cada año. Así mismo percibe por cada cabo da casa casado que muere una luctuosa también por razón de vasallaxe y se entiende que si muere primero el marido y después su mujer por cada uno de estos se paga la Luctuosa y muriendo primero la mujer que el marido, por ella no se paga nada hasta que muera su marido. Que entonces solo se paga la que corresponde al marido cuias Luctuosas cobra el dicho Conde en dinero, resumiendo, de los de maior caudal tres reales cuio derecho de Luctuosa regulan por quinquenio por morirse unos años mas vecinos que otros en diez y seis reales vellón cada año y así mismo tiene el Sr. Conde de potestad y regalía de nombrar y elegir un juez en esta dicha jurisdicción que lo es, al presente, D. Joseph de ia Peña vecino de la feligresía de San Salvador de Lédesma.
A la tercera pregunta (que territorio ocupa el termino, quanto de Levante a Poniente...) digeron que dicha feligresía ocupa de territorio y termino por lo ancho un quarto de legua éllos es de levante a Poniente y por lo largo media legua ello es de Norte a Sur y se ocupa en andar su circunferencia al paso regular tres oras. lev, confina con la feligresía de Santa Eulalia de Zira, Poniente Coto de la Bega. Norte con el río de la Ulla y feligresía de Santa María de Sucira y mediodía con la feligresía de Santa María de Loimil.
A la quarta pregunta (de que especie de tierras se hallan en el termino si es regadío o sécano...) dijeron que en esta expresada feligresía ai las especies de tierra de labradío y regadío y sécano, parral, viña, hortaliza regadío y sécano, herbal regadío y sécano, frutales, castaños, robles, nogal, y montes abiertos comunes y las especies de labradío regadío, produce en las tres calidades y en cada una de ellas tres cósechas en dos años en la forma siguiente: a la primera calidad se siembra de alcacén; y el segundo año se siembra solo de mijo maiz; y el labradío de segunda calidad se siembra el primer año de trigo y alzado este se le écha nabos y al año siguiente se siembra solo de mijo maiz. El labradío regadío de tercera calidad se siembra el primer año de centeno y alzado este de mijo menudo, y el segundo año se siembra solo de mijo maíz.
A la quinta pregunta (de quantas calidades de tierra hay en cada una de las especies) digeron que las especies de tierra que llevan declarado en la pregunta anterior se hallan en todas ellas las calidades de primera, segunda y tercera.
A la sesta, séptima y ocatava digeron que en esta feligresía y su término hai algunos plantíos de árboles frutales como son guindos, cerezos, manzanos y perales y algunos plantíos de castaños... sin orden ni cultura alguna y a las orillas y márgenes de los bancais y conforme a la naturaleza los produce.
A la nona pregunta (de que medidas de tierras se usa en aquel pueblo de quantos pasos...) digeron que en esta dicha feligresía se usa la medida de tierra que llaman ferrado el que se divide en doce concas y estas en veinte y quatro quartillos y dicho ferrado de tierra tiene en cada treinta varas castellanas y de circunferencia ciento y veinte cada uno de quatro quartas; cuyo ferrado de tierra si se siembra de trigo lleva los tres quartos de dicho de la misma semilla, si se siembra de centeno lleva un ferrado, si se siembra de lino lleva ferrado y medio de linaza, si se siembra de mijo lleva quatro quartillos, si se siembra de mijo menudo lleva un quartillo si se siembra de nabos lleva medio quartillo y si se siembra de alacacer que suele ser la escoria del centeno lleva ferrado y medio.
A la décima (que número de medidas de tierra habrá en el término...) digeron que no pueden declarar a punto fijo el número de medidas que habrá en esta expresada feligresía ni quántas de cada especie y calidad... se remiten a relaciones entregadas por los vecinos...
A la undécima (qué especies de frutos se cogen en el término) digeron que se cogen las especies de los frutos, trigo, centeno, mijo, maíz, mijo menudo, nabos, vino y castaña verde)
A la duodécima pregunta (Qué cantidad de frutos de cada género unos años con otro produce...) digeron que el producto que pueden dar cada año un ferrado de tierra de las especies que llevan declarando que ai en esta feligresía completando unos años con otros y con una ordinaria cultura es el siguiente: el ferrado de tierra de labradío regadío de primera calidad produce tres cósechas en dos años... y también con respeto a los otros frutos según hemos declarado en la tercera pregunta.
A la décima tercia pregunta (Qué producto se regula darán por medida de tierra los árboles que hubiera...) digeron que puede dar un ferrado de tierra plantado de árboles frutales que llevan declarado en la pregunta sesta y séptima y octaba, tierra de primera calidad,quince reales, al de segunda diez reales, y al de tercera calidad siete reales y al ferrado de tierra plantado de castañas al de primera calidad cinco ferrados de castañas verdes al de segunda tres ferrados y medio y al de tercera calidad dos ferrados y medio.
A la décima quarta (qué valor tienen ordinariamente un año con otro los frutos...) digeron que el valor que tienen ordinariamente los frutos en esta feligresía, el ferrado de trigo a seis reales, el de centeno quatro reales, el de mijo maíz a cinco reales, el de mijo menudo a dos reales, el de linaza ocho reales, el de castaña verde dos reales,el az o langueiro de lino en rama verde y en ocho reales, el carro de leña en roble a quatro reales, el carro de toxo a dos reales...una gallina vale dos reales.
A la décima quinta pregunta (Qué derechos se hallan impuestos sobre las tierras del termino como Diezmo, Primicias...) digeron que los derechos que se allan impuesto sobre estas tierras desta feligresía son los Diezmos que se cogen de diez uno de los frutos, trigo, centeno, mijo menudo, lino, nabos, vino y lana cuyos diezmos se pagan repartidos entre el cura párrocho desta feligresía y el Conde de Altamira llevando dicho cura una parte de éllos y las dos terceras partes restantes el Sr. Conde de Altamira.
Las Primicias que reparten los sobredichos de la misma forma que los diezmos y no pueden declarar a que número de ferrados llegan. Las Oblatas, que pagan cada casado un ferrado de centeno y siendo viúdo o viúda medio ferrado y comunmente se haya impuesto sobre las tierras de esta feligresía el Boto por el que paga cada fuego ocho quartillos de zenteno a la fábrica del Apóstol Santiago.
A la décima sesta pregunta (a qué cantidad de frutos suelen montar los referidos derechos de cada especie...) digeron que no pueden declarar a punto fijo el número de ferrados que contiene los diezmos... solamente declara que los diezmos que corresponden al cura parrocho de esta feligresía lo regulan por un quintenio y reduciendo a dinero su valor importan cada año ducientos sesenta y seis reales de vellón. Las primicias que así mismo le corresponden por ignorar a que número de ferrados llegan a cobrar los dichos curas que regulan en por un quintenio en treinta años vellón al año.
Las Oblatas que percibe enteramente importan cada año ciento cinquenta reales de vellón. Las dos terceras partes de Diezmos que percibe dicho conde de altamira que según acostumbran importan cada año quinientos treinta y dos reales vellón. Y ultimamente regulan el Boto que percibe la fábrica del Apostol Santiago por aunmentarse unos años mas fuegos que otros en cincuenta y un reales vellón cada año.
A la décimo séptima pregunta (si hay algunas minas, salinas, molinos... digeron que no ay minas, salinas no otros.. solo ay tres molinos, todos de una piedra negra y canle cuios nombres con su producto va declarado en la lista de los oficios...
A la décima octava (si hay algún esquilmo en el término, a quien pertenece...) digeron que en dicha feligresía no ay cabaña ni esquilmo formal... y en cuanto al esquilmo es en la manera siguiente: a una baca por razón de su cría le consideran de utilidad en cada año treinta reales de vellón se divide por mitad en el dueño del ganado y el aparcadero y por razón de la leche que le sobra a la baca, después de mantenido su cría, que de esta solo se aprovecha el aparcadero ocho reales vellón, a una baca sin cría le regulan doce reales, a un par de bueyes treinta y tres reales, a un novillo doce reales, auna juvenca once reales, a una oveja por razón de su cría y lana quatro reales, a un carnero real y medio, por su lana y una cabra por razón de su cría quatro reales y no le regulan casa alguna por la leche por necesitarla para la cría, a una mula nueva de cría trescientos reales y a un cerdo que tienen para su consumo de su casa quarenta reales, cuyos productos les miden por
mitad entre el dueño del ganado y el aparcadero y en quanto a las caballerias maiores que tienen un arinero que ay en esta feligresía por carrear vino se remiten a las listas de oficios...
A la vigésima (de qué especie de ganado hay en el pueblo...) digeron que en esta feligresía ay el número de quarenta y seis vecinos, que viven en las casas de las aldeas desta población y que no ay alquería).
A la vigésima segunda (quantas casas habrá en el pueblo, que número de inhabitadas..) digeron que en esta feligresía ay a corta diferencia el número de cinquenta y tres casas todo avitables y tres inhabitadas...
A la vigésima tercia (que propios tiene el común...) digeron que la referida feligresía no tiene propios algunos, solo si algunos montes comunes mistos y por parte entre los vecinos...
A la vigésima quarta pregunta (si el común disfruta algún arbitrio...) digeron que no disfruta arbitrio Sisa ni otra cosa, solo si por razón de venta de vinos de una taberna que está sita en el lugar de Adoufe paga Domingo de Castro vecino de la espresada feligresía ducientos sesenta y quatro reales de vellón cada año a la tesorería general de la cabeza de provincia y en quanto al, producto que tengo dicho Domingo en la taberna va expresado en el libro de oficios.
A la vigésima séptima (si está cargado de servicio ordinario y extraordinario...) digeron que en la denominada feligresía paga a S. M. por razón de servicio hordinario y extraordinario quarenta y tres reales vellón cada año repartidos en tres tercios con los que concurre a la tesoreria general de la capital de la provincia.
A la vigésima octava (si hay algún empleo, alcabalas u otras rentas...) digeron que los derechos que paga esta feligresía las paga a S.M. y a D. Francisco Calderón vecino de la ciudad de Santiago en la forma siguientes: Paga a S. M. por el derecho que llaman Ciento y sisa quatrocientos setenta y quatro reales vellón cada año repartidos en tres tercios. Por el derecho que llaman millones y carnes setenta y ocho reales vellón cada año repartidos en tres tercios y por el derecho que llaman Fiel o cala de vino ciento quarenta reales vellón año con los que concurren a la tesoreria general de la cabeza de provincia. Y paga más por el derecho que llaman Alcabala ciento treinta y quatro reales y veinticuatro maravedises cada año repartidos en tres tercios a D. Francisco Calderón y que ignoran el motivo que tendrá para cobrar dicho derecho.
A la vigésima nona pregunta (quantas tabernas, mesones, tiendas...) digeron que en la referida feligresía y su termino no ay tiendas, carnicerías, panaderías... solo si una taberna que va esplicada en la pregunta veinte y quatro en que ponen vino a la venta por menor dicho Domingo de Castro mercader que lo compra por maior para ese efecto y un estanquillo en que venden tabaco por menor Theresa Louzao vecina desta feligresía cuya utilidad lleva declarado en lo industrial con el título de estanquillera.
A la trigésima sesta digeron que en esta parroquia no ay ningún pobre de solemnidad...
A la trigésima octava (Quantos clérigos hay en el pueblo) digeron que en esta referida feligresía solo ai el cura parrocho y un clérigo suelto.
A la quadragesima (si el Rey tiene en el pueblo o término alguna finca o renta...) digeron que no tiene el Rey que Dios Guarde otra finca o renta mas que las que corresponden a los generales... y una de estas sita en el monte de Adoufe, cavida quarenta y seis ferrados de éllos diez ferrados robles y lo restante todo monte primera calidad... en la que se aprovechan de sus maderas quando S. Magestad guste..."
Vexamos qué di Pascual Madoz nos anos 1846-50 no seu gran diccionario.
"Castro (San Miguel) feligresía en la provincia de Pontevedra, 9 leguas (distancia á capital), partido judicial de Tabeirós (3 leguas) diócesis de Santiago (3 leguas) ayuntamiento de La Estrada situada a la izquierda del río Ulla en el declive oriental de un cerro, la combaten principalmente los aires del NE; el clima es templa.do, y las enfermedades comunes de fiebres de varias especies.
Comprende además del lugar de su nombre los de Adoufe, Burata, Alberguería, San Miguel, Cercido, Costela, Cova, Lagos, Nogueiriñas, Prado, Ponte, Seijo y Silva que reúnen 124 casas. La iglesia parroquial bajo la advocación de San Miguel, tiene por aneja la de Santa Eulalia de Cira y está servida por un cura de provisión en concurso; hay también en Alberguería una ermita casi derruída con el título de Santiago Apóstol. Confina el término: N. río Ulla, E. Santa Eulalia de Cira, S. San Esteban de Oca y O Puente Ulla.
El terreno aunque bastante escabroso, es fértil y abunda en arbolado de diferentes clases, hallándose en algunos sitios cristal de roca.
Le cruza por la parte occidental el mencionado río sobre el que existe un puente hacia el final de la feligresía; brotan a diferentes partes buenas fuentes de agua que aprovechan los vecinos para surtido de sus casas y otros objetos. Cruza por el término el camino verdadero que desde Orense dirige a Santiago, en mal estado, el correo se recibe de Puente Ulla en días indeterminados. Produce con abundancia trigo, centeno, maíz, lino, legumbres, vino y frutas de exquisito gusto; se cría ganado vacuno, de cerdo, lanar y cabrío. Hay caza de conejos, liebres y perdices, y pesca de truchas, anguilas y otros peces. Industria y Comercio. Además de la agricultura se cuentan 3 molinos harineros, telar de lienzos ordinarios y de ropas de lana para uso de los habitantes, reduciéndose las operaciones principales de comercio a la extración de lino, castañas y trigo e introducción de géneros de vestir y comestibles precisos.
Población: 124 vecinos, 520 almas"
O lugar de Castro tiña entón 19 veciños e 95 almas.
Nomenclátor Arz. de Santíago:
"Castro (San Miguel) y Santa Eulalia de Cira.
RibadullaPontevedra-EstradaEstrada-Ecco RI.Entrada 220 vecinos 1100 almas en las dos. Ulla.
Personal: Moure Gambino D. Basilio, parr.44 a. Teol.completa. Louzao
Fernández D. Ramón Pbtro,34 as. Tel.. 4 años. Porto Castro D. Benito Pbrto. 80 a. Mor. Reimóndez Nóvoa D. José Prbtro. 44. a. Teol. 6 años."
No censo do ano \924 tiña 677 habitantes.
Tamén Álvarez Limeses (Gerardo) en 1936 recolle:
"Castro (San Miguel). Dista 56 kilómetros de Pontevedra y 16 de La Estrada y limita al N. con el río Ulla, al S. con la parroquia de Oca, al E. con Cira de Silleda y al O. con Arnois. Entidades; Adoufe con 67 habitantes, Alberguería 11, Burata 19, Castro 135, Constenla 31, Cova 56, Lagos 53, Ponte 22, Prado 134, San Miguel 73, Seijo 35 y diseminados 31 que arrojan un total de 677 de habitantes para los cuales tiene una escuela mixta desempeñada por maestro.
Sus montes mas importantes son los Pedrouzas y Piña redonda y existe en ella un importante castro del que la parroquia toma su nombre.
Por el S. pasa la carretera SantiagoLalín. El terreno es fértil, produciendo cereales, legumbres, frutas y vino. La iglesia es de las antiguas del municipio y en ella existen antiquísimas pinturas murales de gran mérito."
A IGREXA: é certo que esta igrexa xa estaba en pé antes do ano 1115; sábese porque foi doada por dona Urraca nesta data á Igrexa de Santiago, xunto co mosteiro de Camanzo e a vila de Merza, cítanse os nomes no "Eclesiarium de Castro Viti" (Castrovite na parroquia de Orazo, que ademais comprende as parroquias de San Salvador e Santa María de Riomalo, San Martiño de Donelas, Santa Eulalia de Cira e San Pedro de Orazo, ademais, por suposto, esta de Castro).
Atópase na igrexa ao N. da parroquia preto do río Grande (O Ulla), está situada nunha elevación do terreo, entre o couto do Castro e os penedos da Bugalleira na mesma liña do Castelo de Cira ao nacente, e o Pico Sacro ao poñente; case que pendurada enriba do Ulla aos seus pés, xa sabemos que a doou dona Urraca en 1115 á Mitra Compostelana, con algunhas outras igrexas que formaban o "eclesiarum de Castro Viti", segundo Hipólito de Sa en "Rutas del Románico" dinos que: "...Guarda el templo de San Miguel las huellas de la antigüedad en lo pozo que le queda en la estructura primitiva pero lo que todavía podemos estudiar esta en relación con la iglesia de San Miguel de Castro mencionada en donación de Doña Urraca a la iglesia de Santiago en 1115... de la que se conserva el arco triunfal y el ábside rectangular levantado sobre los cimientos de la construcción inicial. El arco triunfal semicircular con marcado cierre de herradura, apoiado en las columnas de fuste corto, monolítico, con base toscana y capiteis de ornamentación floral, que descansan en plintos prismáticos restos del podio corrido que se extendía a lo largo de los muros de la capilla de la cabecera, hoy cubiertas de gruesas capas de cal".
Polo tocante ao retablo sabemos por Couselo Bouzas en Galicia artística: "El escultor Noyés José Antonio Mouro Ferreiro Suárez, en 1783, hizo para la parroquia de San Miguel de castro (Ulla) el retablo de la Capilla mayor con sus imágenes, en la cantidad de 4.665 reales. Había hecho el diseño para el. Fray Plácido Camiña, 0:S:B; maestro de obras de San Martín el cual remetido a Madrid lo examinó y aprobó D. Ventura Rodríguez, director la academia de San Fernando. Ferreiro lo ha modificado algo y en esas condiciones se le hizo contrato de la obra el 14 de Diciembre de dicho año por D. Gregorio de Robles, vecino de Santiago, apoderado del Marqués de Astorga, Conde de Altamira que era el que lo pagaba."
López Ferreiro na "Historia de la Santa A. M. Iglesia de Santiago". Cit.. T. VII, pax. 390-391, di:
"...Más interesantes eran indudablemente, al menos desde el punto de vista iconográfico los frescos con que poco tiempo después de 1520, fue decorada la vetustísima iglesia rural de San Miguel de Castro. Los muros de esta pequeña iglesia,de estructura completamente bizantina tal cual se usaba en los siglos VI y VII, se hallaban en su totalidad cubiertos de pinturas recientemente descubiertas por su celoso párroco Sr. Couto Ortigueira. En estos inestimables cuadros se vehía a lo vivo representada toda la vida, pasión y muerte de Nuestro Señor Jesucristo, era la biblia púes a la vista y al alcance de los rudos montañeses de aquella comarca.
Cada lienzo del cuerpo de la iglesia que interiormente solo tiene 9"9 m. de largo está dividido en sentido horizontal en dos zonas. La zona inferior consta en cada lienzo de cinco cuadros separados por pilastras simuladas de unos 31 cm. de ancho, adornadas en su neto de grotescas. Cada cuadro de alto 1 "30 por 1 "75 de ancho. En el lienzo de la izquierda del primer cuadro comenzado por la puerta aun se hallaba cubierto cuando en Mayo del corriente año hemos visitado dicha iglesia (o libro que nos referimos data do ano 1905), en el segundo estaba representada la Cena; en el tercero la prisión del señor; en el cuarto el Sr. Ante Herodes; y en el quinto el Señor conduciendo la cruz.
El lienzo de la derecha aun estaba por descubrir, pero es de suponer que en la zona inferior contuviese otros cinco cuadros representando la Anunciación, la Adoración de los Pastores y de los Reyes, la huída a Egipto y otras escenas semejantes. De la zona superior solo se han descubierto en el lado izquierdo algunas figuras de mayor tamaño que las de abajo.Quizá están representadas escenas del antiguo testamento. Entre las dos corre a manera de un friso en la que se ve una larga inscripción en caracteres romanos y de muy difícil lectura por sus innumerables nexos y más aún por lo deteriorado de las pinturas. Unos treinta cuadros aproximadamente decoran toda la iglesia. A los arcos del lado triunfal en el del Evangelio aun no se admira la Crucifisión y en el opuesto el Descendimiento. En los paredes del ábside, de planta casi cuadrada, de unos tres metros y medio de lado, estaba representado el Colegio Apostólico y en el muro del fondo quizá la resurrección o la Ascensión del Señor.
Tabla de colores: Ocre, rojo y amarillo; rosa para las encarnaciones, negro de humo y blanco. Perfiles gruesos y cárdenos para acusar los miembros y el modelado de las figuras. Parecen estos frescos de hacia el año 1530".
Máis adiante na mesma obra T. VIII paxs. 395-396 falándonos das igrexas composteláns no século XVI dinos que xa no XV a maior parte das igrexas de Galicia "aún las rurales" a pesares dos inconvenientes do clima cubriron as súas paredes de pintura... "dello aún ofrece un curioso ejemplar, como vimos en el tomo anterior... La Iglesia de San Miguel de Castro" cunha nota a pé de páxina que di "Recientemente el cura de esta parroquia Sr. Ortigueira ha descubierto en la zona superior, que aún estaba cubierta de cal, varios pasajes de la vida de Santa Catalina; su disputa con los doctores, su martirio, la conducción de su cuerpo al Monte Sinaí y sobre el arco que da paso al prebisterio el Juicio Final".
Álvarez Limeses dicía: "La iglesia es de las más antiguas de municipio y en ella existen antiquísimas pinturas murales de gran mérito."
Trapero Pardo, José "Pintura mural", Vigo 1695, p.33, di: "...han sido descubiertos unos murales al fresco hace algunos años. las pinturas están muy deterioradas. Como la mayor parte de las gallegas del siglo XVI -fecha a la que se asignan los muralestiene características que prueban una corriente artística favorecida acaso por la presencia en Santiago y en otras ciudades de Galicia, de pintores de otras partes, atravesó toda la región".
Tamén Bouza Brey apunta: "...pinturas murales en la iglesia parroquial, arco triunfal semicircular con tendencias a herraduras".
É verdadeiramente certo canto se di das pinturas da igrexa, lémbrome perfectamente delas cando era un mozo, cando non tiña coñecemento do seu grandísimo valor iconográfico, outros con máis responsabilidades, o que se lle supoñían eran entendidos, non tiveron o acerto de conservaren para sempre mostra tan importante á que hoxe se lle daría o seu merecido tratamento.
Decidiron reformar a igrexa, facela máis ampla e cunha "porta grande" maior, que aquela portiña pequena pola que lles custaba traballo pasar a dúas persoas á par, románica, dun só arco quizais con algún santiño, o que non lembramos ben, desapareceu para sempre, prolongouse a nave e fíxose unha porta de pedra e cemento "como Deus manda".
Ademais de López Ferreiro, outros autores escribiron das pinturas: "pinturas murales en la iglesia parroquial, arco triunfal semicircular con tendencia a la herradura".
Segundo Bouza Brey:
"Igrexa románica de lo más sencillo que puede verse, ni un capital, en las paredes de esta iglesia hay unas pinturas murales del siglo XVI, protegidas por unos bastidores de lienzo, pero están moi deterioradas, también he visto allí un cáliz de latón gótico". "Filgueira Valverde 1909". El museo de Pontevedra 111,1944 p. 170.
A verdade é que alá polo ano 1933 sendo cura José Pereiras fíxose unha reforma no presbiterio e con ela desapareceron as pinturas tan importantes desa parte do templo, na mesma data prolongouse a igrexa e tamén desapareceu aquel pequeno e fermoso pórtico romano. Máis adiante no, ano 1944, sendo cura José Alborés volvense a picar os laterais do edificio e desapareceron os restos das pinturas.
Lese en "Correspondencia Gallega", 20-4-1912:
"Como hemos dicho ya, por el Ministerio de Gracia y Justicia se han concedido 5000 pesetas para el templo parroquial de San Miguel de Castro (Estrada). Es de recordar que en esta iglesia existe una hermosa obra del célebre gallego José Ferreiro o sea el retablo mayor que costeado por el Conde de Altamira y con arreglo a diseño de Fray Plácido Camiña, etc.,...."
E tamén di Ángel del Castillo, Inventario..., pág. 107.
"...antigua parroquia, acaso románica. Arco central semicircular con ligera tendencia a herradura. Tiene al parecer pinturas murales,acaso del XVI".
Polo que atinxe ás campás, teñen ás seguintes inscricións:
Campá grande: JOSÉ MARÍA AÑO 1963. TABOADA SIENDO CURA. D. JOSE CAMPOS ME HIZO (con data do 1968 foi reparada por D. José Campos cura-párroco, fíxose sendo cura Taboada).
Campá pequena: J.H.S. MARIA Y JOSE AÑO DE 1838. (foi mercada de segunda man en Pontevedra pola década dos anos 1960).
O retablo foi restaurado na súa totalidade hai algúns anos e a igrexa foi rematada de restaurar en 2004, encintándose as paredes, acondicionamento do tellado e a fachada, con pintura incluída. No interior cambiaron o chan e arranxaron a carpintería da tribuna e a megafonía.
Capela do Seixo: sábese que esta capela estivo no lugar da Alberguería (¿de albergue... Camiño de Santiago?) co nome de capela de Santiago, e di un documento que Agustín Valladares e Pedro Espiño, entre outros, custearon a capela en 1880, e refírese, por suposto, ao traslado e situación da capela onde está hoxe, no lugar do Seixo, centro da parroquia. Naquel momento Manuel Reimóndez e Manuel Couto de Corcubión regaláronlle o altar, Basilio Moure regaloulle as imaxes de Santo Alberte e San Franco, José Valenzuela o cáliz, José Reimóndez o pendón, Ramón Reimóndez de Bayo o estandarte, José Reimóndez Veloso a sopena da capela, José Couto os cirios etc...
Hoxe chámase a capela da Nosa Señora das Angustias, á que lle chegaron noutros anos moitas ofertas, mans e pés ou cabezas de cera, roupa, cartos e o seu manto levánbano en ocasións para cubrir as mulleres parindo, para saíren máis axiña do apuro.
Máis adiante, en 1888 fundouse unha sociedade que rexeu canto atinxía á capela.
E unha capela de planta rectangular, sjtuada no centro da parroquia, lugar do Seixo, fachada con porta en arco de medio punto, óculo semicircular, remata en espadana central de dobre van. Sancristía unida á cabeceira con porta e ventá alinteladas. Tellado a dúas augas.
Campás: campá grande. AVE MARÍA AÑO DE 1821. Carmpá pequena: non ten inscrcións.
Á capela restauróuselle o piso e procedeuse ao adecentamento das paredes.
GUNDIÁN: Gundián é curiosamente un terreo cunha superficie, poida que inferior a dous quilómetros cadrados, situado na marxe esquerda do río Ulla, e terreo que por lóxica pertence á parroquia de San Miguel de Castro, pois af está chantando este Xibraltar estradense que non lle fixo caso ao río Grande como linde. Temos un caso semellante na parroquia de San Miguel de Barcala, a última das do concello da Estrada que linda co Ulla, ¿cal pode ser a explicación que deixaron este terreo da banda de acá do río, que pertence desde o punto de vista relixioso á parroquia de Ponte Ulla, do concello de Vedra, provincia da Coruña? Pois tivo que ser porque da banda de alá do río se erguia o mosteiro de San Xoán da Cova, que desapareceu nunha enchente do río o día 18 de febreiro de 1571, que ademais de levarse este mosteiro de Ad Hermo ou de S. Xoán levou todas as pontes sobre o río Ulla.
Enténdese que frades deste mosteiro tivesen moitas terras no seu arredor e por suposto nas dúas marxes do Ulla, entón cando se dividiu Galicia en provincias segue quedando aquí ese "enclave" e o mesmo lle sucede á parroquia de San Miguel de Barcala, que na súa fronte tiña e ten o mosteiro de Herbón. É unha curiosa circunstancia que suceda na primeira e na última das parroquias que lindan co río e que as dúas están baixo o patrocinio de San Miguel.
Capela de Gundián: cóidase que estivo situada na cima de Castro desta parroquia de San Miguel, non coñecemos testemuños escritas, mais coidamos que debeu de ser certo xa que no cume do castro aínda se ven restos dun valo que non parece ser de defensa castrexa.
É unha capela que se ergue preto do río nunha paraxe moi fermosa cunha romaxe, o 7 de setembro dedicada a Nosa Sra. de Gundián, alí levaban os nenos pequenos (no colo das súas nais) para lavalos na auga que xorde de debaixo da capela nunha fonte e a oferta moitas veces de pesar o neno en trigo ou centeo e entregarllo "á santa"
É unha romaxe moi coñecida e atrae moita xente.
Constitúese a "Cofradía da Nosa Señora de Gundián" o 8 de setembro do ano 1654 segundo un documento que se atopa nos arquivos que ten a igrexa de Ponte Ulla, onde se citan os nomes dos compoñentes da Cofranría e a normativa pola que debe seguerse. Outro documento do 1671 fálanos dos cumprimentos a que se someten os cofrades tocante ás velas de cera, etc... e admítese como confrades a "Su Santidad" e o arcebispo.
Sobre o cardcter curativo publicou M. Reimóndez Portela "Medicina popular en terras de Tabeirós" (Misc. hca. e cult. nº 4); e sobre a Virxe de Gundidn ten un interesante estudo Juan Femdndez Casal "A Virxe de Gundidn" (Misc. hca. e cult. nº 6).
OUTROS DATOS: Pedro Varela no seu libro "La Estrada" de 1923 dános a coñecer o lugar de Bouzada, que puidera ser o da Cova e o das Nogueiriñas e non A Burata nin a Carballeira, que se fundou moito despois... o Cercido ou Zurcido pasou formar parte de Arnois o día 8 de maio de 1876.
D. Vicente Gulías y Gulías cura párroco que foi desta parroquia, alá polos anos 1930 e despois cambiouse para Santiso de Cornado, deixou escrito un documento con título "Historia de la adquisición del monte que la iglesia posee en el punto llamado Costa da Serra y de otros hechos importantes siendo cura párroco D. Vicente Gulías y Gulías".
En 14 folios escritos polas dúas caras deixou unha "relación histórica e verdadeira" como di el deste monte da Serra e a forma como a adquiriu do seu propietario por aquelas datas. Comeza dicindo que na parroquia de Cira, filial e anexo desta de Castro, se levanta o castelo de Cira propiedade do duque de Medina de las Torres, marqués de Astorga, duque de Terranova, etc... grande de España que posuía estas propiedades e mais as da Agra de Cira, pro indiviso con seus irmáns. A comezos do ano 1925 correu a loia que ía vender estas e algunhas máis propiedades que tiña... entón este cura escribiulle ao marqués propoñéndolle que, tanto polo tanto, se lles adxudicasen as leiras a aqueles que as traballaban desde había moitas xeracións.; en 1925 contestoulle que tería en conta a súa petición, sen máis nova ata 1927, en que lle volveu a escribir, e non tivo resposta; despois fíxolle visitas para pregarlle polos caseiros e ao mesmo tempo pedirlle deixase un pequeno monte na Serra para a Igrexa que non tiña ningún... non foi recibido máis que polo mordomo aproveitando que polos veráns vivían no seu pazo de San Lourenzo en Santiago ...sempre estaba ocupado para recibilo. Máis adiante recibiu unha carta onde lle pedían que puxese uns anuncios na porta da igrexa dicíndolles aos caseiros que podían pasar por Santiago para "formalizar uno a uno las correspondientes escrituras" mais non lle falaba nada do monte aínda que dous corredores ou negociantes de bens, Antonio San Luís de Remesar e Enrique Brey, lle trataban de mercar todo xunto para revendelo e falaron co cura para que lles axudase, cousa á que non se prestou; a algúns caseiros ofrecéronlles venderlles a casa onde vivían e mais algúns ferrados de terra arredor, mais di Gulías... "lo que nos demuestra que torció su intención el administrador aparte que su formalidad quedó poco airosa tratándose como en este caso una persona inmensamente rica y cargada con tantos tftulos que llaman de nobleza con el aditamento de Grandeza de España" "El 18 de Agosto fui a Santiago a entrevistarme con el duque y tampoco esta vez se dignó a recibirme como no recibiera a su casera y otros vecinos de Cira". Despois doutras cartas e intentos co duque tiveron que pasar por comprarlles as terras aos revendedores de que falamos, o Sr. Enrique Brey Louzao tendo medo que os veciños se opuxesen coa axuda do cura, cedeulle a Igrexa de San Miguel de Castro 25 ferrados de monte que hoxe posúe poñéndolle como carga celebrar un acto fúnebre o día sete de maio de cada ano pola súa alma.
Noutra banda dinos o párroco Gulías "no nos estraña sin embargo el modo de proceder de este magnate; un antecesor suyo el conde de Altamira, dueño a la sazón del castillo de Cira del que eran tributarios todas la parroquias del contorno demandó en el año 1723 a los vecinos del lugar de la Iglesia de Castro a que desauciaran las tierras que trabajaban..." e gañou o preito, aínda que ao remate chegaron a un acordo no que se lles impoñían trabucos aos veciños (existe copia deste documento).
Outros datos deixados por Gulías poden resultar interesantes para os veciños de Castro.
"Cuando la desamortización de los bienes eclesiásticos, mi antecesor Basilio Moure y Gambino compró parte del iglesario que dejó a su fallecimiento a sus herederos los cuales tenían derecho de servidumbre de a pie y carro por el corral e iglesario de esta rectoral cuya servidumbre he extinguido yo a últimos del año 1927, haciéndole para su servicio un camino por el punto llamado Monte Vello... el camino me costo 100 pesetas y los térrenos fueron cedidos por los vecinos..."
"En el año 1927-1928 he construído el camino que partiendo de la carretera en Cira, frente al castillo pasa por el punto llamado Esperiña, por el lugar de Adoufe, Brañas de Castro y los Penedos de Gundián o da Portela, para llegar a Puente Ulla".
Déranlle para elo 3.000 pesetas o concello da Estrada e 750 o de Silleda, axudándolle moito os veciños de Cira, Castro, San Miguel e sobre todo Adoufe..."desapareciendo con ello el taponamiento de los penedos de Portela y de la Esperiña, vergüenza de tantos siglos". Queixándose dalgúns veciños que teñen importantes propiedades na zona e non axudaron nada.
"Desde el año 1924 hasta el año 1928 hemos construído la casaescuela emplazada frente a la capilla de Nuestra Señora de las Angustias, el Seijo con la aportación de los vecinos y emigrados en América la cual me dió mucho trabajo dado el poco entusiasmo de los de aquí si bien los de América demostraron gran interés".
O PRIMEIRO COCHE NA PONTE ULLA: é esta comarca da Ulla, enxebre, chea dun tipismo paisaxístico con moita beleza, nos primeiros anos deste século os veciños divertíanse coas festas de cada parroquia que se celebraran con verdadeiro degoiro de todos, aínda que máis da mocidade, había quen caneaba "sete leguas" arredor e por suposto a pé, romaxes grandes e pequenas eran as diversións das xentes da comarca así como o Entroido e o Nadal, mais o verdadeiro espectáculo aconteceu no ano 1902 cando chegou á Ponte do Ulla dende Santiago, para facer unha exhibición nin máis nin menos que un carro que non o movían as vacas ou os bois... un carro movido por un motor de explosión; ou sexa un coche.
Correuse a loia que ese día pola tarde viña á ponte para mostrarse unha carruaxe chamada automóbil... alí apareceron nenos, mozos e vellos agardando velo chegar, mais para maior seguridade o que máis e o que menos sentouse polas veiras, montes, enriba dos valos... sempre lonxe daquela máquina descoñecida que deixou abraiada a xente que lle deu pé ao palique para o resto do ano.
Ao ano seguinte cantaban nas máscaras de Arnois:
El automóvil mamá.
¿cómo era?
Que sin bueyes. Ni mulas ni vacas.
¿cómo andará?
Pouco despois apareceu outro automóbil dun comerciante que viña vender ás tendas, tiña as rodas macizas e os faros de carburo.
Detrás viña un carromato cargado de mercadoría.
INAUGURACIÓN DA ILUMINACIÓN PÚBLICA NA PARROQUIA
O día 23 de maio do 1973 inaugurouse a iluminación pública nesta parroquia coa presenza do Sr. Alcalde (]osé Fernández Novoa) e representacións de Ordenación Rural, prensa, sindicatos e Caixa Rural, mellora moi importante nesta loita pola transformación do ambiente social e económico do rural estradense. Foi un verdadeiro día de festa para a parroquia que tiña inaugurado antes a pista desde a Carballeira ao Seixo feita polos veciños con moitísimo esforzo e que supuxo poñer o centro da parroquia en comunicación coa estrada que atravesa a parroquia e por elo co resto das vías de comunicación.
PERSOA SOBRANCEIRA
Manuel Reimóndez Portela: nacido nesta parroquia o 26 de marzo de 1916, ós nove anos acompañou a seu pai no seu retomo a Cuba, da que regresaría, a raíz da súa críse económica na época de Machado, en 1931. Ingresa no instituto de Santiago e posteriormeríte nos Irmáns Maristas, onde en 1935 obtén o título de bacharel. Neste mesmo ano comeza a carreira de Medicina e un ano despois, co estoupido da Guerra Civil, o estudante Reimóndez pasa a prestar os seus servizos sanitarios no hospital de Santiago, e xa incorporado a filas, atende os ferídos nas frontes de León, Teruel, Estremadura e Guadalaxara, para continuar os seus estudos en 1939, rematándoos en 1942.
A pesar da súa vasta preparación tanto teórica coma práctica, que o facultaría para abrir consulta en calquera cidade do país, o seu amor ás raíces e o seu desexo de poñer o seu saber a disposición dos veciños da súa parroquia natal fai que abra consulta en San Miguel de Castro, na palleira da casa petrucia sen descoidar en ningún momento os estudos de doutoramento. Nesa época comeza a labrar a súa merecida sona de home preocupado non sópolas doenzas do corpo senón tamén da alma e a súa casa queda pequena para recibir a tantas persoas que acoden a el en busca de remedios para a súa saúde e tamén como conselleiro e amigo, polo que dende moi pronto se propón crear unha clínica na parroquia de Castro, algo totalmente fóra de uso naquel tempo.
En 1960 defende a súa tese de doutoramento, "Contribución al estudio vascular de la articulación de la muñeca", que é cualificada cun sobresaliente Cum Laude, acadando o título de Doutor en Medicina e Cirurxía, título do que nunca presumiu pois nas súas verbas prefería ser "D. Manuel ou señor médico... pero nunca doutor" polo seu afán de humanizar a práctica da medicina e achegala máis o pobo. Obtén en 1966 o título de especialista do Aparello Dixestivo e nos anos posteríores a súa actividade profesional lévao ser socio numerario da Academia Médico Cirúrxica de Santiago, socio fundador da Sociedade Galega de Patoloxía dixestiva e académico correspondente da Real Academia de Medicina e Cirurxía da Coruña.
Nesas datas, xa en 1976, empeza a faceta de escritor comprometido co seu contorno, mostra do seu compromiso activo coa terra, a historia e a arte local. Publica "Guía turística de La Estrada", á que seguirían nos seguintes anos moitos outros títulos, todos eles referidos a aspectos artísticos, históricos, etnográficos, etc. do Concello da Estrada.
En 1978 o seu carácter de home galeguista e de consenso lévao a ser elixido polo seu amigo e home de confianza Antón Rosón como presidente do chamado "Grupo dos Dezaseis", que redactaron o anteproxecto do Estatuto deAutonomía de Galicia. A figura humana de D. Manuel resultou crucial e, segundo todas as crónicas, serviu en moitas ocasións como ponte entre culturas políticas enfrontadas, recibindo o recoñecemento público de moitos daqueles relatores, de todos os lados do espectro político. Coma sempre, non deixou de recoller as súas vivencias, na publicación "O Estatuto dos Dazaseis" en 1979.
Foi alcalde da Estrada de 1983 a 1987, catro anos de total e completa dedicación ao municipio que tan fondamente quería.
A súa vida e obra foron tan plenas que podemos analizar do que se cadra sexa o persoeiro estradense de máis amplo coñecemento e produción cultural do século XX, dende moi distintos puntos:
MANUEL REIMÓNDEZ PORTELA NA CULTURA Manuel Reimóndez Portela ten unha faceta literaria e de investigación etnográfica e histórica, relativamente ben coñecida. Obras dun alcance tan ambicioso coma "A Estrada Rural", auténtico compendio detalladísimo e minucioso de cada unha das parroquias estradenses en datos xeográficos, históricos, etnográficos, literarios e en xeral de calquera elementopor mínimo que sexa definitorio de cada unha delas, que segue sendo referencia aínda non igualada para calquera estudo deste tipo.
Este libro, que hoxe presentamos aumentado e actualizado, é ferramenta viva de coñecemento da nosa xente e do noso territorio.
Lgualmente ben coñecida é a súá guía turística, aínda hoxe utilizada e que serve de base, pola súa calidade, para outro tipo de publicacións turísticas.
Quizais non tan coñecida, aínda que non por iso menos importante, é o seu traballo sobre o paso dunha ruta do Camiño de Santiago polo noso concello, no traballo "El Camino de Santiago por el Sudoeste", que de xeito impecable documenta unha ruta non moi coñecida que dende Zamora e Portugal entra en Santiago atravesando o val do Ulla.
Con todo, á marxe desta faceta digamos máis obvia da súa implicación cultural co Concello da Estrada, D. Manuel foi por si mesmo un dinamizador excepcional da Estrada neste eido. Ademais dos aspectos comentados brevemente na nota biográfica, podemos atopar multitude de fitos na historia da cultura estradense, onde atopamos a súa presenza creativa:
-Lmpulsou a recuperación do Castro de San Miguel e construíu o miradoiro chamado "A Gaiola"
-Lmpulsou a creación do Museo do Pobo Estradense -Impulsou a creación do himno e a bandeira da Estrada -Promoveu e foi presidente vitalicio do Centro de Iniciativas e Turismo
-Promoveu a Festa do Salmón -Promoveu a Feira do Moble
-Baixo o seu mandato como alcalde trouxéronse os restos mortais da muller e o fillo de Castelao.
-Impulsou a actividade cultural dos teleclubs do rural estradense e concellos limítrofes
-Impulsou a Fundación Neira Vilas e a reconstrución da casa natal do escritor.
MANUEL REIMÓNDEZ PORTELA, MÉDLCO Quizais, a pesar da importancia superlativa dos aspectos sinalados anteriormente, sexa esta faceta de D. Manuel, a profesional da medicina, a máis recordada aínda hoxe entre os seus veciños. Moitas anécdotas acaecidas en máis de 40 anos de profesión, recollidas no libro "Un médico na aldea" dannos unha pequena idea de quen foi coñecido como "O médico dos pobres".
. D. Manuel, licenciado en 1942, establécese en San Miguel de Castro e comeza as súas tarefas de "médico de familia" pertrechado nos saberes ben adquiridos na Facultade e coa particular experiencia que lle daba ter sido alumno intemo por oposición da Cátedra de Patoloxía Médica, da que foi titular durante moitos anos Pedro Pena Pérez, eminente clínico, discípulo de Roberto Novoa Santos.
Dezaseis anos despois efectuou o exercicio de "Grao de Licenciado" para acceder aos cursos monográficos de doutoramento e despois á realización dunha tese de doutoramento. Para os "Cursos Monográficos" tivo que ir á Universidade de Madrid de 1941a 1942, facendo os de "Historia da Medicina", "Hidroloxía Médica", "Psiquiatría" e "Psicoloxía Experimental", disciplinas que entón non se estudaban na licenciatura. Logo iniciou a "Tese", dirixido j)olo catedrático de Anatomía da Facultade de Medicina de Santiago, Angel Jorge Echeverri, quen lle encargou efectuar unha "Contribución ao estudo vascular da articulación da muñeca".
Os referidos esforzos por ser doutor, insólitos nun médico que xa levaba dezasete anos de exercicio consolidado no medio rural, complementáranse por outras circunstancias demostrativas do peculiar talante do noso biografado. Así, en lugar da típica consulta de aldea, Reimóndez montará, fronte ao seu propio domicilio e coa terrible servidume de dedicación e problemas que supoñía, unha pequena clínica sanatorial provista de oito camas, onde, mediante o concurso dalgúns especialistas que se desprazaban dende Santiago (doutores Fernández Otero, Alsina, Cajade Rey, etc.) se realizan todas as intervencións cirúrxicas posibles en tales circunstancias.
Nunha época anterior á implantación do seguro obrigatorio semellante decisión, máis propia de quen exerce na cidade ca no rural, evitoulles a centos de pacientes ter que desprazarse a Santiago.
En paralelo ocupa durante tres anos o cargo non remunerado de profesor axudante de clases prácticas de Anatomía na Facultade de Medicina e foi obtendo os títulos de especialista en aparato dixestivo e de diplomado en Medicina do Traballo. Pertenceu á Academia Medico Cirúrxica de Santiago e á Sociedade Galega de Patoloxía Dixestiva. En 1975 e en virtude do premio a Real Academia de Medicina e Cirurxíg. de Galicia designouno "Académico Correspondente". En 1986 foi condecorado como "Colexiado Honoñfico" polo Colexio Oficial de Médicos de Pontevedra.
Para os seus enfermos D. Manuel ía e viña con soltura polas reviravoltas dos síntomas médicos ata dar coa doenza que entangariñaba a saúde de quen se lle confiaba, cun ollo clínico especial, sabía recoñecer todos os lados da doenza, no seu conxunto, a idiosincrasia das nosas xentes, as súas necesidades, as fortalezas e as miserias.
A figura de D. Manuel sobrepasou así os lindeiros do propio marco xeográfico da Estrada sendo persoeiro de recoñecido prestixio nos concellos de Arzúa, Boqueixón, Teo, Silleda e Vila de Cruces. Foi D. Manuel un home inmenso.
MANUEL RELMÓNDEZ PORTELA NA POLÍTLCA
D. Manuel non foi nunca un político profesional nun sentido estrito, nin tan sequera vocacional. Máis ben o seu periplo vital neste eido vén dado pola súa vocación de servizo á comunidade, a súa filantropía e as circunstancias dadas polas súas amizades e a conxuntura do momento.
Estivo o seu mandato caracterizado polos pactos e a concordia, con énfase especial nos proxectos culturais, a austeridade na economía, así como a construción de dotacións comunitarias importantes como foron o Centro Social da Terceira Ldade, o impulso da Zona Cultural e Deportiva da Estrada, o Matadoiro Comarcal, dotacións parroquiais, etc.
Á marxe do seu mandato como alcalde da Estrada no cuatrienio que foi entre o 83 e o 87, no que impulsou moitas das iniciativas antes enumeradas, e na que impuxo o consenso e o bo talante entre as distintas forzas políticas antes ca todas as cousas, a súa contribución sobrepasa o ámbito local, tendo unha importancia capital, segundo testemuñas diversas pero case sempre unanimemente laudatorios na valoración de D. Manuel, na redacción do anteproxecto do Estatuto de Autonomía de Galicia.
Nesas datas e nas reunións do chamado "Grupo dos Dezaseis", que englobaba a persoeiros de todo o espectro ideolóxico galego da época, a figura de D. Manuel como home de consenso foi clave para lograr un documento asumible por todos eles. O seu galeguismo e humanismo e sobre todo o seu profundo amorpor Galicia así como o seu talante como mediador e a súa agudeza, a dicir dalgúns dos participantes naquel proxecto, foron determinantes para a redacción consensuada deste documento, xermolo do actual corpus lexislativo de Galicia.
A partir de todas estas vivencias (entre outras moitas), o seu traballo como investigador da cultura local convérteo nun autor e investigador incansable e prolífico que o leva a crear.
OBRA:
"A Estrada descoñecida: As Pedras"; Guía por tomos, na que vai relatando dunha forma didáctica o coñecemento das pedras na Estrada, como marca fundamental da nosa identidade, con debuxos del mesmo realizados a man alzada. Multicopiada en colaboración co Colexio Público do Foxo. Sen publicar.
"Marcas de canteros de la desaparecida Torre de la Barreira"; Ponencia no Congreso Intrernacional de Cliptografía e estudo rigoroso que valeu para recuperar a memoria da importante Torre da Barreira, de vestixios case inexistentes e que a partires do rigoroso estudo feito por Reimóndez, valeu non só para saber da súa situación exacta e constitución senón a importancia histórica deste asentamento medieval.
"A Rapa das Bestas de Sabucedo"; opúsculo sobre a máis senlleira festa do Concello da Estrada. Lnédito.
"Cruceiros e Cruces do Nordeste da Provincia de Pontevedra" Editado pola Deputación de Pontevedra en 1985 por acadar o Premio do concurso anual de investigación en 1981. Estudo completo dos 322 cruceiros dos nove concellos: A Estrada, Cerdedo, Cruces, Dozón, Forcarei, Agolada, Lalín, Rodeiro e Silleda, espallados nunha extensión de 1.460 km. No seu transfondo subxace a incansable curiosidade investigadora de Reimóndez Portela, na súa peregrinaxe polos angostos camiños rurais e polas tortuosas e agochadas corredoiras, nunha afanosa busca do máis xenuíno da nosa terra.
"A Estrada Rural"; Deputación de Pontevedra 1990.Volume de 330 páxinas que conforma o máis completo estudo existente sobre o universo que compón A Estrada coas súas 51 parroquias. Contén o estudo ademais de cada parroquia e os seus lindes, comunicacións, hidrografía, orografía, descrición de castros, cruceiros e pedras importantes, mámoas e lendas a historia de cada parroquia, igrexa e capelas, casas nobres, pazos, feiras, festas, etc. persoeiros egrexios, plantíos reais e toponimia maior menor e microtoponimia, o que o fai unha xoia da investigación estradense e eleva o nivel de estudo no noso municipio a unha categoría nada fácil de acadar.
"Medicina popular en terras de Tabeirós" (1990) relatoiro presentado no congreso Luso-Galaico de medicina. Inédito.
"El camino de Santiago por el sudoeste" Xunta de Galicia 1993. Coa proximidade do Ano Santo de 1993, todas as institucións andan na procura de atopar os camiños que chegaban a Santiago. D. Manuel coñece de vello anacos destes vieiros. Coa teima de atopar, unha vez máis, tributo á nosa cultura, coa colaboración de José Espiño Mato, párroco de Bandeira-Silleda e de Mariano Sinde Lema, coñecedor das terras de Vedra e de Boqueixón, percorre os esquecidos camiños dende a ponte romana de Ourense ata Santiago.
"A Estrada" Everest 1990.Esgotada a guía turística do ano 1976, Reimóndez reedítaa, corrixida e ampliada para a importante colección da Editorial Everest.
"Un médico na aldea" Edicións do Castro 1992. Libro onde recolle as súas vivencias de exercicio de máis de 40 anos de profesión e no que aparecen plasmados a súa sensibilidade e profundo sentido humanístico. Son as peripecias nun breve, ilustrativo e divertido libro nas que quedou patente unha vez máis a súa alta calidade humana e as condicións en que os galenos da época tiñan que traballar entre curandeirismo e supersticións.
De igual xeito, convértese en figura imprescindible en todos os proxectos culturais que a partir dos ano 70 se inician na Estrada: aparece como promotor do teatro local (grupos do Colexio de Vea, Foxo, Pérez Viondi e Nosa Sra. de Lourdes), da Masa Coral Estradense, da Tuna do Colexio Nosa Sra. de Lourdes.
Lgualmente é un dos fundadores do Centro de Iniciativas e Turismo (CIT), do que logo se converteña en presidente vitalicio e que hoxe está presidido polo seu fillo, Luis Reimóndez Fernández. Ben coñecida é tamén a súa faceta como recuperador da actividade cultural nos teleclubs, nos que comparecía frecuentemente xa como conferenciante, xa para proxectar diapositivas, etc. Por todos estes méritos, concédeselle en 1980 a medalla deprata ao Mérito Tuñstico.
De 1983 a 1987 exerce como alcalde do Concello da Estrada e no seu mandato construíuse o matadoiro comarcal, o mercado de gando saneado de Guimarei, os primeiros semáforos, etc. Aparecen como fitos culturais máis destacados a creación do himno e bandeira da Estrada, así como o traslado ó cemiterio municipal dos restos mortais da muller e o fillo de Castelao, a homenaxe a Varela Buxán e a Losada Diéguez.
Deixou unha interesante entrevista co noso persoeiro Sonia Sánchez en "Contrarretranca nº 8".
PRESENZA DE MANUEL RELMÓNDEZ NA ACTUALLDADE
Nos nosos días, e 12 anos despois da súa desaparición, acontecida en xuño de 1994, a súa vida, obra, e limpa traxectoria, desbordante de amor e xenerosidade cara aos seus semellantes, seguen a ser un referente na sociedade estradense e mesmo noutros municipios, especialmente os limítrofes. Poderiamos destacar, como índices de referencia, os seguintes:
Co gallo do seu pasamento foi publicado en 1995 o "Libro da homenaxe" editado por Edicións do Castro, onde infinidade de colaboradores del en vida fan unha semblanza deste ilustre persoeiro.
Leva o seu nome o Museo do Pobo Estradense Manuel Reimóndez Portela.
Foi premio San Martiño á normalización lingüística a título póstumo.
A Fundación de Exposicións e Congresos instituíu o "Premio Xomalístico M. Reimóndez Portela", que, baixo o asesoramento do seu comité de seguimento, organiza anualmente este premio de xornalismo dedicado á divulgación da lectura, único especializado neste feito. Ademais, organízanse dende este foro outro tipo de actos como charlas, conferencias, exposicións etc. de divulgación médica, socio-cultural, etc.
Foi obxecto dunha homenaxe por parte da Fundación A Solaina de Piloño (Vila de Cruces), onde se inseriu un busto en pedra.
En 2004, 10Q aniversario do seu pasamento, o Concello da Estrada dedicoulle o Ano Cultural, o que deu pé a diversos actos coma a colocación de placas en San Miguel de Castro, nun acto de grande afluencia o 25 de xaneiro con misa de campaña e concerto da Banda de Música Municipal da Estrada.
Tamén en 2004 a Asociación de Fillos e Amigos da Estrada, na súa xuntanza anual do 25 de xuño, colocou unha placa no monolito que simboliza a súa presenza en pedra na Fundación de Exposicións e Congresos.
Neste ano 2004 prevéronse máis actuacións, entre as que destacan a publicación da súa obra inédita, colocación dun busto (réplica do existente en San Miguel de Castro) na rúa da Cultura, Olimpio Arca publicou "Manuel Reimóndez Portela"; Xunta de Galicia, Consellería de Cultura. 2004, e a publicación desta segunda edición de "A Estrada Rural".
PERSONAXE FOLCLÓRICO: Castriño do Seixo. Apelidábase Castro, os veciños chamábanlle Castriño, para quen non o coñecía e o ollaba por primeira vez sorprendíao a imaxe que fería os ollos e daba por atrás; tolleito de case todo o corpo por unha parálise que lle dera de neno.
Botaba unha perna para adiante e despois a outra axudado por dous paus suxeitos por aquelas mans espiñosas e mal feitas, penduradas duns brazos fracos e tortos. Para levar a man á cara primeiro deixábaa solta, dáballe para adiante e para atrás en canto a pendulaba ben facía o derradeiro esforzo cara adiante para chegar aos beizos ou levar o pitillo á boca. Se o derretesen non botaría unha libra de granxa de tan chuchado que tiña o corpo. Os veciños queríanlle ben ao Castriño e axudábano canto podían.
Tamén é certo que un home tan mal feito por fóra tiña unha intelixencia que ao coñecelo se esquecía un do de fóra para fixarse e admiralo polo que levaba na cachola. Ría decote cando outros tiñan mágoas para facerllas esquecer, aínda que iso si, tiña un xenio como non hai outro coñecido. Agarimoso cos nenos, eles correspondíanlle da mesma forma ríndose do seu corpo, do que el se ría tamén e remataba contándolles calquera conto; era o home dos contos.
Castriño do Seixo (o Seixo é o lugar da parroquia onde viviu) puxo unha taberna pequecha onde tiña moi pouca cousa, gas para vender a cuartillos, chatolas, augardente, mistos, algún bacallau e, cando cadraba, uns figos, uns macillos e pouco máis... a xente axudábao a ir vivindo, regalábanlle como podían. Non era un xurafáns aínda que tiña de todo, mais dicía decote "recorona", á xente contáballe troulas e el contestaba:
-Por iso recorona talmente ti moi tronera es.
Polas festas ía polas casas dos veciños divertíndoos, nunha delas ao rematar o xantar apareceu a tía Rosa de Xan, unha muller alta, fraca, feita unha cangalleira, parecía un espantallo e de súpeto sae o Castriño.
-Por iso Rosa, recorona, recodiolas talmente...
-¿Qué queres Castriño, que se che ofrece?
-Estou matinando, recorona, que se esas son rosas...vaia primavera.
As súas inquedanzas eran as rapazas novas, metíase decote con elas, faláballe con palabriñas agarimosas, botaba a lingua fóra, pasábao polos beizos e dicíalles.
"Recodiolas, recorona talmente hoxe non se atopa flor máis bonita ca ti".
Cando chegaba á súa tenda a Casanova, unha muller forte e altísima dicíalle:
A la torre de Babilonia subí.
Al espíritu de tu alma llegué.
Tras de tempos veñen tempos e un arrepiante día comezou unha guerra entre irmáns, era o 18 de xullo de 1936 e como o medo fai santos, Castriño, que nunca fora á misa porque non cría nesas cousas, o primeiro domingo chegou cediño e mal como puido sentouse no primeiriño escano, estivo moi atento en canto durou a misa, na saída, no adro "nesa xuntanza de sociedade dos veciños" apareceu o cura coma de costume e coa súa retranca de sempre tamén, díxolle.
-jAi. Oh Castriño! Que milagre que viñeches hoxe á misa!... eu nunca te vin... ao que lle respostou Castriño...
-Por iso recorona talmente señor cura vostede moi tronera é...¿non sabe que denantes se viña por salvar a alma e agora se vén por salvar o corpo?
Foi noticia de relevancia en 2004 a existencia no monte da Bugalleira dun habitante solitario dunha cabana, foi chamado "O Home dos Penedos", tivo moita sona por saír nos medios de comunicación. A razón da súa descuberta e "expulsión" do seu acubillo rochoso está relacionada coa extracción de seixo ou cuarzo.
FESTAS PARROQUIAIS: a festa do patrón celébrase o día 29 de setembro, con festas ao Santísimo Sacramento ou a San Roque, aínda que as principais son as de Santo Alberte o día 7 de agosto, que é avogoso da "sorte do millo", e da Nosa Señora das Angustias, que se celebra o día 22 de abril, que é avogosa das mulleres de parto; tiñan por costume levar o manto da Virxe e cubrir con el a muller de parto para facilitarllo. En tempos, celebrouse o San Franco.
INDUSTRIA: existen industrias da madeira (3) aínda que si houbo moitos muíños, os principais estaban asentados nos regueiros. No regueiro do Castelo tiñamos o muíño de Xunqueira, o de Louzao e o de Reimóndez, máis abaixo o de Montaña e despois o do Castillo".
En Adoufe había o chamado muíño Vello no regueiro da Agria e no regueiro que comeza chamándose da Rega, para chamarse da Cova cando pasa por este lugar e despois de Lagos, ao paso por este tiñamos de Lagos para abaixo os muíños seguintes: o da Pedriña, o de Vázquez, o das Mimosas, o de Agustín, o dos Mareques, o de Veloso, o de Barreiro, o dos Bartolos o da Burata e o de Laguiños.
Conta cun serradoiro de madeira no lugar da Carballeira, 2 empresas de carpintería no lugar do Seixo, unha empresa de construción e unha empresa de prefabricados.
Na continuación da Serra do Pico, como aproveitamento da mesma veta de cuarzo, retomou a súa extracción a empresa ERIMSA, que, malia os beneficios que poida carrear este importante xacemento de mineral, está a estragar a fermosa paisaxe sobre o val do Ulla, ampliando día a día a superficie de extracción.
COMERCIO: unha panadería, unha taberna no lugar do Seixo e unha polbaría.
CENTROS CULTURAIS: "Asociación de Veciños O Castro", "Asociación de Mulleres Rurais San Miguel de Castro"; contan os primeiros co Teleclub e as segundas co antigo grupo escolar. Levan a cabo diversas actividades como excursións, rutas de sendeirismo, semanas culturais, conferencias, presentacións de libros, magostos, etc., o que fai de Castro unha parroquia dinámica.
ENSINO: os alumnos de preescolar aténdeos unha escola con mestre ou mestra en Seixo (centro da parroquia) e os de Primaria son recollidos polo trasporte escolar para levalos ao Colexio de Oca que abrangue a comarca.
Como asociación cultural temos que subliñar unha que empezou hai moitos anos chamada "Teleclub de Castro", que fixo moitos actos culturais.
Polo que atinxe aos DEPORTES, ten unha pequena pista polideportiva descuberta con campo de tenis e baloncesto así como xogos para nenos (parque infantil) e un campo de fútbol na Baiuca.
Poden cazarse coellos nos montes desta parroquia e pescar troitas ou escalos no río Ulla, onde tamén hai salmóns.
Polo que respecta ao aspecto SANITARIO mellorouse moito no que atinxe á vivenda rural, con mellores servizos, auga, luz eléctrica, etc.... así como pola asistencia médica cun médico, na actualidade en Oca, que atende os enfermos pertencentes á Seguridade sSocial.
Actualmente a asistencia sanitaria está cuberta polo Centro de Saúde de Oca.
RURALCENTRO: situado no local social no lugar do Seixo, dálles acceso a Internet aos veciños, por medio do proxecto "aestradadixital".
TOPONIMIA MENOR: en canto a nomes coidamos que deben subliñarse o do Castro, non só polo que pode representar como suposto asentamento céltico, senón ademais polas lendas que se recollen del ou do seu linde oeste, o chamado Pozo de San Xoán da Cova co seu mosteiro e a súa suposta relación co Pico Sacro.
Atán, preto do río e do castelo de Cira, é nome para esculcar e decatarse se era certo que alí ataban os mouros do castelo os prisioneiros para axustizalos (a verdade é que nunca houbo mouros no castelo). A Cruz, onde houbo unha cruz que desapareceu hai unhas ducias de anos... a ponte do Unxido ¿por que do Unxido?, ten que ver con aquelas aparicións á noitiña dunha muller cun neno no colo e unha navalla para pregarlle ao primeiro home que pasase a ponte...¡home que vas de camiño!, ¿queres cortarlle a solta a este meniño?..para quitarlle o anganido. Se non é por iso... debía selo.
PLANTÍOS REAIS: "Dehesas de S.M: tiene S.M: unha dehesa nesta dicha feligresía en el monte de Adoufe, cavida 46 ferrados, dellos 10 ferrados es robles y lo restante monte de primeira calidad. Levante y Sur Camino Real de la ciudad de Santiago. Poniente y Norte monte de Campo".

Pedro Varela
Alá no confín nordés do concello, a uns 15 quilómetros da Estrada, está a parroquia de Castro, que se compón de 116 cabezas de familia e 573 habitantes.
Deu orixe ao seu nome un castro ou fortaleza inmediata ao lugar máis antigo e da mesma denominación.
A freguesía é, abofé, unha das máis antigas da comarca: a raíña Dª. Urraca no ano 1115, doou á Igrexa de Santiago a de San Miguel de Castro, «os seus servos e o seu carácter e o dereito de poñer alguacil e demás atribucións señoriais» (López Ferreiro, Historia de la iglesia compostelana, tomo III). Pero aínda hai outros datos, como veremos más adiante, que demostran o histórico da freguesía.
Lugares: Castro, San Miguel, Adoufe, Constenla, Prado, O Seixo, Bouzada, Ponte, Lagos, A Cova, A Alberguería, Nogueiriñas e A Silva.
En canto aos nomes que levan estes lugares, só ofrecen curiosidade os de Adoufe e A Alberguería por ser pouco comúns. Do primeiro ben pouco puidemos saber, únicamente a versión estendida e sen fundamento serio, de que alí houbo un escribán, que “deu fe”. Do segundo, pódese afirmar que alí se albergaban moitos peregrinos que ían a Santiago, e de aí, Alberguería.
Lindeiros da parroquia: norte, rio Ulla; sur Oca e Loimil; leste, Cira e oeste, Arnois e Ponte Ulla.
Vías de comunicación: a estrada provincial de Callobre a Ponte Ledesma e mais camiños rurais. Para pasar o río hai as barcas de Noente en Adoufe, de servizo público; e as particulares de Cacho, de Carrocha, de Santa Mariña, de Conde, dos Camiños e a de Sesto.
Os de Castro son ribeiráns do Ulla; bañan a parroquia os regatos de San Miguel (en Adoufe), o das Regas que vai á tenza da Veiga; o de Fontao, que nace en Castro e vai a San Miguel; o de Serra entre Castro e Cira.
O 14 de xuño de 1856 foi creada a escola de San Miguel de Castro, hoxe escola nacional atendida por mestre. Grande parte daqueles veciños pertencen a unha Sociedade de agricultores creada no localidade.
O 8 de maio de 1876 suprimiuse a escola de Castro e agregouse á de Arnois, no lugar de Cercido.
No eclesiástico: Castro ten por anexo a Cira; o curato é de entrada e pertence á coroa. Ten a freguesía por Patrón a San Miguel. Antes presentaba o mosteiro de San Paio de Santiago. A igrexa é unha das más antigas da diócese. O Sr. López Ferreiro, autoridade nestas materias, calcula que datará dos séculos VII ou VIII, e conserva a arquitectura primitiva. Á entrada do presbiterio hai un arco de ferradura apoiado sobre dúas columnas con fermosos capiteis de puro estilo románico; en 1783, o célebre escultor José Ferreiro fixo por encargo do conde de Altamira o retablo maior desta igrexa, pola cantidade de 4650 reais, atendendo ao deseño que deu Fr. Plácido Caamiña, mestre de obras do mosteiro de San Martiño de Santiago; ese deseño foi revisado en Madrid por D. Ventura Rodríguez, director de arquitectura na Real Academia de San Fernando. Ten o retablo un admirábel relevo que representa a loita de San Miguel. O estado de conservación da igrexa é moi malo. O señor López Ferreiro na Historia de la Iglesia Compostelana, tomo 7.°, título 2.°, páxina 390, consigna: «moi interesantes eran, indubidabelmente, polo menos desde o punto de vista iconográfico, os frescos con que pouco despois de 1520 foi decorada a vetustísima igrexa rural de San Miguel de Castro. Os muros desta pequeña igrexa, de estrutura completamente bizantina, tal como se usaba nos séculos VI e VII, achábanse na súa totalidade cubertos de pinturas recentemente descubertas polo seu celoso párroco Sr. Coto Ortigueira. Nestes inestimábeis cadros víase vivamente representada a vida, paixón e morte do Noso Señor Xesucristo. Era a Biblia posta á vista e alcance dos rudos montañeses daquela comarca».
Lemos tamén «o cura, Sr. Coto Ortigueira, descubriu máis tarde na zona superior varias pasaxes da vida de Santa Catalina, a súa disputa cos doutores, o seu martirio e a condución do seu corpo ao monte Sinaí; sobre o paso que dá ao presbiterio, o Xuízo Final.»
Tamén nos di o Sr. López Ferreiro: «desde fins do século XV a maior parte das igrexas viron cubertas as súas paredes de pinturas que representaban os martirios da relixión cristiá. Diso ofrece un curioso exemplar a igrexa de San Miguel de Castro.»
No punto coñecido polo Seixo, existe a capela de Nosa Señora da Angustia, fundada polos fregueses cos restos doutra capela que houbo na Alberguería, dedicada a Santiago, e que servía de albergue aos peregrinos.
Festas anuais: San Miguel o 26 de setembro; ao domingo seguinte ao 14 de xuño, o Carme; o Socorro, o 30 de setembro; San Antonio, o primeiro domingo despois do 13 de xuño; San Roque, o domingo seguinte ao patrón; na capela, o primeiro domingo después do 23 de abril; San Alberte, en agosto.
Unha das ladeiras do estreito de San Xoán da Cova está nesta parroquia; no castro ou campamento antigo que lle dá nome, dise que estivo a capela de Gundián. E a propósito desta capela debemos sinalar o estraño que resulta a súa pertenza a Santa María Madalena de Ponte Ulla, concello de Vedra, partido de Santiago, provincia da Coruña; a pesar de atoparse máis para acá do río e de ser este a natural divisoria entre aquela provincia e a nosa.
Entre Castro e Cira hai un punto coñecido por Atán, e conta o vulgo que debe o nome a que alí «ataban os mouros que habitaban o castro aos cristiáns que collían»: aínda hoxe este lugar conserva mala fama e inspira temor aos campesiños cando pasan por cerca. Atán en vasco significa “porta”.
Unha familiar dos Infanzóns de Oca contraeu matrimonio cun veciño de Adoufe.
Dominaba na parroquia a tenza da Veiga cos seus foros; tamén dominaba (e aínda domina algo) o marqués de Santa Cruz.
Hai na localidade unha cartería.
* A Estrada, 1923. Ed. 2017