Casa de Vilanova en Remesar
José Manuel Bértolo Ballesteros e Luís Ferro Pego
En Vilanova, aldea da parroquia de Remesar, hai unha casa chamada “casa grande de Vilanova” que se levantou no solar dunha familia fidalga que imos ver.
Comeza esta familia co cura de San Salvador de Barbeito (Vilasantar. A Coruña) Gregorio Regueira Freixomil, que foi o fundador dun vínculo en Remesar a mediados do século XVII. Tivo dous fillos e un chamábase Gregorio, como seu pai, que casou o 21 de xuño de 1655 con Jerónima Mondragón, filla de Andrés de Mondragón e Xoana Bermúdez de la Maza, veciños de Vilasusán. Jerónima foi dotada por un tío paterno, cura de San Martiño de Figueroa (Cerdedo), polo que foron donos dunha casa de catro salas, cociña, cortes para os cabalos, pombal, muíño e un prado arredor de 200 ferrados, ademais de devesas e montes doutros 200 ferrados. Tamén eran donos de parte da sinecura de Santa María de Fisteus (Curtis) que lles deu o pai de Gregorio.
Sucedeulles o seu fillo Lourenzo Reguera Freijomil (Remesar,1668-). Foi alférez de milicias e casou en San Martiño de Meis con Antonia Xacinta Fortío Bermúdez de Torres, natural de Cambados, quen herdou propiedades en Agar no Salnés, casa e granxa en Meis e unha viña en Santa Cruz de Castrelo, entre outras. Lourenzo fundou unha capelanía na igrexa de Remesar en 1739 baixo a advocación de Nosa Señora do Portal de Belén.
Sucedeulle seu fillo Alexos Reguera Fortío (Remesar,1689-). Casou con Beatriz Mondragón Varela Gil, filla de Leonel Mondragón Xil Taboada, da casa de Vilasusán.
Tiveron nove fillos e o vinculeiro foi José Manuel A. Reguera Mondragón (Remesar, 1727-) que casou con Ma Ignacia Valladares Vilariño Figueroa, veciña de Pontevedra, da casa de Padín en Vilalonga. Os seus irmáns viviron en Remesar pero, sen descendencia, polo que a familia deixou de vivir en Vilanova.
Tiveron por filla en Meis a Josefa Reguera Valladares, que casou con coronel de infantería Domingo Antonio Loriga e Romero de Caamaño, do pazo de Follente (Zas. A Coruña), que foron os pais de: Antonio Loriga Reguera, (O Grove 1782 A Coruña, 1855). Casou con Rosa Taboada Mondragón filla de María Nicolasa Mondragón Córdoba Bermúdez e Sangro, da casa do Bacelo (Santa María de Godos) e do mariscal Francisco Taboada e Gil Mosquera, da casa de Liñares (San Martiño de Prado. Lalín). Antonio foi o “xefe político” da Coruña durante o Trienio Liberal, tenente coronel de artillería, deputado a Cortes e fundador e 1° Presidente da Academia Galega das Artes.
Unha filla súa foi a nai de Miguel Durán Loriga, pero sucedeulles Francisco Loriga Taboada, avogado, deputado provincial e logo senador pola provincia de Santa Clara en Cuba, e logo Presidente da Real Audiencia de A Habana. Tivo por fillo a:
Juan Loriga e Herrero-Dávila, que foi xeneral de Artillería, Académico da Real Academia da Historia e a partir de 1898 estivo na Casa Real como preceptor do futuro Afonso XIII ata a súa coroación como rei en maio de 1902. Por iso, foille concedido o título de primeiro conde de O Grove en 1902. Foi tamén profesor de matemáticas do infante don Juan, cando este tiña só seis anos. Casou coa súa parente Josefa Loriga Parra, que viúva e sen descendencia foi condesa titular do Grove.
Sen descendentes directos, o condado de Grove pasou en 1940 a Eliseo Loriga Parra, que foi preceptor do Príncipe de Asturias Afonso de Borbón e Battenberg. No momento de asumir o condado, Eliseo Loriga estaba viúvo de Esperanza Taboada Bugallo, filla
de Carlos Taboada Rada señor do Pazo de Liñares (Lalín).
O seu fillo Joaquín Loriga Taboada, membro da Escuadrilla Elcano, completou o voo Madrid-Manila, proeza pola que se converteu nunha das figuras da aviación española. Foi ademais o primeiro en pilotar un avión que tomou terra en Galicia, para o cal elixiu como lugar de aterraxe o Monte do Toxo no seu Lalín natal. Falecido en accidente aéreo no aeródromo de Cuatro Vientos (Madrid) en 1927, o título de conde do Grove recaeu na súa irmá, María Araceli Loriga Taboada, cuarta e ata hoxe última condesa do Grove.