Cerdedo (1936-1953)
Dionisio Pereira
Mortos:
Albor Carballás, José (¿?): Natural de Cerdedo e veciño de Solis-Corvera (Asturias), morreu nun bombardeo en Santander o 2/8/1937, aos 80 anos de idade.
Persoas non aveciñadas que apareceron mortas no Concello de Cerdedo no período 1936-1953:
- Arca Valiñas, Francisco (Figueroa): Asasinado polos falanxistas na Ponte do Barco (Pedre) na noite do 13 de agosto de 1936. Canteiro, tratante de gando e dirixente da “Sociedad `El Trabajo´” de Figueroa (CNT) e de “Izquierda Republicana”.
- Bugallo Iglesias, Secundino, “O Cambo” (Barciela/Castrelo-Figueroa): Asasinado polos falanxistas na Ponte do Barco (Pedre) na noite do 13 de agosto de 1936. Antigo emigrante nos EE.UU (1929), canteiro, tratante de gando, dirixente da “Sociedad `El Trabajo´” (CNT) e de “Izquierda Republicana”. Foi sometido a Consello de Guerra postumamente e a súa casa espoliada.
- Bugallo Lois, Gerardo (Figueroa): Fillo do anterior, foi detido xunto co seu pai e salvado do “paseo” polo cabo da Garda Civil de Cerdedo, Avelino Sánchez. Mobilizado á forza no exército nacional, foi asasinado recén finalizada a guerra por un falanxista cerdedense implicado na morte do seu pai, que recoñeceuno na estación do camiño de ferro de León, cando regresaba ao seu domicilio dende Valencia. Afiliado á “Sociedad `El Trabajo´” (CNT). Un veciño e compañeiro de armas chamado José Álvarez, ficou trastornado tras presenciar os feitos e pouco despois apareceu morto en estrañas circunstancias ao se despeñar dende o Alto da Presa, perto da Fábrica da Luz de Cerdedo.
- Cortizo González, José (Barro-Arén). Asasinado por falanxistas cerdedenses e souteláns na estrada Pontevedra-Santiago na noite do 11 de agosto de 1936. Estaba afiliado ao PSOE.
- Ferreiro Álvarez, Martín (Outeiro-Quireza): Naceu en 1892. Concelleiro de Obras do Axuntamento de A Coruña, onde residiu na etapa republicana, e secretario da “Liga de Derechos del Hombre” na capital herculina. Agachado en Quireza ao comezo da guerra na casa da súa irmá Divina co seu irmán Antonio, en outono de 1936 pasou a Portugal axudado por un portugués que fora empregado seu, logo a Francia e por último á zona republicana (Levante e Catalunya), onde loitou. Foi internado ao rematar a Guerra Civil no campo de Argelés sur Mer, emprazado no Mediodía francés. Apresado polos alemáns, foi deportado ao campo de concentración de Mauthausen no que morrerá en setembro de 1941. Pertenceu a “Unión Republicana”.
- Gaiteiro Nogueira, Herminio (Parada): Canteiro afiliado ao PSOE, afincado na localidade asturiana de Piedras Blancas-Oles Villaviciosa. Durante a Guerra Civil foi delegado do “Sindicato Metalúrgico” (UGT) en la Fábrica de Armas, xefe dunha unidade disciplinaria do Exército Popular da República e responsable da prisión municipal. Foi xulgado en Xixón, condenado a morte e executado o 15 de febreiro de 1938.
- Garrido, Manuel, “O Negro” ou “O Resucitado” (Fondós): Canteiro de profesión, foi dado por morto en Alba cun tiro no peito, na noite do 11 de agosto de 1936. Puido zafar grazas á axuda da súa muller, que lle curou as feridas. Debeu andar agachado un tempo na Poza da Moura (Fondós) e nunha cova preto da Fonte Xesteira nas Veigas de Candas (entre Vilar e Castro), xunto con Xosé da Leira e o seu xenro Pérez, ambos de Filgueira. Tamén estivo entobado baixo o forno da súa casa, para evitar que remataran a faena os franquistas. Nese período, a súa muller Esperanza Barros (Esperanza de Dominga) recibiu malleiras para que dixera onde estaba; non obstante, foi delatado por unha veciña do lugar e estivo preso por pouco tempo antes de finalizar a Guerra Civil. Era militante destacado do PSOE.
- Lois Ventín, Ramiro (Piñeiro): Curmán de Erundino, Manuel e Olegario Ventín Rivas. Xulgado en Zamora, foi “paseado” nun lugar descoñecido da provincia de Zamora (posiblemente a Canteira do Suspiro) zamorana o 2 de decembro de 1936. Traballador do camiño de ferro Zamora-Ourense, no tramo de A Gudiña-Requejo, con residencia no campamento de Santa Bárbara (Nueva Puebla).
- Mosquera Vázquez, Eulogio (Limeres): Residía fora de Cerdedo. Detido por “comunistoide”, foi ingresado na cadea de Burgos, dende onde mantivo correspondencia coa súa familia de Limeres ata 1939. Logo, deixou de enviala e, seica, morreu de enfermidade ou malos tratos na cadea.
- Paz Cachafeiro, José (Cerdedo): Secretario no ano 1933 da “Federación de Agricultores y Obreros del Ayuntamiento de Cerdedo” (CNT). A guerra colleuno en Sama de Langreo, desempeñando o cargo de correspondente de prensa. Foi xulgado e fusilado en Oviedo, o 30 de maio de 1938.
- Plata Prieto, José (de As Quintas-Codeseda, pero casado e veciño de Laxoso): Loitou no Exército Republicano na zona Centro. Fusilado tras a Guerra Civil, no ano 1939.
- Tato Cadórniga, Manuel (Loureiro): Tenente do Exército Republicano na 39 Brigada Mixta, 153 Batallón, operativa na defensa de Madrid e na fronte de Teruel; antes estivera na Columna del Rosal. Internado no campo de Albatera ao remate da contenda, foi xulgado en Consello de Guerra, por presuntos feitos delituosos na zona republicana. Foi trasladado á cadea de Lugo o 14/7/1939; alí faleceu de caquexia infecciosa (tuberculose pulmonar) e por falta de asistencia médica na propia cadea, o 27/2/1940. Afiliado ao “Sindicato Único del Ramo de la Construcción” de Madrid (CNT), ao Ateneo Libertario de Vallehermoso e á “Sociedad `El Trabajo´” de Figueroa (CNT).
- Tato Fernández, Darío (Loureiro): Curmán do anterior, aveciñado en Liripio (A Estrada) e afiliado ás mesmas entidades sociais e sindicais e integrado tamén en idénticas unidades militares. Finalizada a guerra, na que participou como dinamiteiro, foi detido en Cerdedo, enviado a Madrid e alí encadeado o 28/4/1939 na prisión provincial da rúa do Barco. Xulgado en Consello de Guerra, celebrado na capital do Estado o 10/7/1940, resultou condenado a morte por participar na rebelión e realizar presuntas denuncias a dereitistas. Foi asasinado naquela cadea logo de, segundo a versión dos franquistas, atacar a un funcionario de prisións cando ía ser trasladado á Cárcel de Porlier para ser fusilado.
- Torres Paz, José (Cerdedo): Asasinado por falanxistas cerdedenses e souteláns no lugar de Alba, na estrada Pontevedra-Santiago, na noite do 11 ao 12 de agosto de 1936. Escribinte do Concello, era un cadro histórico da Agrupación Socialista local xa que fora concelleiro antes da Ditadura de Primo de Rivera. Xa morto, foi sometido a Consello de Guerra.
- Troitiño Beiro, Benjamín (¿?): Fusilado en Santiago o 4 de xuño de 1937 tras Consello de Guerra. Traballaba como canteiro na construción dun pantano no Tambre e residía en Liñaio (Negreira). Estaba afiliado á “Sociedad de Oficios y Profesiones Varias” de Negreira e A Baña (CNT).
- Varela Garrido, Francisco, “Pancho” (Cerdedo): Era membro destacado de “Izquierda Republicana” e secretario interino do Concello. Foi apresado no pobo de Monleras (Salamanca) onde se tiña refuxiado coa complicidade do seu sobriño, o contratista de obras e falanxista Ramón Cachafeiro. Foi condenado a morte en Consello de Guerra celebrado en Pontevedra e fusilado en Monteporreiro (Pontevedra) o 27 de xullo de 1937.
- Ventín Barreiro, Perfecto (Tres Aldeas): Xulgado en Zamora e fusilado no cemiterio de San Atilano, na capital zamorana, o 31 de decembro de 1936. Traballador do camiño de ferro Zamora-Ourense no tramo de A Gudiña-Requejo con residencia no campamento de Santa Bárbara (Nueva Puebla), pertencía ao PSOE e á UGT de A Gudiña.
- Ventín Rivas, Manuel (Tres Aldeas-As Quintas/A Estrada): Sobriño de Perfecto, xulgado en Zamora, foi fusilado no cemiterio de San Atilano, na capital zamorana, o 31 de decembro de 1936. Traballador do camiño de ferro Zamora-Ourense no tramo de A Gudiña-Requejo con residencia no campamento de Santa Bárbara (Nueva Puebla), estaba afiliado ao PSOE e á UGT de A Gudiña.
- Ventín Rivas, Olegario (Tres Aldeas-As Quintas/A Estrada): Sobriño de Perfecto, xulgado en Zamora, foi fusilado no cemiterio de San Atilano, na capital zamorana, o 31 de decembro de 1936. Traballador do camiño de ferro Zamora-Ourense no tramo de A Gudiña-Requejo con residencia no campamento de Santa Bárbara (Nueva Puebla), estaba afiliado ao PSOE e á UGT de A Gudiña.
- Ventín Rivas, Erundino (Tres Aldeas-As Quintas/A Estrada): Sobriño de Perfecto, xulgado en Zamora, foi fusilado no cemiterio de San Atilano, na capital zamorana, o 31 de decembro de decembro de 1936. Traballador do camiño de ferro Zamora-Ourense no tramo de A Gudiña-Requejo con residencia no campamento de Santa Bárbara (Nueva Puebla), estaba afiliado ao PSOE e á UGT de A Gudiña.
- Álvarez Rodríguez, Francisco (Laxoso): Foi Comisario Político no Exército Popular.¿Afiliado ao PCE?.
- Arca Gamallo, Manuel (Figueroa): Marmolista, cadro do “Sindicato Único del Ramo de la Construcción” de Madrid (CNT) e da “Sociedad `El Trabajo´” (CNT). Combatente do Exército do Centro, faleceu en Madrid no mes de novembro de 1936.
- Corral, Jesús (Loureiro): Combatente do Exército do Centro, faleceu en Brunete en xullo de 1937.
- Cortizo Arén, Ángel (¿?): enrolado no Exército Popular en Asturias, onde morre en data indeterminada. Dubidoso. Fichado na Sección Político-Social do AHNS.
- Espiñeira Iglesias, Julio (Castro do Medio): Membro destacado do PSOE.
- Fernández Fuertes, José (¿?): Natural do Concello de Cerdedo, morre en combate na localidade asturiana de Laciana no mes de setembro de 1936.
- García Bugallo, José (Figueroa): Do “Sindicato Único del Ramo de la Construcción” de Madrid (CNT) e da “Sociedad `El Trabajo´” (CNT). Combatente do Exército do Centro, faleceu na fronte de Madrid en agosto de 1937.
- García Fondós, José (Vilalén): Miliciano, aveciñado en Castiello-Villaviciosa (Asturias), morre en combate na fronte oriental de Asturias o 9 de outubro de 1937.
- Obelleiro Costa, Secundino (Figueroa): Era do “Sindicato Único del Ramo de la Construcción” de Madrid (CNT) e da “Sociedad `El Trabajo´” (CNT). Fillo de Aniceto Obelleiro. Combatente no Exército de Asturias, faleceu en combate nun lugar indeterminado.
- Otero Pardo, Manuel (Castro): Do “Sindicato Único del Ramo de la Construcción” de Madrid (CNT) e da “Federación de Agricultores y Obreros del Ayuntamiento de Cerdedo” (CNT). Combatente do Exército do Centro, faleceu na fronte de Madrid en febreiro de 1937.
- Otero Peleteiro, José (Piñeiro): Canteiro afiliado ao “Sindicato Único del Ramo de la Construcción” de Madrid (CNT) e a “Sociedad `La Alianza´” de Quireza (CNT). Combatente do Exército do Centro, faleceu en outubro de 1937 na fronte de Madrid.
- Pereira Fuentes, Raimundo (Laxoso): Do “Sindicato Único del Ramo de la Construcción” de Madrid (CNT) e da “Federación de Agricultores y Obreros del Ayuntamiento de Cerdedo” (CNT). Combatente do Exército do Centro, faleceu na fronte de Madrid no mes de marzo de 1938.
- Portela, Higinio (Loureiro): Pertencía ao “Sindicato Único del Ramo de la Construcción” de Madrid (CNT) e era cadro sinalado da “Sociedad `El Trabajo´” de Figueroa (CNT). Faleceu en Talavera de la Reina no segundo semestre do ano 1936.
- Pose Pérez, José (Laxoso).
- Quibén Simal, Antonio (Loureiro): Do “Sindicato Único del Ramo de la Construcción” de Madrid (CNT) e da “Sociedad `El Trabajo´” de Figueroa (CNT). Combatente do Exército do Centro, faleceu en combate no mes de marzo de 1938 na Serra de Mogorrón (Guadalajara).
- Rivas, Secundino (A Barbeira): Loitou no Exército Popular da República e morreu nun hospital de Monóvar (Alicante).
- Sieiro Torres, Perpetuo (Loureiro): Combatente do Exército do Centro, faleceu en combate no mes de xaneiro de 1937 na fronte de Madrid.
- Simal Penelas, José (Figueroa): Canteiro, pertencía ao “Sindicato Único del Ramo de la Construcción” de Madrid (CNT) e á “Sociedad `El Trabajo´” de Figueroa (CNT). Combatente do Exército do Centro, na Brigada Líster, ingresou ferido no Hospital Provincial de Valencia o 22/03/1937 ata o 6/5/1937. Morreu en Brunete en xullo de 1937.
- Simal Penelas, Eladio (Figueroa): Idem. Faleceu en combate na Serra de Mogorrón (Guadalajara) en abril de 1938.
- Simal Penelas, Agustín (Figueroa): Idem. Faleceu en combate na provincia de Guadalajara en xuño de 1937.
- Tato Cadórniga, Benigno (Loureiro): Afiliado ao “Sindicato Único del Ramo de la Construcción” de Madrid (CNT) e á “Sociedad `El Trabajo´” de Figueroa (CNT). Combatente do Exército do Centro, faleceu en Brunete no mes de xullo de 1937.
- Umia, Ramiro (Serrapio).
- Varela Piñeiro, Manuel (Vilarchán).
- Obelleiro Gamallo, Agustín (Figueroa): Afiliado ao “Sindicato Único del Ramo de la Construcción” de Madrid (CNT) e cadro sinalado da “Sociedad `El Trabajo´” (CNT). Participou na guerra integrado en diversas unidades do Exército do Centro. Suicidouse no seu lugar de orixe, desesperado debido ás mutilacións de guerra que lle imposibilitaban para o traballo, sen recibir ningunha pensión de minusvalía por parte do Estado debido á súa condición de combatente republicano.
- Rodríguez, Severo (Vilar): Miliciano do Exército do Centro. Preso ao finalizar a contenda e liberado en estado terminal por padecer feridas mortais, morreu no seu domicilio.
- Simal Penelas, Manuel (Figueroa): Canteiro integrado no “Sindicato Único del Ramo de la Construcción” de Madrid (CNT) e a “Sociedad `El Trabajo´” (CNT), loitou no Exército do Centro nun reximento de Artillería a cabalo. Ferido na fronte de Madrid, foi ingresado no Hospital Provincial de Valencia o 25 de xaneiro de 1937. Preso ao rematar a guerra, morreu aos poucos na súa localidade natal debido ás feridas de guerra, cando aínda non cumprira 30 anos.
Albor Carballás, José (¿?): Natural de Cerdedo e veciño de Solis-Corvera (Asturias), morreu nun bombardeo en Santander o 2/8/1937, aos 80 anos de idade.
Persoas non aveciñadas que apareceron mortas no Concello de Cerdedo no período 1936-1953:
- González Valeiras, José, “O Pintor” (Señorín/Carballiño): Mecánico de profesión, foi asesinado na Abelera (Pedre) no 9 de setembro de 1936.
- De Sojo Aznar, Jesús (natural de Ortigueira, veciño de Vigo) e Pino Soto, Alfonso (de Vigo), vencellados presuntamente á guerrilla, obxecto da “lei de fugas” en decembro de 1948 entre A Granxa (Loureiro) e o monte de Porriñeiras (Figueroa) a mans da Garda Civil, que os apresou na zona de A Baiúca e A Portela (fronteira entre A Estrada e Forcarei), nun lugar de paso habitual dos guerrilleiros. Viñan fuxindo dende Vigo, seica coa intención de integrarse na guerrilla antifranquista na provincia de Ourense. Caso dubidoso, outras fontes acreditan en delitos comúns.
- Alonso Arenas, José, mestre nacional en Folgoso, suspendido e separado do seu cargo, con baixa no escalafón, en 1940.
- Alonso Rivas, Avelino (A Devesa): Veciño de Sabucedo; cando o golpe militar exercía como garda municipal destinado no Concello de Lavadores. De ideario socialista. Participou na resistencia ao movemento militar no seu lugar de residencia; logo durante case dous anos andou fuxido no monte e tamén na casa de Manuel Gil, en Laxoso, onde foi detido pola garda civil e falanxistas de Sabucedo en decembro de 1938 e transladado ao cuartelillo de Cerdedo. Primeiro foi xulgado o 27 de xullo de 1936 en rebeldía; tras a detención, sofreu torturas e aturou un novo Consello de Guerra o 21 de xaneiro de 1939, sendo condenado a 12 anos de prisión, que pasou nas cadeas de Pontevedra e Vigo. A resultas das penalidades que soportou, sofreu graves secuelas sicolóxicas. No ano 1978 afiliouse de novo á Agrupación Socialista de Cerdedo.
- Álvarez Álvarez, Manuel: Depurado do seu cargo de mestre nacional de A Insua. En setembro de 1936 reintegrouse ao seu posto.
- Álvarez Fortes, Cesáreo (Cerdedo): Militante do PSOE, estivo emigrado durante a IIª República en Laciana (Asturias), onde traballou de albanel. Xulgado en Oviedo e condenado a 20 anos de prisión, foi internado no campo de concentración de Camposancos (A Guarda).
- Amor García, José (Figueroa?): Foi obxecto dun Expediente de Responsabilidades Políticas no ano 1940 e indultado en 1941.
- Andrés “do Rato” (¿Vilarchán?¿Fondós?): Mallado polos falanxistas de Cerdedo.
- Arca Rivas, Rogelio (Figueroa): Fillo de Francisco Arca Valiñas, e canteiro coma el. Estaba afiliado ao “Sindicato Único del Ramo de la Construcción” de Madrid (CNT), ao Ateneo Libertario de Vallehermoso e á “Sociedad `El Trabajo´” de Figueroa (CNT). O golpe militar colléuno en Madrid, onde traballaba xunto con outros conveciños no adoquinado das rúas. Fixo a guerra voluntario primeiro na Columna del Rosal e logo na 39 Brigada Mixta, 153 Batallón, do Exército Republicano do Centro; ao rematar estivo un tempo preso no campo de concentración da Praza de Touros de Teruel e, logo, nunha Compañía de Revisión constituída no Cuartel das Mercedes de Lugo. Máis tarde, obtivo a liberdade condicional e debeu se presentar a diario no cuarteliño da Garda Civil de Cerdedo. Daquela, segundo as súas lembranzas, aos que loitaran no bando republicano “non se lles tiña en conta para nada, non eran ninguén...”.
- Areán Otero, Cándida: Depurada do seu cargo de mestra nacional de Parada. En setembro de 1936 reintegrouse ao seu posto.
- Ares Sánchez, José: Depurado do seu cargo de mestre nacional de Parada. En setembro de 1936 reintegrouse aos eu posto.
- Armada Escudero, Mª del Carmen: Depurada do seu cargo de mestra nacional de Piñeiro. En setembro de 1936 reintegrouse ao seu cargo.
- Barros Barros, Armando (Pedre): Canteiro, de ideas espiritistas e antigo concelleiro. Perseguido.
- Basteiro Penela, Miguel (Laxoso): Canteiro, residente en Codeseda (A Estrada), de ideoloxía comunista. Condenado a 12 anos e 1 día por auxilio á rebelión, en xuízo militar celebrado en Pontevedra o 10 de setembro de 1936. Estivo preso en San Simón, onde quedou tolleito de por vida. En setembro de 1939 saiu en liberdade vixiada, por conmutación de pena.
- Benigno “de Doval” (Quireza): Sofreu varias malleiras por parte dos falanxistas de Quireza na “cheka” do Outeiro (Quireza), debendo abandonar o seu domicilio.
- Bértolo Taboada, José Mª (¿?): Residente en Gondomar pero nacido en Cerdedo, foi xulgado en Consello de Guerra andando setembro de 1936 acusado de rebelión militar. A causa foi sobreseída de xeito provisorio.
- Blas Obelleiro, José (Filgueira): Depurado do seu cargo de mestre nacional de Tres Aldeas. En setembro de 1936 reintegrouse ao seu cargo; en 1938 afiliado á Falange, onde continuaba en 1945.
- Bouzas Castro, Ramiro: Depurado do seu cargo de mestre nacional de Deán. En setembro de 1936 reintegrouse ao seu posto.
- Bugallo, Francisco (Loureiro): Canteiro, estaba afiliado ao “Sindicato Único del Ramo de la Construcción” de Madrid (CNT), ao Ateneo Libertario de Vallehermoso e á “Sociedad `El Trabajo´” de Figueroa (CNT). O golpe militar colléuno en Madrid, onde traballaba xunto con outros conveciños no adoquinado das rúas. Fixo a guerra voluntario primeiro na Columna del Rosal e logo na 39 Brigada Mixta, 153 Batallón, do Exército Republicano do Centro; ao rematar estivo un tempo preso no campo de concentración da Praza de Touros de Teruel e, logo, nunha Compañía de Revisión constituída no Cuartel das Mercedes de Lugo. Máis tarde, obtivo a liberdade condicional e debeu se presentar a diario no cuarteliño da Garda Civil de Cerdedo.
- Bugallo Bouzas, Laudino (Os Castros-Quireza): Canteiro, afiliado ao “Sindicato Único del Ramo de la Construcción” de Madrid e membro sinalado da “Federación de Agricultores y Obreros del Ayuntamiento de Cerdedo” (CNT). Tamén foi concelleiro na corporación de Cerdedo entre 1931 e 1934. Preso logo de rematar a guerra, que fixo no Exército Republicano en Madrid, cando voltou a Cerdedo foi perseguido e maltratado polos falanxistas de Quireza.
- Bugallo Camiña, Ángel (Cerdedo): Estudante e dependente da farmacia. Foi o último secretario de “Izquierda Republicana” en Cerdedo. Dende setembro de 1936 pasou varios meses no depósito municipal de Forcarei como preso preventivo e dalí ingresou na Prisión Provincial de Pontevedra. Foi procesado polo militar en 1937 acusado de rebelión e condenado a 20 anos de prisión, dos que cumpriu tres na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón e na Prisión de Astorga. Finalmente, a comezos dos anos 40 a concesión da farmacia que rexentara o seu pai Gumersindo Bugallo en Cerdedo pasou en circunstancias que descoñecemos a un destacado farmacéutico “camisa vieja” falanxista, debendo se transladar a Sanxenxo onde continuou en liberdade vixiada.
- Bugallo Camiña, Elena (Cerdedo): Irmá do anterior, tamén sofreu persecucións e maltratos.
- Bugallo Merza, Jesús (Deán): Tío de Francisco Bugallo. Retornado dos EEUU, foi membro da Comisión Xestora do Concello tras o 14 de Abrilo de 1931, logo concelleiro en 1931 e, por último, concelleiro/síndico na Fronte Popular; membro sinalado da “Sociedad `El Trabajo´” de Figueroa. Figuraba na “lista negra” xunto con Francisco Arca, Secundino Bugalllo e Benigno Simal para ser asasinado o 13 de agosto de 1936. Xunto co derradeiro, puideron ser avisados e fuxir ao monte a través dos campos de millo, exilándose posteriormente na Arxentina.
- Bugallo Merza, Manuel (Deán): Irmán do anterior, tamén exilado na Arxentina.
- Bugallo Valiñas, Severino (Cerdedo): Tesoureiro do axuntamento e concelleiro en 1931 e na Fronte Popular, foi xunto co seu irmán Sabino o organizador de “Izquierda Republicana” na vila de Cerdedo, malia que en 1936 xa figuraba no PSOE. Figurou na “lista negra” xunto con Torres, Taberneiro, Cortizo, Garrido e González, para ser asasinados o 11 de agosto de 1936. Salvouse polo seu cuñado Vicente García Dapena “O da Carteira”, xefe de Falange en Soutelo de Montes, que o reclamou cando estaba cos devanditos no Cuartel das Milicias de Falange en Pontevedra. Despois dun tempo agachado na igrexa da Magdalena (Soutelo) contando coa complicidade do crego Aquilino López Picón, andivo fuxido por Limeres, pola Chamadoira e polo Monte do Seixo. Posteriormente puido embarcar para Cuba no porto de Vilagarcía, acompañado polo seu irmán Sabino. Pasou logo aos EEUU, voltando á zona republicana coas “Brigadas Internacionales”. Estivo destinado en Reus e Salou (Tarragona), transladándose a Francia co remate da guerra; alí foi internado no campo de Argelés, de onde fuxíu a Bordeaux para participar na resistencia contra os alemáns. Preso no ano 1941, foi deportado a España por Irún e xulgado, pasando catro anos en diversos internados como preso político, entre eles nun campo de concentración en Villaverde (Madrid) traballando en “Reconstrucción Nacional”, nas cocheras de Vigo, ou na factoría de Barreras. No ano 1938, foi multado polo Gobernador Civil de Pontevedra con 500 pts.
- Bugallo Valiñas, Sabino (Castro Docabo/Cerdedo): Comerciante (a súa muller tiña unha taberna en Castro Docabo) e presidente de “Izquierda Republicana” no municipio, foi tamén dirixente da “Sociedad de Agricultores y Canteros” daquela parroquia. Membro da comisión xestora do Concello tras o 14 de Abril de 1931. Figuraba entre os sentenciados a sufrir o “paseo” por parte dos falanxistas na noite do 11 de agosto de 1936, pero puido zafar metido nun carro de millo, marchando dende o comezo da contenda ao monte. Liscou a Cuba co seu irmán dende o porto de Vilagarcía, disfrazado de crego. Logo, exiliouse en Bos Aires, onde morreu. No ano 1940 foille incoado un Expediente de Responsabilidades Políticas e condenado a 5 anos de inhabilitación e á multa de 500pts..
- Cachafeiro Cachafeiro, Manuela: Depurada do seu cargo de mestra nacional de Folgoso. En setembro de 1936 reintegrouse ao seu posto.
- Camiña Losada, Carolina mestra nacional en Barro, suspendida do seu cargo en setembro 1936, tras o que se lle transladou fora da provincia durante 5 anos.
- Campos, José (A Cavadosa): Propietario dunha serrería, sofreu maltratos a mans dos falanxistas debido ás súas ideas esquerdistas.
- Canabal Iglesias, José (Pedre): Canteiro. Detido no ano 1939 pola Garda Civil, reclamado pola súa implicación na Revolución de Asturias de 1934. No ano 1951 emigrou a Brasil.
- Carballal Iglesias, Antonio (Serrapio): Foi Comisario Político do Exército Popular de Andalucía. Procesado en Madrid, pasou algún tempo na cadea.
- Carballal Iglesias, Arturo (Serrapio): Irmán do anterior. Da CNT, enrolado no Exército Republicano na zona Centro. Logo da derrota, foi procesado en Madrid e botou un tempo preso na cadea de Lugo, de onde se fugou e pasou a Portugal, para retornar e atopar refuxio a comezos dos anos 40 en senllas casas de Caroi e Vilapouca. Logo, entregouse e casou cunha filla ilexítima de Víctor Lis Quibén.
- Carballo Quintillán, José (Tomonde): Mestre nacional en Veiga Brañas, unha aldea de Pedrafita do Cebreiro (Lugo). Afiliado á “Asociación de Trabajadores de la Enseñanza” (UGT) nos derradeiros tempos da República, tivo que fuxir ao monte da súa parroquia natal nos primeiros días do alzamento militar. Posteriormente, en agosto de 1936 foi detido xunto con outros once vecinos de Tomonde; daquela, estivo primeiro ingresado no depósito municipal de Forcarei e logo como preso preventivo na Prisión Provincial de Pontevedra, de onde saíu en liberdade no mes outubro de 1937. Nese ano, tamén foi encausado nun sumario pola xurisdición militar, aínda que non chegou a ser procesado. Foi sometido, así mesmo, a Expediente de depuración do Maxisterio na provincia de Lugo. Segundo algunhas fontes (Rodríguez Fraiz, A.; 2001), padeceu persecución por parte dos falanxistas e o internaron no penal da Illa de San Simón.
- Castro Dapena, Rosendo (¿?): Albanel originario do Concello de Cerdedo, participou na guerra integrado no Batallón 219 de Asturias, denominado “Galicia”. Desfeita a fronte do Norte, foi procesado en Asturias no ano 1937.
- Castro Gasols, Remedios: Depurada no seu cargo de mestra nacional en Cerdedo. En setembro de 1936 reintegrouse ao seu posto.
- Cortizo, Casimiro (Limeres): Membro da sociedade agraria de Lourido, o 20 de xullo de 1936 participou en Cerdedo na concentración de persoas armadas na defensa da República. Logo, foi perseguido e debeu marchar exilado a Brasil.
- Díaz Gutiérrez, Joaquina: Depurada do seu cargo de mestra nacional en Pedre. En setembro de 1936 reintegrouse ao seu posto.
- Díaz Pérez, Adelino: Depurado do seu cargo de mestre nacional en Vilarchán. En setembro de 1936 reintegrouse ao seu posto.
- Dios Vázquez, Mª del Carmen: Depurada do seu cargo de mestra nacional en Castro. En setembro de 1936 reintegrouse ao seu posto.
- Diz Bugallo, Manuel, “Papeleiro”, (Figueroa): Canteiro, estaba afiliado ao “Sindicato Único del Ramo de la Construcción” de Madrid (CNT), ao Ateneo Libertario de Vallehermoso e á “Sociedad `El Trabajo´” de Figueroa (CNT). O golpe militar colléuno en Madrid, onde traballaba xunto con outros conveciños no adoquinado das rúas. Fixo a guerra voluntario primeiro na Columna del Rosal e logo na 39 Brigada Mixta, 153 Batallón, do Exército Republicano do Centro. Xulgado o 6/5/1939 en Consello de Guerra celebrado en Madrid por presuntos feitos delictivos producidos na zona republicana, foi condenado a 30 anos de prisión e posto en liberdade a comezos dos anos 40. Emigrou a Venezuela no ano 1950.
- Diz Bugallo, José (Figueroa): Tivo o grado de sarxento na 39 Brigada Mixta, 153 BON do Exército do Centro. Tras pasar polo mesmo campo de concentración que Rogelio Arca, foi condenado en Consello de Guerra celebrado en Madrid o 31/10/1939 a 6 anos de prisión, que soportou na construción do Valle de los Caídos, redimindo penas polo traballo. Liberado en 1942, tivo que se presentar con regularidade no cuarteliño da Garda Civil de Cerdedo, polo que se lle impediu traballar no tendido do camiño de ferro en Lubián ou no Val de Arán; tamén foi obxecto dun Expediente de Responsabilidades Políticas no ano 1940. En consecuencia, no tivo outra que emigrar a Venezuela no ano 1950.
- Diz Lois, Encarnación: Depurada do seu cargo de mestra nacional de Bugarín. En setembro de 1936 reintegrouse ao seu posto.
- Durán, Francisco? (A Cavadosa): Canteiro, segundo algunhas fontes orais recibiu contínuas malleiras por parte dos falanxistas, cuxas secuelas producíronlle a morte anos despois. Outra versión sitúa estes mesmos feitos en relación cun veciño de Abelaíndo, cuxa filiación descoñecemos.
- Durán Medianich, José A., mestre nacional de Loureiro, suspendido tras o golpe militar e confirmado no seu cargo en maio de 1937.
- Escudero Quintillán, José (Tomonde): Encausado en sumario pola xurisdicción militar no ano 1937, non foi procesado e ficou ao dispór do Delegado Militar de Orden Público de Pontevedra.
- Espasandín, Manuel (Quireza?): Estivo exilado en Francia, logo de loitar no Exército Republicano. Padeceu o campo de concentración de Argelés e foi internado polos alemáns en Mauthausen, logrando sobrevivir. Morreu no exilio.
- Esperanza Barros (Esperanza de Dominga) (Fondós): Muller de Manuel Garrido “O Negro”. Cando o seu home estivo fuxido, foi axexada e mallada en repetidas ocasións para que delatara ao seu home, cousa que non fixo.
- Fentanes Paz, José (Pedre): Canteiro, aveciñado en Pradoalbar (Vilariño de Conso, Ourense), foi ingresado na cadea de Ourense por orde do Gobernador Militar o 21/9/1937 e foi excarcelado o 7/10/1937. Emigrou ao Brasil en 1952.
- Fernández Méndez, Mº del Carmen: Depurada do seu cargo de mestra nacional de A Insua. En setembro de 1936 reintegrouse ao seu posto.
- Fernández Ovelleiro, David (Fondós): Mestre nacional no Serrapio, suspendido do seu cargo en setembro 1936 e confirmado no seu posto en setembro de 1938. A fins de 1936, integrouse na Falange e andivo implicado na confeción de “listas negras” nas que figuraban veciños de esquerdas, máis tarde obxecto de múltiples extorsións realizadas polos falanxistas en territorio de Quireza. En 1945 non figura xa na Falange cerdedense.
- Fernández Ovelleiro, Otilia (Fondós): Irmá do mestre David Fernández. Ela e o seu pai José Fernández Escudero foron ameazados polos falanxistas, que os levaron nunha camioneta para intimidalos. Máis tarde, foi rapada na taberna de Outeiro. Emigrou a Brasil no ano 1940.
- Ferreiro Álvarez, Antonio (Outeiro-Quireza): Irmán de Martín e Francisco Ferreiro, traballou como contratista no ramo da edificación coruñés durante a República. Refuxiado en Quireza con Martín, foi detido en Tui cando tentaba pasar diñeiro ao seu irmán que estaba refuxiado en Portugal. Internado nun comezo en San Simón, aturou un Consello de Guerra celebrado en Pontevedra en novembro de 1936, no que foi condenado a 12 anos de prisión acusado de auxilio á rebelión.
- Ferreiro Álvarez, Francisco (Outeiro-Quireza): Concelleiro en 1931. Foi multado no ano 1938 con 500 pts. pola Delegación de Orden Público de Pontevedra.
- Ferrón Fernández, Delmiro (Pedre-Castro): Secretario da UGT de Pedre. Emigrado no Brasil no período da guerra, parte da súa familia que residía en Castro foi ameazada de morte polos falanxistas co beneplácito do crego Jesús Rodríguez Anllo.
- Filgueiras Bouzas, ¿? (Figueroa): Canteiro, en 1936 traballaba nas obras do camino de ferro Zamora-Ourense, na zona de A Vilavella. Foi detido e recluído no Mosteiro de Celanova, salvándose no último momento do “paseo”, por intervención de Paco Filgueiras, significado falanxista de Forcarei e parente seu. A súa familia mobilizouse para conseguir avais ao seu favor, indo á casa do alcalde de Cerdedo, Gerardo Lorenzo, en Quireza.
- Fortes, Guillermo “Os da Carme de Gomallal” (Pedre): Pai e fillo. Eran espiritistas e masóns; nuns primeiros intres se ocultaron nun túnel feito no seu domicilio de A Poza, para logo fuxir a Brasil dende Portugal con papeis falsificados.
- Fortes, José “Os da Carme de Gomallal” (Pedre): Pai e fillo. Eran espiritistas e masóns; nuns primeiros intres se ocultaron nun túnel feito no seu domicilio de A Poza, para logo fuxir a Brasil dende Portugal con papeis falsificados.
- Fortes, Serafín (Pedre): Seica pasou algún tempo na Colonia Penal da Illa de San Simón.
- Fortes Garrido, Antonio (Pedre): Soldado do Regimiento de Infantería de Montaña nº 32 destinado en Asturias; foi procesado en maio de 1937 por desertar do Hospital de Sangre de Mondoñedo, onde estaba ingresado.
- Fortes Palmeiro, Mª Obdulia: Nacida en 1888, dirixiu a carón de Francisco Varela Buela o Centro de Colaboración Pedagógica de Cerdedo. Autora da obras de teatro en galego como a de “As trampas das feiras”. Solteira, con moita cultura e declarada de esquerdas e galeguista. Depurada do seu cargo de mestra nacional en Cerdedo. En setembro de 1936 reintegrouse ao seu posto; tras ser ameazada polos franquistas, ocupou en outubro de 1937 o cargo de delegada en Cerdedo da Asociación de Maestras Católicas de Pontevedra. A pesar diso, se lle atribúe a frase: “eu son dunha dereita moi torta”, en referencia á súa verdadeira ideoloxía.
- Fraga Alonso, Avelino (Quireza): Directivo da “Sociedad Agraria y Obrera `La Alianza´” de Quireza e antigo concelleiro. Debeu andar escapado ben tempo e tamén foi extorsionado polos falanxistas de Quireza.
- Fraga de Lis, Balbino: Orixinario de Cutián. Militou nunha asociación católica de maxisterio durante a República. Depurado do seu cargo de mestre nacional en Figueroa. En setembro de 1936 reintegrouse ao seu posto, ingresando de contado na Falange cerdedense onde ocupou cargos de responsabilidade.
- Fraiz Cota, Dionisio (Folgoso): Presidente da “Sociedad de Agricultores `La Soledad´” de Folgoso. Detido no verán de 1936, padeceu malos tratos no Cuartel da Garda Civil de Cerdedo. Logo estivo internado na Escuela Normal de Pontevedra e foi xulgado nun sumario pola xurisdicción militar, sendo sobreseída a causa. Pasou anos en liberdade vixiada.
- Gamallo Lois, Manuel (Cerdedo): Practicante e afiliado a “Izquierda Republicana”, detivéronno nos primeiros intres do golpe e logo foi internado en San Simón no mes de setembro de 1936. Tras aturar un Consello de Guerra acusado de rebelión militar, foi condenado a cadea perpetua e estivo preso en Pontevedra e no Forte de San Cristóbal (Navarra). Saíu en liberdade no ano 1943.
- Gamallo Bugallo, Manuel (Figueroa): Labrador, membro de ”Izquierda Republicana” e 2º tenente de alcalde da Corporación en 1931 e na Fronte Popular. Detido en abril de 1937 e sometido a Consello de Guerra que foi sobreseído, estivo algún tempo preso na cadea provincial de Pontevedra.
- Gamallo Quintillán, Jesús: Depurado do seu cargo de mestre nacional de Tomonde. En setembro de 1936 reintegrouse ao seu cargo; no ano 1945 estaba afiliado á Falange.
- Gamallo Simal, Venancio (Filgueira): Canteiro, de ideas esquerdistas, padeceu unha tentativa de “paseo” por parte da Falange de Quireza, para que denunciase a outros veciños aos que pretendían extorsionar e roubar os falanxistas. Foi sometido a vixianza por delación do crego da parroquia, xunto co seu pai Serafín Gamallo Penelas e o seu irmán Benjamín. Emigrou a Brasil no ano 1950.
- Gandos, Fernando (Pedre): Era un coñecido ferreiro de ideas esquerdistas e recibiu a visita dos falanxistas para ser “paseado”. Puido escapar ao monte pola zona de San Isidro e alí botou un tempo agachado, coidando rabaños de cabras. A súa fragua foi rexistrada pola Garda Civil na procura de armas. Meses despois, amañou algunha pistola para os que estaban fuxidos no monte.
- García, José (Fondós): Ferreiro de profesión, estivo moi perseguido polos falanxistas de Quireza.
- García Beiro, Manuel (Cerdedo): De “Izquierda Republicana”. Ex secretario do Concello, integrante da súa Comisión Xestora tras o 14 de Abril de 1931 e director dunha das bandas de música de Cerdedo; radicouse na Cañiza en 1934, para exercer como secretario do Concello. Ata alí proxectaron se desprazar falanxistas cerdedenses para localizalo e prendelo debido ás súas ideas republicanas, mais foi avisado a tempo de fuxir polo seu amigo David Paz Cachafeiro.
- García Beiro, Raimundo (Vilar): Perseguido polos falanxistas de Cerdedo, tivo que se agachar un tempo no faio dunha casa da vila. Posteriormente conseguiu pasar a Portugal e dalí a Brasil, país do que non voltou.
- García Castro, José (Filgueira): Era cuñado de Martín Ferreiro e axudóulle a fuxir a Portugal. Foi apresado xunto con Antonio Ferreiro e pasou uns meses na Illa de San Simón; en novembro de 1936 foi procesado por auxilio á rebelión en Consello de Guerra celebrado en Pontevedra e absolto. Posteriormente mantivo unha actitude próxima ao réxime franquista.
- García Castro, Manuela (Cuíña): Tras padecer maltratos e vexacións diversas, unha coñecida falanxista de Quireza cortóulle o pelo na “cheka” sita na taberna-tenda do Outeiro, por non dicir o paradoiro do seu home Gervasio Penela García que andaba fuxido.
- García Escudero, Tomás (Outeiro): Extorsionado pola Falange de Quireza na taberna de Outeiro.
- García Fondós, Manuel (Vilalén): Irmán de José García Fondós. Detido nos primeiros momentos, estivo como preso preventivo en Pontevedra e foi procesado por rebelión militar. Condenado a 12 anos de prisión, cumpriu parcialmente a condena na Illa de San Simón e na Prisión de Astorga. En liberdade vixiada dende o ano 1943, transladouse a Riera de Somiedo (Asturias). Se lle instruíu un Expediente de Responsabilidades Políticas en 1941.
- García Piñeiro, Felisa: Depurada do seu cargo de mestra nacional de Vilar de Figueroa. En setembro de 1936 reintegrouse ao seu posto.
- García Ventín, Luciano (Fondós): Militante do PSOE na Fronte Popular (antes fora do Partido Radical Socialista), membro fundador da “Sociedad de Agricultores y Obreros `La Alianza´” de Quireza e dirixente ate 1933 da “Federación de Agricultores y Obreros del Ayuntamiento de Cerdedo”. 1º tenente de alcalde do Concello en 1931 e na Fronte Popular. Como derradeiro alcalde (accidental) republicano de Cerdedo, nomeado tras a retirada de Antonio Sueiro Cadavid, estivo fuxido no monte nos primeiros meses da contenda, pois era un dos máis buscados polos falanxistas para asasinalo. Logo aturou, segundo Antonio Rodríguez Fraiz, “moitas persecuciós e aldraxes” por parte dos elementos falanxistas de Quireza, entre elas extorsións na taberna do Outeiro e unha tentativa de asalto ao seu domicilio acontecida o 29 de outubro de 1936, Detido en febrero de 1937 e sometido a un Consello de Guerra que foi sobreseído, estivo preso varios meses en Cerdedo, Pontevedra e San Simón. Era tío de Ramiro Lois Ventín.
- García Vilaboa, Benigno (Quireza): Extorsionado e maltratado en dúas ocasións polos falanxistas de Quireza, na “cheka” instalada na taberna-tenda do Outeiro.
- Garrido, Dorinda (Castro Docabo): Dona dunha taberna naquel lugar xunto coa súa irmá María, sofriron contínuas requisas dos falanxistas de Quireza. A fins dos anos 40 marcharon para Venezuela.
- Garrido, María (Castro Docabo): Dona dunha taberna naquel lugar xunto coa súa irmá Dorinda, sofriron contínuas requisas dos falanxistas de Quireza. A fins dos anos 40 marcharon para Venezuela.
- Garrido Paz, Teresa (Castro): Foi obxecto de expediente de depuración do seu cargo de mestra en Tomonde, polo que non puido exercer ata 1943. Sometida xunto a súa filla Clotilde a vixilancia, por delación do crego da parroquia de Santa Baia de Castro, José Rodríguez Anllo; tamén foi obxecto de múltiples extorsións por parte dos falanxistas de Quireza. En 1943 recuperou o seu traballo de mestra, pero foi obrigada a se transladar a unha idade avanzada á lonxana localidade de Guillade-Crecente.
- Gil Corbal (ou Carballo), Manuel (Laxoso): Foi detido e trasladado ao cuartelillo de Cerdedo a fins de decembro de 1938 por encubrir a Avelino Alonso Rivas, agachado baixo uns toxos na súa casa. A detención, tras grande despliegue da garda civil e dos falanxistas de Sabucedo, debeuse a unha delación por parte do falanxista cerdedense Francisco Buján. Os veciños de Laxoso tentaron defendelo, pero foron ameazados polos gardas e polos falanxistas. Saíu en liberdade en febreiro de 1939.
- González Fraiz, Marcial (Folgoso): Canteiro. Traballaba no camino de ferro Zamora-Ourense, en Lubián. Fuxido a Portugal nos primeiros días do golpe militar, foi preso no posto da PVDE de Bragança o 4/8/36 e internado no forte de San Joâo de Deus, daquela capital portuguesa. Puido saír de Lisboa no “Nyassa” o 10/10/36 e desmbarcou pouco despois en Tarragona.
- González Monteagudo, Manuela (Quireza): Labradora, casada con Tomás García Escudero, foi obxecto de extorsións por parte dos falanxistas de Quireza xunto co seu home.
- González Sampablo, Ángel: Depurado do seu cargo de mestre nacional de Carballás. En setembro de 1936 reintegrouse ao seu posto.
- Iglesias, Juan (Tomonde): Encausado en sumario pola xurisdicción militar no ano 1937, non foi procesado e ficou ao dispór do Delegado Militar de Orden Público de Pontevedra.
- Iglesias, Miguel (Tresaldeas): Segundo a súa familia, perdéuselle o rastro cando tentaba exilarse en Francia.
- Lavandeira Durán, José Mª. (Cerdedo): Porteiro do Concello. Detido de xeito preventivo, figurou como encausado nun Consello de Guerra, no que logo non resultou procesado.
- Lois Soto, Casimiro (Vilalén): Labrador e antigo emigrante nos EEUU, estivo fuxido nos primeiros días tras o golpe militar e logo preso no Cuartel da Garda Civil de Forcarei. Foi, xunto con outros conveciños, obxecto dun simulacro de “paseo” por parte dos falanxistas. Unha vez posto en liberdade vixiada e temendo pola súa vida, foi reclamado a fins de 1936 polo cónsul de EEUU (país do que tiña a nacionalidade) en Vigo, pasou a Portugal e dalí ao país americano. Foi declarado en rebeldía nunha Causa Sumarísima aberta no ano 1937. Pai de Herminda Lois, cuñada de Antonio Rodríguez Fraiz.
- López Fondós, Julio (Castro): Canteiro e dirixente da “Sociedad de Agricultores y Canteros” de Castro. Era membro do PSOE e fixo a guerra no exército republicano. Internado nun campo de concentración en Francia, voltou a España voluntariamente, pasando a outro campo de internamento (Miranda de Ebro?). Os familiares tentaron liberalo mediante unha carta do crego de Castro José Rodríguez Anllo, que, en realidade, presentábao como un orador e activista político destacado. Saíu do campo mercé un aval do alcalde franquista, Gerardo Lorenzo.
- Luciano Martín, José (Cerdedo): Procesado no ano 1945 por delito de masonería.
- Maceira Raris, Juan: Depurado do seu cargo de mestre nacional de Folgoso. En setembro de 1936 reintegrouse ao seu posto.
- Mariño, Antonio (A Insua-Parada): De profesión canteiro, participou na Guerra Civil co Exército Republicano e ao remate da contenda estivo preso na cadea de Lugo.
- Martínez Martínez, Manuel: Natural de Ciudad Real. De esquerdas, foi depurado do seu cargo de mestre nacional de Viduído. En setembro de 1936 reintegrouse ao seu posto. O seu irmán foi asasinado na súa cidade natal polos franquistas; ameazado de morte, en febreiro de 1938 se afiliou á Falange, continuando en 1945.
- Molas Iglesias, Mª Cristina : Depurada do seu cargo de mestra nacional de Mamoalba. En setembro de 1936 reintegrouse ao seu posto.
- Monteagudo, Mª Concepción: Depurada do seu cargo de mestra nacional de Limeres. En setembro de 1936 reintegrouse ao seu posto.
- Monteagudo Ruzo, Manuel (Castro): Estivo encausado en Ferrol (onde facía a mili por Mariña) xunto con outros mariñeiros da Armada, acusados de facer garda no Concello de Fene baixo as ordes da lexítima autoridade municipal republicana, pero non foi procesado. Temendo pola súa vida, agachouse en Castro ata que o alcalde Gerardo Lorenzo dóulle un certificado de boa conducta, reincorporándose ao Exército.
- Monteagudo Troitiño, Carmen (Figueroa): De ideas republicanas, aturou unha tentativa de asalto nocturno do seu domicilio por parte de falanxistas cerdedenses, así como numerosos rexistros. Ameazada de “paseo” por parte dos falanxistas, debeu abandonar a súa casa deixando as tres fillas a cargo doutros veciños. Protexida por un tío garda civil destinado en San Xurxo de Sacos e reclamada dende EEUU polo seu home, a familia abandonou Figueroa en 1948 para non volver.
- Moreiras (Tomonde): Debeu aturar numerosas malleiras logo do 18 de xullo de 1936.
- Nieto Castro, Manuel (Bugarín): Presidente da “Sociedad de Agricultores y Obreros `La Luz´” de Bugarín, andivo fuxido moito tempo no monte por Cuíñas e Serrapio. Moi perseguido polos falanxistas de Quireza, que lle extorsionaron e confiscaron unha camioneta da súa propiedade, e sometido a vixiancia por delación do crego da parroquia. En 1940 se lle instruíu un Expediente de Responsabilidades Políticas.
- Obelleiro, Francisco (Os Castros-Quireza): Estivo entobado na súa casa durante a Guerra Civil durante moito tempo. Os falanxistas, que lle foron buscara ao seu domicilio en repetidas ocasións, propinaron constantes malleiras á súa muller para que o delatara e tirotearon a súa casa o 29 de outubro de 1936.
- Obelleiro Cadavid, Aniceto (Figueroa): Directivo da “Sociedad `El Trabajo´” de Figueroa (CNT) e masón. Preso nun primeiro intre en Cerdedo, salvouse dunha morte segura por un parente falanxista (outras versións falan do crego da súa paroquia) que foi quen de conseguir que o desterraran a Burgos.
- Otero, Julio (Tomonde): Estivo no Exército Republicano na zona de Tarragona e Castellón. Logo da contenda, pasou un tempo nun Batallón Disciplinario.
- Otero Bértolo, José: Depurado do seu cargo de mestre nacional de Barro de Arén. En setembro de 1936 reintegrouse ao seu posto.
- Otero Espasandín, Xosé (Castro): Profesor e escritor, residente durante a IIª República en Madrid, onde dirixiu a revista P.A.N. Nese tempo, foi simpatizante do PCE. Participou na guerra no bando republicano e formou parte da Alianza de Intelectuales Antifascistas. Rematada a contenda, pasou a Francia e foi confinado no campo de concentración de Saint Cyprien; máis tarde, estivo exilado en Gran Bretaña, Arxentina e EEUU, onde faleceu tras realizar un meritorio labor cultural.
- Otero Valiñas, Teófilo (Castro Docabo): De ideoloxía republicana e de profesión canteiro, tamén posuía unha fábrica de gaseosas. Elixido concelleiro en 1931 e deposto do seu cargo logo da Revolución de Asturias de 1934, retornou á corporación na Fronte Popular. Foi condenado en Consello de Guerra celebrado en Pontevedra no ano 1937 a 20 anos de reclusión por “auxilio a la rebelión”. Estivo preso dende agosto de 1936, primeiro no depósito municipal de Forcarei, máis tarde na Prisión provincial de Pontevedra e por último na Illa de San Simón, de onde saíu en liberdade vixiada o 18 de xullo de 1940. Foi obxecto de Expediente de Responsabilidades Políticas no ano devandito e sometido a vixianza por delación do crego da parroquia.
- Paz Cachafeiro, David (Cerdedo): Irmán de José. Perseguido nun primeiro intre, debeu se agachar no seu domicilio. Posteriormente integrouse na garda cívica artellada polos facciosos, sen que conste participara en represalias; mesmo desprazouse á A Cañiza para prevenir a Manuel García da chegada dos falanxistas de Cerdedo, tal e como llo comentara o seu amigo Francisco Gutiérrez Torres, irmán dun dos instigadores. De calquera maneira, foi encausado nun sumario pola xurisdicción militar sen que, ao cabo, resultara procesado.
- Paz Fernández, Baltasar (Quireza): Emigrou primeiro a Villasinde (León) e logo a Barcelona, onde estivo afiliado ao “Sindicato de la Construcción”, Sección Piedra y Mármol, da CNT local. Participou como voluntario na Columna Durruti na defensa de Madrid e na fronte de Toledo. Xulgado en Consello de Guerra no ano 1939 en Barcelona, lugar onde residía no bairro de Sant Antoni, e condenado a 20 anos de reclusión por tráfico de armas. Estivo preso na cadea de Astorga a comezo dos anos 40. A súa muller, a berciana Cristina Fernández Pereira que traballaba de porteira de edificio, foi fusilada polos franquistas en Barcelona. Un fillo seu, José Paz Fernández, de 17 anos estivo no Exército republicano e foi confinado no campo de concentración de Aranda de Duero, para rematar na División Azul.
- Paz Garrido, Mª Dolores (Castro): Depurada do seu cargo de mestra nacional de Quireza. En setembro de 1936 reintegrouse ao seu posto. Filla de Teresa Garrido Paz e casada co mestre Constantino Simal Simal.
- Paz Garrido, Clotilde (Castro): Filla de Teresa Garrido Paz; cortáronlle o pelo e foi obxecto de vixilancia dos falanxistas por delación do crego da súa parroquia.
- Peleteiro Gondariz, José (Pedre): Debeu fuxir do seu lugar con 16 anos, perseguido polos falanxistas. De profesión canteiro, emigrou ao Brasil no ano 1948.
- Penela García, Gervasio (Cuíña): Andivo fuxido no monte tras o golpe militar; en represalia, os falanxistas de Quireza raparon e maltrataron á súa muller.
- Piñeiro, José (Vilalén): Fillo de Manuel Piñeiro Lois. Estivo preso nos primeiros intres no depósito municipal de Forcarei, incorporándose máis tarde ao Exército franquista.
- Piñeiro Lois, Constantino (Vilalén): Encausado en sumario pola xurisdicción militar no ano 1937, non foi procesado e ficou ao dispór do Delegado Militar de Orden Público de Pontevedra.
- Piñeiro Lois, José (Vilalén): Estivo como preso preventivo na Prisión Provincial de Pontevedra, cando menos ate o verán de 1937. Encausado nun sumario pola xurisdicción militar naquel ano, non foi procesado e ficou ao dispór do Delegado Militar de Orden Público de Pontevedra.
- Piñeiro Lois, Manuel (Vilalén): Idem.
- Piñeiro Piñeiro, Gumersindo (Quireza): Se lle instruíu un Expediente de Responsabilidades Políticas en 1940.
- Quibén Reigosa, Elvira (Fondós): Dona dunha taberna, foi obxecto de contínuas requisas e extorsións por parte dos falanxistas de Quireza, que a denominaban “Segunda Pasionaria”.
- Quibén Simal, Jesús? (Loureiro): Do “Sindicato Único del Ramo de la Construcción” de Madrid (CNT) e da “Sociedad `El Trabajo´” de Figueroa (CNT). Irmán de Antonio, fixo o mesmo percorrido na guerra. Pasou ao exilio logo da derrota da República.
- Rada (Carballás): Ferreiro de profesión, foi mallado polos falanxistas de Cerdedo no Cuartel da Garda Civil, seica por ter imitado a Xesucristo nun mitin en San Xoán durante a República. Tamén lle obrigaron a inxerir aceite de ricino.
- Raposeiras Álvarez, Celso (Vilalén): Foi procesado no ano 1937 acusado de rebelión militar e declarado en rebeldía, posiblemente por ter desertado do Exército franquista.
- Raposeiras Álvarez, Isolino (Vilalén): Canteiro e fundador da “Sociedad de Trabajadores y Oficios Varios” de Tomonde; foi concelleiro e síndico suplente en 1931 e na Fronte Popular. Perseguido.
- Raposeiras Álvarez, Benigno (Vilalén): Detido en agosto de 1936, estivo preso en Pontevedra como preventivo. Acusado de rebelión, sofreu un xuízo pola xurisdicción militar en 1937 e foi condenado a 12 anos de prisión. Cumpriu parcialmente a condena na Illa de San Simón ate xullo de 1940.
- Regueiro Otero, Jesús (Tomonde): Xastre e afiliado ao PSOE. Acusado de rebelión militar, foi procesado no ano 1937 e declarado en rebeldía. Posteriormente, foi condenado a morte por desertar do exército nacional e seica salvou a vida por intermediación do crego Antonio Rodríguez Fraíz.
- Rey Tato, José (Loureiro?): Curmán de Darío Tato Fernández, secretario do Ateneo Libertario de Vallehermoso en 1936. Detido o 22/4/1939 en Madrid por pertencer á devandita entidade, foi procesado en Madrid con Darío o 10/7/1940 polos mesmos motivos descoñecéndose a condena.
- Rodríguez Alonso, Angel Lino, mestre nacional en Bugarín, suspendido do seu cargo en setembro 1936 durante seis meses. Ingresou o 10 de setembro de 1936 na Falange de Cerdedo, onde continuaba en 1945.
- Rodríguez Barral, Manuela: Depurada do seu cargo de mestra nacional en Vilarchán. En setembro de 1936 reintegrouse ao seu posto.
- Rodríguez Liripio, Daniel (Vilalén): De profesión labrador, detido e ingresado xunto co anterior no Cuartel da Garda Civil de Forcarei. Estivo preso preventivo en Pontevedra a partir de novembro de 1936 e foi procesado por “auxilio a la rebelión” en Causa Sumarísima. Condenado a 12 anos de reclusión temporal, cumpriu parcialmente a condena na Illa de San Simón, en San Marcos ou Astorga (León) e na cadea de Santiago. Saiu en liberdade vixiada en agosto de 1940.
- Rodríguez Quintillán, José (Tomonde): Mestre de obras (“buxa”) de profesión. Como preso preventivo estivo internado ate xuño de 1937 no depósito municipal de Forcarei. Logo foi procesado polo militar en 1937 acusado de “auxilio a la rebelión” e condenado a 12 anos de cadea. Segundo Antonio Rodríguez Fraiz, de quen era curmán, estivo internado na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, onde coñeceu á súa dona, unha das moitas mulleres solidarias de A Portela (Cesantes). No ano 1940, xa en liberdade vixiada, foille incoado Expediente de Responsabilidades Políticas e, posteriormente no ano 1951, emigrou a Brasil e Venezuela.
- ¿O Rubio? (Barro de Arén): Presidente da “Sociedad de Canteros y Marmolistas” de Lourido. Foi perseguido tras a guerra, pasando moitas dificultades para traballar con normalidade.
- Senra Taboada, Manuel (Folgoso): Comerciante, exilado primeiro en Cuba e logo (1940) en México DF, onde xa residían dous irmáns.
- Sieiro Sanmamed, Manuel, mestre nacional de Abelaíndo, suspendido do seu cargo en setembro de 1936. Foi detido e procesado en Pontevedra acusado de rebelión sendo a causa sobreseida, polo que ficou en liberdade. Foi transladado durante dous anos fora da provincia.
- Sieiro Sueiro, Manuel (Deán): Foi concelleiro e 3º tenente de alcalde tras outubro de 1934, até a Fronte Popular. De tendencia moderada, porén foi mallado polos falanxistas cerdedenses, por non facer o saúdo fascista.
- Simal Figueroa, José (Castro do Medio): Membro destacado do Centro Republicano Radical Socialista de Cerdedo, primeiro, e de “Izquierda Republicana” no devalo da República. Obxecto de extorsións na taberna do Outeiro, tivo que se agachar nunha palleira e nun muíño no Castro do Medio, logo dunha tentativa de asalto e tiroteo contra o seu domicilio por parte dos falanxistas de Quireza, acontecida o 29/10/36. Pai de Constantino Simal Simal.
- Simal Iglesias, Severino (Filgueira): De profesión canteiro, estivo preso preventivo dende agosto de 1936 ate xuño de 1937 no depósito municipal de Forcarei e logo transladáronno á Prisión provincial de Pontevedra. Foi procesado por rebelión militar no ano 1937 e condenado a 12 anos de reclusión temporal, que cumpriu parcialmente ate xullo de 1940 na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón. Tamén incoáronlle un Expediente de Responsabilidades Políticas naquel ano e foi sometido a vixianza por delación do crego da parroquia. Emigrou a Brasil no ano 1952.
- Simal Nieto, Manuel “Pequeno” (Vilar): Canteiro. Estaba a traballar en Catalunya cando estalou a Guerra Civil. Perseguido tras a vitoria dos franquistas, desapareceu, posiblemente exiliado en Francia.
- Simal Penelas, Benigno (Figueroa): Canteiro, cadro sinalado da “Sociedad de Agricultores y Obreros `El Trabajo´” (CNT). Masón en activo. Figuraba na “lista negra” xunto con Francisco Arca Valiñas, Secundino Bugallo Iglesias e Jesús Bugallo Merza, para ser asasinado o 13 de agosto de 1936; avisado, logrou fuxir ao monte salvándose dunha morte segura. No verán de 1936 e tras unha estancia en Riocaldo (Lovios) protexido por un contratista veciño de Loureiro, logrou embarcar nun transatlántico en Vigo para se exilar en Arxentina. Moi activo nas actividades solidarias coa República durante a Guerra Civil naquel país sudamericano, chegou a presidir a comunidade galega de Río de la Plata, localidade onde faleceu sen retornar á súa terra.
- Simal Sieiro, Amancio (Castro do Cabo): Tenente do Exército Republicano. Ferido nunha perna e prisioneiro ao rematar a guerra, rispou por pouco da morte xa que ao ser apresado queríano botar por un barranco. Salvado por un veciño de Castro, que era falanxista e Alférez Provisional, chamado Nilo Sieiro Sieiro.
- Simal Simal, Constantino (Castro do Medio): Mestre nacional na Botica-Quireza. Afiliado a “Izquierda Republicana” (apoderado nas eleccións da Fronte Popular) e Presidente honorario da “Sociedad de Agricultores y Obreros “La Alianza” de Quireza, foi secuestrado o 5/10/36 xunto co primeiro alcalde franquista, Gerardo Lorenzo, e despois mallado en Sabucedo por falanxistas da Estrada encabezados por Manuel Castro Pena, xa que teimou en opoñerse aos seus abusos. Máis tarde, foi obxecto de extorsións por parte dos falanxistas de Quireza. Non foi depurado do seu cargo; no ano 1945, figuraba inscrito na Falange de Cerdedo. Casado coa mestra María Dolores Paz Garrido.
- Sueiro, Benjamín (Limeres): Directivo da Cooperativa agraria que existía en Lourido pertencente á “Sociedad de Agricultores y Obreros”, confiscada polos falanxistas. Perseguido polos facciosos, tivo que se agachar nunha casa de Doade (Beariz) para evitar represalias.
- Sueiro Bouzas, Camilo (Limeres): Fillo do alcalde republicano Antonio Sueiro Cadavid. Foi movilizado polos “nacionais”, desertando e pasando posteriormente ao exilio.
- Sueiro Iglesias, Manuel (Limeres): Era carpinteiro e logo exerceu de mestre vivindo fora de Cerdedo. Estivo radicado dende 1919 en Verín e, máis tarde, en Ourense, onde dirixiu un centro privado de ensino, a coñecida “Academia General”. Militante do Partido Radical Socialista e colaborador da progresista “Asociación de Trabajadores de la Enseñanza de Orense” (ATEO). Foi protexido polo cabo da Guardia Civil de Cerdedo Avelino Sánchez, que lle aconsellou se agachara xunto co seu fillo José na súa casa de Limeres, cando o 12 de agosto de 1936 chegaron ao cuarteliño de Cerdedo 4 falanxistas de Ourense para levalo á cadea provincial. Logo de dous anos protexido polos veciños e baixo supervisión do cabo Sánchez, chegou a Cerdedo a orde de detención dende Ourense e decidiu entregarse; fixo a viaxe acompañado do devandito guardia civil para asegurarse de que non lle pasaría nada. Ao cabo, pasou algúns meses na cadea de Ourense, sendo sometido posteriormente a expediente de depuración que o inhabilitou para a docencia. Tamén sofriu a incautación da súa academia e da súa conta bancaria en Ourense.
- Toimil Ferrer, Luis (Cerdedo): Natural de O Ferrol, ano 1936 era mestre en Cerdedo logo de ter exercido durante a República na provincia de Ourense. Foi depurado e suspendido por tres meses de emprego e retribución polo gobernador militar daquela provincia. Posteriormente reincorporouse ao seu posto e ingresou na Falange en decembro de 1937, malia ser sometido a vixianza por delación do crego da parroquia de Castro. Foi alcalde de Cerdedo no ano 1942, delegado do Frente de Juventudes e secretario de FE en 1938, dimitido aos poucos. O seu irmán Pedro, tamén mestre na provincia de Ourense e simpatizante comunista, sofreu igoal medida.
- Troitiño, Laureano (Cerdedo): Estivo no Exército Republicano na zona de Tarragona e Castellón. Logo da contenda, pasou un tempo nun Batallón Disciplinario.
- Troitiño Bello, Vicente (¿?): Estivo internado como preso de guerra na cadea militar do Hospital Antiguo de Pamplona.
- Varela, José Mª. (Meilide): Logo do golpe militar fuxíu a Asturias onde loitou no bando republicano. Tras a caída do Principado exiliouse en Francia e non retornou á súa terra.
- Varela Buela, Francisco, “Don Paco”, (Cerdedo): Militante destacado do PSOE. Procesado en Consello de Guerra e condenado a morte en 1936, a pena foille conmutada pola de trinta anos de cadea. Preso nun inicio en Cerdedo e Pontevedra, estivo tamén unha tempada na Illa de San Simón, onde semella foi obxecto de extorsión por parte do director Fernando Lago Búa. Logo de estar na prisión de Burgos e nas minas de Silleda, ficou en liberdade provisoria en 1944. Mestre de profesión con praza en Cerdedo, foi depurado e suspendido do seu cargo en setembro de 1936, sendo expulsado de maneira definitiva do Maxisterio en 1940. Para sobrevivir deu clases aos fillos dos carrilanos en Campobecerros (A Gudiña) e Lubián, onde estivo moi vixiado pola Garda Civil. Sometido primeiro a Expediente de Responsabilidad Civil en 1938, transmutado en Expediente de Responsabilidades Políticas, debeu pagar unha multa de 400 pts.
- Varela Nieto, Antonio (A Revolta): Músico e carpinteiro, tocou nas bandas de Cavenca, Cerdedo e Ponferrada, onde residiu ate o golpe militar. Concelleiro polas esquerdas na localidade berciana, tivo que fuxir ao monte e, logo, á súa localidade natal, Cerdedo. Alí pasou agachado toda a contenda e, ao seu remate, presentóuse á Guardia Civil sen maiores consecuencias.
- Varela Pérez, José Mª. (Cavenca): Canteiro, antigo combatente en África. Participou na Guerra Civil loitando no bando republicano, pois cadróulle traballando en Madrid. Represaliado ao final da contenda, debeu traballar na construcción do Valle de los Caídos.
- Vidal Peleteiro, Claudino: Mestre nacional en Pedre, de ideoloxía republicana e socialista. Foi suspendido do seu cargo en setembro de 1936, depurado e confirmado no seu posto só en 1940.
- Vilas Sueiro, José Mª., O Pesco”, (Figueroa): Canteiro, estaba afiliado ao “Sindicato Único del Ramo de la Construcción” de Madrid (CNT), ao Ateneo Libertario de Vallehermoso e á “Sociedad `El Trabajo´” de Figueroa (CNT). O golpe militar colléuno en Madrid, onde traballaba xunto con outros conveciños no adoquinado das rúas. Fixo a guerra voluntario primeiro na Columna del Rosal e logo na 39 Brigada Mixta, 153 Batallón, do Exército Republicano do Centro e rematou a guerra de carabineiro. Ao finalizar a contenda estivo algúns meses preso e tras obter a liberdade condicional debeu se presentar a diario no cuarteliño da Garda Civil de Cerdedo. Emigrou a Arxentina a fins dos anos 40.
- Vilas Sueiro, Aniceto (Figueroa): Incorporado á Garda de Asalto en Madrid, foi escolta persoal de Manuel Azaña nas postrimerías da República (xunto co finado tenente Castillo) e durante a guerra. Acadou o grao de coronel dos gardas motorizados en Catalunya e foi obxecto de Consello de Guerra unha vez rematada a contenda, saíndo absolto. Formou parte da masonería. Irmán de José Mª., estaban emparentados con Secundino Bugallo “O Cambo”.