A Somoza
Clara Iglesias Cortizo
- ALBERIÑAS: parece un nome procedente do latín ALBUS “branco”, do que derivaría albeiro e de aquí o diminutivo alberiñas. No dicionario de Marcial Valladares defínese (terra) albariña como “terra lixeira e de mala calidade”. Con todo, non podemos esquecer o lexema prerromano alb-, “lugar elevado”, que podería ser outra posibilidade de interpretación. De feito, nesta parroquia temos o monte Pedralba, onde a forma alba estaría sen dúbida en relación con esta segunda opción.
- BARGO: a orixe deste nome está no lexema prerromano barg- ou barc-, que tería o significado de “depresión, concavidade” e, por extensión, “costa, altura”. Trataríase do mesmo topónimo que Barco, do que xa nos ocupamos neste traballo no apartado correspondente á parroquia de Couso.
- A CARBALLEIRA: é un substantivo formado pola raíz prerromana karb-, “pedra”, que acabou por substituír a denominación latina para as árbores que agora coñecemos como carballos. O sufixo –eira é locativo e abundancial: o significado do topónimo é transparente “bosque poboado de carballos”.
- CASTRO RAMIRO: o antropónimo de orixe xermánica Ramiro (de Ranemirus) acompaña o substantivo común castro, posibelmente indicando o nome propio dun propietario.
- CERNADELA: trátase dun derivado do nome cernada, formado co antigo sufixo diminutivo -ela. Este substantivo tivo existencia no léxico común, tal e como se recolle nalgúns dicionarios; aínda que na actualidade caeu en desuso. A súa orixe está no sintagma latino TERRAM CINERATAM, é dicir, “terra incinerada, queimada”. Tería relación con lugares do monte onde se facían actividades de roza: despois de rozar queimábanse os toxos e outros arbustos e, desta forma, conseguíanse novas terras de cultivo. O nome Cernada(s), así como as súas variantes (Cernadela, Cernado Cernadiña...) aparece en moitas ocasións na toponimia do noso país.
- CHAN DA ALDEA: o substantivo común chan procede do adxectivo latino PLANUM. Indica, polo tanto, unha circunstancia orográfica, un terreo plano, unha chaira de maior ou menor extensión. Na toponimia galega o nome chan adoita ir en relación cun segundo termo que concreta o seu significado; así, Chan da Campa, Chan da Gándara, Chan de Souto, Chan do Val... entre outros moitos. Neste caso, Chan da Aldea, indica o lugar onde se asenta o núcleo máis importante da parroquia. En canto ao substantivo aldea xa se explicou noutro lugar a súa orixe.
- A SOMOZA: deriva do latín SUB MONTIA, é dicir, “debaixo dos montes”. Fai referencia á situación orográfica do lugar.
- OS SUREIROS: trátase dun nome estraño, de difícil interpretación. Podería ser un topónimo profesional, é dicir, daqueles que serven para caracterizar un grupo de persoas por desempeñaren un determinado oficio. Un dos significados habituais do sufixo -eiro é precisamente o profesional e a presenza do artigo que acompaña o topónimo incide nesa idea de sinalar un grupo concreto. Aínda que non podemos afirmalo con seguridade, sería posíbel que Sureiros sexa unha transformación da palabra inicial oleiros, “persoa que fai olas ou traballa co barro”. O cambio de -r- a -l- é un fenómeno moi habitual por seren estas dúas consoantes líquidas moi próximas foneticamente. En canto ao s- inicial engadido, pode producirse facilmente por fonética sintáctica, coa confusión fonética co -s final do artigo; así, os ureiros> os sureiros. E o cambio do o pechado pretónico a u é un fenómeno frecuente que operou historicamente na formación do léxico e que provocou moitos vulgarismos na fala coloquial, como sería este caso ou outros semellantes: despois>*dispois, sospeita>*suspeita... De ser certa esta interpretación, trataríase dun topónimo de orixe latina; derivaría do latín OLLAM, “pota, ola” + o sufixo -eiro. En conclusión, un inicial Os Oleiros transformaríase no actual Os Sureiros. Aínda que este cambio é posíbel desde o punto de vista fonético, o certo é que non temos constancia documental sobre o topónimo e tampouco sabemos se neste lugar da parroquia da Somoza houbo nalgún tempo tradición de olaría; polo que debemos entender esta explicación unicamente como unha posibilidade.
- VILA DE ABAIXO: do latín VILLAM, “propiedade rural”. Co tempo pasou a designar entidade de poboación.
A Somoza (Santo André)
Manuel Reimóndez Portela
Este é o nome polo que se coñoce dende os máis antigos tempos.
Está situada a parroquia na chamada zona de Tabeirós, coas demais , Nigoi, Parada, Tabeirós, A Estrada, Guimarei, Ouzande, Callobre, Lagartóns, Cereixo e Vinseiro.
LINDES: linda polo norte con Ouzande e Guimarei, polo sur con Arca e Nigoi, polo leste coas parroquias de Tabeirós e Nigoi e polo oeste coa de Arcos de Furcos do Concello de Cuntis.
Polo que atinxe ao nome correspóndelle o lugar 43.
Por razón de superficie ten o posto 5 con 995 has. Ten 117 habitantes de feito. Actualmente: 242 habitantes
Lugares que a compoñen no día de hoxe:
COMUNICACIÓNS: dende a vila por Ouzande entra unha estrada que se espalla pola parroquia en pistas por cada lugar e sae despois cara a Tabeirós e Nigoi ou Guimarei. Ten boas comunicacións dende hai poucos anos en que fixeron a concentración parcelaria.
Xa que se trata dunha parroquia rodeada por moito monte, ten tamén camiños que chegan a eles ata os lindes de Cuntis, de Ouzande, de Tabeirós ou Nigoi.
Abriuse unha pista de Castro Ramiro ata Cernadela, pouco usada polos veciños.

HIDROGRAFÍA: só ten regueiros e nela nace o Pego Negro en Chan das Brañas, por iso nesta parroquia leva o nome de Río das Brañas chamándose despois do Pego Negro; baixa pola Somoza a Guimarei e de alí ao Liñares.
O regato da Granxa de Gómez ten o seu nacemento na Pedralba, onde a Pedra de Escorregar, pasa por Porto Devesa, ao Estanco do Alargo polo do Barreiriño, a Brañiña, o do Barreiriño, o do Regueiro, Casturiande, Cubelo e a Ola onde desauga no Pego Negro.
O regueiro de Gardal ten o nacemento en Laceiros e pasa por Pouso, Quenlla, Gardal de Riba, Devesa, Gardal de Baixo, desaugando no Pego Negro debaixo de Carballón.
O pequeno regato da Pedra que escorrega nace alí e rega Fontiño e Porto Devesa.
Fíxose unha gran traída con 34 depósitos captada de catro mananciais do monte.
PONTES: no río das Brañas ou Pego Negro baixando ten a da Cernada, a do Prado (nova) a de Carballón, pontellas da Fisga, pasa o río por riba da ponte, a de Xenlle, a do muíño de Predecelo, a ponte do Muíño de Abaixo, a do Campo, a ponte Vella, e a pontella onda o muíño da Picota, que tamén a levou o río.
FONTES: a de Agro Redondo, Picho de Bargo, fonte do Picho da Carballeira, a de Barroso. Chan da aldea ten: a fonte da Aldea, fonte da Vila de Abaixo; atópase ademais a fonte de Santo Antón, que está restaurada.
E en Castro Ramiro a fonte de Abaixo e a de Liñar Maior, que é un manancial.
Hai unha nova onda, as escolas e creáronse outras novas en Cernadela e Castro Ramiro, que se subministra dunha nova captación de augas no monte.
OROGRAFÍA: unha alta cordilleira sérvelle de recosto á parroquia polo oeste onde sobresae o monte Pedroso.
CASTRO RAMIRO: trátase dun castro esvaído e case que non se recoñece xa que construíron nel moitas casas na actualidade, ocupando o sitio que leva o mesmo nome de Castro Ramiro. Hai outra teoría sobre a orixe deste topónimo como veremos máis adiante.
PAISAXE: A Somoza como chantada nunha cunca que rompeu polo sur e ao nacente ocúltaselle o horizonte cara aos outros aires; rodéana altas montañas coroadas polo Pedroso, dende estes montes altos que non deixan de ter amplas chairas e boas terras poden ollarse as distantes paisaxes cara ás Rías Baixas, terras do Pico Sacro e Compostela así como todo o longo Val da Ulla coas súas parroquias ribeireñas das marxes dereita e esquerda, así como a mesma parroquia alá abaixo como toda a zona de Tabeirós e demais limítrofes.
Ao pé dos lugares pode ollarse todo o val aberto cara a Guimarei, Ouzande, Tabeirós, Nigoi e demais.
MÁMOAS: a chamada mámoa aberta atópase no Outeiro (da mámoa aberta) preto dos lindes con Ouzande; xa no cume lindando con Cuntis vense outras dúas mámoas tamén como aquí lle chaman con razón.
PEDRAS: son importantes As Laxiñas, a pedra Legüiña, a pedra Cernada e outras.
Pedras con R: non atopamos na Devesa (Dehesa e Viveiro do Rei) ningún marco con R, aínda que puidese quedar algún de pé.
Cruceiros: estes son os cruceiros da parroquia que se atopan na actualidade.
1 Situación: parroquia da Somoza, no torreiro, fronte á igrexa.
Descrición: plataforma: dous chanzos cuadrangulares. Pedestal:
cúbico con arestas superiores rombas. Columna: octogonal, comeza e remata cadrada. Anverso, martelo, tenaces e cíngulo reverso, esqueiras. Capitel: troncopiramidal invertido (cadrado) con volutas e un querubín por cara. Cruz: latina, lisa, redonda, cunha imaxe da Inmaculada. Altura: uns cinco metros.
Inscricións: non se observan.
Conservación: boa.
Tradición: este cruceiro estivo situado a uns metros do seu emprazamento actual, onde foi colocado no centro do torreiro, fronte á igrexa parroquial. Era, xa que logo, un de tantos cruceiros situados fronte á entrada das igrexas.
Propiedade: pública.
2 Situación: parroquia da Somoza, lugar de Chan de Aldea. Foi movido uns 30 metros máis para arriba.
Descrición: plataforma: un só chanzo. Pedestal: cadrado, remata redondo. Columna: octogonal, comeza cadrada e remata redonda, cunha imaxe no anverso. Capitel: cónico. Cruz: latina, redonda, lisa, sen imaxes. Altura: uns tres metros e medio.
Inscrición: unha na cara anterior do pedestal, ilexible.
Conservación: boa.
Tradición: sempre estivo neste lugar.
Propiedade: pública.
HÓRREOS: hai unha curiosa "eira comunal" ou eirado no lugar de Castro Ramiro, onde podemos observar 4 fermosos hórreos xuntos.
LENDAS: recolleu Olimpio Arca que... "este nome de Castro Ramiro vén dun fillo dun conde que vivía neste lugar. A este fillo deixoulle esta parte na que fixo a súa casa. Ramiro morreu moi novo e sucedeuno outro irmán chamado André, o que cambiou a capela nunha pequena igrexa que ten o seu escudo pola parte de atrás. Por iso a Somoza ten por patrón a Santo André.
Logo o André marchou para o Pazo de Oca e deixou aquí un gobernador que lle levaba os arrendos cada seis meses.
Á súa morte a Somoza pasou aos arredatarios".
Taméni..."Din que a verdadeira aldea estaba nun montelo máis preto do monte Pedroso... Alí nunha chaira, aínda se atopan tellas, tixolas e vigas das casas antigas.
Nas abas do Pedroso hai unhas covas que servían de refuxio cando os atacaban outras tribos. Nestas covas din que hai pinturas, pero teñen unhas portas de pedra que só se abren con palabras máxicas. Moitos escapados da Guerra Civil agochábanse nelas.
Polo que atinxe a este derradeiro recollido dun veciño (Xosé Sanmartín 70 anos) temos que dicir que outros opinan que quen estaba nas abas do Pedroso era a igrexa (e poida que algún poboado), mais aínda que non se saiba por documentación e só por tradición, é moi posible que fose así xa que alí ademais de atoparse de lousas, o sitio é chan e por riba chámanlle "O Adro"...os topónimos en ocasións tamén falan por si. Onde din os veciños que houbo casas e unhas edificacións pequenas de pedra é na Chan das Brañas tamén.
Pasando a Chan das Brañas, no linde con Cuntis atópase a chamada "eira dos mouros", onde aparecían, nun terreo enlousado.
Na fonte de Herdeiro (contan os vellos) que había unha pel dun becerro chea de ouro. Foron cavar alí, aínda que colleron medo e marcharon.
Na mesma fonte había tamén unha trabe de ouro e outra de alcatrán.
A Santa Compaña aparecíase no muíño do río onda Pedrecelo, cada venres á noitiña. Tamén din que se ían a lavar alí as meigas, por ser auga do regueiro que ten 7 muíños alí preto e por iso (auga de sete rodicios) a beber as meigas esa auga milagreira.
Ao campo da fonte levaban a Santo André os veciños en procesión e alí un neno inocente (de tres ou catro anos) laváballe os pés para que chovese. O río é o Pego Negro.
Onde lle chaman a Ponte (preto da igrexa) as mulleres que tiveran estragos cando de novas quedasen preñadas para enxemprar o fillo... ían despois de media noite, poñíanse na ponte e a primeira persoa que pasase pregábanlle que lle enxemprase o neno, entón o recén chegado, se aceptaba, collía auga do río (Pego Negro ou das Brañas que augas arriba ten sete muíños), e con aquela auga dos sete rodiciosque se tiña por milagreira, salpicáballa á muller e comprometíase a facer de padriño do rapaz cando nacese, cousa que se cumpría sempre. Alí mesmo comían os dous chourizos e pan e viño que trouxese a muller. A muller dicíalle ao home que pasaba pola ponte "Homiño que vés de fortuna enxémprame esa criatura".
En Subeiros, ou Sureiro como lle chaman aquí, teñen o topónimo "As Fontiñas", pois naquelas fontiñas aparecía un lagarto con crestas como se fose un galo, moi grande e metía moito medo:
No portelo das Fontiñas
Hai un lagarto con cristas
Canta que Dios nos ampare
Canta que Dios nos asista.
HISTORIA: foi Jerónimo del Hoyo quen no ano 1607 nos deixou dito desta parroquia:
"S. Andrés de Somoza, anexo de San Giao de Guimarey.
En esta feligresía de San Andrés hay treinta feligreses. Los fructos todos a la cura valdrán, sin los San Giao, su cavega, treinta cargas de pan. Presentación de legos. La fábrica tiene de renta cinco ferrados de centeno y medio de mijo.
Hay en esta iglesia Sanctísimo Sacramento y con custoia nueva."
Catastro de Ensenada: poden lerse os datos desta parroquia pertencentes a este importante catastro no capítulo onde se fala del, onde corresponde ao couto do Viso, ao que pertencía esta parroquia.
Pascual Madoz no seu gran Diccionario recolle nos anos 1846-50:
"A Somoza (San Andrés) feligresía de la provincia de Pontevedra (6 leg.), partido judicial de Tabeirós, ayuntamiento de La Estrada (1/4) diócesis de Santiago (4) situada a la falda septentrional de los montes del Zo que dividen aguas entre los ríos Liñares y Umia. Clima sano. Tiene 90 casas en las aldeas de Castro Ramiro, Cernadela, Somoza, Soreiros, y Vila de Abajo. La iglesia parroquial S. Andrés es aneja a la de San Julián de Guimarey y con la cual confina por E. la de Ouzande al NO.y la de Tabeirós al NE. El terreno es de buena calidad. Produce maíz, trigo, centeno, patatas, castañas, lino, legumbres, hortalizas, frutas y pastos; se cría ganado de cerda, vacuno, lanary mular, caza de liebres, conejosy perdices. Industria: la agrícola, molinos harineros y telares de lienzos y de ropas de lana.
Población: 94 vecinos y 450 almas."
Nomenclátor del Arzob. de Santiago: Por esta filial de Guimarei, véxase coa mesma.
No censo do ano 1924 tiña 593 habitantes.
Álvarez Limeses dinos no ano 1936:
"Somoza (San Andrés). Dista 43 kilómetros de Pontevedra y 3 de La Estrada y limita: N. con Ouzande, S. con Tabeirós, E. con Guimarey de la cual anexo y O. con Arcos de Furcos en Cuntis.
Sus montes más importantes se denominan Pedralba y Pedrosa y la atraviesa el riachuelo Brañas que nace en términos de la misma parroquia. Está situada en el valle de Tabeirós.
Entidades: Castro Ramiro con 164 habitantes, Cernadela 62, Somoza 218, Subeiros 102 y Vila de Abajo 47 que hacen un total de 593 habitantes para los que tiene dos escuelas unitarias. Hay en ella 8 molinos harineros y abunda en ellos el ganado lanar. El terreno es de buena calidad.
La iglesia es antigua pero el archivo parroquial que existe data sólo del año 1706.
Sus principales fiestas son las de San Andrés que se celebra el primer domingo de diciembre. San Roque y la Virgen de la O el 25 y 26 de diciembre, el 24 de junio los Remedios y al día siguiente San Antonio.
Tiene algunas curiosas particularidades. Una es la existencia de una fuente en la que se crían pequeñas conchas bibalvas y que se denomina por eso "Fuente de los berberechos", la otra es la ocupación que antiguamente tenían sus vecinos que se dedicaban casi en su totalidad a cardar lana y recorren toda Galicia ejerciendo el oficio de cardadores por lo que aún perdura esta copla popular a ellos referente:
"¿Onde son, onde serán?
-De San Andrés da Somoza
dos cardadores da lan..."
IGREXA PARROQUIAL: ten fachada dividida en tres bandas, leva portada de arco semicircular coma un pórtico dentro, a portada é alintelada e recercada de molduras acodadas e sobre o arco unha fornacina. Este tramo intermedio remata en campanario de dous corpos.
No muro lateral sur un contraforte de forma cónica. Ábsida enmarcada por un par de pilastras en cada arco; ten un escudo na cabeceira e sancristía acaroada ao muro norte.
No lintel da porta principal pon na dereita: AÑO 1781 e na esquerda AÑO 1854. Din que a torre se fixo no ano 1897 e custou 3.000 pesetas; o cura Rufo daba un peso máis có que máis dese... a Mitra compostelá deu 100 pesos (cousa na que non cavilara o cura) e el deu un peso máis; o resto púxoo a parroquia, ou sexa, os veciños "a escote".
Da Somoza era Rodrigo Ares de Vega que probou a súa nobreza en Valladolid o ano 1327.
É tamén Diego Pérez de la Somoza armado cabaleiro no ano 1330.
En 1706 fúndase a Confraría do Santísimo Sacramento.
A igrexa seica estivo noutros tempos na aba do Pedroso, onde lle claman o Adrego (adro) e que de alí saíron vigas de madeira, e algunhas pedras, outros falan ademais de anacos de tellas. Un pouco máis arriba encóntrase a chousa do crego.
Na nosa visita ao sitio comprobamos que se trata duna terra chá de moi boa calidade... puidese ser, se facemos caso aos topónimos, que alí estivese a igrexa.
Recentemente púxoselle o tellado novo e o muro de pedra, tamén un corredor de entrada con cancelo.
Inscrición das campás: a campá grande di: J.H.S. ME HIZO J. LISTE AÑO 1872. Campá pequena: J.H.S. ME HIZO J. LISTE AÑO 1871.
Unha placa de mármore situada no "frontis" di:
El celo de tu casa me consumió
Pasó haciendo el bien
Doña Hermitas Lois García +24-5-1968 a los 67 años.
Maestra ejemplar caritativa y bondadosa
Ejerció en esta del 23-9-1930 al 1-8-1963.
La parroquia eternamente agradecida
Le dedica este recuerdo 8-6-1968
FESTAS: a festa do patrón celébrase o derradeiro día de novembro, actualmente faise unha misa ("dichoso mes que empeza con Santos e remata con Santo Andrés") ao día seguinte é Santa Bárbara. Celebran ou celebraban ademais a festa da Virxe dos Remedios e Santo Antón, aínda que corra pola festa do San Xoán o sábado anterior ao 24 de xuño, e a San Roque e Nosa Señora da O os días 25 e 26 de decembro.
INDUSTRIAS: non ten industrias a parroquia; moeron, e algúns aínda moen, os seguintes muíños:
No río (o Pego Negro) o da Filga, o do Rei, os de Xenlle (Xenlle de arriba, do medio e de baixo), o de Arriba, o de Abaixo e o da Picota.
No regato da Granxa de Gómez, o do Capitán.
Teñen hoxe na parroquia unha taberna (non hai moito tempo pechou outra).
Creouse unha empresa de metal, unha de bricolaxe e manualidades, unha empresa de fariñas, un galiñeiro e dúas empresas de construción.
Moitos residentes da parroquia teñen as súas empresas na moi próxima vila da Estrada.
CENTROS CULTURAIS: teñen un teleclub que precisa dunha reparación e unha casa da escola con bos locais.
ENSINO: en canto ao ensino teñen unha escola na parroquia de Preescolar ou "Párvulos", que xa non funciona, polo demais os alumnos van ao CEIP de Figueroa.
DEPORTES: o deporte da caza é ben doado nos montes da Somoza, coellos, perdiz e antes tamén lebres.
No tocante á SANIDADE o servizo médico téñeno na vila que lles queda preto así como o Ambulatorio da Seguridade Social. Polo que atinxe á economía, vivenda, luz, etc., mellorou moito a parroquia, tendo en conta ademais a proximidade da vila onde atopan traballo.
PERSOEIROS SOBRANCEIROS
Hermitas Lois García (1901-1968), mestra moi querida na parroquia, na que exerceu durante 33 anos, e cunha placa colocada no lintel da entrada da igrexa como xa se dixo (“Mestres Estradenses que fixeron historia”. Arca Caldas, Olimpio).
Eduardo Pazo Álvarez, (1904-1971), novo e innovador mestre da parroquia, que con gran sona exerceu posteriormente na Habana e México ("Mestres Estradenses que fixeron historia". Arca Caldas, Olimpio).
Reside na parroquia o coñecido neuroárurxián estradense Vicente Bastida de la Calle.
PERSOAXE FOLCLÓRICO: na Somoza fálase moito aínda dun persoeiro histórico que foi (quizais polos remates do século XIX) o chamado O Valentón ou Valente da Somoza.
Tiña sona de forzudo e valente en toda a redonda... certo día apareceulle alí a Garda Civil, encontrándoo labrando nunha leira.
Un garda preguntoulle: boas tardes... ¿e vostede sabe onde podemos atopar o Valentón da Somoza?
O home deixou de labrar, foi adiante das vacas, quitoulle a chavella do temón do arado, chamounas un pouco para adiante e collendo o arado pola punta, por onde leva a chavella (cunha soa man) estirou o brazo levantando o arado e sinalando con el díxolles: alí teñen tal lugar e alí aquel outro, e pegando coa punta do temón no peito díxolles:
Eu son o valentón da Somoza ¿que me queredes?
-Non nada, vostede perdoe, boas tardes....
Publicou sobre el Xosé L. Vilariño en Tab. Terra, IV, V e VI.
OUTROS DATOS: é ben sabido que noutros tempos os da Somoza se dedicaban a cardar a la, os homes saían cos seus trebellos cardar la por toda a comarca e demais terras galegas e incluso casteláns... Por iso lles quedou o tan sabido dito:
"Os de Guimarei co San Xulián
E os da Somoza coa bota do pan."
(Cádralles a festa por datos significativos e entón o San Xiao é o 7 de xaneiro e o por decembro que cadra coa bota do centeo (o pan).
En Castro Ramiro, na casa do Campo, vive Jesús Sanmartín Chao, xa defunto, que coñece datos da parroquia e ten un documento e cartas que falan de dona Florentina Leyra e Castro "mujer de Luís Fernández de Boán", que vivían en Guimarei e tiña propiedades en Castro Ramiro, por iso din que este nome puidese vir do apelido Castro desta muller.
Como é ben sabido a familia Leyra-Castro eran donos de Correáns en Vinseiro e mais da casa de Leyra en Parada, que posuía moitas terras.
Tiñan os da parroquia un costume que aínda non se perdeu de todo: sementaban os agros todos xuntos, cada un estercaba a súa leira, e ía botando a semente cada quen e ninguén se adiantaba sen que lle viñese de rolda; deste xeito non deixaban extremos, chamábanlle "esperar o rego".
Despois de recollido o froito botaban os años para pacer.
Din os da Somoza que a eles os coñecián por Carrucheiros de alcume, "cautivos" eran os de Tabeirós, "bosteiros" os de Guimarei e "borralleiros"os de Ouzande.
Algunhas regueifas da Somoza recolleunas Bouza Brey (Nós. T. IV, Nº p. 163) din:
Á Somoza teño de ir
anque me poñan cancelas
Á Somoza teño dir
abrindo e cerrando nelas.
Teño de vir A Somoza
nuns zoquiños de abeneiro
pra que peleien por min
heime meter arrieiro.
A regueifa está na mesa
prenda do meu paladar
bótame a regueifa fóra
sen ela non hei marchar
A regueifa está na mesa
e no meio ten un bolo
o que queira roubala
tenche que matar o dono...
Mociños de Tabeirós
ben vos podés alabar
téndel-as rodas nas Quintas
o chedeiro en Tosar.
Mociñas de Tabeirós
poucas son e menos sean
colgadas no campanario
polo ben que nos desean
Mociños de Tabeirós
metidiños nun caneiro
logo van os da Somoza
atacalos cun fumeiro.
Mociñas de Tabeirós
non vaiás ao Santo Estevo
Que as mozas de Guimarei
quérenvos facer o pelo.
As mociñas da Somoza
todas xuntas nun portelo
unhas cantan, outras bailan,
outras dan o tarabelo
(Rodas e chedeiros eran apelidos de persoas de Tabeirós....como pode verse as reguifas ían contra dos desta parroquia pola rivalidade que tiñan coa Somoza).
Xesús Sanmartín Chao díxome:
-Tantos anos dura novia
arredor do teu palleiro
Coma de peliños ten
a recua dun arrieiro.
-Da recua dun arrieiro
a min non me digas nada
que a recua do arrieiro
tamén pode ser pelada.
E a regueifa está na mesa
e no medio ten un allo antes
que marche con el
havos de partir un raio.
GUERRA CIVIL: no ano 1936 levouse a cabo nesta parroquia un dos episodios máis cruentos que se rexistraron na Estrada. Higinio Carracedo Ruzo, garda municipal de convicións republicanas que se refuxiou na súa casa da Somoza pero foi asediado polos fascistas. Foi acorralado e alí o matarone, "A Estrada, 18 de xullo de 1936, dous testemuños" Juan L. Blanco Valdés (Miscelánea hca. e cultural nº 6).
TOPÓNIMOS: son importantes Outeiro da Mámoa Aberta, coa súa mámoa, a Laxes, Pedra da Lagoíña e a da Cernada, das que xa falamos, Os Outeiros da Ermida, o da Vila, o Pego Negro, o Pedroso ou o Rfo Tendeiro, a do Crego ou a Devesa e Viveiro do Rei, Castro Ramiro o Castro Liandre e por suposto o Adro polo que ten de suposta primitiva situación da igrexa, e outros máis.
TELEFONÍA: por cable.
PLANTÍOS REAIS: dinos o Catastro de Ensenada: "La Dehesa real se halla situada en dos distintas partes desta feligresía en la una hace de cabida 30 ferrados y 16 quartillos y confina L. monte común de la feligresía P. Vega de la Dehesa N. Vega de la Areosa M. dicho monte común.
La otra parte de la D. R. hace 24 ferrados de cabida L. y M. dicho monte común de la feligresía, N. riachuelo que llaman de la Boda, P. cerradas de la Boda.
Vivero: En el monte que llaman de Cortegada, circundado sobre sí, cabida un ferrado y 18 quartillas y sesta parte de otro quartillo".
* A Estrada rural.1990 Ed.. 2007.

A Somoza*
Pedro Varela
Parroquia de 102 cabezas de familia e 632 habitantes, situada na aba oriental dos montes de Zo, a tres quilómetros da Estrada.
O significado do nome que leva, pola súa raíz grega é “porción”, “anaco”; mais talvez proceda do galego como palabra composta de so e moza.
Lugares: Os Sureiros, Vila de Abaixo, Chan, A Carballeira, Bargo, Cernadela e Castro Ramiro.
Lindeiros: norte, Ouzande e Guimarei; sur, montes do concello de Cuntis e da parroquia de Arca; leste, Tabeirós e Nigoi; e oeste, Ouzande e Arcos de Furcos.
Vías de comunicación: camiños rurais antigos e os pontóns de Cernadela, Muíño de Abaixo, Carballón e Codeseiras.
Baña o territorio parroquial o regato das Brañas que xorde en términos da mesma parroquia, no punto de Fonte Fría. Teñen os pais de familia para a educación dos seus fillos, unha escola nacional atendida por un mestre; e os labradores están asociados nunha entidade agraria. No ano 1917 celebraron unha moi lucida Festa da Árbore, na que interviu eficazmente o gardamontes D. Antonio López.
No eclesiástico: Somoza é filial de Guimarei e ten por patrón Santo André. A igrexa é regular e antiga, como también o é a freguesía, aínda que do arquivo parroquial só puidemos deducir datos a partir do ano 1706, en que se fundou a confraría do Sacramento.
Festas anuais: Santo André, o primeiro domingo de decembro; o día seguinte, Santa Bárbara; o 25 e 26 de decembro, San Roque e a Virxe da O; o 24 de xuño, os Remedios, e o día seguinte, Santo Antonio.
Cando a guerra da Independencia, morreu a man dos franceses María de Castro. Os da parroquia da Somoza tiñan antigamente como ocupación principal a de cardar la e percorrían polo seu oficio toda Galiza, chegando mesmo a León. Aínda quedou, a través dos anos, a seguinte copla popular:
Onde son; onde serán;
de Santo André da Somoza,
dos cardadores da lan.
En 1704 actuaba na Somoza o escribán D. Pedro Rodríguez de Fraga, a quen sucedeu D. Domingo Antonio Rodríguez de Fraga, que tamén actuaba en 1741.
* A Estrada, 1923. Ed. 2017