Destrución da tradición de loita ullán
XOÁN CARLOS GARRIDO
Para aclarar os feitos que deron lugar a represión na zona da Ulla
habería que ter en conta que as veces tales accións non se corresponden
coa pena que se lle aplica aos condenados por eles. Interfiren outros
factores que a miúdo se teñen comentado como son o caso dos cregos e
persoas de “orde” que interveñen en favor ou en contra dos encartados,
ou os lazos de amizade ou familiares que se entrecruzan no medio. Mais
tamén quedou claro, no visto até agora, que por enriba de todo isto, hai
unha serie de criterios xeneralizados fronte aos cales non cabe
salvación. Vímolo no caso dos cargos institucionais, alcaldes e
concelleiros. Vímolo no caso dos mestres (Bernardo Mato Castro).
Lembremos o que se di nunha causa militar: “Cierto que el principio ‘In
dubio pro reo’ obliga, en casos de duda de hecho, a dictar sentencia más
favorable al encartado, pero no menos cierto es que, tratándose de
dudas de derecho, el fallo debe contener la resolución más grave en
virtud del principio del derecho Militar: ‘In dubio, pro Ejército’”.
Porque o que se busca – como se comenta nesta causa militar – non é
tanto facer xustiza senón o “efecto ejemplarizante”. E que hai máis
exemplarizante que executar un mestre?.
Así pois os sucesos que remataron cos fusilamentos de outubro do 36 de Manuel Puente Porto (Oca), José Rico Gaiteiro (Arnois), José Cortes Fernández (San Miguel de Castro) e José Gómez Rivas (Oca), non teñen porque ser os determinantes desta sentenza, senón que desde o devandito punto de vista servían de escarmento aos moitos mozos demócratas que participaron na mobilización – pacífica aínda que armada – de defensa da república os días 20 e 21 de xullo. No caso de Cortés Fernández (Mestre) e Gómez Rivas (Concelleiro) é evidente que sabían a por quen ían e que lle tiñan gañas de antes. Como se verá na causa xudicial contra Cortés atopamos multitude de xornais anteriores ao 18 de xullo cor artigos seus que viñan sendo arquivados por alguén e subliñados naquelas frases máis comprometidas para logo ser empregados no proceso.
En calquera caso podemos tentar reconstruír os acontecementos dos días 19, 20 e 21 de xullo nesta comarca estradense, se ben quizais era deberíamos ter en conta algún dato previo dun dos protagonistas principais, o concelleiro José Gómez Rivas.
Nas eleccións municipais do 31 de maio de 1931 – as únicas que houbo na república na Estrada - é resultado electo polo distrito da Ulla na candidatura do Centro Republicano da Estrada. Interveu activamente no expediente contra o médico da zona da Ulla, Plácido Rodríguez Couto, a quen acusaban de abandono por non vivir na zona se ben a sentenza declara que é residente de Oca, cousa que Gómez Rivas, desta parroquia, nega contundentemente; tamén presenta diversas mocións a prol da limpeza na xestión municipal. Foi suspendido como concelleiro durante o bienio negro e o 5 de maio – coa constitución da xestora - volta á corporación en representación dos Agrarios. Intervén na tumultuosa sesión do día 2 de xuño na que os republicanos se lían nun enfrontamento interno por unhas contratacións de persoal. Gómez Rivas di que os republicanos se comprometeron cos traballadores a defendelos e que precisamente ao defender os fondos do Concello eran defender os intereses dos traballadores porque o distrito componse só de labregos traballadores. Nesta sesión é cando renuncian os concelleiros do Partido Galeguista e Izquierda Republicana, e seguido deles, xunto con outros concelleiros agrarios, renunciará tamén Gómez Rivas. Isto é, o 18 de xullo, xa non só non era concelleiro senón que estaba desconforme coa política do Fronte Popular no Concello. Non en tanto será sinalado como o “cabecilla” dos “sucesos que acaecen” – como di o atestado - nas parroquias da Ulla.
O 20 de xullo Gómez Rivas vai ao Concello pois aínda que presentara a súa renuncia – esta non fora aceptada – e el seguía a ser Concelleiro. Atendeu aos requerimentos do alcalde para que avisase ao médico municipal por si fixera falla e que lle mandara unha carta á sociedade obreira da zona. Posiblemente a Edelmiro Rey, secretario do Sindicato de Oca.
O día 21 de xullo, os Gardas Civís, Manuel Pego Guimarey e Florencio Pavón Cruz, deteñen na entrada da Estrada un vehículo no que viñan José Cortés, Gómez Rivas e Manuel Bugallo. Declaran que viñan poñerse ás ordes da alcaldía para a defensa das institucións democráticas, Florencio afirma na súa declaración que se identificaron os detidos como membros do sindicato CNT, cousa que logo negarán nas declaracións. Mais en calquera caso finalmente evitan a confrontación e entréganse a Garda Civil, mesmo Gómez Rivas se ofrece para pedirlle aos demais veciños da Ulla que entreguen as armas. Entón poñen un coche á súa disposición e diríxese a Oca onde na compaña dun Alférez se dirixe aos obreiros para que entreguen as armas, cousa que só fan 4 dos 17. Regresou ao Cuartel coas armas que conseguiran e logo é posto en liberdade. Segundo declara a Garda Civil esta liberdade era vixiada e condicional a que atoparan máis armas. Polo cal o día 29 volven outra vez a detelos a todos coa escusa de que non entregaron mais armamento, aínda que o xuíz instrutor apunta outras causas: “el señor Gómez Rivas, tambien desde hace tiempo afiliado a las izquierdas con ideas extremistas habiendo sido concejal del Ayuntamiento de la Estrada y siendo ademas uno de los principales dirigentes de los marxistas en la comarca de la Estrada”
Logo en agosto será engadido a esta causa Ramiro Buján Gómez, de 20 anos, que vivía en Arnois. e que segundo o Garda Manuel Deza, foi recrutado para a “rebelión marxista” por ser un “sujeto de carácter díscolo y pendenciero” Aínda que semella todo o contrario tendo en conta as súas declaracións incriminando aos compañeiros, mesmo citando a outros como Manuel Puente Porto. De feito non é casual que el fora totalmente absolto. Quizais quen o recrutou foi o propio Deza, tal como se desprende das declaracións de Planas e outros Gardas exculpando a Ramiro a quen sinalaban todos cos mesmos termos exactos: “mero ejecutor de órdenes”, moi casual para que espontaneamente saian de bocas tan distintas.
Tamén é importante para construír as causas as testemuñas de Manuel Liste Villaverde e Ramón Carrillo Abralde. Liste asinaba palabras calcadas das declaracións do Gardas, incluso a mesma terminoloxía, como chamarlles “dirigentes del movimiento marxista en aquella comarca”, expresións que a xente do común non adoitaba empregar. Ramón Carrillo imputará a Manuel Puente Porto ter cumprido “puntualmente” as ordes de Gómez Rivas en canto á requisa de armas e automóbiles.
Pola banda das “persoas de orde” que prestaron testemuña en favor dos acusados está o famoso fotógrafo e mestre de Oca Pedro Brey, o crego da parroquia e Gonzalo Otero, do pazo da Mota, e que terá un papel determinante na salvación de algún condenado como se verá. A causa contra Gómez Rivas e Cortés, celébrase o 7 de outubro ás 11´30, ás 17´30, será xulgado o seu veciño Puente Porto.
En calquera caso Cortés - que merece un capítulo aparte – e Gómez Rivas estaban xa sentenciados de antemán e serán fusilados o 15 de outubro en Pontevedra. Manuel Puente Porto, quen prestará tamén declaración nesta causa, será xulgado aparte, máis non haberá moitas horas de diferenza entre ambas as dúas execucións. Dicía sentenciado de antemán porque o que se dicía entón é que Gómez Rivas tivera unha grande importancia na organización da viaxe cara un multitudinario mitin de Azaña, amosando entón ser un grande organizador e líder. Algo que un réxime que pretendía facer baixar a cabeza aos labregos e demais traballadores non podía consentir.
Alegación da defensa
O defensor foi brillante, desmontou todas as acusacións e deixou en evidencia a estratexia da acusación: “Se dice por unos testigos, que Gómez Rivas, era comunista, cosa incierta, pues consta estar afiliado a Izquierda Republicana; tambien se dicer, que requisó coches y armas y que capitaneó grupos, y a esto hay que decir, que en el sumario, no aparece orden expresa del procesado, para ello, y es natural suponer que nadie cedería su coche sin orden escrita o verbal de alguna autoridad y si lo cediera sin este requisito y si, por amenaza, natural era, que en el sumario se reflejase tal hecho, que no consta por cierto
Detenidos por la Guardia Civil los procesados en la mañana del día 21 de julio último, son conducidos a la presencia del Alferez Jefe de la Línea, ante el cual Gómez Rivas, se ofrece para ir a recoger las armas de la gente de Oca y el Alférez accede, poniendo a sú disposición un coche para llevar a cabo su cometido. Cometido que solo puede desempeñar en parte, pues salvo cuatro o cinco, todos los componentes de los grupos armados, no le hicieron caso y escaparon con sus armas. Ésto prueba categoricamente que Gómez Rivas no tenía, sobre las masas armadas el ascendiente que ha de tener forzosamente un organizador, dirigente, capitán y demás calificativos que aparecen en el sumario.”.