Centenario da revolta agraria de 1915 na Estrada
Xoán Carlos Garrido
Remataba o século XIX coa aparición das primeiras sociedades agrarias no concello como consecuencia do paso a unha política de masas debido ao descrédito dos chamados partidos de notables e o feito de que xa non se sostiña por máis tempo a exclusión do censo as clases populares. Estes sindicatos naceron á sombra dos políticos de “turno” (e nunca mellor dito porque se repartían en quendas o poder) mais tiveron como consecuencia non desexada polos promotores que serviron de canle das demandas labregas, da posta en común dos problemas que padecían e de toma de conciencia da súa situación. Así con diversas decepcións a respecto das promesas que lles facían os seus “representantes” en Cortes, isto é os caciques, optaron progresivamente por acumular forzas até que a altura do 1913 se constitúen en Federación de toda a comarca e nos anos seguintes retan ao poder local a que atenda as súas reivindicacións e, senón é así, someter a vila a un cerco durante o cal non se podía entrar con produtos agrarios.
Realmente o poder local non era máis que un tentáculo do poder provincial do Marqués de Riestra que era dono e señor de toda Pontevedra. Xosé Riestra xa pertence a segunda xeración desta familia que aterrou na Estrada, provinte de Asturias, co gorentoso agasallo do Presidente do Goberno de entón, O'Donnell, de xestionar o imposto do sal na nosa comarca. E ben que o xestionou, tanto é así que se lucrou até mercar o título de Marqués e todo o poder que acumulou no noso concello – do que eran representantes en Cortes – até que dou o salto á capital da provincia para asentar no Pazo da Caeira desde onde exercía o seu dominio.
As demandas labregas habituais eran: A reivindicativa, mobilizando o campesiñado e unindo as organizacións labregas entorno a demandas diante da administración (foros, impostos abusivos, etc.). A de formación, proporcionando aos labregos unha educación técnica e cultural (Sociedades de Instrución). A mellora das condicións materiais de vida (innovación tecnolóxica, mecanización, mutualismo, servizos, etc...). E así lle foran presentadas as peticións xerais, sobre todo a referente a redención do foro ao Deputado en Cortes polo noso Partido Xudicial, Raimundo, o fillo de Riestra, mais sen obter resposta favorábel. Tamén había un problema específico que era a aplicación discrecional dos impostos locais. Concretamente o “déficit” que cargaba a aqueles desafectos e xustificábase na necesidade de pagar as obras de construción do edificio consistorial. Segundo contas dos agrarios ese edificio xa fora de abondo pagado, e a inxustiza manifesta quentaba os ánimos da xente que finalmente estouparon o 16 de maio de 1915 durante o asedio.
Un dos puntos quentes de control do tráfico de produtos coa vila era Lagartóns. E dalí era o presidente da Federación, José Señarís Junquera, quen era detido xunto con outros líderes agrarios como o escritor Claudio Baloira mentres se celebraba a festa desa parroquia. Este erro da forza pública ou de quen a dirixía na sombra, o Marqués, en vez de ser unha demostración de poder foi unha derrota pola resposta popular que provocou aproveitando o feito de que a xente estaba “animada” en plane verbena e indignada porque lle augaron a festa, subindo en masa a protestar diante do Concello.
Os apoios cos que contaba Riestra na vila, sobre todo entre o comercio, xa non aguantaron máis. A finais de maio pedíronlle ao Marqués que transixira. O que se lle esixían eran dúas cousas moi simples. Que remataran de aplicar o déficit sobre un obra xa requetepagada e que permitiran unhas eleccións municipais limpas. E o cacique da Caeira rendeuse. Cando menos polo de agora. Logo viría a vinganza.
Nas eleccións municipais os Riestristas deixaron sós aos agrarios, afeitos ao pucheirazo, non lle tiña sentido presentarse a unhas eleccións libres. Co cal aplicouse o famoso artigo 29 (de aí o do “carallo 29”) segundo o cal se non hai adversarios de entidade xa non se celebran as votacións e nomease aos únicos candidatos admitidos: Ramiro Ulloa, José Varela, Juan Peiteado, Jenaro Pena, Manuel Blanco, José Rodríguez, Benigno Quesada, Claudio Baloira, Juan Manuel Rodríguez, Felipe García, Marcelino Vilas, José Señarís, Manuel Couceiro e Pedro Varela, que, cos elixidos anteriormente José Porto e Manuel Sanlouzáns constituíron o goberno municipal de entón.
Os agrarios toman o poder local con Ramiro Ulloa como alcalde, mais os aparellos do Estado a través do Goberno Civil e a Deputación comezan a afogar ao goberno local chegando mesmo a ameazar con embargalo.
Cando ao ano seguinte se celebra a vitoria agraria coa Festa de Lagartóns e o Monumento ao Labrego xa empezaba a vérselle as orellas ao lobo. O 16 de maio do 16 tratábase con esa mobilización festiva blindar as forzas agrarias estradenses fronte aos tempos difíciles que lles ía facer pasar o aparello caciquil do Estado Español que non ía consentir unha illa de liberación agraria coma esta. Por iso á festa dise que acudiron máis de 20.000 persoas e nela escolleuse a piña como símbolo para reclamar a necesaria unidade fronte ao que viña enriba.
De toda Galiza veñen ao noso Concello a dar apoio con un Congreso Agrario máis de 150 federacións e sociedades o 17 e 18 de xullo de 1916. Mais este será xa o último suspiro antes de esgazar o movemento agrario entre os que non soportan a presión e os que insisten en apostar xa por pasar a ofensiva co enfrontamento político directo co Estado.
Agora o cerco viña do bando contrario e a Federación Agraria controlada polo alcalde Ramiro Ulloa remata rendéndose e pactando con Riestra unha solución ao confronto. Chegan ao acordo de permitir un posto de Deputado Provincial ao actual alcalde, deixar nese cargo a outro “agrario”, Pedro Varela, e en mudar a representación da Estrada nas Cortes (realmente Riestra nisto só substitúe a un fillo, Raimundo, polo outro, Vicente, e mesmo coloca un terceiro pola Estrada para a Deputación, Francisco). Todo isto a cambio de que os agrarios deixen de desafialo e pasen a “colaborar” co Marqués.
Un sector da Federación descontento con esta rendición promoverá a primeira candidatura nacionalista que xunto con outras dúas circunscricións se presentarán na Galiza. No caso estradense capitaneadas por Losada Diéguez coas Irmandades da Fala. Mais iso xa é outra historia.

* Publicado no Faro de Vigo (Edición Tabeirós-Montes) 16-05-2015.