Couso*
Clara Iglesias Cortizo
- BARCO: o lexema –barc, procede dunha base céltica *barc ou *barg, que debeu significar “concavidade, depresión”; de feito aparecen na Galiza moitos topónimos con este mesmo lexema (como Barcia ou Barxa) asociados normalmente a cuncas ou valgadas fluviais.
- O CASTRO: do latín CASTRUM, “campamento militar fortificado”. A palabra castro úsase para designar os poboados da época prerromana e romana. É un topónimo moi abundante no noso país e tamén aparece con moita frecuencia como apelido. Parece lóxico pensar que este nome indica que existiu no lugar un destes asentamentos.
- COUSO: deriva do latín CAPSUM, “caixa”. Este topónimo aparece normalmente designando lugares ou terreos encaixados, é dicir, situados en depresións orográficas, como é o caso da aldea á que nos estamos a referir.
- FONTENLO: deriva do latín FONTEM, a través do seu derivado FONTANUM, por medio de construcións do tipo FONTANA (AQUA) e mais o sufixo diminutivo latino –ELLUM, “fonte pequena”. Este étimo foi orixe de moitos topónimos en Galiza, uns coa consoante nasal /n/, como é o noso caso de Fontenlo; e outros sen ela: Fontelo ou Fontela, segundo distribución dialectal.
- MAÍNDO: podería tratarse dun colectivo botánico, correspondente a un latín vulgar AMENETUM con perda da vogal inicial; designaría, polo tanto un lugar onde abundan os ameneiros. Este nome latino parece estar emparentado co lexema céltico *amen, “auga”, por medrar sempre esta árbore á beira de ríos e correntes de auga. Outra posibilidade é que o topónimo Maíndo derive do nome persoal MENENDUS.
- SEQUEIRÓ: deriva de SICCARIULUM, diminutivo do latín vulgar SICCARIUM, que procedía, á súa vez, de SICCARE, “secar”. Seguramente o topónimo fai referencia á antiga presenza dalgunha construción destinada a secar produtos agrícolas, moi probabelmente, castañas.
- A VEIGA: provén do lexema prerromano ibaika, “terreo fértil á beira dun río”. En eúscaro consérvase esta palabra co significado “río”.
Os nomes da Estrada; ed. Fervenza, 2018
Couso (San María)
Manuel Reimóndez Portela
Santa María de Couso é o nome que se lle dá a esta parroquia desde os tempos coñecidos.
Pertence á chamada zona Vea Baixa, con Santa Cristina, Santo André, San Xiao, San Xurxo, Baloira e Cora. Ten 257 habitantes de feito. Actualmente a súa poboación é de 249 habitantes.
LINDA: ao norte e o oeste co río Ulla (e en pequena parte coas parroquias de San Miguel de Barcala e de San Xurxo de Vea), ao Oeste con San Xurxo de Vea, que a envolve ao sur, e ao leste con Cora.
Por razón alfabética do seu nome a esta parroquia correspóndelle o número 1 7.
Polo que atinxe á superficie parroquial, 275 hectáreas, ocupa o número 45.
Como dato anecdótico, dicir que hai un anaco en Pías (banda de acá do río) que pertence a Cora.
Os lugares que compoñen hoxe a parroquia son:

COMUNICACIÓNS: a estrada PO-841 da Estrada a Santiago atravesa a parroquia de Couso de sur a norte saíndo dela pola Ponte Vea, forma parte do val do mesmo nome e crúzana máis pistas feitas por concentración parcelaria que nos levan a cada un dos lugares da parroquia. Da estrada mencionada sae outra que vai bordeando o río grande cara a terras dos Barcalas.
O camiño real viña por Bumio en Barcala uníndose ao que viña de Cuntis para xuntos pasar por Barco desta parroquia e atravesar a ponte Vea camiño de peregrinaxe a Compostela. Hoxe está designado como G.R. Camiño de Gran Percorrido a Compostela, de Vigo a Compostela.
O de Santiago a Cuntis era coñecido como o "Camiño Francés".
HIDROGRAFÍA: o río Ulla (o río grande aquí) dá un bo rodeo para coller no colo esta fermosa parroquia e pararse a xantar na ponte Vea: O río da Ulla É un río remolón Nace nas antas da Ulla Xanta na ponte Vea E vai durmir a Padrón.
(Copla popular destas terras)
O río Vea, un río afluente do Ulla que vén de terras de Santo André de Vea e Cuntis, linda en parte polo leste coa veciña Cora e preto do seu desaugue no Ulla vai por terras desta parroquia.
Un pequeno regato, o de Barco, nace en Pomares e vai ao Ulla.
PONTES: é de subliñar a Ponte Vea, primitivamente románica, une Couso na estrada de Pontevedra á parroquia de Reis e Teo-A Coruña. É unha ponte chea de importancia, de recordos de peregrinaxes e viaxes de comerciantes e de loitas contra os franceses cando nos invadiron. Ten seis fermosos arcos e representa A Estrada coa desaparecida torre da Barreira, no noso escudo, cun dos camiños que dende Terra de Montes atravesaba por esta ponte cara a Compostela. Dinos Pedro Varela que cando a guerra contra os franceses os veciños lle inutilizaron un arco, para que non puidesen pasalo, que foi reposto en 1822 e o Concello ordenou unha nova recomposición en 1845, da que se encargou Manuel Touceda. Poderiámolo describir dicindo que ten só 2,50 metros de ancho entre petrís (foron sacados para pasar os autobuses e camións, e restituídos nos anos 90); dos seis arcos tres son semicirculares e outros tres lixeiramente apuntados, de "sillería labrada", con "tajamares" angulosos contracorrente e trapezoidais no senso contrario, con refuxos neles, cun lombo no medio. Foi ponte de práctica de salto ao río, así como lugar de encontros interparroquiais non sempre amigables. Río abaixo a carón da ponte nesta parroquia ten unha pequena praia que se utiliza no verán.
A Ponte Vea era paso sobre do río Ulla da vía romana número 19. Sabemos que os romanos fixeran as vías número 18 BragaAstorga polo centro, subindo por Allariz, Trives e A Rúa de Petín. A número 19, chamada no Itinerario de Antonino "Item a Bracara Asturicam", que saíndo de Braga ten "mansiones" en Tude (Tui), Brubida (Borbern), Turoquia (Tenorio), Aquiscelenis (Cuntis) para enfiarse pola ponte Vea pola provincia da Coruña cara a Arzúa e Melide, Lugo onde xira para o nacente camiño de Astorga. A vía número 20, chamada "Item per Loca Marítima a Bracara", que subía pola costa ata Betanzos torcendo alí para Lugo e Astorga. Nestas vías romanas en Galicia descritas polo Itinerario de Antonino figura ademais unha vía Chaves-Lugo.
Atópanse tamén algúns caneiros, agüeiros e canles de pouca importancia. Teñen tamén unha "pasarela" fronte ao couto salmoneiro de Couso.
Hoxe non hai barcas. Houbo unha en Barco.
A "ponte colgante", coma no couto salmoneiro, é unha ponte de cables metálicos que se atopa nun incomparable marco sendo un dos principais atractivos trurísticos da comarca. Na actualidade, esta sendo reparado. Non obstante, hai un proxecto veciñal de facer unha área recreativa, da banda de acá do río, semellante á xa existente do outro lado.
A finais dos 70 edificouse a nova ponte de Ponte Vea de feitura moderna, construída en curva e que supuxo unha innovación no seu momento. Ás veces é sobrepasada pola enchenta do río, problema que nunca tivo a vella.
Finalmente, a ponte de Pocanllos, que cruza o Vea cara a Cora, ten petrís.
FONTES: as máis importantes son a de Barco, a de Maíndo (cun lavadoiro pequeno), a de Sequeiró e a de Fontenlo (ten lavadoiro). Na paraxe OuteiralFontenlo existe un manancial de augas sulfurosas denominada "A Burga", da que falamos tamén na parroquia de Cora.
OROGRAFÍA: trátase dunha parroquia máis ben chá con lixeirísimas pendentes cara ao N, o NO e NL.
CASTRO DE COUSO: no lugar chamado do Castro aparece este como quen di rodeado polo Ulla case, non sendo polo sur. Non se lle ven defensas e coma noutros castros aparece nel unha mostra dunha canteira; é mais ben un outeiro case desfeito con poucas características de "castro", sen defensas, etc.
Este castro, igual ca todos os da Estrada, foron moi ben estudados polo mestre que foi desta parroquia Olimpio Arca Caldas (despois mestre e director en Figueroa), quen elaborou un completo traballo co título "Cruceiros de A Estrada", ademais de moitos outros traballos escolares "Hórreos de A Estrada", "Carnaval no Ulla" e do Vea, Carnavais infantís e outros títulos de teatro escolar "Os Reis do Panchiño", "Pelexa no Souto", etc...por suposto é un gran estudoso ao servizo desta terra estradense.
PAISAXES: toda a parroquia é unha fermosísima paisaxe e aínda máis nas ribeiras do Ulla e ninguén pode mellorar canto pode verse no couto de Couso e a súa presa brincada polos salmóns.
PEDRAS: a pedra traballada feita cruceiros ten aquí dúas belidas mostras:
1 Situación: a 300 m da estrada C-541 A Estrada-Santiago, lugar de Sequeiró, parroquia de Couso, á altura do km 10. Acceso por pista que vai á escola.
Descrición: pedestal formado por 4 chanzos. Columna octogonal con base cadrada. Capitel: volutas e catro santos laterais. Cruz: parte anterior con Cristo unido á cruz; na cara posterior a Doorosa cos sete puñais da dor. Altura: catro metros.
Inscricións: non figuran.
Conservación: boa, coidado polos nenos da escola.
Tradición: ergueito ás expensas dun labrego rico que, aqueixado de forte reumatismo, non podía acudir a alumar e orar na semana de Paixón, por acharse o ben parroquial abondo distante. Contan que ao terceiro ano de construído, o labrego curou da súa grave doenza. Desta lenda arrinca o costume, hoxe estinguido, de daren sete voltas ao cruceiro as persoas que comezaban a sentir molestias pola reúma. (Tomado de "Cruceiros de Couso" polos alumnos desta escola; Dtor. Olimpio Arca Caldas).
2 Situación: a 100 m da estrada A Estrada-Santiago, á altura do km 11, no lugar de Couso, parroquia do mesmo nome, con acceso por pista asfaltada que vai ao couto salmoneiro.
Descrición: pedestal formado por mesa, sen chanzos, base cúbica. Columna octogonal con base cadrada. Capitel con volutas e anxos. Cruz: parte anterior, Cristo inclinado e arredado da parte superior da cruz; na parte posterior, Doorosa co fillo no colo. Altura: catro metros.
Inscricións: na base lese a seguinte inscrición: cara anterior ESTE CRUCEIRO DE CARBIA ISIDOR IM. A AÑO 1 731 cara lateral LO) CO ANDRES TIO MEILANA.
Conservación: medio abandonado no medio dun piñeiral, os nenos desta escola aranxaron e axardinaron o anaco que o actual dono do predio lles concedeu.
Situación: fronte e a uns 50 m do emprazamento da antiga igrexa parroquial de Couso. Cando se construíu a nova igrexa, un crego quixo cambialo, mais os veciños opuxéronse. Existía o costume de visitalo e iluminado durante toda a semana de Paixón. Deste mesmo construtor atopamos outros coa mesma data. (Tomado de "Cruceiros de Couso" polos alumnos desta escola; dtor. Olimpio Arca Caldas).
HÓRREOS: entre os hórreos antigos citamos o de Pura de Agustín e o das Cerviñas en Maíndo. Dous en Couso e en Fontenlo o de Barbeito, Cerviño e o de Buela.
HISTORIA: xa no ano 1607 recolle Jerónimo del Hoyo: "Santa María de Couso". Hay en esta feligresía de Santa María de Couso veinte y dos feligreses. Los fructos todos a la cura que valdrán quarenta cargas de pan. Presentación las dos partes del monasterio de Santa María de Belvís y la otra un labrador que se llama Fernán López. Las monjas no llevan padronazgo y el labrador una fanega de pan y veinte maravedís en dinero".
Catastro de Ensenada: "A la primera pregunta (cómo se llama la población) dixeron unánimes y conformes que es muy bien conocida por todo el reino con el nombre de Santa María de Couso que dixeron que el término de su comprehensión es de distancia de Levante a Poniente de un quarto y medio de Legua y de Norte a Sur poco más de un quarto y de circunferencia poco más de una legua y se andará en hora y quarto, confronta por el Levante con el río Ulla y San Miguel de Cora, Poniente con San Miguel de Barcala. Norte río Ulla y Sur San jorge de Vea, su figura es redonda.
A la cuarta pregunta (Que especies de tierra se hallan en el término, de regadío o secano...) digeron que hay las especies y tierras de labradío y secano, pastos, herbales, viñas de parra, castañas, hortalizas, frutales, tojales, robles, arestares o rematares, sauces, montes incultos parte por imposibilidad y parte por naturaleza y en dichas tierras se siembran por lo regular las semillas de trigo, lino, habas interpoladas con el maíz, calabazos de olla y nabos las que producen regular los mencionados frutos sin descanso o intermitentemente y en las que son de más sustancia que se benefician y estercolan recogen dos frutos en un año...
A la quinta pregunta (De quantas calidades de tierra hay en cada una de las especies...) digeron que anualmente las tierras que hay son de buena, mediana e inferior calidad excepción de los sauces y montes que son de una sola calidad.
A la 6-. y 7-. (De que medidas de tierra se usa en aquel pueblo...) digeron que en la citada feligresía hay porción de manzanos, perales, cerezos, castaños y otros... no hay huertos formales, arte ni cultura en los plantíos sinó que están esparcidos y sin ningún orden y los más a las márgenes de las propiedades y se hallan plantados en todas tierras labradías secano de primera, segunda y tercera calidad.
A la nona pregunta (De que medidas de tierra se usa la medida de tierra que llaman ferrado el que tiene de circunferencia quarenta y ocho varas de diez palmos cada una y que corresponden a ciento y veinte castellanas de quatro palmos cada una y de estas partes de ferrado, si de maíz diez concas y media de diez y seis que componen un ferrado de esta especie por ser diversa de la de centeno y trigo, que la de estas dos semillas tiene solamente doce concas o veinte y quatro quartillos. Si se siembra de lino lleva ferrado y medio de linaza, si de nabos la quarta parte de una conca que es medio quartillo, de coles o verzas lo mismo que dichos nabos; de mixo menudo una conca y la medida de este género es
la misma que la del centeno y trigo, cuias especies de granos y semillas son las que por lo regular se siembran... para la viña se usa la misma medida de ferrados y no la de cabaduras.
A la décimo quinta (Que derechos se hallan impuestos sobre las tierras...) digeron que el del Diezmo, de diez uno del trigo, centeno, mixo menudo... y esta feligresía por catorce lugares paga quince primicias y media y cada una se componen de seis ferrados de pan mediado y una gallina de cada vecino vien entendido que los llevadores y poseedores de los vienes de dichos lugares pagan la expresada Primicia sin que aiga distinción entre viudos, viudas, casado, soltero o soltera sinó que todos los de cada lugar tienen obligación de completar entre sí y pagar a los referidos curas y Colegio el mencionado número de ferrados y para hacer esta distribución o comporto se juntan a fin de saber la parte discreta que a cada uno corresponde. Así mismo pagan los vecinos de dicha feligresía al cura parrocho todo casado ferrado y medio de centeno; el viúdo, viúda, soltero o soltera, que se hallen en casa sola como caveza de ella un ferrado y una gallina. Igualmente cada uno de los vecinos pagan al Apóstol Santiago por razón de Voto ocho quartillos de centeno y siendo pobre que no tenga labranza no contribuye por dicha razón con cosa alguna... y estos son los Diezmos, Primicias y Oblatas que ay sobre dicha tierra.
A la vigésima pregunta (De que especie de ganados hay en el pueblo y término...) dixeron que son muy reducidas las especies de ganados que hay en la feligresía y se componen de bueyes, bacas, juvencos, juvencas, carneros, ovexas, cabras y cerdos. No ay cabaña ni yeguada.
A la vigésima primera pregunta (De que número de vecinos se compone la población...) dixeron que esta feligresía se compone de cinquenta y uno vecinos y para mayor seguridad se remiten a las certificaciones de los curas y testimonios dados por la justicia en este asunto... y no ay casas de campo.
A la vigésima segunda pregunta (Quantas casas habrá en el pueblo, que número de inhabitables...) dixeron que había tantas casas como vecinos respectivamente en esta feligresía y en orden a la arruinadas en la feligresía de Couso hay una propia de Lorenzo Gocende de la misma feligresía sita en la aldea de Mayndo Pazo; otra de Simón López vecino de Santiago sita en dicha aldea de Mayndo; otra de Andrés Sorribas vecina de la feligresía tanvien sito en dicha aldea de Mayndo, otra de María do Río de la misma vecindad sita en la aldea de Fontenlo, cuias casas no sirven para ningún uso ni egercicio y no saben las pensiones que sobre sí tengan remítense a las relaciones y más diligencias practicadas por el Señor Subdelegado aunque el muy Revdo. Arzobispo de Santiago no percive por el sueldo y establecimiento de dichas casas cosa alguna.
A la vigésima tercia pregunta (Que propios tiene el común y a que asciende su producto al año...) dixeron que sólo tiene y disfruta el común de dicha feligresía de Santa María de Couso de tres reales de vellón cuias cantidades proceden del pesillo de lino que se venden en las ferias de Carvia y Casanoba que se celebran en esta dicha jurisdicción de Vea que tiene arrendado Juan Barcala vecino de la parroquia de Santa Cristina de Vea en setenta y cinco reales de vellón en cada año por el todo de dicha jurisdicción...
A la trigésima tercia pregunta (Que ocupaciones de artes mecánicas hay en el pueblo...) dixeron que en la expresada feligresía se hallan los oficios propios de las laboras del campo.
A la trigésima octava pregunta (Quantos clérigos hay en el pueblo.) dixeron que en esta feligresía so hay D. Francisco Álvarez de Otero cura párroco de ella.
A la quadragésima pregunta (Si el Rey tiene en el término o pueblo alguna finca o renta...) dixeron que no saben aiga en la feligresía fincas o rentas que no correspondan a S.M...y si tiene las Dehesas y Viveros..."
En 1846-50, Pascual Madoz dinos: "Couso (Santa María de). Feligresía de la provincia de Pontevedra (6 leg.) partido judicial de Tabeirós (1 y 1/4). Situada en una península circundada por el río Ulla donde la combaten los aires del N. y S. el clima es sano pues no se experimentan otras enfermedades que catarros y algunas pulmonías. Comprende además del lugar de su nombre el de Barco, Castro, Fontenlo, Maíndo y Sequeiro que reune 55 casas entre ellas un antiguo palacio del Conde de Gimonde. La iglesia parroquial dedicada a Nuestra Señora está servida por un cura de provisión en concurso. Confina el término: N. río Ulla y feligresía de Reyes, E. la de Cora, S. Bea y O. la de Barcala. El terreno es de mediana calidad y tiene arbolado de varias especies, brota en el sitio llamado Outeiral de Fontelo una fuente de aguas termales, cuyo uso es desconocido.
Los caminos dirigen por el E. hacia La Estrada y por S. a Pontevedra ambos en mal estado. El correo se recibe de Padrón por balijero. Produce: trigo, centeno, maíz, patatas, habas, vino, lino y nabos, sostiene ganado vacuno, algún caballar, lanar y cabrío; hay caza de liebres, conejos y perdices y pesca de anguilas, truchas y salmones. Industria la agricultura molinos harinerosy una pesquería sobre el Ulla correspondiente al condado de Gimonde. Comercio, se estraen cereales. Población: 55 vecinos, 280 almas."
Nomenclátor Arz. de Santiago: "Couso (Sta. María): VeaPontevedra-Estrada-Estrada Popular y del Convento de BelvísEntrada, 60 vecinos, 304 almas. Estrada. Personal: Torres D. Domingo parroc. 74 a. Br. teolog. López D. Luis María Pbro. Patrim. 69 a. carr.breve."
No curso do ano 1924 tiña 540 habitantes.
EÁIvarez Limeses no 1936 escribe: "Couso (Santa María). Dista 49 kilómetros de Pontevedra y 9 de La Estrada y limita, al N. y O. con el río Ulla, al S. con Vea (San Jorge) y al E. con Cora.
Entidades: Barco con 132 habitantes, Castro 38, Couso 58, Fontenlo 150, Maíndo 76 y Sequeiro 78 que hacen un total de 540 habitantes, que tienen una escuela mixta servida por maestro, denominada de Cova-Couso, para la cual acaba de inaugurarse un edificio construido por los vecinos.
Está situada la parroquia en la parte más septentrional del valle de Vea y en ella termina la carretera de Vilapouca a Puente Vea que al pasar éste pertenece ya a la provincia de La Coruña, cuyo puente es románico.
Tiene dos pesqueras que fueron muy importantes en tiempos pasados, una en Couso que pertenecía al conde de Gimonde y otra en Maíndo, en las cuales se pescaban muchos salmones. Hoy estos puede decirse que han desaparecido, cogiéndose todavía en ellos algunas lampreas y bastantes anguilas.
En el sitio llamado Fontenlo existe un manantial de aguas termales que está sin explotar.
El terreno es de mediana calidad y el más bajo del distrito (treinta metros sobre el nivel del mar)."
IGREXA: polo que atinxe á igrexa segundo Pedro Varela Castro "La iglesia primitiva situada en el punto da Xesteira era de malas condiciones, techo muy bajo y una sola ventanilla; la robaban con frecuencia y a tal extremo llegó el escándalo que en cierta ocasión no sólo se llevaron los ladrones efectos depositados en su interior, como el copón, sinó que cargaron con la campana. En 1781 fue autorizado el párroco D. Francisco Javier López Acebedo para construir la nueva iglesia con consentimiento de las monjas de Belvís y empezó la obra. Al tener hecho el presbiterio en 1782 el párroco trasladó el Santísimo y las imágenes, la totalidad del templo fue terminada en 1848. Se compone de la capilla mayor y dos laterales, sacristía, cuerpo principal y torre, con bóveda de cantería y arco de medio punto. Es regular y de buen aspecto, aunque su arquitectura nada tiene que admirar".
Confirma este derradeiro dato Couselo Bouzas en "Galicia Artística" p. 185 que... "La bóveda de la parroquial la hizo Antonio Ameijeiras siendo párroco D. Domingo Torres en 1848, era vecino de Cuntis entonces residencia en Vea. Costó 2650 reales".
Outros datos da Igrexa parroquial: ten portada con arco de medio punto, debaixo dela e retrasada atópase unha parte alintelada cercada de moldura plana, sobre ela unha ventá rectangular con derrame exterior. Remata en campanario central de dobre corpo con pináculos nos lados da fachada.
Ten unha capela lateral no norte e no sur que lle dan a forma dunha planta de cruz latina a esta igrexa. A sancristía está apoiada no muro norte. Destaca a imaxe de Santa María e a bóveda depedra. Púxoselle unha baldosa, que non debería estar alí.
Inscricións das campás: Grande: AÑO 1940 OCAMPO EN ARCOS DE LA CONDESA SIENDO CURA PARROCO D. PEDRO GARCIA CARBIA. Pequena: MARIA Y JOSE 1845.
CASAS NOBRES
Maíndo en Couso. Trátase dunha casa señorial pertencente aos condes de Ximonde, para algúns era a casa onde habitaban os criados que coidaban das pesqueiras de Couso, que alí no Ulla tiña o conde..., e coidaban tamén da recadación de tributos. Pedro Varela dinos "En Maíndo existe la casa señorial procedente del Conde de Gimonde con su correspondiente escudo al exterior. Una hija de este conde, doña Gumersinda Puga contrajo segundas nupcias con el que fue catedrático de la Universidad de Santiago D. Jesús Novoa, de ese segundo matrimonio hubo una hija actual esposa (año 1923) del comandante de Infantería D. Salvador Lissarrague Molezun que actualmente disfruta la finca de Maíndo"... aínda hoxe segue pertencendo á mesma familia Lissarrague, e é hoxe habitada polo coñecido guitarrista don Pelayo Redondo Lissarrague. É unha verdadeira casa forte, de aquí a crenza que fose a defensa das pesqueiras, rodeado dun alto valo de pedra cun hórreo na eira. Aínda hoxe poden verse tres escudos sobre da parede sur, outro arrimado a unha parede que fala de María Suárez de Reino, ano 1530, e un escudiño pequeno sobre da dovela da porta que dá ao norte coas armas dos Castros e dos Reino.
Datos técnicos da casa. É unha casona de planta rectangular con baixo e piso. No baixo ten dúas portas, unha delas con arco de medio punto de grandes dovelas e un escudiño. A outra portada é de arco apuntado, tamén formado por grandes dovelas e escudo. Contrafachada con vans e escudo.
O actual dono do pazo de Ximonde, da outra banda do río (Sarandón-Vedra), di que segundo os antigos señores de Ximonde procedían da Casa Real de León.
Pedro de Cisneros (da mesma familia que o Cardeal) veu a Galicia como gobernador e capitán xeral deste reino.
O seu neto Andrés casou con María Ganzález Falcón, Sseñor do couto e xurisdición de Ximonde.
Descendente directo deste matrimonio foi Antonio Cisneros, rexedor de Santiago e que segundo os descendentes actuais foi o construtor do Pazo.
Fillo deste foi Xoán Antonio, rexedor tamén de Santiago e alcalde maior, pola metade do século XVIII -primeiro conde de Ximonde.
O segundo conde foi Pedro, fillo do anterior, que lle sucedeu ao remate do século.
Terceira condesa foi dona Xacoba, que morreu sen sucesión, desaparecendo a liña directa pola metade do século XIX.
O investigador Héitor Picallo, publicouun bo estudo "Maíndo; Espacio xeográfico, humano e histórico na ascendencia do condado de Ximonde" (Misc. Hca. e cult. n-S)
FESTAS: festexan a patroa, a Nosa Señora o 15 de agosto, ao día seguinte do Santísimo que agora non se celebra e aboliuse tamén o refestexo dedicado a Santo Antón. Celébrase o Rosario en outubro.
O 14 de agosto ten lugar o Festival Folk "As nosas músicas", que foi pioneiro en toda a comarca, con gran sona en toda Galicia e cun alto nivel de grupos participantes.
Durante dez anos fíxose o Entroido tradicional do Ulla, cun alto grao de perfeccionamento e de recreación dos seus elementos típicos.
INDUSTRIA: non ten industrias a parroquia. Actualmente si hai unha empresa de ventás e portas en PVC, outra empresa de construción, unha carpintería e algúns restos de muíños.
Entre os muíños máis destacados atopamos:
Muíño da Cortiña do Río (desfeito) e o muíño de Couso, onde a Ponte Colgante. Muíño de Arriba (con dúas pedras) e o muíño de Calvelo, en Fontenlo, no regueiro de Vea entre Cora e Couso. Muíño da Pedra Mexadoira, en Sequeiro. Hai unha área en Fontenlo, con catro muíños, que serían dignos de restaurar como área recreativa a carón do río Vea
COMERCIO: trátase dunha parroquia onde os veciños viven da agricultura e da gandería e produtos froiteiros ou flores.
Tamén hai dous restaurantes e unha perruquería.
CENTROS CULTURAIS: a antiga Casa da Escola é local social que serve para a Asociación de Veciños, o uRueiro", que organizaba o Entroido e coordinaba as festas.
A Asociación Xuvenil "A Xesteira", fai dinamización cultural e o Festival Folk. Teñen unha páxina web propia: http://perso.wanadoo.es/ ofoxo/index.htm
Na actualidade arranxouse o campo da festa cun moderno palco.
ENSINO: o colexio de CEIP do Souto de Vea "Villar Paramá" ofrécelles o servizo do ensino aos alumnos desta parroquia no que atinxe á Educación Xeral Básica. Houbo un grupo escolar antes de construírse o "Villar Paramá", que foi o primeiro que tivo escola mixta.
DEPORTES: o principal deporte é o da pesca, no río Ulla, troitas, reos, e salmóns e no Vea troitas, representando un importante río troiteiro. O couto salnnoneiro de Couso é un dos principais do Ulla, co de Ximonde e Sinde, de moita fama... e proveito.
Existe un pavillón polideportivo no Souto de Vea.
SANIDADE: un médico de medicina xeral atópase en Souto de Vea, e o servizo de urxencias e especialidades no ambulatorio da Estrada. Na
actualidade no Souto de Vea hai un centro médico (José Besada).
ECONOMÍA, VIVENDA, etc. Trátase dunha parroquia (como todas do val de Vea) cun importante desenvolvemento na súa maneira de vivir, con mellores servizos de todas elas, auga, luz, iluminación pública, etc.
Destaca o alto nivel formativo das xentes de Couso, con alto índice de universitarios.
OUTROS DATOS: cóntanos Pedro Varela o seguinte... "Por los franceses que se obstinaban en pasar el río Ulla por el puente, fueron muertos: el 12 de febrero de 1809 Francisco Balado, marido de Antonia Estévez del lugar de Couso; en el mismo día Pedro de Otero, marido de María Pazos. Hay otra partida de defunción en el Archivo Parroquial que literalmente dice "El día 1 3 de febrero de 1809 dentro de esta parroquial iglesia de Santa María de Couso, se dió sepultura en una de tres reales a un cadáver incógnito que se halló muerto en el campo o sitio donde estaba peleando contra los franceses, su tenor mediana estatura, flaco, calvo y dentamia y para que conste lo firmo -ut supra juan Ortega".
TOPONIMIA MENOR: é curioso o topónimo "Eo" lindando coa Ponte Vea, Barco, Fixón, Corxón, Pego Negro, Castro de Couso, A Lagoa... e por suposto Ponte Vea, etc.
PLANTÍOS REAIS: Couso tiña unha "Dehesa real llamada Devesa de S.M. con una cavida de 30 ferrados. Y un vivero que se llama de S.M. con cavida de un ferrado".
PERSOAS SOBRANCEIRAS
Salvador Lisarrague, Señor de Maíndo, catedrático en Madrid.
Olimpio Arca Caldas, mestre preclaro nesta parroquia distinguido coa Cruz de Afonso X, fixo un gran labor de proselitización, que deu moitos e bos froitos en varias xeracións. Prolífico historiador, ten publicada moita obra sobre a historia da Estrada e Cuntis, así como produción escolar e pedagóxica, citamos entre outros: "Pedriño", "Pelexa no souto", "Mestres estradenses que fixeron escola", "Historia do Recreo Cultural", "O entroido no Ulla", "Callejero histórico de la villa de A Estrada" PERSONAXE FOLCLÓRICO
Pepa a Loba (probablemente nacida na paraxe de Coruxón o 8 de maio de 1835, co nome de Josefa de Bartolomé). Dela cóntanos a historiadora Mari Veiga Cerqueiro:
"Pepa a Loba era unha muller bandoleira que viviu alá polo século XIX en Galicia. Era xefa de bandoleiros, mandaba unha cuadrilla de homes feros, todos atendían as súas ordes ¡Xa tería que ter carácter a Pepal No libro de Beatriz López Morán "El bandolerismo gallego en la primera mitad del siglo XX" reflíctese o papel das mulleres nas cuadrillas, que era agochar o botín e encárganse do mantenemento do grupo, pero moi poucas veces participan nos roubos.
En case toda Galicia se escoitou falar de Pepa a Loba, pero nunhas zonas máis que noutras. A literatura e as investigacións sitúana en moitos lugares, que dá lugar a pensar que se trata de máis dunha muller bandoleira.
Antonio Rey Soto, na súa novela "La loba", di que nace preto da Guarda e actúa en Lugo, Ourense e Pontevedra.
Chao Espina, no seu libro "De Galicia en el pasado siglo XIX...", sitúa as súas falcatruadas en Lugo.
Carlos Laredo, na recente novela "A fuxida da loba", di que nace preto do Concello de Zas, e despois de moza vai para a cadea da Coruña. Onde, segundo o traballo de M-. Campo Alange Concepción Arenal 1820-1893, será vista no ano 1864 por Concepción Arenal, que era visitadora de cadeas.
Miras Azor, na súa novela titulada "Juventud de Pepa Loba", sitúa o seu nacemento na aldea de Moedo, moi preto da parroquia de Couso no Concello da Estrada.
Na igrexa parroquial de Santa María de Couso, no Concello da Estrada, o 8 de maio de 1835 bautízase unha nena, filla de nai solteira á que lle poñen de nome Josefa de Bartolomé. A nai é natural do lugar de Coruxón.
Xente da Estrada contoume algunhas das súas crueldades:
En Santa Baia de Matalobos a cuadrilla de Pepa a Loba un día foi a unha casa, onde o dono tiña cartos gardados debaixo da lareira. Para que lle dixesen ónde os tiña agochados botáronlle graxa quente polas súas partes.
Meu tataravó ía con tres burros mercar pan de trigo a Santiago, para despois vendelo nas feiras da Estrada. Un día vindo de volta para a casa, no monte das Proxas, apareceulle a banda de Pepa a Loba, quitáronlle os cartos (uns catro dobróns). Os burros deixáronos soltos e como sabían o camiño chegaron á casa sós. Os da casa marcharon en busca do meu tataravó e atopárono espido e atado a un carballo.
Antes, os curas levaban os cartos na faldriqueira, así os tiña un na feira da Estrada. Sentou arrimado a un carballo e meteu a bolsa debaixo do cu, e veu por diante Pepa a Loba e levantoulle a sotana. El ergueuse a présa e un bandido da banda colleulle a bolsa cos cartos dende detrás do carballo onde estaba agochado.
Cóntase que unha vez a cuadrilla de Pepa a Loba roubou un neno pequeno. E foron xunto ao crego de San Pedro de Vilanova para que llo bautizase rápido, xa que era unha xente de paso e tiñan medo que lles morrese. Mentres o cura bautizaba a metade da cuadrilla rouboulle a igrexa.
En Santiago, a finais do século XIX, na rúa Preguntoiro había unha pastelería rexentada por "Dona Francisca". Pepa a Loba cando viña a Santiago ía tomar algo a esa pastelería e sentaba fóra na terrazapola parte de Altamira, para non comprometer a dona. Un día de tantos, que veu a Santiago subomar ao xuíz para que lle soltase algún da súa banda que estabapreso, atopou na pastelería cun cura que era tío da dona, e el díxolle:
- Ti a min non me roubas.
- Dálle a vida que é familia de dona Francisquiña (chamáballe así cariñosamente), que senón xa vería.contestoulle Pepa a Loba.
A morte de Pepa a Loba, segundo testemuñas que entrevistou Carlos G. Reigosa no seu libro "O doutor Livingston, supoño", aconteceu en Lugo, nunha casa do lugar da Abelleira en Xermade, rodeada de fillos e netos.
A investigación debe seguir, terán que aparecer máis cousas interesantes sobre a vida desta muller que rompeu moldes."
TELEFONÍA: por cable.
RURALCENTRO: situado no local social de Sequeiró, dálles acceso a Intemet de xeito público a todos os veciños. Foi instalado no marco de actuacións de "aestradadixital".
* A Estrada rural.1990 Ed.. 2007.

Couso
Pedro Varela
Lindando coa Ponte Vea, camiño de Santiago, encóntrase a parroquia de Couso, con 70 cabezas de familia e 353 habitantes. Dista da capital do distrito uns doce quilómetros.
Couso (cautes en latín), significa “rocha”, “penedo”, “fragueiro”. Tamén era Couso, un cabo consagrado a Saturno. Couso en castelán é coto.
Da antigüidade desta parroquia algo pode xulgarse polo Arcediago de Raíña, D. Nuno González de Bendaña que, no seu testamento, outorgado o ano 1348, legou ao cabido de Santiago herdades na freguesía de Couso, gañadas a Alfonso Domínguez.
Lugares: Fontenlo, Barco, Couso, Maíndo, Sequeiró e O Castro.
Fontenlo ou fontenla, “fonte pequena”, da que se deriva o nome deste lugar. Barco, paraxe inmediata ao río, onde había unhas barcas para cruzar este. Maíndo, antes maínzo, “terreo apropiado para esa planta gramínea”. Sequeiró, antes Sequeiro, “de secaño ou seco”. O Castro recibiu o nome da antiga fortaleza que aínda existe alí.
Lindeiros de Couso: norte, río Ulla; sur, San Xurxo de Vea e San Miguel de Barcala; leste, Cora; e oeste, tamén San Xurxo de Vea e San Miguel de Barcala.
Vías de comunicación: a vía do Estado da Estrada a Santiago cruza a parroquia que nos ocupa; hai os indispensábeis camiños rurais e a famosa Ponte Vea, metade da cal pertence a Couso. Trátase dunha fermosa ponte romana con seis arcos, que tivo un papel importante durante a guerra da Independencia; houbo necesidade de cortala para que as tropas de Napoleón non puidesen pasar o río, inutilizándolle un arco, que foi reposto no ano 1822. O 4 de maio de 1843 o Concello ordeou unha nova recomposición e levouna a efecto en 1845 Manuel Touceda.
Ten esta parroquia escola nacional servida por un mestre e unha sociedade de agricultores.
No eclesiástico: O curato é de entrada, servido por un párroco; ten por patroa Santa María; presentan o convento de Belvís e varios leigos. A igrexa primitiva, situada no punto da Xesteira, era de malas condicións, teito moi baixo e unha soa fiestra moi pequena; roubábana con frecuencia e, a tal extremo chegou o escándalo, que en certa ocasión os ladróns non só levaron efectos depositados no interior, como o copón, senón que cargaron coa campá. En 1781 foi autorizado o párroco don Francisco Javier López Acebedo para construír a nova igrexa, co beneplácito das monxas de Belvís, e comezou a obra. Ao ter feito o presbiterio, en 1782, o párroco trasladou o Santísisimo e mais as imaxes; a totalidade do templo rematouse en 1848. Componse da capela maior e dúas laterais, sancristía, corpo principal e torre, con bóveda de cantaría e arco de medio punto. É regular e de bo aspecto, aínda que a súa arquitectura nada ten que admirar.
Festas anuais: Santa María, o 15 de agosto; e o Rosario, o día primeiro de outubro.
No arquivo parroquial existen datos do século XVI, dos cales parece deducirse que a freguesía foi fundada, a principios do XIV, por un individuo casado, que tivo tres fillos: un varón e dúas mulleres; estas profesaron no convento de dominicas de Belvís (Santiago) e o varón casou en Cora, onde o seu pai tiña bens de fortuna. A dous fillos dese descendente do fundador de Couso comínaselles, nunha visita, para que recompoñan a igrexa en unión do convento.
Outras particularidades: os franceses, que teimaban en pasar o río Ulla pola ponte, asasinaron o 12 de febreiro de 1809, a Francisco Balado, marido de Antonia Estévez, do lugar de Couso; o mesmo día, Pedro de Otero, marido de María de Pazos. Hai outra partida de defunción no arquivo parroquial, que literalmente di: «En 13 de febreiro do ano 1809, dentro desta parroquial igrexa de Santa María de Couso, deuse sepultura, nunha de tres reais, a un cadáver incógnito que se encontrou morto no campo ou sitio onde estaba pelexando cos franceses. O seu aspecto: mediana estatura fraco, calvo e con dentamia e, para que conste, asínoo =ut supra= Juan Ortega».
En Sequeiró hai un cruceiro antigo, de mérito artístico, á beira do que pasaba a vía que era chamada vulgarmente «Camiño francés», de Santiago a Cuntis. Por Barco, Vilacriste e a Gándara, pasaba o camiño real da Estrada a Santiago.
En Maíndo existe a casa señorial, procedente do conde de Ximonde, co seu correspondente escudo no exterior. Unha filla dese Conde, Dª Gumersinda Puga, contraeu segundas nupcias co que foi catedrático da Universidade de Santiago, D. Jesús Nóvoa; dese segundo matrimonio houbo unha filla, actual esposa do Comandante de Infantería D. Salvador Lissarrague Molezún, que actualmente disfruta desta propiedade de Maíndo. No río teñen eses señores unha canle ou pesqueira, onde recollen con frecuencia saborosas troitas, anguías e outros peixes.
O castro inmediato ao lugar do mesmo nome e próximo también ao río, ocupa un punto estratéxico, e pénsase que estivo destinado a controlar o paso por alí en tempos de guerra. Non moi distante, existe no río unha canle ou pesqueira de comuneiros.
Non falta xente, especialmente da Estrada, que en días de lecer fai excursións á zona de Vea, para merendar troitas en Ponte Vea, que son famosas.
Os de Couso reciben o correo polo Souto de Vea.
*Pedro Varela, A Estrada, 1923