Matalobos*
Clara Iglesias Cortizo
- A BREA: *brea é pronuncia vulgar do substantivo común verea, coa perda da vogal pretónica, igual que acontece en *frida ou *dreito, en lugar de ferida ou dereito. Verea, deriva do latín vulgar VEREDAM, “ruta, camiño”, vocábulo que á súa vez procede tamén do latín VEREDUS, “cabalo de viaxe”. Normalmente este topónimo, moi frecuente no noso país, fai referencia a camiños antigamente moi transitados, é dicir, importantes vías de comunicación. Co tempo, moitos deles foron perdendo a súa importancia, substituídos por novas estradas, de forma que na actualidade o significado que recollen os dicionarios para este substantivo é “camiño estreito, formado comunmente polo paso da xente e do gando”. Para respectar a etimoloxía, este topónimo debería grafarse con v, no canto de b.
- A GRAÑA: a partir do latín GRANUS, ‘gran, cereal’, acabouse formando GRANIAM, da que proceden as palabras galegas granxa e graña con significados idénticos. Na época do latín tardío utilizábase o sintagma VILLAM GRANEAM para designar unha explotación agrícola dependente dun mosteiro na que vivía unha familia cos seus traballadores e criados que se encargaban de traballar as terras e de subministrar unha parte da colleita aos monxes propietarios delas. A palabra granxa segue viva na fala común, mentres que graña se conserva unicamente na toponimia.
- GUENDOS: é probábel que o topónimo Guendos proveña do antropónimo xermánico Galindus. Nos documentos medievais latinos encontramos moitas atestacións deste nome, na súa forma Galindus e tamén transformado en Galendus (>Gaendus>Guendos). Trátase dun topónimo único en todo o país e ten a particularidade de derivar do nominativo e non do xenitivo, como é o habitual nos nomes de posesor: villa Galendi> Guende, forma que aparece en 18 ocasións na nosa toponimia.
- MATALOBOS: trátase dun fitotopónimo. É o nome dunha planta herbácea de flores azuis que seguramente ten esta denominación porque é velenosa. É unha palabra composta por dous lexemas: matar (do latín MACTARE, “sacrificar”) + lobo (do latín LUPUM).
- RÍO DOS SAPOS: é un topónimo de significado transparente que nos fala dunha corrente fluvial abondosa en sapos. Sapo é unha palabra onomatopeica que se refire ao son que supostamente producen estes animais. En canto a río, xa ten aparecido en varias ocasións ao longo deste traballo: deriva do latín RIVUM, que en época tardía desprazou no significado ao clásico FLUMEN.
- SANTA BAIA: trátase dun haxiotopónimo, o nome da patroa da parroquia, que designa o lugar onde está situada a igrexa. O antropónimo Baia deriva do grego Eulalia, ‘que fala ben’.
Os nomes da Estrada; ed. Fervenza, 2018
Matalobos (Santa Baia)
Manuel Reimóndez Portela
Coñéceselle este nome desde tempos moi antigos, sen que se lle saiba que tivese outro.
A parroquia de Matalobos pertence á zona de Vea Alta con Santeles, Aguións e Toedo.
LINDES: linda polo norte coa de San Xiao de Vea e Toedo, polo sur coa da Estrada en Penarada e Arcos de Furcos de Cuntis, polo leste coa Estrada e Ouzande e polo oeste con Santo André de Vea e a Portela de Cuntis.
Atendendo á orde alfabética, o seu nome correspóndelle o número 26 das parroquias da Estrada.
Polo que respecta á súa superficie ten o número 12 entre as parroquias do concello con 165 hectáreas. Ten 359 habitantes de feito, na actualidade ten 358 habitantes.
A parroquia componse dos seguintes lugares:

COMUNICACIÓNS: Matalobos ten polo sur unha estrada moi importante, que é a nacional Chapa-Carril ou sexa a 640 desde o Alto da Cruz (linde con Cuntis) ata o río dos Sapos, linde con Pedregal, xa da parroquia da Estrada actualmente dotada de beiarrúas. Por ela, como é sabido, achégase a Cuntis e Caldas de Reis, camiño de Pontevedra, Vigo ou Portugal. Cara ao interior, pasada A Estrada achéganos ás terras de Trasdeza e Deza por Silleda e Lalín e a Ourense e Madrid.
A mesma vila atravesada de sur a norte pola estrada 541 que vén de Terra de Montes e segue a Santiago pola Ponte Nova, onde colle esta parroquia polo leste e case que polo seu mesmo lindeiro con Toedo, para seguir camiño de Pontevedra, cruzando o Ulla cara ás terras de Compostela.
Ademais destas dúas estradas a parroquia atópase percorrida por unha estrada provincial de sur a norte, dende o Alto da Cruz por Guendos, pasando por onda a igrexa ata ao sur, onde torce de súpeto cara ao leste, ata atopar coa antes dita A Estrada Santiago fronte mesmo a Toedo na que se interna.
Importante é tamén a pista feita polos veciños da parroquia, que dende a Ponte Nova percorre a parroquia cara ao oeste para pasar polo lugar da igrexa ata ao sur, onde para pasar polo lugar da Igrexa e seguir cara a Gondomares e Santo André de Vea, onde se atopa coa PO-2141, que arranca de Ponte Vea cara a Cuntis.
Dende estas entradas espállanse pistas que unen cada un dos lugares da parroquia.
Fíxose concentración parcelaria do monte xunto co labradío, o que beneficiou moito a parroquia. Hai unha pista nova que vén do Polígono Industrial de Toedo e sobe cara á Rega, preto da chamada “Canteira de Párama", e vén saír ás Saíñas, que vertebra a parroquia da N-640 á PO-541.
Camiño Real: o camiño Real é o que vai desde A Estrada á cidade do Apóstolo, vía de peregrinaxe, este camiño só roza a Matalobos polo leste sen entrar nela; mais dende o Castrelo ao sur de Figueroa de Abaixo (da Estrada), partía outro camiño que se introducía en Matalobos, do que case non se ven sinais.
HIDROGRAFÍA: non pasan por esta parroquia ríos importantes, só ten uns poucos regatos que levan pouca auga:
O regueiro de Castrelo formado por tres afluentes, o de Guendos, que pasa polo recinto da Academia Galega de Seguridade e que vén deste lugar; o do río dos Sapos, procedente tamén do lugar do mesmo chamadeiro, e o de Penarada, que se forma nesta serra que nos separa de Cuntis. Este regueiro de Castrelo xa formado vai desaugar ao río Liñares nas Canizas preto de Pina, servíndolle de linde a Matalobos, Toedo e Santeles, e polo leste a Figueroa de Abaixo da Estrada.
O regato de Veiguiña nace no lugar de Matalobos e vai cara ao oeste, e Santo André de Vea onde desauga ao río Vea, lugar de Ribeira.
O regato de Toedo nace en Matalobos e vai a Toedo.
PONTES: son de ter en conta a ponte da Graña, no lugar do mesmo nome, no regato de Guendos, tamén no mesmo regueiro e no lugar de Santa Baia e a da Abirta en Guendos.
Recentemente construíuse unha de ferro para paso de peóns na N-640.
FONTES: Matalobos ten a fonte do Coutiño, a do Bertal e a chamada " da Fonte". A fonte de Santo Antón á caída do castro. A de Santa Eulalia (con lenda) e a do Foxo.
A fonte de San Bieito, a carón da igrexa, está restaurada en 1999 con lavadoiro. A fonte Piñeira, no lugar do mesmo nome, con lavadoiro. A fonte de Moldes, en mal estado, que bota auga para o regato de Brando.
OROGRAFÍA: non ten grandes montes a parroquia, as alturas van subindo de norte a leste cara ao suroeste onde se atopan as maiores alturas nos lindes coa Portela de Cuntis e a Cruz, fin desta parroquia cara a Cuntis polo sur. No sueste, lindando con Toedo, sobresae o castro desta parroquia que outros lle chaman de Toedo, por atoparse como xa dixemos case que no mesmo linde.
O CASTRO DE MATALOBOS: atópase nesta parroquia á esquerda da estrada dende a Vila a Santiago, (a uns 3 metros da Estrada), nun monte entre Matalobos e Toedo; por iso algúns lle chaman Castro de Toedo sen pertencer a aquela parroquia; trátase dun pequeno recinto ovalado cun eixe maior de 77 metros e o máis pequeno de 44, irregular no perímetro.
As fortificacións redúcense a noiros laterais e un foxo que rodea todo o castro. A entrada atópase no SL e estaba moi ben defendida por construcións achegadas que tamén debía protexer un camiño que levaba ao recinto central; que sen dúbida debeu de ser amurallado tamen.
Dinos Bouza Brey ("Castros de la comarca de La Estrada") que "Después de varias exploraciones infructuosas, hemos llegado a encontrar una casa de planta circular y que no ha podido ser excavada del todo, siendo sus características semejantes a las reseñadas en otros castros.
Hallazgos: Un trozo de molino de mano con una cara plana. Una piedra puiimentada por una cara, posiblemente pieza de un molino como la anterior. Una piedra pulimentada para afilar. Cerámica muy gruesa y muy tosca de fabricación. Varios trozos de cerámica rotos de antiguo, entre los que se encuentran fondos y bordes... trozos de tiestos en fragmentos muy pequeños. Un trozo de borde decorado. Toda la cerámica de este castro es de gran pobreza. No apareció ningún metal.
En el parlamento exterior de la iglesia de Matalobos hemos descubierto un ara romana de la que solo se lee el nombre del dedicante y que en breve publicaremos".
Achados deste Castro están clasificados no traballo de J. Rey Castiñeira e M. Rodríguez Calviño "Novas imaxes da arqueoloxía castrexa estradense a través das coleccións Bouza Brey e Fraguas Fraguas do Museo do Pobo Galego" (Misc. hca. e cult. nº4).
PAISAXES: ten fermosísimas vistas Matalobos, para iso temos que subir ao castro, ir ao alto da Cruz ou ao monte que mira cara á Santo André de Vea, verdadeiro balcón, altísima atalaia que vixía o fermoso val dos Veas.
MÁMOAS: estamos nunha parroquia con lembranzas ancestrais, falaremos diso cando vexamos ao remate a toponimia menor.
Ao sur da parroquia atópase (en parte) un verdadeiro cemiterio daqueles tempos; indo pola pista dende a igrexa ao alto da Cruz óllase a metade dunha mámoa preto da chamada fonte da Pega; a outra metade destruírona nun rebaixe do terreo; seguindo máis cara ao sur atópase o "campo das saíñas" (¿das Santiñas?), onde se coida que houbo mámoas, e xa á esquerda desta pista, na Cruz de Guendos preto do cruce coa estrada a Pontevedra (á man esquerda) onde unha fábrica de formigón se atopa unha mámoa aínda en pé.
No Alto da Cruz ao leste da estrada que deixamos nomeada a Pontevedra hai unhas mámoas onde se chaman o "campo das Tombas", nome que xa de por si di todo.
PEDRAS: as máis importantes pedras que aínda quedan en pé son os cruceiros, tivo que habelos no Alto da Cruz, na Cruz de Guendos e outros que desapareceron.
Vexamos estes cruceiros:
1 situación: parroquia de Matalobos, fronte á entrada ao adro da súa igrexa
Descrición: plataforma: de tres chanzos cadrados. Pedestal: cadrado con bordes posteriores biselados. Columna: octogonal, comeza e remata de sección cadrada. Capitel: tronco de pirámide cuadrangular invertida en varios planos. Cruz: traza latina, fáltanlle a parte superior, de sección cadrada. Lisa. Anverso, Cristo crucificado con testa inclinada á dereita; reverso, Virxe das Angustias. Altura: uns tres metros.
Inscricións: non ten
Conservación: boa. Sufriu un importante accidente dun vehículo e foi restaurado.
Tradición: a cruz apareceu no adro da igrexa durante unha escavación e con ela formou un cruceiro o actual párroco. Semella unha cruz moi antiga.
Propiedade: pública
2 Situación: parroquia de Matalobos, lugar de Guendos, á beira dunha pista.
Descrición: plataforma: non a ten. Pedestal: cúbico de pedra basta. Columna: octogonal lisa, octogonal, sen figuras. Altura: uns dous metros.
Inscricións: non ten
Conservación: abandonado
Tradición: formaba parte dun vía crucis dende este lugar deica a igrexa parroquial, que viña do Alto da Cruz, de aí o seu nome.
Propiedade: pública
Cruceiro: hai unha cruz do antigo viacrucis que se prevé chegaba ao denominado "Alto da Cruz” e que hoxe en día está á dereita da igrexa.
Existe unha importante pía bautismal románica a carón da igrexa.
LENDAS: lendas do Castro. Din os veciños que este castro era dos mouros e había nel unha trabe de ouro e outra de alcatrán cara ao monte da Loba e non se atreven a cavar buscando a de ouro por ter medo a atoparse coa de alcatrán, para morrer abrasados.
Achegada ao castro polo SL xa abaixo nas leiras hai un anaco que din as xentes que peta a foco e debíase facer unha escavación xa que poida que se atopase un tesouro (persoalmente petei ben forte no sitio e o feitizo do encanto faime desconfiar...).
Damos testemuña do seguinte caso. Despois de feita a concentración parcelaria na parroquia algúns veciños arranxaban as parcelas que lles adxudicaron, para melloralas. Moi preto do Castro no SO e preto dunha pista, traballando unha pa mecánica arrincou tres longas e delgadas, ou sexa laxes, e dúas delas estaban chantadas.
Na fonte das meigas, preto do Alto da Cruz, segundo a xente aparecíase naqueles tempos unha galiña con pitos de ouro á que lle tiñan medo.
Ao oeste do castro da parroquia atópanse algunhas fontes, unha delas é a chamada fonte de Santa Eulalia, denominada tamén, as "Fontes das Meigas", porque ían lavarse alí as meigas a noite do 24 de xuño (San Xoán); bebían na fonte ou onde atopasen auga pola beira. Pois nunha ocasión os mozos da aldea fóronlle pedir ao cura que lles prestase a estola, para que lles servise de protección xa que as meigas atacaban os visitantes con rastrelos, rastrelábanos ata deixalos por mortos... os mozos foron coa estola e viron as meigas que non lles puideron atacar, aínda que comprobaron que a maioría eran as nais das súas mozas.
Se lles botaban unha moeda na auga da fonte entón maldicíana e non se podía beber ¿non te lavas comadre?
HISTORIA: segundo Jerónimo del Hoyo en 1607:
"Santa Baia o Eulalia de Matalobos (cabeza). Hay en esta feligresía de Santa Baia veintidós feligreses. Los fructos se hacen tres partes, las dos y un desmero y el iglesario lleva (fol.456r) la cura que valdrán con el anexo San Salvador de Baloira, treinta cargas de todo pan y la tercera el Collegio Maior de Santiago. Presentación del Priorato de Sar. La fábrica tiene de renta un ferrado de centeno y medio trigo".
Catastro de Ensenada: remitímoslle ao capítulo dedicado a este catastro, atopándose esta parroquia coas da Xurisdición de Vea á que pertencía cando se fixo nos anos 1 747-50.
Pascual Madoz: no seu dicionario (1846-50) recolle: "Matalobos (Santa Eulalia). Feligresía de la provincia de Pontevedra (6 leg) partido judicial de Tabeirós (1/4) diócesis de Santiago (1) ayuntamiento de La Estrada (1/4), situada en la eminencia de un cerro que se deriva del monte de la Cruz en dirección de S. a N. la combaten los vientos de N. a NO. Y el clima aunque frío es bastante saludable pues no se padecen otras enfermedades comunes que pulmonías y reumas. Se componen de los lugares de Brea, Puente Piñeiro, Iglesia, Graña,Moldes, Matalobos, Quentos, Río de Sapos, Rosendes y Rú, que reúnen 61 casas. Escuela de primeras letras frecuentada por 20 niños de ambos sexos, distintas fuentes en la población y en el término cuyas aguas ligeras y saludables sirven para beber y otros usos... La iglesia parroquial de Santa Eulalia está servida por un cura de provisión ordinario en concurso.
Confina el termino M. Baloira, E. Toedo y Figueroa, S. Ouzande y Arcos y O. Bea, extendiéndose cuarta de lengua de N. a S. y de E. a O. El terreno es gredoso y de inferior calidad produce: maíz, centeno, patatas, nabos, lino y pastos, cría ganado vacuno, lanar de cerda y cabrío y hay caza de liebres, conejos y perdices. Industria: la agricultura y telares de lienzos y lana para uso ordinario.
Población: 61 vecinos, 250 almas"
Nomenclátor Arz. de Santíago: atópase na parroquia de Toedo da que é filial. No censo do ano 1924 tiña 370 habitantes.
Álvarez Limeses, ano 1936 escribe:
"Dista 42 kilómetros de Pontevedra y 4 de La Estrada, limita: al N. con Vea (San julián) y Baloira, al S. con Ouzande y Arcos de Furcos, al E. con Toedo y La Estrada y al O. con Vea (San Andrés)
Entidades: Brea con 60 habitantes, Graña 26, Iglesia 38, Matalobos 121, Moldes 72, Río dos Sapos 11 y diseminados 42 que hacen un total de 370 habitantes para los que hay una escuela mixta servida por maestro. Sus montes principales tienen las mismas denominaciones que la parroquia y la riegan los arroyos Rodeiro y Río dos Sapos, la cruzan las carreteras de La Estrada a Pontevedra y de La Estrada A Santiago. Hay en ella dos molinos y varios telares.
La iglesia fue construída en 1595 y sus fiestas principales son las de Santa Eulalia, San Benito, San Eleuterio, el Rosario y Nuestra Señora de los Milagros. Esta parroquia era tributaria para la fundación del Colegio Mayor de Fonseca según la Bula de Clemente VII de 25 de Marzo de 1521. En los libros parroquiales se hallan inscritos los nombres de 22 vecinos de la parroquia (hombres, mujeres y niños) que fueron muertos por los franceses en 1809 por actos de decidida independencia por entonces realizados".
IGREXA PARROQUIAL DE MATALOBOS: Na fachada ten unha porta alintelada cercada de molduras e sobre dela fornacina con cruz no centro, óculo e remate central en campanario de tres corpos, cadrados, octogonal e cúpula. Ten pilastras enmarcado a fachada e rematan en pináculos. Ten ademais decoración de placas recortadas baixo o campanario.
No lateral dereito porta con arco de medio punto de grandes dovelas e con molduras no lateral esquerdo. Sancristía que se prolongan exteriormente ata a metade da nave en dúas augas. Ábsida moderna de cemento, a base antiga cadrada e de maior altura cá nave e tamén máis estreita, cuberta a dúas augas.
Dise que foi construída en 1595. Antes había unha capela dedicada a San Bieito e Santa Eulalia no chamado Chan dos Cruceiros.
En 1590 Pedro das Xeixas fixo unha cruz de prata para a igrexa que estaba "recén construída"
"En 1797 la Universidad repartió 11 mil reales para reparar varias iglesias entre éllas la de Matalobos de la que percibía diezmos ya que era tributaria del Colegio de Fonseca según Bula de Clemente VII de 25 de Marzo de 1521".
Capelas: "Hubo aquí dos capillas dedicadas a San Benito y Santa Baia en un campo llamado de los Cruceros. Litinio, rico pescador, hizo profesión de obediencia y pobreza para arrepentirse y legó a la iglesia de Santa María de Paradela la mitad de la iglesia de Santa Eulalia que había heredado de su abuelo Eulalio. Entabláronle pleito que se vio en Santiago ante un concilio presidido por el obispo D: Hermenigildo, mas los jueces dieron la sentencia a favor de Letinio el cual como obsequio dio al prelado un caballo baio apreciado en el valor de 6 bueyes y una esquila a campanilla de plata de doce sueldos. Todo lo consignó el Prelado en la era CMLXXXV el 7 de agosto de 974".
Inscrícíóns das campás da igrexa: campá grande: J.H.S MARÍA
Y JOSÉ AÑO 1945 FUNDIDA POR JOSÉ LISTE EN ORAZO.
Campá pequena: J.H.S MARÍA Y JOSÉ AÑO 1904 FABRICADA POR OCAMPO EN ARCOS DE LA CONDESA.
Probablemente tivo ábsida románica, destruída por perigo de derrube. Fíxose anexa a Casa da Fábrica, que hoxe constitúe unha capela. Estase restaurando o retablo.
Amplíase o cemiterio con 2 fileiras de panteóns. Puxéronlles baldosa enriba das lousas en toda a nave.
Hai unha reitoral nova en bo uso.
CASAS SOLAREGAS: no lugar de Rosendes aínda pode verse unha casa antiga, modificada, aínda que coas mesmas paredes en gran parte que pertenceu aos Valenzuela (un deles era coengo), que ten unha fermosísima vista panorámica.
OUTROS DATOS: Dinos Pedro Varela "Los datos que tenemos para juzgar de la antigüedad de la feligresía son el saber que dependió del Monasterio de San Juan de Cova...; y la Bula de Clemente VII fecha 25 de Marzo de 1521, librada para la fundación del Colegio Mayor de Fonseca en la que aparece como tributaria dicha feligresía."
Fálanos Bouza Brey dunha ara atopada nesta parroquia, que non se sabe dela, aínda que o párroco de Matalobos (Ricardo Villaverde) nos di que a ara dicía: PAIIII PAULUS-SEVE -severus RUS V.L:AVoto Libet Animo Solvi. "Un ara inédita en Matalobos" BRAG.1944.
Son dignos de subliñar a gran matanza feita polos franceses nesta parroquia: segundo Pedro Varela, p. 179. "Sufrió la parroquia de Matalobos de un modo enorme los horrores de la invasión Francesa, a principio del siglo pasado. En los libros de defunciones del archivo parroquial se leen las siguientes: el 5 de marzo de 1809 la de Andrés Rosende. Acribillado a balazos; el mismo día la de Francisco y Juan Sueiro. Gregorio Sueiro, Bonifacio Carbia, Jacobo Rivas, Juan Balado, Domingo Antonio Diéguez, Alonso Chedas, Jacobo Da Ponte y su hijo de 14 años Juan da Ponte; Francisco de Neira, Domingo de Carbia, Valentín Carbia, Jacobo de Chedas, Francisco de Souto, Leandro de Souto, Diego de Graña y María Collazo; el día 11 del mismo mes y año se inscribió la defunción de Sinforosa de Chedas; y el día 14 siguiente la de San Francisco de Souto, todas víctimas de las balas enemigas. En 9 de abril de 1809 también fue muerto por los franceses el presbítero D. Francisco Rivas.
...limitémonos a consignar que el citado 5 de marzo de 1809, fue tal la carnicería en Matalobos decía el párroco ;/por no caber los cadáveres dentro de la iglesia hubo necesidad de enterrar fuera de dos desconocidos que se cree eran de Tabeirós.
Cuéntase de los franceses al pasar por la cruz (Alto da Cruz) camino de Cuntis, colocaron su bandera en un alto, pero los de Matalobos la sustituyeron enseguida por la nuestra: hecho que dio origen a los sucesos sangrientos de los que se hizo mención; aquellas pobres gentes sintieron bullir en sus pechos el amor patrio, pero por carecer completamente de armas fueron asesinados sin defensa".
FESTAS: teñen de patroa a Santa Baia o día 10 de decembro. San Bieito o domingo seguinte, o día 10 de xullo, e A Milagrosa o primeiro domingo de agosto.
Celebrábase festa en decembro a Santo Antón e San Roque e a Inmaculada, xuntos coa de Santa Baia. A de Corpus no mes de xuño.
INDUSTRIA: Nomearemos os muíños, algúns aínda en pé. Hai dous chamados de Agroeira e outros dous en Guendos; todos no regueiro deste nome, onde teñen tamén o chamado muíño Novo de Agroeira. O da Veiguiña neste regato. Non hai outras industrias.
Na actualidade experimentou a implantación de moitas industrias, pola súa proximidade á vila e a comunicación coa N-640, así contabilizamos: 4 fábricas de mobles, 4 talleres mecánicos, 2 empresas de material de construción„ 1 serradoiro de pedra, 1 secadoiro de bacallau, 1 fábrica de abonos orgánicos, 1 planta de cemento, 1 fábrica téxtil, 1 almacén de froita, 1 almacén de bebidas,
1 almacén de viños, 1 almacén de atraccións,l torno de madeira, 1 colexio.
O ENSINO: os mozos e nenos da parroquia desprázanse ao CEIP de Figueroa alí preto da parroquia. (non teñen escola de prescolar). Na vila teñen tamén os institutos de Formación Profesional e mais o de Bacharelato, en terreos de Figueroa e da Estrada lindantes xa cos de Matalobos.
No lugar de Carballo, tamén chamado tradicionalmente "A Boca da Morte", construíuse un gran centro de educación privado concertado: Nosa Señora de Lourdes, con modernas instalacións deportivas, onde se imparte ensino medio.
DEPORTES: o principal deporte que se pode practicar na aldea é o de caza nas terras a monte do SO. Noutros tempos tiñan troitas os regatos que nomeamos.
Están pegados á zona deportiva da Estrada, polo que teñen grandes posibilidades. Hai un campo de moto-cross na Granxa con grande afluencia de deportistas, incluso fan acampadas.
Dende os aspectos de SANIDADE, VIVENDA, ECONOMÍA etc... a parroquia pola súa situación xeográfica tan preto do capital do concello e por ter feita a concentración das súas terras (incluíndo montes) atópase con adiantos das demais que comparten esas circunstancias.
COMERCIO: 4 bares, 1 restaurante, 1 club nocturno, 1 club deportivo, 1 perruquería.
CENTROS CULTURAIS: as antigas escolas están restauradas e serven para reunións veciñais, ensaia alí a Banda de Música Cultural,
o Galisec Fútbol Sala, Automóbil Club da Estrada e imparten información.
TOPONIMIA MENOR: con seguridade que esta parroquia é unha das que ten maior cantidade de nomes dignos de lembrarse. Ten nin mais ni menos que 16 nomes de Outeiros, que son: da Fonte de Cabada, de Barreiras, do Río dos Mosqueiros, das Santas, da Bertal, Maior, en Río de Sapos e tamén outeiro Maior preto de Matalobos, lugar Tras Outeiro, dos Muíños de Xendos, das Pedras, dos Penedos, das Barreiras, dos Cruceiros, do Monte da Cova, da Canteira de Paramá e dos Piñeiros.
Outros chamadeiros tamén teñen moito interese: Igrexa, Agro, Castros; os Castriños, Su Castro, Outeiro dos Cruceiros, Chan dos Cruceiros, As Lonxas (¿Laxes?), Castro Fidalgo, Os Castros, Cruz de Xendos, Cotiño, Eira dos Mouros, Cruz de Sandelle (tiña un cruceiro que roubaron), Devesa (marco con R de plantación real), Fonte das Meigas (lenda de galiña con pitos de ouro), Alto da Cruz, Cerrada da Cruz, As Saíñas (¿santiñas?), Citiño, Campo de San Bieito... Campo das Tombas, que nos fai lembrar ese verdadeiro campo cemiterio no sur da parroquia cunhas cantas mámoas. Os topónimos Cruz, ou Cruceiro, se agora non o hai, tivérona verdadeiramente; é ese Chan dos Cruceiros onde din que estivo a primeira capela da parroquia.
Con respecto ao topónimo Brea, fai referencia a unha antiga ruta de posta ou camiño, tal e como reflicte F. Cabeza Quiles en "Sobre o topónimo Brea" (Misc. hca. e cult. nºS).
PLANTÍOS REAIS: e unha mágoa que a páxina do Catastro de Ensenada correspondente a estas plantacións se atope case que ilexible e rota en gran parte. Só podemos ler:
"Dehesa Real: Una en la aldea del... talobos. Cavida quarent..."
VIVEIRO: En dicha aldea uno, cavida ferrado y medio."
RURALCENTRO: situado no local social en Río de Sapos, dá acceso libre a Internet a moitos veciños/as por medio do programa " aestradadixital".
TELEFONÍA: por cable.
* A Estrada rural.1990 Ed.. 2007.

Matalobos (1923)
Pedro Varela
Nas estribacións do monte da Cruz, a uns tres quilómetros da Estrada, está situada a parroquia de Matalobos que consta de 68 cabezas de familia e 329 habitantes distribuídos en aldeas.
Os datos de que dispomos para xulgar da antigüidade da freguesía son os seguintes: sabemos que dependeu do mosteiro de San Xoán da Cova, destruído o 18 de febreiro de 1571; e a bula de Clemente VII, con data de 25 de marzo de 1521, librada para a fundación do Colexio Maior de Fonseca, na que aparece como tributaria dita freguesía.
Debido ao moito monte que había, e aínda hai na localidade, abundaban os lobos por alí e con frecuencia os paisanos organizaban batidas para matalos; de aí a denominación da parroquia.
Lugares: Igrexa, Santa Baia, Matalobos, Fonte Piñeira, Rúa, Rosendes, Moldes, Guendos, A Brea, Río dos Sapos e A Graña.
Esculcando sobre o significado dos nomes máis raros destes lugares, sácase a consecuencia de que Fonte Piñeira é o mesmo que “fonte do piñeiro”, é dicir, unha fonte que alí hai, á beira da cal arraigaba un piñeiro corpulento; Rúa vén de terse fundado o casarío á beira da vía ou camiño real antigo; Rosendes ten a mesma denominación que o apelido dos fundadores, sendo de advertir que o tal apelido abunda moito na localidade; Guendos, na antigüidade sería gandos; Breapode vir da resina dos moitos piñeiros que houbo en Matalobos, tamén significa esa palabra “lenzo moi basto” e, nalgunhas localidades da rexión, brea é o mesmo que “malleira” e brear, o mesmo que zoscar, é dicir, “maltratar de obra”. Brea en celta significa “vestido fermoso”, pero coidamos como máis axeitado ao caso o significado de “verea”, vocábulo que ten orixe ibérica ou céltica, pois precisamente polo lugar había unha gran vía que está desaparecendo. Graña, antes greña,“maleza”, que non é difícil que abundase por alí.
Lindeiros: norte, Toedo e San Xiao de Vea; sur, Arcos de Furcos; leste, A Estrada e Toedo; e oeste, San Andrés e San Xiao de Vea, e Portela.
Vías de comunicación: a vía da Estrada a Cuntis, camiños veciñais antigos, a ponte do Río dos Sapos e o pontillón da Graña. O proxecto do Ferrocarril Central comprende a parroquia que nos ocupa; tamén está en proxecto un vial da Estrada á igrexa de Matalobos.
Corren polos termos da parroquia dous regatos: o mencionado Río dos Sapos e o da Graña.
O ensino primario consiste nunha Escola Nacional servida por un mestre. Aqueles labradores teñen unha asociación agraria con seguro de gandos.
No eclesiástico: patroa, Santa Baia; curato de presentación alternativa entre a Coroa e o Marqués de Santa Cruz; é de entrada e ten por anexo Toedo. Na antigüidade tivo por filial á do Divino Salvador de Baloira. A igrexa foi edificada no ano 1595; antes había soamente unha capela adicada a San Bieito e Santa Baia, situada no campo chamado dos Cruceiros.
Festas anuais: a patroa, o 10 de decembro; San Bieito, o domingo seguinte ao 11 de xullo; San Eleuterio, o domingo de Pascua do Espírito Santo; o Rosario no segundo de outubro; e outras menos sonadas.
Sufriu a parroquia de Matalobos dun modo enorme os horrores da invasión francesa, a principios do século pasado. Nos libros de defuncións do arquivo parroquial pode lerse o seguinte: o 5 de marzo de 1809, a de Andrés Rosende, esburatado a balazos; o mesmo día as de Francisco e Juan Sueiro, Gregorio Sueiro, Bonifacio Carbia, Jacobo Rivas, Juan Balado, Domingo Antonio Diéguez, Alonso Chedas, Jacobo da Ponte e o seu fillo de 14 anos Juan da Ponte; Francisco de Neira, Domingo de Carbia, Valentín Carbia, Jacobo de Chedas, Francisco de Souto, Leandro de Souto, Diego de Graña e María Collazo; o día 11 do mesmo mes e ano inscribiuse a defunción de Sinforosa de Chedas; e o día 14 a de Francisco de Souto; todos vítimas das balas inimigas. O 9 de abril de 1809 tamén foi asasinado polos franceses o presbítero D. Francisco Rivas.
Sobran os comentarios para esta páxina horrenda de sangue e sacrificio; limitémonos a sinalar que o citado día 5 de marzo de 1809, foi tal a carnizaría en Matalobos que, segundo deixou escrito o párroco daquela data, «por non caber os cadáveres dentro da igrexa houbo necesidade de enterrar fóra os de dous descoñecidos que se pensa que eran de Tabeirós».
Cóntase que os franceses, ao pasar pola Cruz, camiño de Cuntis, colocaron a súa bandeira nun alto, pero os de Matalobos substituírona decontado pola nosa; feito que deu orixe aos sucesos sanguentos de que se fixo mención. Aquelas pobres xentes sentiron rebulir nos seus peitos o amor patrio; pero, por carecer completamente de armas, foron asasinados sen defensa.
En termos do lugar de Santa Baia hai un castro ou campamento antigo que non ofrece ningunha singularidade. No mesmo lugar distínguese a casa de Valenzuela, á beira da cal arraiga un carballo secular de enormes dimensións.
Dominaban pola parroquia, cos seus foros, os señoríos de Sangro e do Preguecido.
*Pedro Varela, A Estrada, 1923