O Pazo da Monta
José M. Bértolo Ballesteros e Luís Ferro Pego
A “casa de A Mota” no lugar de A Mota na parroquia de San Martiño de Riobó tamén se lle chama dos Oteros porque os seus donos levaban este apelido. Sen embargo os seus ascendentes a mediados do século XVII chamábanse Simón Armas e Xoana de Castro. Foi una neta deles chamada Cristina Pesqueiras Armas quen casou en Riobó o 5 de febreiro de 1708 co primeiro dos Otero, chamado Domingo Otero García, fillo de Domingo e de Catarina, natural de Arnois.
Un dos seus fillos chamado Xoán Otero Pesqueiras, bautizado en 1716, foi o mordomo do marqués de Santa Cruz e en 1764 procurador xeral da xurisdición de Tabeirós “electo e aclamado polos seus vasallos”. Xoán casara en 1734 con Ma Antía de la Fuente Piñeiro, veciña de Barbude.
O seu neto Vicente Otero Pazos (1764-1822), foi xuíz en Tabeirós e casou con María Maquieira, veciña de Pontevedra, pero vivían normalmente en Ribeira. Tiveron cinco fillos, dos que convén destacar a Eduardo e a Manuel. Manuel Otero, nacido en 1808, tivo unha vida moi axitada seguindo o mesmo curso que a política nacional, sendo apoiado ou defenestrado segundo estivesen no poder as forzas progresistas ou conservadoras. Foi avogado e en 1833 foi nomeado alcalde de A Estrada e, ao comezo da guerra carlista, “organizou a Garda Nacional de Tabeirós, informouna e pagou á súa costa aos espías para saber os movementos daquel infame (Gorostidi) a cuxas determinacións foi vítima el con oito dos seus secuaces, e que de non ter sido isto teríase comprometido a sorte de Galicia”.
En represalia o pazo de A Mota foi asaltado dúas veces, e na segunda ocasión a facción mandada por López, como non puido coller a Manuel, colleu a seu irmán Eduardo e a seu cuñado Gonzalo Arén “sendo arrancados da cama o 7 de abril de 1836 e conducidos ambas vítimas, descalzos e en camisa ata o pobo de A Estrada, onde foron sacrificados con bárbaro furor, facendo presenciar esta escena sanguenta á esposa do primeiro”, Ramona Arén Seoane, natural de Folgoso (Forcarei). Manuel andou sete anos tras eles e consta de ter recibido tres balazos. Colleunos en Soutelo de Montes. Logo participou no proceso xudicial e ao parecer buscando testemuñas falsas, entre
elas a Manuel Gómez, dono do pazo de Xerliz. En 1869 acndin aos baños en Cuntis, pois dicía que padecía do fígado a causa das molladuras que soportou durante os anos de persecución dos rebeldes carlistas.
En 1840 foi elixido deputado en Cortes e logo foi xuíz en Pontevedra en 1856 e de novo en 1868 pasando a Coruña, Albacete e Oviedo ata 1875 en que foi cesado.
A súa cuñada Ramona Arén casou en 1841 con Ramón Otero Estévez, de Breixa, con quen Manuel disputou polos bens que
quedaron do seu irmán Eduardo e dos que Ramona era nsnfriitnaria. Logo Manuel por problemas económicos tivo que malvender o pazo en 15.000 pts., “cando valía o dobre”, pasando pois a propiedade a Ramón, que tamén se chamaba Otero, pero que en realidade xa se trata dunha familia distinta. Ramón, dono dunha fábrica de papel que estaba preto da torre de A Barreira, tamén chegou a alcalde de A Estrada durante o año 1842. Tivo varios fillos ilexítimos. De Xoana García Centeno, natural de Santiago de Breixa , tivo a:
1.- Concepción Otero García, casada con Antonio Sanxurxo Badía, industrial, quen fundou unha importante industria metalúrxica en Vigo, así como a primeira liña de autobuses entre Santiago e A Coruña .
2.- Gumersindo Otero Garcia, (1848-1914), que casou en Riobó en 1871 coa súa prima Dolores García Espinosa, natural de San Cosmede de Cusanca ( Irixo). Foi alcalde, deputado, presidente da Deputación de Pontevedra e gobernador civil de Ourense. Gumersindo e Dores tiveron catorce fillos, todos nacidos no pazo de A Mota, de aí que esta familia xunto cos seus primos descendentes de Concepción Otero e Antonio Sanxurxo Badía fixeron unha primeira peregrinación a Santiago no ano 1923, e que aínda agora seguen a facer os seus numerosos descendentes.4Sucedeulles Gonzalo Xoán Faustino Otero (1886-1954), avogado, que casou con Mercedes Llamas del Corral, (Lugo 1885-1977). Deste matrimonio quedou unha filla María Mercedes Otero Llamas, (Compostela, 1922-2002) que casou con Saturio de la Calle Sáenz, ( 1909-1986), fillo dos propietarios dun comercio de telas, se ben seu pai chegou a ocupar o cargo de oficial do xulgado e xuíz de paz suplente.
D. Saturio foi doutor en medicina e cirurxía e fundou xunto a seu irmán Manuel o sanatorio Nosa Señora do Carme que foi inaugurado o 16 de xullo de 1944.
Os seus seis fillos levan agora o apelido De la Calle Otero, variando pois o apelido dos posesores do pazo. Nos últimos tempos a familia
De la Calle celebrou grandes acontecementos familiares como vodas e bautizos na capela do pazo.
* Capicúa. 20-06-1912
php.Element.Def.Pdf_Fallback