Nigoi
Clara Iglesias Cortizo
- BUSTELO: é o diminutivo de busto, substantivo que antigamente pertencía ao léxico común, cuxo significado era “lugar para gardar as vacas” e tamén, por extensión, “lugar de pastos, normalmente en zonas altas”. Segundo afirma Gonzalo Navaza, busto e bustelo apareceron na Alta Idade Media como denominación das granxas ao cargo dunha familia de servos que coidaba os rabaños dun señor e foron palabras de uso moi común, recollidas en moitos documentos. De feito, deixaron grande pegada na toponimia. Na actualidade, o substantivo busto (e os seus derivados, como bustelo) está case completamente extinto, aínda que Elixio Rivas o recolle no galego de Asturias con ese mesmo significado “lugar para estabulación do gando”. En canto á etimoloxía, J. Moralejo opina que deriva do lexema proto-céltico *bou-st-om, “estancia para vacas”, derivado á súa vez do indoeuropeo *gwow, “vaca”.
- NIGOI: son abundantes na nosa toponimia os nomes rematados en –oi, que adoitan interpretarse como topónimos de posesor de orixe xermánica; mais, a identificación da verdadeira procedencia do elemento –oi é moi problemática. Segundo a Enciclopedia Lingüística Hispánica, esta terminación pode explicarse de tres maneiras distintas: un sufixo -oi de orixe xermánica; a evolución dunha terminación latina en xenitivo –ONI; ou ben, un sufixo prerromano. Non podemos aportar máis información a respecto deste topónimo, nin no que respecta ao sufixo nin á base léxica. Considerarémolo, a falta doutra explicación concluínte , como un topónimo de posesor de orixe xermánica.
- A CARBALLEIRA: deriva do lexema prerromano karb-, “pedra”, que acabou por substituír a denominación latina para as árbores que agora coñecemos como carballos. Leva engadido o sufixo –eira, que é locativo e abundancial, cun significado transparente, “bosque poboado de carballos”.
- COSTENLA: topónimo formado polo substantivo costa + o sufixo diminutivo enla. A palabra costa procede do latín COSTAM, “costela, costado ou lado”. Deste significado inicial derivou ao actual “terreo en pendente”. En canto ao sufixo, provén do diminutivo latino –ELLA, que deu, segundo a área dialectal, ben –ela, ben –enla.
- ESCARÍS: deriva do sintagma VILLAM ASCARICI, xenitivo do antropónimo xermánico Ascaricus. Este nome está na base de varios topónimos galegos, Ascariz, Ascarís, Escariz, Escarís. A terminación en –iz ou –is depende da zona xeográfica, segundo presente ou non seseo. Neste caso correspóndese coa solución tradicional da zona a que pertence, posto que a parroquia de Nigoi se encontra en área de seseo parcial ou implosivo, que afecta á posición final de sílaba (des, rapas).
- PARAFITA: deriva de PETRAM FICTAM, “pedra fincada”. Alude a unha pedra cravada no chan. É unha variante do vocábulo pedrafita que pertence ao léxico común e que se corresponde co termo bretón menhir. No noso país foron moi abundantes as pedrafitas, quizais símbolos fálicos relacionados co culto á fertilidade. Dise que centos delas foron destruídas pola Igrexa para evitar que as xentes seguisen a depositarlles ofrendas. Parece evidente que o topónimo indica que neste lugar existiu nalgún tempo unha destas pedras prehistóricas, aínda que non temos constancia diso; o que si se sabe, segundo informa Reimóndez Portela, é que no lugar de Parafita existiu máis de media ducia de mámoas, hoxe destruídas, “pois a incultura e a falta de sensibilidade da xente responsable consentiu que se destruísen todas coa finalidade de mellorar o terreo para labramio”.
- O PAZO: do latín PALATIUM. É un substantivo que designa as antigas casas señoriais pertencentes aos nobres e fidalgos. Este topónimo está moi estendido ao longo do noso país (tamén coa súa variante Pacios, que aparece na zona oriental das provincias de Lugo e Ourense).
- A SILVA: deriva do latín SILVAM, “selva, bosque, maleza”. No paso do latín ao galego esta palabra sufriu un cambio semántico e pasou a designar “arbusto silvestre da familia das rosáceas cos talos cubertos de espiñas, que ten como froito a amora e adoita nacer nas beiras dos camiños e en terreos abandonados”. Seguramente, o significado da palabra silva na toponimia non se corresponde co actual, senón co orixinario en latín: “lugar boscoso”.
Os nomes da Estrada; ed. Fervenza, 2018
Nigoi (Santa María)
Manuel Reimóndez Portela
Por este nome é coñecida por todos desde tempos que se perden no recordo.
Nigoi é unha parroquia que pertence á zona chamada de Tabeirós con outras moitas parroquias, Parada, A Estrada, Tabeirós, Guimarei, Ouzande, A Somoza, Callobre, Lagartóns, Cereixo e Vinseiro.
LINDES: linda a parroquia coa de Tabeirós ao N, polo sur con Arca, polo leste coa parroquia da Somoza.
No que atinxe ao seu nome correspóndelle o número 28 seguindo a orde alfabética
En canto á súa superficie, cunha extensión de 480 hectáreas, ocupa o número 24 ante as demais parroquias. Ten 344 habitantes de feito. Actualmente ten un total de 251.
COMUNICACIÓNS: a principal estrada que pasa pola parroquia é a PO-841, ou sexa a chamada de Santiago-Vilapouca pasando pola Estrada que cruza de norte a sur, dividíndoa en dúas partes.
Fíxose a mediados dos 90 unha nova estrada con tres carrís, o que fai que estea moi ben comunicada.
Os anacos da estrada vella, que fan de comunicación entre os veciños, facilitaron a construción de espazos axardinados, o que impulsa o carácter turístico desta parroquia.
Feita hai poucos anos a concentración parcelaria na parroquia dotou de pistas a cada un dos lugares e saídas a parroquias coas que linda. Ten ademais por suposto camiños de carro para achegarse a leiras e montes.
O chamado Camiño Real achegábase á parroquia polo sur, na Revolta da Xesteira, seguindo por Barreira ao lugar da Carballeira e á ponte de Baeiros, onde deixaban esta freguesía pasando á de Tabeirós por Baeiros camiño da Estrada e Ponte Vea a Santiago.
HIDROGRAFÍA: non ten ríos ou regueiros grandes aínda que si algúns pequenos, que son o regueiro chamado aquí de Revoltón, que nace entre Revolóns e a fonte das Perdices, pasa por Maceirón (onde ten unha ponte) e vai ao de Baeiros onda o igrexario seguindo a Braña uníndose ao Liñares. O regato de Zon que vén de Parada pola Presa de Leira dividindo esta parroquia de Parada. O de Baeiros nace en Xatón, pasando por Mundín e o igrexario, onde toma o nome de río da Braña para ir verter alí preto ao Liñares.
O Regueiro de Soutiño pasa polas Cortes, Devesa, e Carballeira ata ao Liñares. En Escariz teñen os Dous Muíños, son dous regatos que nacen na Espiñeira, van polo muíño de Zon e Escariz a Liñariños e Insueliña desaugando no Baeiros.
OROGRAFÍA: trátase dun terreo en pendente cara ao nacente ata os regueiros que dan comezo ao Liñares; cara á ponte vai subindo o terreo para a montaña.
CASTROS: non se atopan castros nesta parroquia aínda que si algúns topónimos, o castro Bosteiro e castro das Troitas.
PAISAXES: no monte Espiñeira, entre esta parroquia e Arcos de Furcos (Cuntis), óllase un extensísimo monte con cumes de elevacións suaves; é un verdadeiro balcón e miradoiro da maior parte das parroquias estradenses, quizais será o mellor punto para facerlle un retrato a gran parte da vila, poucas freguesías poden esconderse a el; alí temos, A Somoza, Tabeirós, Parada, Entrecastrelos co seu castro, Liripio e Ribela, Guimarei, Vinseiro, e Cereixo, Lagartóns e Curantes con San Sebastián da Cabana, Agar, Barbude e todo o val da Ulla Baixa con Remesar e Oca e Castro... escóndense Codeseda e Souto, aínda que se ollan os Montillóns...
MÁMOAS: trátase dunha parroquia que tivo moitas mámoas; ten unha no Rodo, e tivo un campo de mámoas; era onde lle chaman Os Carboeiros, preto de Parafita, onde había máis dunha media ducia delas... pois a incultura e falta de sensibilidade de xente responsable consentiu que se destruísen todas coa finalidade de "mellorar" o terreo para labradío. Foron eliminadas tamén pola concentración parcelaria.
PEDRAS: a Pedra Calabar: atópase na faldra do monte Espiñeira (de "cabalgar" ou escorregar). Serviu por séculos (e serve) a cantos andan por alí co gando para escorregar por ela, alí rompéronse moitos pantalóns e poida que saias.
Máis na cima atópase a "Pedra Longa", son en realidade varias pedras pretas unhas das outras, e unha delas máis ao sur, poida que teña uns 40 metros de lonxitude, é digna de ollarse. Máis ao norte un grupiño formado por 3 pedras moi grandes, nelas vense pías moi marcadas sobresaíndo dúas na pedra maior. Unha ten un picho; os máis vellos din que se trataba de sitios para sentar a xente.
Neste mesmo monte, máis ao norte atópase a chamada Pedra Branca, Santo Branco ou o Parapeto. Trátase dunha pena máis pequena cás antes ditas, nela levantouse un poste cuberto de cemento e caleado (por iso a chaman Pedra Branca). Din que tivo unha inscrición cunha data e din tamén que foi erguido a comezos da guerra civil de 1936 pola Falange Española para vixiar a veciñanza e mais o paso dos avións. Asentábanse no seu contorno, tropas acantoadas na Estrada.
LENDAS: no pontillón da Costa aparecíanse o demo e racháballes as zagas (saias ou refaixos) ás mulleres.
Nas Cerdeiras á noitiña notaban un ruxido e aparecíaselles o demo en forma de año, nunha ocasión que facía frío apareceu e levárono para quentalo, en canto estivo quente escapoulles, outra vez subiuse ao muíño e berraba que xordeaba á xente.
No Arnado aparecíase ás noitiñas unha galiña con pitos de ouro.
Din os desta parroquia que as mozas de Torreboredo eran meigas e os mozos paseábanas a cabalo, por unha festa as mozas foron subindo todas ao mesmo cabalo, detrás do mozo, o cabalo ía facéndose máis longo ata que chegou o intre que partiu polo medio.
Na Mámoa de Arnada cavaron moito e cando coidaron que e atoparían un tesouro sentiron un forte ruxido e fuxiron co medo.
É moi soado o dito:
Entre Castro Entrecastrelo
Fonte Miñoi e Torreboredo
Hai tres mulas de ouro e un camello
Outra versión di:
Entre Castro e Castrelo
Nigoi e Torreboredo
hai cinco mulas e un camello
Un veciño de Nigoi oíu que un home descoñecido lía nun libro:
"Ao baixar do Casteliño na congostra do Gardal hai unha pedra de forma de ferradura que non se pode levantar"...
O veciño que coñecía a paraxe pregoulle ao visitante que seguise lendo, que cando comprobou que o estaban oíndo deixou de ler e foise...
Din que deixou de ler para non descubrir o tesouro que había alí; claramente existe a congostra do Gardal e vén do casteliño entrando en Escariz de Nigoi. No camiño encóntrase unha zorralleira e unhas pedras gastadas polo paso cotiá das rodeiras do carro (ollámola ben). Pois din os veciños que esas pedras non se desgastan máis axiña porque esconden un tesouro; cando cheguen a gastarse aparecerá á vista.

HISTORIA: recolle Jerómmo del Hoyo en 1607 o seguinte:
"Santa Marfa de Nigoy.
Hay esta de Santa María vente y dos feligreses. Los fructos (fol. 457 bis v.) se hacen dos partes, la una y un desmero lleva la curia que valdrá veinte cargas de pan. Presentación de la capilla de Mondragón lleva la otra y por un lugar de la mesa azgobispal, paga cuatro fanegas de pan a la dicha mesa argobispal. La fábrica tiene de renta seis celemines de pan mediado"
Catastro de Ensenada: os importantes datos deste Catastro do Marqués de la Ensenada poden atoparse no capítulo onde trata do couto de Abeiros ao que pertence a parroquia con outas moitas do concello.
Pascual Madoz, 1846-50, deixounos dito no seu dicionario:
"Nigoy (Santa María) feligresía na provincia de Pontevedra (7 leg.) partido judicial de Tabeirós, diócesis de Santiago (5) ayuntamiento de la Estrada (1). Situada en la pendiente de una colina que domina por el NO, donde la combaten principalmente los aires de N. el clima es templado y las enfermedades comunes pulmonías y catarros. Tiene 48 casas repartidas en las aldeas de Constenla, Escariz, Parafita, Pazo y Silva. La iglesia parroquial de Santa María se halla servida por un cura de entrada, patronato del Marqués de Santa Cruz. Confina el termino: N. Tabeirós, E. Parada, S. Codeseda y O. Arca. El terreno es gredoso, de mediana calidad y abundante en aguas de fuente. Los caminos son transversales y en mal estado; el correo se recibe de La Estrada por peatón. Produce, maíz, centeno, trigo, patatas, nabos, lino, muchos pastos y castañas: hai ganado vacuno, de cerda, lanar y mular, y caza de liebres, perdices y conejos. Industria, la agrícola, un molino harinero y arriería.
Población 48 habitantes,230 almas."
Polo Nomenclátor de las parroquías y personal Eclesiástíco del Arzobispado de Santiago de Compostela sabemos:
"Nigoy Sta. María-Tabeirós-Pontevedra-Estrada-Marqués Santa Cruz de Rivadulla-Estrada-98 vecinos. 493 A Estrada."
No censo do ano 1924 tiña 487 habitantes.
Di Álvarez Limeses en 1936:
"Nigoy (Santa María): Dista 45 kilómetros de Pontevedra y 5 de la Estrada y limita: N. Abeiros, S. Codeseda, E. Parada y O. con Cuntis.
Entidades: Carballeira con 88 habitantes, Constenla 60, Escariz 136, Parafita 80, Pazo 67, Silva 30 y diseminados 8 que hacen un total de 487 habitantes para los que hai una escuela mixta servida por maestro en un edificio construído por la parroquia. Su monte principal es el Espiñeira y la riegan los arroyos de Boieiros, Emtrambosrios y el río Zoo. La atraviesa por el centro la carretera de La Estrada a Codeseda.
Tiene varios molinos y telares y produce cereales, hortalizas y frutas abundantes.
Sus fiestas principais son la Asunción y Purificación de Nuestra Señora los días 15 de agosto y 2 de febrero."
IGREXA: a igrexa de Nigoi é antiga, antes de construírse esta existía unha capela a uns 40 metros, dedicada á Virxe da Piedade, cunha imaxe desta Santa na fachada da parroquial, na que se celebran misas de cando en cando, pois os veciños de Nigoi ían ás de Codeseda e aquí xuntábanse a oír misa a toque dun corno.
A freguesía xa existía no ano 1480 case que á súa beira no Agro dos Pazos parece que existiu unha aldea a xulgar por restos de cerámica atopados hai anos.
A igrexa restaurouse hai 25 anos e está en perfecto estado de conservación. Reparóuselle a bóveda.
O cura párroco é Ricardo Ramos.
Outros datos: ten portada de arco alintelado recercado de molduras acodadas, enmarcada por pilastradas capeadas que rematan en friso e sobre del fornacina con arco semicircular e pilastradas.
Ventá rectangular recercada de moldura plana e acorada, espadana central de dobre van con volutas aos dous lados. Toda a fronte está franqueada con pilastras con pináculo.
Dinos Pedro Varela que antes de construírse a actual igrexa había a uns 40 metros dela unha capela dedicada á Virxe da Piedade, na que se celebraba misa só algúns días, polo que os veciños a ían oír a Codeseda.
Houbo unha CASA NOBRE no lugar do Pazo, a casa de Cobián; cobraban rendas do marqués de Santa Cruz e mais a casa de Ballesteros de Codeseda.
FESTAS: a da patroa a Virxe María celébrase o día 15 de agosto, e ao día seguinte San Roque, ademais teñen lugar a de San Bieito o día 1 de xaneiro, o 2 de febreiro a Candelaria e o 3 San Brais... o 13 de xuño Santo Antón.
INDUSTRIA: só ten unha fábrica de prefabricados no Arnado xa pechada e non ten outras industrias a parroquia. Ten muíños coma no reguerio de Escariz o muíño de Riba, o do Medio, o de Goldar e o de Cambote. No regato de Maceirón o de Porto, o de Eladino (o do Xeneral) e o de Pichel. o de Ruzo e o do Cura preto do igrexario.
No regato de Baeiros: o de Ruzo, o do Cura, o da Cachareda, o de Felipe, o de Brea, o do Outeiro, dous na Braña e o de Vilareal.
No regueiro de Zon, o de Concheiro, o de Nodar e o de Paredes.
Actualmente ten dous talleres mecánicos.
COMERCIO: ten a parroquia tres tabernas e tres panaderías. Como transportes público ten a liña Soutelo-A Estrada e outro A Estrada-Pontevedra que pasan por ela.
CENTRO SOCIAL: o teleclub na Carballeira está útil; aínda que lle fai falta un cambio de ventás. O campo da festa atópase diante e está asfaltado.
ENSINO : ten unha escola de preescolar que xa non funciona e os demais alumnos van ao CEIP de Codeseda, e ademais ensino medio da vila.
CENTROS CULTURAIS: teñen un centro cultural cun local que se usa só para reunións parroquiais.
DEPORTES: posúen un campo de fútbol de recente construción. Pode cazarse nos montes da parroquia e pescar troitas nos regatos xa mencionados.
VIVOS E MORTOS COS MESMOS DESEXOS.
Inscrición das campás da Igrexa: grande: FUNDADA POR... SIENDO PÁRROCO D. ANDRÉS BUA EL AÑO. Pequena: FUNDADA POR I. LISTE EN ORAZO AÑO...
As datas non se ven por cadrar cara diante das campás.
SANIDADE, ECONOMÍA, VIVENDA, etc.: a sanidade recíbena da Estrada, onde vive o médico da zona e mais no centro de saúde da Seguridade Social coas súas prestacións. Mellorou moito a parroquia no económico e na vivenda así como nos servizos de luz e demais... teñen iluminación pública.
TELEFONÍA: é mixta con cable e sen el.
OUTROS DATOS: no lugar de Escariz atópase unha casa con parte das paredes e no lintel da que foi porta principal a inscrición di:
Esta la hizo José Fraga "?" Año de 1683.
Coida a dona de hoxe da casa que foi dun xuíz, sen que saiba máis.
Dinos Pedro Varela: o Arquivo parroquial data só do ano 1 728 en que era cura Carlos Ignacio Soto "El iglesiario tiene nueve héctareas de terreno, a labradío, herbal, robleda y tojal; se dice que parte de ese terreno lo logaron dos mujeres sin descendencia del lugar del Sar, hoy pertenece a Tabeirós y que antes era de Nigoy".
"En el Agro de Pazos situado a 200 metros del lugar de este nombre aparecen con frecuencia efectos de construcción y cerámica antigua: allí encontro el vecino Manuel Bergueiro García un enorme cacharro de barro y una cuchara también de barro; cuéntase que en dicho agro hubo en la antigüedad una aldea.
Cuando la invasión francesa se llevaron las tropas de Napoleón un ternero de la casa de Domingo Antonio Brea, lo condujeron hasta la Consolación en donde lo dejaron después de molerlo a sablazos.
La casa de Cápelle, hoy de Benito Porto, se considera como la más antigua de la localidad."
Di Sanmartín que no ano 1983 obrando na igrexa o director de Arte Sacro do Arcebispado descubriu unha ábsida pre-romana e pinturas que supoñen do século XVI detrás do altar maior, deteriorados.
PERSOAS SOBRANCEIRAS: Manuel Porto Verdura, nacido en Parafita na Casa de Capelle. Emigrante en Cuba, que construíu un dos edificios máis emblemáticos da vila da Estrada, a Casa do Escobeiro" na praza de Galicia, así como outros moitos. Foi promotor da "Nuevas Electra" e de ambiciosos proxectos para A Estrada na década dos anos vinte e trinta do século pasado.
Benito Sanmartín Nodar (1906-1983), infatigable e ilustrado mestre que exerceu na parroquia durante 33 anos. ("Mestres Estradenses que fixeron historia". Arca Caldas, O).
TOPONIMIA MENOR: topónimos dignos de subliñar son o Castro Bosteiros, sen que saibamos por qué leva o nome de castro, o Outeiro do Fental, a Eira das Troitas (¿por qué troitas?), a Carballeira da Majita, a Carballeira do Zon, a Eira dos Mouros, a Carballeira do Rei, Foxiño,
O Rodo (con mámoa), o Monte do Mouro e outros.
PLANTÍOS REAIS: "La Dehesa se halla en el precipitado monte de Arnado, cabida cinquenta ferrados de dehesa primera calidad L. Y M. Monte del Arnado, P. Revolta de los Castros, N. Vega de la Rigueira.
El Vivero se halla inmediato a dicha dehesa, cabida un ferrado."
TURISMO RURAL: Nigoi é unha parroquia que ten moi desenvolvido o turismo rural.
Casa do Forno. Carballeira-Nigoi.
Teléfono: 986 572 021 Fax: 986 572 021
4 habitacións dobres. Dereito a cociña. Pista de tenis.
A casa do Ignacio. Nigoi
Teléfono: 986 570 726 Fax: 986 570 726
4 habitacións dobres. Almorzos.
Leira Herminia. Nigoi
Teléfono: 986 573 200 988 3700 485
Fax: 986 573 200 988 370 485
Ten 4 habitacións dobres con baño. Opción de aluguer, casa completa. Dereito a cociña.
Casa Virxinia. Nigoi. Teléfono: 981 590 935 Fax: 981 590 935. Ten 3 habitacións dobres con baño. Opción dereito a cociña. Posibilidade de alugar a casa completa.
Casa do Arnado. Parafita, Nigoi Teléfono: 986 688 485 573 739. Fax: 986 688 485
3 habitacións dobres. Opción de almorzo e cea ou pensión completa.
A Mimoseira. O Pazo, 7Nigoi.
Teléfono: 981 598 695 629 839 426. Fax: 981 594 382.
Ten 7 habitacións dobres con baño. Opcións de pensión completa. Pista de tenis.
* A Estrada rural.1990 Ed.. 2007.

Nigoi*
Pedro Varela
Parroquia de 90 cabezas de familia e 471 habitantes, distante da Estrada uns 8 quilómetros por termo medio.
O dato más importante que coñecemos para xulgar a antigüidade desta freguesía é unha escritura do ano 1480, outorgada no Campo da Batalla de Lagartóns, por Agustín Brea, de Santa María de Nigoi e un veciño de Vinseiro.
Lugares: Constenla, O Pazo, A Carballeira, A Silva, Escarís e Parafita. Escarís, pola súa raíz vasca, significa, “húmido”, condición que non lle falta á localidade. Parafita era denominada antes Parafeita ou Parrafeita.
Lindeiros: norte, Tabeirós; sur, Codeseda e Arca; leste, Parada e oeste, monte do concello de Cuntis.
Vías de comunicación: a estrada de Vilapouca a Ponte Vea e camiños veciñais antigos. Por Nigoi debe cruzar un camiño cuxo proxecto foi aprobado polo Estado, que sae da estrada de Codeseda ao Campo, para acabar en termos da parroquia que describimos, na estrada de Vilapouca a Ponte Vea.
Funciona en Nigoi unha escola nacional atendida por unha mestra, situada nun edificio propiedade do vecindario, cómodo e novo. Teñen os labradores unha sociedade agraria de poucos bríos.
No eclesiástico: o curato é de entrada, presentación do marqués de Santa Cruz. A patroa é Santa María. A igrexa é antiga, sen ningunha cousa notábel. Antes de construírse, había a uns 40 metros de distancia, unha capela adicada á Virxe da Piedade, na que só se celebraba misa algunhas veces, polo que os veciños de Nigoi acudían á de Codeseda. Reuníanse para iso os domingos e días de festa de gardar, a toque de buguina, nun punto determinado de antemán: por iso chamábanlles “buguinos”.
Houbo un cura que, perseguido por cuestións políticas, fuxiu do país vestido de paisano e despois viviu en Madrid de taberneiro. Cos dereitos que tiña devindicados e lle pertencían fíxose o corpo principal da igrexa, hoxe moi deteriorada. Do arquivo parroquial só se conservan documentos a partir do ano 1728, en que era cura D. Carlos Ignacio Soto. A casa reitoral ten nove hectáreas de terreo, a labradío, herbeira, carballeira e toxeira. Dise que parte dese terreo o legaron dúas mulleres sen descendencia do lugar de Sar, hoxe pertencente a Tabeirós e que antes era de Nigoi.
Outras particularidades: en 1668 aforou o marqués de Santa Cruz a José Pazo, o lugar que leva o mesmo nome que o apelido do seu fundador. O canon consistiu en trinta ferrados de centeo e dous capóns. En 1726, aforou o mesmo marqués a Alonso Varela e Ángel Picallo o lugar de Constenla, en cinco ferrados de centeo anuais, ademais dos 31 que viñan pagando con anterioridade.
No agro de Pazos, situado a 200 metros do lugar deste nome, aparecen con frecuencia efectos de construción e cerámica antiga. Alí encontrou o veciño Manuel Bergueiro García un enorme cacharro de barro e unha culler tamén de barro. Cóntase que no devandito agro houbo na antigüidade unha aldea.
Cando foi a invasión francesa, levaron as tropas de Napoleón un becerro da casa de Domingo Antonio Brea, conducírono ata a Consolación, onde o deixaron despois de bater nel cos sabres. Un rapaz de nove anos, fillo do dono do animal, asustado, escapou cun pan nunha cofia e ocultouse nun barranco, de onde non saíu ata que se lle acabaron esas provisións.
A casa de Capelle, hoxe de Benito Porto, considérase como a máis antiga da localidade.
*Pedro Varela, A Estrada, 1923