O hórreo máis fermoso da Terra de Montes
Calros Solla
No Outeiro, lugar da parroquia cerdedesa de Quireza, localízase o que, segundo o noso humilde criterio, é un dos hórreos máis vistosos e meritorios da comarca. O canastro érguese na leira nomeada Coto Nabal, a uns 60 m da estrada que comunica os lugares de Fondós e Os Castros, á beira esquerda do camiño de acceso ao poboado do Outeiro e formando parella con outro canastro de dimensións semellantes, anque de feitura máis sinxela. Ambas as dúas construcións afástanse uns 4 m, flanquean o acceso ao agro e orientan as paredes longas na dirección L-O, como a maioría dos hórreos edificados nas inmediacións. No tocante á arquitectura popular, o lugar do Outeiro atesoura un bo mostrario de excelencias.
Descoñecemos, polo momento, o nome do artífice do hórreo do Coto Nabal e tamén a súa data exacta de construción (probabelmente, se remonte ao século XIX).
O hórreo ou canastro do Coto Nabal (tipo Pontevedra, con particulares solucións construtivas) é unha edificación de base rectangular de tres claros que combina na súa feitura o granito coa madeira (balaústres, faixas, porta e armazón da cuberta: cangos, cumial e arcos). O hórreo érguese encol dunha plataforma (ou soleira) de pedra concertada duns 65 cm de alto. Descontando a altura da soleira, o hórreo acada os 4’35 m de alto e os 5,42 m de longo.
Sobre a plataforma asentan catro cepas, armadas por cadansúas catro pezas de labra fina e cabezas molduradas. As cepas estreitecen na parte central do conxunto. A largura máxima das cepas acada uns 137 cm e a largura mínima, uns 87 cm.
Sobre os catro elementos sustentantes, pousa un piso formado por 9 lousas que, en conxunto, acadan os 180 cm de largo (e os xa sabidos 5,42 m de longo). O piso sobresae uns 43 cm respecto á largura das cepas e uns 46 cm respecto á largura da cámara. O beirado das lousas do piso, que fai as veces de tornarratos, labrouse en declive con remate almofadado.
En cada unha das paredes costais do canastro (L-O), érguense dúas columnas cadradas coa cara exterior do fuste enfeitada con acanaladuras de gusto clásico. Cada unha das columnas remata nun capitel independente, coa cara exterior moldurada e ornada con motivos vexetais disimilares. Na parede costal leste, entre as columnas e sobre o piso, pousan tres trabes de pedra coa aresta superior e exterior almofadada. A parede oeste non se dotou de trabes, polo que a parte inferior dos balaústres encaixa aquí nun rebaixe do piso.
As paredes penais do canastro (N-S) péchanse montando catro perpiaños de fina labra e cantos achafranados, abrindo nas xuntas superiores oito regañas biseladas de ventilación, dúas por peza. Na parede norte, as catro regañas inferiores presentan o corte e o bisel rectos, mentres que as catro superiores teñen o corte recto e o bisel en arco. Na parede sur, seis regañas presentan o corte e o bisel rectos, mentres que as dúas regañas da parte superior teñen o corte recto e o bisel en arco. Os dous perpiaños que sosteñen os pinches prolongan oblicuamente os seus lados exteriores, enfeitándoos con motivos vexetais, a xogo cos capiteis.
Encol das cabezas dos perpiaños superiores das paredes penais e encol dos capiteis das catro columnas das paredes costais, pousa unha cornixa en seis pezas, coa cara exterior moldurada. Nas paredes penais, os remates da cornixa enféitanse con cadansúa cabeza antropomorfa, talladas en mediorrelevo. Na parede penal norte, a que dá ao camiño, identificamos, humanizados, un sol radiante á dereita e, probabelmente, unha media lúa á esquerda. Na parede costal oeste, a peza central da cornixa interrompe as molduras do conxunto e proxecta unha decoración arcada con motivos circulares para alintelar a porta de acceso, hoxe inexistente.
Ambos os dous pinches presentan senllas entallas nos seus laterais, para encaixaren entre e sobre a cornixa. Nos tímpanos ábrese cadansúa regaña de ventilación, abucinada e enmarcada con motivos circulares. A parte inferior do pinche da parede sur presenta unha profusa decoración festonada.
Encol de cada un dos pinches asentan dúas sobrepenas, pezas de bordos rebaixados e cuxo extremo inferior se dispón en paralelo á cornixa. Ausencia de decoración profiláctica (cruces e/ou cantacucos).
Finalmente, o hórreo do Coto Nabal presenta unha cubrición a dúas augas co emprego de tella do país.
Malia ser un magnífico exemplo da arquitectura popular da comarca e da anónima habelencia dos avantaxados canteiros de Cerdedo, o hórreo (ou canastro) do Coto Nabal padece un avanzado estado de deterioro. Desposuídos da súa primitiva función de secadoiro e almacenaxe das mazarocas, previos á súa debulla, na comarca consérvanse en bo estado unha boa parte dos hórreos anexos ás vivendas (moitos exercen de meros elementos ornamentais); porén os afastados ou illados, coma o que motiva a reportaxe, vense sometidos ao arbitrio das inclemencias meteorolóxicas.
Completamos este noso informe sobre as antigüidades da aldea quirezá do Outeiro, salientando os motivos labrados na casa da señora Carmela, outra construción afectada polo abandono. Na cara frontal do lintel do portal ameado, un destro canteiro tallou a data de construción do inmóbel, acompañada das ferramentas do seu oficio en baixorrelevo (unha chumbada, unha escuadra, un pico, un cicel e, a carón, un antebrazo asindo unha maceta cadrada). Entre o pico e o cicel, nunha posición central, talláronse dous símbolos valedores e propiciadores: un calvario de cruz latina cos cabos en punta de frecha e unha flor de lis. Á dereita destes obxectos, riscouse a inscrición: “F. M.” (sup.) “AÑO” (inf.)”; á esquerda: o esconxuro “JH (S ou J) MA.” (“Xesús, (Xosé), María”) (sup.) “1858” (inf.). A cada lado do panel, dous arcos de circunferencia enfrontados polo lado convexo enmarcan o conxunto. O lintel posúe as seguintes dimensións: 2’40 m de longo x 30 cm de largo x 20 cm de fondo.
O portal da acceso a un curral. Nun piar e nun canzorro que sosteñen un pequeno balcón, talláronse en mediorrelevo dúas figuras humanas, ben seguro, en homenaxe aos antigos donos da casa (devanceiros da señora Carmela). A figura do home (50 cm de alto/19 cm de ancho) labrouse no frontal do piar. Loce pucha na cabeza e brazos en xerras. A figura da muller (56 cm de alto/18 cm de ancho) labrouse no frontal curvo do canzorro. Viste saia e eleva as mans por riba da cabeza. A altura do piar é de 145 cm e a altura do canzorro é de 36 cm.
A xornada non deu para máis. Esta vida quere outra. Sigan os deuses satisfacendo os ollos devezosos por coñecer a beleza, que abondo hai quen teime en encher o mundo de fealdade.