A Torre da Barreira
José Manuel Bértolo Ballesteros e Luís Ferro Pego
Non podemos rematar esta serie de artigos sobre as torres e casas nobres do concello de A Estrada, das que levamos presentado vinte e catro e que estamos a piques de dar fin, sen falar antes da torre da Barreira.
Esta fortaleza foi levantada seguramente no século XIII aínda que non consta documentalmente ata mediados do século XIV. Levantábase esta fortaleza na parroquia de san Martín de Riobóo sobre un pequeno outeiro cheo de penas e rodeado case por todos os lados do río Boo. Dito río labrou ao longo dos tempos un foso natural na pedra granítica que facía inaccesible achegarse á torre senón era pola banda do sudeste, vindo do pazo de Oca.
A principios do século XVI a fortaleza, segundo o historiador López Ferreiro que a visitou, mostraba este aspecto: a súa planta era rectangular cuns muros de 2 m. de espesor, medindo na súa parte interior uns 22 m. de longo e oscilando o seu ancho entre 14 m. dun lado e os 15,50 m. do outro. Nos catro ángulos tiña uns torreóns, dous cuadrangulares e dous redondos. A vivenda do señor ou alcaide estaba na esquina do patio e constaba de tres pisos e tiña 14 x 4,5 m. Baixo terra tiña unha serie de pasadizos que ían ata o río, algúns tan grandes que permitían o paso de carros.
Foi destruída polos irmandiños nos anos 1466-69 e logo reconstruída, segundo se nos conta con moitos detalles nun documento do Arquivo Catedralicio de Santiago “Probanza, tasas periciales y concordia entre el prelado Sr. Tabera y su antecesor Sr. Fonseca, sobre la reparación de dichas fortalezas, 1526”, do que o auditor e representante do arcebispo Fonseca era o dono da torre de Guimarei, don Simón Rodríguez.
Se nos remontamos á esta época dos irmandiños, sabemos que quen apresou a seu líder Alonso de Lanzós foi Fernán Perez Paragués, señor de Parga, que estaba casado con Constanza das Mariñas, señora de Cillobre (Laracha). O seu fillo maior chamábase Ares Pardo das Mariñas, rexedor de A Coruña, e estaba casado con Teresa de Junqueras, cuxo sarcófago e o dos seus pais podemos velos agora na capela do pazo de Oca. Dito Ares Pardo no seu testamento feito o 19 de setembro de 1537 di que foi quen ”se encargó de proveer de armas a los vecinos de Tabeirós para apoyar al arzobispo Fonseca. Este le dio 8.000 maravedíes para reparos de la fortaleza da Barreira, pero solo gastó 2.000”. Tamén nos di que o arcebispo lle deu unha ducia de medias lanzas para a Barreira e un “cosellar”.
Precisamente o seu fillo segundo Gómez Pérez de Junqueras era alcaide da fortaleza da Barreira en 1541, polo que tivo que pagar ao mordomo do arcebispo Pedro de Mardones os gastos da reparación de dita fortaleza da Barreira.
Coñecemos tamén o nome e accións de moitos máis alcaides desta fortaleza, tanto de antes da súa primeira destrución como de despois. Así por exemplo o 12 de outubro de 1574 don Baltasar López Gallo, deán da igrexa de Santiago, tenente alcaide e comendador da fortaleza de A Barreira,
nomeou a Bartolomé Reimóndez, veciño de dita cidade, como alcaide da mencionada fortaleza.
En febreiro de 1575 Domingo Conde, procurador de causas, veciño de Santiago, era o meiriño da fortaleza de A Barreira e o que recollía as rendas do arcebispo de Santiago relativas a dicha fortaleza. Precisamente o interese da torre para o arcebispo era grande polas ditas rendas e alcabalas que aportaba, ademais do seu valor estratéxico. Así segundo Jerónimo del Hoyo en 1605 a parroquia de Ribeira pagaba ao arcebispo pola fortaleza da Barreira oito fanegas de centeo e millo miúdo cada ano, a de Remesar outras oito fanegas e a de Lagartóns vinte e un ferrados.
Pero co paso do tempo este baluarte foi perdendo importancia estratéxica e perdendo tamén a súa fisionomía, pois xa no ano 1605 Jerónimo del Hoyo no seu Memorial sobre o arcebispado de Santiago di que “está mal reparada”, ata que logo coa desamortización do século XIX perde tamén o seu interese económico. De aí que a partir dese momento a súa destrución acelerouse e hoxe en día só podemos ver algúns restos de muros, pois, abandonada a torre polos seus donos, moitos dos perpiaños foron aproveitados polos veciños para as súas casas e valados.
* Capicúa. 24-4-2013