VENTOXO: o máis fácil é entender que a base deste topónimo é o substantivo común vento, ao que se une o sufixo caracterizador –oso. Fórmase así o adxectivo ventoso, que caracterizaría o lugar como “exposto ao vento”. O cambio de ventoso a ventoxo é doado de explicar foneticamente.
Mais, na toponimia non todo é tan fácil como ás veces parece. Máis ben ao contrario. Neste caso, é moi probable que Ventoxo non teña nada que ver co fenómeno meteorolóxico, senón que proceda duha palabra celta bend (que tiña tamén a variante band) e que significa “branco”, “luminoso”. O lexema bend- con ese significado conserváse na actualidade nas linguas da familia céltica e tamén aparece en moitos topónimos, galegos e non galegos: asturianos, leoneses, alemáns, bretóns, escoceses…