Xosé Mª Pena, Presidente de Frente Popular, empresario fusilado por marxista
XOÁN CARLOS GARRIDO
A diferenza de Isolino Feros, José María Pena, da súa mesma causa xudicial, con ter mellores lazos familiares e amizades nas xerarquías relixiosas e políticas do novo réxime, non conseguiu librar da execución aquel fatídico 5 de xuño de 1937. Quizais tamén porque tiña poderosos inimigos pola súa relevancia económica e social.
José María Pena, de 57 anos, casado con dou fillos, natural de Tabeirós e residente na Estrada, é empresario notable, tal como temos comentado ao falar da incautación das súas propiedades (taller de repostos, fábrica de gasosas, concesionario de Campsa...) Politicamente evolucionara desde o Partido Radical Socialista, até o PSOE, e ostentará no 1936 a presidencia do Fronte Popular na Estrada.
As testemuñas de veciños que se presentan para xustificar a súa condena a morte, insisten sobre todo na súa intervención na manifestación do 1º de maio, atribuíndolle unha frase referida ao confronto que os manifestantes tiveran cuns falanxistas da Consolación: "Estou en contacto co Gobernador Civil, e se el non fai xustiza, iremos nós a facela".
Mais alá de si a frase foi certa ou non, o certo é que non houbo tal acción para tomar a xustiza pola súa man, senón que foi o xuíz de Instrución da Estrada, Fermín Bouza Brey, quen investigou os feitos e determinou a detención dalgún dos falanxistas e tamén algún manifestante. Con todo era fundamental tratar de identificar como radicais e revolucionarios aos que se pretendía executar e ao fin a propia necesidade de presentar probas para acreditar os vencellos políticos dos acusados, servían a súa vez como base para desmantelar ditas imputacións de radicalismo.
Así, na súa causa obra un documento requisado na Casa do Pobo, onde asina cales son a altura do 21 de febreiro de 1936 as reivindicacións fundamentais que presentaba o Fronte Popular na Estrada:
- Anulación de acordos da corporación anterior sobre contratos temporais e prazas de empregados públicos que consideraban pouco transparentes.
- Reorganización dos servizos médicos para os pobres en todas as zonas incluíndo na lista a todos os que se estime como tais.
- Concerto cos expendedores de viño directos e suspensión de arbitrios innecesarios.
- Suspensión de todo creto municipal para obras públicas mentres non sexa saneado o presuposto.
- Designación do lugar máis apartado da Praza da República para os vendedores ambulantes e aumento das taxas en tais postos para protexer o comercio local.
- Fiscalización dos impostos indirectos pendentes de cobro.
- Funcionamento inmediato da Escola de Traballo.
- Resolver o problema do endebedamento municipal negociando co Banco de Creto Local
Este era o programa revolucionario polo que morría o presidente do Fronte Popular na Estrada. Saneamento da economía do concello, sanidade universal e contratos transparentes. Estes son os feitos mais logo virá a literatura coa que se encubrirán falando da "implantación do comunismo", cousa que como empresario que era non parecía moi crible, cando menos na expropiación da propiedade privada coa que se asociaba dita atribución de ideas aos condenados. De feito, non foron os comunistas, senón os falanxistas os que procederon a dita expropiación de bens e José María Pena sería unha vítima máis deste xeito de sacralizar a propiedade para facer todo o contrario, incautándolle as súas pertenzas, casa incluída.
En cambio el, nas súas últimas cartas dá conta das débedas que tiña contraídas para que fosen aboadas pois non quería morrer coa conciencia de levar algo que non fora seu.
Nestas cartas destaca a enviada á súa filla, quen tratou inutilmente suplicar pola súa vida en todas as instancias, nela compara a súa sorte con outra vítima do fanatismo relixioso: "Queridisima hija, hoy día 5 del 6 a las 6 de la mañana entrego mi alma a cristo que el murió por nosotros y tambien yo muero por el. Muero como un valiente hombre honrado, no tengas pena. En cuanto puedas ver a tu hermaniño le abrazas y besas en mi nombre, a ti te estoy abrazando y apretando con mi corazón en estes momentos y me despido de vosotros con todo mi corazón"
De nada valeu que o Consulado Cubano declarase que José María Pena era cidadán dese país e por tanto pregaba que o Xeneral Franco o indultase. Foi inútil a visita da súa filla a Salamanca. Tampouco serviu que o seu fillo, con 18 anos, ingresara como voluntario no 15 rexemento de artillería - recurso usado por moitos dos fillos dos condenados para tratar de salvar a vida de seus pais - e que combatera baixo as ordes de Franco no fronte de Asturias, e que na carta de suplica que enviaba a súa filla puxera: "Esta conducta de mi hermano sólo pudo inspirársela el ambiente de su hogar familiar en que aprendió, de los labios de su padre, a bendecir a Dios y a amar a la Patria". Iso si, os seus parentes cregos e nalgún caso falanxistas, conseguiron que morrera con todas as bendicións e o seu cadáver fose trasladado ao cemiterio de Figueroa onde hoxe se atopa. Consolo relixioso non lle faltou, Senén Constenla escribíalle: "No te olvides del precioso Cielo que te espera; y que cuanto mas padezcas en esta vida mas el Señor te recompensará en la otra. Pero ¡ah! es menester resignación y conformar nuestra voluntad con da Divina, sin oponernos inutilmente a los caminos que El sapientisimamente traza a cada uno de los que quiere salvar".