Vea (San Xiao)
Clara Iglesias Cortizo
- BOUZAMAR: é un topónimo formado por dous elementos; o primeiro, sería o fitónimo bouza, substantivo presente no léxico común e moi habitual na toponimia. O significado é “terreo que está a monte, inculto e cheo de matos, especialmente toxos, xestas, uces...” A súa etimoloxía é moi controvertida: téñense formulado diferentes hipóteses e non se chegou a unha conclusión firme. O único máis ou menos seguro é a orixe prerromana da palabra. O segundo elemento do topónimo parece antroponímico, derivado do xenitivo do antropónimo latino AMARUS, que acompañaría ao substantivo bouza para indicar o nome do propietario dese terreo; así, *bouza-amarii, é dicir, “bouza de Amaro” derivaría na forma actual Bouzamar.
- DORELLE: aínda que non o podemos afirmar con total seguridade, por non termos atopado probas documentais, o máis probábel é que se trate dun topónimo de posesor, derivado dun antropónimo latino *DORELLUS, posibelmente diminutivo de DORIUS. Formaríase o sintagma *VILLAM DORELLI, é dicir, “propiedade rural de Dorellus”. Do xenitivo *DORELLI chegariamos ao actual Dorelle.
- FAFIÁN: trátase tamén dun topónimo de posesor, nesta ocasión derivado dun antropónimo xermánico, Fafila. Fórmase a partir do sintagma VILLAM FAFILANI, xenitivo de Fafila, “propiedade rural de Fafila”.
- GONDOMAR DE ABAIXO / GONDOMAR DE ARRIBA: sen dúbida, estes dous Gondomares, o que está arriba e mais o que está abaixo, son topónimos de posesor. Gondomar deriva de VILLAM GUNDEMARI, xenitivo do antropónimo xermánico Gundemarus.
- A IGREXA: procede do latín ECCLESIAM, “asamblea”; e este, do grego ekklesia
- O POUSO: deriva do latín PAUSAM, “parada, descanso”. Como topónimo, pode ter diferentes valores e significados: 1) en referencia á orografía do terreo, pode indicar “alto no camiño, parada para descansar”; 2) “pousada, albergue, casa en que parar a repousar”; 3) “lugar acondicionado para pousar a carga”. Non sabemos a cal dos significados pode corresponder o noso Pouso. A aldea atópase nun terreo practicamente chan, polo que quizais sexa máis lóxico supoñer que se trate do segundo ou terceiro significado. O certo é que eran moi abundantes no noso país os lugares para pousar a herba ou a carga que se traía desde o campo até a casa.
- RABIÁNS DOS CABALEIROS / RABIÁNS DOS LABRADORES: probabelmente o topónimo Rabiáns proveña do étimo RAPHANALES, formado a partir da palabra latina RAPHANUS, “ravo, planta herbácea de raíz comestíbel e sabor picante”. Rabiáns aludiría, polo tanto, a un lugar onde, ou ben se cultivaba esta planta, ou ben se daba de forma silvestre. En canto ao curioso complemento do topónimo, dos Cabaleiros / dos Labradores, parece servir para establecer unha diferenza de categoría entre as dúas aldeas, contrapoñendo o grupo social propietario dos dous Rabiáns. O substantivo labrador deriva do verbo labrar, ao que se engade o sufixo -dor, de significado profesional; labrar procede de LABORARE, cuxo significado inicialmente en latín era simplemente “traballar”. O seu derivado galego labrar especializouse no traballo da terra. O substantivo cabaleiro provén do latín vulgar CABALLARIUM , derivado de CABALLUM, cuxo significado, inicialmente, era en latín “cabalo de carga”, mentres que EQUUS era a denominación xeral que se correspondería co actual cabalo. Mais, co tempo, EQUUS foi substituído completamente por CABALLUM, que ampliou o seu significado. Aínda que un cabaleiro é, segundo a acepción máis estrita, “persoa que monta a cabalo”, o seu significado foi evolucionando até “persoa de orixe nobre” ou tamén “persoa que posúe un código de conduta xentil, atento e solidario”. Co tempo o cabaleiro deixou de ser simplemente o home que ía a cabalo para se transformar no representante por excelencia da nobreza.
- REGUENGO: este topónimo refírese a unha herdade ou terra pertencente ao rei, á coroa ou que está suxeita ao pago dun foro ou canon por terlle pertencido. Provén do latín vulgar REGALENGUM, derivado de REX, “rei”.
- O SAN BARTOLOMEU: trátase dun topónimo haxiográfico que dá nome ao lugar onde se atopa a capela de San Bartolomeu. É un antropónimo de orixe hebrea e o seu significado en arameo é “fillo de Ptolomeo”. O santo chamado Bartolomeu foi un dos doce apóstolos, que predicou o cristianismo na India.
- SANDELLE: trátase dun topónimo de posesor, formado a partir do sintagma VILLAM SANDELLI, xenitivo do antropónimo xermánico SANDELLUS.
- O SOUTIÑO: é un diminutivo galego de souto, que provén do latín SALTUM, que significaba “salto, desfiladeiro, pasteiro con bosque” e posteriormente adquiriu o significado de “monte poboado de castiñeiros
- VILANOVA: é un nome de lugar de significado transparente. Posibelmente este topónimo se formase xa en época galega. En todo caso, a súa etimoloxía é o latín VILLAM NOVAM. O substantivo VILLAM, en latín, designaba “propiedade rural, quinta, casa de campo”; en galego estendeu o seu significado ao actual “entidade de poboación.
- VIXÍN: trátase dun topónimo de posesor, formado a partir do sintagma VILLAM VIGINI, xenitivo do antropónimo xermánico VIGINUS.
Vea (San Xiao)
Manuel Reimóndez Portela
Con este mesmo nome é coñecida a parroquia desde tempos perdidos no recordo.
Pertence á zona chamada Vea Baixa, e acompáñanlle na mesma Santa Cristina, Santo André, San Xurxo, Baloira, Cora e Couso.
LINDES: a freguesía linda polo norte con Santa Cristina e Baloira, polo sur con Matalobos, polo leste con Toedo e parte de Matalobos e polo oeste con San Andrés e San Xurxo de Vea.
Se nos atemos ao nome do patrón da parroquia (para distinguilo das tamén chamadas Vea, a esta freguesía correspóndelle o número 49, entre as demais do concello.
En canto á superficie ten o número 25 con 480 hectáreas. Conta co 299 habitantes de feito. Na actualidade a poboación total é de 246 habitantes.
Componse a parroquia dos seguintes lugares:
COMUNICACIÓNS: unha estrada, a PO-7119, desde Cruces (Baloira) na PO-841 da Estrada a Santiago pasa por Rabiáns e a igrexa de San Xiao para chegar a Dorelle e de alí coller á dereita pasando a Vea por onda a capela de San Bartolomeu e unirse á de Cuntis-Souto de Vea (P0-2008).
En Dorelle, se seguimos dereito, lévanos aos Gondomares de Baixo e de Arriba, subindo o monte cara ao leste achegándonos a Santa Baia (Matalobos).
Ten derivación aos distintos lugares.

Tamén desde Cruces arranca unha estrada que a percorre polo norte ata chegar a Vilanova e Coutada na antes dita Cuntis-Souto.
O Camiño real pasaba entre Sandelle e Vixín, ía por Dorelle a San Bartolomeu e Santo André de Vea... aínda hoxe lle chaman o camiño real.
Fíxose concentración parcelaria e concentración de monte, que se está rematando e que abriu novas pistas no monte.
HIDROGRAFÍA: o principal río é o Vea ao que chaman tamén o río de San Xiao (do que son moi apetecidas as súas troitas) que nace na faldra norte do Xesteira e vai por Santo André discorrendo por esta parroquia á de San Xurxo para facerlle de linde a Cora e Couso, onde desauga no Ulla.
A banda de arriba da ponte de San Bartolomeu chámalle o Porto dos Carros, ou sexa que por alí pasaban os carros para a outra banda, cando non había ponte.
Recibe o regato do regueiro que vén de Sandelle e o regato de Porto de Baloira.
PEDRAS: fermosa casa de fábrica, con inscrición latina. "Non xace en leito mol a ciencia que se ha de cultivar 1885".
Foi escola. Hoxe convertida en Centro social.
PONTES: o río Vea ten as seguintes pontes: a da Besada ou de Dorelle onde a capela. A ponte de San Bartolomeu. A pontella ou ponte de Agro Novo. A de Vilanova e a de Reguengo.
FONTES: contan coa fonte da Torrada en Dorelle. As demais foron aproveitadas as súas augas para consumo dos veciños.
OROGRAFÍA: trátase dun terreo case que chan e moi pouca altitude xa que é ribeirego do Vea compoñendo coas demais parroquias este fermoso val.
Só polo leste vai subindo cara a Matalobos.
CASTROS: ten o castro de San Bartolomeu, aínda que está xusto facendo o linde con Santo André de Vea. Sobresae no val. Presenta pendente polo norte e polo oeste, polo leste baixa cara o Vea alí moi preto (capela por medio). A maior altura tena polo norte. Está cheo de vexetación e grandes árbores. Nel encontráronse anacos de cerámicas, e non se atopan defensas manifestas.
Cóntanselle unhas lendas das que xa falaremos.
CRUCEIROS
1 Situación: parroquia de San Xiao de Vea, a carón da capela de San Bartolomeu.
Descrición: plataforma: tres chanzos cadrados. Pedestal: cuadrangular con figuras: anverso, castelás; reverso, serpente; unha cara lateral, lagarto, e na outra, tibias en cruz de Santo André. Columna: octogonal, comeza con base de sección cadrada. Capitel: pirámide truncada cuadrangular invertido, en varios planos. Cruz: latina, sección cadrada, lixeiramente espiñenta. Anverso, Cristo crucificado, cabeza inclinada á dereita; reverso, Virxe das Angustias. Altura: uns catro metros.
Inscricións: non se aprecian.
Conservación: regular.
Propiedade: pública.
2 Situación: parroquia de San Xiao de Vea, lugar de San Bartolomeu, xa preto da igrexa parroquial, á beira dunha pista que conduce a ela.
Descrición: plataforma: non ten. Pedestal: ten por base un armazón de pedra asentada en cemento, de forma cónica. Columna: octogonal. Cruz: latina octogonal, lisa; este elemento do cruceiro semella non pertencerlle. Altura: uns dous metros.
Inscricións: non ten.
Conservación: boa.
Tradición: colocado neste lugar polo paso da pista recente:
Propiedade: pública. Actualmente non está.
LENDAS: no castro de San Bartolomeu había unha trabe de ouro que chegaron a descubrir e cando quixeron cavar para quitala afundírase co peso e non a encontraron.
Outros din que desde a capela de San Bartolomeu había unha trabe de ouro que fa ata a "eira dos mouros".
Os mouros ían moer o millo ao muíño no Vea por un túnel que fixeran desde o castro.
Ao San Bartolomeu levábano en procesión ao Vea, alí pretiño polo leste, e levábano para que chovese. Volvíano en procesión á súa capela e facíanlle unha novena.
Tamén o San Bartolomeu é avogoso dos que soñan moito de noite, para iso os crentes ían debaixo do santo percorrendo a procesión.
O San Cibrán que tamén se celebra nesta parroquia, é avogoso do reuma e dos "males estraños" ...a xente ofrécelle "poxas", ou sexa que poxaban cabezas, mans, pés, ou pernas e corpos de cera, segundo o mal que quixesen remediar.
Din que o actual cruceiro fronte a capela de San Bartolomeu erguérono alí despois de desfacer ao que lle chamaban "A Casiña", onde se cometeron moitos asasinatos... érguese o cruceiro para santificar o sitio.
HISTORIA: deixounos dito Jerónimo del Hoyo no ano 1607:
"San Giao o Julián de Vea, Anexo de San Andrés:
En esta feligresía de San Giao hay cinquenta filigreses. Los fructos todos al retor que pone un capellan, que valen con los de San Andrés su cavega los dichos ducientas cargos de todo pan (ver S. Andrés de Vea). Presentación del monasterio de San Martín. La fábrica tiene de renta un ferrado de pan y tres de la una vaca".
Catastro de Ensenada: Neste catastro dos anos 1747-50 aparecen moi importantes datos da parroquia que poden lerse no capítulo onde se fala da chamada Xurisdición de Vea.
Madoz: do Diccionario de Pascual Madoz recollemos os seguintes datos (ano 1850):
"Bea (San Julián de) feligresía en la provincia de Pontevedra (8 leguas), diócesis de Santiago (3) , Partido Judicial de Tabeirós (1) y Ayuntamiento de La Estrada (1). Situada en una altura a la derecha del río Bea su clima algo frío y dominada por los vientos norte y sur, aunque sano se esperimentaban fiebres y pulmonías comprende los lugares o aldeas de: Bijin, Dorelle, Gondomar de Abajo, Gondomar de Arriba, Pouso, Rabeanes de Abajo, Rabeanes de Arriba, Regengo, Sándelle, San Bartolomé, San Julián, Torrina y Vilanova que reúnen 91 casas de poucas comodidades; hay escuela de primera educación y el maestro no tiene más gratificaciones que la que le dan los padres de los alumnos.
La iglesia parroquial (San Julián) fué aneja de San Andrés de Bea, tiene una ermita.
El término confina por norte con San Salvador de Baloira, por este y sur con Santa Eulalia de Matalobos, y por oeste con Santa Eulalia de Matalobos, y por oeste con San Andrés de Bea, estendiéndose de este a oeste una legua y dos de norte a sur; atraviénsanle dos riachuelos y le baña además el río Ulla, las aguas de sus fuentecillas son gruesas. El terreno de mediana calidad, sus montes poblados de castaños y robles. Los caminos transversales y malos incluso el principal que dirige de Padrón a Estrada y Montes.
El correo se recibe de Santiago por medio de un peatón los Martes, jueves y Domingos y sale los mismos días.
Produce: maíz, trigo, centeno, lino, hortalizas y vino, este de mala calidad, cría de ganado vacuno, caballar, cabrío y lanar; hay caza de conejos, perdices y liebres; se pescan truchas. Industrias: la agrícola y varios molinos harineros; su Comercio; se reduce a la compra y venta de ganado. Poboación 93 vecinos 457 almas".
Nomenclátor Arz de Santiago: (año 1883)
"Vea (San Julián) y Divino Salvador de Baloira: VeaPontevedraEstradaEcco. Rl. Entrada 90 vecinos, 140 almas la primera y 30 vecinos y 142 almas la segunda Estrada.
Personal: Villar Cajuso D. Nicolás Parr. 38 años teol. 4 años.
Rei D. Francisco. Pbro. 32 años carr breve".
No censo do ano 1942 tiña 522 habitantes de dereito.
Álvarez Limeses (Gerardo) año 1936. Este deixounos dito na "Geografía General del Reino de Galicia":
"Vea (San Julián).Dista 39 kilómetros de Pontevedra y 7 de La Estrada y limita, al norte con Baloira, que es su anexo, y Toedo; al sur con Matalobos y San Andrés de Vea al Este con Toedo y Aguines, y al oeste con San Andrés de Vea y Frades.
Entidades: Dorelle con 32 habitantes, Gondomar de Abajo 54, Gondomar de Arriba 56, Iglesia 70, Reguego 58, Rubianes de los Caballeros 40, Sándelle 35, Vigin 66 y diseminados 111 que suman en conjunto 522 habitantes para los cuales existen dos escuelas unitarias.
Sus montes principales son los de Toedo, y la riega el río Vea, que nace en el Xesteira, baña las parroquias de San Andrés y San Julián y desemboca en el Ulla por la parroquia de Cora, lugar de Vilacristi. Hay además muchos arroios como el bragada y el Porto Caeiro.
Pasa por ella un ramal de carretera que empalma por el este con la de La Estrada a Santiago y por el oeste con la de Pontevedra a Santiago. Hay en la parroquia 1 7 molinos harineros y una fábrica de aserrar madera y dos tabernas.
El terrreno es muy productivo y abundan los cereales y las frutas. Se produce lino y se fabrica sidra y bastante vino.
Como en la mayor parte de las parroquias de este ayuntamiento existen sociedades de socorro mutuo por el ganado y las cosechas.
La iglesia tiene una torre interesante y ha experimentado numerosas reformas siendo la última de éllas del siglo XVII. Su retablo mayor es de estilo renacimiento. Existe además la capilla de San Bartolomé que es del siglo XV en el lugar de su nombre donde hay también un castro que fué esplorado por gentes ignorantes creyendo hallar tesoros, hace ya muchos años. En el lugar de Torriña hubo también una torre en la antigüedad.
Las principales fiestas son las de San Julián el 7 de enero, San Antonio el 8, la Concepción el 9, la del Carmen el 25 de agosto, San Roque el 26, el Rosario el primer domingo de octubre y San Cipriano el Lunes de Pentecostés.
También se celebra en la capilla de San Bartolomé la fiesta de la advocación de este santo, el 24 de agosto, con mucha concurrencia de fieles.
Esta feligresía estuvo unida a la de San Andrés de Vea hasta el año 1 759 siendo su primer párroco el bachiller Juan Rodríguez Reimóndez.
Los Vea constituyeron Ayuntamiento pues en el año 1818 era alcalde de Vea vecino de esta parroquia D. Manuel Lorenzo. Esta parroquia tomó parte en la guerra de Independencia a las órdenes de Fray Miguel de Pego, teniendo algunos muertos y heridos y en ella estuvo también la famosa cuarta compañía de fusileros mandada por el capitán don Bernardo Lapresa, siendo teniente don Juan, don Benito y don Julián Miranda.
La emigración a América de los vecinos de esta parroquia es grande pero no por eso está desatendida la agricultura que es su principal fuente de riqueza. Conservan las tradiciones y el espíritu religioso de sus antepasados y tienen numerosos refranes. Así cuando acuden a las fiestas que allí se celebran suelen decir: " Pico Sacro, Pico Sacro líbrame deste mal que eu traio" es muy general también el dicho " Boi bravo rente ao carro que o manda o Apóstol Santiago, aludiendo a la referencia tradicional de que los toros bravos del país se dejaron uncir al carro para conducir a Compostela los restos del Apóstol".
IGREXIA DE VEA (SAN XIAO): vén sendo unha igrexa de planta "basilical". Capela cuberta con bóveda de canón sobre imposta. Arco triunfal de medio punto sobre pilastra. Outro arco parello facendo faxón coa mesma directiva aínda que sobre ménsulas con adobíos de fronte.
Polo exterior ten unha portada de arco alintelado cargado de molduras acordadas branqueadas con pilastras caleadas. As pilastras repítense máis arriba.
Muros laterais lisos. Ábsida máis alta có resto. Presenta unha inscrición sobre da porta lateral norte e pon "1 768".
Dinos Pedro Varela que... "la iglesia es buena, de cruz latina incompleta: ha experimentado algunas reformas, obedeciendo a la fecha más importante una inscripción que se lee sobre la puerta principal y dice":
"D. OM. OA. D.N.I MDXXLXIII. RECT. IOANNA R. REYMONDEZ."
El retablo mayor de la iglesia es de estilo Barroco de dos cuerpos, artístico, construído por D. Gregorio Arias Mariño, de Santa Cristina de Vea, maestro de escultura y arquitectura, en el año 1 783, que también hizo en 1784 la imagen del patrón a la que no falta mérito..."
Foi parroquia con moitas confrarías... a de San Roque fundada en 1607. A do Sacramento que data de antes de 1654. A do Rosario de 1683. A de Ánimas de 1670. A da Nosa Señora do Consolo organizada en 1765 polo párroco Reymondez " de grata memoria" que también llevó a cabo las grandes reformas del cuerpo principal de la iglesia. A da Doctrina Cristiana fundada o 8 de febreiro de 1908. A Asociación Josefina en 1894 e a do Sagrado Corazón de Jesús en 1902. A igrexa foi restaurada nos anos 1975 e recentemente en 1990, co retablo maior e as pinturas no século XVIII existentes na capela do brazo dereito.
A igrexa estaba pensada para ser de cruz latina, faltando por construír a capela do lado esquerdo, que non se fixo.
Inscricións das campás: grande: I.H.S MARIA Y JOSE, AÑOS 1818. A COSTA DE LA FÁBRICA DE LA IGLESIA. Mediana: j.H.S MARÍAY JOSE ME COSTEARON LOS VECINOS DE ESTA PARROQUIA, AÑO 1818. Pequena: AÑO 1922.
A grande e a mediana fundiunas na mesma parroquia o campaneiro de Arcos da Condesa, Juan Manuel Blanco.
Capela de San Bartolomeu: ten a portada alintelada recercada de boquetón acodado. A cada lado ventás cuadradas con derrame exterior, sobre ela unha fornacina de arco semicircular e ventá rectangular con derrame exterior. Remata con espadana no lado sur dun só van. Muros laterais con arco medio punto tapiado. Ábsida destacado en altura, tellado a catro augas....
Esta capela xa existía na primeira metade do século XVI. Na porta principal existiu unha inscrición onde dicía que a capela fixérase de esmolas dos fregueses, no ano 1754.
A capela de San Bartolomeu foi restaurada coa aportación da parroquia e a colaboración do Xacobeo, as imaxes están restauradas e ten especial mérito a de San Bartolomeu.
Fermosa é a carballeira que ten ao seu carón un cruceiro onde se celebra a romaría do S. Bartolomeu o 24 de agosto.
A Igrexa ten un fermoso adro, con fermosos camelios moi antigos e 3 cruces e unha pía bautismal moi antiga.
Ten artesoado novo, e vidreira artística de Tejedor de Bertamiráns, con estilo moderno.
FEIRAS: houbo feira na parroquia autorizada no ano 1873, que se celebraba o día 25 de cada mes en San Bartolomeu, volveuse a autorizar o 26 de marzo do 1898, cóidase por iso que viviu pouco tempo.
FESTAS: o patrón (San Xiao) celébrase o día 7 de xaneiro. San Bartolomeu o día 24 de agosto e o 25 o Carme e San Roque. O San Cidrán (San Ciprián) celébrase o luns de Pentecostés e despois o primeiro domingo de xullo. Xa dixemos que é avogoso do mal do reuma e dos "males estraños". Na actualidade ten lugar o último domingo de maio.
O campo da festa contiguo está totalmente asfaltado, con artísticas farolas provintes da mediana da Avda. Benito Vigo antes de ser totalmente aberta e acondicionada. Ten un bo campo de futbol contiguo.
INDUSTRIA: só ten un serradoiro de madeira. Hoxe non funciona. Ten os muíños seguintes; algúns xa non moen: No río do Vea: os dous muíños de Caíña, e río baixo o muíño da Braña, o do Pórtancho, o do Agro, Novo, e o do Reguengo. O muíño do Porto carreiro no regato do mesmo nome. O muíño de Cadela no regato do Ameneiro e o muíño de Sándelle nese lugar. Hai un múiño restaurado en Rabiáns dos Cabaleiros.
COMERCIO: non ten comercios a parroquia nin tabernas.
Actualmente existe un bar no lugar da igrexa.
O ENSINO: ten a parroquia unha escola de preescolar ("Párvulos"), e os demais alumnos van ao colexio de Souto de Vea e despois poden seguir estudos de segundo ensino ou Formación Profesional na vila. Hoxe non hai escola unitaria.
ASOCIACIÓNS CULTURAIS: teñen un antigo "Teleclub", hoxe Asociación Cultural da parroquia onde se xuntan para discutir calquera asunto.
Existe un centro cultural en moi boas condicións, con 3 locais e un salón de actos, apto para calquera tipo de actividade.
Celébranse semanas culturais, cursos, excursións, reunións parroquiais e pequenos banquetes.
DEPORTES: o deporte de caza é doado no río Vea pescando as súas sabedeiras troitas /7de a cuarta" ...a pesca do salmón e demais no río grande, o Ulla: e tamén a caza menor polos montes da parroquia e veciñas.
Canto ao SERVIZO SANITARIO recíbeno dun médico en Souto de Vea, ou na vila, onde tamén teñen as prestacións do ambulatorio da Seguridade Social. Actualmente no centro de saúde de Vea.
Mellorou moito a parroquia no senso ECONÓMICO, e en canto á vivenda, luz eléctrica e demais, vivindo mellor economicamente, da gandería e agricultura en xeral.
Non seguimos adiante sen deixar reflectido " a pé de letra" o que nos deixou dito Pedro Varela en canto á loita dos veciños defendendo a terra nai, contra os franceses: " Los veciños de San Julián de Vea sufrieron el dolor profundo del infausto día 4 de marzo de 1809, de ver caer acribillada a balazos franceses a su virtuoso párroco D. Bernardo de Rivas, que con elevado patriotismo formaba en el cuadro directivo de las célebres alarmas de Vea. El hecho bárbaro tuvo origen según tradición, en que al penetrar los invasores en la comarca de Vea escribieron al Sr. Rivas preveniéndole que no alarmase al pueblo con las campanas y que le enviase a la "Casa Nova" de Andrés los víveres que tuviese a su alacance pues de lo contrario considerarían rotas las hostilidades; pero a pesar de la amenazadora comunicación, las campanas se tocaron violentamente y los víveres no se enviaron. Por esto las tropas de Napoleón se fueron sobre San Julián a sangre y fuego, y el cura, aunque indefenso, les esperó con singular valentía, acompañado de varios feligreses, pero fue alcanzado por los balazos frente a un hórreo que aún existe situado en la era de la casa conocida por Da Rama contigua a la Rectoral: según opinión de los ancianos todavía se conservan huellas de los proyectiles. Con el párroco perecieron los vecinos, Gabriel Loureiro de Gondomar de Abajo, Juan Villar de Rabiáns de los Labradores, Manuel García de Gondomar de Arriba y algún otro. Los demás huyeron y unidos a los de San Jorge y San Andrés se internaron en los montes de Frades, utilizando la iglesia para sus reuniones, como los estómagos tenían exigencias en grupos bajaban a moler los granos para pan al molino más cercano, y cocían en el horno que tenían más a mano, todo en y para el común. Así se fueron sosteniendo y preparando aquellos patriotas y con algunos refuerzos de otros puntos hicieron pagar cara la hazaña a los franceses, causándoles muchas bajas cuando trataron de repasar el puente Vea. Contristaba el ánimo hace algunos años, oír contar a los viejos los horrores de la contienda, pues éllos habían visto vagar por los montes al paisanaje, con los ajuares a cuestas y los hijos menores llorando, ocultos en barrancada. Y horripila el hecho que corre como versión cierta, de que un hombre labrador de Gondomar se ocultó en un carro de leña, y con ella fue quemado."
TOPONIMIA MENOR: son unha curiosidade os nomes de Rabiáns de los Caballeros (dos cabaleiros) e dos labradores, Vixín, Torriña (houbo unha pequena torre), San Bartolemeu, Fabián, Mourelas, Castro, os Cruceiros, Cruz da Veiga, Liñares, os Gondomares, a Devesa (do Rei) e outros...
PLANTÍOS REAIS: esta freguesía de San Xiao de Vea tiña devesa Real: "Dehesa Real, una en la aldea de Rabeanes de los Caballeros, cavida 54 ferrados.
El Vivero correspondiente a esta Dehesa se halla en la aldea de la iglesia, cavida 7 ferrados:"
PERSOAS SOBRANCEIRAS: Bernardo Rodrtguez Ribeira (A Estrada, 1883 Bos Aires, 1924). Emigrou a Bos Aires en 1873. Foi tesoureiro-contador da Universidade de Bos Aires e escritor de numerosos artigos. Colaborou en diversos xornais, en especial en "Almanaque Gallego" e "Eco de Galicia". Foi defensor da lingua galega e dos emigrantes e membro da Real Academia Galega.
Dedicóuselle o Ano Cultural 2001, púxoselle unha escultura na rúa da Cultura, dedicóuselle unha rúa e fixéronse varios actos sobre a súa memoria, entre eles as publicacións seguintes: Arca Caldas, Olimpio: Emigrantes sobranceiros, Ed. Caixa Pontevedra, Arca Caldas, Olimpio: Bemardo Rodríguez Ribeira, Ed. Fundación Cultural da Estrada, 2002.
Esperanza García Cerviño (1893-1971), mestra nacida nesta mesma parroquia lembrada polo seu dinamismo, modernidade pedagóxica e exercicio do maxisterio en distintas escolas de Galicia, para xubilarse na da súa parroquia. Sobre ela escribiu O. Arca Caldas en "Mestres Estradenses que fixeron escola".
TELEFONÍA: mixta (con cable e TRAC).
* A Estrada rural.1990 Ed.. 2007.

Vea (San Xiao)*
Pedro Varela
Parroquia de 96 cabezas de familia e 454 habitantes, que dista da Estrada uns oito quilómetros.
Lugares: Reguengo, Vilanova, Gondomar de Arriba, Gondomar de Abaixo, Dorelle, O San Bartolomeu, A Igrexa, Rabiáns dos Labradores, Rabiáns dos Cabaleiros, Vixín, Sandelle, Bouzamar, O Pouso e A Torriña.
Diremos algo do significado ou etimoloxía dos nomes destes casaríos: Reguengo vén dun regueiro ou regato que hai nas inmediacións. Vilanova equivale a aldea recentemente fundada. As denominacións dos Gondomar proceden, segundo opinión do Padre Seguín, notábel historiador rexional, de Gundemaro, que foi rei de Galiza. Dorelle parece que debe o nome ao apelido do fundador ou primitivo aforante. San Bartolomeu, ao santuario con capela que alí existe. Non falta quen pense que Rabiáns vén de Rauveana, divindade mitolóxica da antigüidade. Vixín, de visum, “punto alto para ver ben”.Bouzamar, de moita bouza, “anaco de terreo inculto con matogueira”. A Torriña debe o nome a unha torre pequena ou fortaleza de escasa importancia que alí houbo.
Lindeiros: norte, Santa Cristina e Baloira; sur, Santo André e Matalobos; leste, Toedo e Matalobos; oeste, Santo André e San Xurxo, cun regatiño no medio.
As vías de comunicación consisten en camiños antigos e tamén as pontes de Facian, Vilanova, Ponte Sala, Dorelle e Tallo.
Bañan esta parroquia os regatos seguintes: o que descende da Bragada; o de Porto Caeiro que xorde en Baloira; outro que descende de Matalobos e, despois de pasar por Gondomar de Arriba, desemboca no da Bragada; e o de Pico Calvelo que nace en Teáns, (monte Xesteiras).
O 18 de xaneiro de 1856 foi nomeado mestre de San Xiao de Vea, D. Enrique Rodríguez, grazas ao esforzo do párroco D. Nicolás Villar. Actualmente o ensino primario está a cargo dun mestre nacional, que exerce nun local construído ao efecto pola Sociedade de agricultores que ten a parroquia, coa súa sección «Seguro de gandos».
No eclesiástico: A freguesía estivo unida a Santo André de Vea; como beneficio curado foi o ultimo cura da unión, D. Esteban González de Fuenrábida, nos anos 1725-1756. Seguiu de cura ecónomo D. Juan de Villar até 1759 en que se efectuou a separación. Tivo, a partir deste ano, como primeiro cura, ao bacharel D. Juan Rodríguez Reimóndez, que foi sepultado o 25 de xullo de 1780 na capela maior. Dese señor cabe supoñer que, debido ás virtudes que o adornaban, adquiriu grande sona, pois apesar do laconismo que se empregaba naqueles tempos ao estender as partidas de defunción, aparecen no libro correspondente estas edificantes frases: «recibiu os Santos Sacramentos como verdadeiro cristián e cura dos de maior ciencia e virtude deste arcebispado». Sucedeuno o ecónomo D. José Rivas Pereira até 1782, en que tomou posesión o novo párroco, licenciado D. Jacobo de Castro, avogado da Real Audiencia de Galiza; e tivo por tenente a D. José de la Riva Miranda, que pasou a ecónomo en 1792 e desempeñou o cargo até 1794, en que se encargó D. Bernardo de Rivas, que tivo como tenente a D. Antonio C. Gómez: o D. Bernardo finou o ano 1809 e entón fíxose cargo da parroquia D. Manuel Casal, presbítero, de San Xurxo, e por defunción deste, sucedeuno o seu irmán D. Antonio. En 1811 pasou á parroquial o Doutor D. José García Abalo, elixido en 1826 Cóengo Lectoral da Santa Igrexa Catedral de Lugo. Despois, ata 1828, houbo o ecónomo D. Gregorio Bustelo; e neste ano tomou posesión o párroco D. Manuel Antonio Revoredo, quen faleceu o 25 de abril de 1847. Encargouse o ecónomo Frei Domingo Briones, misioneiro apostólico do Colexio de San Antonio de Herbón, até 1849, ano en que foi cura propio D. Juan Domingo Fernández, de Ribadulla (Vedra). Finou este señor en 1870 e encargouse da freguesía o ecónomo D. Manuel Rodríguez de Aguións. En 1877 tomou posesión o párroco D. Nicolás Villar Caxuso, quen desempeñou o cargo até 1873, en que o ocupou o ecónomo D. Manuel Balseiros Castro. O 1 de xuño do devandito ano encargouse D. Juan Canabal Balseiros, sobriño do anterior, que rexiu ata o seu falecemento, ocorrido o 9 de marzo de 1919. Encargouse o ecónomo D. Juan Miranda e a primeiros de maio de 1921, o párroco actual D. Manuel Vivero García, procedente de Santa Cruz de Ribadulla, culto e atento, a quen non podemos aforrar unha nota especial de agradecemento pola amabilidade con que recibiu a nosa visita cando fomos en busca de antecedentes, e o empeño e acerto que puxo facilitándonos estes e outros datos.
Desde tempo inmemorial dáse en San Xiao o toque de ánima ás nove da noite, sendo costume dos fieles rezar tres nosopais. Isto facíase en combinación con Santa Cristina, que tocaba ás oito (agora tamén ás nove). Santo André faino ás dez e San Xurxo, ás once; dise que Frades tocaba algunha vez ás doce da noite. A igrexa é boa, de cruz latina incompleta. Experimentou algunhas reformas, obedecendo á data da máis importante unha inscrición que se le sobre a porta principal e di: «D. OM. O A. D. N. I. MDXXLXI1I. RECT. IOANNE R. REYMONDEZ». A torre é importante, dela penden dúas sonoras campás fundidas en Santo André de Vea o 31 de outubro de 1818 polo campaneiro de Arcos da Condesa, D. Juan Manuel Blanco. O retablo maior da igrexa é de estilo renacemento, de dous corpos, artístico, construído por D. Gregorio Arias Mariño, de Santa Cristina de Vea, mestre de escultura e arquitectura, no ano 1783. Este artista, en 1784, fixo tamén a imaxe do patrón, á que non falta mérito. En canto a confrarías, podemos sinalar que houbo a de San Roque, extinguida actualmente, cuxa fundación, a xulgar polos libros do arquivo parroquial, remóntase ao ano 1607; a do Sacramento, que existe e procede de data anterior a 1654; a do Rosario, que tamén existe na actualidade e aparece mencionada xa en documentos de 1638, ano en que era mordomo Juan da Rama; a de Ánimas, tamén en funcións, fundada alá polo ano 1670; a de Nosa Señora do Consolo, organizada en 1765, sendo párroco o Sr. Reimóndez, home sabio e virtuoso, de grata memoria, que levou a cabo as grandes reformas do corpo principal da igrexa; a da Doutrina Cristiá, fundada o 8 de febreiro de 1908, en tempos de Canabal, que tamén fundara en 1894 a Asociación Xosefina e o 1 de novembro de 1902, a do Apostolado da Oración do Sagrado Corazón de Xesús.
Separada da igrexa e no punto da súa denominación, levántase a importante ermida de San Bartolomeu, cuxa data de fundación se descoñece, aínda que se sabe que xa existía na primeira metade do século XVI, a xulgar polo libro da confraría correspondente, e que acadou grande importancia con confrades de dentro e fóra da parroquia. Extinguiuse no século pasado. Sobre a porta principal do templo hai esta inscrición: «El cuerpo de esta capilla y alce fon. de limosna las obras—Año de 1754»,
Os veciños de San Xiao de Vea sufriron o infausto día 4 de marzo de 1809 a dor profunda de ver caer, cribado a balazos franceses, o seu virtuoso párroco D. Bernardo de Rivas, que con elevado patriotismo figuraba no cadro directivo das célebres alarmas de Vea. O acto bárbaro tivo orixe, segundo se vén asegurando, en que, ao penetrar os invasores na comarca de Vea, escribiron ao Sr. Rivas para avisalo de que non alarmase o pobo coas campás e de que lles enviase á Casa Nova de Santo André os víveres que tivese ao seu alcance. Mais, apesar da amenazadora comunicación, as campás tocáronse violentamente e os víveres non se enviaron. Por iso as tropas de Napoleón botáronse sobre San Xiao a sangue e lume, e o cura, aínda que indefenso, agardounas con singular valentía, acompañado de varios fregueses. Así é como foi alcanzado polos balazos xunto a un hórreo que aínda existe na eira da casa coñecida por “da Rama”, contigua á reitoral. Segundo a opinión dos anciáns, aínda se conservan no sitio pegadas dos proxectís. Co párroco pereceron os veciños Gabriel Loureiro, de Gondomar de Abaixo; Juan Villar, de Rabiáns dos Labradores; Manuel García, de Gondomar de Arriba, e algún outro. Os demais fuxiron e, unidos aos de San Xurxo e Santo André, internáronse nos montes de Frades e utilizaban a igrexa para as súas reunións. Como os estómagos tiñan esixencias, en grupos baixaban a moer o gran para o pan no muíño máis próximo e cocían no forno que tiñan máis á man, todo en común. Así fóronse sostendo e preparando aqueles patriotas e con algúns reforzos doutros puntos, fixeron pagar cara a fazaña aos franceses, causándolles moitas baixas cando trataron de pasar a ponte Vea. Contristaba o ánimo, hai algúns anos, oír contar aos vellos os horrores da contenda, pois eles viran vagar polos montes os paisanos, coas súas cousas ao lombo e os fillos menores chorando, ocultos nas barrancas; e arrepía o feito, que corre como cousa certa, de que un pobre labrador de Gondomar se ocultou entre un carro de leña e con ela foi queimado.
Festas anuais: a do patrón, San Xiao, o 7 de xaneiro; o día seguinte, San Antonio; ao outro, a Concepción; o 24 de agosto, a de San Bartolomeu, o día seguinte, a do Carme e San Roque; e a do Rosario, o primeiro domingo de outubro.
Outras particularidades: en San Bartolomeu hai un castro no que os paisanos fixeron escavacións buscando soñados tesouros.
En sesións municipais do ano 1873 autorizouse, a instancia de José Balado Eiras, a creación dunha feira para celebrala os días 25 de cada mes no punto de San Bartolomeu. Noutra sesión, o 26 de marzo de 1898, autorízase novamente a celebración de tal feira, que debeu ter pouca vida e na actualidade non existe.
Existen na parroquia 17 muíños fariñeiros e en proxecto outro máis, cuxas augas se utilizarían tamén para un serradoiro.
De San Xiao procederon D. Pedro García, cura de Couso; D. José Barreiro, que morreu sendo patrón da fundación de Figueiroa e cura de Poulo (A Coruña); D. Juan Miranda, ecónomo en Cora; D. Bernardo Rodríguez, ex-tesoureiro da Universidade de Bos Aires.
Hai anos fixérase célebre unha taberna situada nun punto próximo á capela de San Bartolomeu, chamada «Casiña» e cóntase que, como nela se fraguaron moitos crimes e outros excesos, foi demolida e situouse no seu lugar o actual cruceiro como para redimir un soar de desgraciada celebridade.
* A Estrada, 1923. Ed. 2017