A emigración estradense na Arxentina
I. A ESTRADA NO ÁMBITO DA EMIGRACIÓN: UN APUNTE
Coma tantos outros concellos galegos, A Estrada tivo significativa presenza na nosa comunidade inmigrante do alén mar e, máis concretamente, en Cuba, Arxentina e Venezuela. Deixaremos aquí algunhas breves referencias a tal feito.
Polo que a Cuba se refire, o día 14 de xuño de 1915 nacía a Sociedade Hijos del Ayuntamiento de La Estrada. En 1936 sobrevivía aquela entidade societaria presidida por Eleuterio Neira Campos. Naquel mesmo 1936 a revista Cultura Gallega (1936- 1940), que dirixía Adolfo V. Calveiro, incluía na súa sección “Vida social de la colonia”, noticias sobre a dinámica (conmemoracións, homenaxes, xantares, bailes) cotiá de sociedades como Unión Villalbesa, Unión Trivesa, Partido Judicial de Arzúa, La Aurora de Somozas, Calo y Viduido ou Unión Barcalesa e, entre elas, xorde tamén a
de Hijos del Ayuntamiento de la Estrada, que en 1936 celebraba os seus XXI anos de
vida.
En Bos Aires as sociedades estradenses foron dúas: Unión Estradense e Federación Agraria de La Estrada. Froito dunha asemblea celebrada o 23 de outubro de 1943 é a fusión das dúas entidades na resultante dunha terceira e única: Centro Cultural del Partido de La Estrada, presidida xa en 1943 por Justo Tato. En 1949 chega a obtención da Personalidade Xurídica da nova sociedade e a aprobación dos primeiros Estatutos. Os socios fundacionais foron 90 e a sede social primeira estaba na rúa Humberto Primo, 1345, da capital bonaerense. En 1988 era presidente José M. Castelao
Bragaña e en 1998 era Ignacio Turnes quen ocupaba o cargo. O maior número de socios
chegou a 820 en 1989.
En 1998 o pazo social estaba na rúa México, 2849-51, había 710 socios e a publicación voceira era El Estradense (1987), mensuario que tiraba 1.000 exemplares.
Fomentar a unión de todos os estradenses da Arxentina e dar a coñecer a cultura galega foron e son metas desta entidade que mantén o grupo folclórico “Meigas e Bruxos”. No ano 1988 o Centro Cultural del Partido convertíase nunha das 52 asociacións fundacionais da chamada Federación Unión de Asociaciones Gallegas de la República Argentina, e nesta situación continuaba a comezos do século XXI.
Unión Estradense, sociedade fundada o día 8 de maio de 1916 naceu como entidade de “Instrucción-Fomento-Cooperación”. En 1941 a súa voceira, a revista Unión Estradense (fundada en 1918) cumpría o seu trixésimo terceiro aniversario. Dous anos despois e tras un proceso unionista, a sociedade, con XXV anos de xeira, desaparecía.
Na capital venezolana, Caracas, nacía en 1959 o Centro Benéfico Social Hijos de La Estrada, con Manuel Goldar Vieiras como presidente. A súa sede social estaba na Avenida Nueva Granada, apto. 40205 e só 5 foron os socios fundacionais dunha entidade que en 1960 aprobaba os seus primeiros estatutos e que en 1987 contaba con 389 socios, que baixaban a 200 en 1998 e a 190 no 2000. O ano 1979 foi o de maior afluencia societaria, con 460 socios.
Tivo este Centro estradense dúas publicacións voceiras: Un país llamado La Estrada (1992), que tiraba 400 exemplares e dirixía José Sanmartín, e o Boletín Centro Benéfico y Social Hijos de La Estrada (1982) que tirou polo menos dous números, datados en 1982 e 1990, aínda que é posible que houbese algún outro. Tiraba 500 exemplares. A súa sede social estivo sempre na Hermandad Gallega de Venezuela.
II. REFERENCIA (INCOMPLETA) DAS PUBLICACIÓNS ESTRADENSES NA ARXENTINA
Ademais da xa citada Unión Estradense, houbo outras publicacións voceiras das sociedades que os emigrados da Estrada publicaron en Bos Aires. Así acontece, por exemplo, con La Libertad, que quizais comezara a súa xeira en 1920 e que se anunciaba como mensuario voceiro ou “Órgano oficial de la Federación Agraria Residentes del Distrito de la Estrada”.
Consultamos da xeira desta revista impresa na Tipografía-Litografía Ernesto A.Petenello, na rúa Bartolomé Mitre, 2339, o número 58, datado en agosto de 1926. Leva na parte superior da cabeceira a referencia ao “Año IV”, o que fai pensar que ben puidera ser 1923 o ano da súa aparición. Chama a atención a abondosa publicidade.
Desde logo, La Libertad é un boletín societario no que pouco máis anotamos que informacións internas da sociedade que o publica. O crecemento cuantitativo de asociados, a organización da festa da sociedade no Centro de Almaceneros (7-VIII-1926), a xuntanza da Comisión Directiva, o estado das contas, as axudas ao Concello da Estrada, os datos do movemento social, as novas da Estrada, algunhas necrolóxicas e algunha información tomada da prensa española (“El problema de Tánger”) son asuntos destas certamente precarias 16 páxinas nas que o único en galego é a composición “Motivos da aldea. Neve”, de Xan d´a Poza. Outros colaboradores son Benito
Cabaleiro, Tino ou D. el P. A.
Para pouco máis dá El Estradense, tamén un pequeno (formato 17 x 22 cms.) boletín interno da sociedade Centro Cultural del Partido de La Estrada que no seu nº 5 ía polo ano I da súa xeira, datado o número en setembro de 1988. Debeu durar polo menos ata 1995, pois en novembro dese ano apareceu o nº 62 (novembro de 1995). Os moi pobres medios técnicos acreditan unhas páxinas de factura caseira, con frecuencia de moi deficiente impresión. As novas informativas do Centro a carón doutras da Estrada vertebran a revistiña (que, en efecto, no nº 5 explicita a súa condición de “boletín informativo”) que está dirixida por Teodoro García cos asesores Manuel Castelao
Bragaña e Alicia González.
Ata algo máis de 50 páxinas chegou algún número, e esa cifra atopámola no nº 62 (novembro de 1995), no que entre anacos informativos tomados da prensa galega (textos de Alfonso Monxardín, Fernando Franjo, Francisco J. Gil, J. Trillo, Ana Calvo, J. C. Campillo, Suso Souto, Amaya Iribar, Alejandra García ou Teresa Márquez ) e integrados na sección “Leyendo los diarios”, atopamos un poema de Gumersindo Brea Romero. Por este número 65 sabemos que El Estradense tiña, en 1995, unha tiraxe de 1.000 exemplares e continuaba Teodoro García como director; e tamén que a sociedade estradense de Bos Aires, que auspiciaba o boletín, cumpría o seu LII aniversario, xa que nacera en 1943.
Na mesma liña (pobreza estética, escasas páxinas, textos “roubados” da prensa galega, moi deficiente impresión das páxinas, reprodución ciclostilada dos textos) temos Centro Cultural del Partido de La Estrada, do que, polo menos nos números que repasamos, nin sequera consta data de publicación. Porén, entre precariedades e deficiencias, en 1986 aparece un número que recolle o acontecido naquel ano e, moi en especial, o traslado á Estrada dos restos mortais de dona Virxinia Pereira de Castelao e o seu fillo Alfonso para ser soterrados no cemiterio de Figueroa. Tal nova, xunto coa homenaxe popular aos finados, ocupa case todo este número, en cuxo interior figura a data 4-XI-1986, aínda que na derradeira páxina haxa unha felicitación de Nadal da Comisión Directiva do Centro, cuxa sede social estaba na rúa México, 2849.
Por fin, e tamén en calidade de boletín informativo interno, este Centro Cultural estradense publicaba con certa dignidade a súa Memoria y Balance, publicación da que vimos a datada no 31 de decembro de 1996 (correspondente ao “Ejercicio nº 48”). Faise nestas páxinas non só o preceptivo informe da economía da entidade, senón tamén o rexistro de actividades sociais, culturais, benéficas, folclórico-artísticas, gastronómicas, etc. Ignacio Turnes preside o Centro e Teodoro García é o secretario xeral. Este número, de novo sen datar, tivo que saír despois do 30 de marzo de 1997.
* Texto recollido da presentación da publicación dixital na Biblioteca Cervantes e Galiciana.

III. A REVISTA UNIÓN ESTRADENSE
a) Ficha técnica TÍTULO: Unión Estradense. LUGAR: Bos Aires. ANO: 1941 (maio). EDITA: Sociedade Unión Estradense de Bos Aires. Fundada o 8 de maio de 1926. Dedicada a “Instrucción. Fomento. Cooperación” e integrada desde 1943 na Federación de Sociedades Gallegas. A sociedad conmemora o XV aniversario do seu nacemento e dedica este número da súa revista á “muller estradense”, representada nesta ocasión por Dª Virginia Pereira, dona de Castelao. A homenaxe contou coa adhesión da Federación Agraria de La Estrada e tivo lugar o día 17 de maio no Salón-Teatro Centro de Almaceneros de Bos Aires (vx. Programa, p. 12). NÚMERO DA REVISTA: “Extraordinario en conmemoración del XV aniversario social. Homenaje a la mujer estradense en la persona de la dignísima señora Virginia Pereira de Castelao”. ENDEREZO SOCIAL: Alsina, 1195 (Bos Aires). NÚMERO DE PÁXINAS: 32, máis tres de publicidade. FORMATO DE PÁXINA: 18´5 x 25´7 cms. PUBLICIDADE: Ocupa amplo espazo. Parte dela pertence á sociedade editora da revista. A outra parte é comercial, industrial, de empresas, fábricas e almacéns de todo tipo, a carón de profesionais. ILUSTRACIÓNS: Non é esta unha publicación notable neste terreo. Aínda así, hai fotografías de interese (a escola de Guimarei, o palleiro) e outras, pequenas, de colaboradores da revistas, xunto coa de dona Virginia Pereira. Está tamén o “Castelao” do gravado de Carlos Maside. COLABORADORES LITERARIOS: textos de Castelao, Rosalía, Rodolfo Prada, Cabanillas, M. D. Varela Buján, E. Pondal, Francisco Sánchez García, Ramón Rey Baltar, Curros Enríquez, Alfredo Numa Córdoba, José M. Chao Ledo, J. M. Brea e Manuel Lustres Rivas. Son 13, en total. CONTIDOS. ORIENTACIÓN: As achegas de carácter literario-cultural enchen estas páxinas, que ben pouco informan da sociedade de emigrados estradenses que as auspician e patrocinan. A muller (ou nai) estradense (ou galega) son asunto de relevo en verso ou prosa nos textos de Rodolfo Prada, Curros, F. Sánchez García ou José M. Chao Ledo. A instrución ten a súa representación no didáctico escrito de Varela Buján. Castelao deixa un sentido texto sobre a “súa Estrada”, confidencial e autobiográfico. Historia, teatro, música popular ou lingua son asuntos tamén presentes nesta revista estradense voceira dun grupo de emigrantes “pletóricos de entusiasmo democrático” que tentan colaborar nas “obras que representan manifestacións de progreso y mejoramiento social” entre as que salienta a construción e dotación de libros de escolas. No programático “Quince años” (p.3) rexeitan con claridade “la traición cometida contra el pueblo de nuestra patria” e fan afirmación de fe republicana, “único sistema político que puede devolver la dignidad a un pueblo”. A orientación ideolóxica da Unión Estradense resulta ben evidente. b) Índice de colaboradores BREA, J. M.: “Temporada de teatro gallego”, p. 23. CABANILLAS, Ramón: “A rosa que sangra”, poema, acompañado dunha ilustración, p. 13. CASTELAO: “Aos estradenses”, acompañado dunha caricatura do autor realizada por Maside, p. 4. CASTRO, Rosalía de: “Airiños, ariños, aires”, poema, p. 5. CHAO LEDO, José M.: “A mi madre”, poema, p. 27. CURROS ENRÍQUEZ, Manuel: “Tributo de sangre”, poema, p. 32. LUSTRES RIVAS, Manuel: “El «alalá»”, pp. 29-31. NUMA CÓRDOBA, Alfredo: “¿Qué opina Ud. de la mujer?”, p. 23. PONDAL, Eduardo: “A fala”, poema, con ilustración, p.18. PRADA, Rodolfo: “A muller estradense”, p. 6. REY BALTAR, Ramón: “A unión fai a forza”, p. 21. SÁNCHEZ GARCÍA, Francisco: “A muller galega”, pp. 8-9. S/S: “Comisión de fiestas”. “Junta ejecutiva”, con ilustracións fotográficas, pp. 16-17. “Glorias de Galicia”, p. 10. “Nuestro homenaje a la mujer estradense”, p. 1. “Quince años”, p. 3. “Valiosa adhesión”, p. 1. “1810 - 25 de mayo - 1941”, p. 11. VARELA BUJÁN, M. D.: “O mellor faro para impedir qu-os pobos tropecen, é unha escola”, con ilustracións fotográficas, pp. 14-15. |
php.Element.Def.Pdf_Fallback
|