PRESQUEIRAS: posiblemente sexa o resultado dun étimo *Petriscarias, derivado do latín PETRAM. O sufixo latino –ARIAM (que se converte en –eira en galego), ten aquí significado locativo ou abundancial, é dicir, fai referencia a un lugar onde abundan as pedras, é dicir, un terreo de constitución pedregosa.