As pedras
Manuel Reimóndez Portela
0. Limiar
Cando a pedra durmida e acochada
da terra nai no garimoso seo
esperta do seu sono milenario
e quer ser oración e pensamento
florece nun varal, estende os brazos,
e póndose de pé faise cruceiro.
Diría Cabanillas en fermosísimo verso con alusións a pedras e cruceiros. A pedra, sen dúbida, ennobrece o espírito, engrandece os sentimentos e faille posíbel ao artista crear verdadeiras obras de arte. Outras pedras chantadas, lucindo unha presencia chea de maxestade que poden tamén ser usadas de moitas maneiras, traballadas pola man do home, teñen sempre un senso imperecedoiro, inmorrente...; pedras empregadas de tantas maneiras, tan importantes..., tan esquecidas.
Son moitas as pedras gue nun ou outro senso son dignas de loanza, pola súa historia ou pola súa lenda. Que mais dá!.
Danos mágoa comprobar como a xente en xeral pasa un día e outro pola beira dunha pedra chea de significado sen decatárense da súa importancia, que tivo e ten...; sen decatárense cadaquén, e polo mesmo sen transmitilo ós mais.
Sempre que pase onda unha pedra, unha peneda ou un marco, pregúntese que quere dicir, se ten historia...; se non, pregunte ós demais, poida que un veciño saiba, ou se non, ouvise dicir....Moitas veces levarase unha fonda satisfacción, ademais dunha agradable sorpresa.
Cando menos pregámoslle defenda e protexa as pedras, non deixando que desaparezan, nin os marcos, nin as penedas sobresaíntes, nin os topónimos que xeralmente as acompañan. Con iso enriquecerémola cultura entre nós e mais entre cantos teñan curiosidade por saber de A Estrada descoñecida.

1. Pedras de lindeiros da Estrada
A Estrada coma Concello ten os seus lindeiros "defendidos" por marcos. Poida que a derradeira vez que se sinalaron estas lindes fose nos primeiros anos deste século.
Son moitos os marcos ou pedras que fan de marcos, que separan a nosa terra dos Concellos veciños (que tamén son moitos) tendo en conta a -grande extensión do noso (281'8 Qm2)
Lindamos con Silleda, Forcarei, Cerdedo, Campo Lameiro, Cuntis, Valga e Ponte Cesures; e polo Norte, en moitos quilómetros, co río "grande", o río Ulla, que nos separa de A Coruña e dos Concellos de Boqueixón, Vedra, Teo e Padrón.
O río é unha estrema natural, ben fermosa por certo, que non ten porque ter marcos. O resto ten fixados os lindeiros por camiños e corredoiras, regueiros, penedas (sinaladas ou non) e, por suposto, marcos postos adrede.
Pedras, penedas e marcos con historia ou lenda, e moitas veces con suxestivos chamadeiros nos que deberíamos matinar a miúdo para atoparlle a súa etimoloxía. Por desgracia algúns marcos desapareceron por motivacións que están no maxín de todos.
Sinalemos moitas delas.... A maioría aínda poden recoñecerse.

1.1. A pedra da edra
En Orazo, Lugar de Castrovite, no Souto de Leiras, nunha corredoira fonda e húmida entre car hallos, pódese ver unha pena que ten marcada unha. cruz.
Nos primeiros anos deste século decidiron poñer marcos alí o Concello da Estrada e maiio veciño de Silleda. Poron encargados do trahallo por A Estrada o Perito Paustino Viliaverde, veciño dalí mesmo, e por Silleda un tal Cesáreo Notario e veciño daquela Vila.
Lespois ae moitas voltas aiscutinao fortemente onde terían que mar car, o Villaverde ameazou 6 outro con enchelo de paus se non se marcaba na peneda que dicía. C Cesáreo non tivo máis remedio que a ceptar, mudándose no seu cabalo, vendo oue os de Orazo eran moitos e non estaba o alcacén para gaitas. Osveciños saben Den da peneaa coa cruz...

1.2. O Marco de San Marcos
Mais ao sur da Pedra da Edra e na paraxe chamada Campo de San Marcos estaba este marco. Hoxe teñen alí unha capela. os veciños de Lamela, parroquia xa de Silleda, que en épocas antigas pertenceu a Castrovite.
1.3. O marco de Rañalos pés
Xa máis ao Sul, no monte lindando tamén con Silleda, está este marco con propiedades menciñais, xa que os veciños tiñan por costume aconsellarlle á xente, cando tiñan sabañóns e lle picaban os pés, que os foran rañar alí. S así o dito: "vota raña-los pés ó marco que defenae á Parroquia contra Lamela...". E se cadra sanaba.
1.4. Pena dos muros
Xa preto do serrón da Pereira, no cruce da estrada Vilapouca-Pontevea, onde fai anos había un cruceiro, hai unha pena tamén importante, ainda que a xente non lle fai moito caso. E a pena dos muros.
1.5. Rapadoiro
É unha pena que ten unha cruz e que fai de linde con Forcarei.
1.6. Pena de tras da Tomba
Está situada máis ao Sul e, como o seu nome indica, diante dela debeu de haber un sitio para enterrar, probablemente unha márnoa. aquí está a grandísima importancia que teñen os topónimos.
1.7. Marco Frende
Marco de moito renome, preto do antergo camiño de Carrás, ao que lle segue, coma lindeiro, a Cruz do Couto, onde hoxe en día xa non hai a cruz, ainda que no seu tempo tivo que habela. Os chamadeiros algo queren dicir.
1.8. A pena dos reis
¿Por que dos reis...?. E unha de tantas incognitas que temos todos diante para auen a toida resolver.
1.9. Mámoa do boi morto
Pouco mais adiante atopamos esta mámoa no alto do monte, case rematando o lindeiro con Silleda, e cun chamadeiro verdadeiramente significativo.
1.10 Marcos de Sabucedo
Onde sen dúbida están ben representados todos os marcos é na parroquia de Sabucedo, aínda que é unha mágoa que xa falten algúns. Arrodeando á parroquia temos:
Coto de Oural de Mana, Fonte da Armada, Outeiro da Serra, Pena Taboaza, Outeiro das Cervas, Detrás do Carbón, Retortoiro ou Cancela do Marco, Marco de Feal e Marco de Espiñeira.
Estas pedras dividen a parroquia de Cerdedo e mais a de Codeseda, ambas as dúas do Concello de A Estrada. No MARCO DA ESPIÑEIRA houbo ademais un cruceiro moi importante onde, noutros tempos, xuntábanse as xentes das parroquias veciñas de Sabucedo e Cerdedo para falaren das súas cousas: camiños, augas..., e mais de canto atinguise ás eguas que formaban a "eguada" do Santo. Tamén alí mesmo xuntában se cada ano as bestas para ir dereitas ao Campo do Medio o día da Rapa.

1.11 Cabado
No alto deste monte, case que a 800 m. de altura, hai unha pena sinalada cunha cruz, na chamada POZA DA LAGOA.
1.12 Pico do Aguillón ou Rega da Herba
Tamén é unha pena sinalada cunha cruz.
1.13 Marcos que nos defenden de Cuntis
Moi rechamantes polos seus chamadeiros son os marcos que nos "defenden" de Cuntis:
PEDRA MONA, CAMPO DA BESTA, PEDRA DA AGUIA, OUTEIRO DAS TRES LAGUIÑAS, OUTEIRO DO CASTELO, PEDRA LOBEIRA, PEDRA DA RAPOSIÑA... De to das elas a PEDRA MONA, tamén chamada PEDRA DE NINOMOL, é moi importante por ser lindeiro entre A Estrada, Cuntis e Valga.
Algunhas desta Pedras ou Marcos están sinaladas cunha cruz. Así te mos unha pedra no CAMPO DA BESTA, outra no OUTEIRO DAS TRES LAGÜIÑAS e rematando a PEDRA LOBEIRA.

1.14 Cábado
Outeiro Da Trigueira Outeiros De Casal-Paio E Portela Pedra Mina. Todas elas teñen unhas marcas coas letras E. V. Seguen os lindes polas pedras con nomes moi significativos PEDRA I)A MINA, PEDRA FURADA, PEDRA REDONDA, PEDRA GRANDE, PEDRA DA BESTA, PEDRA LONGA...
Demos unha volta arredor de A Estrada sinalando as pedras máis importantes. Nomes para matinar neles, pedras para conservar sempre e ter en conta decote por cada estradense.

2. Pedras lindeiros de parroquias
Sinaladas as máis sobranceiras pedras dos nosos lindeiros coma Concello, deixemos agora sinalados algúns lindes antre as nosas parroquias, fixados en pedra.
Soamente nomearemos uns poucos que coñecemos. Ten que haber moitos máis, anque moitísimos desapareceron porque coma lindeiros de parroquia xa non teñen o mesmo interese que os dos concellos ou provincias. Ademais, en xeral, os marcos eran máis pequenos que os outros, sendo máis doado aproveitarse deles coma tal pedra ou por seren un atranco.

2.1. Pena da Burata
Nesta peneda, que fai linde entre a parroquia de S. Miguel de Castro e a súa veciña de Arnois, no lugar chamado A Burata, preto da antiga ponte da Ulla, pode verse unha cruz marcada na mesma pedra.
2.2. Marco de Rendo
Situado entre as parroquias de Arnois, Oca e Riobó, nun cotarelo do lugar de Rendo. Alí xúntanse as tres parroquias e para elo téñeno sinalado con este marco.
A pedra ten forma ae pirámide irregular e o máis chamativo é que ten catro cruces debuxadas. A meirande está no máis alto, e ten por senso sacralizalo marco e mailo sitio. Debaixo desta atópanse as outras tres, máis pequenas, en representación de cada unha das tres parroquias que alí se xuntan.

2.3. Marco Berres-Moreira
E o linde entre as parroquias de Berres e Moreira. Está situado nun monte, á dereita da estrada Callobre-Ponte Ledesma, pouco despois da fábrica de Berres.
3. Marcos de foros
Para seguir co estudio dos marcos ae pedra imos a falar dos que se refiren aos lindeiros dos antergos Cotos ou Xurisdicións nos que estaba dividida a nosa terra. Só atopamos dous destes marcos: un en Remesar e outro en Rubín. Ambolos dous teñen coma un metro de alto.
3.1. Marco de foro en Remesar
E un marco grande, unha pedra pouco regular e sen "traballar", chantada no monte chamado de Badoucos, preto do Río Bó e da ponte de Chancelas, na banda de Remesar. Debeu ser lindeiro do Coto ou Xurisdición de Oca.
3.2. Marco de foro en Rubín
Tamén é unha pedra grande. Está chantada no monte preto do lugar de Bemposta da parroquia de Rubín, a carón da pista que baixa desde o Colexio de O Poxo. O monte ten por nome "O Montiño".
Ningún dos dous marcos ten sinales ou datas.

4. Pedras que teñen sona
Son esas pedras con historia ou lenda que teñen sona para as xentes que as coñecen ou que as teñen por veciñas.
Se as pedras que deixamos sinaladas son de ter en conta, estas son aínda se cadra moito máis importantes e, por suposto, dignas de coñecer persoalmente, para con elo descubrirmos eso noso que temos tan preto e do que nin nos decatamos.

4.1. Penedo do Mosqueiro
Situado no monte do Outeiro de Arriba, ó Sul-Oeste, preto da Pena Lobeira e da estrada Chapa-Carril, na parroquia de Agar.
E unha pedra moi grande enriba doutras dúas que a sosteñen deixando un paso entre elas. Todas xuntas forman como un sobretodo onde se acochan os rapaces cando chove mentres botan o gando a pacer, Os veciños din que é un penedo encantado xa que na mañá de San Xoan aparece nel unha galiña con pitiños de ouro.

4.2. Laxe longa
Como ben di o seu nome é unha laxe moi longa preto de Valiñas, tamén na parroquia de Agar.
Na mesma parroquia, cerca do Penedo do Mosqueiro, temos máis dunha media ducia de pedras que a xente chámalles AS PENEDAS, todas elas con fochancas ou "aras".

4.3. A pedra do Outeiro de Mamuela
Esta é unha pedra boa para galistrar. Ollase a rente do chan e vese como foi traballada á maneira circular, con 63 cm. no máis ancho e 53 cm. no máis estreito sendo o medio un chisco sobresaínte e tendo arredor un suco máis fondo duns 25 cm. aproximadamente. Mesmo semella o pé dun muiño a ras do chan.
Dí Xosé Neira, veciño de alí, que lle teñen dito que na casa doutro veciño tiñan unha pedra moi grande e redonda semellante á ca pa dun muiño.
Poida que se trate dunha forma de moer moi antiga. No centro ten un burato cuadrangular onde encaixaría un pao formando un eixe aue tería suxeito de lado outro pao formando ángulo recto e co que se podería mover a capa ao redor por persoas ou animais.

4.4. Pedra Lobeira
Esta pena estaba nos lindeiros co Concello d.e Valga, na parroquia de San Miguel de Barcala, pero destruírona desgraciadamente. Mais, preto de alí, anque un chisco xa en terreo de Bandin, temos unha pedra tamén propia para galistrar. Chámanlle os veciños a
4.5. Pedra das Olas
É unha pedra grande, case que lisa, un pouco redonda, que está á beira dun camiño e da pista a Bandín (a parte de abaixo cara o r£o) que non semella ter que ver, mais por debaixo está foca e chea de grandes fochancas ás que se chega por un pasiño entre a pedra e a terra. Verdadeiramente parecen olas ou grandes pozas, sen que teña explicación doada como puideron ser feitas al£. E un supoñer que, estando preto do rio Ulla, aquilo fose antano tamén rio e a auga estivera a facer o traballo á súa maneira.
4.6. Penedo do Naveiro
Asentado no lindeiro Oeste da parroquia de Berres coa de Ribeira. Trátase. dunha gran pena, foca, en forma de cova moi fonda. É crenza dos veciños que ali acochábase polas noites "O Ruso", personaxe entre picarento e ladrón, que habitou, escondéndose pola bisbarra, polos anos 1.930 e seguintes.
O seu nome provén dunha persoa, chamada Naveiro, que tiña a casa en frente do penedo, separada polo regato chamado Ulla que ven do lugar do mesmo nome, e xa na veciña parroquia de Ribeira; anque el tiña terras na banda de Berres, preto do penedo.
Visto desde Ribeira, vese unha grande pena con cara cortada en vertical duns 20 m. de alto que ofrece un aspecto impoñente. Na súa ci. ma, dando cara ó S-0., é onde está o túnel, aberto no cume do penedo nun corte en forma de Z.
Alí en frente está o emprazamento da fábrica de Louzao, fábrica de billas e mais muiño no seu tempo.

4.7. Artesa dos mouros
En Callobre, no cumio do Castro de Friamonde, temos esta peneda.
A súa característica fundamental é a escavación feita, case que a rente do chan, que afonda uns 30 cm. e ten 1'20 m. de longo. Empeza polos 30 cm. ditos discorrendo cara o Sul onde remata case sen profundidade. Os veciños din que polo Sul era máis alta, ata que a romperon. Na cara Sul-Oeste tiña polo visto un burato. Polo Oeste presenta unha parede duns 25 cm. de ancho, xa que despois escavaron a pena, formando outro oco ou pia moito máis pequena.
A artesa, segundo os veciños, usábana os mouros para amasar o pan.