FORCAREI: trátase do que coñecemos como “topónimo de posesor”, é dicir, un nome de lugar que deriva do nome dunha persoa, neste caso, dun tal Fulcaredus, posesor ou dono das terras. O nome Fulcaredus é de orixe xermánica, o cal nos leva aos tempos medievais en que os suevos ocuparon o reino de Galicia e inzaron de topónimos o noso territorio.
Forcarei remata en –i porque deriva, non de Fulcaredus, senón de Fulcaredi, en caso xenitivo. Este caso do latín servía para formar o complemento dun substantivo, como fariamos hoxe coa preposición de: Fulcaredi= “de Fulcaredo”. Isto ía engadido ao substantivo latino VILLAM “granxa, propiedade, explotación agrícola” da seguinte maneira: villam Fulcaredi, “terras de Fulcaredo”. Posteriormente o substantivo villam desapareceu e quedou tan só Fulcaredi, que acabou por derivar no actual Forcarei.
En Galiza son numerosísimas as aldeas, parroquias e vilas cuxas denominacións se formaron mediante ese procedemento do xenitivo dun antropónimo.