A emigración en Deza, Tabeirós e Terra de Montes. Mutualismo e recreo, instrución… e política
Xosé Malheiro
As comarcas de Deza e Trasdeza, Tabeirós e Terra de Montes comparten as características do fluxo migratorio que experimenta o resto de Galicia como parte dunha tendencia xeral europea, e desprega en América —de xeito máis significativo en Cuba e na Arxentina, e en menor medida no Uruguai— unha notable presenza, como se pode comprobar polo número de asociacións que cunha variada tipoloxía alí foron nacendo entre 1908 e 1935. Trátase dunha emigración que se intensifica entre séculos, moi concentrada nos lugares de destino, e que mantén unha relación moi estreita coas súas raíces. Esa relación amosa, como trazo salientable, unha intensa devolución de recursos cara o lugar de partida, ben mediante remesas monetarias ou a través de accións educativas, culturais e políticas, como veremos. (1)
Con respecto á comarca de Deza e Trasdeza, os lugares de destino son preferentemente a illa de Cuba, nun primeiro momento, e a cidade de Buenos Aires e toda a súa área de influencia, máis tarde. Para os emigrantes de Tabeirós e Terra de Montes, ademais dos anteriores, Montevideo, Puerto Rico e Cádiz foron tamén lugares de destino.
Desde o plano individual, deben lembrarse algunhas figuras na emigración arxentina procedentes das comarcas de Deza, Tabeirós e Terra de Montes. Comezamos por José María Blanco Gerpe, nacido en Silleda en 1878. Emigrou moi novo á Arxentina, onde ingresou na Compañía de Jesús, chegando a exercer como profesor na Universidade Pontificia de Buenos Aires. Ou o líder anarquista Adrián Troitiño. Troitiño naceu en Silleda cara mediados do século XIX, e emigro en 1880 a Buenos Aires. Alí traballou como panadeiro e comezou a súa actividade sindical na órbita anarquista. En 1903 foi expulsado da Arxentina atopando acubillo en Montevideo, onde foi redactor do xornal El Obrero. Troitiño encabezou as reivindicacións dos traballadores portuarios, os canteiros e os vendedores de diarios e revistas da área do Prata. Foi o fundador do Sindicato y Caja Auxiliar de Vendedores de Diarios y Revistas, organización que chegou a contar cunha ampla rede de sucursais e máis de 1.800 afiliados. Adrián Troitiño, ou “El Viejo”, como era coñecido entre “los mensajeros sin pausa de noticias”, morreu en Montevideo en 1941, logo dunha longa e intensa traxectoria entregada ás demandas sociais dos traballadores pratenses.
Xunto a estes, malia pertencer aínda ao presente, non podemos esquecer ao escritor Xosé Neira Vilas, nacido en Gres en 1928, que emigrou á Arxentina moi novo. Alí compaxinou actividades comerciais coa creación literaria inspirada en Galicia, onde publicou en 1961 Memorias dun neno labrego e fundou a distribuidora Follas Novas, dedicada a difusión de libros galegos editados en ambas beiras do Atlántico. Tras o trunfo da Revolución cubana trasladouse á Habana, onde publicou entre outros Xente no Rodicio e Camiño Bretemoso. Entre a súa obra poética destaca Homenaje al Ché. Como nos lembran Antonio Erias e Ofelia Rey, Neira Vilas é un dos poucos escritores galegos identificado coa revolución castrista. A esta xeración pertencen tamén os artistas Manuel Comeiro e José Otero Abeledo. Colmeiro foi un dos representantes do movemento de renovación da pintura galega. Natural de Chapa, en Silleda, emigrou coa súa familia a Buenos Aires. Alí naceu a súa inclinación pola pintura, que acrecentou e madurou á súa volta a Galicia. Exiliouse, de novo a Buenos Aires tras a guerra civil, onde permanecería ata 1950, data na que se instala en París. na década dos oitenta regresa a Silleda, onde pasa os últimos anos ata a súa morte en 1999. Pola súa parte, Laxeiro, natural da parroquia de Donramiro pasa uns anos en Buenos Aires, entre 1951 e 1960, malia non encadrarse no contexto do emigrante ou do exiliado. Pero o contacto coa vangarda artística arxentina vai influír decisivamente na súa traxectoria. Morreu en Vigo en 1996.
Da comarca de Tabeirós-Terra de Montes debemos lembrar, na Arxentina, a Manuel Brea Abades, quen colaborou na fundación do xornal El Emigrado en representación da colonia estradense, máis tarde fundador doutras publicacións rivais, de cabeceira La Estrada, La República e La Estrada Republicana. Abades morreu asasinado en 1931. En Cuba destacan Waldo Álvarez Insua, Ramón Verea García, Maximino Matalobos, José Loureiro e Manuel Torres Agrelo. Álvarez Ínsua naceu na Estrada en 1856, estudou Leis en Compostela, onde foi discípulo e seguidor do rexionalista Alfredo Brañas. Máis tarde emigrou á illa de Cuba con 19 anos e alí concluíu os seus estudos de Dereito. Na Habana fundou o xornal El Eco de Galicia, exerceu labores de secretario da Sociedad de Beneficencia de los Naturales de Galicia e foi un dos promotores do Centro Galego. Outro xornalista, Ramón Verea García, nacido na parroquia estradense de Curantes en 1833, emigrou a América ao rematar os seus estudos de Dereito en Compostela. Exerceu o xornalismo na Habana e en Colón; máis tarde en New York e Buenos Aires. En Colón dirixíu El Progreso, antes de ser redactor de La Crónica e El Progreso en New York. Ramón Silvestre Verea de Aguiar y García morreu en Madrid en 1938 logo dunha intensa e creativa existencia.
Maximino Matalobos estaba vencellado á sociedade Hijos de la Estrada e Unión de Vinseiro y Cereijo, era membro das Irmandades da Fala, directivo do Centro de Emigrados e fundador do xornal El Emigrado; José Loureiro García, natural de Cereixo, foi un dos impulsores da Unión de Viseiro y Cereijo en Cuba, ademais de delegado de Hijos del Ayuntamiento de La Estrada. Loureiro asinaba a sección “Ecos de la Ausencia” no xornal El Emigrado. Por último, Torres Agrelo, emigrado aos Estados Unidos, xogou un importante papel na modernización do sindicalismo agrario de inspiración social católica na zona, estendendo a súa influencia aos concellos de Silleda, Forcarei e Cerdedo.

Mutualismo e recreo
Como xa temos referido noutros traballos, existe un trazo común entre as comunidades migrantes que transcende á orixe xeográfica, ao contexto sociocultural ou o momento histórico, como é a busca de vínculos emocionais que axuden a superar a resistencia a abandonar os valores da comunidade de orixe e afrontar as dificultades para adaptarse ás novas regras marcadas pola sociedade de destino, onde necesariamente deben de integrarse. (2) Iso fixo que os membros das diferentes comunidades europeas migradas a América se congregaran en torno a asociacións de carácter étnico, entre cuxos obxectivos estaban a sociabilidade e a satisfacción dunhas necesidades non suficientemente resoltas como a saúde, o emprego ou a repatriación, ademais de, en moitos casos, a alfabetización urxente e a protección da cultura orixinaria e do idioma. Seguindo este patrón, mediada a centuria XIX naceron as primeiras asociacións de axuda mutua de ámbito nacional en Buenos Aires e outros núcleos urbanos, como a Asociación Francesa (1854), Unión e Benevolenza italiana (1858), a Sociedad Española de Socorros Mutuos (1875), Sociedad Polaca da República Argentina (1890), Asociación Patriótica Española (1896), Sociedad de Socorros Mutuos y de Ayuda Social Árabe Musulmana de Córdoba, en 1928, o el Centro Islámico Argentino, creado por eses anos. Cara 1890 existían nesta capital máis de 70 asociacións deste tipo e arredor de 150 en todo o país. O mesmo aconteceu na Habana, ou noutras capitais americanas.
A diáspora galega, cunha presenza moi forte na illa de Cuba, a Arxentina e o Uruguai non foi allea a ese modelo, e así levantou en 1879 os Centros Galegos de Buenos Aires, Montevideo e La Habana, tres grandes institucións mutualistas ás que seguiron posteriormente, ao longo do primeiro terzo do século XX, varios centenares de sociedades de ámbito parroquial, municipal e comarcal, movidas por vínculos territoriais, culturais ou afectivos, co obxecto de preservar a identidade colectiva orixinal no novo destino ou prestar algún tipo de auxilio mutualista. Como xa apuntamos tamén noutros traballos, as comunidades emigrantes do sur de Europa comparten unha percepción positiva sobre a escola e os seus efectos, como o demostra o labor realizado no ámbito da alfabetización, especialmente no lugar de destino apoiando a acción mutualista. (3)
Por outro lado, tamén é salientable a escolarización de carácter particular. En Galicia, desde o século XVII existen exemplos de intervención filantrópica individual por parte dos chamados ‘indianos’, emigrantes adiñeirados que destinaron parte da súa fortuna á creación de institucións benéfico docentes nos lugares de procedencia. Entre os numerosos casos deste tipo de intervención, tamén observada noutras comunidades de tradición migratoria, pode citarse os exemplos de José García Barbón (1831-1909), que creou a Escuela de Artes y Oficios en Vigo (Pontevedra), ademais doutras institucións caritativas, e un colexio en Verín (Ourense); José Policarpo Sanz (1841-1889), que por legación testamentaria fundou en Vigo o Instituto Santa Irene; Pedro Murias (1840-1906) foi o fundador dunha escola de capacitación agraria en Ribadeo (Lugo); Fernando Blanco de Lema (1796-1875), tamén por legación testamentaria fundou un magnífico colexio de ensino primario e secundario na súa vila natal de Cée (A Coruña); os irmáns García Naveira, crearon diversas institucións caritativas ligadas ao ensino e un parque público na súa vila natal de Betanzos (A Coruña), Eumenio Ancochea, levantou o colexio “Santa Leonor” en Pobra de Trives (Ourense) e na Guarda (Pontevedra) a benfeitora Vicenta Cachadas promoveu o colexio “San José” mediante unha herdanza recibida desde Porto Rico, por citar algunhas das máis coñecidas. Este tipo de intervención foi común tamén en Asturias, Cantabria e Castela León. (4/1 4/2)
En Portugal destaca o caso de Joaquim Ferreira dos Santos, Conde de Ferreira (1782-1866), filántropo impulsor da instrución primaria nese país. Á súa morte deixou un legado para construír e dotar 120 escolas primarias, que parcialmente se estenden pola xeografía portuguesa. Este próspero emigrante portugués, indiano establecido no Río de Janeiro, foi nomeado Fidalgo Cavaleiro da Casa Real, Conselheiro de Sua Majestade Fidelíssima e Membro do Conselho de Sua Majestade a Rainha D. Maria II de Portugal. Unha parte importante da súa fortuna, con posterior destino a obras de caridade, proviña do lucrativo negocio que desde Angola lle permitiu traficar con preto de 10.000 nativos para seren escravizados no Brasil.
Pero no caso galego, ademais da iniciativa individual, que se enmarca nun contexto de acción caritativa máis tradicional como os que acabamos de citar máis arriba, levouse a cabo durante o primeiro terzo do século XX un tipo de intervención que responde a un cambio de mentalidade e introduce trazos novidosos de solidariedade comunitaria, combinando a axuda mutua no lugar de destino coa alfabetización e escolarización no lugar de orixe. Como o resto de comunidades migradas, foi preciso fundar sociedades para auxiliar aos recén chegados a atopar traballo, a promover vínculos identitarios entre os residentes facendo máis doado o sempre traumático proceso de integración; ou ben facilitarlles o regreso en caso de que a súa particular aventura, como aconteceu en tantos casos, rematara nun inxusto fracaso. Pero ademais dos fins mutualistas aparecen dous trazos singulares, que son a confianza na educación como instrumento de conciencia cívica e rexeneración democrática e en consecuencia, a intervención solidaria no lugar de orixe mediante a creación de escolas de ensino primario.
O fundamento dos novos Estados onde se foi asentando a emigración galega entre a europea, baseado nos principios de igualdade e liberdade implicou necesariamente un modelo educativo público capaz de homoxeneizar a lingua, configurar uns sentimentos patrióticos comúns e moldear un ideal de cidadán. Un modelo sustentado, con algúns matices, en valores, dereitos e deberes como xerme dunha nova sociedade organizada en torno ao poder da razón, á concepción do suxeito pobo como un asunto público e á autoridade do Estado como elemento vertebral e solidario ante a desigualdade, a inxustiza e a arbitrariedade dos privilexios que marcaron etapas anteriores. Deste modo, igualdade e xustiza, chaves do estado liberal que inspirou a creación das novas repúblicas americanas, impulsaron a posta en marcha dun modelo educativo cuxo acceso e posibilidade estarían garantidos mediante a organización dun sistema público.
Nese contexto de finais do século XIX onde se asentan as bases do sistema educativo arxentino nacional, por exemplo, a construción de edificios escolares, nomeadamente nas capitais, non era un asunto menor. Unha imaxe que intentaba proxectarse a través das denominadas “escuelas palacio”, edificios levantados durante os períodos presidenciais de Domingo Sarmiento e de Julio Roca onde se difundía un modelo de educación laica, gratuíta e obrigatoria en sólidas estruturas con amplos salóns e patios enormes que seguen a funcionar como establecementos educativos estatais. Estes edificios, integrados na trama urbana —e hoxe declarados parte do patrimonio histórico nacional— causaban un enorme impacto visual pola súa monumentalidade e ornato, e trataban de trasladar ao imaxinario colectivo unha determinada ‘representación’ do valor da educación pública nacional como factor de cohesión, de modernidade e de progreso. E foi, seguramente, partindo da imaxe que deixou na retina dos emigrantes galegos este modelo, onde naceu a certeza de que proxectos similares, convenientemente adaptados, poderían implantarse en Galicia para atender a demanda de instrución entre as clases populares, campesiñas e mariñeiras. (5, 6)
Deste modo, e como ten sinalado un experto en arquitectura escolar como Ramón Iglesias Veiga, as achegas económicas dos indianos e das “sociedades de instrución” supliron as graves carencias da arquitectura escolar galega das primeiras décadas do século XX. Máis que falar de carencias sería prudente sinalar a inexistencia de tal arquitectura no ensino público, posto que a práctica docente levábase a cabo en locais insalubres sen ventilación, iluminación e espazo para acoller a un numeroso alumnado. A xenerosa achega da emigración debe valorarse nese contexto de miseria, no que ademais moitas parroquias carecían de escola, xa que a normativa só obrigaba a súa creación en localidades de máis de 500 habitantes. A arquitectura é un documento histórico que reflicte as características dunha sociedade, o seu nivel económico, cultural e tecnolóxico, os seus gustos, etc. Se deixamos esmorecer este patrimonio escolar, borramos unha das páxinas máis fermosas da nosa historia recente.
No primeiro terzo do século XX, fundáronse arredor de 500 sociedades; moitas delas non lograron acadar os obxectivos previstos, pero a meirande parte levou a cabo diferentes obras de carácter sociocultural. A proxección é inmensa, tanto individual como colectiva: desde centros médicos en A Guarda ou en Lalín (Pontevedra) ou unha sala de primeiros auxilios en Arzúa (A Coruña), a un lavadoiro público en Betanzos (A Coruña). Desde unha torre con reloxo en Arnoia (Ourense) ou Marce (Lugo) a un edificio para albergar as oficinas municipais en Vilamarín (Ourense) ou as dependencias xudiciais en Cortegada (Ourense). Desde construcións para instalar os mercados municipais en Cangas (Pontevedra), Caldas de Reis (Pontevedra) ou Ribadeo (Lugo) ata a construción de cemiterios civís en Fene, Ares ou As Pontes (A Coruña); desde a construción de multitude de edificios para acoller a sindicatos e sociedades agrarias en diversos concellos de Galicia ata o pavimento dunha praza pública en Lestrove (A Coruña) ou casas sociais en diversos concellos das catro provincias. Dotación, en fin, de variadas e sempre necesarias infraestruturas no ámbito local que, xunto á intervención escolar, conseguiron, en parte, paliar unha situación de precariedade xeneralizada.
No eido escolar, chegaron a crear uns 150 colexios e arredor de 500 aulas primarias en diferentes puntos de Galicia, coñecidas popularmente como «escolas laicas» ou «escolas dos emigrantes». Con algunha frecuencia tiñan a súa inspiración nos modelos que neses momentos desenvolvía ‒dito xenericamente‒ a vangarda pedagóxica dos países de destino. Algunhas das sociedades naceron, incluso exclusivamente, para crear escolas e promocionar o ensino primario a través dunha instrución adaptada ao contorno rural. Deste modo, a intervención escolar no lugar de orixe con base participativa e democrática a través de sociedades de carácter benéfico e cultural foi un fenómeno xenuíno e orixinal da emigración galega, non observado noutras comunidades europeas ou asiáticas que, tamén por aquel tempo, se estableceron masivamente en América.

Convén lembrar que a meirande parte das entidades de Deza e Tradeza ou Tabeirós e Terra de Montes intentaron difundir a súa acción mutualista ou instrutiva, a través doutros medios indirectos, pero de grande eficacia. Un deles foi a organización de actividades recreativas, acontecementos nos que a veciñanza migrada adoitaba reunirse e recrear o contexto sociocultural de orixe. As festas societarias tiñan tamén a finalidade de achegar recursos indispensables ás súas arcas, facilitar a supervivencia das organizacións e financiar en gran medida os seus proxectos. A natureza dos actos era variada, e a profusión que se reflicte nos diferentes medios consultados permite coñecer esta intensa actividade social. As numerosas fiestas, jiras, matinées, almuerzos, lunch familiares, festivales, actos folclóricos, representacións teatrais, etc., informan da cantidade e variedade de actos sociais que a colonia emigrante celebrou arredor das súas respectivas entidades. (7)
O obxectivo destas veladas non se limitaba a proporcionar momentos de lecer e relación social. Moitos dos seus programas incluían conferencias formativas sobre os fins pedagóxicos, sociais ou políticos; sobre os problemas que acontecían na terra de orixe, incluíndo a problemática do caciquismo ou da Igrexa; ou ben, sobre diversos aspectos da educación cívica e democrática, base ideolóxica da meirande parte das asociacións que aquí se mencionan.

Instrución
A historia da intervención societaria dezá arranca de 1904. Nese ano, un feixe de emigrados naturais de Lalín reuníase en Buenos Aires para nomear unha comisión que tiña como finalidade organizar os medios para financiar un cemiterio na vila natal e entregarllo ao Concello. Uns anos despois, o 7 de agosto de 1908 vaise constituír formalmente unha Sociedade co nome de Hijos del Partido de Lalín, que acolle aos residentes dos seis concellos que forman o Partido xudicial. Nacía co obxecto de achegar fondos para construír un hospital na capital dezá. Na sesión inicial quedan nomeados os cargos directivos provisionais, que corresponderon a Benito Neira Areán como presidente, Pedro Presas como vicepresidente, Norberto Triana como secretario e Amador Rodríguez como tesoureiro. Dez días máis tarde será presentado o borrador de regulamento, aprobado posteriormente. Hijos del Partido de Lalín tiña como obxectivo fundar e soster un hospital e asilo de caridade na vila de Lalín para atender aos doentes sen recursos, podendo prestar servizos médicos ao resto da veciñanza que puidera custealos. E ademais, repatriar a todos os socios enfermos que careceran de medios, e estimular a fundación de Sociedades análogas en Lalín e o resto do Partido.
O primeiro de xaneiro de 1909 fúndase a Asociación Hijos del Partido de Lalín (Protección) con fins de recreo e mutualismo, como resultado dunha primeira escisión de Hijos del Partido de Lalín, pero desaparece pouco tempo despois ao reintegrárense novamente os socios disidentes.
Para desenvolver o proxecto e reunir o capital no menor tempo posible, a Sociedade proponse chegar a outros puntos de América con presenza de emigrantes dezaos, difundindo os seu cometido entre o maior número de coterráneos. Dentro da Arxentina ábrense delegacións en Avellaneda, San Pedro, Estación Makenna, Azul… ademais de Montevideo, que foi presidida por Manuela García de Castro. Os contactos cos dezaos residentes na illa de Cuba dan como resultado unha delegación que desde os comezos quixo camiñar con paso propio e acabou por ser a Sociedade Hijos del Partido de Lalín da Habana. A través desta agrupación, os lalinenses residentes na illa caribeña tamén contribuirán economicamente a levantar o ‘hospitalillo’. Á parte dos anteriores, propóñense outros lugares onde tamén chegaran os dezaos, como as illas Canarias ou as Filipinas, sen que se teñan noticias de que por esas terras xurdira algún tipo de asociación con fins similares.
A Sociedade, que aínda non conta con sede propia, celebra as súas xuntas nos locais que lle prestan outras entidades como o Orfeón Gallego, o Círculo Gallego, o Centro Gallego ou á Asociación Patriótica Española segundo a ocasión. Na primeira asemblea celebrada o 17 de agosto de 1908 decídese que o centro sanitario se denomine “Hospital-Asilo de Caridad”. A súa titularidade recae sobre a propia asociación, deixando aberta a posibilidade de entregárllelo ao bispado de Lugo, ou mesmo ás autoridades locais se estas se comprometían a sostelo, cooperando economicamente nas melloras necesarias, tanto materiais como de persoal. Así mesmo, crearíase unha escoliña de primeiras letras atendida por un grupo de relixiosas da orde das Irmás da Caridade.
Logo de moitos atrancos, o hospital chegou a inaugurarse contra 1922, pero viuse considerablemente reducido na súa concepción orixinal, resultando, ao final, un modesto dispensario con seis camas e un médico á súa fronte. Tivo que pechar ao pouco tempo a causa das dificultades que xurdiron para o seu sostemento, inviable a conta dos ingresos de pacientes sen recursos para abonar o gasto ocasionado polas consultas e as menciñas. Ademais tamén influíu o tipo de accións que estaban a realizar outras sociedades da comarca radicadas en América. Por exemplo, Hijos de Silleda de Buenos Aires subvencionaba tres escolas creadas en Laro, Escuadro e Siador que, malia seren modestas nos recursos difundían con éxito entre a veciñanza un modelo educativo que nada tiña que ver co que se desenvolvía nas derramadas escolas da contorna; Pro Escuelas en Bandeira tiña xa moi avanzado o seu proxecto escolar para esta localidade. Así mesmo, os emigrantes de Loño sostiñan desde había cinco anos unha escola na súa parroquia. En San Cristobo de Az, os cambotes residentes en Cuba tiñan creado a súa escola, que funcionada desde os primeiros anos vinte, e Unión del Partido de Lalín viña de abrir o seu primeiro local en Gresande, ao que seguiría algún tempo despois o de Prado. Experiencias exitosas que, sen dúbida, coñecían ben os membros de HPL.
Os dirixentes da sociedade en Buenos Aires eran xente acomodada, politicamente conservadora, achegada ao clero e aos representantes do poder político baixo a influencia do Marqués de Riestra. De entre eles destaca Guillermo González, presidente durante case unha década, comerciante e pequeno industrial do sector textil. Natural de Lalín, era propietario en Buenos Aires da fábrica de camisas “González, Medina y Cía” e de varios comercios de roupa. Tamén o avogado José Neira Vidal, que chegou a Buenos Aires en 1895, onde estudou bacharelato e ingresou na primeira promoción de procuradores da Facultade de Dereito e Ciencias Sociais. Neira Vidal foi secretario da entidade entre 1920 e 1926, e secretario do Centro Galego entre 1927 e 1932, e presidente ese ano. Outro personaxe influínte foi Aniceto Troitiño, un próspero comerciante natural de Soutolongo, dono de varios establecementos de roupa masculina na capital, e presidente entre 1927 e 1933; (foto 8) ou Roque Vázquez, adiñeirado propietario natural de Carbia, que ocupou cargos na directiva de HPL, e foi presidente da sociedade Hijos de Loño en 1923; Eleodoro Friol, que presidiu a HPL entre 1920 e 1926, e foi presidente do Centro Unión de Corredores de Comercio; ou os irmáns Manuel, Benigno e Antonio González Gamallo, copropietarios dunha axencia de cambios, a firma “González Hnos.” domiciliada na Avenida 25 de Mayo, e promotores nos anos vinte unha escola en Soutolongo. No seu conxunto, non se distinguiron polo seu entusiasmo cara a causa agrarista nas terras de Deza, nin pola súa simpatía, en xeral, cara posturas políticas progresistas en Buenos Aires.
Pese a algunhas dificultades que foron retrasando a obra, o hospitalillo chega a inaugurarse en 1922, sendo investidos preto de 60.000 pesos arxentinos da época. A Sociedade contratou ao médico Manuel Brandido que, como xa se apuntou, deixou o seu cargo pouco despois, debido ás dificultades que presentaba manter a actividade sanitaria: por un lado, o avultado gasto de sostemento; por outro, a escasa demanda dos seus servizos entre os veciños de Lalín. (9) Ante esta situación, os directivos da Sociedade decidiron seguir os pasos doutras parroquias próximas e o edificio deixa de ser hospitalillo para pasar a ser centro escolar de ensino primario. Con este fin se inaugura oficialmente, para nenos e nenas, o primeiro de setembro de 1924 baixo a presidencia de Eleodoro Friol. Unha nota que remite a revista Céltiga informaba que “a los grandes progresos realizados por esta antigua y prestigiosa asociación, agrégase hoy el funcionamiento normal de las Escuelas que sostiene en la ciudad de Lalín, inauguradas oficialmente, según se informa, el primero del mes en curso”. Un ano máis tarde, este colexio, que os lalinenses radicados na Arxentina e Cuba tiñan dotado convenientemente, acollía unha matrícula de 70 alumnos que recibían, segundo indicaba a revista Céltiga, a máis completa instrución primaria, ditándose especialmente cursos de xeografía e historia americanas. Ao mesmo tempo, durante os meses de xullo e agosto funcionaban colonias escolares sostidas polo Estado, nas que tamén colaboraba Casimiro Gómez Cobas, un pontevedrés afincado na Arxentina, promotor doutras obras filantrópicas ligadas á educación.
Para dirixir o colexio instalado no hospitalillo, a Sociedade contratou a Hernán Poza Juncal, un mestre que pertencía a unha familia pontevedresa de recoñecida tradición republicana, liberal e laicista, a través dos centros “Escuela Moderna” e “Escuela Nueva”. Foi, ademais Poza Juncal, Director da Escola de Maxisterio de Pontevedra, e logo do golpe de estado viuse forzado a exiliarse aos Estados Unidos. Alí foi profesor no Brooklyn College de Nova York, e director dunha academia de lingua en Manhattan.
A dirección de Poza Juncal achegou un sopro de modernidade pedagóxica á escola dos lalinenses. Alí prosperou unha horta escolar baixo o asesoramento de José López Otero, enxeñeiro agrónomo e auxiliar da sección Agronómica da capital, ademais de perito agrícola e xornalista. Poza Juncal promoveu unha Sociedade Infantil Escolar, dirixida e administrada polos propios alumnos, que constituía un pequeno goberno onde os rapaces afiuzaban hábitos cívicos e modais democráticos. Ou unha biblioteca escolar circulante, que contou co apoio de Manuel Portela Valladares, entre outras personalidades. A escola permaneceu aberta ata comezo dos anos trinta, tempo no que tivo que clausurarse debido ás crecentes dificultades para o seu sostemento.
Inmediatamente despois de constituirse Hijos del Partido de Lalín, o 15 de agosto dese ano, tamén na capital arxentina, naceu Hijos de Silleda, integrada polos emigrados das 33 parroquias que forman o municipio. Esta agrupación xurdía cunha clara identificación republicana baixo o liderato de Antón Alonso Ríos. O mestre discípulo de Vitor Fráiz —máis tarde emigrante, político agrarista, deputado republicano, Afranio de Amaral durante a guerra e tamén exiliado posteriormente—, reuníase cun grupo de residentes trasdezaos no soto da docería de San Salvador, no número 601 da rúa Callao para dar forma a aquela idea, que tiña como obxectivos crear e fomentar escolas laicas, protexer aos asociados, cultivar e difundir o espírito de asociación e estreitar relacións con outras sociedades sensibilizadas co laicismo, o agrarismo e o achegamento hispano-arxentino.
Os debates iniciais para definir as accións a desenvolver en Silleda polos emigrados foron intensos, pois algúns defendían que a misión societaria debía centrarse no desenvolvemento socioeconómico do agro, vinculada á Sociedade de Agricultores de Silleda. Outros, como Alonso Ríos, inclinábanse ademais pola promoción do ensino primario explicitamente laico, considerando que só con escolas se chegaría a combater e reducir o analfabetismo, que a acción pedagóxica nutriría unha maior conciencia social e en consecuencia, coa formación académica tamén se melloraría o sistema produtivo. Para o mestre silledán, a escola primaria padecía un abandono crónico, que se reflectía na falta de edificios axeitados que dispuxeran de campos de experimentación e material de ensinanza; na ausencia dun sistema de ensino graduado, no emprego de métodos pedagóxicos desfasados e pouco profesionais; no descoido das ciencias, a xeografía, a instrución cívica e a hixiene fronte á importancia de ensinanzas relixiosas. Neste sentido, consideraba prioritario e urxente o labor dos emigrados para crear o maior número de escolas, iniciando de xeito inmediato ese labor.
A Sociedade Hijos de Silleda chegou a artellar un cobizoso proxecto de escolarización do mundo rural, homoxéneo e organizado nunha rede de escolas, que desde a emigración debía proxectarse ao resto do territorio galego. Desde a banda americana, unha federación de sociedades que harmonizara a liña ideolóxica das entidades adheridas; da banda galega, unha rede de ensino laico ou cando menos neutral, estreitamente vencellado aos sindicatos agrarios. Como resultado, unha organización que desde terras americanas irradiara a luz do progreso social e económico ao resto do país.
Deste xeito, Antón Alonso Ríos tentou reagrupar o inmenso traballo colectivo que xa estaban a realizar as sociedades de emigrantes nunha federación de sociedades, unha rede organizada e encamiñada a un fin concreto: unificar criterios entre as sociedades de instrución e coordinar as súas actividades, especialmente no relativo á intervención escolar, para incrementar o número de escolas nas respectivas localidades de orixe cun ideario laico e unha organización graduada do ensino: “Huyamos de cooperar con el Estado. ¡Presentemos nuestra obra en contraste con la oficial! Nada de hacer edificios para las escuelas del Estado, ni tratar de retocar las fallas de su torpe acción ¡Hagamos centros de cultura privados que respondan eficazmente a nuestros anhelos! Así lograremos tres ventajas: restituir a la sociedad el ejercicio de una función, evitar la entorpecedora intromisión oficial en nuestros centros y confrontar la acción social con la del Estado."
Era necesario formar ás clases populares galegas, do campo e do mar, para evitar a súa emigración. Cumpría reter ese ‘capital humano’, tan necesario para a rexeneración social e o desenvolvemento económico do país. Esa federación sería a encargada de crear unha rede de centros de ensino co nome de Escolas Especiais de Economía Rural, escolas que, «además de la enseñanza primaria tienen por obligación enseñar al niño lo que es ser ciudadano para que sepa velar por su libertad, ¡y eso es hacer política, y muy alta!». Porque Antón Alonso Ríos xa tiña comprobado, pola súa experiencia arxentina, que a escola era o campo fértil onde debía xermolar a semente dunha nova conciencia: «Multipliquemos nuestros centros de cultura con métodos y espíritus nuevos. Hagamos de nuestras escuelas particulares semilleros de ciudadanos; hagamos que cada escuela sea una fuente de conciencia social y de iniciativa privada. La sociedad, así afectada en su embrión, despertará a la vida».
As Escolas Especiais de Economía Rural pertencían a un plan sobre a formación agrícola en lingua galega a partir do ensino primario, a través dun organismo denominado Padroado da Escola Rural Galega, promovido desde o Seminario de Estudos Galegos. Os seus obxectivos: orientación e renovación do traballo campesiño incorporando formación sobre os novos procedementos de cultivo, cría e selección de gandos, industrias pecuarias e as súas derivadas; fomento do cooperativismo, o amor á terra e o espírito comunal; formación de profesorado e edición de libros en lingua galega para escolares, entre outros obxectivos. Deste modo, cada mestre en cada escola debía promover a conciencia cidadá como ferramenta eficaz para defender aos campesiños do poder dos brasóns, para protexer as persoas da influencia das sotanas e liberar as aldeas do control dos caciques.
Baixo esta premisa nacía a Federación de Sociedades Galegas, Agrarias y Culturales (FSGAC) o 24 de setembro de 1921. Unha organización democrática, republicana e laica cunha especial sensibilidade cara o movemento agrarista galego, pois convén lembrar que unha inmensa maioría dos migrados proviña do mundo rural e moitos deles proxectaban aquí o seu retorno, onde deixaran intereses materiais e anhelos emocionais. Ademais, a FSGAC tamén bebía das fontes do socialismo e do sindicalismo arxentinos, influencia que se explica desde o proceso de inmersión experimentado por aqueles campesiños, convertidos agora en proletarios urbanos da sociedade porteña. (9.1).
A publicación da súa proposta política amosaba un programa definido para responder a algunhas necesidades urxentes da sociedade galega. Na orde económica, exercicio de honradez administrativa e de transparencia fiscal, así como fomento do cooperativismo aplicado á industria e ao comercio; na política, promoción dos valores democráticos republicanos; na educativa, fomento da edificación escolar, promoción do laicismo e innovación pedagóxica, dignificación económica e profesional do persoal docente e integración da escola no mundo rural como medio de desenvolvemento agrícola, industrial e comercial; e na orde relixiosa, separación entre Igrexa e Estado en todos os aspectos, especialmente o educativo e o económico.
O congreso constituínte da FSGAC celebrouse durante os meses de setembro e outubro nun edificio da rúa Bolívar, coa asistencia dos representantes de doce sociedades sendo Hijos de Silleda a que tiña meirande presenza e a que representaba a vangarda do galeguismo, do laicismo e do republicanismo, amosando unha postura extremadamente crítica e combativa coa ditadura do xeneral Primo de Rivera e a sociedade que a sostiña. Nesta perspectiva de crítica política e compromiso social destacaban algunhas das súas resolucións, entre elas o saúdo fraterno e solidario aos labregos explotados, convocándoos a traballar unidos e a mancomunar esforzos a prol dun réxime libre de foros e privilexios; ou a consigna de que cada sociedade federada promovera a creación de, cando menos, dunha escola laica e graduada na súa localidade de orixe.
A partir de xaneiro de 1922, a FSGAC comezou a edición dun voceiro mensual, de cabeceira El Despertar Gallego. Órgano de la Federación de Sociedades Gallegas, Agrarias y Culturales de la República Argentina, dirixido conxuntamente polo silledán Antón Alonso Ríos e o lalinés Manuel Cao Turnes, co fin de fomentar e defender “los más caros ideales: la patria lejana, el amor a nuestros semejantes; el ansia de progreso, de paz, de justicia, de libertad, así como combatir el caciquismo y alentar al pueblo gallego para su emancipación”. Cunha tirada de quince mil exemplares, dos que unha parte se distribuían en Galicia, El Despertar Gallego recollía as liñas do pensamento político e sociopedagóxico que partira da Sociedade Hijos de Silleda, para axudar a organizar, apoiar e orientar o rumbo do movemento agrarista galego.
Unhas liñas vencelladas ao socialismo identificado coa loita agraria desde o horizonte internacional que despois da esgazadura do sector “socialista” en 1929, acaban centrándose na preocupación nacionalista federal. E en consecuencia, materializando o seu apoio á ORGA (Organización Republicana Galega Autónoma), e máis tarde ao Partido Galeguista. Así, en 1926, o órgano oficial da FSGAC incorporaba ao seu propio ideario os valores do movemento galeguista, e deste xeito, marcando camiños aos máis de 3.500 asociados, foise definindo, desde a súa constitución en 1921 ata a guerra civil, nun elemento sobranceiro da política e en xeral no panorama ideolóxico de Galicia. O apoio do mestre silledán resultou crucial para aglutinar a unha serie de sociedades comarcais, partindo das moi influentes Hijos de Silleda ou Unión Estradense. (10)
En 1930, por problemas internos relacionados coa súa orientación, a FSGAC dividíase en dúas entidades resultando, por un lado, a Federación de Sociedades Agrarias y Culturales, con maior caudal de asociados, de tendencia republicana e galeguista, e parte do sector socialista; e por outro, a Federación de Sociedades Gallegas, de orientación socialista, que contaba con máis asociacións, pero menor número de adherentes. Esta última editou o seu propio voceiro nese mesmo ano, Acción Gallega.
Pero volvendo á Sociedade Hijos de Silleda como punto de partida da intervención dos emigrantes dezaos no panorama sociopolítico de Galicia, a rede potencial materializouse en varios centros escolares. O primeiro, máis tarde bautizado “Rosalía de Castro” inaugúrase en Freixeiro, parroquia de Laro, o 5 de decembro de 1912. Máis tarde, contra 1917 creouse o segundo no lugar de Penadauga, en Escuadro, denominado “Bernardino Rivadavia”. Ese mesmo ano de 1917, a Asemblea presidida polo propio Alonso Ríos aproba unha subvención anual de 60 pesos, moeda arxentina, destinada a soster outro centro na parroquia de Refoxos, onde había un número importante de cativos sen escolarizar. Por último, en 1921 adquiriuse o terceiro en Siador, chamado “Francisco Giner de los Ríos”. (11, 12)
Hijos de Silleda foi a primeira, pero o pulo modernizador continúa coa creación e desenvolvemento doutras agrupacións de emigrantes das terras de Deza, como a Sociedad Pro Escuelas en Bandeira ou a Unión del Partido de Lalín. E, tamén fóra dos límites comarcais, como a Asociación Pro Escuela en Moraña, Nueva Era de Vilanova, de Vedra; Unión y Progreso de San Julián de Sales, de Vedra; Mutualista y Pro escuelas del Distrito de Caldas ou a Unión Galaico-Americana do concello do Pino. Xa o dicía Alonso Ríos nas páxinas de Galicia, en 1931: “La Sociedad Hijos de Silleda comprende que la obra local se halla supeditada a una empresa general; y sin detenerse a calcular fuerzas, se lanza a ella”.
A Sociedade Pro Escuela en Bandeira naceu o día 11 de marzo de 1909. Foi creada, como a de Silleda, co obxecto de compensar as carencias escolares do concello creando centros de ensino primario. E de contado transmitiron aos veciños e coñecidos residentes na capital a necesidade de fundar na Bandeira “una obra de adelanto para nuestra tierra”, como así entendían que debía ser unha escola laica, ao alcance de toda a veciñanza. Advertían, con todo, que “el espíritu que reina allá en nuestra tierra es netamente conservador, por lo que si nosotros queremos que nuestra idea sea bien acogida, tenemos que empezar por darle otro carácter”. Cumpría non alterar os ánimos dos poderes locais con algúns nomes propostos, como “Escuela Laica” ou “Escuela Pablo Iglesias”. Suficiente con chamala “Escuela de Instrucción Primaria y de Comercio” a fin de evitar problemas, nomeadamente co cura da parroquia. A sociedade comezou a funcionar pouco despois baixo unha directiva presidida por Rudesindo López e José M. López como Secretario —ambos, pai e fillo libreiros e impresores— e José M. Rodríguez como tesoureiro, iniciando dese xeito un camiño que se prolongaría ata os inicios da Guerra Civil. (13)
Pro Escuela en Bandeira editou unha publicación que conseguiu aglutinar por algún tempo as voces de Trasdeza desde ambas beiras do Atlántico. O primeiro número de Fomento de la Instrucción Gallega saíu do prelo o 15 de agosto de 1909 con periodicidade mensual, disposto a ser un punto de referencia entre os residentes en América, unha canle de comunicación permanente coa vila da Bandeira e o órgano difusor dos obxectivos societarios, principalmente os relacionados coa instrución; pero tamén un foro aberto onde expresar algunhas inquedanzas desde posicións progresistas sobre a realidade escolar chea de carencias que padecía o mundo rural galego; sobre o panorama político do momento, ou a visión da realidade social da época. Tamén está presente a constante preocupación polos problemas dos emigrantes no seu destino, ou a actividade agrarista local, coa que a sociedade mantiña vínculos estreitos. (14)
Pro Escuela en Bandeira inaugurou a súa escola o primeiro de setembro de 1930, que abriu novos horizontes a un grupo de nenos e nenas da vila trasdezá e arredores grazas os seu completo equipamento e aos recursos achegados desde Buenos Aires. O modelo pedagóxico adoptado conseguiu espertar o interese de diferentes institucións educativas, entre elas a Escola de maxisterio de Pontevedra, que enviou ao seu alumnado en diversas ocasións para coñecer as actividades que alí se desenvolvían. A “Escuela de Instrucción Primaria y de Comercio” foi un centro dinamizador de cultura, pois non só prestou servizo aos escolares que estaban alí matriculados: tamén asistían, de forma regular, os nenos das escolas primarias das parroquias veciñas, beneficiándose dos seus extraordinarios recursos, e mantiña unha magnífica biblioteca, aberta para uso de toda a veciñanza, que foi destruída pouco despois do golpe de estado.
Unión del Partido de Lalín constitúese o 30 de xaneiro de 1921, como consecuencia dun conflito entre asociados de Hijos del Partido de Lalín, que encabezaron Jesús Blanco, Ángel Hermida, Manuel González Iglesias entre outros, descontentos coa súa liña conservadora e a falta de compromiso político. Foron convocados no local da Federación Agraria da Estrada, na rúa Perú 359. Xuntábanse “en medio del mayor entusiasmo y con los más firmes propósitos de formar una entidad que por todos los medios posibles defienda los intereses y derechos de los agricultores de aquel terruño a fin de mejorar la situación precaria que les oprime”.
Ángel Hermida, natural de Donsión, estaba afiliado ao Partido Socialista Obrero Español (PSOE) , era correspondente de El Socialista en Buenos Aires, e o fundador da Agrupación de Socialistas Españoles da capital arxentina. Manuel González Iglesias, coñecido como “O xastre de Lalín” pola súa profesión, foi socio fundador da nova sociedade, presidente en 1923, e membro do primeiro comité organizador da FSGAC no que actuou como secretario de actas. Ao mesmo tempo colaborou como xornalista para El Despertar Gallego, órgano da Federación, onde adoito asinaba co alcume mencionado, e dirixiu a revista El Agrario, que promovía o Centro de Salceda de Caselas na capital arxentina, ao que tamén estivo estreitamente vinculado.
Unión del Partido de Lalín tomou unha orientación marcadamente agrarista, defensora da causa redencionista e do fomento do ensino laico. Seguindo a liña política e ideolóxica da FSGAC, nacía para combater o réxime caciquil imperante por medio da instrución de nenos e adultos, en colaboración cos sindicatos e sociedades agrarias, a prol dunha sociedade máis xusta e equitativa, como lembraba a revista Céltiga. O seu subtítulo, “Auxiliar y de fomento de sociedades agrarias y culturales en el Partido”, adianta de forma precisa uns obxectivos que se recollen textualmente nos seus Estatutos: adquirir e construír edificios para escolas e sociedades agrarias, crear e soster bibliotecas populares; organizar cursos e conferencias para ensinar materias especiais, ou como sintetiza a expresión recollida en El Despertar Gallego, “intensificar la cultura del pueblo a través de una acción cultural y política”. A nova Sociedade defende o ensino laico e define como “civiles” ás súas escolas, para separalas do resto de centros espallados pola comarca que, malia seren públicas na súa meirande parte, funcionaban baixo o control do clero local. A súa aparición foi recibida con satisfacción e esperanza por parte dos sindicatos agrarios de Lalín, en especial a Sociedad de Agricultores de Gresande, agradecidos pola solidariedade que amosaban os residentes en América.
Seguindo estes principios chegou a soster dúas escolas gratuítas de ensino primario, abertas a toda a veciñanza en horario diúrno e nocturno. A primeira, inaugurada o 1 de novembro de 1922 no lugar de Porreiros, parroquia de Gresande. Foi bautizada “Ramón González Vigide” na memoria dun dos seus fundadores; e a segunda, “Manuel Curros Enríquez”, en Prado un ano despois. Ambas colaboraron intensamente coas sociedades agrarias das súas parroquias, a Sociedad de Agricultores, Oficios y Profesiones de Gresande e a Sociedad de Agricultores de Bendoiro, de tal xeito que a administración de cada unha delas corría a cargo dunha comisión formada por tres veciños afiliados ás propias sociedades. (15.1, 15.2)
Con respecto á súa relación con Hijos del Partido de Lalín, da que se esgazara en 1921, volve a haber un intento de integración en 1932. Os da sociedade primitiva defendían que, toda vez que ambas pertencían ao mesmo Partido, era necesario “llegar a la fusión a fin de que no aparecieran dos sociedades ostentando la palabra ‘Lalín’ en sus denominaciones”. Pero para os directivos de UPL, que amosaba unha activa traxectoria de esquerdas e de apoio á causa antiforal, fronte á feble presenza de representantes de Hijos del Partido de Lalín apoiando á Acción Gallega de Basilio Álvarez en Buenos Aires, entre 1912 e 1914, “más que el aporte social de nuestra sociedad, les interesaba lo primero”, é dicir, ostentar en exclusiva o estandarte lalinense deixando en segundo plano outros aspectos que tiñan que ver co plano ideolóxico. Isto xerou un intenso debate, xa que os da UPL sostiñan que de integrarse novamente perderían a súa identidade política, “uno de los puntos que nuestra sociedad le concede suma importancia”. Aquel foi o último intento.
A Sociedade Pro Escuela Hijos de Loño constituíuse en Buenos Aires seguindo os pasos iniciados por Hijos del Partido de Lalín e Hijos de Silleda en 1908, e Pro Escuelas en Bandeira en 1909. O núcleo de cruceños fundadores de Pro Escuela Hijos de Loño, liderado polo comerciante José Pampín, centran os seus esforzos, ademais do mutualismo e a protección aos recén chegados, na construción dunha escola de ensino primario na propia parroquia. Había ser unha escola practica de agricultura, oficios, industria, comercio e nocións xerais de xeografía da Arxentina. De carácter privado e gratuíto para os fillos dos socios e os considerados ‘pobres’, acollía tamén aos que podían pagar unha cantidade simbólica. A inauguración oficial celebrouse o primeiro de setembro de 1922, pero o centro xa iniciara a súa actividade no curso 1917-1918 cunha asistencia de 56 alumnos. Xunto coas clases ditadas para os escolares, a Sociedade organiza outras sesións en horario nocturno para os adultos, a cargo do propio mestre. (16, 17)
A actividade da “Escuela Privada Mixta-Graduada”, como así se denominou, desenvolveuse case de xeito continuo entre os anos 1916 e 1934, aplicando o programa que seguían as escolas primarias oficiais. Os castigos corporais quedaban “absolutamente prohibidos, pero no las penitencias”. Os estudantes recibían premios polas boas cualificacións, consistentes en diplomas onde constaban os méritos, libros de contos ou caixas de pinturas e outros agasallos. Os máis sobresalientes de cada curso recibían unha medalla de ouro ou de prata co lema da Sociedade. A escola de Loño tiña unha biblioteca cuxos exemplares foran enviados desde América grazas á campaña realizada por unha Comisión especial creada en 1916. Era a responsable, ademais, de organizar bailes e subscricións para a achega de fondos. Outras partidas viñeron, probablemente, da Universidade de Santiago, atendendo a unha solicitude cursada pola Subcomisión parroquial. Como era común neste tipo de centros, a biblioteca estaba aberta a toda a veciñanza, como reflicten os partes de préstamo.
Con todo, desde mediados dos anos vinte, a escola de Loño afronta diversas dificultades que xa se prolongaron ata a súa clausura. A mingua da matrícula pola creación de novas escolas estatais gratuítas e o malestar dalgúns veciños pola orientación ‘caritativa’ da escola, ou a crise do 29 que provoca o devalo da moeda arxentina e restrinxe a chegada de fondos, acaban por quebrar a modesta economía desta sociedade. Circunstancias que obrigan a unha actividade cada vez máis irregular aínda que logra manterse en condicións moi precarias ata o seu peche a comezos dos anos corenta. Pero ao contrario do que acontece noutras escolas de emigrantes que padeceron a repentina clausura, confiscación e o arresto dos seus promotores e mestres, o Centro de Loño mantén a actividade durante o tempo que durou a guerra. Seguramente ten que ver coa súa orientación, pois os socios proviñan de sectores conservadores da emigración dezá, onde tamén se movían os membros de Hijos del Partido de Lalín; algúns, incluso, compartían filiación en ambas entidades. En América, a Sociedade mantívose á marxe das organizacións que naquel momento tomaron partido polos problemas de Galicia. Entre elas, a Federación liderada por Alonso Ríos. E na comarca de Deza, abstívose de participar nas accións que secundaron outras organizacións, situadas con claridade no apoio das sociedades agrarias e as súas reivindicacións, militantes activas nas campañas antiforais e, en xeral, na causa agrarista. Con respecto ao seu ideario, a escola quedaba moi lonxe das posturas laicistas de Hijos de Silleda, Pro Escuela sen Bandeira ou Unión del Partido de Lalín. Ademais, as simpatías cara á monarquía e as boas relacións co clero local, presente na obra de Loño desde a súa inauguración, facilitou, con toda probabilidade, os informes favorables das novas autoridades a partir da rebelión militar. Os líderes locais andaban á caza doutro tipo de pezas. Gracias a isto, a escola de Loño salvouse da represión, continuando a súa actividade durante algúns anos máis, dos que apenas se ten noticias.
Outras Sociedades dezás e trasdezás radicadas en Buenos Aires, pero de menor impronta que as anteriores foron, por orde cronolóxica de aparición, Silledanos Unidos, sociedade de efémera existencia, que coñecemos por unha nota de El Eco de Galicia de Buenos Aires que data de 1911; Hijos de Ventosa y su Distrito, que se funda o 2 de maio de 1918; Residentes del Distrito de Rodeiro en Buenos Aires, que o fai o 21 de xuño de 1921. Na década dos trinta, tamén en Buenos Aires, vanse crear varias entidades. A primeira xorde o 20 de xullo de 1930, denominada Sociedad Instructiva y Recreativa Pro-Escuela de Brocos y sus Cotornos. Coa mesma data, 20 de xullo de 1930, aparece tamén a Sociedade Hijos del Ayuntamiento de Golada y sus Contornos. Con menos precisión pode datarse o nacemento da sociedade Hijos de Moalde Unidos, malia ter datos que confirman a súa existencia en 1935. Por último, a Sociedade cruceña Unión de Residentes del Ayuntamiento de Carbia, que nacía o 24 de maio de 1936, escasas semanas antes do golpe militar que deu inicio á guerra civil.
Sumado ao movemento societario, que como vimos ten a súa razón de ser vinculado ao mutualismo e recreo, e á instrución, cómpre citar outras obras benéficas realizadas desde a Arxentina por veciños dezaos de xeito particular. É o caso da escola de Barcia, en Lalín, grazas ao apoio de Manuel Ramos Ramos e de Marcelino Otero González. O primeiro cedeu o terreo onde levantar un edificio escolar; o segundo, emigrado en Buenos Aires, afiliado á sociedade Hijos del Partido de Lalín, doou a suma de cincuenta mil pesetas para construílo, con dous andares, destinados a aulas de clase e vivenda para o mestre, ademais de dotalo de todo o necesario. A súa actividade foi constante ata o ano 1972. Na actualidade, o centro segue a ser propiedade da parroquia, como dispuxeron ambos benfeitores, e segue a utilizarse como centro de reunións parroquiais e outras actividades sociais.
Outra obra benéfica está en Soutolongo. Manuel, Antonio e Benito González Gamallo, naturais desa parroquia lalinense tamén eran membros da Sociedade Hijos del Partido de Lalín, e copropietarios dunha axencia de cambios, a firma “González Hnos.” domiciliada na Avenida 25 de Mayo. Os tres irmáns foron os promotores dunha escola na súa parroquia, aínda que Manuel foi o que tomou un papel máis relevante. Emigrou á Arxentina en 1885, con 16 anos, canda seu irmán maior Benigno. Alternou a súa residencia no país americano con estancias temporais na parroquia natal entre os anos 1923 e 1928, e coincidindo nunha desas viaxes mandou levantar a escola. Membro protector da Sociedade Hijos del Partido de Lalín, nesa institución ocupou o cargo de tesoureiro durante o exercicio de 1910-1911. Finou na capital porteña o 9 de decembro de 1945. (18)
A escola inaugurouse en 1925, ocasión que aproveitou para entregar o edificio ás autoridades educativas da provincia. O edificio foi destinado a escola mixta, con dúas amplas aulas, “dotado de excelentes condiciones de confort e higiene, de material docente moderno y completísimo. El Estado sólo costeará el maestro y el ayudante. Todo lo demás pertenece al cuidado de los donantes", segundo rexistrou a revista Céltiga en decembro de 1926. Permaneceu aberta ata o ano 1970. Na súa fronte conserva unha placa que expresa o recoñecemento dos veciños de Soutolongo aos seus benfeitores: "Los hijos de Soutolongo agradecidos a la familia González Gamallo, fundadores de esta escuela. 1925".
Convén aclarar aquí que, levantar escolas en Galicia desde a emigración resultou unha tarefa exemplar e xenuína, pero moi heteroxénea e desorganizada. Na década dos anos 20 do século XX fóronse creando escolas, ben por iniciativa particular ou societaria á marxe da FSGAC que, en moitos casos, acababan sendo entregadas ao Estado para que este ordenara e sostivera a actividade académica. Un labor meritorio, cargado de boa intención pero de escasos efectos no avance político que demandaba a sociedade rural galega daquel momento. Esa colaboración coa ditadura de Primo, unida á ‘desgaleguización’ que aplicaban no seu currículo algunhas das escolas fundadas por emigrantes foi severamente criticada naquel tempo, ademais de pola propia FSGAC, por outras entidades, como a Irmandade Nazonalista Galega desde as páxinas do seu xornal A Fouce: “Namentras alá na Terra, se fai pouco ou nada pol-a Escola galega, os emigrados, con un criterio trabucado, ainda que con boa intenzón, malgastamos esforzos e cartos no sostemento de escolas rexidas e ourentadas nun senso ruinoso para Galicia. As nosas escolas, as que se sosteñen con cartos d’América, non se conforman co-a laboura desgaleguizante das escolas hespañolas, van mais lonxe: desgaleguizan e ourentan os nosos nenos hacia a emigración, e para colmar a medida, chegan a obsecuenza servil, cos países en que residen os sostenedores, que non outra cousa é, a adopción dos textos oficiales de historia xeográfica, etc. d’estes países d’América.[...] A creazón dunha Sociedade Protectora da Escola galega, é pois, de urxente necesidade, non só pol-o concurso económico que poidamos aportar, e pol-o indudabel efecto estimulante que exercerá nos galeguistas da Terra, pr-alental-os en tan importante e impostergable obra, sinón, porque faría posibel a coordinazón de moitas vountades dispersas, para prantear sistemáticamente no seo das sociedades que teñen escolas en Galicia, a necesidade de que se galeguice a ensinanza”.
Con todo, posiblemente en moitos dos casos non se trataba tanto de falta de conciencia galeguista como dunha clara intención posibilista. Pois como xa temos afirmado noutras ocasións, a realidade social de miles de galegos e galegas migrantes a América era a de proletarios que, na súa inmensa maioría mudaran de país pero non de situación, debendo someterse a unhas duras condicións laborais e adaptarse a novos códigos culturais, regras sociais, lexislación e incluso idioma; e tomar conciencia dos límites existentes entre a utopía imaxinada e a realidade presentada, ao constatar unha dobre opresión: como estranxeiros e como asalariados. Por iso, era preciso cubrir as necesidades de alfabetización e escolarización no lugar de orixe, pero tamén preparar o camiño para unha máis que probable emigración. De modo que, unha formación máis específica e funcional orientada á demanda laboral dos lugares de destino—historia e xeografía do país de acollida, cálculo e contabilidade, lectura e escritura en lingua castelá— probablemente faría os inicios un pouco máis doados. (19)
Ademais das anteriores, existen fundacións docentes promovidas por emigrantes dezaos desde outros lugares, que datan do século XVII. É o caso de Andrés Otero, un benfeitor radicado en Filipinas, promotor dunha fundación docente na parroquia cruceña de Duxame en 1620, dotada dun edificio que aínda se conserva na actualidade, coñecido desde sempre como O Colexio. Relacionados con esta parroquia tamén aparecen os nomes de Domingo Otero de Bermúdez, fillo ilustre e grande benfeitor que custeou o edificio da igrexa parroquial, a mediados do século XVIII; ou Pedro Otero Bermúdez, quen fora gobernador de Manila, relacionado cunha doazón de roupas para a igrexa parroquial de Duxame en 1791. Tamén en Vila de Cruces, Antonio Ramos del Soto, radicado no Vicerreinato de Nueva España, en México, creou na parroquia de San Pedro de Salgueiros, en Vila de Cruces, unha escola de nenos que data de 1699.
Por último, debe citarse a escola creada en Basadroa por un veciño de Agolada, Francisco Oro Meire, emigrado á Habana. Severino Expósito, un neno a quen un casal de Eidián recolleu nun hospicio adoptándoo como fillo, trocou a institución benéfica por un fogar na aldea e adoptou un novo nome, o de Francisco Oro Meire. Logo de criarse no lugar de Basadroa, en Eidián, emigrou a Cuba en 1871 con tan só 16 anos. Alí, nun primeiro momento, atopou emprego como braceiro nun enxeño azucreiro. Máis tarde, xa na Habana, pasa a ser empregado dunha fonda e, posteriormente, faise cunha bodega. A partir de aí, axudado polas condicións económicas favorables e as súas habilidades para os negocios, iniciou un camiño de prosperidade que o levou a acabar como accionista en varias compañías navieiras. En 1920 decidiu levantar unha escola, “con objeto de que los niños y niñas de las parroquias de Eidián, Basadre y Ramil reciban la instrucción primaria”, como reza na placa da súa fronte, que acabou por doar ao Concello. Ademais da achega escolar tamén axudou a restaurar a igrexa parroquial ou a construír un novo cemiterio. Ao retornar de Cuba, fixou a súa residencia na Coruña, onde finou en 1934 aos 63 anos.
Xunto coas Sociedades que acabamos de citar, deben lembrarse algunhas outras que agruparon aos dezaos e trasdezaos emigrados á illa de Cuba. De entre elas cabe destacar, en primeiro lugar, a Sociedade Hijos del Partido de Lalín, que naceu na capital cubana o 20 de marzo de 1910 a instancias da Sociedade homónima de Buenos Aires. Constituíuse, en principio, como unha delegación, pero acabou por actuar con voz propia achegando recursos para o hospitalillo, e prestando atención, axuda mutua e recreo aos emigrantes dos seis concellos do partido xudicial de Lalín residentes na illa caribeña. A seguir, o 14 de decembro de 1918 nace a Sociedad de Instrucción Hijos de Ventosa y su Término, agrupando a residentes de Agolada liderados por naturais daquela parroquia. Esta levantou o edificio da escola de Ventosa, sufragado enteiramente polos socios, así como tamén o seu mantemento ata o ano 36.
A década dos anos vinte inagúrase coa sociedade cubana Club Lalín, que se inscribe o 14 de abril de 1920 no rexistro de asociacións do Goberno Civil da Habana. Esta Sociedade colaborou na construción de dúas escolas, nas parroquias de Vilanova da Xesta e Alemparte. Tamén sobre esas datas sitúase a aparición da Sociedade Hijos de Rodeiro, da que se ten noticia a través de Eco de Galicia onde con data de 2 de maio de 1920, informa sobre as eleccións celebradas para nomear unha nova Xunta Directiva. A través desta entidade, os cambotes residentes en Cuba lograron achegar os fondos para mercar o terreo e construír unha escoliña, que se inaugurou a mediados da década dos trinta na parroquia de San Cristobo de Az. Os veciños da parroquia colaboraron con diversos traballos, e o Estado ocupouse de contratar o mestre e supervisar as clases.
O 10 de setembro de 1922 aparece na a agrupación denominada Sociedad de Instrucción, Protección Mutua y Recreo “Hijos de Golada” co obxecto de contribuír moral e materialmente ao impulso da instrución e ao progreso do seu concello. Pola súa parte, o 21 de outubro de 1922 fúndase nos locais do Centro Galego unha nova agrupación que se denomina Ayuntamiento de Silleda, e tentará levar a cabo varios proxectos, entre eles un xornal e a construción dunha escola, aínda que ningún deles prosperou. Non foi o caso de Hijos del Valle del Ulla y su Comarca, formada por emigrantes de varias parroquias de Silleda e A Estrada confluíntes no val do Ulla, que se fundou na Habana o 10 de febreiro de 1928 e contribuíu ao progreso escolar da súa zona de influencia rehabilitando o vello cárcere de Ponte Ulla para destinalo a escola de nenas.
Pasando agora á intervención que levan a cabo os emigrantes da comarca de Tabeirós-Terra de Montes residentes en Buenos Aires, estes deixaron unha pegada importante, que se complementou coa que realizaron os residentes na Habana. Cómpre engadir, ademais, que na maior parte dos casos deuse unha estreita colaboración entre as sociedades arxentinas e as cubanas na realización de proxectos, así como entre estas e os sindicatos agrarios das respectivas parroquias, como se pode observar, por exemplo no caso das seguintes escolas.
Comezando pola de Arnois, os veciños decidiron organizarse para levantar un edificio escolar mediante unha colecta, pois o local que funcionaba como escola tiña sido clausurado polas autoridades educativas, debido seguramente ao seu estado de abandono. Ademais de buscar fondos na parroquia, dirixíronse aos residentes de Arnois en América na procura de apoio. Acudiron prestando axuda o Comité de Residentes del Distrito de La Estrada de Buenos Aires, e as Sociedades Hijos del Valle del Ulla y su Comarca e Hijos del Ayuntamiento de La Estrada da Habana. Esta última respondía ao acordo tomado en asemblea de destinar unha importante subvención a toda parroquia que decidira crear un centro de ensino.
Como noutras escolas da comarca, na de Arnois organizáronse moitas festas escolares. A primeira tivo lugar en xullo de 1931 cunha exposición de traballos realizados polos alumnos e alumnas, que ademais recitaron poemas e narracións. En 1932, volveuse repetir a festa, e durante o acto fíxose entrega aos mestres Carmen Rosende e Ramón P. Barcala duns títulos de mérito, concedidos pola Sociedade Hijos del Valle del Ulla y su Comarca, como recoñecemento ao seu labor pedagóxico. Xa se anotou anteriormente a restauración do antigo cárcere de Ponte Ulla para escola de nenas, en 1928. Pola súa parte, o Comité de Residentes del Distrito de La Estrada, que colaborou aos sostemento das escolas nacionais de Ancorados, Arnois, Arca, Codeseda, Paredela, San Andrés e San Xurxo de Vea, Santeles ou de Rubín, promoveu unha publicación anticaciquil en Buenos Aires coa cabeceira La Libertad, que saíu á rúa a partir de 1920. Ademais, contribuíu economicamente ao sostemento de El Emigrado, xornal “independiente, órgano de los emigrados y defensor de los intereses locales y regionales”.
Os residentes de Berres en Buenos Aires, por exemplo, fundaron a Sociedad Agraria Juventud Naturales de Berres para construír unha escola con vivenda para o mestre dotándoa de todo o necesario, e constituír alí unha casa social e unha cooperativa de consumo e útiles de labranza. Esta Sociedade nacía como unha extensión do Sindicato agrario de Berres na Arxentina, e na parroquia estradense formou unha delegación composta por cinco membros contando con representantes do mencionado sindicato. Entre os seus obxectivos, “auxiliar, fomentar y crear escuelas neutras de primera enseñanza para niños de ambos sexos; fomentar y crear escuelas profesionales, nocturnas y dominicales para adultos; adquirir o construir un edificio para escuela y casa del pueblo en la parroquia de Berres; crear y auxiliar una biblioteca popular, organizar cursos y conferencias para la enseñanza de materias especiales; establecer relaciones con todas las sociedades que persigan los mismos fines, tanto en nuestro distrito como en el resto de Galicia”.
A finais de 1925 mercou un edificio para acoller a Casa social, e unha escola mixta e nocturna de adultos. Tal como anunciaban no xornal El Emigrado, “trataremos por todos los medios a nuestro alcance de llevar a nuestra parroquia la instrucción y la cultura, para que a nuestros venideros no les pase lo que a nosotros, que no sabemos ni escribir nuestro nombre”. A escola había ser un instrumento de ensino práctico e de divulgación de modernas técnicas agrícolas “para todos los habitantes de la parroquia que quieran darse cuenta de cómo tienen que ser cultivadas nuestras tierras, para que produzcan abundantes y buenos frutos”, como informaba este xornal en 1923.
En Curantes, a escola de ensino primario situada no lugar de Curantes Vello foi promovida pola Sociedade Unión de Curantes y Olives, formada en 1920 por residentes na capital arxentina. Estaba liderada polos curmáns José e Francisco Reboredo, que xunto con Albino Romero foron, na década dos vinte, os iniciadores do proxecto mediante unha colecta popular. Unión de Curantes y Olives respondeu ao chamamento dos veciños enviando os fondos necesarios para a compra do solar, a construción do edificio e as obras de carpintería; a esta agregouse unha reforma de cantería custeada por subscrición realizada entre veciños de ambas parroquias. O mobiliario interior mercouse grazas á doazón do veciño Venancio Rial. Rematado o edificio, entregouse ao Estado para que este enviara un mestre, e foi Juan Pérez Alonso o primeiro profesor en ocupar ese destino. (20)
A mesma colaboración prestaron os emigrantes á parroquia de Olives: a Sociedade Unión de Curantes y Olives da Habana sacou a poxa pública a construción dun edificio escolar con vivenda para mestre no lugar de Pazos, no mes de abril de 1924. Nesa obra colaboraron, ademais, o Comité de Residentes del Distrito de La Estrada en Buenos Aires e Hijos del Ayuntamiento de La Estrada de Cuba, achegando cadansúa subvención de 1.000 pesetas. O edificio rematouse a mediados de 1926, e logo de ter xirado visita a Inspección de Ensino Primario, a entidade puxo o local a disposición do Estado para que se trasladase alí a escola nacional de Olives que xa viña funcionando no lugar de Pousada, parroquia de Curantes.
Pola súa parte, no lugar de Arnado de Abaixo, nos límites da parroquia de Arca e Codeseda, a sociedade cubana Curros Enríquez Asociación pro escuelas, e a arxentina Comité de Residentes del Distrito de La Estrada levantaron un edificio escolar, hoxe desaparecido, que se inaugurou o 2 de maio de 1915 co nome “Escuela Curros Enríquez”, segundo informaba a revista Estudios Gallegos.
En Guimarei, a casa-escola da parroquia foi promovida pola Sociedad de Agricultores de Guimarei y Ouzande, e a partir de 1926 tamén subvencionada pola Sociedade Unión Estradense desde Buenos Aires. Pero esta escola xa viña recibindo axudas dos emigrados de Cuba desde a súa construción, a comezos da década dos vinte, como amosa o feito de que na súa fronte ondeara a bandeira da república antillana en 1923, como seña “de cariño y reconocimiento a esos viriles gallegos que en Cuba trabajan asombrosamente por la liberación y el progreso de su patria”, como informaba El Emigrado en 1923. Un dos seus impulsores foi o veciño José Maceira Puente, socio fundador e primeiro presidente da Sociedade agraria, que adiantou a meirande parte do capital necesario para levantar o edificio. (21)
A escola de Paradela e Barbude, no lugar da Devesa, foi creada contra 1932 polos veciños das dúas parroquias, que contaron con diversas axudas procedentes de América. Así, a entidade cubana Hijos del Ayuntamiento de La Estrada mercou o terreo mediante unha colecta achegada pola súa delegación na vila estradense. Unha comisión composta por veciños de ambas parroquias asinou o contrato de compra en decembro de 1924. Pola súa parte, o Comité de Residentes del Distrito de La Estrada en Buenos Aires tamén cooperou cunha subvención, como fixera xa coas escolas construídas noutras parroquias. Así mesmo, recibiron outros donativos en metálico procedentes de varias subscricións efectuadas polos veciños desas parroquias residentes en Cuba e Arxentina. Paralelamente nacía o Patronato Cultural de Paradela-Barbud, para encargarse da administración e conservación da casa-escola, ademais de velar para que os mestres cumpriran coas súas responsabilidades, premiando o recompensándoos polo seu labor, así como facer observar aos pais a necesidade de ir ás clases regularmente e con puntualidade, e que os maiores de 14 anos asistiran ás clases nocturnas “incluso con sus padres y madres, al objeto de hacer desaparecer de estas parroquias la condición de analfabeto, que tanto desdora a los pueblos”.
En Pardemarín creouse, o 11 de febreiro de 1906, unha Sociedade que máis tarde se transformaría no Sindicato Agrícola de Pardemarín. Un dos seus primeiros acordos foi reclamar ás autoridades unha escola para os nenos e nenas desa parroquia e da de Lamas, e solicitar aos residentes en América apoio económico nese proxecto. Moitos estradenses radicados en Buenos Aires, New York e Cádiz colaboraron na construción da casa-escola, para a que tamén achegaron cartos os membros da Sociedade Unión de Rubín da Habana. Nun primeiro momento inaugurouse a aula de clase, e algún tempo despois, en novembro de 1922, completouse cunha vivenda anexa para o mestre, que daquela era Tomás Alfonsín. (22)
O Sindicato Agrícola de Pardemarín, seguindo a iniciativa dun grupo de veciños desa parroquia, patrocinou o Certame escolar dos Pereiriños co apoio dos emigrantes. Este, que xa contaba con precedentes noutras festas escolares desde 1908, comezou a celebrarse como tal en 1916. “¿No resultaría más práctico y, sobre todo, muchísimo más económico, ponerse de acuerdo con los maestros y con las autoridades, así municipales como del Magisterio, y celebrar todos los años una sola Fiesta del Árbol, general para todo el distrito y un solo Certamen Escolar, también con carácter general?”, preguntaban en 1920 José Arca e José Loureiro, residentes en Cuba. Deste xeito fóronse sumando, en anos sucesivos, outras escolas achegadas como a de Rubín, Curantes, Olives, Guimarei ou Tabeirós. Máis tarde, o Sindicato agrario de Pardemarín decidiu organizar anualmente a Festa da Árbore, para instruír aos rapaces nas técnicas de plantación e enxerto, así como no amor e respecto á natureza, segundo nota de El Emigrado en 1924.
A escola de Tabeirós foi financiada pola Unión Estradense, integrada por estradenses emigrados a Buenos Aires e a Sociedade Hijos de Tabeirós, formada por residentes na Habana. Os emigrantes, coa cooperación dos veciños da parroquia, arrendaron un local no lugar da Consolación, e puxeron a funcionar en abril de 1922 a escola de nenas rexentada pola mestra Pura Miño, dotándoa de abundante material escolar. Anos despois, en 1932, levantouse un novo edificio, no que de novo colaborou a Sociedade Unión Estradense, enviando o importe necesario para rematar a construción. Esta sociedade tiña entre os seus fins prestar unha valiosa axuda aos veciños da Estrada “para saciar su sed de redención por medio del fomento de la instrucción, y métodos de organización económica que les hagan más llevadera su ruda existencia”. Colaborou, ademais, no remate do edificio escolar de San Miguel de Castro, nas reformas do local escolar de Berres, así como a de Paradela conxuntamente cos veciños desa parroquia. A escola de Tabeirós organizaba unha festa anual denominada “Fiesta del Niño”, que financiaban os fillos desa parroquia residentes en Cuba. Na súa fronte, o edificio posúe unha placa que indica: “1932. Edificio escolar Hijos de Tabeirós”. (23, 24)
Na parroquia de Callobre, os veciños construíron, contra os anos vinte, un edificio para casa-escola, con aulas para ambos sexos e local sindical, contando coa axuda de Hijos de Callobre en La Habana. Esta sociedade mantivo unha estreita colaboración co Sindicato agrario da parroquia, fundado en 1907, en todas as actividades relacionadas coa instrución. Un grande animador cultural da parroquia foi o mestre e xornalista Manuel García Barros.
Os callobreses residentes na Habana enviaban remesas periódicas para o equipamento da escola e mesmo remesas de material escolar. Nunha desas ocasións, en maio de 1922, a Sociedade remitiu unha certa cantidade coa que se mercaron dous mapas murais, de España e do mundo, “y dos preciosas plumas estilográficas de oro como regalo a los jóvenes esposos y maestros de dichas escuelas D. Julio Pereira Armesto y Dª. María Pazos López por el celo y cariño con que enseñan a sus tiernos discípulos”, e organizouse unha sinxela festa para facer entrega dos agasallos. Durante o acto agradecéronse as axudas dos emigrantes e a colaboración veciñal a prol do proxecto escolar, e rematouse cunha merenda e un baile nas inmediacións da escola. Por outro lado, os residentes de Callobre na Habana, Cádiz, Sevilla e Puerto de Santa María tamén achegaron donativos en 1908 para construír un cemiterio.
No caso de Loimil, foi levantado o edificio escolar polos veciños da parroquia, que cederon o terreo gratuitamente, contando coa axuda das Sociedades Hijos de Loimil e Hijos del Ayuntamiento de la Estrada. En setembro de 1921, unha comisión de veciños da parroquia residentes na Habana, que se acababan de constituír na Sociedade Hijos de Loimil, dirixían unha carta á Sociedade Hijos del Ayuntamiento de La Estrada naquela capital, solicitando colaboración para levantar unha casa-escola. E, ao mesmo tempo, remitían un comunicado aos veciños da parroquia, que tamén se organizaban para ao mesmo fin encabezados polo cura-párroco, animándoos a cooperar unidos: “el caciquismo, ese caciquismo maldito que agobia hoy como siempre a nuestra Galicia tiene su cobacha entre las sombras tenebrosas de la ignorancia, y para combatir ambas cosas, es preciso levantar escuelas, muchas escuelas; y como los vecinos de esa parroquia, es necesario se apresten todos, dentro del mayor sacrificio posible, a levantar el templo de la enseñanza”. Tanto os veciños da parroquia como os residentes en Cuba conseguiron xuntar unha suma considerable. A escola inaugurouse o 11 de xuño de 1923 e aquí comezaron as clases baixo a dirección do mestre José Pérez, cunha matrícula de 62 nenos e nenas.
Pola súa parte, a casa escola da parroquia de Rubín levantouse por iniciativa de Francisco Paz, José Rodríguez Vilas y Pedro Fragoso, membros da Sociedade de instrución Unión Escolar de Rubín, a primeira das estradenses fundada en América. Tiña como obxectivo “difundir la instrucción fundando en Rubín una escuela apropiada de niños y niñas con todos los adelantos pedagógicos modernos y con edificio propio que reúna las condiciones apetecidas”, segundo explica o seu presidente en El Estradense, en maio de 1907. En xaneiro de 1908 formouse unha delegación en Cádiz para cooperar na construción do edificio, que contou tamén coas modestas pero valiosas achegas de moitos emigrantes a título particular. Afirmaba Francisco Paz que “de la instrucción sale todo, y de las simientes esparcidas por nosotros brotan ya plantas lozanas, que en días no remotos fructificarán copiosamente”. (25)
A escola de Rubín inaugurouse en 1915 e funcionou como centro privado, subvencionado polos residentes cubanos ata 1923, cando se crea unha escola estatal que pasou a instalarse no edificio existente. O 21 de xuño foi reinaugurada como escola primaria pública. Xa en 1921, a delegación da Habana mercara un terreo contiguo á escola para establecer alí un campo de experimentación agrícola.
En Vinseiro, a escola recibiu as subvencións da Sociedade Unión de Vinseiro y Cereijo, formada por residentes de ditas parroquias na cidade da Habana. Esta Sociedade enviou unha primeira remesa económica, que xunto coa achega do Sindicato agrario de Vinseiro e Cereixo, sufragou a compra do terreo e deu para levantar un edificio de dous andares, que non tardou en derrubarse pola deficiente calidade da construción. O construtor acabou indemnizando cunha cantidade, á que habería de sumarse unha nova subscrición popular entre os veciños e os emigrantes, que deu para levantar un novo edificio de planta baixa, que algún tempo despois acabaríase completando cunha planta superior. A Comisión encargada de levar a cabo o proxecto estaba formada por Bernardo Fernández, Manuel Matalobos Loureiro e Ignacio Vila Carbón. O edificio rematouse a finais de 1925 e, segundo informaba El Emigrado, a noite de Reis de 1926, un grupo de veciños que superaba as sesenta persoas saíu a cantar panxoliñas entre a veciñanza, e cos cartos recadados celebraron unha comida para festexar o remate das obras e a inauguración das clases. No mes de setembro dese ano, a escola de Vinseiro celebraba unha festa escolar na denominada Carballeira da Senra, sufragada polo Sindicato agrario de Vinseiro e Cereixo, na que participaron os nenos e nenas das dúas parroquias.
Por último, no concello de Forcarei, a sociedade dos emigrantes da Terra de Montes na Arxentina, denominada Residentes del Ayuntamiento de Forcarey en El Plata Pro Cultura y Protección, fundouse o 22 de outubro de 1922 como resultado “del entrañable amor a la tierra natal y el anhelo de ver desterrado de Galicia ese resto de vergüenza que se llama analfabetismo”. Con ese fin a Sociedade axudou a erguer un edificio escolar no lugar de Leboso, parroquia de Quintillán. A primeira pedra colocouse o 4 de setembro de 1927, inaugurándose un ano despois. Bautizada como escola “Rosalía de Castro”, tamén contou coa axuda dos veciños, “que con una generosidad digna de elogio ofrecen el terreno necesario para el edificio en el sitio que la comisión cree conveniente y el acarreo de todos los materiales en la construcción, así como muchas maderas, todo completamente gratis”. A Sociedade convidou ao párroco de Leboso a bendecir a primeira pedra, e nomeou socio honorario ao alcalde de Forcarei na altura, “de origen dictatorial delegado de Primo de Rivera”, segundo criticaba en xaneiro de 1929 El Despertar Gallego. A Sociedade foi expulsada da FSGAC pouco despois.
A Sociedade Residentes del Ayuntamiento de Forcarey en El Plata Pro Cultura y Protección editou en 1923 unha publicación mensual coa cabeceira Umia y Lérez. Órgano de la Sociedad Residentes del Ayuntamiento de Forcarey en El Plata Pro Cultura y Protección, que dirixiu Pedro Campos Couceiro, un dos fundadores do Centro Galego, e Manuel Pichel.

… e política
Na comarca de Deza existen algunhas diferenzas entre as sociedades estudadas no momento de concibir os seus proxectos, que teñen para nós un gran interese. Por un lado están as de tendencia conservadora, máis orientadas ao labor caritativo en colaboración co clero local. Opción pola que se inclinaban maioritariamente os de Hijos del Partido de Lalín, secundados por Pro Escuela Hijos de Loño; ou en Tabeirós-Terra de Montes, a Sociedade Residentes del Ayuntamiento de Forcarey en El Plata Pro Cultura y Protección que foi expulsada da Federación, como acabamos de citar, a causa da súa colaboración coa ditadura de Primo de Rivera, e máis concretamente, co clero local.
Hijos del Partido de Lalín e Pro Escuela Hijos de Loño non se distinguiron pola defensa da causa agrarista nas terras de Deza, senón que, ao contrario, amosaban meirande simpatía co ‘riestrismo’. Por exemplo, o propio Guillermo González, presidente, dirixía unha carta ao marqués de Riestra en xaneiro de 1917 na que solicitaba apoio, e ao tempo explicáballe que a administración do Hospital Asilo e Colexio “estaría a cargo de hermanas de caridad (...) con lo que a la vez que obtenemos grandes ventajas de orden económico damos un rotundo mentís a esas inteligencias perversas o limitadas, que quieren rodear de una aureola irreligiosa a todo lo que de América procede”, tomando así distancia coas posturas máis progresistas que tiñan outras iniciativas societarias.
Pódense poñer outros exemplos. En primeiro lugar, o conflito que protagonizan varios afiliados contrarios á construción do hospital. O sector dominante, comerciantes e xente acomodada da capital, consideraba prioritaria a realización de obras benéficas na comarca, como o hospitalillo. Mentres outro grupo formado por traballadores asalariados, xente de esquerda e máis concienciada ideolóxicamente, era partidario de centrar os esforzos na atención mutualista aos residentes en Buenos Aires: “los artesanos queremos lo más práctico, rápido e indispensable, o sea la protección, el socorro y el trato íntimo entre los naturales de Lalín en América”, dando a entender que a intervención filantrópica estaba máis orientada á promoción persoal dos directivos que á causa solidaria: “se creen ya más arriba del artesano y cortejan la autocracia por compromisos o conveniencias”.
Doutra banda estaban as sociedades que defendían unha liña de intervención escolar progresista, laica e anticlerical, orientada á rexeneración social e a emancipación das clases populares, especialmente os traballadores do campo. Nesta liña estaban Hijos de Silleda e Pro Escuelas en Bandeira, ás que seguiron máis tarde Unión del Partido de Lalín e, de xeito máis feble desde La Habana, Hijos del Partido de Lalín e Club Lalín. Detrás destas organizacións había outras voces que disentían do modo de entender a beneficencia e o sentido da inversión en obras de progreso. A Sociedade Pro Escuelas en Bandeira, que nacera o 20 de marzo de 1909 cuns fins estritamente educativos, difundía no seu voceiro Fomento de la Instrucción Gallega un artigo asinado por Teófilo García no que trataba de convencer aos promotores lalinenses do proxecto hospitalario para que levantaran un centro de ensino, argumentando que “es el modo de pensar de todo el vecindario del Partido de Lalín, y aún es tiempo de meditar sobre los pasos dados”. Pro Escuelas en Bandeira tiña cimentado o seu ideario político de esquerdas no rexeneracionismo hispanoamericanista, anticaciquil, antiforal, e nun forte anticlericalismo, mediante un compromiso activo co mundo rural. Non é estraño, por tanto, que os membros da entidade trasdezá, máis concienciados e combativos, apostaran pola intervención escolar do colectivo emigrante, animando de paso aos de Lalín a que seguiran ese camiño.
Outro enfrontamento por cuestións ideolóxicas ten lugar en 1921, organizado por un grupo de asociados dirixidos por Jesús Blanco, natural de Cristimil. Nesta ocasión, o conflito derivou na creación da sociedade Unión del Partido de Lalín, que se orientou nunha dirección política máis progresista, cunha base ideolóxica laicista, socialista reformista, democrática e de rexeneración cívica, abrazando o compromiso socio-político co movemento agrario.
Cabe citar, abondando nesta diferenza de criterios entre os residentes dezaos, que se mantén ao longo do tempo, o acto que organizou Hijos del Partido de Lalín en 1925, na capital de Deza, para homenaxear á Republica Arxentina. A xunta directiva decidiu bautizar a rúa principal, estrada Santiago-Ourense, co nome “Avenida Buenos Aires”, facendo coincidir o acto de colocación dunha placa, doada pola entidade, coa festa da patroa local, a Virxe das Dores. Este feito motivou un contundente artigo en El Despertar Gallego asinado por Benito González Iglesias, onde entre outras cousas criticaba esta homenaxe que, ao seu modo de ver, “debiera ser puramente civil, ilustrado con discursos doctrinarios para ilustración del pueblo por su elevado significado, fue convertido en una farándula de iglesia y romería”.
Antón Alonso Ríos, membro fundador de Hijos de Silleda, criticaba por aquel tempo a posición política, morna e ambigua, dos líderes de certas colectividades, calificándoa de “conformismo chato” e “indolencia repugnante y dormilona”, evitando referirse expresamente aos de Lalín, sobre o carácter frívolo das súas actividades, “que consiste en dar xantares y organizar peregrinaciones, misas y tedeums, con mucho bombo y platillos”, y dedicarse “al fomento del tango y del tresillo, y las únicas intromisiones que tenían en la vida de su patria consistían en enviar docenas de telegramas destinados a El Rey, absurdo e indiferente, o a los jefes de los gobiernos que fomentaban el caciquismo, que consentían la despoblación ―por hambre― de Galicia y que sellaban, a balazo limpio, las bocas que pedían pan y libertad”.
No caso de Tabeirós-Terra de Montes, o movemento societario, de tendencia progresista e anticaciquil en termos xerais, marcan diferencias segundo a área de influencia: as sociedades radicadas na Arxentina estaban máis influídas polo socialismo e o anarquismo sindicais, mentres as sociedades cubanas orientábase na tradición liberal, rexionalista e republicana. Tanto é así que moitos dos retornados da Arxentina militarían nos anos 30 nas seccións estradenses do PSOE ou do Partido Republicano Radical-Socialista, mentres que os que procedían de Cuba facíano, nomeadamente, en Izquierda republicana de Azaña.
Ademais da distancia ideolóxica que amosaba a acción das sociedades que acabamos de referir, é preciso subliñar a persecución exercida en Galicia polo réxime de Primo de Rivera a causa de, por un lado, a promoción do laicismo os estabelecementos escolares; e por outro, o apoio ao movemento agrarista a través dos sindicatos e sociedades agrarias. Pois é coñecido que a gran expansión do agrarismo galego non confesional nestes anos está estreitamente relacionada co apoio recibido, en gran medida, polos emigrantes a través das súas sociedades. Este apoio chegaba desde a diáspora mediante remesas materiais, ou a través dos elementos retornados que tiñan adquirido conciencia política e certa experiencia nas loitas sociais das áreas urbanas onde maioritariamente residían. De volta en Galicia, moitos deles tornáronse activos colaboradores na difusión de novas ideas nas parroquias de orixe e a promoción do asociacionismo campesiño. Neste sentido, eran comúns na comarca os manifestos alertando aos agricultores para non seren vítimas da presión do riestrismo, dos enganos dos falsos agraristas, ou do control exercido desde os púlpitos.
En Tabeirós destaca o caso do mestre José Otero Abelleira, que xunto a outros estradenses retornados volcouse no traballo social e reorganizando o sindicalismo agrario. Otero Abelleira foi animado polos residentes cubanos para editar un xornal, de cabeceira El Emigrado, e dirixir o Centro de Emigrados, institución que actuaba como unha delegación da sociedade Hijos del Ayuntamiento de La Estrada, e estreitamente vencellada ás escolas dos emigrantes. O Centro de Emigrados sostiña, ademais, unha caixa de aforros e unha oficina de emigración e información xeral para os seus asociados; coordinaba as remesas que os residentes enviaban ás escolas e axudaba a organizar os certames escolares. Unha tarefa similar á realizada polo mestre Otero Abelleira desde A Estrada coa comunidade cubana, fixo tamén o escritor e xornalista Manuel Brea Abades coa comunidade arxentina.
Fronte ao labor dos emigrados no eido educativo e agrarista, a resposta por parte dos sectores próximos ao réxime de Primo foi, en todos os casos, a persecución. Na comarca de Deza, José Peña Surribas e Manuel Vigide Fondevila, dirixentes de Unión del Partido de Lalín queixábanse aos emigrantes da “persecución atroz” que padecían os dirixentes agrarios por parte do poder político local: “Los caciques se dan cuenta de que la unión de las sociedades dará al traste con su poderío y por eso no descansan en sembrar cizaña y hacer coacción, cosa que no fructificará, porque sus sembradores son gente conocida por sus azañas”. Peña Surribas e Vigide Fondevila relataban cómo a garda civil intentou prendelos cando estaban a punto de reunirse para formar a Federación de sociedades agrarias de Lalín: “nos marchamos de allí y nos reunimos en el monte, en donde se acordó que nuestro compañero Ramón Fernández confeccionase el reglamento, el que está hecho y aprobado por todas las sociedades”. Nesta estratexia de loita anticaciquil, UPL tamén presta o seu apoio ao xornal Verdad y Justicia, fundado polos retornados cubanos Máximo López Carral, que foi o seu primeiro director, e Jesús Iglesias Surribas, primeiro administrador e logo director cando Máximo López regresa de novo a Cuba.
A opción laicista —que en moitos casos limitouse a unha postura neutral para evitar males maiores— do modelo educativo das escolas de emigrantes vinculadas á Federación provocou unha serie de enfrontamentos entre os poderes caciquís, representados por cregos, mestres afectos á ditadura de Primo e alcaldes, e os delegados das entidades promotoras, ademais de mestres e pais de alumnos en case todos os casos. Durante o tempo en que as escolas mantiveron abertas as súas portas, padeceron a intromisión, a extorsión, as presións, as ameazas e toda sorte de campañas difamatorias e de desprestixio por parte de aqueles que vían unha ameaza nas súas actividades. As inspeccións foron continuas, os peches por causas arbitrarias, as multas impostas aos pais, aos mestres, aos promotores... Nesta liña, a propia Federación, nun comunicado desde Correo de Galicia, daba a coñecer as resolucións do seu III Congreso, onde entre outros asuntos relacionados coa política do Directorio, denunciaba “la intromisión del clero en las escuelas en perjuicio del carácter científico de la enseñanza y de la libertad de cátedra, en la familia con detrimento de la patria potestad y en el Estado con desdoro para el poder civil”.
O núcleo de oposición máis activa que atopou UPL proviña do clero local, que criticaba o seu apoio á organización agraria non católica e o ideario que seguían as súas escolas. Escolas que aplicaban orientacións metodolóxicas de carácter funcional, mais tamén eran centros que promovían unha educación laica e racional dirixida á emancipación do campesiñado, e a través da acción pedagóxica trataban de contribuír á formación dunha sociedade máis democrática e participativa. As escolas debían funcionar como axentes sociais para o cambio, como viveiros onde habían de medrar os futuros agricultores: profesionais competentes, que diríamos hoxe, pero ao mesmo tempo cidadáns concienciados. Como o mesmo Jesús Blanco escribía contra 1931 nun manifesto a favor da II República, “capacitando a las masas productivas para el ejercicio de la ciudadanía dentro del campo político”; para desterrar do medio rural o atraso que os mantiña nunha situación de crónico estancamento.
A sociedade Hijos de Silleda foi obxecto de continuos abusos durante os anos en que as súas escolas permaneceron activas. Os poderes caciquís chegaron incluso a clausurar algún dos edificios coa escusa de que alí se impartía ‘educación anarquista’. Repasando os libros de actas, a prensa da época e a diversa correspondencia entre os mestres, acusados de ‘herejes e judíos’, e as directivas de Buenos Aires, o temor ao peche aparece como unha tensión constante.
Outro exemplo é o da sociedade Pro Escuela en Bandeira. Os membros iniciadores decidiron modificar o nome da futura escola o mesmo día da súa constitución. Por acordo dos presentes escolleran o revelador “Escuela Laica”, pero conviñeron en mudalo polo de “Escuela de Instrucción Primaria y de Comercio” para evitar o receo das mentes reaccionarias e máis proclives ao enfrontamento. Aínda así, as agresións non tardaron en chegar ata facerse máis constantes a partir da colocación da primeira pedra. Luciano Folgar, mestre contratado pola sociedade Hijos de Silleda e inspector das escolas federadas, tivo que afrontar unha denuncia por “antipatriota, anticristiano y terrorista” xunto cos mestres das escolas societarias de Silleda e a comisión local da de Bandeira.
Unha anécdota grotesca desta continua persecución ven relatada en El Despertar Gallego, e ten como protagonista ao cura da veciña parroquia de Moalde, Manuel Vilariño Losán, cando un domingo do mes de abril de 1928 pronunciou un airado sermón contra os emigrados, ‘impíos y descreídos’, que a forza de sacrificios tiñan reunido os fondos e estaban levantando un edificio escolar na Bandeira. Os pacentes fregueses, “con mucho disimulo, fueron desapareciendo hasta dejar al señor cura furioso como un energúmeno berreando a las paredes y a los santos, que como eran de palo tuvieron que aguantar el chaparrón”. E, continúa o xornal, “el disgusto del reverendo no reconoció límites; así fue que para el próximo domingo tomó sus medidas e hizo echar llave a las puertas de la iglesia antes de empezar el sermón, y entonces fue la suya: por dos horas y media bien cumplidas todos los feligreses tuvieron que soportar su ‘amena’ plática; y la encerrona hubiera sido más larga si todos con muestras de arrepentimiento no le permitieran firmemente al señor ‘abade’ combatir con todas sus fuerzas los planes diabólicos de todos aquellos que desde América tratasen de crear escuelas laicas, pues como el señor cura afirmaba, ‘más vale quedarse burro para toda la vida que educarse en una de esas escuelas de protestantes’”.
Unión del Partido de Lalín tamén foi obxecto de persecución por parte de curas, caciques a ata por mestres nacionais. Ao tempo que a sociedade inauguraba a súa segunda escola na parroquia de Prado, “para contrarrestar sus efectos, el cura-párroco de Bendoiro creó tres escuelas atendidas, una por el mismo, la segunda por el auxiliar y la tercera por el señor Manuel Campos”. As tres pecharon pouco tempo despois “desde el momento que sus bancos no se ocupaban por falta de alumnos”. Ademais do feito relatado, empregáronse outros métodos para alterar o funcionamento das escolas e anular o seu labor. Entre eles, “el de organizar sermones a cargo de ‘padres’ misioneros, especialmente en el arte de enseñar y educar a su modo”. Pero felizmente todo foi inútil: “Las escuelas civiles se impusieron en una forma predominante, tal lo demuestra la cifra de alumnos que a ellas concurrieron, cifra que constantemente va en aumento”.
En San Pedro de Vilanova, Vedra, o alcalde negouse reiteradamente a asinar e enviar o expediente de apertura da escola á Dirección Provincial de Instrución Pública, confirmando as adecuadas condicións do local. Aínda así, o inspector e delegado Luciano Folgar decidiu abrir o Centro en setembro de 1926 mentres agardaba a xestión burocrática, toda vez que as súas instalacións e medios didácticos superaban en cantidade e calidade aos das escolas oficias e non había, por tanto, razóns obxectivas para unha negativa oficial. Pero pouco despois de iniciarse as clases cunha matrícula de 54 rapaces, que ía sendo cada vez máis numerosa, non tardaron en chegar as extorsións ao mestre Tomás Peiteado. A Junta Local de Enseñanza formada polo cura, o médico, o mestre nacional de Santa Cruz de Rivadulla e a mestra nacional de Vilanova, foi a encargada de visitar o local, informando sobre as supostas deficiencias da instalación e inadecuado material, “no fijándose en que todos los libros fueron revisados por el Consejo de Instrucción Pública y por la autoridad eclesiástica, la cual puso en ellos las siguientes palabras: ‘Nihil obstat, imprimatur’”.
O que vimos de relatar son só algúns exemplos daquela persecución permanente e desproporcionada, que acabou por provocar consecuencias de diverso tipo aos que a padeceron durante o Directorio. Logo do golpe de Estado de xullo de 1936, liquidada a actividade agrarista e clausuradas as escolas societarias, Unión del Partido de Lalín aliñouse co goberno lexítimo republicano a través de varios manifestos e tamén mediante a organización de colectas para as vítimas da guerra. E como primeira medida, organizou unha serie de actos cívicos e culturais a favor das forzas republicanas, en colaboración con Hijos de Silleda e Pro Escuelas en Bandeira. Estes actos tiñan, sobre todo, un sentido solidario, que trataban de diferenciar das actividades festivas que seguiron a celebrar na Arxentina algunhas outras sociedades malia as terribles circunstancias que se vivían en Galicia. Ao tempo que reafirmaban o seu compromiso coa República, marcaban distancia con Hijos del Partido de Lalín, a quen pediran colaboración a prol do Goberno republicano e lles foi negada, xustificando a súa neutralidade por esixencia regulamentaria. Outra sociedade dezá, a Unión de Residentes del Ayuntamiento de Carbia xustificaba a celebración de actos recreativos durante a guerra porque “cuando emprendimos la tarea de unir a todos los hijos del Ayuntamiento de Carbia, no les hemos preguntado a ninguno qué ideas profesaban. [...] Entendemos por libertad de ideas respetar la de quien no piensa como nosotros”.
Desde o golpe de estado e de modo definitivo a partir da vitoria do réxime franquista truncouse o pulo reformista das sociedades federadas, isto é: republicanismo socialista, rexeneracionismo, laicismo militante e confianza na educación como semente de conciencia cívica. Os seus promotores, así como os mestres e todos os que nalgún momento amosaron as súas simpatías cara as organizacións políticas que se agrupaban na Fronte Popular foron brutalmente perseguidos. Clausuráronse as escolas e locais sociais sostidos por emigrantes baixo sospeita republicana. O seu material foi, no mellor dos casos, confiscado e os seus mestres perseguidos e castigados.
Comezamos por Antón Alonso Ríos, “diputado marxista de lo más acentuado” ―calificativos que aparecen un informe asinado polo alcalde do Concello de Tomiño, Francisco Pino, á Xunta Provincial de Beneficencia, asinado o 4 de febreiro de 1938― obrigado a fuxir polos montes de Tebra agachándose baixo a identidade falsa de Afranio de Amaral logo de intentar, nos primeiros momentos, reagrupar e organizar en Tomiño ao movemento agrario local. En Terra de Montes pasou tres anos de incontables calamidades, ata conseguir pasar a Marrocos desde Portugal, para desde alí embarcar á Arxentina, como narra minuciosamente no seu libro O Siñor Afranio. Ou como me rispei das gadoupas da morte.
Como xa temos sinalado, Antón Alonso Ríos gozou de gran popularidade e respecto entre a colectividade galega emigrada; pero ademais foi unha figura de talla indiscutible na política galega do primeiro terzo do século XX, dono dunha traxectoria intelectual que abarcou múltiples facetas. Desde o traballo como docente na Arxentina e en Galicia, onde dirixiu as escolas Aurora del Porvenir, entre 1931 e 1936, cargo que compaxinou coa súa actividade política como delegado da FSGAC de Buenos Aires promovendo o Estatuto de Autonomía por pobos e vilas galegas. Durante ese tempo participou en decenas de actos políticos ―“un volcán de pasión cívica asemeja su verbo, que enardece a la multitud” ―, chegando a acadar a súa Acta de deputado en Madrid en 1936. (26)
Con respecto ao labor pedagoxico, fundamentado no modelo teórico krauso-institucionista de Giner de los Ríos, aséntase sobre a práctica docente realizada en Arxentina. Os principios que sustentan o seu discurso reivindican unha escola galega partindo da renovación de todos os seus ámbitos: infraestrutura, profesorado, organización, métodos... e se concretan nunha serie de reformas que adoptou do sistema público arxentino para adaptar á realidade galega.
Alonso Ríos mantivo durante tres décadas ―entre a chegada a Compostela para estudiar Maxisterio e a retirada forzosa polos montes de Tebra― unha intensa actividade, centrada nunha única preocupación: a redención das clases populares galegas fomentando a educación, asumindo unha conciencia social e recuperando a dignidade perdida a causa de, en expresión de Castelao, “os foros e as oblatas”. A pesar da súa formación e experiencia, da intensa actividade social e do seu recoñecemento público, Alonso Ríos era, para os que o coñeceron, un home sobrio e modesto que nunca fixo ostentación da súa vasta preparación para vencer ao adversario con desplantes fachendosos ou demostracións de superioridade. Morreu en Buenos Aires, en 1980, aos 93 anos, sen poder regresar a Galicia.
Pola súa parte, o socialista Luciano Folgar, con escola en Chaín no momento do golpe de estado, padeceu suspensión temporal de emprego e soldo, traslado forzoso a outra provincia e inhabilitación para o desempeño de cargos directivos. O “desdichado” Tomás Peiteado Mariñas ―como o cualificaba o inspector Olimpio Liste nun escrito asinado en agosto de 1936, onde ao tempo informaba da súa ideoloxía de esquerdas, acusábao de “dudosa” moral cristiá e conducta profesional “regular”; e se preguntaba como aquel mestre, pese á súa idade e responsabilidades familiares, aínda non tiña acadado unha praza en propiedade―, foi contratado por Nueva Era de Vilanova en Picón, máis tarde por Hijos de Silleda en Freixeiro ata 1932 e, por último, por Unión del Partido de Lalín. Peiteado era mestre interino en Cristimil na altura do 18 de xullo. Foi mandado prender, levado á illa de San Simón e condenado a morte. Afortunadamente para el e a súa numerosa familia, conmutáronlle a pena, mais pola súa depuración con separación definitiva en 1940, xa nunca volvería á praza de mestre ocupada despois de exercer nas escolas dos emigrantes, e comezou un periplo por varios puntos da comarca dando clases particulares para manter aos nove fillos, segundo testemuño da súa filla Elisa Peiteado.
É necesario citar tamén ao mozo Ramón de Valenzuela Otero, estudante de maxisterio en Pontevedra, activo e comprometido militante nas loitas agrarias e galeguistas da comarca ao pé de Alonso Ríos. A mediados dos trinta formaba parte do Grupo Galeguista de Abades, que se reunía no edificio escolar da Bandeira. Era, así mesmo, secretario da “Casa del Maestro” de Pontevedra, unha asociación profesional de signo progresista, que lideraba o seu paisano Vítor Fráiz Villanueva -- nacido na Bandeira en 1887 e asasinado en Vigo en 1937—, integrada por profesores afiliados ou simpatizantes coa Federación Española de Trabajadores de la Enseñanza. Como recorda Antón Costa, despois de loitar cos republicanos, e de pasar por un campo de concentración de Franco, foi condenado a morte, pena que conmutaron posteriormente. En 1949 exiliouse na Arxentina, regresando a Galicia en 1966.
Non debemos esquecer, tampouco, outros casos de mestres represaliados por colaborar cos emigrantes da comarca. Como Hernán Poza Juncal, director ata 1930 da Escola-Hospital Asilo, creada pola Sociedade Hijos del Partido de Lalín. No momento da sublevación, Poza Juncal dirixía o colexio “Escuela Nueva”, en Pontevedra, e viuse forzado a exiliarse aos Estados Unidos, onde foi profesor do Brooklyn College de New York. Ou Sindo Cuñarro Rodríguez, mestre entre 1930 e 1932 na escola fundada en Loño polos residentes daquela parroquia en Buenos Aires. Cuñarro, que exercía en Vilatuxe en 1936, foi acusado de simpatizar con ideoloxías de esquerdas, e trasladado temporalmente. En 1938 foi apartado definitivamente do maxisterio.
Na comarca de Tabeirós-Terra de Montes pódense citar algúns casos de mestres represaliados, vinculados ao movemento societario. Entre eles, José Otero Abelleira, Manuel García Barros ou Bernardo Mato Castro. Emigrante en Cuba o primeiro, comerciante e concelleiro na Estrada, significado nacionalista ademais de director da publicación agrarista El Emigrado desde a súa fundación ata 1933 e brevemente en 1936, e membro das Irmandades da Fala. Otero Abelleira foi depurado e posteriormente detido en 1939. Pola súa parte, Manuel García Barros, mestre na escola de Rubín, colaborador da prensa americana desde 1903, director do semanario El Estradense fundado en 1906 e redactor do xornal El Emigrado, máis coñecido polo pseudónimo “Ken Keirades”, xa padecera anteriormente a persecución do Directorio, mais despois do golpe foi suspendido de emprego e soldo de xeito definitivo. Bernardo Mato Castro, natural de Vinseiro, emigrante en Cuba, mestre e contable do Centro Galego da Habana; director do Instituto Cervantes na Estrada, ao seu regreso. Pasou por varias escolas públicas ata obter a definitiva en Santa María de Teo, en 1928. Militante da Unión Socialista Galega, foi detido e morreu a causa das lesións producidas de modo salvaxe durante o arresto. Morreu semanas despois, o 4 de setembro de 1936.
Por último, debemos lembrar o caso do mestre de Guimarei, perseguido e mesmo asasinado. Escribía o dramaturgo e tamén emigrante estradense, fundador da Compañía de Teatro Galego “Aires da Terra” Varela Buxán, en 1941, referíndose a ese feito: ”¡Probes rapaciños! Así como percisades unha artesa n’a que non debe faltar o panciño que, fisicamente, ha de facervos homes, o mestre que vos asesiñaron... era a artesa que vos alimentaba o espritu e vos alumaba o cerebro. Pero, por desgracea, onde antes s’alcontraban grandes mapas e pizarróns pra vosa insinanza, atoparedes agora o xugo i-as frechas que cangan e desangan aos vosos paiciños. Antes todo era ledicia; agora todo é tristura”, como recorda no número extraordinario que a Unión Estradense publicou en 1940 para conmemorar o XXV aniversario da súa fundación.

Este traballo recolle e sintetiza outros anteriores do mesmo autor:
- Herdanza da emigración ultramarina. Catálogo fotográfico da arquitectura escolar indiana na provincia de Pontevedra (Pontevedra: Deputación Provincial de Pontevedra, 2005).
- “Antón Alonso Ríos. Política e Pedagoxía para un pobo” en Homenaxe a Antón Alonso Ríos e Ramón de Valenzuela (Compostela: Consellería de Cultura e Deporte/Asociación Adellis, 2006), 159-182.
- As escolas dos emigrantes e o pensamento pedagóxico: Ignacio Ares de Parga e Antón Alonso Ríos (Sada-A Coruña: Ediciós do Castro, 2006).
- “Una nueva luz. La influencia de la escuela argentina en la intervención de los emigrantes gallegos en sus lugares de origen”, Historia de la Educación. Revista interuniversitaria 26 (2007): 341-66.
- “A emigración galega a América: sociabilidade, política, cultura e educación”, Revista Galega de Educación 53 (2012): 12-21.
- "Galician emigration to America and its impact on the processes of literacy, schooling and civic education amongst the rural and seafaring popular classes". History of Education. 47 (2018): 741-762.
- "Inmigración, escuela y construcción nacional: unas notas sobre la República Argentina". Cadernos de História da Educação. 17 (3) (2018): 855-882.
Outras obras de consulta:
- Bieito Alonso Fernández, Antón Alonso Ríos. Crónica dunha fidelidade (Santiago: Edicións Laiovento, 1994).
- Antón Alonso Ríos, O siñor Afranio ou como me rispei das gadoupas da morte. (Memorias dun fuxido) (Vigo: Edicións Castrelos, 1979).
- Antón Costa Rico, Historia da Educación e da Cultura en Galicia (Vigo: Edicións Xerais de Galicia, 2004).
- Antonio Erias Roel e Ofelia Rey Castelao, Los gallegos y América (Madrid: Mapfre, 1992).
- Xoán Carlos Garrido Couceiro, Manuel García Barros. Loitando Sempre (Edicións A Fouce: Lugo, 1995).
- Adriana Puiggrós, Sujetos, disciplina y currículum en los orígenes del sistema educativo argentino (1885-1916) (Buenos Aires: Editorial Galerna, 1990).
- Antonio Vilanova Rodríguez, Los gallegos en la Argentina. Tomo 2 (Buenos Aires: Ediciones Galicia, 1966).
Prensa periódica:
- El Emigrado, (A Estrada), 1921-1927.
- El Pueblo Gallego (Vigo), 1925-1936.
- Correo de Galicia (Buenos Aires), 1919-1929.
- El Eco de Galicia (Buenos Aires), 1906-1913.
- El Despertar Gallego (Buenos Aires). 1922-1930.