APROXIMACIÓN Á VIDA E OBRA DE IGNACIO CERVIÑO
Segue a existir na actualidade certa controversia sobre a autoría do Cruceiro do Hío. Durante anos prevaleceu a opinión de que fora esculpido polo mestre canteiro José Cerviño García (1843-1922), natural do lugar da Pena, en Aguasantas, Cotobade, concello hoxe fusionado co de Cerdedo. Pero ata agora, ninguén foi quen de acreditar a presenza deste canteiro na parroquia do Hío. Partindo da máxima de que toda investigación require o maior rigor documental, é necesario proseguir e, se cabe, ampliar o traballo feito por outros investigadores. Dende 1964, Eugenio Eiroa Hermo, tras unha investigación persistente e tenaz aseguraba que o escultor Ignacio Cerviño Quinteiro foi quen labrou esta xoia da arquitectura popular galega. Por iso, non pode pasar desapercibido o labor realizado por varios investigadores, entre outros é obrigado para min citar a Rodríguez Fraiz ou mesmamente o cangués Eiroa Hermo. Teríamos que engadir, ademais, a Emilio Alfonso Fernández Sotelo, Estanislao Fernández de la Cigoña, Calros Solla ou incluso a Asociación Cultural A Cepa, que apontoaron a figura de Ignacio Cerviño como autor do Cruceiro do Hío. Despois de algúns traballos anteriores – Ignacio Cerviño nos documentos e Probas e consideracións sobre o escultor Ignacio Cerviño – publicados respectivamente nas Actas do V (2014) e do VIII Congreso Galego de Cruceiros (2017), quixera agora percorrer e compendiar a pegada do escultor Ignacio Cerviño. Aquí teremos a oportunidade de apreciar as distintas estadías do escultor, facendo fincapé na súa permanencia no Hío onde residiu durante aproximadamente tres anos, os que coinciden coa labra do Cruceiro do Hío.
|
TRAS A PEGADA DO ESCULTOR. Cotobade e Cerdedo
Ignacio Cerviño Quinteiro nace o 14 de xuño de 1834 na Casa do Casal, Peroselo, en Santa María de Aguasantas, por aquel entón concello de Cotobade, e foi bautizado na igrexa parroquial dous días despois. Era fillo de Antonio Cerviño Couceiro, de profesión mestre de cantería, e de María Antonia Quinteiro Touriño. Nesta casa existen dúas figuras esculpidas (Santiago e Santa. María) que semellan estar feitas por un aprendiz que mesmamente puido ser o protagonista. Temos que esperar vinte e cinco anos para atopar documentación escrita sobre Ignacio, e isto ocorre en San Xoán de Cerdedo coa súa primeira obra documentada en 1859, o Cruceiro do Pego. Aquí casa o 3 de agosto de 1859 con Ramona Isidora Beiro Mosquera. Un ano despois, o 3 de novembro de 1860, é bautizada a primeira filla do matrimonio na igrexa parroquial de San Xoan de Cerdedo, Vicenta Fernanda Cerviño Beiro. Nesta parroquia tamén se lle atribúe o coñecido Panteón das Capitanas, que lle fora encargado polo adiñeirado veciño e emigrante no Brasil, don Isidro Peleteiro Pérez, soterrado neste mausoleo o 5 de novembro 1894.
Madrid e A Coruña:
No mesmo ano de 1860 Ignacio Cerviño trasládase coa súa familia a Madrid baixo a protección do político de Ponteareas Sr. Bugallal, segundo testemuñas que poden considerarse fidedignas. Cerviño tiña un proxecto, quería ter título académico e proseguir mellorando na súa vida. E faino para matricularse na Escuela de Bellas Artes de San Fernando. Este dato aparece reflectido no Arquivo, trasladado á Complutense, onde aparece matriculado tan só no curso de 1860/61. Inscribiuse en Xeometría, e despois dentro da Matrícula General, fíxoo na Sala Grande de Principios, materias que se impartían na Escuela Especial de Pintura, Escultura y Grabado, na Calle Alcalá. Sabemos que o seu profesor foi Francisco de Mendoza. Con tan só vinteseis anos a súa permanencia na Academia foi de poucos meses. Mais seguiu vivindo na capital durante algún tempo, suficiente para que nacese o seu segundo fillo, Dionisio Casimiro, en 1862 coa residencia na parroquia de San Andrés, e falecese a súa esposa Ramona o ano seguinte, o 26 de marzo de 1863. Nese intre vivían na Calle Olivar nº4, na parroquia de San Sebastián. Polo tanto, entre a última data da súa presenza na academia (1861), o nacemento do seu segundo fillo (1862) e a defunción da súa esposa (1863) transcorren dous anos. Durante este tempo Ignacio debeu traballar para sacar a familia adiante xa que corrían tempos moi difíciles. Segundo o certificado de defunción, Ramona finou debido a unha gastro-hepatitis. Debo recordar que a primeira información recibida da estadía de Cerviño na capital foi a través dunha veciña da aldea de Pinténs (O Hío) nonaxenaria, chamada Carmen Pardavila Portas. Ela asegura que este dato transmitiullo súa madriña sendo ela unha nena. A súa marcha de Madrid debe ser inmediata e faino para traballar na cidade da Coruña. Alí, sendo veciño da parroquia de San Nicolás, contrae matrimonio en segundas nupcias con Josefa Costa Linares o 20 de maio de 1867 na igrexa de San Jorge. Esta muller aparecerá en varios documentos cos apelidos de Linares Barrera (así a maioría das veces) ou Linares Costa. Con ela terá polo menos seis fillos máis: Delfina, María Carmen de los Remedios, Antonio Ángel José, María Florentina Juana, José Ignacio e Ángela Teodora Cerviño Linares. Do seu expediente matrimonial despréndense varios datos importantes, como o de que o escultor solicita ao arcebispado de Santiago a anulación das tres canónicas amoestacións do enlace matrimonial. A súplica é aceptada pero coa condición de pagar un total de 160 reais. No mesmo expediente tamén se notifica por medio do párroco de San Jorge, que o escultor fixo a figura do santo patrón que coroa o altar maior desta parroquial. Máis tarde, Ignacio volta á súa aldea natal e alí, na Casa do Casal, en Peroselo, o 11 de marzo de 1869 nace Delfina Cerviño Linares, unha nena que tan só alcanzará dous meses de vida, finando no mesmo lugar o 10 de maio.
Probable autor do Cruceiro do Hío
Somos da opinión de que que Ignacio estivo en dúas tempadas no Hío. A primeira está sen documentar, pero sabemos que seu pai Antonio Cerviño, mestre de cantería, por medio dun contrato asinado en 1852, constrúe as bóvedas e o altar maior desta igrexa parroquial entre outras obrigas contractuais. Ignacio contaba con 18 anos, idade máis que suficiente para poder traballar co seu pai. Varios dos elementos decorativos que engalanan estas bóvedas poderían ser da súa man. Ademais doutras obras como o magnífico reloxo de sol que noutro tempo tiña inscrito a data de 1854 ou o mausoleo do párroco que mandou erguer o Cruceiro, don Juan Manuel Míguez, hoxe desaparecido do adro por un mala decisión tomada polo crego don Antonio Graña González. O reloxo volta a estar no seu sitio orixinal gracias ao actual párroco do Hío, E. Alfonso Fernández Sotelo. Do panteón do cura Míguez, sabemos que é anterior ao 1875 por estar neste ano aquí soterrado un familiar seu. Deste cenotafio tan só se conservan dúas magníficas figuras do Mestre Cerviño: A Fe e o Calvario que están colocadas nas inmediacións da Casa Reitoral do Hío. Outras pedras do mausoleo forman parte hoxe do muro que circunda o adro parroquial que da á parte sur. A segunda estancia de Ignacio aquí está datada no ano de 1869, despois de finar súa filla Delfina en Aguasantas. Atopámolo domiciliado en Santo André do Hío, onde o párroco don Juan Manuel Míguez Alonso, vello coñecido do seu pai polas obras que nesta parroquia realizara e tamén perfecto coñecedor da destreza do escultor, quería erguer un Cruceiro para devoción dos veciños.Sen referencia documental que acredite que Ignacio Cerviño foi o elixido polo párroco para realizar a que sería a súa obra máis emblemática e de proxección popular; si consta que residiu na parroquia do Hío de 1869 a 1872, anos da labra do Cruceiro, sen que exista noticia algunha da presenza doutro escultor vivindo aquí nese período. Ignacio Cerviño aparece como un veciño máis, que merece confianza e respecto. Tamén debemos ter en conta a idade dos dous candidatos a autoría desta obra, xa que Ignacio era nove anos maior ca José Cerviño.
Existen tres documentos que certifican a súa estancia aquí en tres anos distintos. Era o 27 de novembro de 1869, cando Ignacio asina como testemuña da entrega dunha cantidade de diñeiro ao mestre albanel Juan Iglesias polos traballos realizados na Casa Reitoral. Igualmente asina outro documento o 11 de setembro de 1871, tamén como testemuña, pola compra dun terreo por parte dun veciño da parroquia que vivía preto do seu taller. Cerviño debeu trasladar a súa familia ata aquí, é dicir, a súa muller Josefa e a Dionisio Casimiro, o fillo que tivo coa súa primeira esposa, Ramona, en Madrid, e que na chegada á parroquia do Hío contaría con 7 anos. Confirman esta permanencia os datos do bautismo e do nacemento da súa filla María Carmen de los Remedios o 2 de abril de 1872, segundo consta no libro de bautizados desta parroquia e no Rexistro Civil de Bueu, a cuxo concello pertencía esta parroquia. É o ano da colocación do Cruceiro, segundo nos acredita O Esmoleiro, obra tamén de Ignacio, coincidencia esta significativa. Insisto, todo isto non pode certificar a autoría do Cruceiro, pero non hai dúbida de que neses anos desenvolveuse unha actividade dirixida á instalación de algo que se chamará Cristo da Luz, o noso Cruceiro do Hío, como desde entón (1872) e ata hoxe se lle coñece, e ademais coincide coa súa presenza. Abonda con preguntarse: cal foi a razón de que Ignacio Cerviño vivise aquí? A que se dedicou? Desa época non se lle coñece obra algunha. E de súpeto o Cruceiro é unha realidade a partir de 1872, e concluída esta obra, trasládase a vivir a Cangas, onde cumprirá varios contratos. Da permanencia de Ignacio Cerviño e dos seus traballos en Cangas xa deu conta Eugenio Eiroa, Estanislao Fernández de la Cigoña en Cerviño contra Cerviño (2013), E. Alfonso Fernández Sotelo, e eu mesmo recordeino no meus traballos citados. Por iso, tan só me gustaría lembrar o testemuño da solicitude do seu empadroamento en Cangas, onde se recolle a súa orixe, oficio e residencia: “Ygnacio Cerviño y Quinteiro, natural de Sta. María de Aguasantas, de oficio escultor, residente en esta villa hace dos años, solicitando se le empadrone como vecino”. O 19 de xullo de 1872, con menos de catro meses de vida, é soterrada no cemiterio municipal de Cangas María Carmen de los Remedios, a filla que nacera no Hío. Neste camposanto tamén se lle atribúen dous panteóns: o do fomentador Joaquín Francisco Graña Rodal (a) “Ranqueta” e o do aldanés Joaquín Romero y Bedoya, finado en 1876. Máis tarde, xa cun Ignacio que tiña o seu equipo de traballo, a súa rúbrica aparece en 1887 no interior da igrexa parroquial de San Salvador de Coiro, do mesmo xeito que o fixo seu pai nas bóvedas da igrexa de Aguasantas en 1851. Un adiñeirado chamado don Perfecto Lavandeira Soliño, veciño de Vigo, demanda ao concello de Cangas en 1891 pola mala conducción da auga da Fonte de Santiago. Ademais acude ao arquitecto titulado don Genaro de la Fuente para facer un plano da situación das minas e da dita fonte. A auga é levada dende a mina mediante unha galería empedrada feita polo escultor que é tratado do seguinte xeito: “...Es de notar que esa nueva galería fue dirigida y construída no por una persona perita, sino por un cantero llamado Ygnacio Cerviño, vecino del partido judicial de Puenteareas á Cañiza, persona incompetente y de la cual no es posible suponer la pericia, el acierto y la fortuna necesaria...”. Nos demais documentos atopados en diferentes arquivos, Cerviño é considerado como: canteiro, mestre canteiro, escultor e incluso como arquitecto (do que non estaba titulado). Algunhas figuras da interesante Semana Santa de Cangas talladas en madeira e a escultura da Fonte de Santiago son obra do noso protagonista.
Vinte anos en Ponteareas:
Novos contratos lévano a Ponteareas residindo en Santa Mariña de Pías, onde nace seu fillo Antonio Ángel José. Corre o ano 1875, data que coincide coa do panteón que se atopa no adro desta igrexa parroquial de Pías, obra atribuída ao escultor. En Ponteareas, no “Barrio del Puente”, vivirá os seguintes 19 anos. Preto da súa vivenda ten outra obra coñecida como Fonte da Fama ou dos Remedios. Enriba dun portalón dunha casa da familia Fortes que se atopa no Barrio de As Cachadas, aínda perdura un Descendemento, moi parecido ao do Hío pero dunha labra máis tosca, obra posterior de Ignacio Cerviño e mostra da súa probable decadencia, ben sexa por idade ou por enfermidade. Alí sufrirá a perda de varios fillos, entre eles o que nacera en Madrid, Dionisio Casimiro. Contaba o mozo con 19 anos e debeu seguir os pasos do seu pai ata que a morte se lle cruzou no camiño. De seguro que este feito pasará factura á saúde do Mestre Cerviño. O cemiterio municipal de Ponteareas é un verdadeiro museo no que se atopan varios panteóns esculpidos por Ignacio Cerviño. Outras parroquias como San Fiz de Celeiros, Santa María de Areas ou Parada de Achas gozan da presenza de Ignacio con magníficas obras.
Outras moradas e residencias do artista:
Un documento de 1896, que expuxen nos meus traballos citados anteriormente, describe a Ignacio como veciño de Ponteareas e residente no Carballiño. Alí labrou outro fermoso panteón que moi ben lle adxudicara Estanislao Fernández de la Cigoña en Cerviño contra Cerviño. Asígnanselle numerosas obras nos concellos de O Covelo, A Cañiza, Salvaterra do Miño e, sobre todo, en Ponteareas. Obras non todas documentadas pero dunha semellanza extraordinaria. Entre elas destacan os numerosos panteóns que son dignos de admirar. Outro dos seus poemas pétreos é o Cruceiro de Covelo ou Santísimo Cristo dos Aflixidos, unha magnífica beleza que data do 1899. A pouca fortuna familiar e a avanzada idade levaron á decadencia ao vello escultor Ignacio Cerviño. Pero aínda así, conservou o prestixio para que o arquitecto Antonio Palacios lle confiara ao Mestre a execución da Fonte do Cristo, no Porriño. Aquí viviu os seus derradeiros anos, solo e pobre, na Calle Elduayen.
Defunción de Ignacio:
O seu fin foi un enigma ata que E. Alfonso Fernández Sotelo, seguindo información facilitada na década dos 60 por un vello canteiro portugués, publicou a súa partida de defunción no Libro das Festas do Hío do 2000, acontecida o 28/10/1905. Tiña 71 anos. A nota necrolóxica do xornal Faro de Vigo (4/11/1905) afirma que un nutrido número do gremio de canteiros acompañouno na súa derradeira viaxe, o que indica o gran respecto e admiración que lle profesaban ao Mestre Cerviño, e que case se convertera en veneración. Esta crónica tamén nos informa de que ata chegou a ter oportunidade de ir traballar a Arxentina pero que non aceptou por mor dos achaques da saúde. O seu legado podemos velo maiormente nas comarcas do Morrazo, A Paradanta , O Condado e parte da Louriña.
Outros datos de interese:
É pertinente para min aportar algúns datos de persoas maiores, que gardan na súa memoria algo que interesa. Así, Sra. Josefa Portela Franco, que goza de boa saúde con 94 anos, e tendo todas as facultades mentais, veciña e natural do Hío, asegura que don Ricardo Touriño Gamallo, párroco do Hío (1914-1930), acostumaba a dicir que Ignacio Cerviño esculpira o Cruceiro no baixo da casa dos Míguez, hoxe Avenida da Unión nº 23, casa que está coa fachada moi reformada. Informacións de carácter oral recollidas en Aguasantas en 2012 e referidas á Casa do Casal onde nacera Ignacio Cerviño manteñen a súa autoría do Cruceiro do Hío e a gran semellanza do reloxo de sol da igrexa do Hío e outro de menor tamaño que coroou noutro tempo un dos cumios desta vivenda. Que aquela Casa do Casal fora propiedade do noso escultor está acreditado por un documento do 11 de setembro de 1891, que di literalmente: “Manuel García Lopo le señala y da en dote a su hija Purificación García Moreira la casa que adquirió de Ygnacio Cerviño sita en el lugar de Peroselo”. Diego Quiroga y Losada (1880-1976), Marqués de Santa María del Villar ademais de coñecido fotógrafo, expón no xornal ABC en 1968 un artigo titulado “Os Cruceiros de Galicia” no que cita ao Cruceiro do Hío dicindo o seguinte: “... Descendimiento con gran riqueza de figuras, tallado en una sola piedra a fines del siglo XIX por el cantero llamado Ignacio Cerviño. Una hermosura, una maravilla...” Xulguen os lectores se os tres documentos que describen a presenza deste artista no Hío en 1869, 1871 e 1872, xunto aos demais datos favorables ao escultor, son suficientes para designar a Ignacio como máis que probable autor deste Cruceiro, obra por excelencia da arquitectura popular galega.
Agradezo a colaboración dos que permitiron e fixeron que esta investigación fose posible. A todos eles/as moitas grazas.