As Neveiras de Fixo
Jose Manuel Bertolo / Luis Ferro
Lemos no FARO DE VIGO que nas últimas semanas o Concello de Forcarei en colaboración coa Axencia de Turismo de Galicia está a rehabilitar as Neveiras de Fixó e prepara visitas ás escavacións. Cómpre pois engadir algún dato sobre estas neveiras,sacado duns preitos na Real Audiencia de Galicia, pois aínda que se supón que ditas neveiras pertencían ao mosteiro de Aciveiro,non é así,pois pertencían ao cabido e arcebispado de Santiago. As do mosteiro estaban en Lamasgalán (Aciveiro).
Neles cóntase que o mosteiro de Aciveiro fixo dúas neveiras sobre o ano 1610, de onde sacaban “neve” que trasladaban a Santiago e Pontevedra. Dez anos máis tarde o cabido de Santiago pediu licenza e consentimento ao mosteiro de Aciveiro para facer unha neveira,que lle permitiu facela, xa que o mosteiro de Acibeiro tiña o dereito de prohibir facer neveiras nun contorno de catro légoas, é dicir, duns vinte ou vinte e un quilómetros.A neveira do cabido estaba situada no monte “Orxas” que pertencía a Vilariño e a Edreira -hoxe un barrio de Fixó-,ambos na parroquia de Millerada. segundo lemos tamén no Tumbo Grande de Aciveiro.Logo sobre 1650 o comisario Roca (non se dan máis datos) conseguiu facer outra neveira grazas á orde da Real Audiencia de Galicia.
Por iso cando no mes de decembro de 1661 Gonzalo de Caramés, veciño de Meavía, fixo outra neveira,o mosteiro de Aciveiro iniciou un preito pois dicía que aqueles montes pertencían ao mosteiro. Porén Gonzalo de Caramés argumenta que a neveira que fixo estaba no monte de Toural xunto á aldea de Campo (Meavía) e estas terras pertencían ao arcebispo. En efecto parece que o promotor desta neveira era o arcebispo Pedro Carrillo de Acuña, polo que mandou a un xuíz eclesiástico para que comparecese na causa.
Para demostrar que estas terras estaban aforadas polo arcebispo, preséntase unha escritura de foro feita en 1636 en tempos do arcebispo Espínola no que se detallan as herdades polas que se pagaban dezaoito ferrados de centeo á torre e meirindade de A Barreira e catro ao mordomo de Tabeirós. As leiras e montes que se aforaban eran varios: “Item más la heredad da Torre que llevará de sembradura una anega de pan poco más o menos que linda por la parte del norte con el camino real que va de Santiago a Orense y por la parte de vendaval con el río y puente de san Lorenzo [...] Item el monte que llaman de Toural [.] y otra llamada Figueiriña que confina con el lugar de Outeiro”. etc.
Curiosamente os veciños de Quintillán estaban obrigados a levar neve a Pontevedra para servizo do exército. pero a cambio estaban exentos de ir“a campaña”.En fin,ao mosteiro non lle interesaba que se creasen máis neveiras por interese económico, mentres que Gonzalo alegaba que as novas neveiras favorecían aos veciños por estar máis cerca de Pontevedra. xa que cando había pouca neve tiñan que ir buscala á Lama“provincia de Ourense”.
Pero en 1685 o cabido tentou de novo facer outra neveira no mesmo sitio que o intentara había 24 anos, pois volvía a dicir que os terreos eran seus e que alí mesmo se podían facer ata catro neveiras. É entón cando se nos di que a neveira antiga do cabido estaba rodeada dun valado e moitos carballos arredor e xunto a ela vivía Simón das Penas nunha casa posta polo cabido e que antes viviron alí outros máis para coidar da neveira.
Polo tanto unha neveira dataría de 1620, máis ou menos, outra de 1661 e posiblemente outra en 1685, aínda que non se di que estivera rematada. Mentres que as dúas neveiras que tiña o mosteiro estaban en Lamasgalán (Aciveiro) a “casi una legua”(a uns catro quilómetros) das do cabido de Santiago.
Felicitamos pois ao concello de Forcarei por esta actuación e desexamos que non perda folgos en continuar esta empresa.
* Faro de Vigo. 27-11-2016

Adenda ás neveiras de Fixó
Jose Manuel Bertolo / Luis Ferro
A neveira máis antiga de Fixó foi realizada no ano 1624 por orde do cabido de Santiago, en concreto do cóengo fabriqueiro e cardeal Calle co permiso do Mosteiro de Aciveiro no monte chamado Orxas. Este cardeal regalaría logo unha casulla e outros obxectos para a igrexa de Millerada.
Fixeron o pozo da neveira e máis a súa manufactura os canteiros Gregorio das Penas, o seu neto Pedro das Penas e Alonso Oxea, veciños da parroquia da Madanela. Outro Gregorio das Penas, veciño de Ventoxo, ou o xa citado -pero ubicado mal por confusión, xa que Soutelo de Medio pertencía a Ventoxo e Soutelo de Arriba á Madanelaque faleceu sobre 1655, “había cogido la madera para ella [a neveira] y otros reparos y que la había armado y cubierto y tejado y que por el coste de todo esto le diera dicho cabildo cien ducados y que la había hecho”.
“La nevera estaba cubierta de teja y estaba cercada alredor con una cerca de piedra y robles y está junto a ella una casa hecha por el cabildo”. En efecto, tras facer a neveira co seu valado protector, ao pouco plantáronse carballos arredor (para darlle sombra) e fíxose tamén unha casa onde vivía o“neveiro”que coidaba da neveira. Alí viviron os neveiros Juan Bértolo, de Fixó, o seu xenro Manuel ¿Arce?, Esteban Bértolo, Isidoro Fortes,veciño de Vilariño, e Simón das Penas, que era o neveiro en 1685. O neveiro tiña xunto á casa unha presa de auga,unha pequena horta e, facendo unhas estivadas, tamén sementaba trigo,millo miúdo e liño. Logo sobre 1677 no monte de Orxas e a carón das neveiras fixéronse uns alpendres.
Curiosamente en 1668 a dito Simón das Penas fíxolle o mosteiro un foro sobre unhas herdades na Madanela e unha das condicións era que non podía facer neveiras.
concreto os de Vilariño e os de Vilar da Edreira (Fixó), e da Madanela levaban no verán a pastar o seu gando a este monte de Orxas,
Barreiros, e mesmo facían estivadas, e algúns veciños de Quintelas e de Fixó ían cavar e limpar o monte por orde do cabido, que
O 25 de outubro de 1685 o cabido deu poder ao cóengo Juan Antonio Saavedra Castillo para axustar e contratar para facer unha nova neveira na xurisdición de Montes, que este mandou facer a carón da que xa tiña, traballando nela Juan de Seara, veciño de Covas (Forcarei), Pedro Pose, de Garellas, e Pedro Camiña, de Presqueiras.
Cando se fixo esta segunda neveira, o mosteiro puxo preito contra o cabido, pero neste caso nos se discute se o mosteiro tiña o monopolio das neveiras, como cando disputaron en 1665 polas neveiras feitas en 1661 no monte do Toural en Meavía, senón que se discute a propiedade deste monte. Dise que hai vinte anos xa houbo outro preito sobre o mesmo asunto, pero non se aclara se foi por unha neveira neste monte ou se se fai referencia á de Meavía.
Os veciños propostos polo cabido din que a maioría dos montes eran propiedade do arcebispo e que os montes que tiña o mosteiro estaban preto do convento e limitados por unha liña que ía desde o marco “del Campo de la Sierra y desde allí sube derecho a Forno telleiro y de ahí a la Tierra partida todo hacía el monasterio y lugar de Vilaverde”. Mentres que as testemuñas propostas polo mosteiro din todo o contrario. O mosteiro ademais presenta un apeo e uns foros feitos en 1593 nos que aparece este monte de Orxas como anexo ao lugar de Vilariño e que o mosteiro aforaba. En realidade a loita pola titularidade dos montes da xurisdición de montes e mesmo pola xurisdición destas terras estivo sempre cuestionada polo arcebispado e polo mosteiro.
As neveiras propias do mosteiro e feitas sobre 1610 estaban en Lamasgalán (Aciveiro).
* Faro de Vigo. 9-12-2016

Imaxes históricas
Xeados do século XVII
Luís Alberto Silva Casas e Sara Troitiño Ovelleiro
Ala polo decembro de 1633, na poboación de Grobas, unha pequena aldea situada no val dun río de mesmo nome vivía un home chamado Xosé, dono dunha casiña na que so vivían el, a súa muller Isolda e o seu fillo Francisco. A familia tiña certos problemas para subsistir xa que ese fora un ano verdadeiramente malo, as colleitas eran bastante escasas e os dous porcos que tiñan, e máis algunha galiña, morreran a causa do frío. Xosé, tiña moita relación co párroco de Millerada, Don Aurelio, ao que lle axudaba todos os domingos na misa, converténdose deste xeito no sacristán da parroquia.
Uns anos antes, o cabido da Catedral mandara construír unhas neveiras que eran, uns buratos na terra cubertos na súa parte interior por un muro de pedra para almacenar a neve ata conseguir xeo e así poder conservar alimentos. O lugar indicado polo cabido foi o monte de Fixó, outro dos pobos de Millerada. Decidiron situalas alí porque existía unha ruta dos Arrieiros cara ó Ribeiro, facendo que a zona estivese moito mellor comunicada. O cabildo logo de construír as dúas neveiras e máis unha casa que funcionaría como almacén, necesitaba unha persoa que administrara o negocio, e outra que traballara alí na fabricación do xeo. Falaron co párroco para que levase o negocio, Don Aurelio, logo de pensalo un pouco, decidiu aceptar a oferta que se lle propoñía. O home vendo a situación económica de Xosé, decidiu axudarlle dándolle traballo xunto a el nas neveiras.
O primeiro día, Xosé recubriu o chan de palla, facéndolle un bo leito a neve, para que esta non se ensuciase, despois disto colleu o seu carro e as súas dúas vacas e marchou de camiño a unha pequena depresión na ladeira da montaña para coller a neve. Transportábana no carro das vacas e depositábana nas neveiras para despois prensala e así convertela en xeo. Cando xa estaba o proceso rematado, o xeo era cortado e vendido aos nobres que gustaban incluso ata de facer xeados nos meses de calor.
Volvendo a actualidade, empezan nas neveiras uns traballos de arqueoloxía para rehabilitalas xa que estas permanecían nun total abandono dende o s. XIX. Dubídase da forma da cuberta das neveiras, aínda que se pensa que probablemente fose en forma de cúpula, así como do material utilizado para o tellado.
Como ben din, hai que mirar o pasado para poder escribir o futuro, así que historias como a das neveiras de Fixó non so nos serven para darnos conta da realidade da época e de como esas neveiras se transformaron nas actuais senón para coñecer estes fermosos recunchos que esconden os nosos pobos.
* Este artigo, está baixo os dereitos de autor da páxina ©Ventoxo Imaxes, para a súa modificación ou uso, e necesario o permiso explicito dos seus autores. Para máis información sobre o artigo contacte con nós en: [email protected]

Neveiras de Fixó (Millerada)
Francisco Rozados Rivas
Esta é un dos exemplos que aínda quedan das antigas fábricas de xeo que, no territorio municipal de Forcarei, pertencían ó mosteiro de Aciveiro, o Cabido de Santiago e a algún particular autorizado. Tamén se coñecen, tanto en Forcarei coma noutros lugares onde existían estes enxeños, como Neveiros. Constituíron unha das fontes máis saneadas de ingresos do cenobio aciveirense. Situábanse en zonas umbrías da Serra do Candán e doutros montes da comarca. Todos os mosteiros do Císter posuían neveiras, polo menos para o seu consumo. No caso de Aciveiro había un frecuente uso comercial que chegaba mesmo á Casa Real e que ocupaba a bastantes veciños da contorna nesta actividade de produción e transporte, non só ata as capitais provinciais do país galego senón ata a meseta. Segundo Rodríguez Fraiz, debido á falta de documentos non podemos fixar con exactitude nin o momento no que foron construídas nin o número exacto delas. Sábese que no ano 1682 tiña dúas neveiras da súa propiedade, pois así consta no Tumbo Grande.
Existían neveiras en Súapica, Fixó de Millarada, Fixó de Pardesoa e Lamasgalán. O caso das neveiras non é, nin moito menos, un caso illado no tempo nin no espazo, pois sábese que xa o home prehistórico amoreaba a carne procedente da caza en covas de xeo, do que se deduce que coñecía xa as propiedades do frío na conservación dos alimentos. Gregos e romanos aproveitaban tamén a neve das montañas amoreándoa nunhas foxas forradas de palla e ramas e cubertas con herba seca. Pero os que tiñan un método sorprendentemente similar ós que na nosa terra se utilizaba no Antigo Réxime foron, curiosamente, os chinos, que extraían os bloques acumulados durante o inverno e os envolvían en palla e forraxe para utilizalos, despois, no verán. O uso da neve estendeuse, deste xeito, polo mundo adiante para prolongar a vida da comida e arrefriar a bebida, e popularizáronse os chamados pozos de xeo, unha especie de cavidades escuras e profundas onde se gardaba. Nos países fríos acostumaban a colleitar o xeo que se formaba durante os meses máis duros en lagos e encoros, e almacenábase en lugares apropiados ata o verán, cando se trasladaba para a súa venda en lugares de climas máis cálidos. En América, a recolleita comercial do xeo iniciouse a comezos do século XIX e, malia que é unha práctica que aínda segue vixente nalgunhas localidades, comezou a declinar a comezos do XX polo temor de que a auga do xeo así conservado contaminara os alimentos. Segundo Camilo Fernández Cortizo, o período en que máis se incrementa a produción das neveiras dáse a partir da segunda metade do século XVI, aventurando a posibilidade dunha relación cun cambio climático –en concreto a coñecida como pequena idade glacial–. Xérase unha actividade comercial sobre a produción de xeo que ten como clientes principais o clero, os nobres e os altos funcionarios. A explotación das neveiras requiría unha previa preparación, que abranguía os reparos necesarios das neveiras, a limpeza dos pozos e do alpendre, a compra de palla, etc. Coas primeiras nevaradas iniciábase o “encerro” da neve despois de ter sido convocados os “colleiteiros”, que eran gratificados con cartos e con unha ou máis libras de tabaco. Carréxase a palla que se ía utilizar como illante, e tamén a leña para se quentar durante os labores de encerro, que durarían ó redor dunha semana. A xente que se recrutaba procedía na súa meirande parte das parroquias próximas (Millarada, Dúas Igrexas, Madanela, Ventoxo e Forcarei). Cifra Camilo Fernández Cortizo en 167 a media anual de traballadores que movía a produción de neve. O período de encerro da neve adoitaba ir de primeiros de febreiro a comezos de xuño. Despois había que cortala, pois loxicamente endurecera, e extraela do pozo mediante unha polea. Logo era cargada en cabalerías ou en carros para ser levada ó seu punto de destino. Para protexer a mercancía e paliar a perda utilizábanse mantas de la, peles e palla. Con todo, as mermas eran importantes, dependendo das distancias e das condicións climatolóxicas. Acostumaban significar entre o trinta e o cincuenta por cento do total. Para o ano 1633 temos datos indicativos de que a colleita de neve lle supuxo ó Cabido de Santiago 2.002 reais, dos cales 705 foron para pagar os portes. Os prezos da libra de neve en Santiago de Compostela pasaron de seis reais no ano 1619 a 14 no ano 1772. A nosa zona, Terra de Montes, pasa por ser a mediados do século XVIII a de maior concentración de neveiras de Galicia. A produción é avaliada a mediados do século XVIII en 1.387 cargas, das que 650 pertencerían ós dous pozos propiedade do Cabido de Santiago, 450 ó pozo do mosteiro de Aciveiro, 37 ó do mosteiro de San Martiño Pinario, 150 ó do colexio dos Xesuítas e 100 ó do particular don Gaspar Mosquera. No tema da orixes, especúlase que os pozos do mosteiro de Aciveiro serían de construción medieval, así como outros serían de factura posterior. O desinterese por seguir coa produción de neve, debido ás considerables perdas ocasionadas por distintos factores (decadencia do consumo, condicións climatolóxicas, etc) comeza a finais do século XVIII.
* http://forcareiterra.blogspot.com.es/ [10 decembro 2013]