Lenda do Castro de Garellas
No cumio do castro das Rodeiras (Garellas, Millarada) viviron os mouros. Alí fixeron as súas casas e tamén construíron galerías e túneles. Así os mouros poden andar por debaixo da terra, sen seren descubertos. Porque son criaturas fuxidías e desconfiadas e non queren tratos coa xente. Soen saír dos seus escondedoiros nas noites de luar, a de San Xoán ou a de Aninovo. Ás veces saen as mouras a peitearse cun peite de ouro, ou a fiar, ou levan consigo unha galiña con pitos de ouro. Son inmensamente ricos e agochan os seus tesouros debaixo da terra, no interior das covas e galerías que escavan. Algunhas desas galerías teñen trabes de ouro, pero outras téñenas de alcatrán, de tal xeito que se alguén quixera abrirse paso até os tesouros, ao bater co pico ou co legón na trabe de alcatrán prendería lume ao monte todo, causando a morte de bestas e persoas nunha contorna ben grande. Hai que calcular moi ben os riscos que se corren ao meter a ferramenta no monte, porque pódese dar coa trabe de ouro e facerse rico; pero tamén se pode dar coa de alcatrán e causar a perdición de un mesmo e dos demais.
Tamén se conta que nunha cova, no castro, hai vasillas de ouro que teñen unha corda ao redor. Mais esta corda transfórmase nunha serpe cando alguén se achega con intención de coller o ouro. Para desencantar a serpe e coller o tesouro, hai que darlle un bico.
Seica polas festas do Santo Antonio de Garellas baixa un mouro do castro para bailar coas mozas.