A morte do Carracedo
NOTA DO XORNAL: A testemuña que segue foinos remitida desde A Estrada e recolle un dos numerosos episodios do drama aberto o 18 de Xullo de 1936. Como din os nosos comunicantes “non nos gostaria que este suceso quedase no esquezo para sempre, se morremos os poucos aue quedamos e que o presenciamos, ainda que agachados detrás dun valo. Iamos poñer os nomes dos executantes, xa mortos, pero desistimos. O heroi era C.L.. Os gardas civís, andaluces”.
Sospeitando os seus inimigos circunstanciáis que se atopaba agachado no seu fogar e sen ter acadado noutras ocasións o seu atrapamento, unha mañá bretemosa e frienta, decidiron rematalo a calquer prezo. Unha tropa de 25 ou 30 “homes”, entre gardas civis e falanxistas arrodearon a sua pequecha ruin vivenda. Despois dun porfiado rexisto non virón recuncho no que se pudese atopar. Postos de acordo trataron de porlle lume á casa para queimalo dentro coma un raposo e para iso arrodeárona de toxo seco. Pero como no sobrado da mesma se atopaba a sua muller con duas crianzas de dous e tres anos, alguns viciños propuxéronse salvar ás inocentes criaturas poñéndolle unha escada para que saísen polo teito.
Chegado a estes intres e decatándose o refuxiado do que tentaban facer, botouse fora do forno no que se atopaba emparedado entre duas paredes que figuraban unha só. Tratábase dun forno antigo de cocer broa que tiña a porta pola parte de dentro da parede da casa e o soio fora déla.
E ao botarse fora pensando que os atacantes sairan, da casa, un dos falanxistas que inda estaba dentro comezou a dar berros: “Está aqui, xa din con el!" Entón o refuxiado armado como se atopaba por mor de poder fuxir, arroxoulle unha bomba caseira das que el fabricaba, ferindo nunha perna ao tal falanxista, pola cal ferida Uñe deron unha medalla a tamén soldada vitalicia por acción acaecida no “cumprimento do deber”. Entón o probe fuxido veuse na obriga de sair a campo ceibe. Entón os atacantes, que se atopaban parapetados detrás dos pallocos de millo, deron a tiros con el denantes de que pudese atravesar o cerco e acadar un espeso bosque de carballos e matugueiras onde non lle seria doado cachalo. Como se lie puxera ben a tiro, un dos gardas matouno dun balazo, suponse que instantáneamente para ben del. Logo outro garda deulle sete tiros máis na cachola e un falanxista o tiro de grácia no corazón.
Como naquel paraxe e daquel xeito quedou o cadáver para enterrar o outro dia, obrigaron aos viciños a darlle garda (non foran escaparse con el e enterrralo cristianamente a quen non o merecía) xa que éles, os herois de tal fazaña, amedoñaron facerlla por se outros supostos refuxiados tencionaban tomar venganza e os atacaban na escuridade.
Ao dia seguinte os viciños trataron de escotarse para mercarlle o cadaleito, pero as “autoridades”, asesoradas pola “xente de orde”, opuxéronse, opinando que non a merecía. E posto enriba dunha escada e uns mollos de palla por embaíxo, chegaron deste xeito con el a unha foxa aberta perto dó cemitério e dándolle volta á escada tiraron o cadáver no buraco abaixo e a palla derriba, quizá para que non pudesen mirar para o ceo, onde “os bos e xenerosos” estaríanlle a facer garda “enriba dos luceiros”.
Esta foi unha das meirandes fazañas dos falanxistas da Estrada coas suas correspondentes condecoracións.
No acompañamento do cadavre só ian os atacantes e os viciños que levaban a escada co morto, pois os seus familiares foran todos presos, mesmo sua nai e tamén sua muller, rapariga moi nova e arriscada, cos seus dous cativos, que foron recollidos da prisión por unhas señoras caritativas de Pontevedra.
O Carracedo fora tan só un humilde garda municipal durante o réxime republicano cumpridor do seu deber e xusticeiro, principal motivo da xenreira que os seus inimigos lle tiñan. Seica era do P.C. Outros que tamén o eran, cabezoleiros, non correron a mesma sorte.
A muller, conseguida a liberdade, arrecadou aos fillos para seu carón e para sacalos adiante veuse na obriga de dedicarse ao estraperlo. Unha vez que acadou posíbeis para o facer, foise a Venezuela con eles e que se saiba non volveu máis.
Suceso que ocorreu na Somoza, parróquia a cinco quilómetros da vila da Estrada no 1936.
* Hai erros no texto como o da data dos acontecementos ou o paradeiro de Isaura pero que mantemos tal como foi publicado por acreditar a situación na que se atopaba a recuperación da nosa histórica nese momento ao quedar ao pairo da lembranza particular.