Calros Solla
Lin no Faro de Vigo do 22 de setembro que a oposición socialista da corporación municipal de Cerdedo presentara no pleno do día 21 unha moción ao respecto da eliminación da simboloxía franquista do concello, é dicir, unha proposta (a enésima) que instaba o recalcitrante Goberno local a cumprir, dunha vez por todas, a Lei da Memoria Histórica, promulgada en 2007.
No seu artigo 15.1, a devandita lei di: Las Administraciones públicas, en el ejercicio de sus competencias, tomarán las medidas oportunas para la retirada de escudos, insignias, placas y otros objetos o menciones conmemorativas de exaltación, personal o colectiva, de la sublevación militar, de la Guerra Civil y de la represión de la Dictadura.
A autoridade de Cerdedo négase a acatar a lei, pois, segundo o seu tendencioso criterio, para obliterar, por exemplo, os xugos e as frechas das fontes públicas é preceptivo, a maiores, unha recollida de sinaturas. A mesma autoridade veta calquera recoñecemento institucional aos cerdedenses represaliados polo franquismo, aducindo que “ya se habían puesto en contacto en anteriores ocasiones con las familias de las víctimas y estas no querían que se realizasen actos de este tipo en el municipio”. Non cabe dúbida que o Goberno de Cerdedo, transgredindo o que é de lei e obviando o que é de xustiza, optou polo vil esquecemento.
Nós non esquecemos e traemos a colación que, en maio de 2003, todas as forzas políticas do Concello, incluída a que aínda goberna, acordaron por unanimidade erguer un monumento en lembranza dos veciños de Cerdedo que foran vítimas da Guerra Civil (véxase o boletín Verbo Xido, nº 11). É evidente que aquel compromiso ficou en papel mollado.
Porén, cómpre dicir que, como desagravio, cada 13 de agosto, algúns seguimos acudindo á parroquia de Pedre a carón do monumento que, promovido pola asociación Verbo Xido, se erixiu en 2006 por subscrición popular no quilómetro 74 da antiga estrada de Ourense, infausto lugar coñecido pola Ponte do Barco.
O monumento perpetúa no recordo os nomes de Francisco Arca Valiñas e Secundino Bugallo Iglesias o Cambo1, republicanos cenetistas asasinados en Cerdedo a noite do 12 ao 13 de agosto do 36. Así mesmo, canda Arca e Bugallo, neste acto cívico e cadaneiro faise acordante de todos os cerdedenses que, na defensa explícita dos ideais democráticos, foron axustizados, detidos, torturados, perseguidos ou forzados ao exilio polo réxime franquista. Todos os anos, o acto conta coa participación emocionada de familiares dos homenaxeados.
Tras a proclamación da Segunda República en España (14 de abril de 1931), a vitoria dos partidos de esquerda nas elecccións a Cortes Constituíntes de xuño de 1931 consolidou o chamado Bienio Reformista (abr. 1931-nov. 1933). Estrela fatua, pois, o triunfo da dereita nas eleccións xerais de novembro de 1933 daría paso ao chamado Bienio Conservador (ou Bienio Negro), agoiro da rebelión militar fascista de xullo de 1936.
As innovacións e melloras emprendidas polo Goberno Provisional presidido por Niceto Alcalá-Zamora (1931) e o posterior Goberno presidido por Manuel Azaña (1931-33) abrangueron a agricultura (cambio no sistema de propiedade da terra), o exército (xubilación voluntaria dos desafectos), o ensino (laico, obrigatorio e de balde; creación de 10.000 escolas), os dereitos sociais (sufraxio universal, matrimonio civil, divorcio), a cuestión relixiosa (separación Igrexa-Estado, liberdade de culto), a laboral (defensa dos dereitos dos traballadores) e a territorial (descentralización política).
As reformas implantadas polo primeiro bienio da República acadaron, en democracia, a condición de dereitos irrenunciábeis, xa que logo, é a nosa obriga moral enxalzar os nomes dos homes e das mulleres que, naquela España integrista, retrógrada e carpetovetónica, puxeron en risco a súa vida en prol da modernidade, a tolerancia e o ben común. O tempo voa e vanse cumprir 80 anos do infausto xullo do 36.
En Cerdedo, dunha longa restra de nomes, ocupámonos hoxe da figura de Francisco Varela Garrido, tamén coñecido por Pancho Varela.
Fillo de Peregrina Garrido e Xerardo Varela, Francisco Varela Garrido naceu no lugar de Cerdedo no ano 1900. Cursou estudos de Maxisterio, dedicándose á profesión de comercial (comisionista) no negocio de seu pai. Pancho Varela era un home alto (1’80 m), ben parecido, culto e de verbo fácil.
Afastándose radicalmente da ideoloxía do seu proxenitor (Xerardo Varela, que fora en 1904 e 1909-10 alcalde de Cerdedo, defendeu no concello os intereses do riestrismo), Pancho Varela foi un destacado activista político e cultural, membro da Sociedade de Agricultores de Cerdedo e correspondente do xornal vigués El Pueblo Gallego.2 Adscrito, de primeiras, ao PSOE, integrouse posteriormente nas fileiras de Izquierda Republicana. Durante a República, exerceu o cargo de xuíz municipal (1931-set. 1933). Ostentaba, en 1936, a secretaría do concello e o 20 de xullo, cando o alzamento, foi designado delegado gobernativo en Cerdedo a instancias do gobernador civil de Pontevedra. Nesa altura, a alcaldía cerdedense recaía no socialista Luciano García Ventín.
Da rebusca na prensa histórica e a consulta da documentación achegada xentilmente polo historiador Xoan Carlos Garrido, obtiven uns flashes verbo da vida e a obra de Francisco Varela Garrido, que agora ordeno cronoloxicamente para que, de seu, iluminen os escuros rochos da desmemoria:
Na páxina 2 de El Diario de Pontevedra do martes 13 de novembro de 1917, na sección “Apuntes noticieros”, lemos que, na véspera, os alumnos da Escola Normal elixiran a xunta directiva da súa asociación. O mozo Francisco Varela Garrido é nomeado vicesecretario. Tráxico destino, vinte anos despois, o martes 27 de xullo de 1937, o mesmo xornal publicaría a tráxica nova da súa execución.
Na páxina 7 do semanario bonaerense El Heraldo Gallego (“Órgano de las colectividades gallegas en El Plata”) do domingo 9 de maio de 1926, atopamos un exemplo do seu compromiso coa cultura e o deporte, en prol do desenvolvemento cerdedense. Pancho Varela figura como secretario da primeira directiva do Cerdedo Fútbol Club:
Nombramiento de directiva.- En reunión celebrada uno de estos días por un grupo de entusiastas del football, se acordó la formación de un modesto equipo con el título de Cerdedo F. C., habiéndose nombrado la siguiente directiva:
Presidente, don Antonio Sanmartín; secretario, don Francisco Varela Garrido; tesorero, don Francisco Bouzas Varela; vocal primero, don Gervasio Bugallo y segundo, don Francisco González.
Nuestra enhorabuena a todos.
Aplicando a máxima “Mens sana in corpore sano”, alén do balompé, Pancho Varela tamén se involucrará na creación de bibliotecas públicas e centros culturais. No xornal El Pueblo Gallego do venres 10 de agosto de 1928, na sección “Información regional” (páx. 13), lemos: Cerdedo. Simiente, más simiente.- Decía el infatigable batallador Juan Jesús González3, días pasados, al principio de su artículo en la sección de noticias de Compostela.
Con gran satisfacción veo que la idea lanzada por Juan Jesús de crear bibliotecas populares y centros culturales en todos los pueblos ha alcanzado incremento en muchas villas de nuestra querida Galicia.
De lamentar es que pueblos como Cerdedo no den la voz de alerta en asunto de tan trascendental importancia, habiendo dado infinidad de veces pruebas del espíritu de regeneración que hace tiempo se viene notando en esta villa. Cabe el orgullo a nuestro buen amigo Pancho Varela, corresponsal de El Pueblo Gallego en esta localidad, de ser el iniciador de todos estos actos culturales. A buen seguro que si sus ocupaciones se lo permitieran, tendría abordado tema de tan vital importancia.
Instamos al amigo Pancho a que inicie la propaganda para que Cerdedo llegue a disfrutar de los beneficios a que Juan Jesús alude en su citado artículo (ídem, en Correo de Galicia (“Órgano de la Colectividad Gallega en la República Argentina”) do domingo 23 de setembro de 1928, páx. 13).
Unha semana despois, en El Pueblo Gallego do venres 17 de agosto de 1928, na sección “Información regional” (páx. 13), lemos: Cerdedo. La biblioteca.- Con gran júbilo me enteré de la idea lanzada días pasados en la sección de noticias de Cerdedo, acerca de la creación de bibliotecas populares y centros culturales. No obstante el poco tiempo transcurrido desde que esta idea fue expuesta, empiezan a notarse en esta villa los efectos, lo que prueba clara y palmariamente que existen personas que se desvelan por la prosperidad y engrandecimiento cultural.
Cerdedo, por fortuna, empieza a reaccionar, y si a esto unimos el celo e interés que nuestro buen amigo Pancho Varela, activo corresponsal de El Pueblo Gallego, acostumbra a desplegar en asuntos de esta índole, no se hará esperar la conversión de tan fausta idea en realidad, de lo cual, como buenos patriotas, nos congratulamos.
Esta restra de retallos xornalísticos, contemporáneos á ditadura de Primo de Rivera (1923-1930), testemuñan a temperá vocación de Francisco Varela Garrido pola “cousa pública”.
Continuará...
* Este texto foi publicado no Faro de Vigo-Terra de Montes (1-11-2015).
1 Ou Camba de Figueiroa.
2 E, probabelmente, no xornal pontevedrés El País.
3 Xoán Xesús González (1895-setembro de 1936), natural de Cuntis, avogado, mestre, xornalista, escritor e político socialista, foi fusilado polos fascistas no resío do cemiterio de Boisaca (Compostela).

Non poden faltar nestes apuntamentos biográficos os ecos de sociedade. Na páxina 11 do xornal El Pueblo Gallego do martes 14 de xaneiro de 1930, na sección, “Información regional”, atopamos a reseña do casamento de Francisco Varela Garrido: Cerdedo. Una boda.- En esta iglesia parroquial y en el altar de Santa Teresa, santificaron sus amores en la mañana del jueves, la bella señorita Teresita Sanmartín Lois, con nuestro buen amigo el culto joven don Francisco Varela Garrido […] A causa del luto reciente del novio (por falecemento da súa nai), se celebró la boda en la intimidad. A las muchas enhorabuenas que reciben los recién casados, unimos la nuestra, haciendo votos para que su dicha no tenga fin. A nova tamén se recolle na revista Vida Gallega do 10 de febreiro de 1930, na sección “Los que mueren y los que se casan”.
Amais do seu labor cultural, Pancho Varela protagoniza unha trepidante actividade política e, á fronte do xulgado municipal, afánase na observancia da legalidade vixente.
A Constitución da República Española, decretada e sancionada polas Cortes o 9 de decembro de 1931, no seu artigo 3º (“Disposicións xerais”) dicía: El Estado español no tiene religión oficial. O artigo 26, engadía: El Estado, las regiones, las provincias y los municipios no mantendrán, favorecerán, ni auxiliarán económicamente a las iglesias, asociaciones e instituciones religiosas.
Una ley especial regulará la total extinción, en un plazo máximo de dos años, del presupuesto del clero... Ás ordes relixiosas prohibíaselles exercer a industria, o comercio ou o ensino. O artigo 27 era tallante: Todas las confesiones podrán ejercer sus cultos privadamente. Las manifestaciones públicas del culto habrán de ser, en cada caso, autorizadas por el Gobierno.
O 13 de outubro de 1931, en pleno debate constituínte, Manuel Azaña pronunciou a célebre frase: “España ha dejado de ser católica”, é dicir, o catolicismo debía deixar de ser o elemento definidor da cultura española; cumpría a radical separación da Igrexa e do Estado. O 28 de xuño de 1932, o Goberno de Azaña aprobaría a Lei do matrimonio civil.
Neste contexto, no vespertino pontevedrés El País (“Diario Republicano de la Tarde”) do martes 14 de marzo de 1933 (páx. 4), atopamos unha carta, asinada o 10 de marzo e dirixida ao director da publicación, na que Sabino Bugallo Valiñas e Ramón Conga Rabelo, á sazón presidente e secretario do Partido Republicano Radical Socialista de Cerdedo, responden a un artigo que, de autor anónimo, aparecera o día 8 na citada cabeceira.
A carta sae en defensa de Francisco Varela Garrido, por aquel entón xuíz municipal. Os autores da misiva salientan a ideoloxía republicana “y no de derechas” do devandito funcionario, posta en dúbida no artigo do día 8, ao tempo que xustifican o seu proceder verbo dunhas detencións practicadas os días 24 de outubro de 1932 e o 26 de xaneiro de 1933, rexeitando que se cualifiquen de “caciquismo monarquizante” estas actuacións. A maiores, engaden:
El 12 de junio del año último (1932) se verifica una reunión clandestina por elementos monárquicos disfrazados de católicos, acordando sacar al siguiente día 13 (Santo Antonio) una procesión sin contar para ello con permiso de la autoridad, dándole escolta numerosos vecinos armados; el presidente del Partido Republicano Radical Socialista, conocedor de dichos extremos y de que no existen fuerzas de la Guardia Civil, interesa la intervención del juez (Francisco Varela Garrido) y éste procede a la detención de uno de ellos, al cual se le ocupa un revólver sin licencia para su uso, motivo por el que fue procesado. El resto de la escolta se ausentaron, no pudiendo comprobar si tienen o no armas.
El 23 de octubre de 1932 se observa la falta de los dos primeros edictos anunciando otros tantos matrimonios civiles, se recibe declaración a varios vecinos, entre ellos a uno que, si bien niega el hecho, confiesa ser autor de unos rótulos puestos en las paredes y tabla de edictos del Ayuntamiento, diciendo: “Viva el Rey”, “Viva Cristo Rey”, “Viva don Alfonso de Borbón”, “Mueran los enchufistas que explotan la Nación”, “Muera la República” y “Toda esta Corporación son unos bandidos”, y el juez municipal remite las diligencias al señor juez de primera instancia, el cual dicta auto de procesamiento.
¿Se quiere con más elocuencia la demostración de los hechos y del republicanismo del juez a quien llaman monarquizante?
Segundo afirma o historiador Dionísio Pereira (A II República e a represión en Cerdedo, 2006, páx.18): A crenza popular sinala este episodio como un feito decisivo na pena de morte á que foi condenado Francisco Varela Garrido tras o golpe militar de 1936. É vox pópuli que a súa intervención o día de autos (13-6-32) foi determinante para que os prebostes da dereita cerdedense o incluísen na súa listaxe negra.
No eido da cuestión relixiosa, o propio D. Pereira salienta que, naquela época, outro dos cabalos de batalla foi eliminar o control que sobre os cemiterios mantiña o clero católico, para garantir que calquera persoa puidese ser enterrada con dignidade dentro dos recintos funerarios, con independencia das súas crenzas e ideario.
O profesor J. L. García Martín escribiu en 2008: Durante siglos, para los católicos españoles quienes no participaban de sus creencias no eran apenas seres humanos. Por eso no deberían ser enterrados en “sagrado”, sino arrojada su carroña a un basurero como si de una alimaña se tratase.
Por reivindicar os dereitos póstumos de ateos e agnósticos, os cenetistas Francisco Arca e mais o seu fillo Roxelio, veciños de Figueiroa, serán detidos en abril de 1935 (ABC, 20-4-35). Asasinado Francisco Arca en agosto do 36, o crego de Figueiroa negarase a darlle sepultura no cemiterio parroquial, sendo soterrado provisionalmente, canda Secundino Bugallo, no cemiterio de Pedre onde aínda se conservan senllas lápidas.
Os socialistas e os radical-socialistas, hexemónicos na corporación municipal de Cerdedo durante o primeiro bienio da República, coaligáronse a nivel estatal con Acción Republicana, o partido de Manuel Azaña, referendando a súas presidencias de Goberno (1931-33). Só no contexto da atávica tirapuxa das esquerdas debemos entender as diatribas vertidas na prensa republicana de Pontevedra contra Francisco Varela Garrido. Como xa se dixo, Pancho Varela, situado na aba máis esquerdosa do PSOE, pasou a integrar os cadros de IR (Izquierda Republicana), tras a derrota colleitada pola esquerda nos comicios de 1933. Cómpre salientar, porén, a boa sintonía que, en Cerdedo, mantiñan os socialistas e os membros do PRRS.
A Izquierda Republicana de Azaña creouse como resultado da fusión de Acción Republicana co PRRSI e a ORGA. Formando parte da Fronte Popular, IR converteríase na terceira forza política (tras o PSOE e a CEDA) nas eleccións xerais de febreiro de 1936.
Conxugando á perfección a súa angueira política e cultural, Pancho Varela volve figurar en 1934 na xestora encargada do acondicionamento das instalacións deportivas do Sangal, un proxecto que se iniciara no ano 1926. No xornal El Pueblo Gallego do mércores 30 de maio de 1934 (páx. 2), lemos: Con gran entusiasmo se constituyó uno de estos días la Comisión pro-campo de deportes de esta villa. El acto, que se celebró en el salón de sesiones de la Casa Consistorial, estuvo muy concurrido.
Para los diferentes cargos de la misma han sido designados los siguientes señores:
Presidente: D. Carlos González Estévez, secretario del Ayuntamiento; secretario: D. F. Gervasio Bugallo Valiñas, juez municipal; tesorero: D. Francisco Bouzas Varela, industrial; y vocales: don Francisco Varela Buela, maestro nacional; don Ángel Bugallo Camiña y don Manuel Gutiérrez Torres, farmacéuticos; don Francisco Varela Garrido, don David Paz Cachafeiro, don Francisco Gutiérrez Torres y don Luis Rey Bugallo, industriales.
Como encargado general para la realización de los trabajos fue designado don Francisco Varela Garrido.
Dado el entusiasmo de los señores que forman la Comisión, así como su valía y fin plausible, es de esperar sean ayudados por todos los que pongan por encima de sus personalismos y pequeñeces el amor al pueblo y quieran que la juventud nos prepare una raza fuerte y vigorosa, alejada del vicio de la taberna.
Los medios para llevar a fin esta buena idea son el recaudar fondos por medio de una suscripción y solicitar de sus paisanos de América y otras partes el óbolo de su entusiasmo.
Las obras dieron principio días pasados en el sitio conocido por Sangal, en donde hace varios años hicieron obras encaminadas a esto mismo varios jóvenes entusiastas que forman hoy en la comisión.
La lista de suscripción será dada a conocer por medio de la prensa.
Continuará…
* Faro de Vigo-Terra de Montes (8-11-2015).

Alentada polo PSOE e a UXT, a chamada folga xeral revolucionaria principiou o 5 de outubro de 1934, cadrando co Bienio Conservador da República (nov. 1933-feb. 1936). A revolta callou en Asturias e mais en Catalunya.
O Goberno de dereitas (PRR-CEDA) truncou a reforma agraria, devolveulle as terras á nobreza, anulou as reformas laborais, paralizou a reforma educativa, negociou un novo concordato co Vaticano, derrogou o Estatut de Catalunya... O movemento folguista, duramente reprimido, saldouse cuns 1.500 mortos e perto de 30.000 detidos.
Militante de Izquierda Republicana, Pancho Varela responde á chamada do seu partido e participa, canda Antonio Sueiro Cadavide (o alcalde de Cerdedo) e outros veciños, nas encarnizadas xornadas de protesta social de outono do 34.
Tachados de “extremistas”, o día 8 de outubro son detidos Sabino Bugallo Valiñas, Carlos González Estévez, Francisco Varela Garrido e Xosé Torres Paz. En busca e captura, o día 11, deteñen o alcalde Antonio Sueiro Cadavide; o día 15, o seu fillo Camilo, e o día 22, a Alfredo Iglesias. Entre outras acusacións, responsabilízanos da autoría “dun movemento subversivo que se tramaba en Cerdedo”, de montar unha barricada na estrada de Ourense (km 624), perto de Pedre, e de seren instigadores dunha suposta tentativa de asalto ao cuartel da Garda Civil de Cerdedo.1 Antonio Sueiro Cadavid, alcalde de Cerdedo, será acusado de publicar o día oito de outubro un bando declarando o estado de guerra no concello. Un veciño cualifícaos de “suxeitos de ideas avanzadas”.
A Garda Civil practicou rexistros nas vivendas dos aludidos, incautándose de armas e municións (eran cazadores), e publicacións “subversivas” (eran xente lida).
Na casa de Pancho Varela, a Garda Civil atopa unha escopeta de caza (calibre 12), para a que tiña licenza, e unha xeitosa biblioteca ben fornecida de “libros, revistas, cartas e prospectos extremistas”. A seguir, enumero os títulos secuestrados e o número de exemplares: “El pancismo” (6), “El fascismo” (2), “El socialismo” (3), “Dios, mala entraña” (4), “Jesucristo, sangriento pelele” (1), “El monarquismo” (3), “Cristo visto por un ateo” (2), “El sindicalismo” (2), “Los fabricantes de milagros” (1), “El republicanismo” (1), “Opresión” (1), “El comunismo libertario” (5) e a revista “Estudios” (6); editados en Valencia por A. Martínez Carrasco. Amais: “periódicos extremistas” (8), “hojas de propaganda electoral” (200) e “un guión color rojo”, é dicir, unha bandeira vermella.
O libro “Jesucristo, sangriento pelele” é da autoría do xornalista Vicent Miquel Carceller (1890?-1940), director da revista anticlerical La Traca. O libro “El comunismo libertario” é da autoría do médico Isaac Puente Amestoy (1896-1936), colaborador da revista La Traca. Ambos os dous morrerían fusilados. “Estudios” era unha revista de orientación anarquista publicada en Valencia entre 1922 e 1937.
Tras pasaren dous meses en prisión, son postos en liberdade. No xornal pontevedrés El País do sábado 15 de decembro de 1934 (páx. 2), baixo o titular “Después de la huelga. Más detenidos en libertad”, lemos: “Ayer tarde fueron puestos en libertad los siguientes vecinos de Cerdedo que se encontraban presos con motivo de los pasados sucesos: Sabino Bugallo, Carlos González Estévez, Antonio Sueiro Cadavid, Francisco Varela, Camilo Sueiro Bouzas, José Torres Paz y Alfredo Iglesias” (ídem, en El Pueblo Gallego do 16 de decembro de 1934, páx. 14).
Vexamos quen eran algúns dos ilustres compañeiros de cela de Francisco Varela Garrido:
Antonio Sueiro Cadavide: alcalde de Cerdedo, membro destacado do PRRS e dirixente da Sociedade de Agricultores e Obreiros de Lourido-Cerdedo (a Garda Civil atopou na súa casa dous paquetes de dinamita). Antonio Sueiro Cadavide, Antonio “do Lagharto”, meu bistío avó e pai de Camilo Sueiro Bouzas, era natural de Lourido, mais casou en Limeres (lugar do Lagharto). Á fronte do Concello, mandou construír, entre outras, a ponte de Arén (sobre o río do Castro), a ponte dos Portamuíños (sobre o río do Seixo) e a ponte sobre o río das Cervas, entre Lourido e Limeres, que, consonte a retranca popular, fora unha obra impulsada polo amor.
Carlos Gónzález Estévez: secretario do concello. Sabino Bugallo Valiñas: de primeiras, membro destacado do PRRS, despois presidente de IR en Cerdedo e dirixente da Sociedade de Agricultores e Canteiros de Castro (exiliado). Xosé Torres Paz: funcionario municipal, membro do PSOE, dirixente da Sociedade de Agricultores de Cerdedo (asasinado en agosto do 36). Alfredo Iglesias Álvarez: concelleiro do PSOE en Forcarei, dirixente da Agrupación Socialista Obreira de Presqueiras (represaliado).
Dende o ano 34, Pancho Varela milita nas fileiras de Izquierda Republicana. No vespertino El País do luns 27 de xaneiro de 1936 (páx. 3), baixo o titular “El Partido de Izquierda Republicana celebra su Asamblea Provincial en Pontevedra con el máximo entusiasmo”, lemos: “A las diez y media en punto de la mañana del día de ayer, comenzó sus trabajos la Asamblea Provincial del Partido Izquierda Republicana con la asistencia de los delegados de las agrupaciones municipales de...” Como delegado por Cerdedo, asiste Francisco Varela Garrido.
Como xa expuxemos, durante o Bienio Reformista, o Goberno legalizara o matrimonio civil (28-6-1932). Pancho Varela, na súa calidade de secretario do Concello de Cerdedo e xunta o mestre Francisco Varela Buela “don Paco”, exercen de testemuñas dos novos enlaces, ritualizados á marxe da Igrexa. A dereita de Cerdedo segue tomando boa nota.
Na edición vespertina do xornal madrileño Heraldo de Madrid do sábado 1 de febreiro de 1936 (páx. 14), baixo o titular “Matrimonios civiles en Pontevedra”, lemos: “En el juzgado municipal de Cerdedo se ha celebrado el enlace matrimonial civil de los jóvenes Severino Simal Penelas y Valdina Figueras.
Actuaron como testigos los vecinos Francisco Varela Garrido, secretario de juzgados municipales, y Francisco G. Varela Buela, maestro de las escuelas nacionales.
Del mismo modo, y con igual acompañamiento, se efectuó el enlace matrimonial de los jóvenes Isolino Penelas Sieiro y Carmen Vilas Souto”.
Na primeira plana do referido xornal, destacan os titulares “Las derechas manejaron en 1933 catorce millones de pesetas con fines electorales” e “El lunes serán conocidas las candidaturas que el Frente Popular presenta por toda España”.
O 23 de abril de 1936, Pancho Varela obtén a credencial de candidato a compromisario para as eleccións do presidente da República.
Os días 17 e 18 de xullo de 1936, ten lugar a sublevación militar contra o Goberno da II República que fora lexitimado polas urnas en febreiro dese mesmo ano. O golpe de Estado abocaríanos a unha guerra civil (1936-1939) e, derrotado o Exército Popular, a un réxime totalitario (a “longa noite de pedra”), baixo a caudillaxe de Francisco Franco (1939-1975).
E chegou o terror. Nunha España acirrada polo lema “¡Viva la muerte. Abajo la inteligencia!”, no xornal El Diario de Pontevedra do martes 27 de xullo de 1937 (páx. 2), respondendo ao titular “Cumplimiento de sentencias”, lemos: “Esta mañana se dio cumplimiento a las sentencias dictadas en consejo de guerra, condenando a la última pena a Francisco Varela Garrido, de Cerdedo; José Gallego Nogueira, José Mejuto Bernárdez y Antonio Fernández Fernández, de Cangas, y José Meis Martínez, de Pontevedra”.
No xornal El Pueblo Gallego do mércores 28 de xullo de 1937 (páx. 7), baixo o titular “Ejecución de sentencias”, lemos: “Pontevedra.- Cumpliendo sentencia dictada en consejos de guerra, en la mañana de ayer han sido pasados por las armas José Meis Martínez, de Pontevedra; Francisco Varela Garrido, de Cerdedo y José Gallego Nogueira, José Mejuto Barnárdez y Antonio Fernández Fernández, de Cangas”. A cabeceira da publicación acompáñase agora do xugo e as frechas.
O xornal madrileño La Libertad do sábado 21 de agosto de 1937 (páx. 2), facéndose eco do publicado por Faro de Vigo e baixo os titulares “¡Galicia mártir! e “Los facciosos siguen asesinando ciudadanos “legalmente””, escribe: “Cumplimiento de sentencias.- Pontevedra. En las primeras horas de la mañana de ayer (27 de xullo) se ha dado cumplimiento en esta capital a la sentencia de uno de los consejos de guerra celebrados, en que fueron condenados a la pena capital José Meis Martínez, de Pontevedra; Francisco Varela Garrido, de Cerdedo; José Gallego Nogueira, José Mejuto Bernárdez y Antonio Fernández Fernández, de Cangas”.
Continuará…
*Faro de Vigo-Terra de Montes (15-11-2015).
1 O antigo cuartel da Garda Civil de Cerdedo ocupaba o edificio construído na intersección da estrada xeral e a rúa da Constitución.

Na páxina 145 do nº 12 da revista Facetas de Actalidad Española, editada na Habana (Cuba) en abril de 1938, dáselle continuación ao artigo “Lo que han hecho en Galicia”. O texto é un dos moitos testemuños escritos sobre a vaga de crimes perpetrados pola barbarie fascista na Galiza. A portada de Facetas acompaña unha tétrica ilustración co seguinte pé: “Han pasado las alas negras de la invasión dejando en el pueblo su “civilización””.
Na páxina 153 principia a narración do triste destino do republicano Xosé Mexuto Bernárdez, veciño de Cangas. Acusado de “comunista que no da la cara”, Xosé Mexuto foi confinado no campo de exterminio da illa de San Simón: “Había allí unos mil ochocientos presos, casi todos ellos reos del mismo delito, comunistas “de los que no dan la cara”, es decir, hombres de espíritu liberal, enemigos de la violencia y la arbitrariedad. Su causa se instruyó con las de otros veintitantos vecinos de diversos ayuntamientos de la provincia de Pontevedra. Se le condenó a muerte, naturalmente. Fue fusilado en Pontevedra mismo el día 15 (foi o día 27) de julio de 1937 junto con José Meis Fernández, Francisco Varela Garrido, José Gallego Nogueira y Antonio Fernández Fernández”.
O día 20 de xullo de 1936 os franquistas declaran o estado de guerra en Pontevedra. De mañá, Francisco Varela Garrido, secretario interino do Concello de Cerdedo, baixa á capital na procura de noticias. Na Deputación, o gobernador civil de Pontevedra Gonzalo Acosta Pan desígnao delegado gobernativo en Cerdedo. Ás tres da tarde, Pancho Varela, torna a Cerdedo e entrevístase en Fondós (Quireza) co alcalde Luciano García Ventín. O alcalde deixa nas súas mans a organización da resistencia. Xa en Cerdedo, Francisco Varela Garrido preséntase no cuartel da Garda Civil e transmítelle ao cabo a directriz de “pórse ás súas ordes” co fin de baixar a Pontevedra. Sen demora, solicítalle ao mestre Francisco Varela Buela, don Paco, que redacte un bando co propósito de xuntar voluntarios armados para acudir á capital en defensa da República. A requirimento de Xosé Mª Lavandeira Durán (porteiro do Concello), o chamamento execútao David Paz Cachafeiro a toque de corneta. A seguir, Pancho Varela pídelle ao mestre Luís Toimil Ferrer que poña o seu aparato de radio a disposición da causa, para estar ao tanto dos acontecementos.
Atendendo as instrucións recibidas e firme nas súas conviccións, Pancho Varela tentou conxugar, na súa xurisdición, o restablecemento da legalidade democrática co mantemento da orde pública.
Pontevedra cae en poder dos franquistas. Perdida toda esperanza e refusando un inútil derramamento de sangue, Pancho Varela depón as armas e abandona Cerdedo. O escondedoiro do Outeiro das Aveas (no monte do Seixo) proporciónalle agocho durante uns días. Comparte acubillo cos irmáns Bugallo Valiñas (Severino e Sabino). Despois, decide dirixirse cara ao Carballiño, Ourense, Verín, Puebla de Sanabria e Zamora, aloxándose en diversas fondas.
O día 5 ou 6 de agosto chega a Monleras (Salamanca) no coche do seu sobriño Ramón Cachafeiro, contratista de obras, hospedándose na fonda “La Tomasa”. Tentando pasar desapercibido, sincérase co boticario local que o acabará traizoando.
Delatado polo boticario, foi detido o 2 de setembro de 1936. A Garda de Asalto comísalle, entre outros efectos, unha carta da Sociedade Española de Armas e Municións de Eibar, a credencial de candidato a compromisario e unha carta remitida por un camarada da Cañiza (21-2-36), encabezada co saúdo “Salud y República roja”. Pancho Varela aduce que está pasando unha tempada en Monleras para restablecerse dunha doenza pulmonar, porén, a súa intención era cruzar, canto antes, a Portugal.
O auto de procesamento (1-10-36) proporciónanos o retrato dun home asoballado pola súa condición de fuxido e pola súa estadía en prisión (cotéxese coa fotografía): “Talla un metro ochocientos milímetros, pelo negro ligeramente caneado, cejas al pelo, ojos hundidos, color castaño, faz angulosa, nariz recta grande, barba prominente regularmente poblada, tiene un lunar en el pómulo izquierdo color castaño con algunos pelos”.
O xefe da Garda Civil de Pontevedra acusouno de “comunista perigosísimo”. O crego de Cerdedo, de “dirixente e propagandista da Fronte Popular”. Dous dos seus veciños (significados dereitistas), de “dirixente das masas socialistas” e “de inducir ao envelenamento ideolóxico dos veciños de todo o concello”. O boticario, malmetido a confidente, afirmou na comisaría de Salamanca “que mandaba en Cerdedo unha columna de dez mil homes armados con escopetas e pistolas” e que tiña no seu poder “unha pistola de vinte e dous tiros”.
Recluído un ano no cárcere de Pontevedra, Francisco Varela Garrido (canda o mestre Francisco Varela Buela don Paco) foi xulgado nesta cidade en consello de guerra por rebelión militar o 16 abril de 1937 (La Libertad, 5-5-1937). O tribunal declarouno culpábel “coa agravamente de perversidade” e sentenciouno a pena de morte, sendo executado en Monteporreiro (Avda. de Bos Aires) o 27 de xullo dese mesmo ano. Actuou de avogado defensor o tenente do 15º Rexemento de Artillaría Lixeira Xulio Conde González que, malia estar todo atado e ben atado, obrou con dignidade. Os verdugos rexistraron o seu falecemento como resultado dun colapso cardíaco.
Velaquí o texto inculpatorio da sentenza (causa nº 1.306): “Resultando: Que el procesado en esta causa, Francisco Varela Garrido, secretario interino del ayuntamiento de Cerdedo, significado socialista y propagatista de tales ideas, se traslada desde aquella aldea a esta capital a enterarse del Movimiento Militar iniciado en África por el Generalísimo Franco y, entrevistándose en el Gobierno Civil con las autoridades del Frente Popular, recibe el nombramiento de delegado gubernativo, trasladándose rápidamente a Cerdedo en donde, en unión de otros, organizó la rebelión en aquella comarca para lo que procede la detención de personas de significación derechista, requisa armas y vehículos así como aparatos de radio y organiza partidas de paisanos armados para que se dirijan a Pontevedra a enfrentarse con las fuerzas del ejército”.
Esoutros colaboradores aludidos na sentenza de Pancho Varela eran: Luciano García Ventín (alcalde), Francisco Varela Buela (mestre, redacta a máquina o edito de requisa de armas), Ramón Cachafeiro (sobriño de Pancho), Manuel Gamallo Bugallo (concelleiro), David Paz Cachafeiro (corneta que anunciou o bando do requirimento de armas), Xosé María Lavandeira Durán (porteiro da Casa do Concello), Casimiro Cortizo, Xosé Torres Paz (escribente do Concello) e Secundino Bugallo Iglesias (Sociedade de Obreiros e Agricultores “El Trabajo”).
O tribunal encausará mais non achará motivos abondos para procesar a Luciano García Ventín, a Ramón Cachafeiro, a Manuel Gamallo, a David Paz e a Xosé María Lavandeira, porén, serán vítimas, pola calada, da represión. O mestre Luís Toimil Ferrer padeceu expediente de depuración (tres meses de suspensión de emprego e soldo).
En paradoiro descoñecido, Casimiro Cortizo, Xosé Torres Paz e Secundino Bugallo Iglesias son declarados rebeldes. Xosé Torres Paz (PSOE) será “paseado” na estrada Pontevedra-Santiago (Alba) o 11 de agosto de 1936. Secundino Bugallo Iglesias (CNT) será “paseado” na Ponte do Barco (Pedre) o 13 de agosto de 1936.
Respecto ao vivido en Cerdedo, escribiu oportunamente Dionísio Pereira (op. cit.): “Cos asasinatos e persecucións, os novos detentadores do poder procuraron reducir a cidadanía máis consciente á categoría de súbditos, e que ese carácter exemplarizador da represión perdurara no tempo. Así aconteceu no futuro, pois, en palabras de Roxelio Arca, “aquí ninguén moveu máis a orella””. Roxelio Arca Rivas, canteiro e miliciano anarquista falecido en 2010, era fillo de Francisco Arca Valiñas, labrego e cenetista de Cerdedo asasinado polos fascistas de Cerdedo en agosto de 1936.
Alí onde asasinaron a Pancho Varela, na pontevedresa avenida de Bos Aires, á beira do Lérez, inaugurouse o 12 de novembro de 2006 un monumento na honra das vítimas do franquismo, cuxa inscrición di: “A todas as vítimas da represión franquista. Aos homes e mulleres que defenderon as liberdades e os dereitos nacionais de Galiza”. En Cerdedo calan e, polo tanto, outorgan.
Venceron, mais non convenceron. Francisco Varela Garrido, cuxas cinzas repousan no panteón familiar de Cerdedo, vén sendo o avó do querido Fernando Salgado Varela, escritor, xornalista do Diario de Pontevedra e membro do colectivo cultural e ecoloxista Capitán Gosende.
De caste lle vén ao galgo. Fernando Salgado naceu en Cerdedo o 7 de setembro de 1959. Ignorando a pasado político do seu avó, integrou as candidaturas de Izquierda Republicana nas eleccións xerais de 1979. Hoxe, co libérrimo exercicio da súa profesión, dálle continuidade ao labor emprendido polo seu devanceiro. “Imos estando por aquí, levamos séculos aquí, neste sen norte...”.
* Faro de Vigo-Terra de Montes (22-11-2015)