Casa de Miranda (Santeles)
José Manuel Bértolo Ballesteros e Luís Ferro Pego
No lugar de Pearo da parroquia de San Xoán de Santeles áchase unha casa en non moi bo estado, coñecida por casa de Miranda e que forma parte do patrimonio cultural de A Estrada. Ten unha pedra de armas moi bens conservada na súa fachada principal. O escudo é ovalado e no seu campo leva as armas da Santa Inquisición: unha cruz adestrada dunha palma e sinistrada dunha espada. Ao timbre helmo con penacho, leva acolado unha cruz flordelisada e rodean ao conxunto fermosos lambrequíns.
Ten a súa orixe en Ares Fernández Miranda, fillo de Rodrigo López de Villar de Miranda e de Teresa González, orixinarios e donos de bens na provincia de Lugo, concretamente en Burón (Fonsagrada), Crecente e Miranda, de onde provén o apelido. Ares casou en 1558 con María Suárez de Reino, do pazo de Maíndo, e en 1578 mercou unhas terras en Pearo, onde vai seguir a súa descendencia. Trátase pois dunha familia fidalga e como tal é considerada sempre até finais do século XVIII, en que tiveron problemas para probar a súa fidalguía.
Ares e María, viúva de Rui Suárez de Castro, tiveron un fillo en común chamado Rodrigo López de Miranda, veciño de Santiago, que casou con Antonia Valenzuela, filla do alcaide de Cira e logo de Vimianzo don Gil Valenzuela.
Rodrigo e Antonia tiveron cinco fillos entre eles, Juan Bautista cura de Vea e de San Bartolomeu en Pontevedra, María que casou en Escuadro con Juan Mariño de Lobera, Juana que casou con Diego de Ribera do pazo de Preguecido e Rodrigo Miranda Valenzuela que foi o sucesor. Rodrigo casou en segundas nupcias con Marcela Mariño de Lobera, natural de San Simón de Ons, e tiveron sete fillos, sendo o sucesor Rodrigo Miranda Mariño. Un neto deste, Juan Antonio Miranda Carbón (1743-1787) casou con Juana de Neira Calvelo, filla do avogado José Neira Núñez, veciño de Santa Cristina de Vinseiro. Juan Antonio non era moi alto, medía “catro pés e nove pulgadas” e tiña varios sobriños que non deron a talla para servir no exército, sobre todo un que “era cortísimo”. E foron os seus fillos os que tiveron un longo preito para probar a súa fidalguía, ata entón non contestada. Precisamente os gastos deste preito levaron ao vinculeiro, Bernardo Miranda a deixar á súa muller a facultade de vender a casa. Esta sería posiblemente a razón pola que a partir de agora a casa pasase a mans dos seus parentes os Neira.
O novo dono da casa foi Andrés Vicente Neira Pose (1793-1844), fillo de Vicente, natural de Santa Cristina de Vinseiro, e de Ma Bernarda, natural de Pontevedra e filla de escribán. Andrés estivo 14 anos no exército e logo veu para Santeles onde casou con Bernarda Juana Pombo Tato, filla de Benito natural de Carballo (A Coruña) e de Manuela, natural de Godoi. Os seus descendentes aparecen sempre como labregos.
O seu sucesor foi Vicente Neira Pombo (1830-1890) e a este sucedeuno Manuela Neira Otero (1873-1908) que casou con José María González (Santeles, 18711936), e a estes Ma del Carmen González Neira (1904-1989), trala morte temperá de varios irmáns. Ma del Carmen González Neira tivo catro fillos en Pearo chamados Amalia, Josefa, Enrique González Neira, que é o actual propietario da casa de Miranda, e Manuel, que casou en A Estrada con Josefina Rodríguez Constenla. Logo Ma del Carmen casou en 1938 con Ramiro Iglesias García tendo outros catro fillos, chamados María Benedicta (a súa partida de bautismo tivérona que rectificar, pois aparecía como Benita), Aquilino, que faleceu en Lugo en 1974, María Ermitas e José Iglesias González, que tamén morreu en 1974.