Capela de San Bartolomé en Chamadoira
J. M. BÉRTOLO / L. FERRO
A capela de San Bartolomé está situada no lugar de Chamadoira, no concello de Cerdedo. A ermida foi levantada entre os anos 1702 e 1710 e foi o cura de Salcedo, don Bartolomé Cadavid García, a quen hoxe se considera fundador. Máis tarde, foi el mesmo quen solicitou ao arcebispado que a capela chegase a ser parroquia. Dedicada ao apóstolo San Bartolomeu e a San Xosé, a edificación érguese sobre dous módulos, sendo a parte do presbítero cadrada e algo máis alta. Tamén é importante salientar que ten varios chanzos para poder acceder ao altar.
Foi fundada polo cura de Salcedo don Bartolomé Cadavid García (1645-1720),natural de Chamadoira, fillo de Juan Cadavid e Clara García de Chamadoira. Porén Bartolomé a partir de 1668 autoproclámase“García de Caamaño”para darse lustre, pois coñece a fidalguía dos García de Caamaño de Vilagarcía. A capela levantouna entre 1702 e 1710, datas en que funda dous morgados, en 1702 non cita a capela, pero si o fai en 1710.Pouco despois o fundador solicitou ao arcebispado que dita capela chegase a ser parroquia.
A capela feita con bos perpiaños érguese en dous módulos, a parte do presbiterio é cadrada e un pouco máis alta, o que se traduce no interior pois ten varios chanzos para acceder ao altar, mentres que a outra parte é rectangular,
A portada está constituída por pilastras dóricas e frontón triangular,que acubilla a imaxe de san Bartolomeu e sobremontado dunha cornixa sobre a que se ergue outro frontón triangular adornado nos extremos por pináculos e no centro por un escudo, e sobre o que está a espadana dun só van coa súa campá. A imaxe do apóstolo san Bartolomeu presenta a un home barbado e longos cabelos en traxe talar que leva prendido dunha cadea un diaño (e na outra man un coitelo, en alusión a que o esfolaron vivo).
O escudo que hai na fachada foi colocado alí posteriormente. O escudo é igual a outro que, mellor conservado, está na casa do lado. Fai referencia a un neto do cura don Bartolomé,a Raimundo Bartolomé Cadavid, patrón do segundo vínculo, que casou con Josefa Cadavid, filla de Juan Antonio Cadavid García de Caamaño, patrón do primeiro vínculo fundado polo seu tío, e da súa muller Jacinta Godoi Mariño.
No primeiro cuartel vense as armas dos CAAMAÑO, unha árbore franqueado de dez lanzas, e no segundo o león rampante con escudo de ondas dos GODOI-MARIÑO, mentres que os seis roeis do terceiro, a inquirir, A carón da goleta están as armas do Santo Oficio: espada, cruz e palma. Nas representacións polícromas, a cruz é verde por ser a cor tradicional do Santo Oficio e simboliza a esperanza de salvación eterna para os herexes reconciliados coa Igrexa Católica. A Capela de San Bartolomeu no lugar ambos lados da cruz móstranse os símbolos da piedade (rama ou palma): paz para os herexes reconciliados, e da xustiza (unha espada núa) xustiza para herexes contumaces.
Fronte a capela está a casa dos Cadavid,que se estaba facendo ou ampliando en 1706 e na que don Bartolomé gastou uns 4.000 reais se incluímos a muralla da horta e curral (A casa actual parece que pouco ou nada conserva da antiga). Na esquina da casa podemos ver unha imaxe orante en traxe talar,que seguramente representa ao propio don Bartolomé Cadavid, e que recorda a imaxe que podemos ver na igrexa pontevedresa de San Francisco e que representa a Antonio Gago Mendoza Montenegro,tío de Jacinta Godoi e a quen Bartolomé mercou un dos oficios de rexedor de Pontevedra.
A capela presenta do lado da casa dúas portas tapiadas e que comunicaban a casa de don Bartolomé co interior da capela tanto a nivel inferior como da tribuna.
O sinxelo retablo da capela está adornado coas imaxes de san Bartolomeu,no centro,a de san Xosé, a quen estaba dedicado tamén o templo, e unha Virxe. Outras pequenas imaxes son veneradas tamén nesta capela.