Presentación da Plataforma "Queremos Galego!" na Estrada
Despois da fundación no mes de xullo da plataforma cidadá Queremos Galego a nivel nacional, un grupo de persoas sentimos a necesidade de reunírmonos para que aquí, no noso concello, se poidan levar adiante iniciativas e actuacións que cheguen máis facilmente á sociedade, co obxectivo de que esta se mova a favor da nosa lingua. Queremos Galego da Estrada nace como unha iniciativa cidadá, composta por persoas a título individual, así como por diversas entidades, colectivos e asociacións.
Partimos da consideración de que o galego é a nosa lingua propia, a maior creación colectiva do pobo galego, a expresión da nosa identidade e da nosa universalidade.
Sabemos que os últimos estudos sociolingüísticos poñen de relevo o descenso do uso social da nosa lingua, o seu retroceso nas novas xeracións e a continuidade dos vellos prexuízos e simplificacións, tales como que a nosa lingua é antiga, rural ou propia de radicais nacionalistas.
Fronte a isto, sentímonos fondamente agredidos pola política lingüística que leva adiante a actual Xunta de Galicia, pois todas as súas disposicións neste terreo van dirixidas a anular medidas positivas para o noso idioma, como o decreto do 50% do ensino en galego ou a reforma da Lei da Función Pública, faltando á súa obriga estatutaria de defender e promover a lingua propia do noso país e deixándoa nunha situación de total desigualdade legal e desamparo político.
Pensamos que neste momento cómpre un fondo compromiso a prol da normalización social da nosa lingua e unha resposta colectiva para que os nosos dereitos lingüísticos non sexan conculcados. Por isto mesmo, Queremos Galego é unha iniciativa apartidaria: nela cabe calquera persoa ou colectivo, independentemente da súa filiación ou simpatía política. O único que se require é o desexo de defender aquilo que nos identifica como pobo, aquilo que nos dá un lugar no mundo e que nos fai ser como somos: o galego.

Carteis
Vídeos
Concentración urxente pola aprobación do Decreto contra o galego no ensino o 15 de marzo de 2010
|
Roda de prensa de
"Queremos Galego!" da Estrada |
|
|
php.Element.Def.Pdf_Fallback