Pazo de Correáns
José Manuel Bértolo Ballesteros e Luís Ferro Pego
O pazo de Correáns na freguesía de Santa Cristina de Vinseiro foi construído a mediados do século XVIII, se ben xa había máis de 150 anos que vivía alí a familia Leira. A construción arquitectónica deste pazo, que hai que encadralo no barroco compostelán, débese sen dúbida a un discípulo de Simón Rodríguez, que naquelas datas estaba a traballar no pazo de Oca. En efecto, utilízanse nas esquinas as típicas placas que rematan cun pequeno cilindro debaixo, que Simón Rodríguez empezou a usar en igrexas como a de San Fiz de Solovio. Na fachada principal un tímpano semicircular enmarca o escudo familiar ao xeito do pazo de Bendaña (Santiago).
Os primeiros pasos do pazo iniciáronse con Pedro Docasal Daleira, veciño de San Salvador de Leiro (Miño.A Coruña), que coa promesa de recibir como dote a escribanía de Guimarei e Coto do Viso casou o 3 de xuño de 1590 con María Rodríguez de Castro,bisneta de Xoán Rodríguez, dono do pazo de Preguecido. Tiveron varios fillos, o maior que foi tamén escribán emancipouse de seus pais fundando a casa de Os Muros en Parada, polo que o sucesor foi Clemente, que casou aos 24 anos coa filla do cura de San André de Vea, don Bautista López, e que unha vez viúvo foi cura en Vinseiro.
A Clemente sucedeulle seu fillo Antonio Daleira (ou Leira), avogado da Real Audiencia, que vivía a miúdo en Santiago pero que ampliou a casa de Correáns e ergueu ao seu carón a capela do Santo Anxo. Casou con Catarina de la Puebla, con quen tivo once fillos, e logo de viúvo tamén foi cura de Vinseiro. O fillo maior, Teodoro, casou cunha prima da casa de Os Muros pero non tiveron sucesión, o seguinte foi cura en Muxía, polo que quen herdou o morgado foi Clemente Leira, que casou en Muxía e en 1725 veu vivir a Correáns. O seu fillo primoxénito Antonio Leira Castro foi o sucesor e casou en 1750 coa súa prima de Os Muros Ma Ventura Leira. Sería este matrimonio quen fixo o pazo actual. Tiveron doce fillos sucedéndolles no morgado Filipe Leira.
Filipe foi nomeado escribán e xuíz de Codeseda coa oposición dos veciños, pois querían que o escribán vivise en Codeseda. Ditou unhas normas de “bo goberno”, das que entresacamos estas:
As propiedades pasaron logo en herdanza á súa filla Alicia Mato Franqueira, quen xunto co seu home Xosé Requeijo mercaron en 1984 o resto dos bens que pertenceran aos Leira.

- Ninguén viva independente e só, que se poña a servir ou vaia para outra familia, baixo pena de desterro.
- Ninguén consinta a concorrencia de xentes de ambos sexos, so pretexto de fiadas ou outros labores nocturnos, baixo pena de dez días de cárcere.
- Non se consinta que as fillas ou criadas pasen as noites nos muíños, por motivo ou urxencia algunha, baixo a mesma pena.
- Os pedáneos fagan limpar as congostras e camiños poñéndoos transitables, limpar as fontes e cerrar os muros.