Introdución
Ricardo Gurriarán
O estradense Ramón Verea García, home de mentalidade renacentista, foi un daqueles galegos curiosos que quixeron descifrar algunhas das claves da ciencia aplicada á industria e ao cálculo para reverter no progreso social. A razón e a observación, xunto ao seu carácter emprendedor, foron elementos substanciais para chegar onde chegou.
É moi difícil saber o seu itinerario formativo. Sobriño dun crego de aldea, que foi o seu preceptor e indutor para que continuase estudos eclesiásticos, posiblemente esta razón fixo que Ramón accedese a algunhas lecturas que nel espertaron a necesidade do saber para a comprensión de determinadas chaves científicas e sociais. Entendemos que o acceso ás publicacións fóra do "índice" que gardaba seu tío, procedentes do xefe da Inquisición que vivira na mesma parroquia, puideron ser o seu guieiro.
O século XVIII que acababa de finalizar, onde a química remataba de consolidarse como materia científica coa
escola francesa de Lavoissier, a máquina de vapor botara a andar en Inglaterra (1769) e os teares mecánicos provocaran unha transformación da industria téxtil e siderúrxica (1783), vai ser o punto de partida para establecer unha relación definitiva entre ciencia e tecnoloxía, e a revolución da mecánica. Tamén foi un século onde os avances no terreo das matemáticas fora extraordinario, e a expansión de novas áreas do coñecemento físico.
A Pascalina ou Falica foi unha das primeiras invencións mecánicas para calcular, co fin de solucionar problemas de aritmética comercial. O francés Pascal a puxera en marcha en 1645, para efectuar sumas e restas, cando aínda era un mozo, a partir dun modelo que experimentara o matemático alemán Schickard, o chamado Reloxo Calculante (1623). Este dispositivo logo foi mellorado por outro "coñecido" científico, de nome Leibnitz (1670), quen introduciu algunha operación de multiplicación e división, mediante a calculadora chamada a Escalonada Reckoner. Non pasaron máis que dous séculos para que o "artesán científico" Verea redondease a invención agregando a multiplicación e a división a aquel trebello, con varios factores, que xa tiña avanzado e comercializado o científico francés Colmar (Arithmometer, 1820), logo de que Francia se incorporara ao sistema métrico decimal.
A ilustración en Galicia tivera un importante impacto. Os Flórez, Sarmiento, Feixóo, Lucas Labrada, Somoza de Monsoriu, Cornide Saavedra... efectuaran un importante labor editorial e divulgativo para tratar de sacar ao país do seu subdesenvolvemento, dentro dun panorama ermo que había pouco que comezara a mudar coa chegada dos Borbóns. Esta dinastía propiciara as primeiras medidas de desenvolvemento industrial e favoreceran experiencias formativas no estranxeiro, pois desde Felipe II, que establecera un peche de fronteiras para ensinar ou estudar, os seus súbditos se viran privados da posibilidade de achegárense á revolución científica que naquel momento se estaba a dar ao seu redor e dos fundamentos para comprender a ciencia moderna. Carlos III e Carlos IV trouxeron recoñecidos
científicos estranxeiros, que crearon escola, e que tiveron algúns significados galegos entre os seus discípulos, como Gabriel Fernández Taboada (Ourense, 17761841), que estivo dous anos de bolseiro na cátedra do químico francés Proust na Real Escola Práctica de Química de Madrid, e, logo, en París.
Foi aquel un momento no que comezaron a implantárense as sociedades económicas de amigos do país, fóra do tradicional marco universitario, verdadeiras escolas coas que Ramón Verea, é moi probable, tomara contacto formativo, logo da reactivación que tivo a de Santiago (1784), á partir de 1834, con Antonio Casares (Monforte, 1812 Santiago, 1888) e Domingo Fontán (Portas, 1788 Cuntis, 1866) á cabeza, onde puxeron en marcha cátedras de química e mecánica aplicada ás artes. A Academia de Agricultura (1764) e o Real Consulado (1785), tamén foran corporacións que colaboraran no fomento do país, á parte das institucións de formación práctica que había en Compostela.
Un dos perigos que conlevaba o envío de técnicos e científicos españois a formárense ou a ampliar estudos no estranxeiro era a "contaminación de ideas renovadoras" coas que a ciencia e a política insuflaba aos receptores. Os viaxantes que traspasaban os Pireneos, ávidos de saber sen prexuízos e de aprendizaxe científico con liberdade de pensamento, eran permeables á francmasonería e ao libre pensamento. Deste xeito, moitos deles, á súa volta, foron propagadores de ideas renovadoras mediante o asociacionismo e a prensa, o que ía supoñer un reforzo no terreo ideolóxico, por medio destes axentes do liberalismo.
Fernando VII e o seu absolutismo arrombaran con todo o que se tiña feito e boa parte dos científicos, que militaban no liberalismo, sufriron persecución, sancións e destitucións. O éxodo ao estranxeiro foi o camiño que emprenderon boa parte destas elites. Galicia non permaneceu allea aos acontecementos. Así, o xeólogo compostelán Casiano de Prado foi encarcerado pola Inquisición por "delitos de proposiciones y lecturas prohibidas". Logo da "liquidación" do Antigo Réxime foi un dos principais propulsores das exposicións universais, como comisionado do Goberno, ao igual que o seu condiscípulo, o coruñés Ramón de la Sagra (1798-1871), que marchou a Cuba onde desenvolveu un activismo ilustrado como naturalista. Foi catedrático de historia natural da Sociedade Económica na Habana e director do xardín botánico que hoxe leva o seu nome; logo ampliou a súa formación nos Estados Unidos e en Francia. Ou o ferrolán Ezquerra del Bayo (1793-1859), enxeñeiro de minas, afrancesado, que pagou co desterro, aínda que máis adiante estivo ampliando a súa formación en Friburgo; logo foi un dos fundadores da Academia de Ciencias (1847), onde outro galego, o matemático Vicente Vázquez Queipo (Lusío, 1804 Madrid, 1893) exerceu a presidencia da Sección de Ciencias Físicas, despois de ter sido forzado a exiliarse en París; este precursor da economía, famoso polas Tablas de Logaritmos Vulgares (1855), estivo en Cuba como fiscal de Facenda, entre outros cargos políticos.
As matemáticas tiveron en José Rodríguez González (1770-1824) o seu principal valedor na Universidade de Santiago, desde 1800, onde exerceu como profesor. Formouse nas mellores escolas matemáticas europeas e no Colexio de Francia. Foi encargado polo Goberno para estudar as operacións do arco meridiano, en compañía dos franceses Biot e Arago (1806); tamén estivo noutros países para estudar o funcionamento dos establecementos docentes e para mercar material científico con destino aos gabinetes da Universidade de Santiago. Exiliouse en Portugal en 1824, logo de ter sido deputado a cortes por Galicia no Trienio Liberal. O "Matemático de Bermés" foi sucedido na cátedra polo seu discípulo Domingo Fontán, quen en 1814 tamén fora delatado por outros profesores á Real Audiencia de ser francmasón, liberal e de ter defendido ideas subversivas na súa cátedra, polo que foi procesado. Logo de terse comprometido no levantamento do Trienio e de desenvolver varios cargos públicos, foi inhabilitado. Despois, sería reposto en 1826.
Maxisterio, ciencia e progresismo ideolóxico, pois, como puidemos comprobar, foron sinónimos de persecución e de exilio naquel difícil século XIX, fronte aos acomodaticios que non querían mudar, co fin único de defender os seus privilexios medievais. A aposta pola difusión das ideas e o compromiso social caracterizaron a boa parte dos emprendedores.Como tamén lle pasaría pouco tempo despois a Verea, cando emigrou a América en 1855, pois nos seus escritos deixou boa mostra da súa sensibilidade cara a propostas igualitarias e de contido social, denunciando as inxustizas que se cometían cos máis desfavorecidos. Probablemente, daquela, o sentido da marcha migratoria do biografiado se debera a un sentir antibelicista, nun momento de máxima conflitividade por mor das guerras de descolonización; ás quintas, para fuxir da obrigatoriedade de combater en ultramar: "El soldado no es más que un instrumento para oprimir al pueblo, para oprimirse a sí mismo, porque el soldado es un hijo arrancado del pueblo y luego devuelto al pueblo cuando no sirve para nada" ("La emigración"); e pola busca dun escenario onde poder desenvolver mellor ás súas potencialidades como inventor e empresario da divulgación. Pois, polos datos que aporta o autor desta importante monografía, Olimpio Arca, o estradense non dá o prototipo dos que marcharon para enriquecerse.
Descoñecemos os centros onde se formara Verea, logo de abandonar o seminario, no que estivo un tempo, ata que discrepou cos seus dogmáticos dirixentes: "Estudié la Teología y vi que era un castillo de naipes; que no resistía ni el más leve soplo de la razón (...) Pedía razones y me mandaban creer; persistí en que me convenciesen y me expulsaron a la primera oportunidad, porque vieron en m¡ al futuro librepensador" (La razón y la fe y la religión universal, 1893). Pero probablemente non esteamos errados ao afirmar que a Sociedade de Amigos do País ou o Ateneo Popular, antes ou despois da formación eclesiástica, foran espazos formativos polos que pasou Ramón para aprender os segredos das ciencias experimentais e a mecánica, lonxe das doutrinas creacionistas que imperaban naquel tempo escolástico que empapaba Compostela. Verea foi fondamente impresionado polo levantamento de Faraldo e Solís (Vilanova, 1966: 770), e testemuña da batalla de Cacheiras. Presumimos que a entrada do xeneral Concha para liquidar aos sublevados liberais que estaban en Fonseca, sede da Xunta Revolucionaria, foi un dos elementos de referencia que permaneceron no seu maxín para toda a vida.
Habilidoso manual e amante dos progresos da ciencia e do saber, é posible que Verea fora asistente aos certames expositivos que daquela se celebraban no país: "La mecánica es la ciencia del día (...) Una de dos: o tenemos que estudiar la mecánica o ser tributarios suyos (...) El estudio de la mecánica es casi tan necesario como el saber escribir (...) Si por nuestro atraso material no podemos construir máquinas aprendamos tan siquiera a manejarlas" ("La mecánica"). Ao pouco de que este chegara a estudar a Santiago, a Sociedade Económica organizara un Congreso Exposición Agrícola, en 1847 (Barral, 2009:6), ao que non dubidamos que acudira un
mozo curioso como Verea. Estes certames logo tiveron a súa máxima expresión nas exposicións universais, que foron os principais escaparates para amosar os avances científicos e tecnolóxicos que se estaban a dar nos países máis desenvolvidos. Desde a primeira celebrada en Londres en 1851, estes eventos rotaron polas capitais europeas, nomeadamente por París, ata que deron o salto atlántico aos Estados Unidos (Filadelfia, 1876), país referencia do desenvolvemento tecnolóxico naquel momento. Algún dos inventos de Verea fora premiado logo nun destes certames, de rango menor.
Viaxante infatigable, o estradense percorreu varios países de América ata que se instalou na Meca do progreso, New York, aínda que tiña un fondo sentimento anti-imperialista, pois entendía que o seu desenvolvemento se debía exclusivamente á emigración. Con anterioridade exercera de mestre e logo de xornalista. Cando foi director dun xornal materializou o seu primeiro enxeño: unha máquina para dobrar xornais. A maquinaria e os aparellos de recente invención eran a súa verdadeira
paixón, mesmo chegou a ser comerciante de maquinaria. Logo comezou a traballar na súa máquina de cálculo, cando era impresor e publicista. Como libre pensador e liberal de conciencia, e probablemente masón, tiña o seu ollo posto nas iniquidades, nas monarquías, nos dogmas, na especulación relixiosa e nos ditadores, a quen combatía coa pluma desde as súas publicacións: "Para mí todos los hombres nacen con los mismos derechos y medí siempre con la misma vara al monarca queal siervoyal humildequeal soberbio" ("Al público", 1888). O seu obxectivo semprefoi mellorar a condición da humanidade. É significativo que as dúas coroas que o acompañaron no seu enterro unha era do Partido Socialista Argentino, de quen era correlixionario (Vilanova, 1966: 775) e outra dun director dun xornal.
No seu haber quedaron algunhas novelas e unha herdanza material e inmaterial de envergadura, nomeadamente a súa máquina de cálculo, que hoxe está exposta nunha sala da sede central da IBM. As súas razóns terán para que o invento deste galego sexa elevado á categoría de fito...
Agradecemos as iniciativas como esta, e outras moitas, que está a levar a cabo o Foro Peinador para dar a coñecer o descoñecido, facendo cultura e país, co rescate como bandeira. E a Olimpio Arca pola súa interesante achega.

Biografía
Olimpio Arca Caldas
"A vosa vida cotiá é o voso templo e a vosa relixión"
Kahlil Gibran
A antiga parroquia de San Miguel de Curantes, noutros tempos anteriores a 1840 pertencente á xurisdición de Tabeirós e na actualidade ao concello de A Estrada, posúe, se facemos caso á tradición e ás opinións de persoeiros estudosos da nosa historia, posúe, digo, a singular circunstancia de ser a parroquia onde naceron dous importantes personaxes diametralmente opostos en canto ás crenzas relixiosas. Mentres no século XVII nace no lugar de As Pereiras don Juan Antonio Pereira y Somoza(1), xefe ou comisario da Santa Inquisición, dous séculos despois no lugar de Esmorís nace D. Ramón Silvestre Verea García, importante persoeiro que estudamos de seguido.
Remata o ano 1833, ano no que morre Fernando VII e no que se declara herdeira da coroa de España á súa filla Isabel II baixo a rexencia de María Cristina, e comeza a Primeira Guerra Carlista. No mesmo ano nacen: en Norrlad (Suecia), Alfredo Bernard Nobel, inventor da dinamita; e na illa de Cuba, o médico Carlos Juan Findlay, vencedor da febre amarela.
Once de decembro deste ano. Hai neve na Rocha e nos lugares do seu contorno: Nogueira, Pereiras, Fieitoso, Esmorís, todos eles da parroquia de Curantes. Na casa do matrimonio composto por Juan Verea Filloy e Florentina García de Porto, do lugar de Esmorís, hai rebumbio e intranquilidade. A señora Rosa de Olives, veterana parteira da bisbarra, chegara pola mañanciña na procura de botar unha man no difícil intre da chegada ao mundo dun novo herdeiro que levará na pía do bautismo o nome de Ramón Silvestre. Nos libros sacramentais da parroquia de San Miguel de Curantes, no libro número tres, folio 140-vto, atopamos o seguinte:
"En doce de diciembre del año de mil ocho cientos treinta y tres yo D. Francisco de Porto y Vila presbitero y vezino de esta parroquia de San Miguel de Curantes con lizencia de expresa de don Manuel Silvestre de Lago cura parroco de misma baptizé solemnentey puse los Santo Oleos dentro de la Yglesia parroquial de la misma feligresía a un niño que nació la noche antecedente hijo lexitimo y de lexitimo matrimonio de Juan Verea y su muger Florentina Garcia, abuelos paternos Pedro de Verea ahora difunto y su muger Maria Filloy vecinos unos y otros del lugar de Esmorís de esta parroquia de Curantes, abuelos maternos Jorxe Garcia y su muger Feliciana de Porto ahora difunta y vecinos del lugar de Frean de la parroquia de Santa Christina de Vinzeiro, puse al niño por nombre Ramón Silvestre fueron sus Padrinos yo el Ynfra escrito Cura, y mi sobrina Manuela de Cea y Lago soltera y residente en m¡ casa y compañía les advertíel parentesco espiritual y lo mas que previene el Ritual Romano y para que conste lo firmo con el Señor Cura = Manuel Silvestre de Lago (rubricado) Francisco de Porto y Vila (rubricado)."
RAMÓN SILVESTRE VEREA GARCÍA, pertence, pois ás familias: pola rama paterna,á de Pedro Verea e María Filloy, veciños do lugar de Esmorís e pola materna á de José García e Feliciana do Porto, veciños do lugar de Freán, da parroquia de Santa Cristina de Vinseiro. Esta última, avoa materna, ven sendo irmá do presbítero don Francisco. A familia Porto, do lugar de Freán, ten connotacións de relixiosidade (un dos seus membros fora crego anos atrás) e posuía un bo poder económico. Na aldea de Freáns atopamos ergueito un belido cruceiro ben traballado e conservado no que ollamos a seguinte inscrición:
<DEVOCIÓN DE FRCO. PORTO. AÑO 1746>
Sabemos por Pascual Madoz (1846-1850) que esta parroquia de Curantes tiña escola de primeiras letras cunha matrícula de 20 rapaces que pagaban ao mestre dous reais cada un. Cos antecedentes familiares expostos o neno Ramón, ademais de asistir a esa escola, había de recibir leccións do seu tío crego para unha posterior carreira.
Medra o neno rodeado dunha natureza rica en contrastes. Na ponte do Maimón sentirá a frescura da fermosa fervenza do río da ponte da Retorta. Alí daralle xeito, coas preparadas pólas de ameneiro, a sinxelos muíños xirando en serie nos regueiros do salto. Ó leste, o monte da Rocha, miradoiro de amplos horizontes sobre o val do Ulla, co Pico Sacro da Raiña Lupa apuntando ao ceo e ao sur o castro de Viladefonso, lendaria enigmática terra de mouros, hoxe silandeiro berce onde aniña a perdiz e cría o coello.
Rapaz lizgairo e ben dotado para o estudo, axiña destaca na escola e na montaxe de pequenos aparellos para os xogos infantís. Das leccións do seu tío medra nel un ideal de liberdade, constante que encherá toda a súa vida, que conformará o seu carácter e que lle ocasionará moitas veces unha manchea de mágoas.
Estudante en Santiago, con trece anos, naquela pensión dos parentes situada na ruela do Pexigo de Arriba, vive moi de preto aquelas lutuosas xornadas do mes de abril do 1846 nas rúas da cidade do Apóstolo. Estes tráxicos acontecementos, que rematan cos fusilamentos de Solís, Velasco, Ferrer e tantos outros progresistas en Carral o día 26, deixaron no mozo Ramón unha profunda crise espiritual. No ano 1848, cunha preparación axeitada, ingresa por desexo do seu tío no Seminario Conciliar daquela cidade coa intención de cursar a carreira sacerdotal. Non obstante, ese innato ideal de liberdade que tan enraizado estaba en Ramón vai ser un atranco, unha barreira infranqueable para os seus devezos xuvenís.
Permanece no seminario durante seis anos. Móstrase de contado como un magnífico alumno, ganando por oposición distintas becas: "becas de número", ou sexa, mediante oposición, e "becas de gracia", aquelas que se concedían segundo o bo expediente ou as necesidades económicas do alumno. No arquivo do seminario atopamos algunhas cualificacións e comportamentos do alumno Ramón Verea y García: No curso 1850-1851 en segundo ano de Filosofía con "beca de gracia", obtivo unha cualificación de "benemeritus". No curso seguinte, na materia de metafísica e filosofía, con moita aplicación e proveito, segundo a opinión do catedrático don Antonio Rodríguez Maceira, obtén a nota de "sobresaínte". No curso 1853-54, atopamos a nota da materia de segundo ano de hebreo, asinada coa cualificación de "benemeritus".
Nas vacacións de verán a súa paixón pola lectura lévao a escudriñar os poucos libros da biblioteca do seu padriño. Ó mesmo tempo, nun improvisado taller no alpendre da casa, dálle xeito aos distintos aparellos que a súa imaxinación matina e a súa habilidade manual dálle forma. Cursa os estudos correspondentes dende primeiro de filosofía ata segundo de teoloxía. En todos eles o seu espírito curioso tenta esculcar a razón primeira e as súas moitas interrogantes non atopan as axeitadas respostas nos seus mestres. No intre no que a súa fe vacila, un acontecemento persoal precipita o desenlace.
Moitos anos despois, na introdución ao seu libro "La razón y la fe y la religión universal", o mesmo Verea confesa o conflito que desencadeou a súa "liberación":
"Teniendo otro y yo que salir por causa de la quinta, el rector nos mandó que fueramos a pedirle permiso al arzobispo. Cuando volvimos se nos negó la entrada. Nos quejamos al prelado y este nos mandó al rector. El rector nos mandó al prelado. Y después de ir de Herodes a Pilatos, nos quedamos sin la becas que habíamos ganado por oposición. Lo sentí por el otro porque el pobre era un saco de fe y me alegré por m¡ viéndome libre de seguir una carrera que me parecía una carrera defalsedades".
Co pensamento que el mesmo expón anos despois: "Preferiendo lanzarse al mundo y ganar el pan con su trabajo honrado, dar algo en pago de lo que le diesen."
No ano 1855, con 22 anos de idade, embarca para Cuba. A súa maleta ía abarrotada dunha formación humanística e na capital da illa adícase ao ensino. Exerce de mestre na escola de Sagua la Grande, pequena urbe ao leste da cidade de Colón, ao mesmo tempo que se inicia no xornalismo. (Naquela mesma poboación, anos despois, outro prolífico xornalista galego de Muros, Cesar Augusto Cisneros Luces, dirixiría o xornal La Voz de Sagua.)
Pasa logo á cidade de Colón, na que publica as dúas primeiras novelas, traballa de redactor no xornal local Progreso e segue dedicado á ensinanza. Nesta poboación coñece a un empregado de telégrafos, asturiano de Villaviciosa, co que lle vai unir unha grande amizade, José Pérez Morris, sete anos máis novo que Verea. Por consello de este pasará ao periodismo e chegará a ser director do xornal Boletín MercantH, un dos mellores órganos de comunicación dos españois en Porto Rico.
Ramón non tiña horas de lecer, pois, como queira que as súas pretensións eran chegar a residir en Nova lorque, precisaba coñecer e dominar a lingua inglesa. E aínda lle quedaba tempo para dedicarllo ao seu "hobbi" favorito, a mecánica. Neste eido inventa un mecanismo para dobrar os xornais, trebello que pensa perfeccionar e patentar en Nova lorque.
Nestas datas, o seu primeiro biógrafo, o devandito Pérez Morris, preséntao como "Un joven de 28 años, alto, moreno, delgado de cintura y ancho de pecho, defrente despejada, de ojos vivos y inteligentes, de carácter alegre y decidido, inquieto y calavera".
Dez anos despois de chegar a Cuba, no 1865, remata a guerra de Secesión dos Estados Unidos, coa que desaparece a escravitude e morre asasinado o presidente Lincoln. Ramón matina que un pobo tan rico e libre debe de ser un bo asento para as súa ideas e pasa a Nova lorque. Nesta cidadedes empeñou con recoñecida autoridade a actividade de profesor de español nas mellores academias. O seu dominio do inglés, aprendido na illa caribeña, valeulle para que fose designado como tradutor público. Outra volta á afección e os
coñecementos da mecánica levárono a exercer como viaxante de maquinaria. Como queira que o perfeccionamento do seu "dobrador de xornais" dera bo resultado, tentou de patentar o invento. Custaba este proceso uns cartos que aínda non posuía e Verea rematou por vender o seu invento.
Dous anos despois volveu á cidade da Habana, onde tentou de establecerse como representante dunha casa de comisións para introducir maquinaria e aparatos de moderna invención. O proxecto, malia non chegar a producir os beneficios que Verea espera, serviulle para poder aforrar uns cartos, "pesos", e relacionarse con importantes casas de efectos de nova creación.
Verea, naqueles dous anos de estancia na gran cidade americana, tivera unha moi boa impresión e quedara con desexos de volver a ela. As cousas, os negocios marcharan bastante ben e, dono dun pequeno "capital", volve esperanzado á cidade dos rañaceos. Segue agora de corredor de comercio e a traballar de novo na súa máquina de cálculo. No ano 1875 establécese coa súa "Agencia Industrial para la Compra de Maquinaria y Efectos de Moderna Invención", traballo no que xa tiña unha boa experiencia.
Non obstante, en Verea o xornalismo agroma a cada intre e así no 1877 atopámolo dirixindo o xornal El Cronista. Ó ano seguinte, remata a súa máquina e o goberno americano concédelle patente de invención pola súa primeira máquina de cálculo.
Cos beneficios da súa axencia e coa venda dos seus inventos, no 1879 embarca rumbo a Galicia co desexo de coñecela un pouco mellor. Na súa aldea de Curantes todo segue igual, ningún adianto dende a súa nenez. As mesmas corredoiras lamaguentas, os mesmos agros dunha feble e cativa economía de subsistencia, traballados polas mulleres. Non obstante, o que s¡ cambiara fora o edificio da antiga igrexa parroquial. Unha nova edificación, máis ampla e esvelta e lanzal torre que mandara erguer o crego don Juan Antonio Carballo
entre os años 1851 e 1862. Este adianto non lle importaba nada ao noso persoeiro, quen ollándoa matinaba nos sacrificios e angurias dos seus veciños apreixadas naquelas pedras.
El só quería mergullarse no cariño dos seus, no reencontro coa terra.
A casa de Esmorís, da que xa faltaban seres queridos, cada día máis deteriorada, deixoulle un pouso de mágoa. En troques a vivenda dos avós maternos ofrecíalle un horizonte amplo ata aquel mar que ¿unía ou separaba as Américas? Sen embargo esta casa non lle tiña as lembranzas da súa nenez tan fortes coma as de Curantes. Volveu a sentir mágoa da mísera vida dos labregos galegos.
Desexaba coñecer a realidade cultural e económica da terra. Viaxa ata a cidade de Santiago que tantos recordos lle suxería. A rúa do Vilar estaba a recompoñer unha nova arquitectura con novas vivendas, agora sen os belidos soportais. Coa lembranza da súa xuventude naquela modesta e innominada pensión da ruela do Pexigo de Arriba, alóxase (28 reais diarios) na moderna Pensión Suiza, entre as rúas da Conga e Xelmírez.
Sentimentos encontrados agroman na súa memoria, recordos dos amigos de estudos Juan Canosa Grillé e José María Castro Cabada.
Non é quen de evitar a visita, por fora, daquel grande edifico do que tantos anos dubidara das ensinanzas recibidas. Visita Fonseca, o Hospital Real, a Facultade de Medicina, a de Filosofía e o xornal ElPaís. No seu percorrido pola cidade de A Coruña, onde desembarcara, tamén se interesa polos aconteceres culturais e políticos de España.
De volta aos Estados Unidos, na cidade de Nova lorque, no ano 1882 monta unha imprenta co nome de "El Polígloto", obradoiro no que fai traballos por encarga.
En xaneiro de 1884 funda e dirixe unha revista mensual ilustrada, El Progreso, que tira naquela imprenta. A súa liña editorial vai ser a defensa enérxica do libre pensamento. Neste senso tivo apaixonadas controversias con escritores ortodoxos e publicacións de tipo confesional.
A comezos do ano 1895, canso daquela cidade e descontento da política de intervención deCuba e Filipinas polo goberno ianqui, abandonou os Estados Unidos e marchou a Guatemala. O primeiro de febreiro daquel ano, El Progreso publicaba un artigo titulado "La partida del Jefe", do que subliñamos os seguintes parágrafos:
"D. Ramón Verea, el viejo veterano de la libertad política y de la emancipación de la conciencia, salió ayer para Guatemala por la vía de Colón en el vapor "Colombia" del Pacific Mail Line. Treinta años de estadía en Nueva York no pudieron asimilarlo al clima ni a las raras y muchas veces repugnates constumbres de este pueblo compuesto de elementos heterogéneos que en conjunto forman una manera de ser que poco o nada conserva de las de su origen. Y es que el clima, la sociedad, el ambiente y hasta la manera de vivir de este país son repulsivos a los que llevamos siempre en nuestra mente y en nuestro corazón las delicias de nuestras costumbres y los encantos de nuestras sociedades, expansivas, hospitalarias y henchidas de sincero afecto."
"A tierra de las nuestras va el viejo batallador, a batallar como siempre por cultos y por la subsistencia, pues sus largos años de rudas tareas en este centro de la brega y el sobresalto no le producían lo bastante para dejar satisfechas las larguezas de su liberal mano, y por tanto nunca pudo atesorar, cualidad que por ende repelen su caráctery sus sentimientos."
"En once años de lucha empeñada que sostuvo desde esta tribuna no falto más de dos días a la oficina: aquel en que una dolencia ocasionada por el clima le mantuvo en cama y en el que tuvo que ir a depositar en el lecho del descanso eterno a uno de sus mejores amigos.
Perenne, pues, fue durante la última década la tarea del esforzado propagandista."
Naquela república centroamericana foi recibido cos meirandes honores. O mesmo presidente, Sr. Reina Barros (1892-1898), dispensoulle un afectuoso recibimento. Estes agasallos chegaron a emocionar profundamente ao noso home, que escribiu:
"El día 17 de febrero (día da súa chegada) será para mí una fecha inolvidable. En mi ya larga existencia no he tenido un solo día parecido. S¡ algún día llegase a creer que mis rudos escritos valen algo, los guatemaltecos tendrán la culpa."
Como férreo defensor da razón e da verdade de España, moi pronto tivo que combater a moitos dos xefes desta república. Lembramos ao ministro de Instrucción da República, don Domingo Morais, demostrándolle que as eivas que viña padecendo Hispanoamérica non se lle podían atribuír a España como aquel ministro quería xustificar.
Noutra carta dirixida a Rafael Montúfar, fillo de D. Lorenzo Montúfary Rivera (1823-1898), ministro plenipotenciario de Guatemala en Madrid e candidato á presidencia desta república, corrixíalle os erros históricos que aquel poñía para insultar a España, patria do seu avó.
A política ditatorial que inicia o presidente Reina Barrios pouco despois da chegada de Verea non podía satisfacer o pensamento liberal de este, que abandona esta república de Guatemala un ano antes do asasinato de Reina a mans de Óscar Zollínger.
No ano 1897, Verea, solteiro e solitario, cunha larvada "morriña" que lle oprimía sentimentos íntimos, embarcou camiño de Bos Aires co desexo de afincarse definitivamente naquela cidade, onde había unha manchea de intelectuais galegos e na que vivían algúns parentes que ben poderían significar o descanso agarimoso do loitador, sempre só.
Neste mesmo ano e nesta mesma cidade morre o gran xornalista Cisneros Luces, que fundara El Gallego, segundo xornal rexional en América (lembremos que o primeiro deste xénero fora El Eco de Galicia, de Cuba, fundado polo estradense Waldo Álvarez Insua).
Co gallo da morte de Cisneros, Verea escribe unha carta na que agroma a mágoa de tantas decepcións ao longo da súa vida. Vexamos algúns parágrafos:
"El éxito siempre tuvo muchos cortesanos, pero ¡qué soledad tan pavorosa la del infortunio! ¡Cómo descorazona el ver que, cuando un hombre es arrollado por el oleaje de la vida, no encuentra quien le lance un cable salvador y sí muchos que le amenacen con el remo para endirle el cráneo! Carcajadas groseras, burlas soeces, difamaciones calumniosas, eso sí; amparo, alientos, simpatía, eso no. Moralmente nos ahogamos por falta de simpatía..."
Cando se refire a Cisneros, escribe:
"Era un pobre de dinero y un pobre de espíritu; estaba mal condicionado para la lucha de la existencia. Perseguía un ideal noble y carecía de medios materiales para realizarlo. Era un hombre bondadoso, lleno de fe y de esperanza. Me gustan esos caracteres. A veces podrán parecer ridículos, mas nunca son antipáticos. Hay un fondo de excelsa grandeza, algo que reconcilia con el mundo en esos niños con aspecto de hombres que tienen cultura, talento y aspiraciones superiores a sus fuerzas y de los que se dice: "ese no hará dinero nunca". Sí; hay algo que atrae irresistiblemente hacia esos soñadores. Su cabeza se pierde en las nubes; pero es porque son muy altos..."
Tamén aquí, nesta cidade de Bos Aires, comeza a publicar ElProgreso (xaneiro 1898). Nos intres en que se produce a intervención ianqui na guerra de Cuba, Verea García volve a escribir con enerxía e dureza en contra da intromisión destes filibusteiros do Norte no xornal bonaerense "La Patria Española".
Naquelas datas, na capital arxentina, baixo a dirección do galego Castro López, publicábase outro bo xornal: ElEco de Galicia. Nas súas páxinas déuselle a Verea García a benvida e fíxose unha ampla referencia ao seu importante labor. O noso personaxe agradeceulle nunha carta aquela xentileza.
Polo recordo que ten para a súa Galicia e pola amargura que amosa nela, transcribimos unhas liñas da mesma:
"El periódico de Vd. tiene para mí un encanto que ni yo soy capaz de explicar, ni puede comprender el que no haya pasado cuarenta años —la mayor parte entre gentes extrañas— lejos de la tierra donde vio la luz y se desarrolló su infancia. ¡Oh, cuántos recuerdos trae a m¡ mente ese Eco! Los montes que por un lado formaban horizonte; los frondosos valles que en lontananza se divisaban, por el otro; los miembros de la familia y amigos de la infancia, que ya no son; la primera mujer amada, queya no es; los sueños de una imaginación no helada por la experiencia, toda la mañana de la vida, en fin, destierra en mi memoria El Eco de Galicia, eco que sale del fondo de la tumba del pasado, tierra que ya no he de ver. Su galantería, joven compañero, es tanto más de apreciar cuanto que aquí la prensa en general me ha tratado con una descortesía nunca vista en mi larga carrera periodística..."
Verea García, aos dous anos da súa chegada a Bos Aires, unha afección pulmonar acabou coa súa vida. Unha vida sempre guiada pola verdade de libre pensamento e pola liberdade de conciencia. Aquel seis de febreiro do 1899, apagouse para sempre a vela daquel xenio nacido sesenta e seis anos antes na parroquia de San Miguel de Curantes, concello da Estrada. As súas cinzas repousan, anonimamente, no cemiterio bonaerense do Oeste.
O xornal El Eco de Galicia da a nova do seu pasamento. A súa personalidade merécelle o cualificativo de "home tremendamente honrado no seu pensamento e na súa vida". E aclara que despois de tantos inventos e trabaIlos morreu pobrísimo. No seu acompañamento figuraban, principalmente, xornalistas e dúas coroas, unha do partido socialista e outra do xornal de Castro López. Pronunciaron sentidas palabraso mesmo Castro López e os señores D. Juan Domenech e Pascual Guagliano, que cualificaron a Verea García como "apóstol e mártir".
O mesmo xornal, con data 28 de febreiro daquel ano, dá novas das que entresacamos o seguinte xuízo acerca da personalidade de Verea:
"Ramón Verea, después de haber residido unos dos años en Centroamérica, festejado y aplaudido por los partidos liberais, estableciose hace pocos meses en Buenos Aires, y aquí publica El Progreso, periódico decenal. Escritor eminentemente revolucionario, tiene muchos adversarios; pero la sinceridad con que difunde sus ideales, ideales de avance, hace que le respeten todos los hombres dignos; y por su inteligencia y por sus obras, será siempre honra de su patria."
Esta publicación volve a lembralo no primeiro aniversario do seu pasamento e lanza acusacións, pola indebida ignorancia, en contra doutros xornais que non deron novas dun "homegalego, honra da terra galega".
NOTAS:
(1) Segundo don Manuel Reimóndez Portela no seu libro "A Estrada rural", no lugar das Pereiras queda en pé unha casa cun escudo que nos mostra unha cara coa seguinte inscrición: "D. Juan Antonio Pereira y Somoza aquí nació y se crió Comisario de la Santa Inquisición y A-D. Sn. Miguel D (unha palabra ilexible), ano 177.. (ilexible a última cifra)".
(2) No intre do pasamento de Cisnero Luces, un comerciante galego, cáseque analfabeto e enriquecido á conta dos seus poucos escrúpulos, seica comentou: "un atorrante menos".

Escritor e xornalista
Olimpio Arca Caldas
Ramón S. Verea García, á súa chegada á illa de Cuba, pasa unhas xornadas na Habana e asiste a un centro de inglés, pois era o seu devezo de sempre dominar a lingua de Shakespeare. Posteriormente trasládase á cidade de Sagua la Grande, centro de produción de azucre e salinas onde exerce como mestre de escola. Co fin de encher as horas de lecer que lle deixa o ensino, comeza a súa carreira literaria.
Abandona esta urbe e establécese na cidade de Colón, xa no interior da illa. Publicábase alí o folletín Progreso, xornal que tiña poucos lectores e moitas dificultades económicas. Nas páxinas deste xornal aparece a primeira das súas novelas, La cruz de piedra, cun enxeñoso e orixinal argumento e escrita cun elevado estilo e vivacidade. Esta obriña foi un importante revulsivo que fixo aumentar o número de lectores do xornal. Diante desta situación, os donos do mesmo propuxéronlle unhas boas condicións económicas. No ano 1862 Verea fíxose cargo da dirección e redacción da devandita publicación. Nesta tarefa, que tanto lle gusta, fai de todo, traballa arreo como redactor, corrector de probas e incluso de caixista.
Unha nova obra de Verea enche aquelas follas, La mujer con dos maridos, interesante novela rica en imaxes de depurado estilo pero demasiado atrevida encol dos principios da moral católica que estudara nos seus anos mozos e, tamén, a mesma que profesaba aquela sociedade cubana. Aumentaron os subscritores do xornal pero non en número suficiente para que o seu bo facer literario e xornalístico lle proporcionara unha vida sen apuros económicos.
No ano 1865 emprende camiño cara o lugar que sempre que lle tirou, Nova lorque. Naquela urbe publicábase un xornal en español. Este xornal, o primeiro editado en Estados Unidos en castelán, fora fundado no ano 1842 polo galego Antonio Javier San Martín, co nome La Crónica. Cando na cidade da Habana morre en duelo Araújo de Lira, director do xornal La Marina, San Martín trasládase a aquela capital para facerse cargo dese xornal e nomea director de La Crónica ao ferrolán Manuel Peña y Cajigal. Será despois José Ferrer de Couto, escritor e xornalista, nado en Ferrol no ano 1830, quen adquiriría en propiedade o devandito xornal. Certos intereses políticos puxéronlle atrancos ao novo propietario, que houbo de trocar esta publicación por outra co nome de El Cronista, publicación que defendía os intereses de España.
Tamén Verea García, defensor da grande achega cultural de España en América, traballa como redactor nesta publicación, e cando no ano 1877 morre, en estrañas circunstancias, Ferrer de Couto, será Verea quen se poña ao fronte da publicación.
Á volta da súa viaxe de Galicia no ano 1882, diríxese a Estados Unidos. Establécese na cidade de Nova lorque, rúa Anne Street 21-29, ao fronte dunha moderna imprenta á que bautiza co fantasioso nome de "El Polígloto (Imprenta Española y Extranjera)".
Neste obradoiro elabora diversos traballos por encarga: traducións e impresións de todas clases, gravados en madeira e metal, fotogravados de retratos, debuxos e documentos. Así mesmo, compra prensas, tipos e outros útiles de imprenta e litografía.
Dous anos despois saca do prelo un xornal co nome de El Progreso ("Revista quincenal, de dieciseis páginas y cubierta"), en lembranza daquel outro xornal que d¡rixira, anos atrás na cidade cubana de Colón. Xornal que moi pronto alcanza unha importante difusión non só nos países americanos de fala española, senón tamén nos mesmos Estados Unidos. Os máis de cento cincuenta axentes espallados polo continente americano son os encargados de buscar aos subscritores.
O xornal subsiste en exclusiva polas achegas dos subscritores e pola venda nos quioscos, pois, como consta nas follas de propaganda do mesmo, non admitía nin anuncios nin subvencións. As características que o definen: independente en política, librepensador en todo.
Verea sente a necesidade de loitar polo avance social, por desterrar a ignorancia, os vicios e os fanatismos, e en xaneiro do 1884 funda e dirixe unha nova revista, agora mensual eilustrada (mecánica, inventos, política, relixión) co mesmo nome que o xornal, ElProgreso.
Como a editora é da súa propiedade, Verea convértese nun xornalista fogoso, fustrigador de todos os moitos vicios que agochaba aquela sociedade. A súa pluma, sagaz, directa, non descansa na denuncia de situacións corrompidas.
Escritor de pensamento republicano, critica as monarquías: "El Rey ha pasado de moda en los países civilizados. Conserva el nombre, pero ha sido despojado de las bárbaras facultades que había asumido. El que antes gobernaba a su arbitrio por derecho divino, se contenta hoy con gobernar por la voluntad nacional, sujeto a una constitución. El poder que antes se suponía venir de arriba, se descubrió ahora que viene de abajo. Los árboles no están prendidos a la atmosfera por las ramas; lo están a la tierra por las raíces. No crecen de arriba para abajo, sino de abajo para arriba. Los reyes, aunque malas, son plantas políticas y crecen como las otras".
Defende con sinceridade e brillantez os ideais de liberdade e avance; pide igualdade para a muller; escribe artigos dos máis variados temas e comeza unha longa tarefa para rexeitar a todos os seus detractores, que axiña agroman por todas partes, no tema relixioso.
Durante o ano 1885 rexeita os artigos que dende a Habana escribe Federico Páez de Jaramillo encol da necesidade de España para formar un exército permanente. Defensor acérrimo do libre pensamento, nos ano 1886-87 sostivo públicas polémicas co Dr. Enrique Ma de Castro, vicario de Valencia (Venezuela); con Julián Savón, director da revista espírita La Nueva Alianza, de Cienfuegos (Cuba); co Dr. José Ma Lozano de Monterrey (México), co gallo da crítica que fixo este á obra de Camio Flamarión, La vida universal, etc. Así mismo trabou fondas discusións filosóficas e teolóxicas cos xornais: La Verdad de Ciudad Victoria (México); Revista Católica, de Nueva México, e El Católico, de Guadalajara (México).
Con artigos publicados nesta revista nos anos 18841885, saca do prelo no ano 1890 o libro titulado Contra el altaryel trono. Un ano despois, con artigos entre os anos 1886-1887, publica o volume La religión universal, con máis de trescentas páxinas, editado na Habana e en Bos Aires. Nestas mesmas datas escribe Catecismo librepensador o cartas a un campesino e La religión al alcance de todos.
Con motivo do artigo "El contrabando", no que Verea denuncia certas manobras dos empregados da cámara de comercio española de Nova lorque, no ano 1888, un xornalista ex amigo del, José G. García, director do xornal editado na mesma cidade americanae titulado Las Novedades, arremete con tales infamias contra Verea que este, amais de contestarlle con sólidos argumentos, sente a necesidade de poñelo en coñecemento dos lectores (ler máis adiante, na escolma de artigos, o texto titulado "Al público").
Durante a súa permanencia en Guatemala escrebe "La defensa de España", na que defende a nosa patria das censuras do historiador inglés Enrique Tomas Bluckle, librepensador e radical que no seu libro Historia de Carlos /difamaba a política española en Ultramar.
Outro dos seus alegatos é "La cuestión de Cuba", no que compara a Cuba con Centroamérica para demostrar que a illa está máis civilizada e chega a profetizar que Cuba, libre da tutela de España, nunca chegará a ser independente mentres non se libre da servidume dos Estados Unidos.
Lembramos tamén a carta "La cuestión de Venezuela", na que analiza e proba que a intromisión do presidente de Estados Unidos, Cleveland, na cuestión fronteiriza venezolana, obedecía a un plan político de expansión, segundo as doutrinas de Monroe. En "América para los
americanos" explica dun xeito festivo que eses americanos son os indios e non os blancos. Estas catro cartas foron publicadas en Guatemala no ano 1897.

Inauguración do monumento a Ramón Verea en Curantes
Publicacións
php.Element.Def.Pdf_Fallback
|
php.Element.Def.Pdf_Fallback
|