Casa de Barcia en San Miguel de Cora
José Manuel Bértolo Ballesteros e Luís Ferro Pego
No lugar de Piñeiro da parroquia de San Miguel de Cora áchase unha casa coñecida como “casa de Barcia”. Trátase dunha casa grande en forma de L con planta baixa e superior e a seu carón un lagar e horta de 21 ferrados. Na súa fachada hai un escudo que nos remite á familia “Fernández de Ávila e de la Cueva” e sobre o lintel da porta que dá acceso á planta baixa, unha fornela que daba acubillo a unha figura feminina con gargantilla punteada e flores-conchas na súa parte inferior, feita en granito, que de algunha maneira rogaría polo benestar dos habitantes da casa (ao estilo dos lares e manes clásicos). Nas súas orixes a Casa de Barcia pertenceu a unha familia de escribáns, oficio que hoxe desempeñan os notarios. Nos primeiros anos do século XVII vivía en Cora o escribán Domingo Núñez de Cardecid, fillo do escribán Pedro Núñez de Cardecid e de Helena Alonso, veciños de Caldas de Cuntis, e neto por vía paterna do escribán Nuno de Cardecid e de María Castro. Domingo casou en 1625 con María do Campo Gulías, filla do tamén escribán Domingo do Campo Magán e de Xoana Gulías, da casa de Lerce en Castrelos (Forcarei) e cuñada do escribán Xoán Rodríguez Daleira, o fundador da casa de Os Muros en Parada. Tiveron dous fi llos: María que casou con Gabriel Gosende, escribán de Cerdedo e da familia do Padre Sarmiento, e Xacobo Núñez que sucedeu a seu pai no oficio de escribán e casou con Sabela Núñez Varela de Va amonde, irmá do cura de Cora. Tiveron tres fillos, dos que Sabela casou co tamén escribán de A Estrada, don Xoán Ambrosio de la Peña Soutomaior que pertencía á Casa grande de San Paio de Figueroa ou dos Sangro. A Xacobo sucedeulle no oficio de escribán o seu fillo Pedro Núñez que casou en 1707 cunha sobriña dos donos do pazo de Aguións chamada Bieita Riveira Soutomaior. Logo en 1713 Pedro casou de novo coa pontevedresa Ma Inés Fernández de Ávila e de la Cueva, e tiveron un fillo.
Pero en 1727 e aos sete meses de quedar viúva, Ma Inés casou de novo con Xoán Barcia e Andrade, que había 21 días que fora confirmado como escribán en Cora. E é así como a partir deste momento a casa é coñecida como casa de Barcia. Tiveron tres fillos, un dos cales, Nicolás Barcia (17321816), foi escribán en Rianxo, onde casou con Rosa Ferraces Pastor, sendo pais de trece fillos. Un deles, Xoán Ramón Barcia, foi médico e catedrático da Universidade de Santiago, iniciando unha saga (sete xeracións) de eminentes médicos chamados todos Xoán Barcia, polo que entraron no libro Guinness dos Récords. Un deles foi tamén escritor e autor da poesía “A virxe de Aranzazu” (sobre unha nena de St° Cristina de Vea, que pensaron que a comera o lobo, e os pais acudiron á Virxe e a nena apareceu viva e sa acariñando un lobo morto a seus pés) e autor da letra oficial do Apóstolo que comeza “Santo adalid patrón de las Españas”. Outro desta familia é o bailarín Nacho Duato Barcia. Outra filla, Rosa Barcia Ferraces, casada con Andrés Martínez Calvelo, foi a herdeira da casa, polo que a partir de agora os seus donos levan o apelido Martínez. Así chegamos á actual dona é Ma Elvira Basteiro Martínez, descendente pois de Xoán Barcia e de Inés Fernández de Avila e de la Cueva, que casou con Xesús Codesido Lorenzo, natural de Souto de Vea, polo que os seus fillos, Orlando, Ma Xesús e Xosé Ramón levan os apelidos Codesido Basteiro.