Pardemarín
Clara Iglesias Corizo
- PARDEMARÍN: trátase dun topónimo formado por dous elementos. O primeiro deles é o lexema parde-, que procede do latín PARIETEM, ”parede”; e, a continuación, -marín, que deriva de MARINI, xenitivo do antropónimo latino MARINUS. Polo tanto, o significado sería “ parede de Marinus”. É frecuente na toponimia galega a aparición do substantivo parede, que alude normalmente aos restos dalgunha antiga construción.
- A BREA: *brea é pronuncia vulgar do substantivo común verea, coa perda da vogal pretónica, igual que acontece en *frida ou *dreito, en lugar de ferida ou dereito. Verea deriva do latín vulgar VEREDAM, “ruta, camiño”, vocábulo que á súa vez procede tamén do latín VEREDUS,“cabalo de viaxe”. Normalmente este topónimo, moi frecuente no noso país, fai referencia a camiños antigamente moi transitados, é dicir, importantes vías de comunicación. Co tempo, moitos deles foron perdendo a súa importancia, substituídos por novas estradas, de forma que na actualidade o significado que recollen os dicionarios para este substantivo é “camiño estreito, formado comunmente polo paso da xente e do gando”. Para respectar a etimoloxía, este topónimo debería grafarse con v, no canto de b.
- CASTRELO DE ABAIXO / DE ARRIBA: é diminutivo de castro, é dicir “castro pequeno”. Deriva do latín CASTRUM, “cidade alta e fortificada”, que é o nome que os romanos lles deron aos asentamentos en que vivían desde a Idade do Ferro os antigos poboadores do territorio da Galiza. Os dous lugares chamados Castrelo levan a especificación “de abaixo” e “de arriba” segundo a súa situación orográfica.
- GOLFARIZ: trátase dun topónimo de posesor, derivado do sintagma VILLAM UULFARICI, xenitivo do antropónimo xermánico Uulfaricus.
- O MESADOIRO: posibelmente o topónimo se refira á orografía do terreo, co lexema mesa, derivado do latín MENSAM, co significado de “lugar elevado e plano, meseta”, tal e como aparece en numerosas ocasións na toponimia galega. Resulta difícil explicar o sentido do sufixo –doiro, que acostuma a ter valor de lugar (mirar>miradoiro) ou de instrumento (muxir>muxidoira); ademais adoita utilizarse para derivar substantivos a partir de verbos, como acontece nos exemplos citados. Porén, neste caso a palabra base, mesa, non é un verbo. Existe, segundo puidemos ver nalgún dicionario o verbo mesar, cuxo significado é “recoller o froito”; mais non lle encontramos moito sentido a esta opción. No entanto, o significado orográfico correspóndese moi ben coa situación do lugar, xa que a aldea está situada nunha planicie elevada e rodeada de montañas polo parte oeste, e sobre todo polo sur e o leste.
- PARADA: é un topónimo moi abundante no noso país e o seu significado ten que ver coa orografía; os numerosísimos Parada e Paradela galegos adoitan sinalar lugares de descanso orográfico, xeralmente situados ao final dun terreo costento ou nun lugar onde os antigos viandantes adoitaban facer un alto e prepararse para continuar camiño. Parada deriva do latín PARATAM, participio pasado do verbo PARARE, “preparar, dispoñer”, que en latín vulgar adquiriu o significado actual de “deter”.
- PIÑEIRO: trátase dun substantivo que pertence ao léxico común; este nome de árbore deriva do latín vulgar PINARIUM, procedente, á súa vez, do clásico PINUM.
Pardemarín (Santa Baia)
Manuel Reimóndez Portela
Parroquia á que non se lle coñece outro nome desde que aparece como tal.
Pertence á zona aue leva o seu nome (zona de Pardemarín) composta ademais polas freguesías de Lamas, Rubín, Olives e Curantes.
Esta parroquia sitúase nun fermoso val cunha ampla visibilidade cara ao norte por terras lindantes, Lamas, Rubín co Foxo, o Pico Sacro e terras compostelás e de Lavacoia. Os veciños din que en días claros dende as Manariñas se ven aterrar os avións. Polos demais aires rodéaa unha cadea de montañas que lindan polo leste e sur con Forcarei. Non sendo polo norte os montes protéxena deses aires.
LINDES: polo norte ten a Olives e Lamas, polo sur Seoane e lugar de Espiñeiros, de Forcarei, Vinseiro e Ribela, polo leste Olives e polo oeste Vinseiro e Lamas.
Polo que respecta ao seu nome correspóndelle o número 35 e por razón da súa extensión ten o lugar 20 con 510 hectáreas. Tiña 310 habitantes e agora ten 225 (homes,106; mulleres, 119).
Os lugares que compoñen a parroquia son:

COMUNICACIÓNS: trátase dunha parroquia ben comunicada desde que se fixo alí a concentración parcelaria, por vías asfaltadas únese por Lamas e Rubín e ao Foxo para achegarse á estrada nacional Chapa-Carril, e senón ás veciñas Olives e Curantes.
Tamén se chega por elas ás lindantes Santa Cristina de Vinseiro cara á Estrada, ou tamén dando volta cara a Forcarei. Abriuse unha nova estrada, da Brea á recta de Carráns conectando coa estrada de Vinseiro a Forcarei (anteriormente un camiño), aberta polos veciños. Outra boa vía de comunicación nova é a que vai da Brea a San Martiño, na veciña parroquia de Vinseiro (en zahorra). Outra nova é a que vai de Castrelo de Arriba ata o alto do monte de Castrelo asfaltada, e logo despois vai de terra a Espiñeiros, onde enlaza coa estrada de Seoane a Espiñeiros, Valadares, os Compós e Sarrao a Umia e Graña de Umia enlazando coa de Silleda-Forcarei.
Ten ademais camiños que se van convertendo en pistas para chegar aos montes da redonda.
Camiño real: o camiño real de Pardemarín viña de Forcarei entrando aquí pola chamada Cruz de Couto (onde había por suposto un cruceiro do que dá fe Varela Castro dicindo que estaba moi deteriorado) no linde co concello de Forcarei. Baixando xusto por diante da igrexa parroquial, percorrendo Pardemarín de sur a norte, cara a Lamas e de alí polo Foxo. Chámanlle os veciños, aínda, camiño real.
HIDROGRAFÍA: son bastantes os regueiros ou máis ben pequenos regatos na parroquia que baixando dos montes do sur e leste corren cara ao val ao norte.
Regueiro da Rega, nace na Rega, lugar da Brea pasa pola Brea e pérdese no foxo que vai a Sanlouzáns. O das Cortellas vén do Campo das Toupas e pérdese no lugar de Golfarís.
O regueiro de monte Paseiro, que nace en Campolongo de Pardemarín, ten un pequeno afluente que lle chaman Rega de Fontecova que nace na fonte de Nogalla no monte Paseiro e vai ao río de Rubín seguindo por Callobre ao Liñares.
O regueiro de Serpentín pérdese tamén en prados de Golfarís.
No monte de Mesadoiro nace o regueiro da Rega dos Malatos e mais na Rega da Cruz únese ao de Porta Viocobo na ponte de Abeleira.
O regueiro de Sete Fontes en Castrelo nace no Gorgullón e vai a Parada, con outro que nace en Nevás e vai ao mesmo lugar.
PONTES: son pequenas pontes, máis ben pontellas... sobre o regato de porta Viacobo; ten... o do mesmo nome deste lugar, máis arriba sobre do mesmo a de Portadevesa. A ponte de Sanlouzáns, a de Gullufe a de Vidal está caída, neses lugares e tamén no mesmo regueiro.
Tendo ademais as de Parada, Portamiñoto e a ponte de Sobrado.
FONTES: temos a do lugar de Parada. A de Golfaríz. A do Prado en Piñeiro, que está caída, a da Braña na Brea. A do Inferniño no Mesadoiro... fai honra ao sitio alá no fondo, ao que se chega e sae con moitas dificultades. A de Fixón en Castrelo de Abaixo. A chamada A Fonte no lugar do mesmo nome en Castrelo de Arriba e fonte do Castro tamén en Parada.
OROGRAFÍA: xa dixemos que unha verdadeira cordilleira de montañas rodea a parroquia pola parte oeste e sobre todo polo sur e o leste, abríndose en terras con lixeira pendente cara ao norte formado o val de Pardemarín.
PAISAXE: tamén xa apuntamos a fermosura da paisaxe desde Pardemarín, que se ve desde o val. Se nos achegamos ás alturas do monte de Golfaríz, ou mellor á Cruz do Couto, amplíase moito a visibilidade cara a terras moi afastadas de Cuntis ou incluso Padrón e tamén cando o horizonte está ben despexado, se pode ver o mesmo mar pola ría de Cambados.
MÁMOAS: atópanse en terras de Pardemarín na actualidade as seguintes mámoas:
A de Campolongo, na montaña que linda coa parroquia de Vinseiro subindo por unha pista á cima (dirección sur partindo de Golfaríz) e antes de chegar á estrada que vai a Forcarei vindo de Codeseda, sóbese un pouco polo monte á esquerda (uns 150 metros) e alí está Campolongo preto do monte chamado Carboeiro.
Xa postos na pista en cuestión, en vez de coller cara á esquerda hai que apartar cara á dereita monte arriba uns 300 metros, alí vense dúas mámoas xa desfeitas como a antedita, pasa un camiño entre elas,a da esquerda xa pertence á parroquia de Vinseiro, esta dita pista destruíu parte dela, existindo tamén unhas pedras que seguen case en círculo. O monte onde se atopan chámase da Cima da Rega e o sitio xusto "As Mamoíñas".
PEDRAS: a chamada Pedra Deitada e as Pías preto da fonte Cova no monte de Golfaríz.
Outras pedras moi importantes son os cruceiros que aínda se atopan en pé nesta parroquia, que é a que máis ten na actualidade no concello. Son os seguintes:
1 situación: parroquia de Pardemarín, entre uns carballos fronte á entrada do adro da igrexa. Foi cambiado para o centro do adro uns metros máis cara á fachada.
Descricións: plataforma con catro chanzos. Pedestal: sección cadrada, máis alto que ancho. Columna: comeza cadrada e segue exagonal. Capitel: redondo con catro querubíns e volutas. Cruz: latina de sección octogonal, lisa. Anverso, Cristo crucificado coa cabeza caída cara á dereita; reverso, Inmaculada orando. Altura: dereita de 3 a 4 metros.
Inscricións: non se aprecian
Conservación: boa.
Tradición: lémbrase sempre no sitio que hoxe ocupa.
Propiedade: pública.
2 Situación: parroquia de Pardemarín, lugar de Castrelo de Abaixo, enriba dun valo a carón da casa dos seus propietarios.
Descrición: plataforma: non ten. Pedestal: cúbico, liso. Columna: octogonal. Capitel: redondo con enfeites. Cruz: brazos de sección cadrada, latina. Anverso: Cristo crucificado, cabeza á dereita; reverso, Inmaculada. Altura: menos de 3 metros.
Inscrición: non se observan.
Conservación: boa.
Tradición: Non se saben datos del nin os propietarios nin os veciños.
Propiedade: casa de Camilo da cruz.
3 Situación: parroquia de Pardemarín, lugar de Castrelo de Arriba, no centro do lugar, rodeado de camiños, hoxe pistas.
Descrición: plataforma: tres chanzos. Pedestal: cuadrangular, alongado, cunha cruz gravada en cada unha das caras laterais. Columna: octogonal, comeza e remata cadrada. Capitel: cuadrangular, con volutas, en moi mal estado (rodeado por cavilla de ferro. Cruz: tipo latino, octogonal. Anverso: Cristo crucificado, cabeza inclinada á dereita, Reverso: Inmaculada. Altura: de 3 a 4 metros.
Inscricións: non se observan.
Conservación: mala
Tradición: ergueito á beira do camiño da igrexa, onde se facía unha parada para rezar ao paso dos mortos.
Propiedade: pública.
4 situación: parroquia de Pardemarín, lugar de Parada, no centro mesmo, rodeado de pistas, antes camiños veciñais.
Descrición: plataforma: catro chanzos. Pedestal: cúbico, liso. Columna: comeza de sección cadrada e segue exagonal; en cada cara de base cadrada presenta emblemas da Paixón. Capitel: cuadrangular con volutas e catro querubíns. Cruz: tipo latino, espiñenta. Anverso:, Cristo crucificado, testa inclinada á dereita; reverso, Inmaculada coas mans cruzadas sobre o peito. Altura: uns 4 metros.
Inscricións: non se observan.
Conservación: boa, agás a plataforma.
Tradición: lémbrano de sempre no mesmo sitio.
Propiedade: pública
No lugar de Castrelo de Arriba, pousada nunha esquina dun cuberto a carón da pista, hai unha cruz de pedra fermosa e poida que moi antiga; ten por un lado a Cristo crucificado e polo outro un Santo Antón. É de propiedade particular.
Unha cruz no lugar da estrada de Castrelo a Parada, onda a casa do Morano. Houbo unha cruz que dividía as parroquias de Lamas e de Pardemañn, no Rodo.
Outra grande e moderna (feita en formigón), situada no alto do castro de Olives está entre Olives e Pardemarín; os veciños din que marca o límite entre parroquias.
HISTORIA: Jerónimo del Hoyo: en 1607 dinos:
"Santa Baia de Pardemarín. Anexo de Santa María de Olives.
Hai en esta felegresía de Santa Baia treinta feligreses. Los frutos se hacen 2 partes la una y el desmero lleva el cura con los lugares del iglesario, la otra la dignidad argobispal. La cura es presentación de legos. La fábrica tiene de renta cinco ferrados deíenteo y quatro cabegas de vacas".
Catastro de Ensenada: neste catastro atópanse interesantes datos da parroquia, véxase a parte dedicada a el onde fala do couto ou xurisdición de Tabeirós, ao que pertencía Pardemarín con outras moitas parroquias que seguen sendo hoxe do concello.
Di Pascual Madoz: no seu gran dicionario (1846-50):
"Pardemarín (Santa Eulalia), feligresía de la provincia de Pontevedra (7leg.) partido judicial de Tabeirós, diócesis de Santiago
(5), ayuntamiento de La Estrada (1). Situada en la falda septentrional del monte Arnao a cuya cúspide se sube desde el pueblo por una gran cuesta. El clima es frío pero sano y los aires del N. y NO. Tiene 100 casas en las aldeas de Brea, Castrelo, Golfariz, Mesadoiro, Parada y Piñeiro y escuela de primeras letras frecuentadas por 24 niños de ambos sexos que dan al maestro cierta cantidad de grano. La Iglesia parroquial (Santa Eulalia) es aneja a la de Santa Marfa de Olives. Confina el término N. Meavia.
E. Rivela, S. Vinseiro y O. Olives.
El terreno es arcilloso y de mediana calidad, le fertilizan dos pequeños caudales que desde la cumbre del Arnao se desculegan a derechas e izquierda del lugar donde está la parroquia y corren de
S. a N. para incorporarse al río Lamas. Dicho monte se halla muy poblado de robles y castaños y cría esquisitos pastos. El correo se recibe de La Estrada. Atraviesa por esta parroquia el camino que desde Santiago va al Carballino, Ribadavia y Rivero, su estado es malo. Produce trigo, maíz, centeno, castañas, patatas y lino, se cría ganado vacuno, mular, de cerda, lanar y cabrío, mucha caza de liebres, conejos y perdices y alguna pesca menuda.
Industria: La agrícola, un molino harinero y telares de lienzos ordinarios.
Población: 100 vecinos y 400 almas.
Población: No censo do ano 1924 tiña 435 habitantes.
Tamén di Álvarez Limeses en 1936:
"Pardemarín (Santa Eulalia). Dista 48 kilómetros de Pontevedra y 8 de la Estrada y limita por el N. con la parroquia de Olives de la cual es anexo, por el S. con la de Meavía en Forcarei, por el E. con Gestoso en Silleda y por el O. con Vinseiro.
Entidades: Castrelo de Abajo con 56 habitantes, Castrelo de Arriba 68, Golfariz 45, Mexadoiro 76, Outeiro 9, Parada 124, Piñeiro 47, diseminados 20 que suman en conjunto 445 habitantes para los que hay dos escuelas unitarias una de ellas situadas en Lamas cabeza de distrito escolar.
Está situada en la parte alta del valle de Tabeirós en una estribación del monte de la Rocha cuyas alturas principales en ellas reciben el nombre de Brea y Parride y pasa entre esta parroquia y la de Lamas un arroyo llamado Gallufe. No la cruza ninguna carretera pero está en proyecto una a enlazar con la de La Estrada a Forcarei también proyectada.
Esta parroquia y la de Lamas están enclavadas en el camino real del que aún existen algunos trozos que conducía a los peregrinos desde Orense a Santiago por el antiguo puente de Sarandón.
Hay algunos molinos harineros y un comercio de especies varias. Sus principales fiestas son la patronal y la de Nuestra Señora del Carmen."
IGREXA PARROQUIAL: ten a portada alintelada recercada de moldura refundida con clave marcada e liña de imposta que percorre a fachada.
Sobre ela ornacina de arco semicircular, remata coa espadana central de dobre van. Muros laterais lisos con cornixa moldurada.
Sancristía achegada ao muro sur.
OS SÍMBOLOS SACROS DENDE O ALTO BENDÍN OS PARROQUIANOS
Capela latéral sur con cornixa baquetoneada e portada que repite a semellanza principal.
É de estilo barroco restaurado, ten unha interesante escultura da Virxe do leite e entre o mobiliario ten a cruz parroquial e a naveta (para o incensario) de prata, imaxe do Carme de Colmenero. Ten unha interesantísima pía bautismal románica que está facendo de altar.
Botóuselle o tellado no ano 2002 e a madeira das campás en 2003.
Inscrición Campás: campá grande: JHS MARIA Y JOSÉ AÑO DE 1903, FUNDIDA POR ]. LISTE EN ORAZO (Diámetro 0'80m. ) Campá peguena:JHS STA. BÁRBARA, M "JP" STA. EULALIA DE PARDEMARÍN, SIENDO ABAD D. GONZALO...N...I...EU...E...S 1780 (Diámetro 0"62 m.)
FESTAS: ten por patroa Pardemarín a Santa Baia e celébrase a súa festa o día 10 de decembro, o día 11 é o Santo Antón. Nosa Sra. do Carme o día 16 de xullo e o Corpus.
INDUSTRIA: non ten industrias importantes a parroquia. Os muíños de regueiro (moitos deles desfeitos) son:
O de Montoiro, o do Medio, o de Vidal, o de Puza, o de Baixo, e o Sueiro no regato de Portaviacobo.
Atópase tamén algún muíño no lugar de Parada, o da Veiga Grande.
Fíxose un serradoiro de pedra e un taller de mecánica de obras públicas.
COMERCIO: os montes están replantados de novo con piñeiros e castiñeiros.
CENTROS CULTURAIS: o Teleclub (antiga escola) foi construción dos emigrados. As escolas están facendo de vivenda.
ENSINO: os rapaces da parroquia van ao CEIP do Foxo en Rubín, non teñen escola de Preescolar.
ASOCIACIÓN CULTURAL: teñen en Pardemarfn unha importante asociadón cultural, é dicir os antigos "Teleclubs", celebra actos culturais e unha semana cultural moi importante cada ano, chámase da "Farrapiña" e mantén viva na parroquia a ilusión do saber grazas a uns poucos veciños que se atopan ao fronte dela.
DEPORTES: a caza é o verdadeiro deporte desta parroquia e das veciñas pois os amplos montes do redor ofrécenlles aos da escopeta perdices e coellos, as lebres foron desaparecendo.
SANIDADE, ECONOMÍA, VIVIENDA, etc... Teñen un médico da Seguridade Social no Foxo e agora sobre todo acoden aos servizos do ambulatorio da vila, con algunhas especialidades e atención ás urxencias.
Economicamente viven os veciños da agricultura e da gandería, en especial a venda de leite de vaca. Destaca por ter explotacións gandeiras grandes.
A vivenda mellorou moito con servizos hixiénicos, auga corrente e luz eléctrica, así como iluminación pública.
PERSOEIROS ILUSTRES: Francisco Marque e José Arca foran promotores da festa dos Pereiriños e do Sindicato Agrario de Pardemarín.
PERSOAS SOBRANCEIRAS: Julio Arca Filloi, nacido o 25.07.1926. Cóengo da catedral de Santiago. Foi secretario persoal do cardeal Quiroga Palacios e chanceler do arcebispo de Santiago. Foi un dos fundadores da Asociación de Fillos e Amigos da Estrada en 1983 e impuxóselle a insignia de ouro da asociación en 1997. Foi un estradense que sempre levou con orgullo o nome da súa terra. Finou o 25.02.2005.
A Sra. Carmen Montoiro Agro do Mesadoiro naceu o 14.04.1917, compoñedora de prestixio, á que acudía moita xente en busca de remedio. Finada o 20.02.2006
PERSOEIROS FOLCLÓRICOS: o "Murano".
Trátrase dun persoeiro moi lembrado en Pardemarín, home pouco espabilado do que todos se rían... aínda que lle querían ben, gustáballe moito que lle falasen das mozas, vivía nunha casoupa e andaba ao xornal (aínda hoxe a casoupa está en pé)... coma quen non quere a cousa dous veciños dicían que fulaniña quedaba na fonte collendo auga... e alá ía correndo o Muraro, e non había ninguén.
Vestíanse homes de mulleres facían risa del.
Dicíanlle que para que as mulleres o quixesen "hai que darlle fuído", el preguntaba como era e baixando os pantalóns dábanlle cun toxo "cachudo" (mesto e de fortes espiñas) nas cachas...
Os veciños fixéronlle crer que era quen a hipnotizar... que tiña que dicir tales e tales palabriñas... e el creíao xa que o veciño se facía o hipnotizado.
O "Murano" preguntáballe qué queres que che faga? E unha vez un veciño "hipnotizado" contestoulle quero que traias touciño do ceo... e el dixo, un... dous... tres..., esperta que iso non cho podo dar.
Contan na casa de Montoiro de Golfaríz que en certa ocasión pasou por alí Ramón de Liripio...pediu de comer a cambio de traballo e déronlle papas e comeu cantas quixo... catro ou cinco cuncas, farto como estaba a dona da casa díxolle que lle fose sacudir ourizos dos castiñeiros.
Sacudiu só uns poucos e chamou pola dona da casa...
Señora, quén lle dixo a vostede que estes ourizos estaban para sacudir? Mire, cando lles caia o pelo aos ourizos mándeme chamar para sacudilos. (cando lles caen as espiñas xa están podres as castañas).
OUTRO DATO: "Sociedad Agraria Santa Eulalia de Pardemarín" (1906). segundo Pedro Varela: "En 6 de Enero e 1906, unos cuantos vecinos entusiastas de la parroquia y otras de las inmediaciones se reunieron en el domicilio de jacobo Castro y designaron a josé Raimonde y Antonio Frende para confeccionar unos estatutos que dieron origen de la Sociedad Agraria de Santa Eulalia de Pardemarín previa aprobación ante el Gobierno Civil de fecha 11 de febrero de aquel año.
Esa entidad sirvió de estímulo para que se fuesen constituyendo otras en el distrito hasta llegar al gran movimiento agrario: después se transformó en el famoso Sindicato de Pardemarín que comprende esta parroquia de Lamas, Curantes, Olives, y Rubín, formando un núcleo potente que entre otros adelantos, se ocupó reiteradamente de un modo plausible, de los concursos escolares tan útiles para la instrucción infantil"
ANÉCDOTA E HISTORIA: lembran os veciños de Castrelo de Abaixo de Pancho, ou sexa Francisco Márquez, o Pancho de Ceruelas.
Despois de botar moitos anos en Cuba traballando como carboeiro e axudando como podía a tantos galegos que aparecían por alí, volven á aldea onde naceu e púxolle o nome de " La calle del Carmen" ao camiño de diante da porta nomeándose e propagándoo canto podía, axudado polos veciños que lle rían a ocorrencia. Foi un dos dinamizadores da Sociedade Pro Escolas.
Nos veciños montes da parroquia atópanse cabalos e bestas soltas; para que non escapen póñenlles unha "pexa", especie de Y de pau atravesadas as súas partes posteriores (ramas do y) por outro pauciño. Póñenllelo nunha perna de diante e as bestas non poden correr ou fuxir para lonxe. Na actualidade estra práctica está prohibida.
TOPONIMIA MENOR: importantes son a Pedra Deitada e as Pías; esta polo que puidese ter de lembranza de pías de sacrificios a célebre cruz do Couto (xa non a hai), entrada do Camiño de Santiago para atravesar a parroquia cara a Sarandón as Sete Fontes, a rega da Cruz, o outeiro do Raposo, e ao seu carón a Santa Susana, a cruciña e os máis importantes das mámoas desta parroquia.
PLANTÍOS REAIS: importante é tamén a carballeira do Rei como lembranza das plantacións reais desaparecidas, da que recolle o "Catastro de Ensenada" desta carballeira:
"Dehesa y Vivero Real de SM: La Dehesa se halla sita en el lugar de Monte de Castrelo, cavida, treinta y seis ferrados, primera calidad. Levante y mediodía monte de Castrelo P. Rega de los Porriños. S. Rega de Porto Souto.
El vivero se halla inmediato a dicha dehesa. Cavida, un ferrado y cuatro quartillos, primera calidad, cerrada sobre si."
TELEFONÍA: sen cable. Golfariz, A Brea e Piñeiro.
RURALCENTRO: na casa da cultura situada no lugar de Mesadoiro, contan cun centro de acceso público e gratuíto a Internet, do proxecto "aestradadixital”.

Pardemarín*
Pedro Varela
Cara a oriente, a uns nove quilómetros da Estrada, nas estribacións dos montes que forman cordal co da Rocha, está situada a parroquia de Pardemarín, que consta de noventa cabezas de familia e 444 habitantes.
Par-de-marín; “ao par de Marín”; é dicir, “xunto a” ou “á beira de Marín”. Así resulta descompoñendo o nome da parroquia na forma que acabamos de facelo; pero deseguida xorde a dificultade de que Marín é algo que se relaciona co mar, e o mar non está preto desta parroquia. Vexamos, a falta de mellores argumentos, se son aceptábeis os seguintes: Pardemarín serviu de asento a unha das famosas vías antigas, que frecuentaban as peregrinacións a Santiago (aínda se conservan, especialmente no Rodo, restos de calzadas seculares) e eses peregrinos, procedentes da parte de Montes, cando alcanzaban a altura que domina o territorio que estamos a describir, atopábanse cun espectáculo sorprendente: á esquerda, lonxe, pero que parece cerca por un fenómeno especial da visión, o mar; e, á dereita, máis preto, sobre Olives, a Lagoa Sacra, unha lagoa de consideración. Cóntase que debido a iso adxudicaron a esta paraxe o nome que nos entretén quizais demasiado.
Lugares: Castro, Parada, O Mesadoiro, Castrelo, Golfariz, Brea, Piñeiro e Rodo.
Divagando en canto ao signicado ou etimoloxía dos nomes máis estraños destas aldeas, atopámonos con Parada que se debe, sen dúbida, a que foi punto onde os peregrinos e outros camiñantes paraban para descansar ou pasar a noite; tamén paraban no Mesadoiro, que non é moi dubidoso que veña de mesón, por esa circunstancia. Castrelo é un diminutivo decastro, e alí houbo un deses campamentos ou fortalezas antigas, de pequeno tamaño. Golfariz, “profundidade”, “labirinto”, “sitio perigoso para o tránsito”, e todo isto responde perfectamente ás condicións do lugar. Rodo o mesmo pode vir da calzada con cantos rodados, que da difucultade de rodar por alí, debido ao accidentado do terreo. O máis probábel é que veña de rodeo por supresión de letras.
Lindeiros: norte, Olives e Lamas; sur, Vinseiro e Ribela; leste, Meavía (de Forcarei) e oeste, Vinseiro e Lamas.
Vías de comunicación: camiños antigos; ata a igrexa chega o proxecto dun camiño que parte do Sol na estrada de Chapa a Carril, e foi aprobado polo estado. Pontóns, os de Parada, Golfariz, Brea e Mesadoiro.
Bañan esta parroquia os regatos de Parada e Mesadoiro. Nace o primeiro nos montes de Parada e o segundo en Mesadoiro e Golfariz. Ambos os dous desembocan en Lamas.
Teñen os pais de familia para o ensino primario unha escola nacional atendida por un mestre, que actúa nunha casa feita a expensas dos fillos da localidade residentes en Cuba e Bos Aires.
O 6 de xaneiro de 1906, uns cantos veciños entusiastas desta parroquia e doutras das inmediacións reuníronse no domicilio de Jacobo Castro e designaron a José Riamonde e Antonio Frende para confeccionar uns estatutos que deron orixe á Sociedade Agraria de Santa Baia de Pardemarín, previa aprobación ante o Goberno Civil con data de 11 de febreiro daquel ano. Esa entidade serviu de estímulo para que se fosen constituíndo outras no distrito, até chegar ao gran movemento agrario. Despois transformouse no famoso Sindicato de Pardemarín, que comprende esta parroquia e as de Lamas, Curantes, Olives e Rubín, formando un núcleo potente que, entre outros adiantos, ocupouse reiteradamente e dun modo encomiábel, dos concursos escolares, tan útiles para a instrución infantil.
No eclesiástico: Pardemarín ten por patroa Santa Baia e é anexo de Olives. O curato é de entrada, presentación de varios leigos. A igrexa resulta bastante boa. Antes exercía o padroado o dono do casal de Mesadoiro.
Festas anuais: Santa Baia, o 10 de decembro; San Roque, o 16 de agosto; San Antonio, en xuño; San Xosé, o 19 de marzo; o Carme, o domingo seguinte ao 16 de xullo.
Outras particularidades: o arquivo parroquial remóntase ao 10 de febreiro de 1597, ano en que finou Rodrigo de Limia, cando era cura D. Andrés de Nodar. O 29 de abril de 1707 foi aprobada convenientemente a confraría do Monte Carmelo por Frei Pedro de Frutos, mestre en Sagrada Teoloxía pola Universidade de Salamanca, catedrático nela e provincial das dúas Castillas; ten esta confraría unha bula especial do papa Clemente, outorgada sendo cofrade e presidente de honra o rei Felipe V.
No Couto, no camiño real antigo, límite dos Concellos da Estrada e Forcarei, hai un cruceiro moi deteriorado, pero de indiscutíbel mérito artístico. Serviu de guía aos peregrinos que se dirixían a Santiago, cidade que comeza a avistarse desde alí vindo do sur; tamén se ve desde aquelas alturas unha enorme extensión de terreo, os montes de Cuntis, Carral, Negreira, Padrón, Pico Sacro e o mar.
Nos montes de Pardemarín abunda a caza, principalmente de lebre, coello e perdiz. Neles hai un punto denominado Casa dos Mouros.
Hai unha cartería na localidade.
* A Estrada, 1923. Ed. 2017