A interrupción tráxica do galeguismo
XOÁN CARLOS GARRIDO
Ao galeguismo estradense, como ao do resto do país, o 36 cólleo en pleno proceso de consolidación como organización de masas. Interesados como están en explotar a contradición entre os intereses de Galiza e as políticas de marxinación ás que o centralismo a ten sometida, non pode permitirse o luxo en entrar nas liortas de moda entre laicismo e clericalismo, senón que tentará agrupar nun fronte común persoas de diferente parecer sobre a cuestión relixiosa ou social de tal xeito que a súa composición vai ser moi peculiar, alcanzando nalgúns concellos como á Estrada, a capas altas e a elites intelectuais, tardando en chegar ao movemento obreiro e ao campesiñado que comeza a arrimarse copiosamente nas vésperas do golpe como consecuencia da campaña do Estatuto. Con esta heteroxeneidade non é de estrañar os conflitos no seo do Fronte Popular da Estrada que levará o 30 de maio do 36 ao representante do Partido Galeguista, Camilo Pereira Rial, a presentar a súa renuncia como membro da Xestora.
Este confronto no ámbito municipal tentará manterse á marxe da colaboración cos outros membros da Frente Popular na campaña a prol do Estatuto de tal xeito que o máximo dirixente do PG na Estrada, o profesor do Instituto Antonio Fraguas, intervirá activamente polas parroquias estradenses xunto con outros dirixentes doutras organizacións republicanas en mitins a prol da autonomía. Se ben a intención inicial apunta máis a ir por libre. Así temos que é anunciado un mitin en Callobre para o 11 de xuño do 36 como mitin do PG coa intervención de Fraguas e Alexandre Bóveda (quen será fusilado dous meses despois), mais logo a hora de celebrarse parece que, conscientes da relevancia do referendo polo Estatuto e da necesidade de aparcar diferenzas, interveñen elementos do Fronte Popular a maiores: “o mitin galeguista anunciado pr´o 11 en Callobre transformouse, pol-as circunstancias en mitin pol-a autonomía”. E compre lembrar o relato do mitin porque logo se entenderá en quen se cebará a represión galeguista: “As catro chegou unha camioneta co Comité e os propagandistas. Tres fermosas señoritas portaban a bandeira galega. Subidos ó palco executou a música o Himno galego que a concurrencia escoitou en pé e descuberta. Fraguas presenta os oradores e abre os discursos con verbas vibrantes e sentidas ateigadas de patriotismo auténtico. Seguiulle Martin March por esquerda Republicana, Adrio por Unión Republicana, Garrote pol-os comunistas e Victor Casas pol-os galeguistas”. Tamén hai mitins en Tabeirós, Pardemarín, Somoza, Oca e Codeseda, reservándose o “aito monstruo” para o 27 de xuño na Estrada, coincidindo coas festas, e pechando a campaña a nivel de toda Galiza na nosa vila con este acto central.
O primeiro en intervir será outra volta Antonio Fraguas, logo o Deputado galeguista e agrarista Alonso Ríos (quen estará acochado pola bisbarra durante varios anos até que logra exiliarse en Arxentina, escribindo un libro no que relata a peripecia titulado “O Siñor Afranio”, alcume que adoptará para camuflarse), a continuación intervén o Deputado comunista Romero Cachinero. Seguido fala Castelao, quen coincide na súa intervención coa chegada á vila da avioneta comandada polo Capitán Iglesias que lanzaba desde o ceo folletos a prol do Estatuto. Este militar, heroe da aviación española pola súa viaxe de Sevilla a Bahia (Brasil) facendo 6.746 quilómetros nun tempo de 43 horas e 44 minutos. Púxose ao servizo da causa do Estatuto pregándolle ao Ministerio de Defensa lle permitise realizar esta curiosa campaña aérea cunha tira atada á cola que puña “28 de xuño, vota ao estatuto” percorreu o país. Ao chegar ao ceo estradense o deputado do PG que estaba a falar incluíu o feito no seu discurso tal como recolle a prensa: “aprovechó el insigne Castelao esta oportunidad para manifestar que los galleguistas cumplían siempre lo que prometían, pues en contra de lo que decían los caciques de que la avioneta no vendría a La Estrada, pudo apreciar el pueblo entero de que quien engañaba eran ellos...Hizo por último un llamamiento a las masas para que concurrieran el día siguiente a votar por la liberación de la tierra, terminando con un viva a Galicia Ceibe”. Anos despois, Castelao lembrará este que sería o seu último mitin antes de marchar para un exilio sen retorno: “Falei en moitos mitins de propaganda política: na Praza, no Mercado, no Campo da Feira... A derradeira vez que falei na Estrada foi na propaganda estatutista.... Estaba eu falando a tres mil estradenses e voaba por riba de nós un avión que deixaba caer exemplares do noso Estatuto... Foi o derradeiro mitin a que asistín alá.... e non-o podo esquecer. Ainda estou vendo a seis labregos montados en outros tantos cabalos, escoitándonos”
Ao fin na Estrada votaron a favor do estatuto o 80% do censo. E o Partido incrementou a súa presenza sobre todo entre a mocidade e máis concretamente entre as mulleres, do cal non será inocente a intervención do profesorado do Instituto de Segunda Enseñanza, que co seu secretario, Antonio Fraguas, ao fronte, contaba con sinalados galeguistas, como Martínez López ou o pintor Uxío Souto.
Por iso o 18 de xullo colle ao PG da Estrada en plena celebración do trunfo do referendo, en expansión, pero fóra do poder municipal. Sen responsabilidades de relevantes no Concello enténdese que se facilitara a fuxida dos seus máis destacados militantes evitando ser paseados e tamén ao ter presentado a renuncia e non ser membros da corporación fai difícil poder procesalos pola vía das causas militares ningún incumprimento da declaración do Estado de Guerra. En calquera caso, como queda dito, a aqueles que non se é de aplicación o bando militar, son paseados como ven de publicar nestas páxinas Manolo Igrexas referíndose aos mortos da Ponte do Regueiro que finalmente identificou e entre os que se atopan tamén militantes galeguistas.
Non sendo pois tan sanguenta pola escasa forza como partido, e por ter estado acochado durante anos algún dos seus dirixentes, si que sufriron persecución e castigos de todo tipo. Temos o caso do mestre García Nodar (o cal quedaría sen escola) e mais o dos primos de Virxinia, a muller de Castelao, entre os que se atopaba o ex-concelleiro Camilo Pereira, e a súa irmá María Pereira, tesoureira do PG da estrada, á quen lle asasinarían ao seu home. Mais o galeguismo nestes momentos era algo máis que un partido, era a recuperación da cultura e o idioma do país que abranguía outras forzas aínda que era sobranceiro no caso dos militantes do PG. Este é ocaso de escritores estrandeses que estaban a pular polo rexurdimento das nosas letras como é Rafael Varela e Castro Dono, de tal xeito a súa represión suporá a maiores da desgraza persoal unha perda para o florecemento das nosas letras tendo en conta a grande calidade das súas plumas.