Isolino Feros e a cruel incerteza da morte administrada caprichosamente
XOÁN CARLOS GARRIDO
O 5 de xuño de hai 70 anos producíase o acontecemento máis relevante da historia da Estrada co fusilamento do alcalde e 5 veciños máis á beira do Lérez.
Aínda que se xulgaban en causas diferentes (46/37 e 225/37) a hora de levar a cabo a execución quixeron facer confluír nunha mesma data o asasinato dos 6 condenados para gravar con ferro na memoria colectiva dunha comunidade un escarmento que aínda hoxe pervive no subconsciente do pobo. Pode que ninguén fala diso e as novas xeracións non saben do ocorrido, máis os valores que se transmitiron ás seguintes camadas de estradenses viñeron lastradas por ese acontecemento, non tanto o asasinato dos líderes populares que é algo que se ten dado no resto do mundo, senón no insólito feito de que foran esquecidos e desprezados por aqueles polos que morrían. E nese feito se fundan eses valores que explican unha concepción da política entendida como busca de beneficio persoal para a cal un xesto xeneroso e exemplar como o destes 6 estradenses que entregaron a súa vida non ten sentido ningún homenaxear.
Mais eles nestas derradeiras horas confiaban en que a súa morte non ía ser inútil e deixaban escrito testemuños de esperanza en que serían lembrados como o que redactou Ramón Fernández Rico que mesmo pregaba que se lles dedicara unha rúa (algo que non só non se lle concedeu senón que aínda se sigue a exaltar aos fascistas). Con todo as mensaxes máis conmovedoras son as que deixaban as súas mulleres e fillos, moitos dos cales non só sufriron a morte dos seres queridos senón que durante o ano que agardaron a súa sorte tiveron que padecer toda clase de aldraxes nas súas múltiples xestións para salvar a vida dos seus parentes.
Posiblemente senón fora por iso en vez de 6 os estradenses que caerían ese día serían 7, aínda que remontándonos aos xuízos sumarísimos é evidente que a actuación do crego da Estrada, Don Nicolás, contravindo as ordenes das autoridades eclesiásticas en contra de interceder polos reos, elevaría a cifra moito máis. Con todo hai unha variación que resulta evidente en canto a condena a morte da causa 225/37 (Candido Tafalla, Manuel Nogueira, Isolino Feros e José María Pena) e a execución da sentenza na que Isolino Feros Salgueiro consegue quedar eximido.
Se atendemos á documentación que temos, o veciño de Aguións, Isolino Feros, tería deixado de existir xunto cos seus compañeiros de causa sumarísima. Certo que as acusacións que lle fan parecen grotescas, mais son igual extravagantes que as feitas contra os seus correlixionarios. Achácanlle levar un brazalete roxo desde que trunfou o Fronte Popular “que exibía (sic) orgullosamente y con ademan amenazador miraba a las personas de derechas”, isto é, miraba mal. Con todo logo van botando máis leña ao lume até que lle imputan frases nas que ameazaba con queimar as casas dos fascistas.
Mais o que se di de Manuel Nogueira González é moito menos e sen embargo non se libra do fusilamento: “este no destacaba tanto como los otros por ser mas zorro y callado” e sobre a súa participación nos feitos cos que se xustifica o proceso, isto é a resistencia contra o golpe, di a Garda Civil: “es tan malo o peor que los otros tres, u no sabe si intervino en los sucesos últimos”. Noutro lugar volve a insistirse como fundamentos da acusación de Nogueira en que “es marxista además de peligroso por su zorrería”
Recoñecese unha e outra vez que Manuel Nogueira é o “menos destacado” dos catro procesados e no caso de Isolino, na propia sentenza se cargan as tintas en feitos que non están debidamente acreditados: “se dedica a la requisa de armas y, provisto de una escopeta, hace guardias por las calles de La Estrada, tratando de detener á personas de significación derechista”. Puidera entenderse que o primeiro ía librarse da pena máxima. Mais non é así, os catro son condenados a morte.
Non en tanto, atopamos subliñada na sentenza un nome: Isolino Feros Salgueiro. O Estado Maior dá a súa aprobación perceptiva a sentenza ditada o 13 de marzo. Mais finalmente o 2 de xuño cando chega a orden de execución dise: “Habiendo así la Superioridad, dispuesto le sea conmutada la pena de muerte impuesta al condenado ISOLINO FEROS SALGUEIRO, por la inmediata inferior señalada al delito”.
É evidente que os tres meses transcorridos entre a condena a morte e a execución fixeron que os familiares dos catro petaran a todas as portas e suplicaran clemencia diante de “persoas de orde”, autoridades civís, militares e eclesiásticas, e así consta nos casos que temos documentado con escritos dos fillos e da muller dirixidos aos mandos militares que aínda se conservan. Estas dramáticas xestións case nunca daban os seus froitos cando a sentenza era firme. Con todo producíanse casos de graza de vez en cando para alimentar cruelmente as esperanzas das persoas achegadas. Este foi un deses casos, e quizais fose a irmá de Isolino, empregada do fogar en Pontevedra na causa dunha persoa influínte do círculo do Xeneral Mola, quen conseguise a indulxencia. Se ben non lle librou de ir parar a San Simón, Isolino era a proba vivinte de que das condenas a morte se podía saír. Quizais servira de exemplo para dicir iso de que quen ten padriño, xa se sabe... que é outro deses valores que quedou incrustado na mentalidade popular desde entón e que parece que ao poder non lle interesa desterrar lembrando que a inxustiza e arbitrariedade non son garantías para ninguén, e que é mellor a lei e a ecuanimidade, que unha sociedade despótica e caprichosa na que haxa que mendigar favores.