Vinseiro
Clara Iglesias Cortizo
- CORREÁNS: tendo en conta o sufixo, parece un topónimo étnico ou xentilicio, é dicir, que serve para designar un grupo de persoas como procedentes ou orixinarias dun determinado lugar. Tendo en conta que nesta parroquia existe unha aldea chamada Vis de Correa, quizais poderiamos sospeitar que algúns habitantes deste lugar se trasladaron e se estableceron neste outro lugar próximo. Se isto é correcto, Correáns procedería do nome propio Correa + o sufixo -ans, que indica relación, orixe ou procedencia.
- FRAGOSO: é un adxectivo que existe na lingua común e serve para designar un “terreo abondoso en penedos, crebas e desniveis pronunciados”. Deriva do adxectivo latino FRAGOSUM, que tiña este mesmo significado, “rochoso, escarpado, abrupto”. Esta palabra latina procedería, á súa vez, do verbo FRANGERE, “romper” e de aí lle viría ese sentido de “terreo roto, fracturado”. Fragoso, no galego dalgunhas zonas, serve para designar un terreo ocupado por fragas, é dicir, unha zona de “bosque grande con moita vexetación”. No entanto, na metade sur da Galiza adoita ter o sentido que comentamos anteriormente, relativo a terreo accidentado.
- FREÁN: é un topónimo de posesor, derivado do antropónimo xermánico Froia, cuxo xenitivo Froiani deu lugar a Freán a partir da construción VILLAM FROIANI, é dicir, “terras, propiedades de Froia”.
- FRENDE: trátase doutro topónimo de posesor xermánico, neste caso derivado do nome persoal Fredenandus, cuxo xenitivo Fredenandi, deu lugar a Frende, a partir do sintagma VILLAM FREDENANDI.
- O MOUCHO: trátase dun zootopónimo, é dicir, un nome de lugar que, pola razón que sexa, fai alusión a un determinado animal. En canto á etimoloxía do substantivo común moucho, (“ave rapaz nocturna de ollos saíntes e grandes, cuxo canto melancólico está popularmente considerado como presaxio da morte”), non está moi clara: parece que podería derivar do latín vulgar NOCTUOLUM, formado a partir do latín clásico NOCTUA-AE, “curuxa”, que, á súa vez, derivaría de NOX-NOCTIS, “noite”.
- A PENA: o máis probábel é que Pena proveña provén do latín PINNAM, “almea” ou “pluma”. O cambio de significado para o galego, “rocha, pedra grande” parece que deriva da semellanza entre as rochas que coroan o alto dalgúns montes coas ameas dunha fortaleza. Na toponimia adoita ter o valor de “outeiro, elevación do terreo”. Hai autores que discuten esta etimoloxía e fan derivar o galego pena da raíz céltica penn- ou pinn-, “rocha, outeiro”.
- SAN MARTIÑO: topónimo haxiográfico. O antropónimo Martiño provén do latín MARTINUS, derivado de MARS-MARTIS, deus da guerra. Este San Martiño tanto pode ser o de Tours (s. IV) como o de Dumio en Braga (s. VI).
- VINSEIRO: trátase dun topónimo difícil, formado por dous elementos: o lexema vins- acompañado do sufixo -eiro que, como xa temos visto ao longo deste traballo, adoita ter un significado locativo ou abundancial. Sería posíbel considerar o lexema vins- relacionado co latín VISUM, que deu lugar a moitos topónimos e, en concreto, nesta parroquia, como imos ver a continuación, Vis de Baixetes e Vis de Correa. O significado é “vista, visión” e adoita denominar lugares altos desde os que se contempla unha grande extensión de terreo. Tendo en conta a situación orográfica da parroquia e mais do lugar que recibe o nome de Vinseiro, esta explicación parece probábel; mais, resulta difícil de explicar o n anómalo que transforma vis- en vins-. Trátase, ademais, dun topónimo único en todo o país; tan só no concello de Culleredo se rexistra Vinxeira, que debe estar en relación etimolóxica co noso Vinseiro. En todo caso, non podemos achegar ningunha información certa sobre este escuro topónimo.
- VIS DE BAIXETES: En canto ao primeiro elemento do topónimo, Vis, o máis probábel é que sexa unha forma reducida de Viso; de feito, en Madoz, aparece aínda como Viso, tanto en Viso de Baixetes como en Viso de Correa. Como vimos de explicar, o topónimo Viso deriva do substantivo latino VISUM, “vista, visión, o que se ve”. O segundo elemento do topónimo, Baixetes, é realmente curioso. Parece claro que deriva do adxectivo baixo (derivado do latín vulgar BASSUM) que é frecuente na toponimia para designar partes do terreo pouco elevadas en contraposición a outras de maior altitude. Neste caso, o lugar está efectivamente situado no lugar máis baixo da parroquia, a carón do río Pego Negro, que separa Vinseiro de Tabeirós. O que é interesante deste nome é o sufixo -etes, de orixe problemática e significado diminutivo, despectivo ou ponderativo. Tamén resulta estraño que apareza en plural, o que fai pensar que, máis que referirse a unha característica orográfica, se pode referir a unha calidade persoal dos habitantes do lugar: os baixetes serían “persoas que tenden a ser baixas, que máis ben son baixas”. En todo caso, descoñecemos a intención que fixo nacer este topónimo.
- VIS DE CORREA: O primeiro elemento do topónimo quedou explicado no caso anterior. En canto a Correa, debe facer referencia ao apelido do fundador ou do primeiro propietario das terras que pertencen a esta aldea. O nome común correa, do latín CORRIGIAM, “tira de coiro”, empregouse como alcume, aplicado seguramente a persoas de constitución moi delgada. De aí pasou á antroponimia, convertido en apelido.
Vinseiro (Santa Cristina)
Manuel Reimóndez Portela
Esta parroquia é coñecida desde tempos que se esvaen no recordo co mesmo nome, aínda que se encontre en ocasións, hai uns séculos, como Vinseiro, ou sexa cambiado o "S" polo "C"
Vinseiro pertence á zona chamada Tabeirós con outras moitas parroquias: Nigoi, Parada, Tabeirós, A Estrada, Guimarei, Ouzande, A Somoza, Callobre, Lagartóns e Cereixo.
LINDES: linda a parroquia polo norte con Cereixo e Lamas , polo sur con Parada e algo con Ribela, polo leste con Rubín, Lamas e Pardemarín, e polo oeste con Tabeirós, e Cereixo.
Atendendo ao seu nome por orde alfabética correspóndelle o último posto ou sexa o 51.
En canto atinxe á súa superficie perténcelle o número 13 con 600 hectáreas. Ten 587 habitantes de feito. Actualmente ten 358 habitantes.
O derradeiro Nomenclátor oficial (1981) apórtanos datos moi importantes, número de habitantes e de veciños por orde alfabético, distancias á vila, altitude, etc.
Componse a parroquia dos seguintes lugares:

COMUNICACIÓNS: todas as comunicacións desta parroquia parten da estrada P0-7016 que vindo de Terra de Montes pasa polo medio dela en dirección S-N cara a Cereixo cruzando Pernaviva, achegándose á Estrada entre Lagartóns e Guimarei.
Del saen pistas para cada lugar da parroquia e unha importante que nos leva por Correáns a terras de Pardemarín e demais. Outras achégannos a Parada ou Tabeirós e mais desde Pernaviva a Callobre cara á N-640 en Ponte Liñares, ou á de Callobre-Ponte Ledesma.
A concentración parcelaria fixo as pistas e desde ese momento interrompérona xa hai uns 15 anos. Fíxose concentración parcelaria de monte parcial en Carráns, Pedra Rubia. Arranxo de pistas en Freán cara Frende en 2003.
A concentración parcelaria do labradío está soamente pendente da entrega dos títulos.
Camiño real: este camiño viña de terra de Montes, entraba na parroquia pola Pena, entre Fragoso e San Martiño ata a Pedreira onde se dividía en dous: un baixaba por Vis de Baixetes e de Correa entre ambos os ríos camiño de Tabeirós. O outro baixaba polo Moucho ás Nogueiras e Quintas por Pernaviva ao Viso onde collía o que pasaba por Ponte Liñares ou subía aos Figueroa na mesma Estrada. Tiñan ademais outro importante camiño que tamén desde a Pedreira pasaba por Frende a Correáns e na veciña Pardemarín.
Hoxe non se utilizan.
HIDROGRAFÍA: o principal río ou regueiro grande é o do Pego Negro que deslinda esta parroquia da de Tabeirós polo oeste e nace na Somoza, vai ao Liñares afluente do Ulla.
O regueiro da Pena ou de Godoi vai ao Pego entre Vis de Baixetes e Parada.
O regato de Frende que nace neste lugar e vai ao Pego Negro en Cereixo. E o pequeño regato do fondo da vila cara ao Pego Negro. Xúntanse no fondo do lugar de Pemaviva, en Cereixo.
PONTES: teñen a ponte de Godoi sobre do regueiro do mesmo nome. A de Leborís en Vis de Baixetes. A de Entrambolosríos. E a de Freán sobre do regato do mesmo nome.
Fixéronse pontes novas, no fondo de Vis de Correa e a outra en entrámbolos ríos, en Vis de Baixetes.
FONTES: a maior da parroquia é a fonte grande do lugar de Vinseiro. A de Godoi no mesmo lugar. A do Montiño e a do Carbón en Vis de Baixetes. A fonte Piñeira no lugar da igrexa ou o Moucho. A da pena debaixo do hórreo de Troitiño. A de San Martiño, a de Frende, a de Freán, a de Correáns, e a de Barrenquina en Vinseiro.
OROGRAFÍA: ao sur da parroquia en Fragoso sube moito o monte cara a Ribela, Parada, ou o alto do monte Frende... cara o norte descendente, sendo chan mirando ao Pego Negro ou o Liñares.
PAISAXES: desde os montes altos do sur a paisaxe é moi fermosa cara á vila estradense co fondo e amplo val ós seus pés.
PEDRAS: unha importante pedra da parroquia é a Peneda do Castelo, rectangular, alta,sobresaíndo nunha depresión do terreo ao sur do lugar de Fragos alá arriba no monte. Ten moitas lendas das que falaremos onde lle corresponde. Chámanlle o Penedo do Castelo.
Non sabemos se a carballeira do Rei ten marcas con R.
Pedras fermosas, significativas e traballadas polos nosos canteiros son os cruceiros que aínda poden ollarse en pé, aínda que sabemos que houbo moitos máis, existía un bo viacrucis no Monte do Grego, que se iniciaba en Godoi... describimos os que se ven:
1 Situación: parroquia de Sta. Cristina de Vinseiro, no turreiro, a carón da igrexa parroquial.
Descrición: plataforma: tres chanzos. Pedestal: cúbico. Columna: comenza cadrada e segue redonda. No anverso da porción cadrada, caveira e tibias; o resto está adornado por dúas fías de motivos da Paixón, enriquecéndoa grandemente: ánfora, coroa, man, tralla, martelo, lanza, esqueira, querubín, imaxe, trallas, espada, tralla, tenaza, hisopo, columna con galo. Capitel: redondo con argola de ferro e volutas. Cruz: latina, cadrada, con arestas rombas. Anverso, pequena imaxe de Cristo crucificado, testa inclinada á dereita; no reverso non ten imaxe. Altura: uns tres metros.
Inscricións: non se observan.
Conservación: mala con moitos aramios do tecido eléctrico que rematarán por derrubalo.
Tradición: a carón da igrexa, é o derradeiro da serie dun vía crucis que comenza no lugar de Godoi desta parroquia.
Propiedade: pública.
2 situación: parroquia de Sta. Cristina de Vinseiro, lugar de Godoi, no seu centro.
Descrición: plataforma: unha pedra redonda. Pedestal: cadrado, remata redondo con catro figuriñas. Columna: octogonal, comeza e remata cadrada. Capitel: cuadrangular con volutas e catro querubíns, un por cara. Cruz: latina, redonda, espiñenta. Anverso, Cristo crucificado, testa lixeiramente inclinada á dereita; reverso, Inmaculada con querubín aos pés. Altura: uns catro metros.
Inscrición: no pedestal:
A DEVOCIÓN / D MINGOS 1720
I MANUEL SN/ MTIN AÑO D
Conservación: boa.
Tradición: situado a carón do valo que a rodea unha casa (casa de Mato) onde existiron cregos na familia que o fixeron construír como principio dun vía crucis polo camiño que leva dende este lugar á igrexa parroquial.
Propiedade: pública.
3 situación: parroquia de Sta. Cristina de Vinseiro, lugar de Freán.
Descrición: plataforma: tres chanzos. Pedestal: cúbico con
arestas superiores rombas. Columna: octogonal, comeza cadrada; na parte anterior imaxe dun santo coa palma do martirio. Capitel: redondo, remata cuadrangular con catro querubíns, un en cada cara. Cruz: latina,octogonal. Anverso, Cristo crucificado; reverso Inmaculada. Altura: uns tres metros.
Inscricións: no pedestal: ano D 1746. Máis Abaixo: DEVOCIÓN D/ E FARC DO PORTO AÑO 1746
Conservación: moi mala.
Tradición: no centro do lugar, construído a instancia do nome que figura na inscrición.
Propiedade: particular
4 situación: parroquia de Santa Cristina de Vinseiro, monte de Pedreiras.
Descrición: plataforma: un só chanzo, case soterrado na actualidade. Pedestal: cuadrangular, estreito, cun rosetón en cada cara. Columna: redonda; na parte anterior un cáliz coa hostia. Capitel: cuadrangular con volutas. Cruz: latina, cadrada. Anverso, Cristo Crucificado, testa lixeiramente inclinada cara adiante, pés lixeiramente separados, vese soamente o cravo do pé dereito; reverso, brazo vertical, cálice coa hostia resplandecente con raios de sol, brazo horizontal, parte dereita, un sol, e parte esquerda, unha lúa cunha cara. Altura: uns dous metros e medio
Inscricións: non se observan
Conservación: mala
Tradición: outro dos cruceiros que quedan do vía crucis dende o lugar de Godoi á igrexa parroquial.
Propiedade: pública.
5 Situación: parroquia de Santa Cristina de Vinseiro, monte de Pedreiras.
Descrición: plataforma: non ten. Pedestal: triangular. Columna: octogonal, comeza e remata cadrada. Capitel: tronco de pirámide, cuadrangular invertida, con debuxos. Cruz: latina, octogonal, sen figuras. Altura: uns dous metros e medio.
Conservación: mala.
Tradición: forma parte dos que figuran no vía crucis dende o lugar de Godoi deica a igrexa.
Propiedade: pública
Hórreos: hai algúns hórreos antigos.
LENDAS: por tradición din os veciños que a Santa Cristina apareceu, e foi patroa da parroquia, topouna un vello de Freán chamado o señor Xosé de María Rosa. Fixéronlle unha capela onde hoxe se encontra a igrexa parroquial.
O monte de Pedreira era un monte encantado; nel aparecíase unha galiña que poñía ovos de ouro, que os veciños non podían coller xa que por ser un encanto desaparecían.
Trátase dunha variedade da aparición da galiña con pitos de ouro que se recolle en moitas parroquias de A Estrada e máis de Galicia.
No mesmo monte de Pedreiras aparecíanse as meigas, cubertas cunha saba e un cabazo (ao que aquí se chaman 7/ calacús"), furado cos buracos dos ollos e da boca e dentro unha luz acesa.
Os veciños cando pasaban por alí levaban sempre unha sacha para ver ser eran meigas facían no chan un círculo cunha cruz, metíanse dentro e dicíanlle: DESCONXURO SANTUS EST DEMO BLANCO NONO HAI E DEMO NEGRO NONO ÉS
E de súpeto arreábanlle uns sachazos ao espantallo que se esvaía. Aparecíase pola noite de San Xoán.
O penedo do Castelo tamén tiña un encanto e nel aparecíase tamén a galiña con ovos de ouro, e as meigas; e din que tamén coidan que había unha viga de ouro e outra de alcatrán, aínda que algúns coidan que eran minas, e non cavaban temendo atoparse coa de alcatrán que os faría estoupar a todos.
Este penedo que pertence a Vinseiro atópase preto do lugar de Picáns de Parada, nun monte moi a chupe e no fondo ten uns prados e abaixo o souto de Castiñeiras.
Ademais de dicir que estaba encantado falaban que tiña un tesouro escondido. Na porta tiña debuxados a cara dun gato.
E aínda máis....fálase que tamén tiña unha serpe encantada.
Onde lle chaman. A Curisca entre Frende e Freán tamén saían as meigas.
HISTORIA: Dinos Jerónimo del Hoyo desta parroquia no ano 1607:
"Santa Cristina de Vinseiro (Cabeza).
Hay en esta feligresía de Santa Cristina sesenta y seis feligreses. Los fructos se hacen tres partes la una y un desmero lleva la cura que valdrá con el anexo San George de Cereixo, quarenta cargas de todo pan, las dos partes lleva la dignidad ar^obispal. Presentacón de legos y la tercera del mayordomo de la iglesia en nombre de la fábrica que tiene de renta veinte y cuatro ferrados y medio de centeno y doce de mijo. Consta por las letras que baxo del umbral superior de la puerta principal que fue edificada esta iglesia en la era M.C.LXXX. El iglesario tiene huerta y casa donde vice el rector."
Catastro de Ensenada: o importante Catastro del Marqués de la Ensenada achéganos moitos e importantes datos, os referentes a esta parroquia atópase no capítulo dedicado a ela, onde se fala do couto de Tabeirós ao que pertencía esta parroquia. Esto foi o que nos deixou dito Pascual Madoz, anos 1846-50.
"Vinseiro (Santa Cristina) feligresfa en la provincia de Pontevedra (6 leg) partido judicial de Tabeirós, ayuntamiento de La Estrada (1/2) diócesis de Santiago (4). Situada en terreno pendiente aires más frecuentes N.E., y S., clima templado y sano. Tiene 110 casas en los lugares de Correáns, Freán, Frende, Iglesia, Fragos, Godoy, San Martín, Nogueiras, Pena, Vinseiro, Viso de Correa y Viso de Baigetes. La iglesia parroquial (Santa Cristina de la que es aneja San Jorge de Cereijo está servida por un cura de primer ascenso y patronato lego; hay una ermita (Sto. Ángel) en la casa solar de Correáns. Confina: N. Rubín, E. Pardemarín y Ribela, S. Parada y O., Cereijo y Tabeirós. El terreno es de mediana calidad. Atraviesa por esta parroquia el camino de Padrón a Orense en regular estado. Produce: trigo, centeno, maíz, castaños, lino, patacas, frutas, maderas y pastos; hay ganado vacuno y poco lanar y caza de liebres, conejos y perdices.lndustria: la agrícola molinos harineros y telares de ropas de lino y lana.
Población: 110 vecinos con 640 almas."
Nomendátor Arz. de Santiago.
"Vinceiro (Sta. Cristina) y San )orge de Cereijo: Tabeirós-Pontevedra-Estrada-Estrada alternativo de D. Antonio Pedrosa, D. Antonio Leira y la fábrica de la iglesia Entrada 241 vecinos y 1208 almas las dos Estrada.
Personal: Iglesias D. Victoriano, Prr.
Mato D. Manuel Coadj. 45 a. carr. breve.
Porto Carbón D. José Pbro. 51 años carr. breve.
Souto y Canle D. Manuel Pbro. 25 años Teol. 4 años.
Souto Puente D. Manuel, Diácono 25 años Teol 4 años.
Sayáns D. Salvador. Pbro.
Pereira Eirín D. Bernardino, Pbro. 25 años, teol. 5 años.
Pereira Eirín, D. Victoriano Pbro. 24 a. Teol 4 años".
No censo do ano 1924 tiña 748 habitantes de dereito.
Álvarez Limeses no 1936 tamén di:
"Vinseiro (Santa Cristina). Dista 46 kilómetros de Pontevedra y 4 de La Estrada y limita: a N. con Cereijo, al S. con Parada, al E. con Lamas y Pardemarín y al O. con Tabeirós y Guimarey.
Entidades: Correáns con 68 habitantes, Fragoso 63, Freán 68, Frende 87, Godoy 88, Iglesia 84, Pena 60, Vinseiro 68, Vis de Vaijetes 68, Vis de Correa 55, y diseminados 39, que hacen en total 784 habitantes para los que existen dos escuelas unitarias.
Su principal monte es el de Pena y la cruza el río Logáns que la separa de la de Tabeirós.
No tiene ninguna carretera pero está construyéndose un camino vecinal de La Estrada a Forcarey que pasa por ella. Tiene algunos molinos y una fábrica de aserrar maderas, hay también 4 tabernas y una panadería. El terreno es de regular calidad y produce cereales y castañas principalmente.
La iglesia fue construída en 181 7 y hay además una capilla en le lugar de Correáns, pero está cerrada al culto. La fiesta principal es la de la patrona, se celebra además la de San Blas.
En este mismo lugar de Correáns existe un pazo perteneciente a los señores de Leira del Rivero de Avia que cobran rentas en la localidad. Sus montes principales son estribaciones del Seijo conocido con el nombre de Serra de Muller. Las cruza un arroyuelo denominado Porto Arela afluente del Umia. La atraviesan dos carreteras, la de Barbantiño a Pontevedra y la de La Estrada a Vilapouca. Tiene varios molinos harineros y una taberna y sus producciones son únicamente, maíz, centeno y patatas. La iglesia es del siglo XIII (cousa que rexeita Bango Torviso) y su única fiesta es la de San Nicolás que es la patronal."
IGREXA DE VINSEIRO: é de planta basilical con cabeceira semicircular precedida de tramo recto. Ten unha fachada con arco alintelado remarcada de debuxos, sobre ela doselete e ollo de boi e todo debaixo dun arco de medio punto. Toda a fachada con pilastras que rematan en estrutura triangular. Campanario central de dobre corpo. Muro lateral norte con sancristía e porta recercada de moldura plana. Ten unha ábsida dividida por pilastras.
Dinos Pedro Varela que o curato é de entrada, que presentan a Coroa e varios legos alternativamente. "La iglesia es regular, actuando en ella un cura y un capellán; fue hecha en el lugar que ocupaba la antigua en tiempos del célebre párroco Sr. Palencia, el año 181 7 por 40.000 reales: en la casa fábrica hay este rótulo: Casa FábricaTeira y Castroaño 1 788."
Dinos Bango Torviso. Pax. 214.:
"Álvarez Limeses escribía que la iglesia era románica del siglo XII y la única fiesta la de San Nicolás. La noticia era equivocada cuando yo la visité, el templo no era románico en absoluto.
Tampoco encontré restos del epígrafe que cita el Cardenal Hoyo. Consta en el umbral superior de la puerta principal que fue edificada en la era MCLXXX".
"La actual iglesia fue constituída en 1817 sobre otra ya existente. Estilo moderno. Edificio bien. Retablos, tres de madera modernos. Casa rectoral construído en 1943."
"Se colocó una imagen del Carmen 1744-1753". Colmero... p 364
"Hizo para esta parroquia una cruz procesional el platero compostelano Francisco Pardiñas." Pérez Constanti Dic. Art p. 41 7.
Foi restaurada no ano 2000, a pedra do altar, baixouse o altar, pintáronse as paredes e reparouse o tellado.
Inscrición das campás: grande: Me hizo JOSE LISTE AÑO 1871. De bronce e 0,88 m diámetro.
Pequena: Me hizo JOSE LISTE AÑO 1884, de bronce... diámetro 0,80 m.
CAPELA: a casa de Carreáns tiña unha capela dedicada ao Santo Anxo da Garda, hoxe pechada.
Outra capela hóuboa en Vis Beixetes fundada por D. Antonio Bermúdez de la Peña e Jacinta Reimóndez Figueroa que foi derrubada segundo Pedro Varela p. 241.
CASAS NOBRES: Correáns-Vinseiro
No lugar de Correáns desta parroquia de Vinseiro atópase esta antiga casa señorial, seguindo o "Inventario Pazos y Torres" dinos que "destaca la simetría de su construcción de la que forma parte importante unos enormes contrafuertes por la parte posterior de la casa, que tiene anexo en uno de los laterales, un alto palomar de planta cuadrada sin que falte dentro del recinto el hórreo.
Historia: Rivadulla Porte sostiene que Clemente de Leira y Castro fueron dueños de la Casa de Correáns. La Casasolar de Vinseiro, blasonada ya lo era en tiempos en que sus dueños ganaron la Real Providencia de Hidalguría en 1 797. Los testigos del pleito afirman que en la piedra armera de Correáns había: dos castillos, seis roeles, tres flores de lis y una mano con una espada empuñada, acometiendo al mayor y más elevado castillo. Afirma que el escudo está perfectamente trabajado con su morrón, bisera y plumaje.
El pazo de Correáns poseía también su capilla, colocada enfrente, bajo el título del Santo Ángel que era venerado en el altar. Los cuarteles parecen pertenecer a los Salgados, Castro, Casal (las tres lises tal vez) etc.
Escudo: Si bien es dificil adivinar todas las armas que lo componen se aprecian claramente las de los cuarteles 32 y 4Q (seis roeles y una torre respectivamente), más dificilmente las del primero (una torre sobre un puente) y se intuyen las del 2(¿ tres lises?) y algo más...
Estádo de conservación malo ya que pertenece actuaimente a dos familias que compraron por separado una y otra ala de la casa, una de las cuales se encuentra abandonada y ruinosa. La parte habitada pertenece a doña Alicia Mato Franquieira,". Actualmente está en proceso de restauración.
Outros datos: edificio de planta rectangular con baixo e sobrado cun segundo piso abufardado que se alza no medio da fachada con pequeno copete semicircular sobre do que está o escudo. Na bufarda os extremos están enfeitados con placas.
A planta baixa ten troneiras con derrame exterior. Á esquerda arrimada unha torre pombal. Ten cheminea con tres bólas. Na contrafachada dous grandes contrafortes e ventás rectangulares con doselete. Cornixa moldurada percorre toda a casa.
FESTAS: o día 24 de xullo teñen a festa da padroeira Santa Cristina. San Brais o día 3 de febreiro, avogosa das enfermidades da pel. E a festa do Apóstolo Santiago o 25 de xullo, Sta. Bárbara o 4 de febreiro.
INDUSTRIAS: ten a parroquia un aserradoiro de madeira desde o ano 1929, unha fábrica de gaseosas sen actividade, actualmente ten 3 empresas de construción e unha de autobuses. A parte dos muíños xa desfeitos ou en desuso, que son os seguintes:
No río Pego Negro: o muíño de Baixo, o de Riba, o de Carbón, o de Cruceiro dous nos Botáns, o de muros e o de Vis de Baixetes, Entrambolosríos.
No regueiro de Godoi temos: o de Requentes, o da ponte de Godoi, o do Medio, o de Mato, o de Matalobos e os das Penedas. Na Pena hai outros dous, o de Picáns. Ten dúas tabernas e unha panadería no Moucho. A empresa Troitiño fai viaxes diarios a Mearía e á Estrada.
ENSINO: en Vinseiro teñen unha escola para Preescolar, que actualmente non está activa, e os demais reciben ensino en colexios da vila.
DEPORTES: poden practicarse a caza nos montes da parroquia e das veciñas así como a pesca de troitas nos, regueiros. O campo da festa está asfaltado cun campo de baloncesto.
SANIDADE: había un médico particular na parroquia (actualmente xa non o hai) e os servizos do Seguro de Enfermidade préstanos médicos da Estrada, onde tamén teñen o correspondente de Urxencias e Ambulatorio con algunhas especialidades.
ECONOMICAMENTE os veciños viven da agricultura e a gandería, tendo mellorado o seu nivel de vida con servizos nas casas así como iluminación pública.
CENTROS CULTURAIS: destaca a antiga escola, en bo estado de conservación.
ASOCIACIÓNS CULTURAIS: Asociación de Mulleres Rurais "Xiada", creada en 2003 cunha grande actividade e case 60 socios. Realizan cursos de manualidades, cociña, flores e conservación de alimentos.
PERSOEIROS: "Linajuda fue la familia de D. Andrés y D. Carlos Bermúdez Figueroa, naturales de Vinseiro, emparentados con los Bermúdez de la Peña, Reimóndez Figueroa y Lis Catroverde.
Grato recuerdo merece el que fue vecino de Vis de Baixetes y se llamó D. José Brea, fallecido en año actual (1923), después de haber pasado en Cuba mucho tiempo y merecer el dictado de "padre de los emigrados estradenses...vino a morir al rincón añorado..." P. Varela p. 241.
Manuel Villar Cortizo foi cura durante 39 anos das parroquias de Vinseiro e de Cereixo, falecido en 2004.
Manuel Carbón Matalobos foi medico durante toda a vida na parroquia.
PERSOEIROS FOLCLÓRICOS: ao señor Núñez chamábanlle o "portaviós", un home moi grande que "portaba" madeira a quen se lle ocorreu botala no río do Pego Negro para así ila levando río adiante cara á saída ao Ulla... botándoa onda ás presas de Carbón.
Fixo ademais un muíño movido por auga onde facía "mineral" (abono químico) para as terras... aínda que os veciños non sabían cómo nin con qué.
Na súa cova no cemiterio da parroquia puxo un letreiro que di "El Puerto del Silencio"
Voltamos a OUTROS DATOS de Pedro Varela:
"En 29 de junio 1637 por ante el escribano D. Agustín de Castro vecino de tierras de Tabeirós, Pedro Fernández de Marcelos entregó escritura de venta de un cuarto enteramente del lugar y Casal de Vinceiro de Godoy a favor de Pedro Barreiro de Codeseda. En 11 de septiembre de 1 709 por ante Pedro Pérez de Ibias de Callobre, Francisco Barreiro vecino de Codeseda, otorgó escritura de renta de la cuarta parte del lugar de Vinceiro de Godoy porque le pagan Domingo de Neira y otros siete ferrados de centeno y mijo menudo a favor de D. Antonio Bermúdez de la Peña.
En 21 de septiembre de 1735, D. Bartolomé Bermúdez de la Peña de Vis de Baixetes aforó la cuarta parte del lugar de Vinseiro a favor de Antonio Matalobos y sus consortes en renta anual de nueve ferrados de pan mediado. En 30 de enero de 1 747 el D. Bartolomé por ante Andrés de Morgade, otorgó escritura de venta de la referida cuarta parte a favor de D. Alonso Martínez de Barcia, racionero del Colegio de Santi Spiritus".
Un lugar leva o nome dun Godoi, persoeiro moi importante, |uan de Godoi y de Solla, non hai moito tempo houbo alí cregos e un "vía crucis" desde esta casa polo monte de Pedreiras, aínda hoxe se ve o cruceiro neste lugar e outro máis no monte que vai descrito neste traballo, ademais dalgúns restos de outros.
TOPOMINIA MENOR: moitos nomes son importantes: o mesmo de Correáns e dos outros lugares da parroquia, a Curisca onde saían meigas, o monte de Pedreiras, a Lousada (¿) e Pego Negro, Entrambolosríos; o Carrizo, a Carballeira do Rei... e por suposto Tras da Forca ¿por qué?, e o do Penedo do Castelo un verdadeiro símbolo admirado en certo modo polos veciños e con fermosas lendas...etc.
PLANTÍOS REAIS DE S.M.
Dinos o Marqués de Ensenada no seu Catastro:
"Dehesa y Vivero de esta feligresía.
La Dehesa se halla sita en dicho monte do Reguiña, cavida quarenta ferrados, primera calidad, L Vega de los Cerqueiros, P. camino que va del lugar de Vis de Correa a la feligresía de S. Jorge de Cereijo, N. Vega de Arnejo términos de dicha feligresía de Cereijo, M. Vega dos Campos.
El Vivero se halla en dicho monte de entrambos rios, cavida un ferrado y catorce quartillos, primera calidad, L.P.N y M. cerrada sobre sí."
TELEFONÍA: mixta.
RURALCENTRO: instalado por "aestradadixital” no local social do Moucho, dá acceso a Internet libre e gratuíto a todos/as os veciños/as.
* A Estrada rural.1990 Ed.. 2007.

Vinseiro*
Pedro Varela
Parroquia de 128 cabezas de familia e 754 habitantes que dista da capital do distrito uns seis quilómetros.
Vinseiro, antes Vinceiro, como se observa en documentos oficiais antigos, significa “punto ou lugar apropiado para ver un extenso territorio”, como o que realmente se domina desde aquela parroquia. E pénsase que lle puxeron o nome os peregrinos de afastadas terras que, entrando pola parte de Montes, ao dominar o val e entrar nos límites da parroquia que nos ocupa, divisaban Compostela, a onde se dirixían para adorar o Apóstolo Santiago.
Lugares: A Pena, San Martiño, Frende, Correáns, Freán, A Igrexa, O Moucho, As Nogueiras, Vinseiro, Godoi, Fragoso, Vis de Correa e Vis de Baixetes.
Discorrendo sobre o significado ou etimoloxía dos nomes destes lugares, chegamos ás seguintes conclusións: Pena vén de estar situado en punto penedoso; San Martiño, de que, ao dicir das xentes, alí houbo unha capela dedicada a ese Santo;Frende e Freán, segundo historiadores rexionais, veñen do culto a unha divindade mitolóxica deste nome a quen se lle atribuía a forza produtiva e fertilidade da terra; tamén pode vir do gótico frea, que singnifica “punto baixo”. O Moucho, punto onde acostumaban a aniñar os mouchos; As Nogueiras, de estar situado en lugar onde abundaban estas árbores; Godoi, antes Gothoi, grego, procede do apelido de familia ilustre; Fragoso, de estar situado en terreo crebado e desigual, con fragosidades, malezas ou breñas; e os Vis, de visum, latín; “altura ou eminencia apropiada para ver moito territorio”, ou da voz xermánica veihsa, “aldea” ou “burgo”.
Lindeiros: norte, Cereixo; sur, Ribela e Parada; leste, Pardemarín e Lamas; oeste, Tabeirós, Nigoi e Parada.
Vías de comunicación: entra nesta parroquia a estrada municipal que cruza a de Cereixo; camiños veciñais antigos e a ponte de Entrambosríos.
Bañan o territorio o regato que xorde en Parada e desemboca no Pego Negro; o de Fragoso, que desauga en Entrambosríos; e o de Frende, que se interna en Cereixo.
O ensino primario consiste nunha escola atendida por un mestre e está en creación outra escola para nenas.
Teñen os de Vinseiro e Cereixo un local para o ensino de recente construción, feito a expensas da veciñanza e dos emigrados; e un sindicato agrícola con seguro de gandos, o mesmo ao que pertencen os de Cereixo.
Tamén hai na localidade unha parada ou posto de sementais, a cargo de Manuel Barreiro.
No eclesiástico: Vinseiro ten por anexo Cereixo e, para o curato, que é de entrada presentan a Coroa e varios leigos, alternativamente. A igrexa é regular; actúa nela un cura e un capelán. Foi feita no lugar que ocupaba a antiga en tempos do célebre párroco Sr. Palencia, o ano 1817, por 40.000 reais. Na Casa-fábrica hai este rótulo: «Casa-fábrica —Teira y Castro—año 1788».
Festas anuais: a patroa, Santa Cristina, o 21 de xullo; o 25, Santa Ana; as Dores, o último domingo de setembro; San Brais, o 3 de febreiro; Santa Bárbara, o domingo seguinte
Outras particularidades: en Correáns hai unha casa señorial antiga pertencente á familia de Leira do Ribeiro, que cobra rendas na localidade. Tiñan unha ermida dedicada ao Santo Anxo da Garda, hoxe pechada ao culto.
De liñaxe foi a familia de D. Andrés e D. Carlos Bermúdez Figueroa, naturais de Vinseiro, emparentados cos Bermúdez de la Peña, Reimondez Figueroa e Lis Castroverde.
O 17 de febreiro de 1587, Miguel Fernández, de Marcelos, outorgou perante o escribán Juan de Morgade, escritura de foro da cuarta parte do lugar e Casal de Vinseiro, a favor de Alonso das Cobas e da súa muller Ana de Nodar, en renda de sete ferrados de pan mediado.
En Vis de Baixetes houbo unha capela fundada por D. Antonio Bermúdez de la Peña e Dª Jacinta Reimóndez Figueroa, que foi demolida.
O 29 de xuño de 1637, perante o escribán Agustín de Castro, veciño de terras de Tabeirós, Pedro Fernández, de Marcelos, outorgou escritura de venda dun cuarto enteiramente do lugar e casal de Vinseiro de Godoi a favor de Pedro Barreiro de Codeseda. O 11 de setembro de 1709, perante Pedro Pérez de Ibias, de Callobre, Francisco Barreiro, veciño de Codeseda, outorgou escritura de renda da cuarta parte do lugar de Vinseiro de Godoi polo que lle pagaban Domingo de Neira, e outros sete ferrados de centeo e millo miúdo, a favor de D. Antonio Bermúdez de la Peña.
O 21 de setembro de 1735, D. Bartolomé Bermúdez de la Peña, de Vis de Baixetes, aforou a cuarta parte do lugar de Vinseiro, a favor de Antonio Matalobos e os seus consortes en renda anual de nove ferrados de pan mediado. O 30 de xaneiro de 1747 este D. Bartolomé, perante Andrés de Morgade, outorgou escritura de venda da referida cuarta parte, a favor de D. Alonso Martínez de Barcia, racioneiro do Colexio de Sancti Spiritus.
Grato recordo merece o que foi veciño de Vis de Baixetes e se chamou D. José Brea, finado neste ano. Despois de pasar en Cuba moito tempo e merecer o apelativo de “pai dos emigrados estradenses”, pois atoparon sempre no seu gran corazón decidido apoio, veu morrer ao recanto amado. Todos os que o coñecían, chorárono con fondo pesar.
De Vinseiro é tamén o culto amigo noso D. Bernardo Mato.
* A Estrada, 1923. Ed. 2017