Ribela
Clara Iglesias Cortizo
- RIBELA: deriva da palabra latina RIPAM, “ribeira, costa”, á que se engade o sufixo diminutivo –ela. Sen dúbida, o nome da parroquia está en relación coa súa hidrografía: o importante río Umia atravésaa pola banda do sur e hai varios regatos que van desaugar a el.
- A ALDEA GRANDE: topónimo de significado transparente. A palabra aldea procede do árabe al daya, “a vila”. Pola súa parte, o adxectivo grande provén do latín (GRANDIS-GRANDE).
- CARRACEDO: trátase dun fitotopónimo, é dicir, un nome de lugar que fai referencia á vexetación que alí abunda. Fórmase co substantivo carrizo + o sufixo colectivo –edo, derivado do latín –ETUM. O significado de carrizo, segundo puidemos ver en varios dicionarios e, en concreto, no Diccionario gallego de Juan Cuveiro Piñol (1876) é “especie de cana, planta da familia das gramíneas que crece e morre durante o ano, herbácea e ríxida”; polo tanto, Carracedo designaría un lugar abundante en carrizos, cárregas ou canas; sería sinónimo de canaval. Reimóndez Portela recolle nesta parroquia os microtopónimos As Carrizas e Carregaliños, que teñen a mesma orixe que Carracedo. De feito, o nome Carregal aparece en moitas ocasións na toponimia galega designando lugares pantanosos e húmidos, onde se dá este tipo de vexetación. A palabra carrizo provén do latín vulgar CARICEUM, derivado á súa vez do clásico CAREX, “xunco”.
- ENTRECASTRELO: é un topónimo de significado transparente, formado coa preposición entre (do latín INTER) + o substantivo castrelo, diminutivo de castro. Esta palabra, derivada do latín CASTRUM, “campamento militar fortificado” designa os poboados da época prerromana. Á beira da aldea de Entrecastrelo está un dos dous castros de Ribela, o máis coñecido e escavado.
- FONDO DA VILA: é un topónimo composto, formado con dous substantivos que pertencen ao léxico común. Fondo, do latín FUNDUM, ten o significado de “parte baixa”, neste caso con respecto ao substantivo vila. O lugar de Fondo da Vila encóntrase, efectivamente, nun punto baixo do terreo, tanto en relación ao lugar onde está a igrexa, moi próximo; como á veciña aldea de Sesto, situada a bastante máis altitude, en dirección ás terras de montaña que conforman a orografía da parroquia de Ribela cara o norte.
- GUITÓN: trátase dun topónimo de posesor, formado a partir do sintagma VILLAM VITTONI, xenitivo do antropónimo xermánico Vito.
- PUMARES: é o plural de pumar, substantivo derivado de poma + sufixo locativo e abundancial –ar. Poma provén do latín POMUM, “froita, árbore froiteira”, que se convertiu en POMAM no latín vulgar e se especializou como denominación da mazá. Aínda que poma non se conserva na actualidade no léxico común, pomar e pumar chegaron ao galego actual co significado de “terreo plantado de maceiras”.
- SESTO: son posíbeis varias interpretacións para este topónimo. Segundo Isidoro Millán, refírese a repartos de terras, a sextas partes, realizados na época sueva; derivaría, entón, do numeral latino SEXTUM. No entanto, Gonzalo Navaza ten outra opinión: Sesto estaría emparentado co latín SISTERE, “establecer, poñer” e designaría lugares de pastos onde se deixaba o gando libre.
- TRABADELA: é diminutivo de Trabada formado coa adición do sufixo –ela. Trabada aparece na toponimia galega en máis de 30 ocasións, as mesmas que a súa variante Taboada. Ambas as formas proceden do latín TABULATAM, derivado de TABULAM, “táboa”. Segundo o profesor Cabeza Quiles, os topónimos Trabada, Taboada ou Trabadela poden ter dous significados: A) “pequena porción de terreo plano, destinado a cultivo ou finca de labor”; parece que con este mesmo sentido se recollen nalgunhas zonas da provincia de León os vocábulos casteláns tabla e tablada; B) “ponte cuxo piso é de táboas de madeira”, derivado do sintagma latino PONTEM TABULATAM. O máis probábel é que sexa este o significado, posto que ao pé desta aldea corre o río Umia e en tempos houbo alí un pontillón para cruzalo.
- VILAR: é unha palabra do léxico común. Procede do latín vulgar VILLARE, “pequeno núcleo poboado”. Continúa a ser este o significado da palabra vilar na actualidade, por iso aparece moitas veces na toponimia.
Ídolo antropomórfico de Pumares
Ribela (Santa Mariña)
Manuel Reimóndez Portela
Polo dito nome de Santa Mariña de Ribela é coñecida esta parroquia desde tempos dos que non temos lembranza. Dinos Benito Vicetto que o nome é de orixe grega. Historia de Galicia. T.VIII p. 244.
Pertence á zona chamada da Montaña de Codeseda, Liripio, Arca, Souto e Sabucedo.
LINDES: linda polo norte con Vinseiro e parte de Parada, polo sur con Liripio e Codeseda, polo leste con Meavía de Forcarei e polo oeste con Parada.
Considerando o seu nome, por orde alfabética correspóndelle o número 39.
Atendendo á superficie correspóndelle ao número 8 con 765 hectáreas.
Na actualidade a poboación total é de 198 habitantes.
Compóñena os seguintes lugares:
COMUNICACIÓNS: ten Ribela dúas estradas principais, unha que vén de Parada e o Arnado entrando polo sur de Entrecastrelos e seguindo dirección oeste-leste ata a igrexa parroquial para alí coller cara ao sur, pasar o Umia e subir cara a Liripio.
A esta mesma igrexa chega outra que sae da P.O.V. 2012, que sobe de Vinseiro cara ao marco Frende e Forcarei, alí en Carráns baixa cara ao sur para pasar por Sesto e Fondo da Vila ata a mesma igrexa como dixemos.
Outras pistas dan paso a cada un dos lugares da parroquia.
Como non se fixo a concentración parcelaria só teñen estas pistas e os demais son camiños a leiras e montes.
O camiño real pasaba por Carráns cara a Vinseiro, por Moucho camiño de Pernaviva e A Estrada ou a ponte Liñares.
No ano 2002 fíxose a concentración parcelaria do labradío, non así a do monte.
Abriuse unha pista asfaltada de Sexto pasando polo Fondo da Vila ata Vilar. Igualmente outra asfaltada que enlaza coa anterior, no fondo de Sexto e une a Carracedo, saíndo da xeral que vén á Igrexa.
HIDROGRAFÍA: o Umia, que percorre a parroquia pola banda sur, é como se sabe un río importante, pasa por Ribela encaixado, abríndose máis ao chegar a Codeseda, Arca e Souto.
Ten ademais os seguintes regatos que desaugan nel:
O Trabadela pola marxe esquerda, nace na Grela polo que tamén leva este nome; desauga, como dicimos, no Umia abaixo de Guitón.
O regueiro de Fondecelos, que nace no prado Couceiro, pasa por Carracedo a desaugar no Umia.
O regato de Portecelo nace en campo de Tomba, no monte de Meavía e pasa pola Aldea Grande desaugando xa no Umia.
PONTES
A chamada ponte de Ribela, que foi reconstruída por acordo do Concello con data 13 de abril de 1860, é a máis importante da parroquia, que pon en comunicación esta parroquia coa de Liripio e a de Codeseda dándolle por iso saída tamén cara a Forcarei, ou á
mesma capital da provincia. Está en ruínas unha ponte románica fronte a Guitón (levouna o río) á que chaman ponte do cura, hoxe desaparecida e da que só quedan as bases debido ao efecto do río e de que así mesmo levaron as pedras, permanecendo moitas delas no leito do río.
A concentración parcelaria fixo unha ponte na Aldea Grande e na Pedreira.
OROGRAFÍA: polo sur o terreo forma a ribeira do Umia e desde o sur cara ao norte vai subindo ata chegar a terras de montaña; nel hai castros e outeiros e un "planalto" importante polo noreste.
ACUEDUTO DE RIBELA: tamén chamado ponte de Leira: a ponte de Leira en realidade máis ben un acueducto duns dous metros de ancho dos cales medio metro a cada lado van os petrís, o resto é un canal por onde pasa a auga e atópase cuberto por lousas de tal maneira que fai de acueducto e máis de ponte, incluso para paso de cabalos e outros animais. A ponte é dun só arco de medio punto e terá unha altura duns 6 metros.
Ponte arriba máis de cen metros ábrese unha presa pola marxe esquerda do Umia que baixa á beira do río por terras de Codeseda e ao chegar á ponte atravésaa en perpendicular para a orela dereita. Esta presa ata aquí, e despois xa por esta marxe, corre paralela e moi preto do río aínda que por terreo moi "chupe", ten unha lonxitude de máis dun quilómetro é a chamada Presa de Leira, pola casa de Leira de Parada (José Leira Ogando), en ocasións vai feita na mesma peneda e leva unha banqueta pola banda do río que é de pedra e en ocasións de "formigón", ao Arnado camiño de Codeseda, e baixa rodeando ao mesmo Eiriz polo sur e o oeste collendo cara a Leiras xa no medio da parroquia de Parada. Trátase dunha obra de regadío importantísima para Parada, sendo a máis importante da Estrada, seguíndolle a de Paradela. Descríbese en Paradela.
FONTES: a fonte de Santa Mariña está a carón da igrexa, sendo restaurada actualmente, facéndose, así mesmo, un paseo axardiñado, con bancos e mesas.
O pozo de Santa Mariña, anexo á devandita fonte serve para regar as leiras do igrexario. A de Espiñaperra en Sesto, a fonte Fría na Aldea Grande, que serve auga para un lavadoiro na Aldea Grande; así como tamén a chamada fonte Doias, a de San Miguel na marxe esquerda do Umia fronte á igrexa, a fonte da Trigueiriña nesta paraxe, así como a fonte da Freixa, a fonte de Regengo.
CASTRO DE RIBELA OU DE ENTRECASTRELOS: este castro tamén o estudou Bouza Brey (Castros de la comarca de La Estrada), que di: "A un kilómetro de Codeseda y a uno de la Estrada...el de Rivela tiene solamente por el este una franja de terreno que puede llevar facilmente del castro al pueblo epónimo. El castro llama poderosamente la atención por su situación y amplitud de hotizontes que... se van ampliando por el sur hacia los montes de Sotelo y Campolameiro...por el Fojo y San Sebastián por el este, el Umia da vueltas a los montes de Somoza y Zó limitadores del horizonte oeste quedando al fondo la silueta del Gesteiras, el norte exento de montañas domina el valle del Ulla, alcanza las tierras de Compostela y se pierde en los montes de Órdenes más allá del Tambre. Una frase de un vecino labriego revela esta amplitud al decir que por esta parte se ve el fin de la tierra".
0s achados deste castro están clasificados no traballo de J. Rey Castiñeira e M. Rodríguez Calviño uNovas imaxes da arqueoloxía castrexa estradense a través das coleccións Bouza Brey e Fraguas Fraguas do Museo do Pobo Galego" (Misc. hca. e cult. nº 4).
"Fortificaciones: la especial posición del castro tuvo en la naturaleza la mejor defensa; mas allí donde aquella no ofrece una fragosidad máxima fué edificado un muro que defendía de la parte este por donde al parecer estaba la puerta de entrada con otras construcciones a manera de montículos, junto con una muralla del muro interior del recinto mayor que debió de tener muy poca altura sobre el nivel del poblado, puesto que hoy queda horizontal y solamente al hacer escavaciones se ve que era un pozo mayor quedando como una especie de balconada con unos 50 centímetros de alto de 80 de ancho..." e fala de tres recintos que o compoñían.

La acrópolis: Las casas se encuentran en los tres recintos que encierra el castro pero en mayor porción en la parte alta (recinto A) y en el sur (recinto B) quedando la parte norte con muy pocas. Llama la atención que las construcciones se hallen en la parte más alta y orientadas hacia el sur por ser la parte más combatida del temporal... posiblemente existía en el poblado una pavimentación formadas por losas de regular tamaño, al menos así se encontró en la sección explorada... los vecinos de Ribela habían puesto al descubierto una pequeña calle... a lo largo del terraplén... de unos 80 cm. de ancho, de la que debían partir otras más pequeñas que daban acceso a las casas... con excavaciones sucesivas seguramente se podría poner al descubierto la fuente del castro... según los vecinos la leyenda sitúa una fuente en un punto determinado no lejos del gran tesoro...
Hallazgos: Las excavaciones fueron seguidas del éxito, se halló gran cantidad de cerámica decorada, un troco de hacha pulimentada, otra de hierro, etc., etc.
Las casas exploradas son de tipos distintos; una de ellas presenta las siguientes características: tipo circular de 4 metros de diámetro, con buen aparejo pero sin morteo, con un espesor mural de 45 cm... en el fondo hemos encontrado gran cantidad de cenizas, como si fuese más bien horno."
Cítanos de seguido os obxectos atopados.
Hoxe en día atópase feito nel un cortalumes.
Ten titularidade privada, no lugar de Entrecastrelo.
CASTRO DA ALDEA GRANDE: trátase tamén dun castro que leva ese nome, atópase na marxe dereita do Umia, onde lle chaman
o Uzal, é un fermoso outeiro rodeado polo Umia que o cingue case que nas súas tres cuartas partes deixando libre cara ao norte.
Na actualidade está libre de árbores sementando con herba e sen restos de defensas. Hoxe ten maleza e árbores.
Os veciños din que ten lendas, alí estiveron os mouros, tiñan unha mina onde se gardaban e gardan cartos, cousas das que falaremos coas lendas. A paisaxe que se olla deste castro é o seu arredor.
Din os veciños que da canteira que ten ao oeste saíu moita pedra para construír a casa do concello e mais a do " Escobeiro", na Estrada.
PAISAXES: a paisaxe é fermosa en moitos recunchos de Ribela, xa falamos da beleza admirable do castro da Aldea Grande mirado desde os montes ao seu norte, de infindos rincóns pretos do río grande que descende alporizado ou quedo sempre sorrinte e ledo ata atoparse coa presa de Leira e o acueduto sobre ó río.
A paisaxe do monte alto, desde o marco Frende, e a amplitude de horizontes sen fin que se divisa desde o cume do castro de Ribela ou castro de Entrecastrelos, desde alí vese "medio mundo".
PEDRAS: son aquí pedras importantes a chamada pedra Pena de Ladróns e por suposto o Marco Frende ademais doutros marcos coma os de carballeira ou Devesa do Rei, onde atopamos marcos (dous) que teñen gravada un R. E. por suposto as sobresaíntes pedras que forman os cruceiros e que son os seguintes:
1 situación: parroquia de Ribela, no turreiro, fronte á igrexa parroquial.
Descrición: plataforma: Dous chanzos. Pedestal: cuadrangular a distintos planos.
Columna: octogonal, comeza cadrada. Capitel: redondo, remata cuadrangular cun querubín en cada cara. Cruz: latina, cadrada con arestas biseladas. Anverso, Cristo crucificado coa testa lixeiramente inclinada á dereita. Reverso: Inmaculada Concepción cun querubín aos pés. Altura: uns tres metros e medio.
Inscrición: non se observan.
Conservación: lémbrano de sempre fronte á igrexa.
Propiedade: pública.
2 Situación: parroquia de Ribela, lugar de Entrecastrelo.
Descrición: plataforma: un só chanzo. Pedestal: cúbico, liso.
Columna: octogonal, remata e comeza cadrada. Capitel: tronco de pirámide cuadrangular invertido, con debuxos. Cruz: latina, cadrada, con biseis nas arestas. Anverso,Cristo crucificado. Altura: uns tres metros.
Inscricións: non se observan.
Conservación: boa
Tradición: o propietario da actual casa de Fariña, de fronte da que se atopa, trasladado desde poucos metros de distancia debido a un problema de paso de augas, foi unha noite ao "muíño de Lourenzo" preto do lugar, onde se lle apareceu o demo, ao que recoñeceu pola voz estertórea e o remeter da terra, coidando que o demo o levaba, preguntou en voz alta " onde me meto?", ao que o demo respostou "no meu cu", e todo ficou na meirande negrura. Entón ocurréuselle santiguarse e ofrecer de erguer un cruceiro se se salvaba, e así o fixo.
Propiedade: particular, casa da Fariña.
3 Situación: parroquia de Ribela, no monte do Cachopal.
Descrición: plataforma: un chanzo e dúas pedras arredadas
deixando un oco no medio. Pedestal: cúbico. Columna: octogonal, comenza cadrada. Capitel: liso, cuadrangular. Cruz: latina, lisa,cuadrangular, sen figuras. Fáltalle unha parte da rama horizontal. Altura: uns dous metros.
Actualmente rompeu coas obras da concentración parcelaria. Queda a metade do pedestal.
A cruz está tirada no mesmo lugar e fáltalle un dos brazos.
Inscricións: non se observan
Conservación: mala
Tradición: no monte, á beira dun camiño veciñal.
Propiedade: pública.
4 Situación: parroquia de Ribela, lugar de Aldea Grande, na eira dunha casa preto do hórreo e da porta principal da casa.
Descrición: plataforma: sen chanzos. Pedestal: cuadrangular, lixeiramente "apuntado". Columna: cuadrangular lisa, empeza máis ancha. Capitel: non ten. Cruz: latina, lisa, cuadrangular, sen figuras. Altura: preto dos tres metros.
Inscrición: na parte máis ancha da columna, cara que mira ao poñente, aparece unha da que coidamos poder dicir 1707 e debaixo unhas letras das que se poden ollar un D e un O e dúas ou tres restos de letras ilexibles.
Conservación: boa.
Tradición: este cruceiro estaba da banda de dora da eira da casa ciatada e pertenceu á casa reitoral de Ribela que estivo alí.
Propiedade: particular; de María Ángeles Couceiro.
Atopouse un cadaleito medieval na casa reitoral. Existe un sarcófago pendente de estudo en moi bo estado.Os veciños colocárono facendo de pía baixo unha billa no campo da festa a carón da igrexa.
Hórreos: Principalísimo é o hórreo da casa reitoral con 10 claros aínda que se atopa case en ruínas con posibilidade de arranxalo sen que pase moito tempo. Trátase dun hórreo que os veciños tiñan que encher cada ano para o cura da parroquia. Enchíanllo de millo e cada claro leva 100 ferrados.
Recentemente roubáronlle a cruz do cumio.
Na Aldea Grande hai uns poucos hórreos tamén de pedra así como algún noutros lugares.
LENDAS: unha das fermosas lendas do cruceiro de Entrecastrelos, entre as casas, preto do castro do mesmo nome ou de Ribela como deixamos descrito. Atópase de fronte da casa de Fariña e sábese que foi trasladado uns metros para deixar pasar unha presa de auga... pois o dono desa casa baixou pola noitiña ao muíño de Lourenzo no río Umia, preto de alí (ao sur do lugar) aínda que desde a súa casa ata o río hai que baixar unha longa e forte pendente, por un carreiro, entre pedras e toxos, hai moitos anos.
Cando rematou o traballo no muíño e quixo volver para a súa casa atopouse con que anoitecera e pechara de néboa, polo que non vía "camiño nin carreiro" e cheo de medo oíu un forte estrondo que o abraiou, ollou como unha nube loira e santiguándose botou as mans á cabeza sen atopar a subida a chupe para escapar e preguntouse; e que fago? Ao que respostou a nube (que era o demo) dicíndolle métete aquí! Sinalándolle un oco negrísimo que era o cú do demo... obedeceu tremando e cando ia meterse no buraco ocurríuselle facer o sinal da cruz; nese mesmo intre o demo estoupou e o noso home subiu á tronza polo monte ata chegar entre as casas e fronte á súa sentouse sen alento prometendo erguer alí mesmo un cruceiro para agradecerlle a Deus que o salvara do demo. Sentímolo, os cruceiros non deben cambiarse do sitio onde foron ergueitos, coma neste caso.
No castro da Aldea Grande din os veciños que había unha viga ou trabe de ouro e outra de alcatrán e moitos foron cavar sen atopala.
No mesmo castro vivían os mouros nunha mina onde se agochaban e mais gardaban un tesouro, vivían da pesca.
Na fonte fría (Aldea Grande) sae unha galiña con pitos de ouro a véspera de San Xoán.
Onde lle chaman os Tombos ía a xente darlle uns tombos aos nenos para sacarlles o asombramento ou o anganido.
A Santa Compaña saía polos camiños de Ribela e levaba a xente.
As meigas andaban soltas polos camiños... había que apartarlle.
No acueduto e ponte chamada de Ribela ou de Leira alá no fondo do Umia encaixado polo norte e polo sur, atópanse estas construcións tan importantes coas súas lendas:
Ponte arriba onda o seu pilar dereito hai como un oco que e unha mina que comunicaba co castro de Entrecastrelos, por ela viñan os mouros e traían beber os seus cabalos a este río.
Tamén ponte arriba case que lindando co pilar esquerdo vese unha pedra en forma de esfera cun burato río abaixo e outro máis pequeno no máis alto dela... chámanlle o forno dos mouros, polo seu parecido cun forno.
Pasada a ponte na marxe dereita vese unha laxe disposta no sentido da corrente de auga, á que lle chaman os veciños a "artesa dos mouros".
Cóntase que no castro de Entrecastrelos había unha fonte milagreira que sinalaba o sitio dun tesouro.
Di que a lenda que tamén no castro da Aldea Grande estaban os mouros e tiñan unha mina onde gardaban os cartos... sabemos dalgún que foi cavar ata que se cansou.
HISTORIA
Lemos en Jerónimo del Hoyo, ano 1607:
"Santa Mariña de Rivela anexo de San juan de Meavía.
Tiene esta feligresía de Santa Mariña cuarenta y cuatro feligreses. Los fructos todos la cura, que son los de San Juan de Meavía, su cabeza, rentan más de cien cargas de pan. Presentación, según dicen, del Monasterio de Acibeiro. La fábrica tiene de renta treinta y ocho ferrados de centeno y mijo mediado.
Está sita esta iglesia en el arciprestazgo de Tabeirós y la cabeza en el de Montes. El rector tiene casa en la iglesia.
Encima de una ventana desta iglesia que está sobre el altar (fol. 457 bis r.) hay estas letras por donde aparece su antigüedad.
Catastro de Ensenada: neste catastro atópanse moi importantes datos desta parroquia que poden lerse no capítulo dedicado a este, onde fala do couoto de Tabeirós ao que pertencía a parroquia naquelas datas.
Dinos Pascual Mardoz (1936):
"Ribela (Santa Mariña) feligresía de la provincia de Pontevedra (6 leg.) partido judicial del Tabeirós, ayuntamiento de La Estrada (1), diócesis de Santiago (5).
Situación: en la pendiente meridional del monte de la Rocha e inmediaciones del río aldeas de Carracedo, Castrelo, Quintón, Pumares, Ribela, Sesto y Fondevila, Trabadela y Vilar. Hay una escuela de primeras letras frecuentada por 25 niños de ambos sexos que dan al maestro una mezquina cantidad mensual. La iglesia parroquial (Santa Marina) de la que se aneja de la de San Juan de Meavía se halla servida por un cura de segundo ascenso y patronato eclesiástico y real, en el atrio de la iglesia está el cementerio.
Confina: N.el Amejo, E. Quintillán, S. Codeseda y Liripio y O. Parada. El terreno es de segunda y tercera clase, sus montes producen tojo habiendo robledales y una dehesa nacional. Sobre el indicado río Umia existe un puente de madera de un arco. Por su izquierda en el punto llamado Carregal se le estrae una acequia de aguas por medio de una presa anterior cuyas aguas se dirigen a Parada. Además hay algunos arroyos que confluyen en el río anterior.
Atraviesa por parroquia el camino de Orense a Santiago, en mal estado. Produce, maíz, centeno, algún trigo y plantas, se cría ganado vacuno, lanar y algún caballar y mular, caza y pesca de varias especies. Industria, la agricultura, 3 molinos harineros y un Batán.
Población: 60 vecinos, 550 almas."
Nomenclátor Arz. de Santiago (1883), comprende ademais Meabia e Liripio: "Rivela (Santa Mariña) S. Juan de Mevía y San Juan de Liripio. TabeirósPontevedra-Estrada-Estrada-Ecco. Rl.-Ascenso236 vecinos 11 79 almas las dos primeras y 73 vecinos 352 almas de tercera-edad.
Personal: Martínez Casal D. José Parr. Dr. Teología. Míguez Mosteiro D. Rosendo Coadj. 46 años. Couceiro Míguez D. Antonio Pbro. Patrim,43 a. Carr.breve."
No censo do ano 1924 tiña 624 habitantes de dereito.
Tamén recolle Álvarez Limeses en 1936:
"Ribela (Santa Mariña). Dista 52 kilómetros de Pontevedra y 11 de La Estrada y limita: N. con Parada, S, con Codeseda y Liripio, al E. Con Meavía y al O. con Arca.
Entidades: Carracedo con 56 habitantes, Entrecastrelo 84, Gitón 75, Fondo da Vila 30, Pumares 47, Ribela 62, Sesto 101, Trabadela 70, Vilar 75 y diseminados 24 que hacen un total de 624 habitantes para los que existen dos escuelas unitarias.
La riegan el Umia y dos afluentes de este de escasa importancia y su único monte digno de mención es el de Castro. No tiene carretera alguna. Hay en ella ocho molinos harineros.
El terreno es de mala calidad y casi produce solamente maíz y centeno. La iglesia es de 1870 y no ofrece particularidad alguna; sus fiestas principales son: La Patronal, La de Santa Filomena y la de la Virgen del Carmen.
En esta parroquia existe un castro de los más importantes y típicos de Galicia, de gran elevación y casi inexpugnable por algunos puntos, que domina completamente el valle de Tabeirós."
IGREXA PARROQUIAL: é de planta de cruz latina con cruceiro destacando en altura.
Portada de arco adintelado con moldura, ventá derramada e tamén moldurada, aos dous lados, dous pares de pilastras... rematan en frixo e frontón triangular.
Campanario central de tres copos, fóra laterais lisos, brazos de cruceiro enmarcado por pilastras. Ventás recercadas de molduras planas e tellado cuberto a dúas e catro augas.
De estilo moderno, cruz latina, e unha torre esvelta. Retablos: 5 laterais algo platerescos e tres modernos. Ten unha fermosa pía no hatisterio á entrada da igrexa, á esquerda.
A igrexa ten arco de medio punto, bóveda de canón con lantema. Altar privilexiado.
Ten no altar maior unha lámpada formidable, agasallada por un rico indiano, Manuel de Álvarez, que emigrara a México.
Xa no comezo do estudo desta parroquia deixamos reflectida unha inscrición dela recollida do Cardenal Jerónimo del Hoyo, sen que saibamos a súa tradición. Isa tradición atopámola no texto que nos indica Vango Torviso que é algo diferente do anterior por iso ímolo reproducir.
"Sobre una ventana de la capilla maior de la iglesia de Santa Mariña de Rivela se lee:
E.I.C. LXXXX VI VIII. HL:MRS EGO HS FUNDA-VI. CONSECAVI ARHEPO. M/FRX PO. IIIAS.VÑZARIF Q.
O que se traduce así: "Era millesima centésima nonagesima sexta/ Octo Kallendas Martias ego/ lohanis fundavi/ consecravi/ archispiscopo..."
Nesta igrexa colocouse unha imaxe do Carme, anos 1744-1753 á devoción dos fregueses.
Inscrición das campás: campá grande: Me hizo JOSÉ LISTE. AÑO 1893 (de bronce) diamtr. 0'92 m. Campá pequena: Me hizo JOSÉ LISTE. Año 1882 (de bronce) diamtro. 0'78 m. CASA DE SESTO-RIVELA. (Tamén chamada de BALLESTEROS).
No lugar de Sesto está a casa soarega cun gran escudo na fachada con armas dos Gil e Taboada que foi da familia dos Ballesteros polos anos 1923 que procedían dos Gil.
Un dos Ballesteros foi D. Xoán capitán do exército, que ademais parece que escribiu algún libro (?)... din que metade da parroquia era dos Ballesteros, que tamén teñen unha casa en Montillón. Hoxe comprada pola familia...
FESTAS: a da patroa celébrase o día 18 de xullo. A Concepción o día 26 de decembro e a de Santa Filomena o día 10 de xaneiro.
INDUSTRIA: non ten industrias a parroquia, só quedan muíños, moitos deles xa desfeitos.
No río Umia están os seguintes: o do Urzal, Pomares, Sesto, do Cura, dos Lourenzos e o de Ballesteros que era un batán. O batán era en Trabadela, está en ruínas.
En regueiros: o de Carracedo, o da Biota e o muíño do Relón. Houbo unha "fábrica de luz", a chamada "Central Eléctrica Riberiense", no Urzal, construiuse polo ano 1940 e durou uns 12 anos, daba servizo de luz eléctrica a todos os veciños non sendo aos de Entrecastrelos; tratábase dunha cooperativa entre os veciños que eran todos socios. A turbina veu de Zaragoza, aínda que era moi grande para o caudal de auga e funcionaba cunha dinamo que fundía as bombillas decote, sobre todo cando había poucas acesas.
Tampouco ten COMERCIO, a non ser unha taberna. Hai unha empresa de construcción chamada BMV.
ENSINO: os nenos e rapaces desta parroquia lévanos ao CEIP de Codeseda, podendo despois seguir estudos de Educación Secundaria en A Estrada.
ASOCIACIÓN CULTURAL: teñen un "Teleclub", que hoxe non funciona. Está situado na casa da fábrica a carón da igrexa.
DEPORTES: a caza e a pesca son doadas nesta parroquia, para elo ten moito monte, o río Umia, ademais dos regueiros.
SANIDADE: en canto antixe ao aspecto da sanidade, non teñen médico na parroquia; este servicio acádano na Estrada. Algúns veciños acoden ao centro de saúde de Codeseda.
ECONOMÍA: en canto á forma de vida, servizos, economía, etc.. Viven moito mellor os veciños, con luz eléctrica, melloraron as vivendas así como a economía das xentes, fáltalles o servizo da concentración parcelaria cos seus correspondentes beneficios...
PERSOAS SOBRANCEIRAS: segundo Pedro Varela o cardeal Jerónimo del Hoyo é natural desta parroquia e nela está enterrado, pax. 207.
Isto mesmo lémolo no libro de Sanmartín Sobrino.
Na "Gran Enciclopedia Gallega" T. XVIII, pax. 181, lemos que naceu en Segovia.
Na "Enciclopedia Universal llustrada Europeo-Americana", tomo 28 primera parte, pax. 485 di tamén "nació en Águila fuente (Segovia)..."
Polas averiguacións feitas na parroquia, no cemiterio e co cura párroco desta tampouco entedemos que naceu nin está enterrado en Ribela.
Lemos en "Memorias del Arzovispado de Santiago"cardeal jerónimo del Hoyo. Editado por Porto y Cía.Edición preparada por Ángel Rodríguez González e Benito Varela Jácome. Onde antixe "La personalidad del Cardenal Hoyo... Sabemos que era natural de Águila Fuente de la provincia de Segovia, pero ignoramos la fecha de su nacimiento."
Naceu nesta parroquia José Barreiro Somoza, doctor en Teoloxía cunha valiosa obra escrita: "Pecado e Psicología Analítica Actual, La Ley Natural en la Teología Moral", "El movimiento de los anfracesados gallegos", etc... Lembran os veciños os seus sermós predicados en Ribela; dirixiu a editorial Pico Sacro que xa non existe.
Manuel Campos Saborido. Dinos Antonio Rodríguez Fraiz "El monasterio de Acibeiro" pax. 253-254, que este culto sacerdote naceu en Ribela no ano 1901, estudou na Universidade Pontificia de Santiago, ordenándose no ano 1926, foi vice-cura de San Simón de Cacheiras e despois de Aciveiro sendo nomeado polo arcebispo Zacarías Martínez Núñez no ano 1931, rexendo a igrexa con moito acerto ata o ano 1934 en que pasou á parroquia de Millarada.
Fixo un gran labor espiritual e cultural así como tamén de reparación da igrexa e de convento de Aciveiro.
Din tamén que foi quizais o primeiro que escribiu unha publicación periódica "Hoja Parroquial Aciberiense".
É de subliñar que Campos Saborido, con outros, foi fundador do seminario "La Palanca" que deixou de publicarse en 1936.
Alfonso Fernández Salgado, home inquedo, entre outras cousas, policía municipal da Estrada, vivindo en Ribela, lugar de Trabadela adicoulle coa súa alma chea de sensibilidade e poesía uns versos a Ribela:
Igrexa de privilexio feita toda en sillería ca nosa santiña dentro Santiña Santa Mariña.
Deixou publicadas as súas historias na sección de David Otero "Comarcáns de talento" (Tab. Terra nº 1).
Outros datos: contan os veciños que no lugar de Trabadela cando pasaban por alí os franceses (guerra de independencia) ataron cabalos, e unha pedra cilíndrica. Alí nesa casa comían os franceses pan de millo e touciño.
Coma en todas as igrexas o sábado de gloria o cura bendicía a auga, para o cal enchía unha barrica... os veciños collían alí a auga bendita que levaban para a casa gardándoa con coidado para que lles servise para abenzoar se tiña que vir o cura facelo á casa, ou ao gando, ou poñer a "San Unción".
Pois como non lle chegaba a auga aos veciños ían por máis para que lla bendicise o cura, tendo en ocasións que botar alí horas neste trafego... chegando un sábado de gloria, levou os veciños á fonte alí preto, bendecíndoa e dicíndolles aos fregueses... ¡collede canta queirades, toda está bendita!
Toponimia menor: lembremos Entrecastrelos, Pena Ladróns, monte do Preito, Xitón, Enxido, Carráns, As Tercias, Cruxeira, Agro de Alambre, A Facha, O Urzal, Marco Frende, Devesa do Rei e tantos outros.
Fomos ver moitas pedras que se atopan no monte de Loureiro, teñen pozas e raias que coidan os veciños son sinais dos antigos. Atópanse lindando polo norte coa presa de Leira, visitámolas e parécennos fochancas e escavacións feitas pola erosión dos elementos.
PLANTÍOS REAIS: no Catastro de Ensenada lemos: "Dehesa y Vieiro Real de S.M. En el lugar de Vilar, cabida 50 ferrados, primera calidad, L.P.N.N. y M. dicho monte. El vivero se halla ¡inmediato a dicha dehesa, cabida un ferrado doce quartillos, primera calidad L.P.N. y M. Cerrada."
Na actualidade é propiedade do sr. García de Carracedo.
Impresionounos a visita que fixemos a esta devesa, cerrada sobre si con valo de pedra rematado por lousas que sobresaen un pouco formando un estreito aleiro, os carballos de tantos centos de anos e un fermoso paseo polo norte tamén con carballos cubríndoo. Atopamos dous marcos con R ben conservados.
TELEFONÍA: teñen teléfono TRAC.
TURISMO RURAL: hai dúas casas de turismo rural. Casa da Carballeira" de José Bergueiro Chao. Ten 3 habitacións dobres con baño. Vilar-Ribela. 36687 A Estrada 986 689 S52 Fax 986 689 552. Opción de pensión completa Casa Concha Con capacidade de 5 habitacións. VilarRibela 986 689 538630 270 300
* A Estrada rural.1990 Ed.. 2007.

Ribela*
Pedro Varela
Parroquia de 104 cabezas de familia e 654 habitantes, que dista da Estrada uns dez quilómetros.
Está situada sobre o Umia do que, por conseguinte, é ribeirá; e de aí vén o nome de Ribela.
Lugares: Entrecastrelo, Vilar, Sesto, A Aldea Grande, Pumares, Guitón, Trabadela Carracedo e A Igrexa.
Entrecastrelo debe o seu nome a estar situado entre o castro de Parada e Ribela, e outro castro ao que, por ser máis pequeno, lle aplicaron o diminutivo de Castrelo. Vilar vén de vila. Sesto debe proceder de sesteo, punto de sombra apropiado para sestear ou pasar a sesta o abundante gando que había, e a aínda hai, polos montes do contorno. Pumaresé o mesmo que pomares; “bosque de árbores froiteiras, maceiras ou outros de pebida”. Jitón, Xitón, Chitón: punto recóndito ou silencioso; tamén pode ser un aumentativo de chito, estaca viva que adoita afincarse nalgúns terreos para que, despois de arraigar e brotar, poida servir de sinal entre distintas herdades, ou de pechadura de terreos. Trabadela pode moi ben ser un diminutivo de traba, corda ou solta que se pon nos pés ás bestas, para que non poidan afastarse ou subir os muros. Carracedo vén de carrasca, planta do monte abundante por alí.
Lindeiros: norte, Vinseiro; sur, Liripio e Codeseda; leste, Meavía de Forcarei; e oeste, Parada e Codeseda.
Vías de comunicación: camiños antigos e malos; de feito, é unha das parroquias máis mal comunicadas do distrito. Cruza o territorio o río Umia, sobre o que hai unha ponte para pasar duns lugares a outros. Báñana tamén os regatos seguintes: o de Carracedo, que xorde en Sesto; o de Trabadela, que nace na Agrela de Codeseda, e outro que ten orixe no referido lugar de Sesto. Con estas augas fertilízanse varios terreos.
A ponte de Ribela, entre Carracedo e Sesto, Trabadela e Guitón, fíxose ou foi reconstruída en virtude de acordo do Concello de data 13 de abril de 1S60. En Trabadela hai un pontillón.
O 14 de xuño de 1856 creouse a escola de Ribela, hoxe escola nacional, atendida por un mestre.
No eclesiástico: ten esta freguesía por filiais Meavía e Liripio e por patroa Santa Mariña. Está atendida por un cura e un coadxutor e o curato é de ascenso, presentación alterna do Cabido e a Coroa. Ten unha igrexa regular, e celébranse anualmente as seguintes festas: a da patroa, o 18 de xullo; o día seguinte, a do Carme; a da Concepción, o 26 de decembro; Santa Filomena, o 10 de xaneiro; San Antonio e San Roque, por carnaval.
Da igrexa parroquial de Ribela, o cóengo cardeal del Hoyo, copiou no seu manuscrito, que se garda no Arquivo da Mitra, unha inscrición existente sobre o altar maior coa data da fundación da igrexa (ano 1158). Este preclaro sacerdote, que co seu talento ilustrou durante algún tempo a cátedra de Sagrada Teoloxía na Universidade Pontificia de Santiago, foi dos más amantes propulsores da súa querida aldea natal, en cuxo camposanto ten a súa sepultura por mandato expreso.
Outras particularidades: entre Entrecastrelo e Parada hai un castro notábel que aínda conserva vestixios de recintos fortificados.
En Sesto radica unha casa con escudo, hoxe da familia dos Ballestero, e procedente dos Gil.
Hai cartería na localidade.
* A Estrada, 1923. Ed. 2017