Rogelio, consecuente até o final
Dionisio Pereira
Logo do pasamento hai poucos meses de Olga Camiña na Arxentina, hoxe debemos comunicar outra mala nova: a morte esta noite pasada de Rogelio Arca Rivas.
Como sabedes, Rogelio, cos seus 97 anos era unha das poucas persoas que, no Concello de Cerdedo, conservaba a memoria da represión franquista e a lealdade á figura do seu pai, Francisco Arca, asasinado na Ponte do Barco o 13 de agosto de 1936. Con el váisenos unha das derradeiras faíscas daquel afervoado lume cidadán e proletario que, nesta bisbarra e por toda parte, acendeu no transcurso da IIa República. Rogelio, daquela, xa puido participar dos ideais libertarios e confederais do seu pai (militante destacado da Sociedad “El Trabajo” de Figueroa, integrada na CNT), e coñeceu tamén as duras loitas obreiras do ramo da construción madrileño, nas que participaron non poucos canteiros do país, emigrados alí temporalmente por cuestións laborais. Logo, este colectivo e Rogelio canda eles, participou na contenda civil como voluntario nas unidades, quer das Milicias Confederais, quer do Exército Popular da República, sobrevivindo a situacións extremas e deixándonos unhas Memorias escritas da súa terrible experiencia, Memorias que hoxe teñen á nosa Asociación como depositaria e garante da súa transmisión as xeracións futuras. Rogelio, asemade, agasallóunos coa pequena Kodak de abanico coa que inmortalizou a loita destes canteiros da Terra de Montes na fronte de Madrid a fins do ano 1937, cun mangado de fotografías que, despois de case que 70 anos, puidemos salvar e publicar no su libro “Album de Guerra”, editado co noso concurso polos compañeiros ourensáns da“Difusora de Artes e Ideas”, no ano 2008.
Nós entramos en contacto con Rogelio vai para máis de dez anos e podemos acreditar que foi un home cabal que nunca agachou o seu devezo pola liberdade e a xustiza, ao tempo que o seu rexeite de todo o que puidera ser considerado (tamén a nivel local) espúrea herdanza da sanguinaria Ditadura implantada tras o golpe militar, que tanta dor provocou na súa familia. E tamén sabemos da súa satisfación ao se saber acompañado e valorado nos seus derradeiros anos por persoas que concordamos cos seus ideais,que tamén son os de toda a Humanidade adoecida.
Rogelio, ao cabo, foi consecuente ata o final deste seu pensar e sentir. E tamén nos fixo partícipes de que desexaba que lle soterraran cunha bandeira da República no interior do seu cadaleito. Non puido ser: o “que dirán”; o temor ao estigma; o sometemento nestas comunidades rurais, nas que o laicismo de esquerdas aínda debe superar o temor e a intolerancia xerais, aos dictados dun catolicismo formal que non sentía como seu, teñen como consecuencia que, no canto da bandeira pola que el devecía, sexa acompañado por símbolos relixiosos. Nós, coñecedores da súa vontade, máis tamén da dos seus achegados (moi alonxados das súas ideas e das súas vivencias), non teimamos en levala a cabo por delicadeza cara á súa familia e respecto á súa figura, moi querida polo conxunto da veciñanza da parroquia de San Martiño de Figueroa, que tamén é sabedora da súa maneira de pensar e actuar.
Con Rogelio, en suma, vaise boa parte da“memoria dos vencidos”das terras cerdedenses,unha memoria que, no seu pasamento, nos comprometemos a que continúe viva e rebelde por estas terras, como garantía dun futuro mellor, tamén para Terra de Montes.
Esa será a nosa mellor homenaxe.
*Publicado no Faro de Vigo o luns 8 de novembro de 2010.

Reportaxe sobre Roxelio no Faro de Vigo
php.Element.Def.Pdf_Fallback
|
Canteiros da terra de montes no exército popular da república [Álbum de guerra]Dionisio Pereira
php.Element.Def.Pdf_Fallback
|
php.Element.Def.Pdf_Fallback
Nova do pasamento de Roxelio Arca. | |
File Size: | 227 kb |
File Type: |