Moreira
Clara Iglesias Cortizo
- A DEVESA: a orixe deste topónimo está no verbo latino DEFENDERE, “defender, preservar, protexer”. Formouse así, en época tardía, o sintagma TERRA DEFENSA, é dicir, “terra que hai que protexer > terra coutada ou cercada”. Así chegouse ao actual substantivo común devesa,“terreo valado ou cercado, normalmente extenso, poboado de árbores non moi mestas”.
- MOREIRA NOVA / MOREIRA VELLA: seguramente o topónimo fai alusión á árbore chamada moreira, característica por dar un froito mouro ou negro, chamado amora, coma a das silveiras. Deriva do latín MORUM, que designaba esta mesma árbore e os seus froitos, así como tamén os das silvas. Engádeselle locativo –eira. Existen nesta parroquia dous lugares chamados Moreira, diferenciados entre si polos adxectivos nova e vella .
- O OUTEIRO: do latín ALTARIUM. Trátase dun topónimo moi habitual, co significado que ten na lingua común, “pequena elevación no terreo”.
- A PÍA: deriva da palabra latina PILAM, que en época tardía significou “recipiente para conter auga”, acepción que mantén no galego actual. Posibelmente como topónimo este substantivo aluda ás concavidades naturais das rochas, moi frecuentes nas pedras graníticas do noso país.
- A PICA: posibelmente se trate dun orónimo, que fai referencia a unha elevación ou montículo, máis ou menos alto. Esta acepción está recollida polo dicionario da RAG, e pode corresponderse coa orografía da parroquia que, cara ao leste, onde está o lugar da Pica, presenta certa elevación; mentres que, cara ao oeste, o terreo baixa en pendente ata o río Liñares. A palabra deriva da voz celta *bicc, *beccus, “pico”. De todos xeitos, sería posíbel outro significado: pica tamén é unha das moitas denominacións da folla do piñeiro; emporiso, o máis habitual en terras da Estrada é faísca. Ademais, son moi abundantes na Galiza os topónimos derivados de *bicc co significado de “altura no terreo”: Pico, Picón, Picota, Picotiño, Picouto, Bico, Bica…
- SESTELO: deriva de sisto, co sufixo diminutivo –elo. Sisto está emparentado co latín SISTERE, “establecer, poñer” e designaría lugares de pastos onde se deixaba o gando libre.
- VILAFRUXIL: trátase dun topónimo de posesor en que se conserva a primeira parte, vila. O antropónimo de que procede é xermánico, Frogildus, cuxo xenitivo sería Frogilli; así, de villa Frogilli derivaría Vilafruxil.
- VILAGUDE: trátase dun topónimo de posesor, que conserva o primeiro elemento, vila. A continuación aparece en xenitivo o nome persoal do propietario da terra. Segundo Paulo Martínez Lema, son posíbeis dúas interpretacións para este topónimo: A) Derivado do antropónimo Godo (>Goto, caracterizador deste grupo étnico que se asentou no noso territorio e que deixou moitos restos na nosa toponimia, como Aldegode, Godás, Godas, Godóns, Godín…). Esta interpretación presenta a dificultade de explicar o u que aparece en Vilagude, cando o esperábel sería *Vilagode. De todos xeitos, podería explicarse como alteración metafónica producida pola influencia do i do xenitivo do que procede: villa godi>vila gudi; B) Por outra banda, existe outra explicación máis sinxela desde o punto de vista fonético, a partir do nome persoal latino ACUTUS, para o que contamos con rexistros desde época clásica e cuxo xenitivo sería ACUTI, do que derivaría gudi directamente. Sexa como for, o que está claro é que se trata dun topónimo de posesor e que a aparición do etnónimo goto e das súas variantes é notábel na nosa toponimia.
Moreira*
Manuel Reimóndez Portela
Por este nome de San Miguel de Moreira é coñecida, sen que se lle recorde outro.
Pertence esta parroquia á zona chamada Ulla Baixa coas outras: Arnois, Castro, Riobó, Berres, Oca, Paradela, Barbude e Ribeira.
LINDES: os lindes da freguesía son os seguintes: polo norte ten as parroquias de Barbude, Ribeira e un chisco de Berres; ao sur Lagartóns e Callobre, polo leste San Pedro de Ancorados e Callobre e polo oeste Aguións.
Por razón alfabética do seu nome correspóndelle o número 27.
Polo que atinxe á súa superficie está no número 14 con 585 hectáreas. Ten 511 habitantes de feito. Na actualidade o número de habitantes é de 397.

COMUNICACIÓNS: a principal vía de comunicación da parroquia é a estrada PO-2135, Callobre-Ponte Ledesma que a cruza pola banda leste e na dirección SO, NE. Preto xa da vila da Estrada por Ponte Liñares e de alí ten abertos os camiños a Pontevedra, Terra de Montes ou Santiago collendo á dereita e pola esquerda sae ás terras de Trasdeza, Deza, Ourense, etc. Na dirección a Ponte Ledesma sáese a Oca chegando a Balboa á Nacional 525 Santiago-Ourense. Outra estrada importante é a que partindo da Pía e Pica baixa ao encontro da estrada que, desde a vila por Barbude, Paradela, etc, á ponte da Ulla, sae dela a poucos metros da ponte Nogueira.
Cada lugar da parroquia é atravesado por pistas feitas pola concentración parcelaria, as comunicacións dos lugares son totais. Fíxose a concentración parcelaria do monte no ano 1999.
Abriuse unha pista importante coa concentración do monte en 1999, sae do pozo de López e cruza a que vai á ponte Nogueira á altura do Outeiro e segue á praia fluvial (zahorra). Outra é un tramo de camiño que cruza dos Sardiñeiros a Vilafruxil, cruza a que vai do Pico ao Sol e segue a enlazar no monte Molide en San Pedro de Ancorados.
Os camiños de carro chegan a montes e leiras.
HIDROGRAFÍA: o río Liñares polo sueste é o máis importante, como se sabe vai desaugar ao Ulla entre Santeles e Paradela.
Por outra banda as correntes de auga son escasas nesta parroquia, só como máis sobresaíntes é o regueiro da Charca que empeza preto da igrexa e pasa por Vilagude, baixando por Barbude, lugar de Ribeira polos Pozos do Liño, polas Carballas de Ribeira camiño da Pontes das Covas e o río Ulla.
PONTES: ao non ter ríos ou regueiros importantes non ten pontes aínda que si está a chamada Ponte Vella románica, que atravesa o Liñares uns 300 metros abaixo da actual ponte Liñares. Trátase dunha das máis importantes e características pontes dese estilo que aínda se poder ver na Estrada.
Non ten outras pontes nin pontillóns.
FONTES: Sardiñeiros en Moreira Vella, Darriba e Decoita en Outeiro; Sino, Prado e Pereira en Moreira Nova.
En Vilagude está a fonte do mesmo nome e mais a de Paredes, e a ae Abeneiral; a Fonte da Revolta na Pica. Actualmente está encanada e non é pública. A Fonte Grande e a Fontiña Pequena en Vilafruxil, e a Fonte de San Miguel, preto da igrexa.
OROGRAFÍA: trátase dunha terras con pendente cara ao oeste ás marxes do Liñares, os montes do leste son máis altos. E sobresae dentro dunha terra case que cha, o castro desta parroquia, no lugar de Vilagude. Actualmente está en tramitación a súa protección coa Dirección Xeral de Patrimonio da Consellería de Cultura.
CASTROS: ten un castro no lugar de Vilagude, no que tivemos a sorte de encontrar un anaco dun muíño de man de pedra. É un castro de pouca altura, rodéano leiras e monte, algunhas leiras teñen un voto de linde, onde atopamos o resto do muíño, que formaba parte do valo. Na casa dun veciño de Vilagude enterráronse máis pedras parecidas á que atopamos.
Ten lendas das que falaremos.
A PAISAXE: é fermosa cara ás ribeiras do Liñares; esas marxes cheas de árbores e sombras no verán son dignas de visitar.
Camiño real: pasaba por Pía e Pica cara á ponte vella (románica) sobre do Liñares e lindeira da freguesía (vaia Aguións), camiño da Estrada, polo outra banda pasaba por Vilafruxil para seguir por Campo Redondo en Berres camiño da Mota, etc.
PEDRAS: só ten a parroquia pedras con arte como son as románicas da igrexa e as dos cruceiros que aínda ten a parroquia e son as seguintes:
1 situación: parroquia de Moreira, no adro, fronte á entrada principal da igrexa.
Descrición: Plataforma: ocio ten unha base para o pedestal. Pedestal: un gran cilindro de pedra que remata nunha circunferencia maior e outra menor. Columna: redondeada con enfeites na base e remate, arrodeada dun artificio de ferro que partindo do pedestal a protexe. Capitel: cadrado con volutas estreitándose cara á parte inferior. Cruz: latina de bazos cadrados. Anverso: Cristo crucificado, testa inclinada á dereita e os pés separados, reverso, Inmaculada. Altura: uns cinco metros.
Inscricións: ningunha apreciable.
Conservación: boa.
Tradición: propia dos cruceiros erixidos nos adros.
Propiedade: pública.
2 situación: parroquia de Moreira, lugar de Vilagude, nun cruce de camiños. Trasladado, cando se fixo a concentración parcelaria (1978), para o cemiterio.
Descrición: plataforma: dun só chanzo, alto. Pedestal: cúbico. Columna: octogonal, comeza cadrada. Capitel: cuadrangular cun querubín en cada esquina. Cruz: latina de brazos cadrados. Anverso: Cristo crucificado, testa inclinada á dereita e os pés separados; reverso: Inmaculada. Altura : uns cinco metros.
Inscricións: non ten.
Conservación: mala.
Tradición: erixido nun cruce de camiños, na rota dalgúns lugares cara á igrexa.
Propiedade: pública.
Cruceiro: lugar de Vilagude, onda o camiño que vai a Ribeira
O cruceiro do médico foi restaurado por Manuel Nodar Magna, médico. A columna foi dun antigo cruceiro que houbo en monte Molide e os propietarios levaron a columna da casa para ese outro cruceiro.
3 situación: parroquia de Moreira, no centro do cemiterio parroquial.
Descrición: plataforma: tres chanzos cuadrangulares. Pedestal: cúbico cos bordes superiores rombos, con mesa. Columna: octogonal, comeza e remata cuadrangular. Capitel: latina, lisa, sen figuras, cuadrangular con bordes biselados.
Inscrición: non se observan.
Conservación: boa.
Tradición: hai uns dous anos tróuxose á súa situación actual; estaba nun cruce de camiños a pouca distancia da igrexa e viuse afectado polo trazado de pistas da concentración parcelaria, acordándose o seu traslado ao cemiterio, non sen a oposición dalgúns veciños.
Propiedade: pública.
Hórreos: esta parroquia ten curiosamente unhas cantas "hórreas" (por hórrea, enténdese nesta terra un tipo de construción máis ancha, como de dobre ancho dun hórreo propio doutras latitudes) pois deste tipo de hórreos (algún con celeiro) temos:
A hórrea da casa de Rodríguez da Pica.
En Vilagude as da casa de Pedreira, de Modesto e de Rodríguez, e poida que o de máis antigüidade sexa o da casa de Espinosa na Pica.
LENDAS: as lendas refírense ao contorno do castro onde ¿cómo non?, igual ca noutros lugares aparece unha galiña con pitos de ouro.
Tamén segundo nos refire Arca Caldas, oíu dicir que o cura de Moreira e outros amigos foron escavar ao castro e encontraron unha pía, que non seguiron cavando nin a sacaron de alí...
Polo que atinxe á pía do que leva nome o lugar chamado Pía, din os veciños que alí no lugar tiñan unha pía moi grande feita nunha peneda, e era de uso comunal, alí os veciños mazaban as mazás ou o millo..., desapareceu.
Moitos veciños din tamén que no castro habitaban os mouros...
Segundo unha curiosa lenda é a que di que no castro está enterrado o rei Gude (¿) e por iso lle chaman ao lugar de Vilagude...
HISTORIA: Jerónimo del Hoyo en 1607 recólleos desta parroquia: San Miguel de Moreras:
Hay en esta feligresía de San Miguel quarenta y cuatro feligreses. Los fructos se dividen en cuatro partes, las tres y un desmero y el iglesario donde vive el rector, pertenecen a la cura y la quarta al collegio Mayor de Santiago. Vale la parte del rector quarenta cargas de todo pan. Presentación del monasterio de San Martín, la fábrica tiene de renta dieciocho ferrados de centeno y dos y medio de mijo".
Catastro de Ensenada: os importantes datos do Catastro do Marqués de la Ensenada poden encontrarse no capítulo dedicado a este catastro, onde corresponde ao couto de Tabeirós, ao que pertencía esta parroquia con outras moitas.
Madoz (Pascual) nos anos 1846-50 deixou dito desta parroquia: "Moreira (San Miguel) feligresía en la provincia de Pontevedra (7 leg.) diócesis de Santiago (4) partido judicial de Tabeirós (1) ayuntamiento de La Estrada (1). Situada a la izquierda del río Liñares, su terreno llano y despejado la combaten los vientos NS y NE el clima es templado y saludable pues no se padecen otras enfermedades comunes que pulmonías, comprende los lugares de Debesa, Moreira Nova, Outeiro, Pía, Pica, Moreira Vella, Sestelo, Villagude y Villafrugii que reúnen 66 casas; escuela de primeras letras frecuentada por 70 niños de ambos sexos cuyo maestro percibe un ferrado de maíz por cada uno de los concurrentes, y distintas fuentes en la población y en el término para surtido de los vecinos. La iglesia parroquial (S. Miguel) se halla servida por un cura de provisión ordinaria e concurso.
Confina el término N. Ribeira, S. Callobre, E. Ancorados y O. Aguiones. El terreno es gredoso y de mediana calidad, por la parte occidental le baña el expresado, río Liñares que sirve de límites a la feligresía de Aguiones sobre el cual hay puente insignificante para facilitar su tránsito. Pasa por los términos de esta feligresía el camino que desde Santiago dirige a Carballino, Ribeiro de Avia y otros puntos y se halla en un estado regular. El correo se recibe de La Estrada por peatón. Produce maíz, centeno, patatas, nabos, castañas, lino y algún trigo: se cría ganado vacuno, de cerda, mular y lanar; hay caza de liebres, perdices y conejos. Industria, la agricultura y dos molinos harineros en estado de decadencia. Población: 66 vecinos,280 almas."
Nomenclátor Arrz. De Santiago, (1883): "Moreira (San Miguel) Tabeirós-Pontevedra-Estrada-Ecco.RI.
Entrada: 97 vecinos 286 almasEstrada.
Personal: Castro Maquieira D. José Parr. 37 años Tel. 5 años."
No censo do ano 1924 tiña 557 habitantes.
E. Álvarez Limeses escribe en 1936:
"Moreira (San Miguel). Dista 48 kilómetros de Pontevedra y 8 de La Estrada sus límites son: al N. con Barbud, al S. con Callobre, al E. con Ancorados (S.Pedro) y al O. con Toedo.
Entidades: Dehesa con 58 habitantes, Moreira Nova 112, Moreira Vella 59, Outeiro 55, Pía 14, Pica 63, Sestelo 15, Vilagude 137, Vilafrugil 27 y en diseminado 12 que hacen un total de 557 habitantes que tienen para su servicio una escuela mixta desempeñada por maestra.
No hay en ella montes que merezcan mencionarse y la bañan el río Liñares y alguno$ arroyos sin importancia. Pasa por ella la carretera Callobre-Puente Ledesma por la que hay servicio de automóviles.
El terreno es de regular calidad y la iglesia es muy antigua y sus principales fiestas son las de San Miguel y Santo Domingo".
IGREXA: a igrexa de Moreira é unha das mellores mostras da arte románica, estudada tamén por Hipólito de Sa, ao que seguiremos na súa descrición:
"...es una de las que sintió la mano de la renovación al ser ampliada su nave con lo que desapareció la portada románica y la fachada fue rehecha, para construír en la parte central el campanario barroco que tiene la iglesia. Consta de una nave y un bello ábside añadido a una porción rectangular del prebisterio. El ábside es semicircular. Interiormente un tramo recto enmarcado por dos pares de columnas adosadas, cubierto con bóveda de medio cañón y el tramo semicircular con bóveda de cascarón o cuarto de esfera... la planta inicial del templo hoy está modificada por las capillas construidas en los muros de la nave con lo que adquirió la planta de una iglesia de cruz latina.
El arco triunfal es semicircular y ligeramente peraltado con un pequeño cierre en el arranque. De la misma traza es el fajón sobre el que se apoya la bóveda del plebisterio. Los capiteles tienen ornamentación floral, excepto el primero del muro en el que se ve esculpida una imagen ecuestre en actitud defensiva. Un motivo ornamental nada frecuente en los capiteles". "....En el exterior completísima colección de canecillos que hay bajo el tejarzo del ábside de la nave; figuras humanas contorsionadas, músicos, cabezas de animales, monstruos sin que falten los de bisel y los visigóticos de rollos... rosetas diversas...capiteles de las columnas adosadas al ábside, la arquivolta de la ventana del ábside es tórica con pequeños triángulos de bezantes en las caras frontal e interior rodeada por banda de billetes en el arranque y de ajedrezado en la parte central."
Dinos Luna Sanmartín en "A Estrada Romanica" (1999): o nome da freguesía deMoreira, "morera", vén, quizais, das moras, moi abundantes nas silveiras desta parroquia. Aínda que non podemos esquecer que os lugares, onde vivían os protagonistas dos nosos contos infantís, os mouros, eran chamados morerías. Moreira sinala na toponimia sitios nos cales a rocha ou o terreo se presentan dunha cor escura ou morena.
Sabemos que o arcebispo Juán Arias no seu testamento, datado o 20 de abril de 1266, lle fai unha doazón do Casal de Moreira a Santiago. Pertenceu esta igrexa ao mosteiro beneditino de San Martiño Pinario pasando posteriormente á Coroa.
Na bula de Clemente VII, datada o 25 de marzo de 1525, aparece como tributaria para o colexio maior de Fonseca da Universitaria de Santiago a parroquia de San Miguel de Moreira.
Unha igrexa dunha soa nave:
A igrexa de San Miguel de Moreira era orixinalmente dunha soa nave e posúe unha ábsida semicircular. Por mor das obras levadas a cabo nela, no século XVIII co obxectivo de ampliala, perdeu a fachada occidental, a principal, onde se ergueu o campanario de dobre corpo e parte das fachadas laterais da nave quedaron seriamente mutiladas.
Engadiuse a sancristía á fachada setentrional e unha capela moderna á fachada meridional. A transformación estaba completada. A nave ten na actualidade unha planta de cruz latina.
O aleiro da nave de San Miguel que perviviu ás reformas do S. XVIII ten o chafrán decorado con bólas, este sostido, por unha boa colección de canzorriños: de proa, de forma picada, de mazás, atleta espido en forma invertida, cabeza de bóvidos e outros que por mor da súa mala conservación non podemos apreciar a súa forma.
No testeiro da nave, unha seteira, ábrese cara a oriente.
O exterior da ábsida:
Para que o estudo da ábsida resulte máis doado dividímola en cinco partes. Dúas corresponderíanse cos tramos rectos e as tres partes restantes, sitas no tambor, co tramo semicircular.
Os tramos rectos da ábsida, delimitados por dous contrafortes rectangulares, únense directamente coa nave. Dúas columnas acaroadas ao tambor divídeno en tres tramos semicirculares. Estas columnas teñen as bases de perfil ático con garras. O seu plinto vai decorado, mais resúltanos difícil unha decisión exhaustiva por mor do desgaste da pedra. Os fustes están formados por oito semitambores. Son moi curiosos e orixinais os capiteis historiados destas columnas acaroadas á ábsida.
Descrición e interpretación dos capiteis do exterior da ábsida:
O capitel meridional móstranos no centro da cara principal unha figura humana vestida cunha túnica curta e cos brazos abertos tratando de separar a dous ameazadores cuadrúpedes -leóns que teñen as patas enredadas nun talo ou ¿é unha corda?. O capitel ofrécenos un dos temas máis habituais do románico galego: Daniel salvado dos leóns, (a imaxe da alma salvada do mal). Esta mesma temática repítese nun capitel conservado no museo de Pontevedra da igrexa de Santa María de Bermés (no concello de Lalín).
Constantino Neira Baloira na "Compostellanum" interpreta este capitel:
"O personaxe pode representar un domador de feras (león), simbolizando a Cristo triunfador.
Pode personificar a Sansón, persoeiro bíblico ou a Gilgamesh, persoeiro sumero. Simbolizando o home como rei da creación.
Podería encarnar o profeta Daniel cos Leóns.
Os perigos, cos que estaba sometido o peregrino, simbolizados polos leóns e a axuda e protección do Apóstolo.
Pode plasmar o mago Fileto, compañeiro de Hermóxenes, convertido polo Apóstolo. Ou o mesmo Hermóxenes antes da súa conversión."
O capitel setentrional está formado por tres figuras humanas. Unha delas axeonllada sostén contra si un longo báculo, mordido por unha serpe ondulada aparecida entre esta e a figura central. A cara principal do capitel está representada por un personaxe, de túnica longa ata os pés, que sostén nunha man unha bolsa ou vasilla e mesmo parece recibindo algo do personaxe da esquerda.
Fixádevos na interpretación de Neira Baloira:
"Representaría a chegada do peregrino á meta." Seguiríase, deste xeito, coa temática xacobea.
Agora ben, para Neira Baloira, esta explicación non enchería o derroche iconográfico deste capitel, por iso segue matizando:
"Podería significar o acto da conversión do mago Hermóxenes,a claudicación deste ás súas artes nigrománticas; a entrega do caxato polo Apóstolo en sinal da conversión e como talismán para vencer os demos e por último o seu bautismo administrado por Santiago a quen axuda un dos seus discípulos."
Os dous capiteis están unidos directamente ao fuste, carecendo de astrágalo e colariño.
O beirado da ábsida presenta unha interesante novidade:
No beirado da ábsida hai unha ringleira de canzorros historiados, que presentan como novidade o ter decorado, no espazo que queda libre entre eles, flores estreladas , o que nos lembra ao das Praterías), inscritas nun círculo de seis puntas cun botón central.
Os canzorros, comezando polo máis meridional, representan os temas seguintes: personaxe que leva algo á boca coas dúas mans, animal identificado coa boca aberta, cabeza de animal, músico sentado apoiando o arco sobre unha viola, atleta espido en posición invertida, monstro, cabeza de bóvido, cuadrúpede decapitado.
Unha ventá no tramo central da ábsida.
A ventá ábrese no tramo central da ábsida, posúe unha chambrana de billetes nos arranques que se transforman en tacos na parte central. A arquivolta está decorada con flores de tres pétalos camosos ou pequenos triángulos.
Érguese este conxunto sobre dúas pequenas columnas acaroadas. Estas columnas teñen as bases de perfil ático, o fuste monolito e os capiteis están enfeitados con motivos vexetais de mazás e de follas rizadas. No centro ábrese unha seteira que na actualidade está cegada.
Interior da ábsida:
No interior da ábsida podemos apreciar o arco triunfal de medio punto peraltado e cun pequeno peche no arranque. Paralelo a este, coa mesma directriz, está o faixón ou perpiaño.
Catro columnas acaroadas, apoiadas nun rebanco que percorre todo o presbiterio, sustentan estes dous arcos. Estas columnas teñen as bases de perfil ático e o plinto redondeado. Os frutes son de cinco semitambores irregulares. Os ábacos, engalanados con floriñas hexapétalas, enmarcadas nun círculo, están unidos por unha imposta de billetes que rodea ao presbiterio. Dende a parte frontal, ata os muros laterais da nave, a imposta é lisa.
Na procura dunha descrición e interpretación dos capiteis do presbiterio:
Os capiteis setentrional dos dous arcos, triunfal e faixón, están enfeitados con motivos vexetais, follas rizadas rematadas en espiral.
Os capiteis medirionais representan motivos ornamentais nada frecuentes, o mesmo có capitel meridional de arco triunfal, que tamén representa na cara longa unha imaxe ecuestre, o cabaleiro suxeita coa man dereita as rendas e coa esquerda suxeita un gran como na boca. Esta é a interpretación de Neira Baloira:
"Un guerreiro está a convocar a mesnada para ir á guerra.
Un heraldo que invita os divinos oficios, ou que chama as xentes ao traballo, as xuntas de vecindario, o pagamento de gabelas, os cans para unha cacería...
Sobriño de Carlomagno, en actitude de obedecer a razóns do bispo Turpín, fai soar o como da guerra."
E nas caras estreitas representa nunha cara un personaxe vestido ata os pés suxeitando nas súas mans un libro. Velaí a interpretación:
"Un sacerdote ou outro servidor da igrexa desempeñando o seu labor ministerial.
Pode representar un peregrino cantando o "E ultreja", os milagres de Santiago ou "La chanson de Roland".
E na outra cara representa outro personaxe vestido tamén ata os pés, cunha parella de pombas nas súas mans.
Pode significar as novas ofrendas ao Señor, representándoas co ofrecemento, feito no templo de Xerusalén pola Sagrada Familia, dun par de pombas.
Pode simbolizar o milagre do aforcado, segundo a tradición compostelá, en contra da rioxana de Santo Domingo da Calzada.
O capitel meridional do arco faixón está ornamentado con motivos vexetais no medio dos cales xorden dúas cabezas: unha humana e outra dun félido.
"O lavatorio de pés" de Frameán
Na ábsida de San Miguel de Moreira hai uns frescos, pintados polo mestre Frameán.; representan unha paraxe da vida de Xesucristo: o lavatorio dos pés. A similitude das formas, cores e tema traenos á mente as pinturas descubertas en Santiago de Tabeirós en xaneiro de 1998. Estes frescos estiveron ocultos por unha capa de cal debido á obrigatoriedade de encalar os establecementos públicos para poder loitar contra a propagación das enfermidades epidémicas, tan cotiás nesa época.
Sistema de abovedamento da ábsida
O tramo recto da ábsida, entre os arcos triunfal e faixón, está cuberta por unha bóveda de canón peraltada, ao igual que as directrices dos arcos. A parte semicircular, sita a partir do arco faixón, posúe unha bóveda de forno, cascarón ou cuarto esfera.
Hipólito de Sá tamén nos fala das pinturas murais que ten esta igrexa, máis neste senso imos seguir o que nos di Trapero Pardo.
"...en el ábside de San Miguel de Moreira hay restos de un fresco con figuras toscamente dibujadas. Representan la Wcena del Lavatorio de los pies de los Apóstoles. En los grupos de éstos la perspectiva se ha logrado por la colocación gradual y ascendente de las cabezas. La figura de cristo nimbada con los haces de rayos, distintivos de la divinidad, vuelve el rostro al frente con mayestático aspecto. El Apóstol al que el maestro le lava los pies se halla en actitud orante. En el rostro pasa a la tosquedad del dibujo y de la deficiencia anatómica de los miembros, es fácil observar el asombrado y admirativo " Dómine tu lava mihi pedes" del relato evangélico. El fondo se decora con elementos de tipo vegetal repetidos en torno a las figuras a fin de cubrir los espacios en blanco.
Por la técnica empleada en el sombreado por el trazado de los paños e el que el paralelismo no es acusado consideramos de final de XVI estas pinturas.
La concepción del grupo estudiado de abajo arriba para dar más sensación de distancia, la forma de frontalidad de los rostros y de empastar el colorido nos lleva a considerar estos restos de pintura mural como obra de artista influenciado por tendencias distintas de los muralistas de las iglesias orensanas y lucenses y a juzgarlos obras de alguno de los decoradores o entalladores que trabajaron en las iglesias pontevedresas.".
Trapero Pardo, José 7/ Pintura Mural", Vigo 1965,p.34.
Campás: campá grande. I.H.S. MARÍA Y JOSE AÑO DE 1883, J. LISTE EN ORAZO. Pequena : I.H.S MARÍA Y JOSE AÑO 1879, J. LISTE EN ORAZO.
Nos últimos vinte anos vénse observando unha gran devoción á Virxe de Fátima. Hai dúas imaxes na igrexa, unha delas (a da sancristía) sae da procesión polos distintos lugares da parroquia.
CASAS NOBRES: Como casa nobre entendemos que é a chamada casa de Pica ou sexa a casa de Espinosa, onde viviu dona Mercedes Cervela, viúva de Losada Diéguez, con amplas chemineas, e cociña galega con gran lareira e un escusado de cantería; na actualidade pertence a Miguel Espinosa, farmaceútico da Estrada, hoxe propiedade dos seus herdeiros.
Ten tamén esta parroquia outra casa feita cos restos de pedra da casa onde estivo o concello nesta parroquia. Aquela casa destruíuse en 1940 e fíxose nela outra nova, movérona só tres metros máis adiante da pista antes camiño. O lintel rectificouse á medida. A casa pertencía a María Ballesteros, e de 1934 a 1940 viviu alf Francisco Loimil. No lintel aínda se le "ESTA OBRA LA ICO FRANCISCO RIVADAVIA TABOADA".
No ano 2003 inaugurouse polo San Miguel a nova reitoral, de pedra, planta cadrada e dúas plantas. Vendéuselle unha parte de terreo no igrexario a Talleres Carpintería de Moreira.
Obsérvase a restauración de moitas casas antigas, o que indica recuperación do patrimonio e o alto índice de poboación.
FESTAS DA PARROQUIA: San Miguel (patrón) o 29 de setembro, o día 30 San Roque e o domingo seguinte o refestexo con festa do Santísimo Sacramento. Santo Domingo o primeiro sábado de agosto e ao domingo seguinte Santo Antón.
A partir do ano 2000 vénse facendo un festival folk na véspera do Santo Domingo, no campo da festa, en virtude dun movemento cultural forte e a presenza de músicos tradicionais na parroquia. Esta festa empeza a ser coñecida coma "ás vésperas" facéndose a organización desta festa por lugares.
FEIRAS: houbo na Carballeria da Pica (ou Carballeira do Outeiro) unha feira a que lle chamaban "a feira da borralla" (¿).
INDUSTRIA: non ten nin tivo... só o muíño chamado O Fouleiro, no río Liñares. Enténdese que carece de industria dado que case que non ten regueiros importantes.
Actualmente conta coas seguintes industrias:
Esténdese pola parroquia a empresa de aluguer de complementos para a construción Galisec, aínda que radica en Ribeira.
Tamén hai torneiros de tomo.
Unha importante fábrica de madeira "Carpintería de Moreira", de grandes dimensións, no lugar de Moreira Vella.
PRAIA FLUVIAL, CO SEU ATRACTIVO TURÍSTICO
Polo que atinxe ao ENSINO préstanllelo aos escolares da parroquia os centros da Estrada ou do Foxo.
No aspecto SANITARIO son atendidos por médicos e o ambulatorio da Seguridade Social da Vila.
En canto aos DEPORTES pódese cazar nos montes da parroquia (caza menor) e pescar no río Liñares, alí preto.
Hai un campo de fütbol no lugar de Moreira Vella.
Mellorou moito a parroquia no senso ECONÓMICO cun maior nivel de vida, con auga nas casas e servizos, luz eléctrica e iluminación pública.
A TELEFONÍA e practicamente toda de par de cobre.
COMERCIO: Carballo Grande, restaurante en Moreira Vella. Hai tamén unha perruquería e unha taberna na Pica.
LOCAL SOCIAL: a escola antiga en Moreira Vella, reconvertida en local social, onde hai actividades.
Hai "Asociación de mulleres rurais de 2003", "Asociación de veciños Santo Domingo de Moreira", con máis de 200, socios e fanse cursos de pintura, pandeireta, cociña, ximnasia. Fanse reunións e polo Entroido filloas e inauguración do ano.
PERSOAS SOBRANCEIRAS: Xosé Manuel Mosquera Carbón (Xoseme) 1960-1982. Poeta e activista cultural da parroquia, a pesar da súa curta vida, déixanos poemas como Cambeando o día da pátria publicados na revista Dorna. Sacou un libro de homenaxe, "Xoseme poeta", Edicións Fouce da Asociación Cultural "A Estrada".Tamén lle dedicou un interesante artigo Pablo Porta en Tabeirós Terra nIII.
"Dame a túa man Irmán
Enxuga o pranto
E aperta forte
Que eiquí
Non colle a morte
Dos descoidados"
Baltasar, acordeonista, compuxo a "Muiñeira Rey Osorio", do lugar de Vilagude.
OUTROS DATOS: segundo Xosé Sanmartín: "El arzobispo D. Juan Arias en su testamento fechado el 20 de abril de 1266 hace a Santiago Donación del Casal de Moreira.
Hacia 1500 era Señora de esta parroquia Doña Beatriz Troncoso y Álvarez de Sotomayor hija del noble señor D. Fernán Troncoso y Álvarez, ex abad del monasterio de Leirado.
La iglesia es de 1160.
En el ábside del templo se conservan restos de pinturas al fresco, trabajo de finales del siglos XVI, del pintor Maestro Framena, representando el lavatorio de los pies de los apóstoles.
Fonseca anexo a la fundación del Colegio-Universidad la iglesia de San Miguel.
En Moreira Vella apareció un pequeño ídolo prerromano, sin identificar.
En 1266 existen datos de que ya en esta fecha estaba hecha la iglesia de Moreira."
TOPOMINIA MENOR: son de destacar nesta parroquia os nomes de Castro, Porto dos Carros, A Muxica, O Raposo, Os Penedos a Pía e Pica.
PLANTÍO DE S.M O REI: "Dehesa y Vivero Real, desta feligresía. La dehesa se halla sita en el monte de los Feáns, cavidad 50 ferrados poblado de robles primera calidad, L.N.P y M. monte llamado de los Feáns.
El Vivero se halla sito en dicho monte de los Feáns, cavida dos ferrados, primera calidad, cerrada sobre sí."
Hoxe convertido en labradío e algún monte, moi bo terreo, non atopamos marcos.
* A Estrada rural.1990 Ed.. 2007.

Pedro Varela
Parroquia de 105 cabezas de familia e 497 habitantes, que dista da Estrada uns 5 quilómetros. Está situada nun outeiro á dereita do río Liñares.
En canto á antigüidade da freguesía sabemos unicamente que non é pouca: o arcebispo D. Xoán Arias no seu testamento, datado o 20 de abril de 1266, fai doazón do casal de Moreira. Na bula de Clemente VII, con data de 25 de marzo de 1525, aparece como tributaria esta parroquia para o Colexio Maior de Fonseca, da Universidade de Santiago.
Os barrios habitados polos mouros durante o seu fugaz e accidentado dominio en Galiza, foron chamados mourarías, das que se pensa que derivan as denominacións de Mourente, Moureira e Moreira. No noso caso ben pode acontecer que a freguesía deba o seu nome a ser aquela comarca fecunda en amoras de silveira, contra a opinión dos que o derivan demoreira, árbore de cuxas follas se alimenta o verme da seda, descoñecido na nosa rexión.
Lugares: A Devesa, Moreira Nova, Moreira Vella, O Outeiro, A Pía, A Pica, Sestelo, Vilagude, Vilafruxil e Ponte Nogueira.
A Pía: non encaixa mal esa denominación a este lugar por estar situado nunha depresión do terreo onde a auga se encharca con facilidade, mais parece que adquiriu o nome dunha grande pía de pedra que alí se atopou hai moitos anos. A Pica (ou pico), debe a súa denominación a estar situada nunha altura ou picouto. Sestelo vén de sesta, “punto sombreado para acubillar o gando nas horas calorosas do estío”. Vilafruxil, “lugar abundante en froitas”.
Lindeiros: norte, Berres; sur, Callobre e Lagartóns; leste, Callobre e San Pedro de Ancorados; e oeste, Aguións e Barbude.
Vías de comunicación: a estrada de Callobre a Ponte Ledesma; camiños veciñais antigos; a Ponte Nogueira, a Ponte Vella e os pontillóns de Fouleiro e Canizas.
Bañan a parroquia o río Liñares e o regato de Ponte Canizas.
O ensino primario consiste nunha escola nacional servida unha por mestra.
Hai en Moreira unha sociedade de agricultores.
No eclesiástico: Moreira ten por patrón a San Miguel. O curato é de entrada, pertenceu ao mosteiro bieito de San Martiño Pinario e hoxe pertence á Coroa. A Igrexa, de regular importancia, ten unha ábsida románico-bizantina, e o demais fíxose no século XVII.
Festas anuais: San Miguel, o 29 de setembro; Santo Domingo, o 4 de agosto; San Roque, o 30 de setembro; o Sacramento, o primeiro domingo de outubro; San Antonio, o cuarto domingo de xuño.
En 1836 funcionaba en Moreira, no lugar da Pica, o Concello da Estrada.
En termos da parroquia, no punto coñecido por Pinarzas, está o salto e fábrica da nova empresa de luz eléctrica que ilumina A Estrada.
*Pedro Varela, A Estrada, 1923.