Limiar
Manuel Cabada Castro
Un traballo biográfico e interpretativo sobre a actividade política e literaria de Xosé Manuel Cabada Vázquez (1901-1936) podería parecer á primeira vista innecesario ou irrelevante, dadas a súa curta vida e a dimensión cultural acadada por outros persoeiros de máis longa andaina, que con el nembargantes compartiron, en varios casos, parte da súa actividade. Mais coido que é importante para o devir social, cultural e político de Galicia realizar, aínda que sexa paseniñamente, achegas concretas e particulares sobre o noso inmediato pasado, sen preterir en principio a ninguén, para dese xeito sabermos onde estamos e en que grao nos debemos a persoas aparentemente sen importancia que loitaron, sen embargo, con teima e ousadía por unha Galicia nova.
Para min persoalmente foi en calquera caso un sorpresivo descubrimento ir percibindo, a través de pesquisas e lecturas en xornais e outras publicacións periódicas das primeiras décadas do século XX, a riqueza e inquietude cultural e social desta época. Ten sen dúbida razón Villares Paz cando, referíndose ós decenios finais do século XIX e ó primeiro tercio do século XX, di o seguinte: "Esta é unha das etapas máis ricaces da historia toda de Galicia, porque no seu curto decorrer aconteceron transformacións tan sinaladas que mudaron de vez a capa da realidade histórica galega [...] Estas mudanzas foron decisivas para a configuración da Galicia actual non só por un afán interpretativo de carácter xenético, senón porque constitúen, xunto co primeiro século da nosa era, a época de Xelmírez ou os anos baixomedievais, un período fundamental no devir histórico de Galicia [...] Na Galicia que vai da crise finisecular á guerra civil ensaiáronse, con grande intensidade, os cambios que dan conta da incorporación de Galicia ao que xenericamente podemos denominar modernidade" 1.
É, sen embargo, de todos coñecida, aínda que non por todos persoal ou existencialmente realizada, a cesura que supón neste movemento cultural e social a guerra civil española co réxime autocrático xurdido dela. Un réxime que —como indica Isaac Díaz Pardo (fillo do que foi grande amigo de Cabada Vázquez, Camilo Díaz Baliño)— "sobre todo na Galiza, secuestrou a memoria histórica" 2. De aquí que sexa preciso "rememorar", se é que queremos verdadeiramente saber e coñece-la historia que condiciona o noso presente.
En canto a Xosé Manuel Cabada Vázquez, son varias as queixas do seu "inxusto esquecemento" 3. No seu "Estudio" introductorio á reedición do volume de versos, Vagalumes, dirá tamén X. Alonso Montero: "Descoñecido pola 'clase política' do noso país e por unha boa parte da 'clase ilustrada', só un número moi pequeno de 'lletraferits' ten noticia, unha certa noticia, da existencia de Xosé Manuel Cabada Vázquez" 4. Ben é verdade que un grupo de "bos e xenerosos" estradenses non deixaron de se facer presentes, ano tras ano, arredor da súa segunda e definitiva tumba na súa terra natal de Codeseda en cada cabodano da súa morte, cunha sempre emotiva ofrenda floral ó poeta. Á "Asociación de Fillos e Amigos da Estrada" correspóndelle, por outra parte, o mérito de ter levado a cabo en 1989 a mencionada reedición de Vagalumes, coa devandita introducción de Alonso Montero, na que este rescata por primeira vez dun certo illamento a biografía e a actividade literaria do poeta de Codeseda. Polo demais, eu mesmo tiven a satisfacción de poder editar recentemente a obra completa 5 do escritor estradense, no marco do "Ano Cabada Vázquez" dedicado polo Concello estradense a lembra-la súa figura no primeiro centenario do seu nacemento 6.
Sen embargo, era preciso afondar na súa biografía e no contexto ideolóxico dos seus escritos. O mesmo Alonso Montero indica no seu "Estudio": "cómpre recoñecer que existen nela [na biografía] imprecisións e lagoas" 7.
A miña intención, pois, con este pequeno estudio é xustamente contribuír a dar a coñecer, da maneira máis ampla posible, a traxectoria vital dun xove estradense que, na súa actividade política e literaria, tivo sempre a Galicia como obxectivo e paixón fundamentais.
Deste xeito quero ó tempo pola miña parte —en canto familiar de quen os seus sobriños seguimos a chamar aínda "tío Pepe" (sen que a súa prematura morte me permitise, sen embargo, poder chegar a coñecelo)— amosarlle o sinxelo recoñecemento á súa persoa e ó seu traballo político e cultural a prol das xentes de Galicia.
Debo indicar, finalmente, que son verdadeiramente moitos os arquivos, bibliotecas, hemerotecas, persoas, etc. que coas súas informacións e axudas de moi diverso tipo contribuíron de maneira decisiva a que este estudio fose tomando forma concreta e chegue agora ás mans do lector. Quero facer aquí, sen embargo, mención alomenos da Hemeroteca Municipal de Madrid e das Bibliotecas da Universidade de Santiago, Penzol de Vigo, Pública Provincial de Pontevedra xunto co Museo desta mesma cidade; dos Arquivos non podo deixar de nomear o "General de la Administración" do Ministerio de Educación e Cultura en Alcalá de Henares, o "General Militar" de Guadalajara, o Universitario de Valladolid, o do Instituto Nacional de Linares, o Histórico Universitario da Universidade de Santiago, o do Arcebispado e Seminario de Santiago, o Histórico Provincial de Pontevedra e o do I. B. "Sánchez Cantón" desta mesma cidade. En canto ás informacións e axudas recibidas de moi diversas persoas, séxame permitido nomear a Isaac Díaz Pardo, Antón Fraguas Fraguas, Xavier Castro Pérez, Justo González Beramendi, Luis Lamela García, Xosé Luís Bóveda Álvarez, Evaristo Rivera Vázquez, José Antonio Durán Iglesias, Olga Gallego Domínguez, Xulio Rodríguez, Xulio Arca Filloy, Mario Blanco Fuentes, Xoán Carlos Garrido Couceiro, etc., entre outras persoas amigas que me saberán disculpar se os seus nomes non poden figurar neste curto Limiar 8. A todas elas (sen esquecer, naturalmente, a cooperación constante recibida de meus irmáns Lino, J. Adolfo, Jaime e Pablo, depositarios da biblioteca do poeta e político de Codeseda 9) o meu máis sincero agradecemento.

I. Nacencia, familia, amores e dores
Terra, augas e airiños ... onde se nace fan á persoa e ó poeta. O niño quente de agarimos desde o que o neno Xosé Manuel olla e sinte por primeira vez o mundo é o lugar de Barro, parroquia de Codeseda, no concello pontevedrés da Estrada. O fermoso val, ó que dá vida e lentura o maino río Umia ("¡Ouh río Umia, feitizado río, / que, sempre que te eu vexo, en min espertas / meus tempos ledos e o relembro sagro / da miña edá primeira! ..." 10), linda xa coas altas terras de Montes. Todo o verdor e a vida íntima da Galicia interior teñen aquí expresión e condensación. Desde este seu berce natal vai aprende-lo poeta a sentir e a cantar a Galicia enteira.
Velaquí o que se di no libro de bautizados da parroquia de Codeseda:
"En la Iglesia parroquial de San Jorge de Codeseda, distrito municipal de La Estrada, en la tarde del día seis del mes de diciembre, año de mil novecientos uno, yo Dn. Manuel Eirín Cadavid, coadjutor de ella, con licencia expresa de D. Agustín Salgado, cura párroco de la misma, bauticé solemnemente, puse los santos óleos y por nombres José Manuel, a un niño que nació por las tres de la mañana del mismo en la aldea de Barro, hijo legítimo de Manuel Cabada y María Josefa Vázquez de esta vecindad en dicha aldea y oriundos el primero de la de Marcenlos y la segunda de la misma de Barro. Abuelos paternos: Antonio Cabada y Josefa Prieto, vecinos de la dicha de Marcenlos de ésta y oriundos el primero de la próxima de Santa Marina de Rivela yº la segunda de la propia de Marcenlos. Maternos: José y Manuela Gil, vecinos de la de Barro y oriundos el primero de ella misma y la segunda de la inmediata de Santo Tomás de Quireza en el distrito municipal de Cerdedo. Fueron padrinos los referidos abuelos maternos".
Couceiro Freijomil, no seu coñecido Diccionario bio-bibliográfico de escritores, indica que o noso poeta "nació en Codeseda, parroquia de Santa María de Leira" 11. Como se ve, trátase dun erro, debido moi probablemente a que o erudito escritor debeu de pensar que Codeseda —a parroquia á que pertence o lugar de Barro— era en realidade o lugar denominado tamén Codeseda pertencente á parroquia Santa María de Leira, no concello de Ordes. Como na súa importante Historia da literatura galega contemporánea Carballo Calero —seguindo seguramente o escrito por Couceiro Freijomil— repite practicamente o mesmo erro, semellando sementar case máis confusión ó dicir do poeta que é "nado en Santa María de Leira, Codeseda (Pontevedra)" 12, haberá que insistir definitivamente en que Xosé Manuel Cabada Vázquez ten o seu lugar de nacemento no lugar de Barro, parroquia de San Xurxo de Codeseda, do concello da Estrada (Pontevedra), o día 6 de decembro de 1901. Porque tamén sobre a data de nacemento tanto Carballo Calero, na mesma obra 13, como Fernández del Riego, na súa Antoloxía de Poesía Galega 14, indican erroneamente que o poeta de Codeseda é nado un ano antes, no 1900.
Se, segundo o rexistro eclesial, nacemento e bautizo de Xosé Manuel ocorren no mesmo día 6 de decembro, será xa no día seguinte cando o seu tío, Bonifacio Vázquez Gil, solicita a inscripción no rexistro civil da Estrada perante o xuíz municipal Manuel Otero Vinseiro e o Secretario Xoán Ciorraga, facendo neste acto de testemuñas Jesús Porto Mariño e Pelaio Pazo Álvarez.
A elección do nome Xosé Manuel para o futuro poeta debeu de ser fácil, dado que tanto pais coma padriños tiñan, todos eles, como nome de pía ou Xosé (Xosefa) ou Manuel (Manuela). Pola súa orixe familiar o poeta ten —como se ve— raíces non somentes estradenses, senón tamén na Terra de Montes, dado que a súa avoa materna (e madriña), Manuela Gil Guerrero, procedía de Quireza, concretamente do lugar de Laxoso. En canto ó seu avó materno (e padriño), José Vázquez Vázquez, era natural de Codeseda, fillo de Manuela Vázquez Vázquez, e finou nesta mesma parroquia o 27 de marzo de 1914, ós 78 anos de idade, cando o seu neto e afillado Xosé Manuel tiña doce anos.
Os pais do poeta, Manuel Cabada Prieto e Xosefa Vázquez Gil, eran labregos, aínda que seu pai traballaba tamén como contratista de obras, profesión na que se iniciaría seguramente da man dos seus cuñados, Manuel —constructor e contratista de obras tamén— e os irmáns deste, Bonifacio e Gerardo Vázquez Gil. Os dous últimos (Gerardo despois do falecemento en 1920 de Bonifacio en Pontevedra) chegaron a acada-lo cargo de Axudante de Camiños Provinciais 15. Pódese dicir que esta profesión relacionada co traballo en obras públicas foi, polo tanto, común ós tres irmáns da nai do poeta, María Xosefa, se deixamos de lado á súa outra irmá, Esperanza.
Hai que sinalar que a esta liña parental materna, é dicir, á dos Vázquez, vai estar de feito moi vencellada a vida e a relación familiar do poeta. E, de maneira máis concreta, será especialmente co seu tío materno Gerardo Vázquez Gil con quen Xosé Manuel terá unha vinculación máis estreita. Gerardo —como seu irmán Manuel e outros parentes próximos do poeta (curmáns, etc.)— foi tamén emigrante. Será precisamente a Gerardo ("Pra meu tío Gerardo Vázquez, con filial cariño") a quen o poeta lle adicará en Vagalumes o seu poema Morriña:
"¡Ouh lembranza! No porto unha nave,
—do Poeta o 'negreiro vapor'—
xente e xente a tragar, e non sabe
tanta xente a onde vai. ¡Forte dor! ..." 16.
No poeta de Codeseda será precisamente a inxustiza social que leva á emigración unha das actitudes que máis denunciará nos seus versos, como ocorre no poema Vítimas, que ten a seguinte adicatoria: "Pra os galegos emigrados alén-mar".
Sen embargo, na emigración seu tío Gerardo traballa e estudia, chegando a acadar, concretamente no día 21 de maio de 1913, o título de "Engenheiro Civil e Industrial" no "Instituto Americano de Engenharía" da "Universidade Escolar Internacional" de Río de Janeiro. Despois da súa volta a Galicia accederá ó cargo de "Axudante de Vías e Obras da Provincia". Pero os éxitos profesionais non estiveron exentos de adversidades familiares. E o novo poeta, que fixera a súa estrea na arte poética no ano 1923 vai sentir fondamente, vencellado como estaba de preto ó seu tío, as desgracias que lle afectaron a aquel coma se fosen súas propias.
En efecto, no ano seguinte, no fatídico 1924, perderá Gerardo primeiro á súa dona e, poucos meses despois, á súa única filla Dorinda (Dora), quedándose só co outro fillo, de nome tamén Gerardo ("Gerardiño").
En canto á súa aínda xove dona, Manuela Iglesias Álvarez (da que aínda vivía a nai, Segunda Álvarez Gil), morre en Pontevedra na tarde do domingo 25 de maio de 1924. Do seu enterro, ó día seguinte, faise eco a prensa nestes termos: "Al acto asistieron numerosísimas personas de todas las clases sociales de nuestro pueblo, prueba de las muchas amistades con que contaba la finada y su apreciable familia. En la presidencia del duelo figuraban el franciscano P. Luis M. Fernández; el alcalde señor García Solís; el representante de la Arrendataria de Tabacos señor Riestra Calderón; el concejal de nuestro Ayuntamiento señor Lesteiro; el inspector de Higiene pecuaria señor Buela; el jefe de caminos provinciales señor Domínguez y los arquitectos de Hacienda y provincial señores López Hernández y Argenti" 17.
Sete meses despois de perde-la súa dona, o día 27 de decembro de mesmo ano 1924, mórrelle tamén en Pontevedra a Gerardo Vázquez a súa filla Dorinda, curmá do poeta e especialmente querida por este. Os xornais fanse eco de novo desta dolorosa perda ("después de larga y cruel enfermedad", segundo se di en "Vida Gallega" 18), que afecta unha vez máis duramente a pai e familiares. Sobre o seu enterro dise no xornal "Galicia" de Vigo: "Fue conducida en hombros por sus amigos y compañeros de estudio Sebastián López de Castro, José Cabada Vázquez (primo-hermano), Luis Senn y Cándido Diz. Recogían los cordones Enrique Barreiro, Roque Cao, Manuel Casalderrey y Fermín Díaz, también amigos y compañeros. Integraban el duelo el director del Instituto D. Ramón Sobrino, con los catedráticos del mismo D. Daniel Fraga y D. Alfredo de la Iglesia, como profesores de su predilecta exalumna; el reverendo Padre Luis [Fernández], su director espiritual, el alcalde D. Mariano Hinojal, con los tenientes alcaldes Sres. Caramés, Lesteiro y Vilanova y, en representación de la familia, el subdiácono D. Jorge Vázquez, primo-hermano de la finada" 19. Na revista viguesa "Vida Gallega" fálase do "enorme gentío que la acompañó a su última morada". A presencia de varios docentes do Instituto de Pontevedra no enterro da curmá do poeta ten, por outra parte, a súa razón nas sobresaíntes cualidades persoais e intelectuais da xove Dorinda, tal como se indica así mesmo en "Vida Gallega": "El Director del Instituto don Ramón Sobrino con los catedráticos señores Fraga y de la Iglesia se ofrecieron en nombre de dicho Centro para presidir el duelo en la conducción al cementerio de la que en vida había sido una de sus alumnas más predilectas y la primera y única que en dicho Centro mereció 26 matrículas de honor y premio extraordinario con título a mérito en los exámenes de grado. En la Universidad de Santiago, en donde comenzara sus tareas, continuó dando manifiestas pruebas de su precoz inteligencia y decidida voluntad, mereciendo siempre las más honrosas calificaciones" 20. A malograda Dorinda comezara, en efecto, en Santiago os seus estudios na Facultade de Medicina.
A Dorinda, aínda viva, adicáralle seu curmán Xosé Manuel un dos seus primeiros poemas en castelán, Delirios de poeta..., que —despois da adicatoria á mesma— comeza así: "Eres cual yo te soñé: / La mujer de mi ilusión; / Aquella a quien yo amé / Cuando apenas bien noté / El latir del corazón"... 21. E será a Dorinda, xa despois da súa morte, a quen lle ofrecerá tamén o seu sentido poema Ofrenda de amor, que remata facendo alusión á espiña "que aló no máis adentro / deixoume dun cariño, dun fraternal amore ... / moi fonda unha ferida, que aberta sempre ¡ai! teño" 22.
Pero á desaparición de Dorinda vaise xuntar outra aínda máis magoante. Emilia era a primoxénita da familia e irmá maior de Xosé Manuel. A ledicia da voda de Emilia —que se celebra un ano despois da morte da prima Dorinda e na que o seu irmán poeta vai facer de padriño de voda— parece atenua-la perda, aínda recente, da querida curmá 23. Froito primeiro desta unión matrimonial é o primeiro sobriño do poeta, Jaime, nado o 28 de novembro de 1925, a quen seu tío apadriñará tamén no seu bautismo da mesma maneira que actuara xa como padriño na voda dos pais. Mais a ledicia non dura moito. Só trece días despois do nacemento do fillo (e cando aínda non pasara un ano do casamento) morre na súa casa de Barro (Codeseda) a xove nai Emilia ("víctima de rápida y aguda dolencia" 24), o día 8 de decembro, cando só contaba con vinte e seis anos de idade 25.
Para o poeta a morte da súa xove irmá (que se xunta á pouco anterior da curmá) foi un moi duro golpe, que non poderá menos de se amosar, de maneira moi fonda e sentida, na súa poesía. Como ben anota Alonso Montero, o poeta estradense "sentiu, como poucos, a morte dos seus [...]; a morte da súa irmá Emilia foi, na súa curta existencia, un episodio moi grave, ás veces cantado de xeito que aínda hoxe nos conmove" 26. En efecto, desde o mesmo decembro de 1925 ata a publicación de Vagalumes a comezos de 1931 o poeta non deixará de facer conmovida e dorida referencia a Emilia (e á curmá Dora), empezando co poema Bágoas —escrito só dez días despois do pasamento de Emilia— para continuar despois con outros como ¡¡Irmanciña!!, Miña lúa aluarada, Mágoas, etc.
Estes acontecementos biográficos condicionaron tan fondamente a poesía de Cabada Vázquez que non poderá deixar de adicar, de maneira expresa, Vagalumes "ás somas ben-amadas de Emiliña e Dora —fontes da miña inspiración— ..."
Cando ocorren os luctuosos acontecementos ós que acabo de facer referencia, Xosé Manuel aínda non ten vintecinco anos e só un par de anos antes (despois de rematado o curso 1922/23) abandonara o Seminario de Santiago despois de ter cursado alí mesmo cinco cursos completos.
É preciso, polo tanto, botarlle unha ollada a estes primeiros anos, nos que se van coloca-los alicerces da súa formación humana e intelectual.
Hai que dicir, sen embargo, que Xosé Manuel accederá a Santiago coa experiencia de ter traballado e estudiado como alguén que, aínda novo, precisa realiza-la súa vida con teima e sacrificio e coa clara conciencia tamén da axuda recibida de parte dunha familia labrega, a súa, non sobrada de recursos. Así se desprende, ademais, da alusión que el mesmo fai ós seus primeiros estudios de rapaz na súa posterior polémica (do ano 1929) sobre o tema da responsabilidade dos mestres nacionais: "¡Con canta dor —escribe alí— teño de confesar que se algo adeprendín na escola foi cando meus pais se procataron de que era menester sacarme da 'escola do Estado' e mandarme á 'escola de paga'! E isto non o facían meus pais por ser máis distinguido, senón por ser de resultado máis práitico" 27.

II. Formacion eclesiastica e humanistica interrompida
Xosé Manuel non era un rapaz moi novo cando deixa Codeseda. Ó empeza-la súa primeira estancia como interno no Seminario, no curso 1918-19, ten xa dezasete anos 28. En realidade o Seminario de Santiago era daquela Universidade, a Universidade Pontificia de Santiago. Así o era desde o curso 1897/98 (cando o Seminario foi elevado a Universidade). Tal categoría manteríase ata o 24 de maio de 1931, data na que a Constitución Apostólica "Deus Scientiarum Dominus" reduce o numero de Universidades Pontificias 29. Como Xosé Manuel abandonará definitivamente os seus estudios eclesiásticos precisamente no ano 1931, pódese dicir que os seus estudios foron feitos en realidade, en todo o seu tempo, nunha entidade de rango universitario.
Segundo a normativa académica, os alumnos da Universidade Pontificia antes de acceder ós tres cursos de Filosofía tiñan que cursar catro anos de "Latinidade". Pero Xosé Manuel, antes de ingresar no Seminario, estudia pola súa conta e preséntase (previa certificación de "boa conducta moral e relixiosa", asinada polo párroco de Codeseda, D. Andrés Souto Carbón 30) con éxito ós exames, en setembro de 1917, dos dous primeiros cursos de Latinidade e fai o mesmo en xuño de 1918 co curso terceiro. Desta maneira cando ingresa no Seminario no curso 1918/1919, ten xa só que cursar os estudios do cuarto e último ano de Latinidade e, por certo, con "Meritissimus" (a máxima calificación) en tódalas materias: unha delas co nome de "Retórica e Poética". Esta última tivo que ser, sen dúbida, unha boa iniciación para a arte "retórica" e "poética", nas que salientaría o futuro poeta e político de Codeseda.
Unha vez rematada a Latinidade, cursa seguidamente (desde outubro de 1919 ata remata-lo curso 1921-22) os tres anos reglamentarios de Filosofía (con catro "Benemeritus" e cinco "Meritissimus"). Anos despois lembrarase aínda o poeta das "sutilezas filosóficas de Juan Duns Escoto e de Kant" 31. Pero máis alá de tales sutilezas, é indubidable que o contacto desta xove e sensible mente coa tradición filosófica debeu de contribuír de maneira importante á riqueza e ó equilibrio do seu humanismo. Será despois de iniciar seguidamente os estudios de Teoloxía, concretamente ó remata-lo primeiro curso (1922-23), cando o xove seminarista abandona o Seminario para non voltar ó mesmo ata despois de transcorridos catro intensos anos, no outono de 1927.
A razón desta interrupción da carreira eclesiástica semella que hai que vela, alomenos en parte, na obriga do cumprimento do servicio militar. Xosé Manuel empezara algo tarde —como xa queda dito— os seus estudios eclesiásticos e a perspectiva normal de culminalos totalmente (os xa ordenados "in sacris" estaban exentos do servicio militar normal) —aínda tendo en conta e facendo uso de tódalas prórrogas que legalmente lle puidesen conceder— era, en calquera caso, demasiado xusta ou apertada. De todos modos vai intentar —utilizando os medios ó seu alcance— evitar totalmente ou, polo menos, retrasar algúns anos a súa incorporación a filas. É facil comprender que —dadas as súas inquietudes literario-intelectuais e a xa nesta época intensa ideoloxía galeguista 32— o sometemento durantes varios anos a unha disciplina e a unha ideoloxía unitario-estatalista, como non podía ser doutra forma a do servicio militar, non lle podía resultar moi grata ó xove estudiante compostelán.
Pois ben, Xosé Manuel pertence ó reemprazo de 1922. Sendo iso así, tería que empeza-lo servicio militar despois de rematado o seu último curso de Filosofía (1921-22). A documentación existente no "Archivo General Militar" de Guadalajara 33 permítenos coñecer con detalle a conflictiva relación mantida por Xosé Manuel en relación co seu acceso ó servicio militar. O 5 de marzo de 1922 consegue no Concello da Estrada unha certificación médica na que, despois de alegar problemas do corazón, é considerado como de "dudosa resistencia física" e conceptuado, polo tanto, como "presunto inútil". En concordancia con estes datos, o Concello declara a Xosé Manuel Cabada Vázquez, o 15 de maio deste mesmo ano, como "excluso temporal" do servicio militar. Pero os médicos militar e civil da Comisión Mixta de Recrutamento non pensan o mesmo e, en consecuencia, é considerado, no día 3 do mes seguinte, como "útil", dado que "no presenta defecto ni enfermedad". O seu "ingreso en caja" no "Regimiento Artillería Ligera" de Pontevedra ten data do 1 de agosto de 1922.
Sen embargo, o recruta poeta tardará aínda máis de dous anos en ser alta, aínda que por curto tempo, no cumprimento efectivo do servicio militar. En efecto, o 29 de maio de 1922 (próximo xa ó final do curso en Santiago) solicitara xa que lle fose concedido un ano de prórroga, "hallándose comprendido en el artículo 168 de la vigente Ley de Reclutamiento y necesitando para continuar sus estudios en la Universidad Pontificia de Santiago [...] prórroga de incorporación a filas por originársele graves perjuicios al incorporarse con los demás individuos de su reemplazo". Esta solicitud vai acompañada, entre outros, por un positivo informe (con data do 25 de abril) de "buena aplicación y excelente comportamiento", asinada por Xosé Mª Anido Rodríquez, profesor de Historia Natural no terceiro curso de Filosofía, que o alumno Xosé Manuel está a cursar neste tempo na Universidade Pontificia, sendo Rector na mesma Emilio Macía Ares. A prórroga élle concedida. O 27 de maio do ano seguinte, 1923, o xa estudiante de primeiro curso de Teoloxía fará unha solicitude semellante á anterior, que agora vai acompañada dun informe, igual ó anterior, asinado esta vez polo seu profesor de teoloxía, Feliciano García de Seárez y Fernández, e por outro informe que testemuña a "buena conducta moral y política" do estudiante de teoloxía, asinado polo alcalde do Concello da Estrada, Jesús Durán Taboada. Esta segunda prórroga dun ano élle tamén concedida.
Pero, a pesar desta segunda solicitude e concesión de prórroga por razón de estudios, o feito é que despois de remata-lo seu primeiro curso de teoloxía Xosé Manuel non volve a Santiago. É posible que xurdisen tamén dúbidas na mente do xove estudiante de teoloxía sobre a súa vocación eclesial e especialmente sobre como compaxinar tal situación co seu, cada vez máis neto, compromiso político e literario co galeguismo.
Dada esta nova situación de interrupción dos seus estudios en Santiago, Xosé Manuel xa non poderá solicitar máis prórrogas por razón de estudios e terá que recorrer a outro tipo de argumentos. En efecto, o 7 de xullo do seguinte ano, 1924, fará unha solicitude ó Presidente da Comisión Mixta de Pontevedra, na que volve a aludir, como xa anteriormente no ano 1922, a problemas de saúde: "[...] padeciendo en la actualidad una enfermedad de las incluidas en el vigente Cuadro de inutilidades físicas, como lo demuestra con el adjunto certificado médico [...], suplica se digne ordenar sea reconocido por los Señores Vocales Médicos de esa Comisión que V. S. dignamente preside, por ser un caso de enfermedad sobrevenida del reconocimiento efectuado en el año de mi alistamiento". O certificado médico (con data do día anterior) que acompaña a este escrito está asinado polo Subdelegado de Medicina do partido xudicial da Estrada, José Araújo Luces, e nel indícase sobre o xove de Codeseda que "ha padecido en el mes de junio último manifestaciones broncopulmonares de naturaleza gripal, a consecuencia de las cuales se le aprecia en el vértice pulmonar izquierdo una lesión probablemente tuberculosa que precisa ser sometida a observación y requiere cuidados especiales". Pero os médicos militar e civil —Bernardo Areces Matilla e Víctor Lis Quibén, respectivamente— da devandita Comisión Mixta non se deixan impresionar polo escrito do médico Araújo e certifican, poucos días despois, que "no se le aprecia ni enfermedad ni sobrevenida; por todo lo cual lo conceptúan útil para el servicio en el Ejército y en la Armada".
En consecuencia, Xosé Manuel está obrigado a incorporarse ó servicio militar. Quédalle unicamente a posibilidade, pero extraordinariamente onerosa desde o punto de vista económico ou pecuniario, de limitar a cinco meses a súa permanencia en filas. En efecto, para que lle sexa concedida esta relativamente curta permanencia no servicio militar ten que abonar (segundo a Lei de Recrutamento de 1912) unha cuota de dúas mil pesetas, cantidade moi significativa e sen dúbida prohibitiva para a maior parte dos recrutas naquela época. Pero, dado que Xosé Manuel está decidido a evitar, como sexa, o longo servicio militar normal, a comezos de outubro de 1924 logra pagar (coa axuda moi probablemente do seu tío Gerardo Vázquez ou doutros familiares) na Comandancia Militar de Pontevedra a cantidade establecida, solicitando seguidamente presta-los seus servicios no "15º Regimiento Artillería Ligera" de Pontevedra. O día 8 de xaneiro de 1925 ingresa, efectivamente, neste Rexemento, "quedando de instrucción y guarnición" e como "artillero 2º de la 2ª Batería" do devandito Rexemento. Un ingreso no servicio militar que ocorrería sen dúbida co corazón magoado pola pena da recente desaparición (só doce días antes) da súa querida curmá Dora alí mesmo, en Pontevedra. Finalmente, o 8 de xuño deste mesmo ano, xustamente cinco meses despois da súa incorporación ó servicio militar, acada a "licencia ilimitada", chegando así ó remate a súa experiencia militar e tamén a súa teima por eludila.
Dos escasos datos que aparecen na documentación militar sobre o físico do xove poeta e político de Codeseda, no tempo do seu servicio militar, velaquí os seguintes: perímetro torácico: 90 cm.; estatura: 1'680 m.; fronte: "ancha" ou "espaciosa"; "aire: marcial".
Dado que o cumprimento efectivo do servicio militar abrangue escasamente a primeira metade do ano 1925 e o poeta está fóra da Universidade Pontificia de Santiago desde o verán de 1923 ata o outono de 1927, ¿cales son as súas ocupacións nesta época de ausencia de Santiago? Pódese dicir que, aparte da súa obriga militar, o xove estradense dedicarase intensamente ó traballo, tanto manual ou material como intelectual, residindo fundamentalmente en Pontevedra (e en Vigo), tal como se desprende das curtas noticias que a este respecto aparecen na prensa deste anos. Pola súa parte, Manuel González R. lembrarase aínda do seu encontro, no ano 1924, en Pontevedra co xove poeta, cando escribe en 1959 desde Soutolongo (Lalín): "Corría el verano del año 24 cuando en la 'Bella Hélenes', conocí y amisté con este joven, serio, poco locuaz y exquisito cisne estradense. Fino en el vestir y en el decir, me refirió sus estudios en el Seminario de la inmortal Compostela [...]" 34.
En relación co seu traballo intelectual refírome sobre todo ó seu proxecto de poñerlles bases académicas civís ós seus previos estudios eclesiais na Universidade Pontificia de Santiago. E, para empezar, ten que facer os estudios de bacharelato, pois, despois de todo, "civilmente" nin sequera é bacharel. Como non pode deixar de traballar (fundamentalmente co pai, contratista de obras, na construcción ou reparación de estradas), ha de facer estes estudios por "libre" (ou "non oficial"), o que lle supón un esforzo maior, aínda tendo en conta a súa previa formación en Santiago.
Así, pois, unha vez rematados os seus compromisos co servicio militar, aproba os exercicios de ingreso no "Instituto Nacional de Segunda Enseñanza" de Pontevedra o 18 de setembro de 1925, cando xa se acerca ós vintecatro anos de idade, previo escrito de solicitude de ingreso no Instituto de finais do mes de agosto. Nos últimos días do mes de setembro —poucos días despois, polo tanto, de aprobado o seu ingreso no Instituto— preséntase ós exames de doce asignaturas, superando tódolos exames con calificacións máis ou menos brillantes. Na asignatura "Lengua Castellana" é incluso o único, entre os vintesete presentados, que acada matrícula de honor.
No ano seguinte, 1926, o estudiante Xosé Manuel non se presentará nin ós exames de maio-xuño nin ós de setembro. A razón pode atoparse moi probablemente no feito de que —como xa sabemos— coa morte a finais de 1925, o día 8 de decembro, da súa irmá Emilia ós poucos días de dar a luz ó seu fillo Jaime, a familia precisa agora máis que nunca da súa presencia e da súa axuda. Será a finais de maio e en setembro do ano seguinte, 1927, cando se presentará de novo ós exames de en total once asignaturas, aprobándoas todas tamén. Finalmente, o 9 de xuño de 1928 —xa despois da súa volta á Universidade Pontificia de Santiago (dado que en outono de 1927, tras catro anos de ausencia, comezará alí o seu segundo curso de Teoloxía)— preséntase no Instituto de Pontevedra ós exames das catro derradeiras asignaturas, rematando así os estudios para a obtención do título de bacharel. Este título, que segundo as disposicións vixentes era expedido pola Universidade correspondente (os candidatos ó título de bacharel tiñan que face-la reválida deste bacharelato "universitario" ante profesores universitarios), foi asinado polo Rector e Secretario Xeral da Universidade de Santiago o 16 de xuño de 1928 e remitido seguidamente ó Instituto de Pontevedra.
Agora ben, máis alá do feito da obtención do título de bacharel, como base necesaria para posteriores estudios, convén sinalar que foi probablemente en Pontevedra cando o enamorado de Galicia que foi Xosé Manuel se atopou por primeira vez cos dous sobranceiros e indiscutibles pais do moderno galeguismo, Antón Losada Diéguez e Castelao, ámbolos dous profesores no Instituto de Pontevedra (o primeiro de Ética e Rudimentos de Dereito e o segundo de Dibuxo). En canto a Antón Losada, a súa sinatura figura a continuación da calificación dos exercicios escritos (de Redacción e Aritmética), realizados por Xosé Manuel para o seu ingreso no Instituto, e tamén certificando as calificacións doutras seis materias posteriores máis. En Ética e Rudimentos de Dereito, da que era catedrático Antón Losada, ten Xosé Manuel a calificación de sobresaliente. Non lle foi tan ben, sen embargo, no Dibuxo con Castelao, dado que non pasou nesta asignatura dun simple aprobado, aínda que hai que engadir que ningún tampouco dos outros cinco presentados con el recibiu mellor calificación (nin sequera Joaquín Losada Filgueira 35, sobriño do seu colega Antón Losada). A sinatura de Alfonso R. Castelao aparece dúas veces nos certificados de estudios de Xosé Manuel 36.
Pero —como xa indiquei— Xosé Manuel non pode dedicarse só a estudiar. Ten que traballar para facer fronte ós custos dos seus estudios e non pode tampouco deixar de botarlle unha man á casa dos seus pais. Antes, pois, de voltar a Santiago traballará en diversas ocasións con seu pai (contratista de obras), ben sexa, por exemplo, na bisbarra de Mollabao (na parroquia de San Martiño de Salcedo), preto de Pontevedra, nas obras da estrada a Marín 37, ou, posteriormente, na provincia da Coruña, tamén co pai. Verbo deste último punto as informacións recibidas 38 foron decisivas para saber a que se debía o feito de que varios dos poemas, sobre todo de entre os redactados no ano 1926 (como Brétema, ¡¡Irmanciña!..., Lírica, Acróstico —título este último que en Vagalumes será cambiado polo de Paisaxe do lusco e fusco—), aparecían na súa primeira publicación en "Vida Gallega" como escritos "No Val de Barcia", "Órdenes", etc. Por outra parte, o poeta recibía neste tempo "El Pueblo Gallego" 39 —tal como se pode ver nos números que se conservan na súa biblioteca— por correo, co enderezo de "Cartería de Herves. Coruña". Pois ben, polas informacións recibidas cheguei a saber que o pai de Xosé Manuel, Manuel Cabada Prieto 40, traballaba por este tempo como contratista na reparación e acondicionamento da estrada (nº 550) de A Coruña a Santiago ó seu paso por Carral, Herves, etc. É lóxico, en consecuencia, deducir que o fillo Xosé Manuel traballase, tamén neste tempo, nas obras co pai, alternando o seu traballo material coa creación poética, da que son mostra os devanditos poemas, remitidos á revista "Vida Gallega" de Vigo desde o seu lugar de traballo na provincia da Coruña.

III. A Volta á Universidade Pontificia de Santiago
Despois destes catro anos de ausencia de Santiago, coa persoal experiencia de traballo, de estudio, de relacións humanas e políticas, de ledicias e mágoas pola perda de seres moi queridos, etc., sempre lonxe do abeiro acolledor dos seus primeiros cinco anos no Seminario compostelán, o feito é que Xosé Manuel retorna, no outono de 1927 41, a Santiago para retoma-los estudios de teoloxía, que deixara interompidos despois do primeiro curso teolóxico (1922-23). Xosé Manuel ten preto de vinteseis anos cando volve ás aulas da Universidade Pontificia e vai permanecer aquí catro anos aínda. A súa capacidade intelectual e o seu hábito de traballo producirán agora excelentes froitos académicos, superiores aínda que os conseguidos na súa primeira etapa (1918-1923): en tódalas (dezasete en total) asignaturas dos tres últimos cursos da Facultade de Teoloxía e do primeiro ano (o único que cursou) de Dereito Canónico acada a máxima calificación (Meritissimus) 42.
Desde o punto de vista da súa incardinación eclesiástica vai recibindo tamén, pouco a pouco, as diversas ordenacións eclesiásticas. O día 15 de marzo de 1929 (con outros, entre eles seu amigo Casimiro Cubela) a primeira tonsura, conferida polo Arcebispo de Compostela, Zacarías Martínez Núñez 43, na capela do Palacio Arcebispal. Do mesmo Arcebispo recibe, no día seguinte o Ostiariado e Lectorado; case tres meses depois, o 2 de xuño, o Exorcistado e Acolitado. No ano seguinte, 1930, será ordenado (tamén polo mesmo Arcebispo e na súa capela arcebispal) de subdiácono o día 5 de abril e de diácono o 14 de xuño. O novo diácono non recibirá xa posteriormente, en cambio, a orde sacerdotal.
Como diácono poderá xa dar mostras das súas cualidades oratorias. A ocasión preséntase concretamente na festividade de santo Tomás de Aquino, patrono universitario, que por este tempo se celebraba o día 7 de marzo (no cabodano da súa morte neste día en 1274). O correpondente do "Faro de Vigo" e de "La Voz de Galicia", Xesús Rey Alvite, fai a crónica deste actuación do poeta Cabada Vázquez ("alumno muy distinguido de Derecho Canónico en la Universidad Pontificia y preceptor de los Niños de Coro de la Basílica y que recibe estos días grandes felicitaciones por el hermoso libro de versos Vagalumes, que acaba de publicar" 44) como orador sagrado. O seu sermón foi pronunciado na misa solemne celebrada o 7 de marzo de 1931 na artística e espléndida igrexa de San Martiño Pinario, coa asistencia do Arcebispo, do Claustro de profesores e dos alumnos da Universidade Pontificia. Dado que non sei doutras crónicas sobre esta actuación de Cabada Vázquez, fago referencia unicamente á de Rey Alvite, que, verbo da forma da súa oratoria, indica o seguinte:
"Es de justicia declararlo [...] Un compromiso contraído con los alumnos de la Pontificia compostelana nos lo revela [a Cabada Vázquez] como orador felicísimo, no en promesa, sino en realidad. El elocuentísimo sermón que pronunció en el templo de San Martín Pinario, con motivo de la solemnidad con que la Universidad Pontificica compostelana honró al Angel de las Escuelas, fue unánimemente aplaudido y elogiado como una acabada pieza oratoria, de brillantez y sencillamente magistral [...] Fue la oración de Cabada Vázquez de la categoría de esas que consagran como orador: elocuencia delicada, penetradora, exaltante, siempre profunda y esclarecida con la brillantez de la síntesis" 45.
Sobre o contido mesmo da oración sagrada é preciso tamén botar man do indicado por Rey Alvite, que fai unha detallada síntese do pronunciado polo diácono compostelán:
"Aduce —escribe seguidamente o correspondente do "Faro de Vigo"—, con acierto bien logrado, el afán innato de la razón humana, a través de todos los siglos y de todas las edades, por la adquisición de la verdad. Afán que el orador estudia y analiza en los surcos profundos de la historia de la humanidad y en aquellos nombres que, como signos de luz, jalonan la trayectoria de la razón humana en su angustioso jadear tras los resplandores de la verdad, desde Platón el divino y el Filósofo de Estagira a los genios inmortales de la Patrística y de la Teología cristiana, que cita en larga serie para presentarnos la perspectiva de los siglos medievales, en que la ciencia y la cultura se refugian en los claustros monacales para salvar a la civilización y al mundo. Con rasgos magistrales destaca y diseña la figura del Angélico, colocada sobre el fondo oscuro del siglo XIII, que crece con su prestigio y se agiganta para constituir el vértice de los siglos de la Iglesia. Al enumerar los genios de la Religión Católica en las épocas modernas y en los días actuales, tiene Cabada en su oración frases de cariño y elogios para la gran figura de Amor Ruibal, con quien están en deuda el Cabildo y el Seminario compostelano, como asimismo Galicia entera" 46.
Rey Alvite remata a súa presentación do discurso compostelán de Cabada Vázquez, facendo seguidamente alusión á excelencia de fondo e forma:
"Con éxito nada común, el joven orador unifica en un alarde de unción evangélica las arideces del raciocinio con la sensibilidad exquisita del poeta en todo el transcurso de su magnífica peroración, abrillantada con la fragancia que discurre por una floresta amena, rica de rosales nunca marchitos y de imágenes joyantes" 47.
Como se ve, se a crónica de Rey Alvite se corresponde coa realidade (e non hai razóns documentais para pensar doutro modo, aínda tendo en conta a simpatía con que enxuiza ó noso poeta), os "Meritissimus" que o alumno estradense de teoloxía acadou nos súas dúas asignaturas de "Oratoria Sagrada" (nos cursos 1929-30 e 1930-31) deberon de ser, efectivamente, ben merecidos.
Non é nada estraño que, á vista do seu expediente e das súas cualidades, fose nomeado en setembro de 1929 "profesor auxiliar" da Universidade Pontificia 48, coa función de suplencia na docencia e noutras actividades relacionadas con esta no caso de ausencia, enfermidade, etc. dos profesores titulares. Deste modo no seu último curso de Teoloxía e no primeiro (e único) de Dereito Canónico na Universidade Pontificia é ó tempo alumno e profesor (auxiliar).
Dos profesores que lle impartiron docencia durante a súa estancia na Universidade Pontificia velaquí só algúns nomes: Xosé María Anido Rodríguez (mencionado xa máis arriba), Buenaventura Cañizares del Rey (profesor de teoloxía e interesado por temas relacionados coa historia de Galicia), Manuel Capón Fernández (Rector da Universidade Pontificia desde 1928 e prestixioso orador 49), Roxelio Cerdeira Lorenzo (nado en Beariz, profesor de Humanidades e desde 1920 de Filosofía 50), Xosé Couselo Bouzas (profesor de Arqueoloxía, Historia Eclesiástica e Patroloxía; tío do íntimo amigo do noso poetea, Xesús Ferro Couselo), Benito Espiño Arceo (nado en Silleda e profesor de Dereito Canónico 51), Luciano García Rodríguez (leonés, profesor de teoloxía, orador, etc. 52), Feliciano García de Seárez y Fernández (profesor de teoloxía, máis arriba tamén xa mencionado), Emilio González Vila (profesor de Sagrada Escritura e de linguas grega e hebrea, escritor, poeta, etc.), Perfecto A. López Souto (xove profesor de Dereito Canónico 53), Xosé Martínez Muñiz (profesor, tamén, de Dereito Canónico), Salustiano Portela Pazos (profesor de Sagrada Escritura 54), Cándido Pumar Cornes (profesor de teoloxía moral 55), Robustiano Sández Otero (profesor de teoloxía e Arqueoloxía e membro da Real Academia Galega), José da Viña Trasmonte (vicerrector no ano 1928, profesor de filosofía e, despois, de teoloxía, e poeta, co que o seu alumno estradense mantivo unha especial relación de amizade e cercanía 56).

IV. O encontro con Amor Ruibal
Sen embargo, o docente e investigador co que Cabada Vázquez vai ter unha fonda e íntima relación ideolóxica e persoal será, sen dúbida, o grande filósofo, teólogo, canonista e filólogo, Ángel Amor Ruibal (1869-1930). O famoso autor dos dez volumes de Los problemas fundamentales de la filosofía y del dogma e de tantas outras obras deu e dará sempre prestixio á institución compostelá, na que impartiu a súa docencia e na que realizou as súas orixinais investigacións en moi diversos campos.
O noso poeta vai contactar dunha maneira moi directa e inmediata con el á súa volta, despois do verán de 1927, a Santiago, dado que non residirá —como na súa primeira etapa— no edificio do Seminario (como o resto dos alumnos internos), senón que será —tal como figura no seu expediente académico— xa desde o curso 1927-28 alumno "externo".
¿Cal será a nova residencia do poeta? Nada máis e nada menos que o artístico e monumental Pazo de Raxoi, na Praza do Obradoiro, fronte á fachada principal da catedral compostelá, no que vivía o sabio compostelán Amor Ruibal. Cabada Vázquez tiña as cualidades precisas para optar a un cargo, como o que acadou, que levaba consigo ademais a vantaxe de se ver non pouco alixeirado das preocupacións económicas relacionadas coa súa estancia en Santiago. En efecto, el consegue o cargo de Preceptor dos Nenos de Coro da basílica compostelá, mentres que Amor Ruibal era o cóengo encargado dos mesmos. Varios dos seus poemas e escritos estarán por iso asinados, nesta época, no Pazo de Raxoi, harmonioso edificio que el describe ademais, nun dos seus poemas, deste xeito:
"Soportales, balcoadas;
villeus, ediles, xuzgado.
Arriba, anxos cantores,
e o Apóstol cabalgando" 57.
¿Quen eran estes "anxos cantores" do poema, estes "Nenos de Coro" da catedral compostelá? A revista viguesa "Vida Gallega" do ano 1909 ten unha Crónica Gráfica, coa correspondente fotografía dos seis Nenos de Coro daquel entón, que os describe, incidentalmente, deste xeito:
"[...] Y la acuarela es transportada a la azotea del palacio de Rajoy y puesta ante nuestros objetivos.
Por una puerta asoma la riente cabeza de un niño. Después otro. Otro enseguida. Dos más tarde.
Son los seises de la catedral, los niños de coro.
¿No oísteis muchas veces durante las solemnidades religiosas surgir del lado de los órganos un concierto de voces angélicas? Son las voces de esos niños [...] Viven en el palalcio de Rajoy a expensas del Cabildo. Reciben educación musical en sus primeros años [...] Constituyen una curiosa nota santiaguesa.
—¿Cómo es que falta uno de vosotros?
—Está de rodillas. No supo la lección.
—Pues, a pedir por él a vuestro maestro. Queremos retrataros.
—¿Venimos vestidos?
—Sí, vestidos.
Y los seises corren a ponerse los trajes con que asisten al coro y retornan para que les retratemos" 58.
Ó prof. Carlos A. Baliñas, que na década dos anos corenta foi tamén un dos privilexiados seis Nenos de Coro, débolle as seguintes precisións, que reproduzo, con modificacións sen importancia, seguidamente:
"Eran unha institución como os 'Seises' de Sevilla. Seis prazas. Entraban os nenos por concurso público, convocado por decreto do Boletín Oficial da diócese de Compostela, coa idade de nove anos. Residían no segundo piso (adicado a 'Seminario de Confesores y Niños de Coro'), con entrada polos baixos, do Paxo de Raxoi, mentres que o baixo e o primeiro piso estaban adicados a 'Consistorio'. Os Nenos de coro tiñan beca para estudiar no Seminario cando chegasen á idade, se aprobaban o exame de Ingreso. Ó perderen a voz, se querían continuar estudios eclesiásticos, pasaban a residir no Seminario (San Martiño Pinario), pero coa obriga de seren 'Acólitos' na catedral e, como tales, proseguir coa beca de estudios. Entrábase por méritos de voz e non sempre con vocación para o sacerdocio. Para coidar dos Nenos de Coro había tres cargos eclesiásticos: cóengo encargado, mestre de capela e preceptor. O preceptor residía tamén no segundo piso, nun cuarto a carón da sala onde tiñan as camas os seis nenos. O cargo de preceptor desempeñábao algún seminarista maior, que por iso tiña habitación, comida e posiblemente tamén beca no Seminario. Cesaban ó se ordenaren sacerdotes. O cóengo encargado, neste caso Amor Ruibal, vivía nunha ala do primeiro piso, nunha habitación que dá cara a rúa das Hortas".
A estas valiosas informacións do catedrático compostelán de Filosofía, nado no val de Quireza (non lonxe do lugar de nacemento do noso poeta), pouco se pode engadir. Aludirei, sen embargo, unicamente ó testemuño de X. Filgueira Valverde que fai referencia directa á época e ás persoas que estamos a lembrar:
"Cuando en 1927 publiqué A Festa dos Maios, nada me halagó tanto como unas líneas suyas [de Amor Ruibal] de bondadoso elogio. Vino a hacer más fácil nuestra relación la presencia de Cabada Vázquez en el Palacio de Raxoi, donde Amor Ruibal tenía su residencia. Cabada, que seguía sus estudios en la Universidad Pontificia, tenía a su cargo los Niños de Coro, que como los Confesores, entre ellos Couselo Bouzas, ocupaban las habitaciones del piso alto. A veces don Ángel requería los servicios de aquellos rapazuelos para ordenar libros o revistas, o para la busca del volumen que se resistía a aflorar entre el maremagnum de la biblioteca increíblemente desordenada de un sabio que solía tener por mesa de trabajo el suelo de la amplia habitación. '¡Que baixen os nenos!' Y Cabada venía, con la canora y turbulenta hueste, a la caza del papel" 59.
Xustamente en relación con esta especie de simbiose humana e amistosa entre Amor Ruibal, Nenos de Coro e Cabada Vázquez, velaquí a fermosa anécdota que este nos conta tralo pasamento do sabio compostelán:
"Querendo ver de atopar uns coadernos dunha obra alemana encol do Código de Hammurabi, por precisar tomar deles unha nota, mandou baixar dous nenos de Coro pra que lle cambeasen algúns dos volumes dende o seu despacho a unha das outras habitaciós, e reparar, de camiño, si antre eles se alcontraban os devanditos coadernos. Perante uns días durou esta faena e, como non aparecesen, de tal xeito chegou a preocuparse por eles que unha noite soñou que os tiña postos debaixo dun gran volume. De mañanciña, ó erguerse, quixo ver se a realidade confirmaba o soño, e foise ver se estaban onde os soñara, e efeitivamente alí os atopou postos da maneira en que os vira en soños. Cando despois nolo refería, cheo de ledicia infantil, dixémoslle sorrindo que iso viña confirmar aquelo de que 'fan máis algúns dormindo do que outros espertos'" 60.
Ó seren, pois, Amor Ruibal o cóengo encargado dos Nenos de Coro e o xove Cabada Vázquez preceptor dos mesmos, residindo ámbolos dous ademais no mesmo edificio durante tres longos anos, a relación entre o sabio profesor e o poeta estradense tiña que ser necesariamente moi estreita, tendo en conta sobre todo que ós dous pontevedreses (nados en localidades distintas, pero co mesmo nome de de Barro: un na parroquia de San Verísimo de Barro e o outro en Barro de Codeseda) os vencellaba mutuamente —por máis que a diferencia de idade superase os trinta anos— o seu común amor a Galicia. Deste xeito Cabada Vázquez é conxuntamente discípulo, amigo, confidente, amanuense, secretario, etc. do sabio compostelán. Claro testemuño desta especial relación son as declaracións mesmas do poeta ós poucos días do pasamento de Amor Ruibal:
"Tivémo-la dita de vivir cabo del e de escoitalo a cotío en conversas íntimas e familiares" 61. "Infinidad de veces le hemos visto bajar desde las cumbres de sus elucubraciones metafísicas para platicar en sencillas conversaciones, en las cuales era siempre característica su sonrisita burlona" 62. "Para los que le amábamos con admiración sincera, vive todavía y no morirá jamás, porque con nosotros llevamos su recuerdo, que perennemente mantendremos encendido como lámpara votiva; con él hablamos y platicamos, elevando por él nuestras oraciones, y lo consultamos, y, sobrecogidos, escuchamos su opinión valiosa, su autorizado parecer y su fraternal consejo" 63.
J. Pikaza escribirá neste senso sobre a mutua comprensión e intimidade afectiva entre ámbolos dous:
"Parece que solamente Cabada logró penetrar de verdad en aquel corazón que latía detrás de los difíciles estudios y teorías, de las horas de trabajo cansino, del aislamiento intelectual. Fue Cabada Vázquez, a la vez, un alumno y un amigo; pasaba a limpio los escritos del maestro, hablaba con él de sus sueños y problemas, le animaba. Amor Ruibal sabía que no se hallaba solo. Todo se hace simpático en la vida de Cabada. Como amigo de Amor Ruibal nos permite penetrar un poco en el inmenso corazón del pensador de Compostela; como discípulo suyo nos muestra la irradiación del maestro [...] Se conocieron y se comprendieron. El joven seminarista supo captar la grandeza del callado pensador, le admiró profundamente" 64.
Pero Amor Ruibal morre, en plena madureza intelectual, ós sesenta e un anos de idade, o 4 de novembro de 1930. No seu discípulo e amigo a tristura pola súa perda é grande:
"Dende hai tempo pousara riba del súas poutas a Dor, e cada día o viña magoando con novas feridas. Nós decote o ollabamos sofrir caladiña e resinadamente, sin unha sola queixa e sin un soio laio [...] No peito dos que, a mais da admiración, estabamos xunguidos a el por un amor franco e sinceiro, aniñou a desolazón e foi o noso corazón mergullado en eterno loito" 65.
Soubo fermosamente expresar R. Otero Pedrayo este sentimento, cando escribe algúns meses despois do pasamento do cóengo compostelán:
"Cabada Vázquez, botado polo mundo adiante baixo a impreseón da morte do Dr. Amor Ruibal, seu mestre e amigo, [...] foi testigo de como o poderoso alento do sabio galego foi calando na homilde serenidade incomparabre dunha morte cristiana, chora bágoas de discípulo acarón do leito valeiro, e dos libros e dos orixinales do grande pensador, e, de fixo, ó mirar dende as fidalgas fenestras do Pazo de Raxoi como a noite se debruza encol de Compostela, sinte de que xeito caieu derrumbada —con ben pouco estrondo mundano, por certo— a máis outa torre espirtoal da cibdade apostóleca" 66.
Mais o loito e o sentimento non paralizan a Cabada Vázquez, senón que o aguilloan á acción e á teima entusiasta por dar a coñece-la valía universal do sabio compostelán.
Antonio Fraguas Fraguas infórmame, con data do 12 de xuño de 1997, sobre a súa lembranza acerca dos días arredor do falecemento de Amor Ruibal, deste modo:
"X. Ml. Cabada Vázquez, moi amigo meu, era home moi serio, moi bo latinista e polo seu saber e formalidade acompañou a Amor Ruibal no despacho deica a morte. Ós poucos días do falecemento de don Anxel levoume a ver o despacho do gran sabio. A mesa de traballo tiña tres muros de libros de unha altura de uns 60 centímetros de alto que non deixaban libre o espacio pra escribir. Non tiña máquina, eu non a vin por alí. Na cima do intelectual muro tiña un gorro pra defender a cabeza do frío, pois presumo que non tiña estufa pra temperar un pouco a estancia".
Pois ben, unha das preocupacións primeiras despois da morte do que fora ávido lector e investigador foi precisamente cal sería o destino da súa rica biblioteca. Foron os familiares do finado os que se adiantaron a ofrecela xenerosamente á Universidade Pontificia. X. Rey Alvite informa, un par de semanas despois da morte de Amor Ruibal, de que o previo labor de catalogación dos preto de tres mil exemplares da biblioteca amorruibaliana foi realizado por Cabada Vázquez xunto co cuñado do finado cóengo e médico de Barro, Amador Ruibal, estando previsto comezar co seu traslado á Universidade Pontificia compostelá no día seguinte 67.
Dada esta cercanía do poeta estradense á persoa e á obra de Amor Ruibal, non é nada estraño que no xornal "Faro de Vigo" se publicasen, no mesmo mes de novembro e en primeira páxina, tres amplos artigos da autoría de Cabada Vázquez sobre a figura e a obra do desaparecido cóengo compostelán: Ha muerto el sabio. Galicia debe consagrarle un grandioso homenaje (redactado polo seu autor só dous días despois da morte de Amor Ruibal 68), ¡Amor Ruibal no ha muerto! 69 e, finalmente, El monumento a Amor Ruibal 70.
No seu primeiro artigo fai Cabada Vázquez un acendido eloxio, con coñecemento de causa e detalladas informacións de primeira man, da importancia do desaparecido sabio compostelán, para rematar da seguinte forma, facendo un público chamamento e proposta concreta para honra-la súa memoria:
"Amor Ruibal y López Ferreiro. He aquí dos figuras que fueron honra de su tierra y que esperan el homenaje a que se hicieron acreedores por su enorme labor científica y literaria. A derecha e izquierda de la portada de la Universidad Pontificia Compostelana —de la que ambos fueron alumnos esclarecidos— deben levantarse los pedestales en que han de descansar las estatuas de estos dos hombres de privilegiada inteligencia, capaces cada uno de ellos de llenar varios siglos.
Galicia no debe mostrarse sorda y, como supo acudir con su óbolo a la adquisición de la Biblioteca Lago, debe ahora acudir también con sus aportaciones al homenaje que debe tributársele a estas dos figuras colosales. Brindo la idea a quien la recoja y la haga fructificar, al mismo tiempo que hago una llamada al Cabildo y Seminario compostelanos, a la Universidad, Institutos y demás centros culturales de Galicia, a las Diputaciones y Ayuntamientos y a todas las demás entidades gallegas esparcidas por España y América" 71.
Na súa segunda colaboración no "Faro de Vigo", seis días despois, —mergullado como estaba o seu autor entón no traballo de catalogación, para o seu traslado, da biblioteca de Amor Ruibal— no deixa de facer unha eloxiosa loa da xenerosidade dos herdeiros de Amor Ruibal pola doazón da biblioteca á Universidade Pontificia, unha biblioteca dunha moi rica variedade lingüística e temática, rematando cunha nova apelación ós galegos para que tomen conciencia da importancia e valía da obra do mestre desaparecido:
"¿Y Galicia? ¿Y los gallegos todos? Ha sonado el aldabonazo y no queremos que se apague su eco sin que antes fructifique la idea que hemos ofrecido. Cúmplenos a todos levantar ahora y para siempre la memoria y el recuerdo del que en vida fue todo humildad, modestia y sencillez, porque él fue nuestra mayor gloria científica y nuestro más alto valor cultural. Y, antes que los extraños lo hagan, debemos hacerlo los suyos, demostrando así que Amor Ruibal no ha muerto, ni morirá jamás, porque los gallegos todos haremos vivir su recuerdo, su memoria y su doctrina a través de siglos y de generaciones" 72.
Volverá aínda finalmente Cabada Vázquez, na súa terceira colaboración en "Faro de Vigo", a solicitar, desde a publicidade que lle ofrece o xornal vigués, a colaboración, especialmente de tódolos galegos, para que o legado histórico e ideolóxico do gran mestre compostelán sexa recibido e expandido como se merece. Velaquí como remata a súa exhortación, despois de salienta-lo eco producido polo falecemento do sabio en moi diversos países estranxeiros:
"Estamos en el deber de hacer por Amor Ruibal algo digno de su memoria los españoles y los gallegos todos, y de un modo particular llamamos la atención del clero de Galicia. Santiago, como cabeza de la Archidiócesis y como ciudad en que el ilustre maestro vivió e hizo sus estudios, debe reclamar de todos y tomar la iniciativa para que sea este el lugar y el marco de un verdadero y grandioso homenaje al gran polígrafo. Miremos una vez más a Cataluña y veamos lo que los catalanes todos hicieron por su Balmes. Pues Amor Ruibal es nuestro Balmes gallego, y a imitación de Cataluña cumple a Galicia el hacer por este lo que por aquel hicieron los suyos. Divulguemos todas sus obras y todos sus escritos, haciéndolos llegar a todos lados, propagando su doctrina, interesante y original, a todos los vientos; y como Cataluña levantó a la memoria de Balmes el hermoso monumento de Vich, levantemos también nosotros al doctor Amor Ruibal un monumento que sea digno del sabio. Ahí está Asorey, digno sucesor de Mateo; y ahí están los gallegos todos esperando ya a que se inicie la suscripción.
Honrémonos, pues, honrando la memoria de nuestros más altos valores" 73.
Neste mesmo mes de novembro da morte de Amor Ruibal, Cabada Vázquez redacta un novo escrito, O Mestre Amor Ruibal. Verbas de loito, que será o artigo que encabezará o primeiro número da nova revista galega e en galego "Logos", que se edita en Pontevedra e empeza a súa andaina dous meses despois, en xaneiro do 1931. Nel informa Cabada Vázquez da función patrocinadora do propio Amor Ruibal verbo da nova publicación:
"Inda foi onte cando nos achegabamos á súa mesa de traballo co encárrego de rogarlle que fose el quen apadriñase ista nova revista, e foi "LOGOS" o nome que lle impuxo, adicándonos, de camiño, verbas agarimosas, cheas de laudos e de sinceira emoción, porque 'coido —nos decía— que isa nova pubricación galega e galeguista terá de encher o espazo baleiro que se atopa nas demais pubricazóns que na actualidade ven a luz na Galicia'. Prometéranos unhas liñas súas pra encabezar este primeiro número, pro Deus chamouno a Si denantes de que as poidera escrebir. ¡Non maxinabamos que fose tan axiña!" 74.
Como di Filgueira Valverde no seu Limiar á reedición de "Logos", o lugar que ía ocupar o prometido ensaio de Amor Ruibal "encheuno a súa necroloxía, escrita polo poeta X. Manuel Cabada Vázquez, que era o mediador antre o egrexio mestre compostelán e o grupo pontevedrés", do que formaban parte, entre outros, Antonio Iglesias Vilarelle e o propio Filgueira 75.
Neste artigo de "Logos" de Cabada Vázquez hai datos biográficos e académicos, ademais de interesantes informacións sobre o carácter e o amor a Galicia de quen é denominado por el "Mestre de Mestres".
Coincidindo máis ou menos coa aparición da revista pontevedresa "Logos", publicará o poeta de Codeseda o seu primeiro volume de versos Vagalumes. Non poderá fallar naturalmente alí a referencia ó recentemente desaparecido sabio e amigo compostelán, a quen nas "Verbas limiares" calificará como "intelixencia xigante e universal, e corazón sinxelo e garimoso [...], nome que tódolos galegos debemos acoller con sagra ademiración, e cuia lembranza terá de manterse acesa a través das vindeiras xeraciós; porque Amor Ruibal non pode desaparecer nin do mundo centífico nin do corazón de tódolos bos galegos" 76.
O poeta e novo diácono tampouco desaproveitará a ocasión que se lle presenta co gallo da máis arriba mencionada celebración da festividade universitaria de santo Tomás de Aquino, o día 7 de marzo (ós catro meses do pasamento de Amor Ruibal), para facer lembranza do mestre compostelán. No seu discurso relixioso na igrexa de San Martiño Pinario ante unha selecta e numerosa asistencia, ten o orador estradense —segundo as devanditas informacións de Rey Alvite— "frases de cariño y elogios para la gran figura de Amor Ruibal, con quien están en deuda el Cabildo y el Seminario compostelano, como asimismo Galicia entera" 77.
Á vista destas breves mostras das intervencións escritas e orais do poeta estradense sobre a importancia da figura de Amor Ruibal, realizadas moi pouco despois do pasamento deste, pódeselle crer a J. Pikaza, cando escribe que "la voz que con más fuerza hizo notar la importancia de Amor Ruibal, su valor personal y modo de pensar fue la de José M. Cabada Vázquez", dado que "nadie pudo comprender como Cabada la importancia de la vida y de la obra ruibaliana" 78.
Agora ben, é mester sinalar que un dos máis fortes vencellos que uniron vital e ideoloxicamente a Amor Ruibal e Cabada Vázquez foi o seu común interese pola temática da lingua e da cultura galegas. En canto a Amor Ruibal, pódese dicir que a filosofía mesma amorruibaliana, co seu "correlacionismo", coa súa atención ós fundamentos naturais, ónticos ou reais, do pensamento, tiña que prestar necesariamente atención ás estructuras ou condicionamentos lingüísticos da subxectividade pensante. Quizais esta maneira de pensar amorruibaliana sexa producto do modo mesmo de ser galaico, no que pensamento, subxectividade e natureza ou realidade acolledora forman unha unidade que non é doado dividir 79.
O feito é, en calquera caso, que Amor Ruibal non é somentes filósofo, teólogo ou especialista en dereito eclesial, senón filólogo altamente interesado no feito lingüístico tanto a nivel xeral ou universal (co seu vasto coñecemento de moi diversas linguas) como particular e concretamente no que se refire á lingua galega, dato este último aínda hoxe non suficientemente coñecido e valorado. É comprensible por iso que Amor Ruibal estivese xa moi vencellado ó nacemento e ós primeiros pasos da Real Academia Galega, na primeira década do século XX. Pero a súa preocupación era, sobre todo, técnica e científica. Cabada Vázquez informa a este respecto, poucos días despois da morte de Amor Ruibal, de que este "de hai tempo abrigaba o propósito de facer un Diccionario etimolóxico da Língoa galega pra mostrarlle ás Academias un modelo que seguir, e a cantos a cotío se moufan dos que queremos soerguer a nosa Fala un testemoño irrecusábel do seu valor" 80. De feito, Amor Ruibal referírase de maneira explícita a este seu vello proxecto varios anos antes nun artigo, titulado La lengua gallega y su léxico etimológico, escrito á petición do fundador e director da revista "Almanaque Gallego" (Bos Aires), o lucense Manuel Castro López (1860-1926), e publicado por primeira vez nesta revista no ano 1924 81; un par de anos despois "Faro de Vigo" editaría este mesmo artigo. Velaquí algunhas das importantes ideas que Amor Ruibal verte neste escrito:
"Un 'Diccionario etimológico gallego', seriamente trabajado, según el estado actual de los estudios glotológicos, no sólo sería un recuento del léxico gallego para su bien merecida valoración científica, sino una reconstrucción de su vida interna, que hiciera apreciar su verdadero alcance significativo [...] Es, sin duda, muy laudable y meritoria la publicación de un Diccionario donde se recojan las palabras del lenguaje regional, y que sea a la vez el archivo de frases y modismos, como el que compone y edita la Real Academia Gallega. Pero eso, con ser mucho, no basta para levantar cumplidamente y hacer respetar en el mundo intelectual el habla de nuestros padres y de nuestra pequeña patria. Más de una vez hemos pensado en realizar la obra de que se trata, que hubiéramos efectuado ya, en la medida de nuestras fuerzas, si otras tareas científicas no lo hubieran impedido; sin que por ello renunciemos a dar cima a la empresa, si Dios nos lo permite y las circunstancias de mayor holgura en otros trabajos fueren para ello propicias. Los prestigios del idioma galaico, a parte del que pueden proporcionarle las obras literarias gallegas, dependen por modo muy especial de la representación glotológica que le proporcione el estudio etimológico de su léxico, siempre que se lleve a cabo, no de una manera superficial, sino seria y concienzudamente, y haciendo ver el nexo de las palabras gallegas con las correspondientes del tronco ario y semítico, unidas por la misma derivación etimológica. Labor ardua ciertamente, no tanto por su extensión como por la intención del trabajo de análisis e investigación que requiere; pero en ello es necesario pensar, en bien de nuestra lengua; y todas las entidades de hijos de Galicia, amantes de su tierra, prestaríanle un señalado servicio secundando con sus iniciativas y material cooperación una obra que les honraría y que tan directamente habría de ceder en honor y enaltecimiento de la hermosa región galaica que los vio nacer" 82.
Neste senso Amor Ruibal fará, ó longo da entrevista recollida no xornal de Vigo "Galicia" do día de Galicia do ano 1925, unha ampla e acendida defensa, histórica e lingüísticamente fundamentada, da importancia da utilización do galego non só na poesía senón tamén na prosa e noutras diversas manifestacións literarias. Velaquí algunhas mostras, parciais, das importantes declaracións do cóengo compostelán ó entrevistador X. Pardo verbo desta temática lingüística:
"El elemento poético, por muy valioso que sea, desde el punto de vista de la manifestación de vida literaria y afirmación de la personalidad regional, siempre resultará harto deficiente si no se trata de completarlo con los demás factores que integran la literatura de un pueblo y lenguaje. Es, sin duda alguna, aserción equivocada y falsa, aunque bastante difundida, la de que el gallego en su suavidad y dulzura apenas puede utilizarse más que en canciones populares y análogas composiciones líricas, sin otra vida, por tanto, sino la vida del sentimiento" 83.
Amor Ruibal volverá aínda sobre este punto máis adiante, na mesma entrevista:
"Desde el punto de vista de su literatura —insiste de novo o sabio filólogo— el cultivo actual del gallego es harto unilateral y por lo mismo deficiente; salvo contadas y honrosas excepciones apenas tiene a la sazón el gallego más ambiente que el de la poesía, muy digno de gran estima y de que prosiga su acción bienhechora, tan brillantemente sostenida por insignes vates contemporáneos. Pero eso no basta para hacer revivir convenientemente una lengua; sino que es menester que ésta extienda su vitalidad a las demás manifestaciones del mundo literario [...] Por fortuna, algún movimiento se ha iniciado por ilustres cultivadores de las letras gallegas en la dirección aludida, [...] con la publicación de artículos redactados en lengua gallega; los cuales [...] han de contribuir a que desaparezca esa inverosímil e ininteligible prevención que muchos todavía sienten hacia su más peculiar habla, avergonzándose de conocerla y usarla, como otros con análogo indigno proceder se avergüenzan de pertenecer a su propia tierra. Y es que todavía quedan resultantes de la siniestra acción deprimente que se ha ejercido aquí, cuando se llegaba a decir que ni la tierra galaica ni sus moradores 'entraban en predicamento'. Mas eso pasó, y pasó para no volver. Como españoles debemos conocer, amar y venerar a nuestra lengua de la común madre España; como gallegos es deber nuestro conocer, amar y venerar la lengua de nuestra región Galicia" 84.
Cando o entrevistador lle pregunta, hai agora xa preto de oitenta anos, polo "actual momento de Galicia", Amor Ruibal responderá deste xeito:
"En el actual momento histórico, como todos los períodos de transición, puede ser de mayor vida o de postración más honda, según se utilice para la formación definida de la personalidad regional galaica dentro de la unidad nacional que las regiones integran. Una orientación bien encauzada y convenientemente sostenida por la cooperación de cuantos pueden aportar a la lengua, letras y arte gallegos su labor, sus alientos y sus luces, haciendo obra no de disgregación, sino de unificación de aspiraciones, presidida por la razón serena y desapasionada, y no ordenada a cualesquiera otros fines extraños al fin indicado, levantaría ciertamente nuestros valores de región y haría que Galicia pasase a ocupar el lugar que por tantos conceptos le corresponde" 85.
Cando esta entrevista a Amor Ruibal se publica no xornal "Galicia" de Vigo pasaran dous anos desde que Cabada Vázquez deixara a Universidade Pontificia de Santiago (para non voltar deica dous anos despois). Sen embargo, na biblioteca persoal do poeta estradense consérvanse os dous exemplares (do 25 e 26 de xullo de 1925) de "Galicia" nos que aparece a entrevista completa (en dúas partes) de X. Pardo ó cóengo compostelán. Hai en realidade unha afinidade ou sintonía de fondo entre a maneira de pensar de Amor Ruibal e a do seu discípulo compostelán, aínda que neste último a radicalidade política e emocional adquira acentos máis fortes.
Adiantándose na práctica ás consideracións amorruibalianas sobre a importancia do emprego da lingua galega no só na poesía senón tamén na prosa, Cabada Vázquez escribira xa de feito dous anos antes o seu primeiro relato en prosa, A bolaíña 86, cando só tiña vinteún anos. Era natural que esta xa anterior sintonía con Amor Ruibal na temática da cultura e da lingua galegas se concretase posteriormente, á súa volta a Santiago, nunha máis estreita colaboración na intimidade do Pazo de Razoi. Por iso poderá testemuñar Cabada Vázquez sobre Amor Ruibal, ós poucos días do seu pasamento:
"Do seu amor e do seu intrés por Galicia e por os asuntos da terra, non é mester falar, pois é de todos ben coñecido. Non embargantes, os que tivémo-la dita de vivir cabo del e de escoitalo a cotío en conversas íntimas e familiares, poidemos decatarnos máis craramente delo [...] O rexurdimento da nosa Fala —nos dixo algunha vegada— ten de vir como efeito obrigado da nosa reintegración etnolóxica e cultural; porque, así como non se pode chegar na Penínsua a unha unidade etnográfica, do mesmo xeito será sempre disparatado e utópico o querer xunguirnos a tódolos habitantes da Iberia a un soio meio de expresión. É lei xeral que á distinta rama etnográfica corresponde distinto meio de expresión [...] Ó esperanto chamoulle en algunha ocasión o aborto máis grande da Filoloxía [...] Era mester primeiro unificar as psicoloxías todas" 87.
"Su amor a Galicia y a todo lo gallego —indica así mesmo no "Faro de Vigo" Cabada Vázquez— lo hemos palpado muy de cerca. Cada paso dado en pro del bien de la tierra y de la cultura gallega era en él motivo de alegría y satisfacción. Se interesaba de modo especial —y de ello tienen muchos autores gallegos testimonio valioso— por las publicaciones en nuestra lengua de arrullos, en la que conversaba a diario. Alguna vez llegó a decirnos que emprendiésemos la traducción al gallego del Catecismo y del Kempis, y que él nos ayudaría en la difícil tarea. Su muerte nos privó de la realización del propósito" 88.
Unha mostra deste seu interese pola cultura galega é a súa participación, xunto con Cabada Vázquez, no xurdimento da revista "Logos", da que xa dixen algo máis arriba. Filgueira Valverde ofrécenos verbo disto aínda estes datos: "El autor de Vagalumes, como también Manuel García, que desde Comillas se había interesado tanto por los temas gallegos, trabaron amistad con Amor Ruibal y le expusieron muchos de nuestros proyectos. Ellos fueron los que le comunicaron los deseos de editar en Pontevedra un 'Boletín Católico Mensual' que saldría gracias a la generosidad y al tesón de Antonio Iglesias Vilarelle. Fue el propio autor de Los Problemas Fundamentales el que, entusiasmado con la idea, buscó el título, 'Logos', ideó la portada, para la cual dibujó Castelao el Daniel del Pórtico de la Gloria, y ofreció colaboración en gallego" 89.
Respecto da proposta de Amor Ruibal de traducir ó galego o Catecismo e o Kempis, consta que Cabada Vázquez iniciou (polo menos) a traducción do Catecismo, dado que se conservan dúas páxinas manuscritas, que conteñen a súa traducción ó galego do comezo do Catecismo do P. Astete, co título de "Decraración da Doctrina cristiana por preguntas e respostas" 90.
Desde a devandita valoración amorruibaliana da lingua galega era lóxico tamén que o cóengo compostelán considerase importante e necesaria a utilización do galego no anuncio da mensaxe cristiá. Cabada indicou a este respecto que acochaba o propósito de "expór tamén en 'Logos' o parecer de Amor Ruibal encol da predicación en galego, cousa á que debe chegarse axiña" 91. Todo indica, sen embargo, que non lle foi posible levar a efecto este seu propósito 92.
Por outra parte, se Amor Ruibal se interesaba por todo o que tiña que ver coa cultura galega, é comprensible que non puidese estar á marxe dos traballos literarios do seu competente amigo. Este dará craro testemuño, en efecto, desta cercanía encoraxante de Amor Ruibal nas súas "Verbas limiares" a Vagalumes: "Endexamais eu maxinara en dar ó pobo meus versos así recollidos entre as páxinas dun volume. Foron miñas boas amistades as que de hai tempo eisixiron de min ista laboura, e foi derradeiramente o mestre Amor Ruibal —intelixencia xigante e universal e corazón sinxelo e garimoso—, a quen Dios chamou pra si recentemente, quen me deu o decisivo empuxe, dimpois de terme honrado pousando sobre a cativez dos meus versos aqués seus ollos de aguia, arelantes decote de cousas grandes e profundas e de hourizontes infinidos. A Morte, que o viña axexando de cerca, non lle deixou trazar as liñas limiares que me prometera pra Vagalumes" 93.
A verdade é que Amor Ruibal non só sabía apreciar e gustaba da poesía, senón que el mesmo cultivou nalgún tempo a arte poética, na que amosou inspiración e excelente dominio dos recursos poéticos, segundo o testemuño, entre outros, do poeta Ramón Cabanillas, daquela xove seminarista en Santiago 94.

V. Maxisterio e filosofía e letras
A vida de Cabada Vázquez despois da súa volta a Santiago foi moi intensa. Hai que ter en conta que, aparte da súa actividade no Pazo de Raxoi como preceptor dos Nenos de Coro e da súa colaboración con Amor Ruibal, o poeta estradense non só segue os cursos de Teoloxía ou Dereito Canónico na Universidade Pontificia, senón que ó tempo ten que esforzarse por remata-los estudios de bacharelato iniciados en Pontevedra (que conclúe, acadando o título de bacharel, o o 16 de xuño de 1928), para empezar seguidamente os estudios de maxisterio e tamén os de Filosofía e Letras.
Respecto dos estudios para acada-lo título de mestre, o candidato ó maxisterio matricúlase no curso 1928-29 na "Escuela Normal de Maestros de Pontevedra", non na de Santiago 95, acolléndose ó entón vixente plan de estudios do 30 de agosto de 1914. Por outro lado, dado que estaba xa en posesión do título de bacharelato, conmútansenlle por este concepto diversas asignaturas. Os resultados dos exames das restantes cinco asignaturas que debe cursar, distribuídas en dous cursos, son os seguintes, segundo o certificado de estudios expedido polo Secretario e Profesor numerario da Escola Normal de Mestres de Pontevedra, José Gay Fernández: en xuño de 1929 acada "sobresaliente" en Música (1º e 2º), Pedagoxía (1º e 2º) e Historia da Pedagoxía, e "notable" en Prácticas de Ensino (1º); en xuño do ano seguinte (1930), remata —aprobando a última asignatura, Prácticas de Ensino (2º), cun "notable"— os seus estudios de maxisterio. Xa no mes seguinte, o 18 de xullo de 1930, o Ministerio de Instrucción Pública e Belas Artes expídelle o título de Mestre de Ensino Primario, previa instancia do candidato asinada por este en Pontevedra no mesmo mes de xullo.
Antes de rematar este mesmo ano 1930, o 15 de decembro, o novo mestre solicita, en instancia dirixida ó Director Xeral de Ensino Primario, poder participar nas oposicións para ingreso no maxisterio nacional. Velaquí parte do texto da instancia: "José Manuel Cabada Vázquez [...] expone que ha visto la R. O. del 20 de octubre último y la Orden de esa Dirección General del 10 del corriente mes referentes a la convocatoria de las oposiciones para ingreso en el Magisterio Nacional de 1ª Enseñanza, y creyendo el que solicita reunir las condiciones que se exigen para actuar en dichas oposiciones, según justifica con la adjunta documentación que al efecto se exige, suplica a V. I. se digne tener por presentada esta instancia dentro del plazo señalado y admitirle a las referidas oposiciones, disponiendo que practique los correspondientes ejercicios en la población expresada al margen". Na marxe esquerda da instancia indícase: "Desea practicar los ejercicios en Santiago".
Non teño constancia, sen embargo, de que o novo mestre se presentase de feito a estas oposicións. En realidade, os acontecementos políticos xerais e os biográficos e académicos particulares de Cabada Vázquez vanse precipitar, un tras doutro, ó longo do novo ano 1931, e van afectar loxicamente ó desenrolo de posibles proxectos previos. No novo ano vanse suceder, en efecto, acontecementos como estes: publicación de Vagalumes a comezos de ano, proclamación da República en abril, posterior intensa actividade galeguista, novo título de licenciado en Filosofía e Letras en xuño, abandono definitivo da carreira eclesiástica, ingreso a comezos de outubro como profesor no Colexio do Apóstolo Santiago de Vigo, etc. De modo que estes acontecementos e, sobre todo, a adquisición do título de licenciado e a posterior contratación como profesor de ensino medio, deberon inducirlle a abandona-la idea de se presentar ás devanditas oposicións de maxisterio.
Segundo isto, Cabada Vázquez, despois da súa volta a Santiago, non só acada o título de mestre en xullo de 1930, senón tamén, un ano despois, o de licenciado en Filosofía e Letras, Sección de Historia. O poeta de Codeseda amosou sempre un grande interese polo coñecemento da historia e das xentes de Galicia. Xa no verán anterior á súa volta a Santiago percorrera o futuro licenciado, entre outros con M. García Barros (Ken Keirades), diversos lugares preto da Estrada nunha común tarefa de busca e pesquisa de datos históricos de antigos edificios, igrexas, cruceiros, etc. 96. Agora os estudios na Universidade Literaria de Santiago proporcionaranlle abonda base científica. Preséntase ós primeiros exames da carreira de Filosofía e Letras (que estudia por libre, "non oficial", o mesmo que no caso dos seus estudios anteriores de bacharelato e maxisterio) o 20 de setembro de 1928, un ano antes que ós seus primeiros exames de maxisterio, e acada a calificación de "notable" nas dúas asignaturas ás que se presenta no curso 1927-28: Lóxica fundamental e Lingua e Literatura españolas. No curso seguinte, 1928-29, o 10 de xuño de 1929, acada un "aprobado" en Historia de España (nos inmediatos tres días seguintes —11, 12 e 13 deste mesmo mes— terá que facer na Escola Normal de Pontevedra outros catro exames, que aprobará con tres sobresalientes e un notable), e, o 25 de setembro do mesmo ano, consegue un aprobado en Historia Universal e notable tanto en Lingua e Literatura latinas como en Teoría da Literatura e das Artes. No terceiro curso (1929-30), preséntase ós exames os días 26 e 27 de setembro, que aproba coas seguintes calificacións: un aprobado (Historia Universal da Idade Antiga e Media), tres notables (Paleografía, Numismática e Epigrafía, Arqueoloxía) e un sobresaliente (Historia de España Antiga e Media). Finalmente, no último curso da carreira (1930-31), preséntase ós exames o 12 de xuño de 1931 e acada a calificación de sobresaliente nas tres asignaturas coas que conclúe a súa carreira universitaria (Historia de España moderna e contemporánea, Historia universal moderna e contemporánea, Xeografía política e descriptiva 97).
Tres días despois, o día 15 de xuño, preséntase (segundo a crónica de Rey Alvite 98, xunto con Xesús Ferro Couselo e Fermín Bouza Brey 99) á reválida en Filosofía e Letras, para acada-lo grao de licenciado. Este exame de grao constaba de tres exercicios. O primeiro é un exercicio escrito, no que o aspirante, incomunicado, redacta o seu texto escrito sobre dous temas determinados por sorte; o segundo é un exercicio oral baseado en preguntas; e, finalmente, o terceiro é un exercicio práctico sinalado polo tribunal. Os membros do tribunal foron os seguintes: Abelardo Moralejo Laso (Presidente), Sebastián González (Vocal) e Antonio Fraguas Fraguas (Secretario). Nos tres exercicios Cabada Vázquez acadou "sobresaliente", calificación que figura no seu título oficial de licenciado en Filosofía e Letras, Sección Historia, concedido polo Presidente da República Española 100.
Dos profesores da Facultade compostelá cos que academicamente se relacionou nos seus estudios o novo licenciado, velaquí algúns nomes: Armando Cotarelo Valledor (catedrático de Lingua e Literatura españolas na Facultade compostelá desde comezos de século e primeiro Presidente do Seminario de Estudos Galegos 101), Abelardo Moralejo Laso (Presidente do devandito tribunal de grao do noso poeta, moi ligado á universidade compostelá desde 1926; representaría en 1962 á universidade compostelá en Codeseda co gallo do traslado dos restos do seu discípulo, Cabada Vázquez, desde Linares ata o seu lugar de nacemento), Sebastián González García-Paz (moi vencellado cultural e politicamente ó galeguismo 102, emigrou, pola guerra civil, a Puerto Rico, onde continuou coas súas investigacións históricas), Antonio Fraguas Fraguas (ben coñecido polo intenso labor realizado por el a prol da cultura galega ata a súa recente morte en novembro de 1999; daquela profesor auxiliar na Facultade compostelá), Alfonso Vázquez Martínez (profesor auxiliar entón tamén, e grande amigo do poeta estradense, a xulgar polas adicatorias de varios dos seus escritos que se atopan na biblioteca do poeta 103), Salvador Parga y Pondal (vencellado durante anos á docencia e investigación de materias históricas na universidade compostelá e noutros centros docentes ou arquivos), Ramón Gallego García (que, pola súa parte, estudiara tamén no Seminario de Santiago, antes de face-los seus estudios na Facultade civil de Filosofía e Letras), Luis Villar, etc. 104.
Cando conclúe o curso 1930-31, Cabada Vázquez non só é mestre nacional (desde xa un ano antes), senón tamén licenciado en Filosofía e Letras (Sección Historia), ademais de ter aprobado coas máximas calificacións ("Meritissimus") tódalas cinco asignaturas do seu primeiro curso de Dereito Canónico na Universidade Pontificia.

VI. As razóns do abandono da carreira eclesiástica
Sen embargo, os seus estudios na Universidade Pontificia van quedar definitivamente interrompidos ó rematar este curso 1930-31, abandonando así definitivamente a carreira eclesiástica. Resulta difícil chegar a adiviñar con certeza as razóns concretas que levaron ó poeta estradense a tomar esta decisión, sobre todo non estando permitido aínda ós investigadores o acceso ó Arquivo (secreto) Vaticano, no que está agora o arquivo da Sagrada Congregación de Sacramentos, á que foi dirixida polo diácono Cabada Vázquez a petición de dispensa das obrigas (fundamentalmente a do celibato) vencelladas á orde eclesial do diaconado, recibida un ano antes.
En calquera caso, pódese sospeitar que determinados problemas relacionados coa súa vivencia do mundo (persoal, social e político) que o rodea tiveron boa parte nesta toma de decisión. Dito máis concretamente. Por un lado, a perda irreparable de persoas moi queridas causaron de feito en el un forte impacto emocional e ideolóxico. Por outro, a intensa afectividade do xove e do poeta en relación coa feminidade non parecía atopar doado acomodo nun modo de vida como o clerical no que o celibato era obriga de por vida. Finalmente, o seu cada vez máis intenso e decidido compromiso político co galeguismo, sobre todo desde as posibilidades que abriu a este a proclamación da República (a mediados de abril do 1931), non podía emparellarse sen dificultade coa súa pertenza ó estamento clerical e, máis concretamento, ó sacerdocio, do que estaba xa próximo se as cousas seguían o ritmo normal. Analicemos algo máis a modo estes puntos.
En canto ó punto primeiro. De maneira especial desde os meses de Nadal de 1924 e 1925, nos que as queridas Dora e Emiliña desaparecen do seu mundo real para se converter unicamente nas "somas ben-amadas" dos seus versos, o poeta síntese loitar cunha "fatalidade", que moi probablemente non deixaría de afectar dalgunha maneira ás súas crenzas e á súa vivencia relixiosa. Nos seu poemas aparecen, polo menos, pegadas significativas deste impacto que semellan confirmar a sospeita. A comezos de 1925 publicará en "Vida Gallega" un poema titulado Fatalismo (asinado, ademais, co pseudónimo J. Lamenú 105). Só cando este poema sexa recollido posteriormente en Vagalumes, o seu novo título trocarase en Casoalidá, e a palabra "Fatalidá", que aparece dúas veces no texto do poema, será sustituída así mesmo por "casoalidá" 106. Trátase seguramente de cambios vencellados máis co feito de se publicar Vagalumes nun centro eclesial, o Seminario de Santiago, e de ter como autor a un alumno da Universidade Pontificia, cercano xa ó sacerdocio, que cun abandono definitivo dun xeito de pensar moi ligado en realidade ó mundo cultural galego, do que o poeta sen dúbida participa. Algo moi semellante ocorre coa trasformación operada en Vagalumes do poema Non sei, publicado por primeira vez en "Vida Gallega" o 20 de decembro de 1927 (poucos meses despois de voltar o poeta a Santiago). Compárense, se non, as dúas versións 107:
Non sei
(versión de "Vida Gallega")
Non sei por que te quixen, por que te amei a outrora,
nin sei por que te odio e te desprezo agora.
Misteiros son da vida —que eu penetrar n'acerto--
que vénnos a probar que nada é estable e certo.
Antre as néboas da Duda nosos días pasamos
sin saber de onde vimos, nin saber pra onde vamos.
Unha forza xigante nos empuxa ó Abismo.
¡Os vencellos inxentes do mouro Fatalismo!
Non sei por que te quixen, por que te amei noutrora,

(versión de "Vagalumes")
Non sei por que te quixo, por que te amou noutrora,
nin sei por que te odia e te desprecia agora.
Misterios son da vida que a penetrar n'acerto
e mostran que acó embaixo nada hai estabre e certo.
Antre néboas escuras nosos días pasamos,
sin pensar de onde vimos nin pensar pra onde vamos.
A par de nós camiña a seca e irta Morte.
¡Felices, si acadamos a derradeira Sorte!...
A comparanza da versión de Vagalumes coa anterior de "Vida Gallega" pon de manifesto a posterior trasformación ideolóxica da primeira versión do poema. En efecto, por un lado, na primeira estrofa o dito en primeira persoa pasa a ser dito en terceira; por outra parte, a segunda estrofa está fortemente atenuada: sustitúese o "sin saber" polo máis suave "sin pensar" e, sobre todo, desaparecen totalmente as palabras "Duda", "Abismo" e "Fatalismo" (estas dúas últimas escritas en cursiva polo poeta) 108, que están en continuidade co sentimento expresado noutros poemas. Era preciso, pois, que tales expresións non se mantivesen en Vagalumes. E era bo tamén introducir na posterior versión unha nova idea, esperanzadora, a que está expresada no último verso.
Moi semellante ideoloxicamente ás expresións "Fatalismo" ou "Fatalidade" é a palabra "Destino", que o poeta utiliza tamén (case sempre con grafía maiúscula, como nas expresións anteriores) en contextos semellantes. Así, por exemplo, cando nun dos versos do poema castelán ¿Cómo quieres?... 109 (decembro 1923) se di, en relación coa dor e co sufrimento: "Sólo debo acatar el Destino". Aínda que logo, no posterior poema As miñas canas 110 (outubro 1925), estas veñen a ser para o poeta o premio "do eterno loitar, / do bregar sen termo / contra do mal-fadado Destino". A expresión "Destino" volverá aparecer de novo incluso nun contexto explicitamente relixioso, de pregaria, nun poema-oración (A María Inmaculada 111), non escrito para ser publicado, ó que farei aínda referencia. O "Destino", a "Fatalidade", etc. veñen sendo así como unha realidade impersonal, opaca e irracional, que se impón cando e como quere, por máis que un poida loitar contra ela; só un poder superior a ela, unha instancia relixiosa, podería facerlle fronte.
Nesta crise interior, entre os golpes violentos e inesperados da "Fatalidade" e a fe relixiosa, que a pesar de todo o poeta intenta manter, non sempre a fe e a esperanza raiolan sen nubeiros no seu interior.
Velaquí unha das Moxenas (a que fai o nº III na primeira publicación en "Vida Gallega" do 8 de decembro de 1925, data que coincide coa do falecemento da súa irmá Emilia, pero seguramente redactada antes da súa morte):
Din que ó que perde as espranzas,
máis lle valera morrer.
¡Eu perdinas, e non morro!
¡Xuzgade o meu padecer!
Esta "Moxena", naturalmente, tampouco aparecerá entre as Moxenas de Vagalumes 112.
A desesperanza ascenderá loxicamente tralo impacto producido nel pola desaparición de Emilia. Velaquí unha das estrofas do emotivo poema ¡¡Irmanciña!!... 113 (xuño 1926):
Dende aquela noite
cal non outra amarga,
sinto que un curruncho no fondo da i-alma
non quere alegrías, non quere consolos,
nin siquera espranzas.
Cando, máis adiante, en Vagalumes faga o poeta unha trasformación máis dun poema seu anterior, que agora recibirá como título o de Sobre a fenestra 114, será a súa irmá desaparecida a que sustitúa á anterior "ben-amada". Desaparición que fai abala-la esperanza do poeta:
Despois?... Da Dor as gadoupas
feriron meu corazón:
¡e a dita miña esgazada,
e morta miña ilusión!...
Levo no peito o desazo
e o peso da lonxanía,
e cabo a i-alma a friaxe
da máis crudel invernía.
A rentes das mágoas miñas,
o fel da espranza esvaída,
e encol do meu corpo endebre,
a soga da Dor cinguida.
Como ante a "Fatalidade" a esperanza non é forte nin neta, xorde a dúbida (a "Duda negra"), aínda que estas dúbidas teñan que ser convenientemente veladas ou agachadas, unha vez máis, cando o poema vaia ser publicado en Vagalumes. Véxanse, a modo de exemplo, a continuación, primeiro a versión dun poema, sen título, asinado xa en Santiago (o que quere decir que as "dúbidas" acompañaban aínda ó poeta trala súa volta á cidade do Apóstolo), mais co pseudónimo J. Lamenú, tal como aparece en "Vida Gallega" (30 novembro 1927); e, seguidamente, a versión do mesmo poema (agora xa con título: ¡Fai, Bon Dios!...), tal como aparecerá en Vagalumes:
Sobre da terra, o mantelo
esfiañado da néboa;
sobre miña alma, os farrapos
escuros da Duda negra.
Ós bicos mornos do sol
esfanse as néboas da terra;
mais os farrapos da Duda
da miña alma non se arredan.
¿Será algún día bicada
polo sol da luz eterna?
¡Fai, Bon Dios!...
(versión de Vagalumes)
Sobre da terra, o mantelo
esfiañado da néboa;
sobre sua i-alma, os farrapos
escuros da duda negra.
Ós bicos mornos do sol
esfanse as néboas da terra;
mais os farrapos da duda
da sua i-alma non se arredan.
¡Fai, Bon Dios, que sea bicada
polo sol de luz eterna!...
A trasformación feita en Vagalumes é clara aquí tamén. En efecto, na primeira versión de "Vida Gallega" dise "miña alma" as dúas veces que en Vagalumes se dirá, en terceira persoa, "sua i-alma". Deste xeito as dúbidas (nótese, ademais, que en "Vida Gallega" a palabra "Duda" aparece con maiúscula e en cursiva) colócanse agora nun suxeito alleo, aínda que en realidade pertenzan ó mesmo poeta. Por outra parte, a oración ou petición final ("¡Fai, Bon Dios...!") de Vagalumes non existe como tal en "Vida Gallega", nin como título nin como remate do poema, permanecendo aquí somentes a dúbida ou o interrogante: "¿Será algún día bicada / polo sol da luz eterna?" 115.
As dúbidas ou, na linguaxe simbólica e literaria, as néboas, a brétema, invaden deste modo o espírito do poeta, tal como se expresa este nun poema (Brétema 116), publicado por primeira vez en 1926 e que volverá a publicar aínda polo menos catro veces máis (en diversas revistas e xornais) antes de ser recollido definitivamente en Vagalumes (esta vez aquí sen modificacións significativas 117). Velaquí as últimas estrofas do devandito poema:
¡Bretemal mesto cobre a miña alma
de eterno loito!
Fondos pesares, penas sin termo,
dores sin conto,
tranme de hai tempo agrilloado
o meu ser todo.
¡Benia as noitebras que cân na terra,
e cân nos corpos,
se unha moxena de luz e espranza
brila no fondo
do noso esprito! Mais ¡ai! que eu teño
e levo adoito
encol do corpo bretemal mesto,
encol da i-alma, ¡eterno loito!
¿"Bicou", en realidade, "o sol da luz eterna" a alma do poeta e desapareceron, polo tanto, dela "os farrapos escuros da Duda negra"? Non é nada doado responder a isto de maneira taxativa. Hai, sen embargo, nos seus poemas tamén elementos que permiten facer pensar que, nesta crise interior, non todo era escuridade ou brétema. Véxase, por exemplo, o seu poema O miragro (publicado por primeira vez en novembro de 1925 118), que empeza e remata coa seguinte estrofa:
Foi un cadoiro de luz
que baixou do Ceo outo,
o que en min fixo o miragro,
o que a min trocoume noutro.
Ou, tamén, o breve poema Lubricán (de marzo de 1928 119):
Xurdeu a man misteriosa,
dorida das bágoas miñas;
correu o velo escurado
no que a Noite me escondía,
e luceu mainiña, maina,
a luz dourada do Día.
Non foron seguramente as devanditas escuridades e dúbidas do seu espírito, polo menos non só elas, as que influíron de maneira definitiva no seu abandono da carreira eclesiástica. Unha persoa tan sensible e tan afectada pola perda de persoas a el moi achegadas e tan queridas, que o levaron precisamente á situación anímica descrita, tiña que ser tamén polo mesmo moi sensible ó afecto e amor humanos, e, máis concretamente, ó amor romántico home-muller. Posiblemente esta dimensión afectiva, caracterizada polo engado da feminidade, tivo tamén a súa parte na decisión de abandona-lo camiño que o levaba ó sacerdocio.
Desde o punto de vista do texto dos poemas, tal como estes foron publicados en Vagalumes (1931), non é doado adiviñar con toda claridade esta dimensión, xustamente polas circunstancias, xa coñecidas (publicación dos poemas nun centro eclesial, sendo o seu autor un candidato ó sacerdocio, etc.), que condicionaron de maneira importante o contido mesmo do poemario, impoñendo nel determinadas restriccións. Por iso, a presencia feminina neste -a diferencia do que ocorre na primeira publicación (en xornais, etc.) deses mesmos ou doutros poemas- non aparece de maneira tan nidia. Isto non quere dicir que non exista en absoluto, senón que se atopa cortesmente agachada ou transformada. Por isto, xa no mesmo ano 1931 tanto Sánchez y Santa María como o entón tamén xove poeta A. Iglesia Alvariño puideron facer referencia á temática feminina de Vagalumes. Escribiu entón, en efecto, o primeiro que "el amor a la mujer" é un dos sentimentos presentes en Vagalumes: nel "lucen púdicas rosas de admiración para la mujer" 120. Pola súa parte, Iglesia Alvariño dirá: "La sombra de ternura del eterno femenino aparece, de vez en cuando, entre rosales, plenos de rosas blancas" 121.
Sen embargo, cando X. Alonso Montero, no seu estudio introductorio á segunda edición de Vagalumes, fala da "música da paisaxe feminina" no poeta estradense e de que incluso "o universo da muller e do amor comprometeu seriamente a súa vocación" 122, iso só o pode dicir á vista dalgúns, polo menos, dos poemas tal como apareceron con anterioridade a seren publicados en Vagalumes ou tendo en conta outros que nin sequera foron recollidos neste libro. Porque as adicatorias, por exemplo, que se atopan en Vagalumes son fundamentalmente masculinas: familiares máis ou menos próximos, amigos (como Pego Castro), emigrados galegos en xeral ou, entre os poetas, R. Cabanillas.
É verdade que Vagalumes ten no seu comezo a coñecida Adicatoria: "Ás somas ben-amadas de EMILIÑA e DORA -fontes da miña inspiración". É, sen dúbida, a "sombra" das xoves e femininas mortes da súa irmá Emilia e da súa curmá Dorinda Vázquez a que fai xurdi-lo fondo sentimento desacougante de non poucos poemas de Vagalumes. Pero é este un sentimento que fai referencia a unha ausencia irreparable e dolorosa, tal como se amosa por exemplo no poema Ofrenda de amor, adicado "a Doriña" (única adicatoria feminina de Vagalumes). Ora ben, se se deixa aparte esta lembranza sentimental da para sempre desaparecida "Doriña", non aparecen en Vagalumes outros poemas con adicatorias femininas. Si podería pensarse que a longa adicatoria impersonal ("A ti, que fuches...") do poema As miñas canas oculta un personaxe feminino. E isto é así en realidade. Pero nin da adicatoria nin do texto mesmo deste poema, tal como aparece en Vagalumes, se pode deducir iso con seguridade. O poeta non se esqueceu, en efecto, en Vagalumes de sustituír, en primeiro lugar, a frase "¿Lémbraste, garrida nena?" pola simple palabra "¿Lémbraste?" e de suprimir, así mesmo, os máis de vinte, belos e románticos, versos do "Envío" final deste poema que, editados seis anos antes en "Vida Gallega", están ceibes alí naturalmente de calquera sombra de ambigüidade respecto da feminidade da adicatoria, ó soaren estes versos do "Envío" (ausentes en Vagalumes) deste xeito:
A ti, ouh nena dos ollos verdes,
dos ollos glaucos, dos ollos meigos,
que soupeche unha croa tecerlle
con fíos de prata —con santos cabelos--
pra aquel poeta
que rimou versos
ó mirarte cal nova Penélope
ora tecendo, xa destecendo;
pra aquel poeta
que no fondo máis fondo do peito
sinteu tuas miradas
tal dardos de aceiro
do neno Cupido,
do escachado fillo de Venus;
pra aquel poeta
que veloute dormenta no leito
e que tamén teceuche unha croa
con fíos de ensono —dourados cabelos—.
A ti van hoxe
istes meus versos
cubizosos de vérense diante
dos teus ollos meigos.
¡Que os acollas che prega o poeta,
que a ti voa tamén no silenzo!... 123
Cabada Vázquez restrinxiu, pois, en Vagalumes, tanto no contido (parcial ou total) de diversos poemas como nas adicatorias, a feminidade presente en previas edicións en revistas ou xornais.
En canto ás adicatorias, existen naturalmente adicatorias masculinas en poemas (non recollidos en Vagalumes) -como Na fala galega (a Santiago Fernández 124), O meigallo (a Pelayo Bergueiro 125), Gratitude (a José Daviña Trasmonte 126)- ou nalgún conto en prosa como A bolaíña (adicado a Augusto Gamallo Simal 127). Pero nun xove e sensible poeta coma era Cabada Vázquez a vivencia da feminidade tiña que ter necesariamente o seu eco nas adicatorias de moi variados poemas, que foi espallando en revistas e xornais como "El Emigrado", "Céltiga", etc. E así é, en realidade. Só algunhas mostras.
A adicatoria do poema Unha noite, ausente de Vagalumes, é esta: "Pra as rapazas da miña aldea" 128. E se Maruxa aparece incluída en Vagalumes, estará cautelosamente despoxada aquí tanto da galante adicatoria ("Por todas e cada unha das nenas da Estrada, coa fonda ademiración que lles ten. O autor") das dúas versións anteriores a Vagalumes como dos perigosos "beixos" dun dos versos finais (das devanditas versións anteriores), que serán sustituídos polos máis castos "sorrisos"... 129. As adicatorias fanse nominais e concretas noutros poemas amorosos. "Pra unha moi galega Maruxiña" é a adicatoria de Serei teu poeta 130. "Para la Srta. M. E. del Carmen" será a de Meus soños 131, etc. No ano 1925 os nomes femininos das adicatorias tomarán un forte pulo: Compasión ("A Moncha P. y P., alma noble y corazón de oro") 132, Sed tengo ("A Charito, que lee mis versos"), Amor...Dolor ("Para Lupe, amiga del alma"), Desengaño ("A Concha, margarita en coral, con todo el afecto y el cariño todo"), Andar...Andar ("Para Celia, afectuosamente") 133. E como nunha especie de traca final de flores aparecen agora, neste mesmo ano, unha morea de nomes femininos na adicatoria do poema Meu dor, poema este que si aparece en Vagalumes, aínda que naturalmente sen a correspondente seguinte adicatoria: "Pra Moncha, Noema, Concha, Lupe, Celia, Charito, Maruxa Solá, Pacita Hinojal, Carmiña Castro e Carmiña Queimadelos. Pra todas e cada unha" 134.
Entre estes nomes, o de Noema (Noema Landeira Martínez) acadará especial importancia poética tanto neste ano 1925 como no seguinte. A ela estará adicada, en 1925, Nueva Aurora ("A Noema Landeira, toda amor y sentimiento") 135, pero sobre todo, xa no ano seguinte, Acróstico (ou, segundo o título da súa versión manuscrita, Estampa. Acróstico). Nos acrósticos -como o lector seguramente ben sabe- o poeta constrúe coa secuencia dunhas determinadas letras dos versos do poema un nome concreto por el intencionado. No presente Acróstico 136 a secuencia conxunta das primeiras letras dos versos desvelan xustamente o nome e ámbolos dous apelidos de Noema Landeira Martínez. Pero para que tanto o editor como o lector de Vagalumes non puidesen descubri-lo nome desta xove, o poeta adopta o recurso de darlle ó poema un título diferente do de Acróstico. En Vagalumes o título deste poema será, en consecuencia, non Acróstico, senón outro: Paisaxe do lusco e fusco. Deste xeito Noema Landeira Martínez desaparece pudorosamente de Vagalumes 137. E se o nome de "Maruxa" (Maruxa sen máis ou Maruxa Solá) foi un dos primeiros das adicatorias de Cabada Vázquez, co mesmo nome rematará tamén o poeta, antes da súa volta ó Seminario de Santiago, as súas adicatorias amorosas. O seu traballo en prosa, A nena encantada, ten esta adicatoria: "Pra Maruxiña, no ferventío do meu amoroso anceio" 138.
Agora ben, non só as mencionadas adicatorias, ausentes de Vagalumes, senón tamén a transformación do contido mesmo de determinados poemas de Vagalumes amosan a autocensura que se impuxo a si mesmo o poeta en relación coa feminidade. Só algunhas indicacións, agora, verbo destas transformacións, realizadas desde o punto de vista do ámbito "moral", feminino-amoroso.
Se —segundo xa se indicou— no poema Maruxa os anteriores e conflictivos "beixos" se trocan despois en normais "sorrisos", no poema ¿Non te lembras? de Vagalumes desaparecerá, polas mesmas razóns, toda unha estrofa (presente na súa primeira publicación 139). Estes foron os versos condenados ó ostracismo: "Non te lembras daquel bico / que me deche, as furtadelas, / brincando un día contigo, / e tamén dos que che eu dera / aquela noite onda a porta? ... / ¿Non te lembras?".
Se no caso do anterior poema se trata dunha simple exclusión, en Lírica o poeta realiza unha interna transformación. A sensibilidade ou sensualidade, corpórea, das versións anteriores a Vagalumes queda neste sublimada nunha expresión poética máis neutral e abstracta, meramente espiritual. Velaquí os versos que non aparecen en Vagalumes:
"Nosos beizos que se axuntan,
nosos corpos que se apertan,
mentras a lúa celosa
por antre as ramas axexa" 140.
En Vagalumes estas expresións foron sustituídas polos seguintes versos, dunha feitura menos erótica:
"Así un cariño xurdira
e así as chamas se acenderan
dese amor subido e forte,
que a dous corazóns acerca,
a dúas vidas confunde
e a dúas almas estreita" 141.
Pero quizais a transformación máis drástica e rechamante é a do poema Xunto dela, que se "reconverte" despois, en Vagalumes, no poema Cántigas de Nadal. Velaquí o texto dos dous poemas:
Xunto dela
Durme, miña pomba, durme,
que eu, esperto,
do teu leitiño a carón
por ti velo.
Canta, miña rula, canta,
que á tua beira
ouvindo vou teus cantares
que o meu corazón alegran.
Fala, miña nena, fala,
que as tuas falas
son pra min no mar da vida
o faro que amostra a praia.
Eu onda ti son felís,
e sen ti eu non son nada,
porque tan só en ti teño
caridá, fe e esperanza. 142
Cántigas de Nadal
Durme, meu meniño, durme,
que eu, esperto,
do teu leitiño a carón,
por ti velo.
Sorrí, meniño, sorrí,
que á tua beira
ollando estou teus sorrisos
que o meu corazón aledan.
Fala, meu meniño, fala,
que as tuas falas
son pra min no mar da vida
o faro que amostra a praia.
Eu onda ti son felís
e sin ti non son nada,
porque somente en ti teño
caridá, fe e esperanza. 143
Se se comparan ámbolos dous poemas, é fácil decatarse da transformación operada dun poema galante ou romántico, o primeiro, noutro, o segundo, dun xénero ben diferente, o das panxoliñas ou "Cántigas de Nadal": as "miña pomba", "miña rula" ou "miña nena" do primeiro convértense, en efecto, despois no "meu meniño" de Nadal 144.
Tódolos devanditos poemas son de data anterior á súa volta (en outubro do 1927) ó Seminario de Santiago. Pero coa volta á cidade compostelá non esmorece a sensibilidade humana e artística do noso poeta. E así no ano 1929 publica o seu poema Sobre a fenestra 145, que ten un moderado contido erótico-amoroso. Daquela o seu autor non recibira aínda ningunha orde maior eclesial. De todos modos, por cautela, asina o poema co pseudónimo X. Lamenú. Ora ben, cando o xa diácono poeta tencionou incluí-lo poema no volume Vagalumes, foi preciso troca-lo amor erótico-amoroso deste último poema noutro modo de amor "normal". E así o eros convértese agora en amor simplemente "fraternal". Por iso, quen lea somentes o poema tal como aparece en Vagalumes non poderá decatarse de que "as formas da irmán amada" eran antes, simplemente, "as formas da ben-amada" e de que as "falas doces" eran antes os obviamente perigosos e inmorais... "bicos longos".
As adicatorias e os poemas amorosos máis arriba mencionados (agás o ultimamente indicado, Sobre a fenestra) enchen xustamente o período, entre 1923 e 1927, no que Cabada Vázquez está ausente da Universidade Pontificia de Santiago. O curso 1922/23 (1º curso de teoloxía) fora o quinto e último ano da súa primeira estancia en Santiago. Cando despois de catro anos de ausencia decide voltar para reanuda-los seus estudios de teoloxía, a súa loita amorosa, poética e existencial, parece, en principio, atopar un relativo acougo, aínda que non por moito tempo. En realidade, a agachada loita interior coa súa espontánea afectividade continuaba, aínda que esta non podía recibir, debido á súa situación ou relación eclesial, a expresión poética axeitada. Só anos máis tarde e, por suposto, despois do seu abandono definitivo da carreira eclesiástica, poderá o poeta de Codeseda volver a cantar poeticamente a feminidade nun fermoso, romántico e "moderno" poema, titulado Soñei contigo, adicado a outra Maruxiña ("Pra Maruxiña Montemar") 146.
Segundo quedou indicado, xunto ás posibles dúbidas interiores de tipo relixioso e á tamén analizada problemática relacionada coa feminidade hai un terceiro elemento, que, unido ós anteriores, debeu de influír así mesmo de maneira importante na súa decisión de abandonar en 1931 a carreira eclesiástica. Refírome á dificultade de vencellar existencial ou vivencialmente a súa pertenza ó estamento eclesial ou clerical co seu compromiso, tanto poético como político, co galeguismo, entendido este como liberación social e política dunha situación na que a emigración, o caciquismo, etc. afectaban a grandes continxentes da poboación galega, especialmente ós labregos. Cabada Vázquez era moi sensible a esta situación e, tanto literaria como politicamente, amosara xa en máis dunha ocasión a súa maneira de pensar.
Neste senso é significativa a súa permanente sintonía cun poeta cívico como Curros Enríquez, ben coñecido polo demais polos seus enfrontamentos, ideolóxicos e biográficos, coas autoridades eclesiásticas. Unha pequena mostra verbo disto. O 11 de novembro do ano 1926 celebrouse no "Salón Novedades" da Estrada unha velada a prol dos damnificados de Cuba. Nela actuou —presentado por García Barros— o xove Cabada Vázquez, recitando poemas seus e mais doutros poetas galegos. O seu presentador lémbrase, anos despois, da actuación do poeta de Codeseda: "Recordo que comezou lendo o 'Noiturnio' de Curros" 147. Sobre este poema de Curros escribe Carballo Calero: "A miseria é simbolizada, nun poema de singular concentrazón e forza, nun vello desamparado, cuia pintura, asobardando o ámbito do puramente galego, atinxe carácter de representación humana universal" 148. O vello, pobre e desamparado, do poema é, efectivamente, asimilado por Curros ó sapo, só que este aínda ten un "buraco" por casa e o vello do poema de Curros nin iso sequera. Por iso:
O probe do vello cos anos cangado,
ergueuse da pedra e o pau recadou;
virou pra os ceos o puño pechado
e cara ós touzales rosmando marchou...
O poema do poeta de Celanova é, sen dúbida, un poema de protesta contra a terra e contra o ceo. Agora ben, Curros continúa presente na alma do poeta de Codeseda aínda anos despois. No verán do 1933 atópase en Barcelona, con colegas vascos e cataláns, realizando os denominados cursillos de selección do profesorado de ensino secundario. Un dos colegas vascos lémbrase así da estancia do poeta de Codeseda en Barcelona:
"Llevo el alma cargada de recuerdos de una tarde de solaz a través de las avenidas de Montjuïc. La seducción de su charla nos ganaba por entero. Ascendíamos a la montaña por los senderos tortuosos [...] Por un momento se apagaron los rumores de la ciudad [...]. El nos hablaba, encendido de lirismo, de Curros Enríquez. Y su voz tremante se angustió en el dolor del 'Nouturnio' del inmortal poeta gallego. Aún resuena en mi oído:
Da aldea lexana fumegan as tellas;
detrás dos petoutos vai póndose o sol;
[...]
Un vello, arrimado nun pau de sanguiño,
o monte atravesa de cara ó piñar.
Vai canso; unha pedra topou no camiño
e nela sentouse pra folgos tomar.
'¡Ai! —dixo—, ¡que triste,
que triste eu estou!'
E o sapo, que oía,
repuxo: ¡Cro, cro!
[...]
Soliños estamos entrambos na terra,
mais nela un buraco ti alcontras e eu non;
a ti non te morden os ventos da serra,
e a min as entranas e os ósos me rôn.
[...]
Se había transfigurado a nuestra vista. En su garganta, en una escala de tonalidades rebeldes se anillaban las ansias de liberación de una raza, por nosotros entonces incomprendidas" 149.
Pero non era só Curros. O seu coñecemento literario doutros poetas galegos e galeguistas (tal como se deduce dos fondos da súa biblioteca particular 150), a súa estreita relación coa política galeguista (da que máis adiante ofrecerei informacións concretas), etc. esixían de Cabada Vázquez un compromiso máis concreto, non escindido entre o eclesial e o cívico ou político.
Coido que a este respecto a amizade e cercanía entre o poeta de Codeseda e M. García Barros (Ken Keirades) (1876-1972) xogaron aquí un importante papel. Sobre esta mutua e íntima relación (a pesar da diferencia na idade) escribe García Barros:
"Viña [Cabada Vázquez] moito pola Estrada, sendo inda ben mozo, por onde andaba tamén eu daquela case a decotío. Nos intres que eu tiña máis ou menos desocupados, quen se poñía decote á miña beira era Cabada. Eu era Xefe de Redaición do Semanario 'El Emigrado' [...] e as súas páxinas estaban abertas pra toda manifestación cultural, e con agarimo prás poesías de Cabada, que se lle pubricaban ornadas con vistosos corondeles e decote en primeira páxina" 151.
O popular escritor e polemista estradense, vida e alma do xornal "El Emigrado", apreciaba altamente as cualidades poéticas e políticas do xove de Codeseda, pero —dado o seu talante liberal, desvencellado de toda actitude doctrinaria ou dogmática, que, por outra parte, non consideraba allea ó estamento eclesial— percibía que o lugar definitivo do seu amigo non debía ser eclesial, senón laico e civil, como en máis dunha ocasión e dunha ou doutra forma (case sempre humorística) llo manifestou ó seu amigo.
En realidade, o propio Cabada Vázquez debeu de percibir claramente no seu interior este non doado axuste entre as súas ideas sociais e políticas e o ambiente xeral conservador do que estaba rodeado no ámbito eclesial. Véxase, se non, como describe A. Rodríguez Fraiz a situación nesta época, con explícita referencia, ademais, a Cabada Vázquez:
"[A Igrexa] non se incorporou á mesma [ás ideas da "Xeración Nós"]. Simplemente ignorouna, exceptuando certos cregos eruditos: Pedret Casado, Carro Otero, Portela Pazos, Cabada Vázquez [...], etc. O arcebispo, padre Zacarías Martínez, era un monárquico integrista. Nunha intervención no Teatro Principal de Santiago pronunciou a célebre frase: 'La Monarquía es en España consustancial con la Religión'. Así sentían case que tódolos demais cregos [...] Despois da Dictadura [de Primo de Rivera] a xente desexaba un cambio radical na vida sociopolítica, e o papel da Igrexa percibíase moi distante a este desexo; polo que o anticlericalismo aumentou moito [...] Unha boa bandada de seminaristas deixaron o seminario. Daquela caeu como unha lousa o feito dalgún crego que se secularizou. O poeta Cabada Vázquez, que era diácono, tamén se secularizou con permiso de Roma. Non nos falaban doutra cousa máis que de que eran herexes vitandos, sobre todo os que se casaban" 152.
É moi posible que toda a precedente problemática fose abordada persoalmente polo entón diácono co seu mestre e amigo Amor Ruibal, cando este non estaba xa lonxe do seu falecemento. Cabada Vázquez fala, efectivamente, de maneira significativa, nun dos seus artigos necrolóxicos sobre Amor Ruibal, de que "con él hablamos y platicamos [...] y lo consultamos y, sobrecogidos, escuchamos su opinión valiosa, su autorizado parecer y su fraternal consejo" 153. Neste mesmo senso pensa Pikaza que Amor Ruibal "parece haberle aconsejado certeramente en las dudas y problemas de su vocación sacerdotal, dudas que más tarde le llevaron a pedir la dispensa del diaconado" 154.
É tamén posible que o falecemento, o 4 de novembro de 1930, de Amor Ruibal, que era para Cabada Vázquez non só sabio conselleiro nas súas dúbidas senón un real e inapreciable apoio na súa loita pola galeguización no interior da igrexa galega, o despoxase das esperanzas dun posible labor realista e eficaz a prol desta tarefa desde un vencellamento estricto ó ámbito eclesial. O desaxuste entre este vencellamento eclesial e os seus propios ideais e prácticas no eido do galeguismo político parece amosarse, por outra banda, de maneira clara nun parágrafo dunha longa carta que lle escribe o 23 de maio de 1931 (só tres meses antes, polo tanto, de deixar definitivamente a carreira eclesiástica) ó seu amigo Camilo Díaz Baliño, que por estas datas se atopaba facendo unha xira coa Coral de Ruada por diversos países de América:
"Aquí isto anda todo revolto. Por Galicia adiante anda unha manchea de 'bos e xenerosos' chamando ás concencias da xente. Inda que traballamos, temo que non académo-lo froito cobizado. A min, os da miña banda —xa sabes de quenes falo— xa me teñen fichado. Mais non importa. Inda poidera ser que fora cantar misa a isas terras. Agora ando a ver si dentro de quince días podo finda-los estudios universitarios. Xa veremos." 155
Sen dúbida, "os da miña banda" son os compoñentes do ámbito eclesial ó que nestas datas el mesmo pertencía. Quen levaba menos dun ano como diácono da igrexa non deixaba de percibir claramente o difícil que lle resultaría, nas reais circunstancias políticas e eclesiais, chegar a poder "cantar misa" na cidade compostelá a quen, coma el, estaba intensamente comprometido coa política galeguista.
En calquera caso, o feito é que o diácono Cabada Vázquez recibe, a finais do verán deste mesmo ano 1931, a seguinte comunicación do Arcebispado de Santiago de Compostela, como resposta a súa previa e corrrespondente petición de dispensa do diaconado:
"Con esta fecha, y ejecutando un Rescripto de la S. Congregación de Sacramentos, hemos tenido a bien decretar lo siguiente: 'Ego, auctoritate Sanctae Sedis Apostolicae mihi ad hoc concessa, dispenso tecum, Iosephum M. Cabada Vázquez, et reddo liberum ab oneribus in S. Diaconatus Ordine recipiendo susceptis, atque restituo in statum saecularem ut ad nuptias transire possis si volueris'. Lo que se traslada a V. para su conocimiento y efectos consiguientes. Dios guarde a V. muchos años. Santiago, 1º de Septiembre 1931. +El Arzobispo. Reg. lib. 30 fol. 133".
O texto latino incluído nesta comunicación contén a explícita dispensa das obrigas do diaconado e a conseguinte concesión de secularización "para que poidas contraer matrimonio, se quixeres".
Como se ve, Cabada Vázquez no seu proceso de abandono da carreira eclesial e das súas obrigas vencelladas ó diaconado actuou con responsabilidade e respeto ás normas eclesiais e sen abandonar tampouco a súa fe e devoción relixiosas. O poema que a continuación reproduzo (que, naturalmente, non foi escrito para ser publicado) dá claro testemuño desta permanente relixiosidade do poeta, a pesar das dúbidas que en determinadas ocasións puidesen ter xurdido na súa mente. O orixinal do poema está mecanografiado e remata coa sinatura da man do seu autor. Non consta a data da súa redacción; pero polo seu contido pode deducirse que foi escrito a continuación da recepción da devandita dispensa eclesiástica do diaconado. Polo demais, advírtase como nel —segundo xa indiquei anteriormente—, aínda tratándose dunha pregaria, segue presente a referencia ó "Destino" (dúas veces emprega o poeta esta expresión) en canto forza ou poder oculto que actúa, ó seu modo, sobre a vida de cadaquén:
A María Inmaculada
- Plegaria -
Madre mía amorosa, puesto que ya el día
me llegó de al mundo en pos del Destino
lanzarme, tu siervo a tus pies, María,
me repito, y espero, siendo Tú mi guía,
seguir victorioso por el buen camino.
Hasta aquí Tú has sido mi fiel protectora:
Tú me consolabas cuando estaba triste;
Tú conmigo estabas en la fatal hora
de la Tentación... Sigue, pues, Señora,
siempre protegiéndome cual me protegiste.
Niño siendo aún, emprendí un camino;
proseguirlo quise, ¡mas fue empeño vano!...
Ministro de tu Hijo ser temiendo indigno,
a serlo rehusé, y ahora el Destino
me arrojó por éste... ¡Dame, pues, tu mano!
No lo abandoné, Madre, sin que en Ti
consejo buscara, porque socorridos
son tus siervos siempre. También releí
palabras de tu Hijo, que dicen así:
"Son muchos llamados, pocos escogidos"...
Dadme aliento, Madre, a fin de que ahora
no desmaye, y, cuando llegue de mi muerte
el tremendo día, la temible hora,
entonces y siempre sé mi Intercesora
para que en el Cielo pueda un día verte.
Amén.
[asinado] José M. Cabada Vázquez. 156
O "tremendo día", a "temible hora" chegarían só poucos anos despois, na primavera do 1936. Entramentres o poeta de Codeseda vai seguir exercendo unha existencia intensa e activa nos eidos da política, da educación e docencia, da creación literaria, etc. Pero, deixando para algo máis adiante o tratamento máis específico destes puntos, proseguirei presentando os datos biográficos máis significativos con posterioridade ó abandono definitivo da carreira eclesiástica.

VII. Docencia e actividade politica e cultural en Vigo
Desde o primeiro de outubro de 1931 Cabada Vázquez atópase en Vigo, como profesor no Colexio "Apóstolo Santiago" dos xesuítas. É lóxico supoñer que o novo profesor de Vigo, dada a súa previa longa permanencia en Santiago, tivese xa previo coñecemento dalgúns xesuítas residentes en Santiago. Concretamente, na cidade compostelá vivía por entón (ata o seu relativamente recente falecemento a comezos de 1929 157) o xesuíta Celestino García Romero, nado en Boiro en 1855, membro da Real Academia Galega, non só moi coñecido polos seus estudios nos eidos da historia, arqueoloxía, etc., senón tamén polos seus escritos, tanto en prosa como en verso, na lingua de Rosalía. Estudiara ademais —antes de ingresar en 1880 (ós vintecinco anos de idade) na Compañía de Xesús— a carreira eclesiástica no Seminario de Santiago. Varios dos seus escritos e poemas atópanse en revistas catequéticas como "Catecismo de Niños y Niñas", "Catecismos de Compostela" (ou "Catecismos de San Martín"), esta última vencellada á Residencia da Compañía de Xesús en Santiago 158, na que residía o xesuíta 159. Pois ben, Cabada Vázquez non só ten na súa biblioteca diversos números (de entre os anos 1918 e 1929) das revistas "Catecismos de Compostela" e "Catecismos de San Martín", senón que colaborou nas dúas con poemas como No abrente do día (1927), Ofrenda de amor (1928), Primaveira (1929) ou Nai (1929). É lóxico, pois, supoñer que esta boa relación de Cabada Vázquez cos xesuítas composteláns xunto coa súa excelente preparación intelectual fosen un bo aval para a súa contratación como profesor no devandito colexio vigués 160, dirixido tamén polos xesuítas e construído no seu novo emprazamento de Bellavista só poucos anos antes.
Era daquela Rector do colexio o xesuíta burgalés Pedro Abad, que foi quen o 1 de outubro de 1931 —segundo se anota nun diario do colexio (algo estragado polo lume), que abrangue do ano 1930 ó 1932— presentou ós alumnos os novos licenciados que impartirían docencia no novo curso 1931-1932. Son sinalados alí como tales Cabada, Ferro e Ríos.
O segundo é Xesús Ferro Couselo, homenaxeado no ano 1996 como egrexio persoeiro das Letras Galegas: íntimo amigo (aínda que case cinco anos máis xove) do poeta de Codeseda desde a súa mutua e común convivencia no Seminario de Santiago. Ingresaran, en efecto, no Seminario compostelán no mesmo ano (1918), aínda que o seu amigo Cabada Vázquez —como sabemos— cos tres primeiros cursos de latinidade xa aprobados (varios cursos, polo tanto, por diante de Ferro); pero os dous viñeron practicamente a coincidir nos estudios, tanto na Universidade Pontificia como na Literaria de Santiago, despois da volta (tralos catros anos de interrupción) de Cabada Vázquez a Santiago. De maneira que ámbolos dous acadarán a licenciatura en Filosofía e Letras (Sección Historia) no mesmo ano 1931. A estreita amizade de Cabada Vázquez con Ferro tivo, sen dúbida, moito que ver coas excelentes cualidades persoais deste, tal como nolas describe Xaime Illa Couto: "Ferro era un home extraordinario, no que eu vexo como un compendio das virtudes. En Ferro danse esas catro virtudes cardinais, a prudencia, a xusticia, a fortaleza e a temperanza, que ademais, no seu caso, culminan nunha síntese que é realmente a bondade [...] Era un home rexo; miúdo fisicamente, pero dunha rexedume interior e exterior extraordinaria, de firmes conviccións, pero ó tempo fundamentalmente bondadoso e aberto" 161.
Xunto con Cabada Vázquez e Ferro Couselo, o terceiro dos novos licenciados aludidos era Antonio Ríos Ronquete, que anteriormente exercera o cargo de Director do centro escolar "Academia Alfonso XIII" de Vigo 162. Descrito por un dos alumnos como "fornido..., luchador de lucha libre", etc.
Os tres novos profesores exercerán o seu labor docente xunto con outros profesores máis antigos, como, entre os non xesuítas, Xosé Mariño (Matemáticas e Historia de España), Manuel Arteta (Matemáticas), Xosé Posada Curros (Preceptiva Literaria), José Antonio Ochaíta (poeta en verso castelán 163), José Iglesias Sánchez, coñecido —segundo as iniciais de nome e apelidos— como "JIS" (profesor de Música), Sergio Saborido Cid (e o seu irmán Antonio), etc. Do grupo de xesuítas que conviviron no colexio cos profesores non xesuítas, velaquí algúns nomes, ademais do Rector, Pedro Abad: Odón Sagredo, Valentín Mayordomo (fusilado en 1937), Bernardo de la Concha, Celso González Maestro, Jesús Villameriel (tanto este como o anterior chegaron ó colexio no mesmo curso que Cabada Vázquez), Adrián Sánchez, Antonio Solano, Alonso Villalobos, Ramón Rivera, Luis Parada, Mauro Paz, P. Mariño, Vicente Colina, etc. 164
Pero este curso 1931-32, no que Cabada Vázquez fai a súa estrea na actividade docente que o ocupará ata a súa morte poucos anos despois, non será un curso tranquilo, senón esencialmente turbulento, debido ás decisións, relativas á política relixiosa, do novo goberno republicano 165. En efecto, poucos días despois de comeza-lo novo curso no colexio vigués, iníciase nas Cortes de Madrid o día 8 de outubro, despois de aprobados os primeiros artigos da nova Constitución, a discusión sobre os artigos 26 e 27 da mesma, nos que se regulan as relacións entre o Estado e a Igrexa. Interesa aquí especialmente o contido do texto do artigo 26, tal como quedou aprobado pola Cámara nas sesións dos días 13 e 14 do mesmo mes de outubro. Un dos párrafos do devandito artigo afectaba directamente á Orde dos xesuítas, á Compañía de Xesús (aínda que sen ser nomeada explicitamente), mentres que seguidamente se facía referencia ás outras Ordes relixiosas. Velaquí o párrafo que afectaba, de feito, de maneira directa, á Compañía de Xesús: "Quedan disoltas aquelas Ordes relixiosas que estatutariamente impoñan, ademais dos tres votos canónicos, outro especial de obediencia á autoridade distinta da lexítima do Estado. Os seus bens serán nacionalizados e afectados a fins benéficos e docentes" 166. É ben sabido que os membros "profesos" (non todos, polo tanto) da Compañía de Xesús fan un cuarto voto de obediencia especial ó Papa (o Romano Pontífice sería, pois, a "autoridade distinta da lexítima do Estado"). O artigo foi aprobado, a pesar das intervencións contrarias nas Cortes de deputados como os ourensáns Basilio Álvarez (o famoso cura de Beiro) ou Ramón Otero Pedrayo ("bo amigo" de Cabada Vázquez 167), nunha sesión na que fixeron acto de presencia na Cámara pouco máis da metade dos seus membros 168.
É neste contexto histórico e político como hai que entender e valorar no seu verdadeiro senso a Afirmación Católica dun Grupo de Nacionalistas do 25 de outubro do mesmo ano (só poucos días despois da aprobación parlamentaria do artigo 26), asinada por dez eminentes galeguistas e ó tempo católicos, entre eles Cabada Vázquez, que se sinten "fondamente feridos" polo atentado ás liberdades relixiosas, de ensino, etc., que supón a lei (aínda que esta non é directa e explicitamente aludida na Afirmación...) aprobada por un Estado centralista, que quere impór tamén a Galicia o seu espírito laicista. O documento pide que non "se leve a efecto" unha lei "inxusta" e que, polo mesmo, se chegue polos "medios lícitos" á "abrogación" da mesma. Coido que cómpre presentar aquí o texto enteiro desta importante declaración ou manifesto, porque amosa, ademais, claramente o compromiso público, ó tempo galeguista e crente, de Cabada Vázquez (por máis que de ámbolos dous temas haberá que falar aínda máis adiante). Velaquí o texto:
Afirmación Católica dun Grupo de Nacionalistas 169
Algúns 170 nacionalistas galegos, fondamente feridos nas súas conviccións de católicos e de amantes da liberdade, diríxense á conciencia de tódolos galegos pra afirmaren diante de todos as súas ideas e pra chamalos ó senso do dereito e da xustiza, que tódolos homes, calquera que sexan as súas crenzas, levan marcado na i-alma, pra que ningunha lei inxusta se leve a efeito, sen pór en xogo tódolos meios lícitos pra a súa derogación.
Non diriamos máis, se non estivesemos atravesando uns tempos de fondos perigos —non pra a Eirexa Católica, que sempre xurdiu trunfadora das persecucións— senón pra os principios fundamentais da cultura oucidental agora vulnerados.
Na loita que se está rifando no curazón mesmo da vella Cristiandade, entre a conceición católica do mundo e da sociedade e a conceición laica e materialista, Galiza, ponla outrora frolida do tronco céltigo e filla da Eirexa, ten que coller por forza o posto que lle corresponde. E nono pode desertar cando hoxe a nosa Penínsua é un dos máis aitivos frentes de combate.
A Galiza católica e enxebre erguerase 171 contra o espírito antirreligioso e intolerante que vén atentar ás nosas tradicións nunha forma nova. E ten que ter en conta que endexamais ten pesado tanto riba de nós o centralismo hespañol como ha pesar cando, en troques dunha autonomía cativa, nos veña impór, por meio do laicismo, a escravitude da conciencia.
Por frente a iste atentado contra do ser íntimo e tradizoal da nosa Terra, nós, sen arredármonos das fías do nacionalismo galego, nas que seguimos firmes e fideles, afirmamos o propósito de loitar sen descanso con tódolos meios lícitos:
Pola autonomía cumprida, espritual e política de Galiza 172 e a liberdade e afirmanza da súa persoalidade cultural e da súa tradizón enxebre.
Polo trunfo da conceición católica do mundo e da sociedade humán, e do sistema de valores éticos, estéticos e centíficos que o catolicismo cría e representa.
Pola liberdade da Eirexa, en réximen concordatario co Estado, e con tódalas garantías xurídicas que salvagarden os dereitos dos crentes 173.
Pola liberdade de profesión relixiosa e por que as Comunidades gocen a súa plenitude de dereitos 174.
Pola liberdade compreta de enseño.
Decatámonos ben da dificultade dun tempo en que todo semella estar contra nós, mais estas son precisamente as ocasións en que o deber se impón; sabemos tamén que connosco han estar cantos queiran unha Galiza ceibe, enxebre e católica.
Galiza, 25 de outono do 1931.
Vicente Risco, Pauliños Pedret Casado, R. Otero Pedrayo, Manuel García, Ramón Cabanillas, X. Filgueira Valverde, Cabada Vázquez, Claudio Losada, A. Taboada Roca, A. Iglesias Vilarelle. 175
Algúns dos asinantes deste documento —como V. Risco, R. Otero Pedrayo, R. Cabanillas ou X. Filgueira Valverde— son abondo coñecidos para o lector como para non ser preciso facer aquí unha aclaración máis detallada sobre os mesmos. Cómpre, sen embargo, aludir —aínda que sexa brevemente— á relación persoal ou ideolóxica dos mesmos con Cabada Vázquez, que asina con eles este manifesto.
Respecto de Risco, o seu galeguismo, por moi sometido que estivese á particular persoalidade do seu autor, foi un referente válido para o político de Codeseda. A relación persoal deste co ourensán amósase, por exemplo, aínda en 1935 nas "lembranzas para o irmán Risco" da carta do 12 de marzo dese ano de Cabada Vázquez dirixida a Otero Pedrayo 176.
En canto a este último, consta da fluída relación con el de Cabada Vázquez tanto en reunións políticas galeguistas como na correspondencia epistolar que se conserva; de tal maneira que o septuaxenario patriarca do galeguismo non deixará de facer acto de presencia en Codeseda moitos anos despois, en 1962, co gallo do traslado dos restos do seu amigo á parroquia natal de Codeseda, lendo alí incluso un poema propio, redactado por el para esta ocasión.
A relación con Cabanillas é, sobre todo, ideolóxica e literario-poética. Non hai que esquecer que o gran poeta do agrarismo e do galeguismo foi tamén, como o poeta de Codeseda, durante varios anos xove seminarista compostelán. Da afinidade temática e poética de Cabada Vázquez con Cabanillas decatárase xa Aquilino Iglesia Alvariño ó escribir que o autor de Vagalumes "sabe evocar la fuerte realidad del ambiente, como Ramón Cabanillas" 177. É abondo con ler, por exemplo, o poema Berros de loita (1926), adicado ademais "ó poeta da raza, R. Cabanillas" 178. Por iso indicará Alonso Montero verbo de Cabada Vázquez que "a súa musa rural, cando se fai xusticieira, recorda [...] a de Cabanillas" 179. De feito non é infrecuente, por exemplo, atoparse na revista viguesa "Vida Gallega" con poemas de Cabanillas e Cabada Vázquez publicados conxuntamente nun mesmo número 180.
No que respecta ó contacto do poeta de Codeseda co pontevedrés Filgueira Valverde, cinco anos máis xove que aquel, hai que dicir que foi frecuente e continuo, aínda que será preciso esperar a que o arquivo do grande investigador e galeguista sexa accesible ós investigadores para poder coñecer datos máis concretos sobre a súa relación con Cabada Vázquez. Sabemos xa da súa mutua colaboración no xurdimento da revista "Logos" e achegarémonos aínda á actividade de ámbolos dous na fundación do Partido Galeguista 181. Posteriormente, o 12 de agosto de 1933 Cabada Vázquez dirixirase epistolarmente a Filgueira —que está a face-los cursillos para o profesorado de ensino medio en Madrid, ó tempo que Cabada Vázquez os realiza en Barcelona— interesándose por "todos eses bos amigos que vivides no cubil dos centralistas" 182. Un par de anos despois e tres meses antes do falecemento en terras andaluzas do poeta, recibirá este aínda a felicitación do seu amigo: "Felicidades e bo aninovo! Filgueira. 1. I. 1936".
Dado que os restantes cinco asinantes da Afirmación... poderían ser menos coñecidos para o lector, fago tamén unhas breves indicacións sobre eles.
Pedret Casado era daquela, no ano 1931, un xove (32 anos) e prestixioso sacerdote santiagués, licenciado en Dereito e en Filosofía e Letras (Sección Historia) pola Universidade compostelá e desde o ano 1930 profesor auxiliar na Facultade de Dereito da mesma Universidade, moi vencellado ó galeguismo (membro do "Seminario de Estudos Galegos", etc.) 183. Xosé R. Barreiro Fernández escribe sobre a figura de Pedret: "fino intelectual, hombre de cultura extraordinaria, una especie de lujo para un clero mediocre y que por este motivo nunca lo aceptó e integró" 184.
Manuel García García era entón tamén xove sacerdote (31 anos). Moi amigo de Cabada Vázquez, tanto pola cercanía dos seus lugares de nacemento (M. García nacera en San Isidro de Montes, no concello de Campo Lameiro, limítrofe co da Estrada) como, sobre todo, pola comunidade de ideais galeguistas tanto no eido literario como no político. Cando estudiaba, a mediados da década dos anos vinte, na Universidade Pontificia de Comillas (Santander) —na que se doctoraría en teoloxía—, presentou, por exemplo, escritos seus (un poema en galego e versións ó galego de pregarias relixiosas) ó "Certame Literario de Pontevedra" de abril de 1926, presidido polo arcebispo de Santiago e actuando como Secretario do Xurado X. Filgueira Valverde. No certame recibiu o xove Manuel García varias distincións 185. Como Cabada Vázquez, pertenceu tamén ás "Irmandades da Fala", asistindo ámbolos dous xunto con Antonio Fraguas Fraguas á VI (e derradeira) Asemblea das mesmas, celebrada na Coruña o 27 de abril de 1930 186.
Claudio Losada era médico e, como os anteriores, comprometido tamén co galeguismo. A comezos de maio do ano 1931 —poucos meses antes, polo tanto, da Afirmación...— aparece formando parte (como tesoreiro) da nova agrupación galeguista pontevedresa, "Labor Galeguista de Pontevedra", constituída, ademais del, por estes outros membros: Xosé García Vidal, como Presidente; Xosé Filgueira Valverde, como Secretario; e Xerardo Álvarez Limeses, Castelao e Cruz Gallástegui Unamuno, como Conselleiros 187. Poucas semanas despois de publicada a Afirmación..., será "Labor Galeguista de Pontevedra" un dos grupos representados na Asemblea fundacional do Partido Galeguista, a comezos de decembro en Pontevedra, estando alí presente, polo tanto, tamén Claudio Losada 188.
O santiagués Antón Iglesias Vilarelle, afincado en Pontevedra despois de concluí-los seus estudios de Letras e Dereito en Santiago, foi unha persoalidade moi importante nos eidos da cultura e do galeguismo. Algo sabemos xa sobre a importante función que desempeñou en relación coa revista "Logos", segundo queda dito en páxinas anteriores. O seu compañeiro de ideais políticos e culturais, X. Filgueira Valverde, descríbeo así:
"A. Iglesias Vilarelle tiña un conxunto de dotes que poucas persoalidades galegas axuntaran. Era home de fonda enxebreza e posuía, á par, ese que soemos chamar esprit européen, talante humanístico, universitario. Intuitivo, gabexeiro, lúcido, inxenioso..., das súas capacidades dá boa ideia que, sendo como era profesionalmente Inspector de Facenda, chegase, autodidacta, a ser un gran músico, ademirabre director da Polifónica de Pontevedra, que fundou con Blanco Porto, baixo a presidencia de Lousada, e un dos máis inspirados compositores galegos de obras a capella e de obras sinfónicas. E aínda, nun campo ben arredado, foi o introductor da Psicotecnia e das súas apricacións educativas en Galicia [...] Carón seu adeprendimos [...] a servir a Galicia como el e Lousada sabían servila" 189.
Efectivamente, Iglesias Vilarelle, ademais do amplo abano de actividades culturais ás que adicaba a súa atención, estivo directamente vencellado ó galeguismo das "Irmandades da Fala" (na VI Asemblea de 1930 como delegado, xunto con Filgueira, do grupo de Pontevedra 190) e do posterior Partido Galeguista, asistindo tamén á Asemblea fundacional do mesmo. Do seu senso da amizade e da fidelidade ós seus principios dá boa mostra o seu comportamento co gallo do xuizo sumarísimo e fusilamento (levado a cabo polos insurxentes de 1936) de Alexandro Bóveda, católico practicante coma el e insustituíble secretario de organización do Partido Galeguista desde a súa fundación. Velaquí como describe os acontecementos finais de A. Bóveda o seu curmán político, Xosé Mª Alvarez Blázquez, en relación con Iglesias Vilarelle:
"Penso que Bóveda maxinaba que deixarían entrar na capela a Antón Iglesias Vilarelle, e matinaría rezar en galego con el. Iglesias, compañeiro seu na Polifónica e na Delegación da Facenda, era un amigo entrañábel, fervente católico, cofundador da revista 'Logos', e un dos que máis loitou por introducir os rezos en galego. Iglesias Vilarelle non conseguiu acompañar a Alexandro nos derradeiros momentos da súa vida. Agardouno á porta da cadea toda a madrugada, xunto con Enrique Fernández, o popular e de todos querido 'Requitrún', e puido darlle a estremecida aperta final" 191.
Bóveda, por outra parte, solicitara do xuiz Vila poder ser soterrado envolto na bandeira galega.
"O xuiz contestou que o consultaría. Pero Bóveda non chegou a saber que non lle foi concedida esta derradeira vontade, cando Iglesias Vilarelle e Enrique Fernández chegaron ao camposanto de San Mauro coa bandeira galega que había no Casino de Pontevedra. Foi alí onde o xa comandante Vila negouse en redondo a que o corpo de Bóveda fose envolto na enseña de Galicia" 192.
Finalmente, en canto ó coruñés (de Melide) A. Taboada Roca, sexa abondo con dicir que, depois da súa licenciatura en Farmacia na universidade compostelá, ingresou xa en 1926 no "Seminario de Estudos Galegos", chegando a pertencer máis tarde á Real Academia Galega. O seu sentimento de vencellamento á terra galega foi, pois, tamén sempre moi claro.
Pois ben, se non se pode menos de eloxia-la "valentía" —segundo a apreciación de E. Rivera 193— desta pública declaración dos dez sobresaíntes católicos e galeguistas mencionados, a verdade é que —prescindindo da discusión que a mesma suscitou no interior do galeguismo— non acadou o efecto explicitamente pretendido de impedir que "se levase a efecto" a devandita lei, manifestamente "inxusta" polo discriminatorio e sectario da mesma. Porque a realidade foi que, antes de se cumpri-los tres meses de ter sido feita pública a Afirmación..., era aprobado, con data do 23 de xaneiro (publicado na "Gaceta" o 24 de xaneiro de 1932) o decreto de disolución da Compañía de Xesús, en todo o territorio español, e de nacionalización dos seus bens. No prazo de dez días os xesuítas tiñan que poñer termo á súa vida en común, non lles sendo permitido conviviren nun mesmo domicilio nin de forma manifesta nin encuberta. En canto ós seus bens, pasaban a seren propiedade do Estado para fins benéficos ou docentes. A incautación oficial, por parte do Estado, do colexio vigués levouse a efecto o día 4 de febreiro 194.
Cabada Vázquez gardou —seguramente con agarimo— unha aínda ben conservada fotografía, na que aparece, á entrada do colexio, o conxunto da comunidade educativa do mesmo: Rector, profesores (xesuítas e non xesuítas), ademais dalgúns antigos alumnos, etc. Un total de cincuenta e dúas persoas aparecen neste interesante documento gráfico. Entre os non xesuítas poden verse —ademais de Cabada Vázquez— Xesús Ferro Couselo, Antonio Ríos Ronquete, José Iglesias Sánchez, Sergio Saborido Cid, José Antonio Ochaíta, Rafael Alvarez Novoa, Mauro Alonso, Xosé Mariño, Xosé Posada Curros, Manuel Arteta, etc. No reverso desta histórica fotografía aparece escrito da man do Rector —sen dúbida, unha lembranza agradecida ós fieis colaboradores na educación impartida neste centro xesuítico— a seguinte lacónica data, asinada polo Rector: "26 de Enero de 1932. El Rector. Pedro Abad S.J.", dous días, polo tanto, nada máis despois de ser publicado na "Gaceta" o decreto de disolución dos xesuítas.
Desde a incautación oficial do colexio e o obrigado abandono do mesmo por parte dos xesuítas, faise preciso atender á docencia duns alumnos que na metade do curso ven perturbado o desenrolo normal dos seus estudios. Evaristo Rivera ten escrita a historia pormenorizada deste tránsito do anterior colexio ó, agora creado, novo colexio "Labor", no que Cabada Vázquez continuará exercendo a súa actividade docente e educativa. Á súa investigación remito ó lector 195, aínda que anoto seguidamente só algúns dos datos máis relevantes dela. Sergio Saborido Cid (xa anterior profesor do colexio) xunto con Cabada Vázquez 196 e os outros dous novos licenciados, que comezaran este curso a súa docencia no colexio, van organiza-la docencia no novo colexio ou, mellor, Academia, "Labor" (neste curso 1931-32 era denominada "Academia Labor"), instalada provisionalmente en dous edificios da rúa Nicolás Salmerón (antes —e agora de novo— rúa do Areal), nº 94-96, dos que un deles aínda hoxe existe 197. Os alumnos (a meirande parte dos do anterior colexio, que eran preto de 250: deles 100 internos e o resto externos) continúan no novo emprazamento os seus estudios desde o 8 de febreiro. Os internos foron instalados no cercano e elegante edificio modernista Bonín. En canto ós xesuítas, a pesares do mencionado decreto de disolución, continuaron de feito, aínda que de maneira disimulada, co labor educativo dos alumnos que con anterioridade recibiran a súa formación nas instalacións do incautado colexio.
Pola súa parte, Cabada Vázquez proseguiu tamén na "Academia Labor" coa mesma actividade docente e educativa (Lingua Latina, etc.) que exercera en Belavista nos meses anteriores á incautación gubernativa. Estaba encargado, ademais, agora da atención ou "inspección" dos alumnos máis xoves (mentres que exercía a súa docencia con alumnos de cursos superiores). De feito o novo profesor e "inspector" residía tamén no lugar de residencia (o fermoso edificio Bonín) dos alumnos internos, ós que atendía xunto con outros profesores como Ferro Couselo, etc. Velaquí unha breve lembranza sobre Cabada Vázquez dun dos alumnos atendidos ("inspeccionados") por el, na segunda metade (de febreiro a xuño) do curso 1931-32, na "Academia Labor": "Sólo estuve con él en los estudios de domingos y fiestas en la Academia 'Labor' [...] Tenía yo nueve años. Vigilaba nuestro trabajo y formalidad, con simpatía y buen trato [...] Te reitero la alta estima que, como persona, conservé por él. De todos modos de su jovialidad conservo recuerdo cierto, tanto por su 'vigilancia alegre y bondadosa' en los estudios de días festivos como por una excursión que hicimos a fin de curso toda la Academia 'Labor', o por lo menos los internos, a Caldas de Reyes. Aquel día puedo decirte que sí le oí hablar y cantar en un muy buen gallego" 198.
Nunha (algo deturpada) cartolina de felicitación (con data do 19 de marzo de 1932) aparecen as sinaturas de dezanove dos seus alumnos deste curso 1931-32 que o felicitan no seu onomástico, entre as que son lexibles as de Recaredo Romero Nieto, E. Cid Guerra, José Moreno Romero, Guillermo Guerrero, Federico Trillo-Figueroa e os apelidos Villamarín, Godoy, etc. É unánime entre os testemuños recibidos a louvanza de Cabada Vázquez como magnífico profesor da asignatura de Lingua Latina, á que principalmente se adicou nos diversos colexios nos que impartiu a súa docencia. Isto valeulle en certa ocasión —como recordan algúns antigos alumnos vigueses (Fernando Alario Saubot, Rafael de la Piñera, etc.)— para entenderse sen problemas en latín con xoves poloneses, que na súa singradura marítima visitaron, nun buque de guerra polonés, o porto de Vigo. Entre os papeis de Cabada Vázquez hai de feito unha longa carta, remitida a el por un xove polonés de nome Jan Bernard Wotjas, con data do día 20 de novembro de 1932 (desde Pozna_), na que este, entre outras cousas, lle agradece, na clásica lingua de Cicerón, ó seu amigo galego Cabada Vázquez "terlle amosado a beleza da súa patria" galega e o obsequio do seu recente libro de versos galegos Vagalumes, que tanto —segundo escribe— lle agrada, aínda que non sexa capaz de captar tódalas "sutilidades" da lingua galega 199.
Despois do verán de 1932 a "Academia" Labor vai converterse no novo "Colexio" Labor, agora xa autónomo e independente dos anteriores formadores xesuítas. En efecto, despois de rematado o accidentado curso 1931-32 na Academia "Labor", os xesuítas, co seu Rector P. Abad, decidiron continuar en Entre-os-Ríos (Portugal) o labor educativo exercido previamente no Colexio "Apóstolo Santiago" cos alumnos que quixeron prosegui-los seus estudios no país veciño.
Respecto dos novos locais en Vigo do centro docente "Labor", indícalle Cabada Vázquez ó seu colega Ferro Couselo, en carta do 23 de agosto de 1932: "Non sei inda onde nos levará D. Serxio, pois o que é certo é que de eiquí sai no mes que vén". Varias semanas despois, os días 15 e 17 de setembro, aparecen xa no "Faro de Vigo" anuncios sobre o novo "Colegio Labor", "dirigido por don Sergio Saborido" e "dedicado exclusivamente a Bachillerato", co seguinte texto: "Queda abierta la matrícula para los que cursaron en este Centro [...] La matrícula [...] tendrá lugar desde el día 20 al 30 (sept.) en N. Salmerón (antes Arenal), 96, estando ultimando detalles para el traslado a un edificio adecuado y que reúne excelentes condiciones pedagógicas e higiénicas [...] El éxito obtenido en los exámenes de junio acreditan la competencia y aptitudes de su entusiasta profesorado [...] Las clases empiezan el 1º de octubre. Se admiten internos, mediopensionistas y externos".
Velaquí como describe en 1933 un dos seus profesores, o xa antes nomeado escritor e poeta J. Antonio Ochaíta, o local e a actividade deste novo Colexio, no que reciben neste curso 1932-33 docencia e formación unha centena de alumnos:
"Una antigua casona, de abolengo señorial, la cobija [a la institución del Colegio 'Labor']: amplio parque con fuentes y rosas, naturaleza desbordante entrándose por sus balconadas, naturaleza que lleva a volar sobre el mar, sobre el campo, sobre el cielo [...] Clases de formación general, de especialización, de divulgación, de adorno; todo lo que constituye el campo enorme del educar tiene asiento en este bello Colegio, que honra a Vigo y que Vigo luce en su veste azul como la mejor joya [...] Las clases, con profesores jóvenes, son, más que clases, gabinetes de convivencia intelectual: preguntas, respuestas, pugilato cerebral, todo eso que trueca la ciencia más árida en vergel lleno de color y aroma. En los recreos los niños ponen en el viejo parque una gracia de gacelas fugitivas: fútbol, tenis, saltos y allá, tras las Cíes, surgiendo hasta colgarse en el mirador, el sol envidioso de no ser un niño más" 200.
Cabada Vázquez permanecerá no "Labor", no seu novo (e aínda actual) emprazamento na cidade de Vigo, só durante este curso 1932-33. Nel continuará coa súa anterior función como profesor de latín 201 e educador, atendendo ademais ós internos, dado que residía (como J. Antonio Ochaíta e outros) nos mesmos locais do Colexio.
Entre os papeis do profesor estradense do Colexio "Labor" atópase a felicitación, que os seus alumnos de latín lle ofreceron, tamén neste ano, no día do seu santo, o día 19 de marzo de 1933, con esta cabeceira, escrita en bo latín: Utriusque curriculi alumni tibi gratulantur. Festo Sancti Josephi, anno MCMXXXIII. Gymnasio "Labor". Seguen debaixo as sinaturas de corenta e cinco alumnos, entre as que se poden ler as de Joaquín Prieto Cabello, Luis Bravo Garabato, Gustavo Castro, Edmundo Díaz Cabarcos, Jaime López Valcárcel, Guillermo Guerrero Curbera, José Moreno, Javier Ozores Ochoa, Alberto Paz Curbera, Narciso Bravo Garabato, Rafael de la Piñera, Recaredo Romero Nieto, Carlos Herbert Pardo, Antonio Espoy, Francisco Curbera, Fernando Curbera, Antonio Moure Mariño, Joaquín Molíns, Mariano Conde, Salvador Alonso, Eugenio Dubois, Benigno Montenegro, Manuel Lago González, Luis Cabo Rey, Mario Llorente, José Sineiro, Ramiro Landeiro Piñeiro, José Figueroa Oliveira, Víctor Ochoa, José Martínez Puentes, etc.
Deste mesmo ano 1933 é tamén unha ben conservada fotografía, na que Cabada Vázquez —"con 'sonrisa cinematográfica' a lo Clark Gable" (tal como se expresa o seu discípulo Luis Cabo Rey nas detalladas informacións que me ofrece sobre o Colexio "Labor")— aparece rodeado de varios alumnos de 6º curso 202, que nese ano remataron o bacharelato.
Como convencido e decidido galeguista que era, Cabada Vázquez non deixou de traballar por espallar entre os alumnos do Colexio o amor e o coñecemento de Galicia 203. Unha mostra desta preocupación aparece na presentación que fará do seu amigo Álvaro de las Casas, co gallo dunha conferencia deste coñecido escritor e político galeguista no novo Colexio "Labor" o día 15 de febreiro de 1933. A conferencia tiña como título "La ruta de las nuevas juventudes gallegas" 204. Tanto da presentación do conferenciante por parte de Cabada Vázquez como da conferencia mesma de Álvaro de las Casas ofrece unha detallada información o "Faro de Vigo":
"Pronunció ayer su anunciada conferencia en este Centro cultural de nuestra ciudad el distinguido catedrático y director del Instituto de Noya, don Álvaro de las Casas, con asistencia de todos los alumnos y del claustro de profesores del Colegio. Fue presentado por el profesor señor Cabada, el cual explicó cómo el Colegio Labor, ansioso de recabar para sus alumnos el máximo de cultura, no regatea los medios para lograrlo. Por esto, dice, ha inaugurado una serie de excursiones escolares y abre hoy su tribuna a los más destacados valores de la cultura gallega. Traza a continuación un sincero elogio de la figura del conferenciante, haciéndolo resaltar como un verdadero y entusiasta líder galleguista, que en la actualidad va señalando una nueva ruta a la juventud de Galicia. Os va a hablar, añade, ahora de los 'Ultreyas' y de la ruta de las nuevas juventudes gallegas. Levántase luego el señor Casas y, después de agradecer la presentación hecha por el señor Cabada, explica cómo en su ruta de conferenciante en las aulas de la Universidad, de los Institutos y de las Normales de Galicia, quiso incluir al Colegio Labor por su significación y por su importancia dentro de los centros culturales de Galicia. Dice que le llena de orgullo y le admira, al mismo tiempo, el perfecto funcionamiento y la admirable disciplina de este centro. Hace un elogio de su emplazamiento y tributa un aplauso a su profesorado. Entra luego en el tema de su conferencia y durante una hora tiene pendientes de su charla amena e interesante a todos los que le escuchan. Va exponiendo la labor cultural a realizar por los 'Ultreyas', haciendo ver el lamentable desconocimiento en el que hasta ahora vino viviendo la mayor parte de los gallegos respecto de sus más interesantes problemas. Es necesario, dice, acuciar en los jóvenes gallegos el ansia de conocer a Galicia en todos sus aspectos, ya que hasta ahora no se ha estudiado ni su geografía, ni su historia, ni su literatura, ni sus industrias. Debemos conocer la importancia de la aportación cultural de Galicia a las demás culturas europeas. Hace una consideración retrospectiva sobre la Galicia medieval, mostrando a Santiago como un enorme foco cultural. Llama la atención sobre la labor que actualmente viene desarrollando la juventud formada en torno al Seminario de Estudios Gallegos y termina su brillante charla con un admirable canto, lleno de emoción lírica y de galleguidad, a Santiago de Compostela, escuchando una emocionante y fervorosa ovación al final de su charla" 205.
O conferenciante era daquela un xove e entusiasta profesor e político galeguista de trinta e un anos (só cinco meses maior que Cabada Vázquez). A súa amizade persoal, literaria 206 e ideolóxica (dado o seu común ideario galeguista) con Cabada Vázquez viña xa de tempos anteriores. Xa en 1928 (varios anos antes, polo tanto, da publicación de Vagalumes) nomeaba —na súa detallada clasificación dos escritores galegos da época posterior a 1918— a Cabada Vázquez en primeiro lugar entre os "galleguistas que exaltan las virtudes de la raza y se ocupan especialmente en cantar la gesta heroica de los antepasados" 207. Por outra parte, había só un ano que Álvaro de las Casas fundara os grupos "Ultreia", dos que —segundo indica Arximiro Rojo— formaban xa parte despois dun ano da súa fundación máis de mil catrocentos "rapaces", moitos deles recrutados nos centros escolares de Ensino Medio 208. De aquí precisamente o interese do seu fundador por dar a coñece-lo ideario destes grupos, moi ligados ó galeguismo político, en centros académicos como o Colexio "Labor", no que por outra parte impartían docencia significados galeguistas como Cabada Vázquez ou Ferro Couselo (este co seu amigo de Codeseda pasara tamén da rúa do Areal ó novo emprazamento do Colexio na Avda. das Camelias) 209. En realidade —tal como sostén A. Rojo— moitos xoves van descubrir a Galicia gracias a "Ultreia", como "primera escuela de galleguismo" 210.
Coincidindo cronoloxicamente coa data da conferencia de Álvaro de las Casas no Colexio "Labor" aparece no nº 110 da revista "Nós" o anuncio dos cursos de verán a celebrar do día 1 ó 30 de agosto deste ano 1933 nos locais do Colexio "Labor" (Las Torres, Romil, 100) á proposta de Álvaro de las Casas, en colaboración coas organizacións "Ultreia" e baixo a dirección de Otero Pedrayo, Risco, Martínez López, Filgueira Valverde, Xesús Carro García e Sebastián González, actuando como Secretario Xeral dos cursos Xurxo Lorenzo (do Seminario de Estudos Galegos) 211. Posteriormente indicarase que serán tres cursos (impartidos polos mesmos persoeiros), de dez días cada un, sobre as seguintes temáticas: "Xeografía e Historia de Galicia", "Lingua e Literatura galega" e "Arte e Arqueoloxía" 212. Aínda que finalmente estes cursos programados para o mes de agosto non se puideron celebrar —debido á imprevista e obrigada ausencia de dous dos encargados dos cursos, Martínez López e Filgueira Valverde 213—, está fóra de toda dúbida que o Colexio "Labor", en gran parte debido ó entusiasmo galeguista e ás boas relacións de Cabada Vázquez con Alvaro de las Casas 214 e cos outros galeguistas encargados dos cursos do mes de agosto, se convertiu en pouco tempo en punto de referencia importante do interese pola cultura galega.
Hai que dicir que Cabada Vázquez, ademais da docencia no Colexio "Labor", impartiu tamén, neste curso 1932-33, clases de Latín e Literatura no Colexio feminino "San José de Cluny" da mesma cidade de Vigo 215. O seu inseparable amigo, X. Ferro Couselo, foi tamén neste Colexio colega seu 216.
Dado que Cabada Vázquez era desde 1931 licenciado en Filosofía e Letras (Sección de Historia), pertenceu así mesmo ó "Colexio Oficial de Doctores e Licenciados en Ciencias e Letras. Distrito Universitario de Santiago. Sección Provincial de Pontevedra", tal como figura no seu título de colexiado ou carné de pertenza ó mesmo. Participou, ademais, activamente nas reunións ou asembleas do devandito Colexio Oficial. Concretamente, por exemplo, na asemblea extraordinaria do domingo, 5 de marzo de 1933, que tivo lugar no Instituto Nacional de Pontevedra e no que se discutiu sobre o "proxecto de creación dun corpo de auxiliares do ensino privado". Na crónica desta asemblea infórmase expresamente de que Xosé Filgueira Valverde (profesor no Instituto de Pontevedra), Xosé A. Botella Domínguez (Decano do Colexio Provincial), Xosé Posada Curros (profesor de "Preceptiva Literaria e Composición" no devandito Colexio "San José de Cluny", tendo sido con anterioridade —segundo queda dito— profesor tamén de "Preceptiva Literaria" no Colexio "Apóstolo Santiago" dos xesuítas) e Cabada Vázquez expuxeron nela os seus propios puntos de vista verbo do devandito proxecto, que finalmente foi desestimado por maioría 217.
Por outra parte, o título de licenciado en Filosofía e Letras, Sección de Historia, xunto co seu interese pola cultura e historia de Galicia, tan vencellada á do veciño país portugués 218, abriulle o camiño para ser admitido, a finais do curso 1932-33, como membro do "Instituto Histórico do Minho" con sé en Viana do Castelo, no norte de Portugal. A nova desta distinción obtida polo poeta de Codeseda é comentada así polo "Faro de Vigo":
"El 'Instituto Histórico do Minho' de Viana do Castelo, en su última sesión, ha nombrado miembros correspondientes a varias personalidades literarias de Portugal, España y Suiza. Entre los extranjeros que han recibido esa distinción figura nuestro querido amigo y colaborador el inspirado poeta y licenciado en Filosofía y Letras, don José M. Cabada Vázquez. Le enviamos nuestra enhorabuena por tal distinción, que significa un público reconocimiento de sus méritos hecho por tan importante corporación como es el Instituto Histórico do Minho, una de las Academias regionales de más renombre en Portugal" 219.
O mencionado Instituto fora fundado no ano 1916 e mantivo as súas actividades ata xullo de 1939 220. As relacións co galeguismo, de maneira especial coas "Irmandades da Fala", foron intensas 221, debido sobre todo á pertenza do Secretario Perpetuo do Instituto, o escritor e historiador portugués Júlio de Lemos (1878-1960), a diversas institucións culturais galegas, como o "Seminario de Estudos Galegos", etc., das que foi socio nalgúns casos 222.

VIII. Do éxito dos "cursillos" de Barcelona á frustración de Medina de Rioseco
A vida de Cabada Vázquez vai tomar un novo rumbo desde finais de xuño deste ano l933, ó remata-lo seu curso escolar nos colexios vigueses nos que actuou como profesor e educador. Nos seus dous primeiros anos de actividade docente e educadora en Vigo Cabada Vázquez exerceu estas funcións en centros privados. Agora ofrecíaselle a ocasión de exercelas, de maneira posiblemente máis estable, en centros públicos. En efecto, no núm. 178 da "Gaceta de Madrid" do 27 de xuño publicáronse varios decretos do Ministro de Instrucción Pública e Belas Artes do goberno republicano, Francisco J. Barnés Salinas, nos que se dá a coñece-la creación de novos Institutos de ensino medio e se regula o modo de acceso á docencia nos mesmos dos futuros profesores "encargados de curso" selecionados para tal función, que terán que realizar previamente, nos meses do verán deste ano, uns denominados "cursos prácticos" ou cursillos. A razón destas disposicións era principalmente a necesidade de suplir ou "sustituír" o servicio docente prestado ata agora polas Ordes relixiosas e que a República oficialmente restrinxira ou impedira. Deste modo anúnciase a "celebración de cursos prácticos, a fin de preparar e seleccionar Profesores encargados de curso para os Institutos e Colexios subvencionados de Ensino Secundario". Os profesores seleccionados percibirían, desde a toma de posesión, unha remuneración anual de 5.000 pesetas.
O Latín será unha das dez materias ás que fan referencia estes cursos prácticos e será tamén, loxicamente, a materia que Cabada Vázquez elixirá para realizar acerca dela os cursos prácticos conducentes á docencia da mesma como encargado de curso. Os licenciados solicitantes deberán indicar, por outra parte, na súa solicitude de participación o lugar no que desexan realiza-la súa preparación: Barcelona, Madrid, Málaga, Santander, Valencia ou Zaragoza. As cidades galegas quedan, polo tanto, excluídas 223. Ante a ausencia destas, é comprensible que o militante galeguista Cabada Vázquez elixa Barcelona como lugar de realización dos cursos prácticos, dado que alí poderá polo menos percibir e vivir directamente o catalanismo político, que era punto case obrigado de referencia dos galeguistas.
En calquera caso, se Cabada Vázquez non elixe Madrid como lugar onde realiza-los cursos prácticos, non poderá evitar someterse na capital de España a unha "proba eliminatoria" previa á realización dos cursillos, dado que —segundo unha disposición ulterior 224— as probas eliminatorias tiñan que realizarse alí. Tales probas comezarían o día 12 de xullo e realizaríanse ante un único tribunal para cada un dos grupos (Cabada Vázquez pertencía ó grupo de "Letras"), integrado por cinco xuíces. Segundo a mesma disposición, as probas constarían de dous exercicios. O primeiro "consistirá en desenrolar por escrito, e no termo máximo de dúas horas, un tema de carácter xeral que saliente a forma científica e a vocación especial dos aspirantes". O segundo "permitirá aprecia-lo índice mínimo de especialización esixible a cada aspirante, e consistirá en desenrolar por escrito, e no termo máximo de dúas horas" un tema específico para cada disciplina, que no caso do Latín sería o seguinte: "Traducción directa e comentario dunha parte dun autor clásico, sendo permitido o uso do diccionario".
Como lixeiro respiro antes de se enfrontar ás calores da meseta castelá e ó persoal esforzo intelectual das próximas probas eliminatorias e dos posteriores cursos prácticos, o poeta estradense vai pasar uns días de acougo reconfortante na súa Codeseda natal 225.
Tal como era de esperar, Cabada Vázquez superou non só sen problemas senón brillantemente en Madrid as probas eliminatorias e encamiñouse seguidamente cara a terras catalanas para a realización dos cursos prácticos prescritos.
Segundo os decretos publicados na devandito núm. 178 da "Gaceta de Madrid" tales cursos tiñan unha dobre finalidade: o "perfeccionamento da formación profesional dos aspirantes" e a "selección dos aspirantes mediante a constante comunicación que os Profesores manterán con eles durante o curso e por medio dos traballos, exercicios e demais probas que realicen". O decreto fala neste senso das diversas actividades a realizar nestes cursos, como "conferencias sobre problemas fundamentais e metodoloxía de cada disciplina a cargo de Profesores especializados", "explicación polos aspirantes de leccións adecuadas pola súa extensión e profundidade para alumnos de Bacharelato", "traballos prácticos, así como excursións, visitas a Museos, etc.". As listas xerais das calificacións dos aspirantes terían que estar rematadas e á disposición da Xunta de sustitución do ensino (que era a responsable da organización das probas para os novos profesores "encargados de curso") o día 15 de setembro.
Entre os profesores que na Universidade de Barcelona impartiron clases ós aspirantes do grupo de Latín tivo especial importancia para Cabada Vázquez o catedrático de Lingua e Literatura Latina da universidade barcelonesa, Marià Bassols i Climent, que despois da súa estancia nas universidades de Sevilla e Granada pasara precisamente neste curso 1932-33 á de Barcelona. En carta do 12 de agosto deste ano 1933 a Filgueira Valverde —que pola súa parte realizaba ó mesmo tempo en Madrid os seus "cursos prácticos"— falaralle Cabada Vázquez a Filgueira das excelentes clases do profesor Bassols 226.
Pero case tan importante como a relación cos profesores universitarios especialistas en lingua e literatura latina foi, sen dúbida, para el o contacto cos compañeiros "cursillistas" e coa política e cultura catalanas.
Desta época da realización dos cursos prácticos procede, por exemplo, a súa amizade co profesor e poeta catalán Carles Magrinyá Soler, que despois de aprobar estes cursos sería nomeado profesor de latín do novo Instituto "Pi i Margall" de Barcelona. Da autoría de C. Magrinyà hai na biblioteca do poeta de Codeseda dúas obras, adicadas a este polo seu amigo 227. Outro grande amigo "cursillista" foi o bilbaíno Xavier Echave-Sustaeta, quen despois de aprobados os cursos prácticos de Barcelona sería profesor encargado de curso de Latín no novo Instituto Nacional "Miguel de Unamuno" de Bilbao ata que o 31 de xaneiro de 1935 é nomeado por oposición catedrático da mesma asignatura no Instituto de Pontevedra, desde onde escribirá, despois do falecemento do seu amigo, o seu sentido e amplo In memoriam. José M. Cabada Vázquez, no que o catedrático vasco fai lembranza do seu primeiro coñecemento do poeta estradense en terras catalanas:
"Fue en Barcelona, el verano de 1933, donde se inició nuestra amistad. Ambos realizábamos en aquella Universidad un curso de especialización para el ingreso en el Profesorado. De primeras echamos de ver su sólida formación en los estudios de filología clásica, en que su espíritu se adiestrara año por año entre los muros del Seminario bajo el cielo gris de Santiago. Allí aprendió a arrancar el secreto que los clásicos encierran [...] Esta labor de cultivo complementó su temperamento de apasionado lirismo, de exaltación decidida del alma de Galicia. Poseía como nadie el don de hacer admirar y amar las virtudes de su pueblo. En la Universidad de Cataluña, amable y acogedora con nosotros, entre el grupo de profesores catalanes y vascos, cuyos espíritus fraternizaban, era Cabada Vázquez el egregio embajador de esta región de privilegio" 228.
Seguramente da época da súa estancia en terras catalanas procede tamén a súa relación e amizade co destacado escritor e político catalanista Joan Estelrich (1896-1958), director da Fundación "Bernat Metge" (moi meritoria na edición bilingüe —texto orixinal e traducción catalana— de autores gregos e latinos), fundador da sociedade de estudios políticos e económicos denominada "Unió Catalana", deputado nas Cortes nos anos 1931, 1933 e 1936 pola "Lliga Regionalista" e pola "Lliga Catalana" (e por esta razón moi vencellado a Francesc Cambó, do que chegou a ser secretario persoal). En 1925 e en relación coa Fundación "Bernat Metge", dirixida por Estelrich, escribía sobre este A. Villar Ponte:
"Pocos como Juan Estelrich han laborado para divulgar universalmente la cultura de su tierra; pocos han sabido hacer más dignamente, más profusamente y más intensamente la propaganda de Cataluña en todos los periódicos y revistas, abiertas a la verdad y a la justicia, del mundo entero. Juan Estelrich es un modelo de patriotas, pero es también un modelo de hombres de talento y de hombres eruditos" 229.
Pois ben, Cabada Vázquez, que na época da súa estancia en Barcelona era xa un coñecido político galeguista en canto cofundador e activo militante do Partido Galeguista, mantivo con Estelrich diversos contactos ideolóxicos e persoais dos que son bo testemuño as adicatorias que aparecen en varios libros do político catalán que se atopan na biblioteca de Cabada Vázquez. Nun deles, Entre la vida i els llibres (Assaigs: vol. IV) (1926), hai esta adicatoria: "A Xosé Ml. Cabada Vázquez poeta aquest homenatge d'un crític enyoradiç de la Poesia. J. Estelrich"; noutro, La qüestió de les minories nacionals. I. Les vies del dret (1929), esta outra: "A Xosé Ml. Cabada Vázquez patriota gallec aquest homenatge d'un patriota català. J, Estelrich"; e, por fin, no terceiro, Catalanismo y Reforma hispánica (1932), a adicatoria é a seguinte: "A Xosé Ml. Cabada Vázquez como a penyora del nostre Ideal comú. J. Estelrich".
En Barcelona atopouse, ademais, Cabada Vázquez con Otero Pedrayo e Castelao 230, este último antigo profesor seu de Dibuxo no Instituto de Pontevedra e despois —segundo aínda veremos— compañeiro de ideais galeguistas, xunto con Otero Pedrayo, na fundación do Partido Galeguista en 1931 e noutras reunións políticas posteriores. Foi, efectivamente, neste ano 1933 cando os deputados Otero Pedrayo e Castelao visitaron conxuntamente Barcelona 231. No que se refire á relación con Castelao, a parte da estreita relación máis directamente política, existiu tamén entre os dous un certo intercambio literario. Cabada Vázquez remesáralle, por exemplo, unha separata do seu celebrado poema Na fala meiga 232, lido polo poeta na Universidade Pontificia de Santiago o día 17 de maio de 1928 co gallo da chegada a Santiago do novo arcebispo, Zacarías Martínez Núñez, con esta adicatoria: "Para o gran Castelao, groria da nosa Galicia, garimosamente. O Autor" 233. Posteriormente adicaríalle o seu poemario Vagalumes con esta outra adicatoria: "Pra Castelao con fonda ademiración. O Autor" 234. Por parte de Castelao, na biblioteca de Cabada Vázquez figura o seu libro, As cruces de pedra na Bretaña, na súa primeira edición de 1930, coa seguinte adicatoria ó poeta de Codeseda: "A Cabada Vázquez, cordialmente. Castelao".
En canto ó resultado final dos "cursos prácticos" realizados por Cabada Vázquez en Barcelona hai que dicir que foi excelente. No "Faro de Vigo" pode lerse a seguinte nova que fai referencia ó seu éxito: "Su actuación en los cursillos recientemente celebrados [...] ha sido muy brillante, valiéndole una honrosa puntuación, por la que obtuvo el número 16 entre los de su grupo" 235. Téñase presente que o número de candidatos aprobados e posteriormente designados como "encargados de curso" polo Ministerio, do grupo de Latín, foi de 79 en total 236.
Hai que engadir axiña, sen embargo, que de pouco lle valeu a Cabada Vázquez en definitiva tan boa puntuación nas probas precedentes á hora de acadar un posto de profesor nun dos centros de bacharelato de Galicia. Porque na designación oficial dos novos profesores encargados de curso, como resultado dos cursillos precedentes, Cabada Vázquez aparecerá de feito na "Gaceta de Madrid" do 1 de novembro de 1933 como profesor de Latín e Director do "Instituto Elemental" de Medina de Rioseco, na provincia de Valladolid, lonxe da súa querida terra galega... Amigos de Cabada Vázquez, como X. Filgueira Valverde ou Antonio Fraguas (que fixeran os cursillos ó mesmo tempo en Madrid) aparecerán, sen embargo, designados na "Gaceta" o primeiro como profesor de Literatura no antigo (xa existente) Instituto de Pontevedra (no que ata agora Filgueira era só "axudante interino") e o segundo como profesor de Xeografía e Historia (ata agora era só auxiliar da mesma asignatura na Universidade compostelá) no "Colexio subvencionado" da Estrada, centro docente de bacharelato de nova creación que tardaría aínda dous meses en empezar a funcionar.
Indícame Antonio Fraguas respecto do destino dos cursillistas aprobados: "solicitabamos unha plaza e paréceme que as daban con razón ó número". El mesmo tivo o número 86 (do grupo de Xeografía e Historia, do que eran en total 116 cursillistas aprobados 237). "Pedín A Estrada e alá fun", aínda que —segundo me comunica— nun principio estaba previsto que fose a un Instituto moi lonxano de Galicia e só ó final acadou vir para o novo Instituto ("Colexio subvencionado") da Estrada 238.
Para a pescuda das posibles causas deste estraño e inesperado destino de Cabada Vázquez a un Instituto tan afastado de Galicia, tendo en conta a súa alta puntuación nas probas realizadas, poden ofrecer algunhas claves importantes determinadas frases do comezo dunha carta que lle escribe o xa novo Director do Instituto de Medina de Rioseco, o día 11 de novembro de 1933, ó seu amigo Ferro Couselo:
"Amigo Ferro: Póñoche istas liñas dende iste Madrid asqueroso, onde me atopo dendes o martes, xestionando asuntos relacionados con o Instituto. Falei con Barnés e con Gordón, ademais de entreverme con varios membros da xunta de substitución do enseño. Poiden chegar a saber algo que me interesaba respeito do meu nomeamento. Dendes de Pontevedra fíxose presión a derradeira hora pra que aquelo quedase co auxiliar. Houbo quen me vendeu ahí. Por iso me quixeron compensar con unha Direición. Persoalmente xa falaremos de moitas cousas. Estou medio tolo de camiñar por en medio de tanta burocracia. Semella todo isto un verdadeiro manicomio. Da xente máis atenta resultou ser o Barnés e mailo Gordón, a pesar dos outos cárregos que ocupan. Os demais chupatintas un fato de larpeiros e de enchufistas" 239.
Os Gordón e Barnés cos que se entrevista Cabada Vázquez eran nada menos que ministros do goberno republicano de Martínez Barrio: Félix Gordón, ministro de Industria e Comercio e Domingo Barnés, ministro de Instrucción Pública. Por outra parte a "Xunta de sustitución do ensino", da que tamén se fala, era a encargada oficial da organización das devanditas probas de acceso á categoría de profesores "encargados de curso". De maneira que as informacións acadadas a este alto nivel por Cabada Vázquez sobre o seu nomeamento poden considerarse ben fundadas, aínda que a carta non revela máis detalles nin nomes concretos.
Si parece deducirse, en calquera caso, do dito na carta —aínda que isto non pode ser afirmado con total seguridade— que Cabada Vázquez solicitou a praza de profesor de Latín en Pontevedra (para o Instituto desta cidade) e que tal praza ó final ("a derradeira hora") de feito foi excluída —por presións ou manexos interesados procedentes de Pontevedra ("dendes de Pontevedra")— das prazas a ocupar polos recén aprobados profesores cursillistas 240. Hai que ter en conta que —segundo o decreto ministerial 241— os interinos ou auxiliares de calquera categoría ("encargados e catedráticos") tiñan que ceder o seu posto ós novos profesores "encargados de curso" no caso de que estes fosen designados para tal praza, ocupada só de maneira interina por aqueles. De aí as comprensibles, pero inxustificables, "presións" desde Pontevedra para que o "auxiliar" non cesase no seu cargo provisional, das que fala a carta a Ferro Couselo de Cabada Vázquez, neste importante asunto inxustamente perxudicado. Neste senso, non deixa de resultar un tanto estraño e sintomático o feito de que, entre o elevado número de profesores cursillistas designados polo Ministerio (que chegan a ocupar ata oito páxinas completas a tres columnas na "Gaceta" 242), no Instituto Nacional de Pontevedra, á diferencia de moitos outros centros tanto de Galicia como de fóra de Galicia, figure designado só un profesor cursillista, Filgueira Valverde, que —segundo queda dito— era xa "axudante interino" neste centro (e, polo tanto, non era de esperar que no seu caso houbese "presións", por parte do centro ou doutras instancias, en contra da súa designación como profesor "encargado de curso"). Outros dous docentes do Instituto de Pontevedra, Antonio Lino Sánchez ("auxiliar numerario" de Idiomas) e Celestino Noya Rodríguez ("axudante interino" de Letras), que aprobaron, como Filgueira, os "cursillos" tiveron que abandonar o Instituto pontevedrés ó seren nomeados o primeiro profesor "encargado de curso" de Francés no novo "Colegio subvencionado" da Estrada e o segundo profesor de Xeografía e Historia da mesma categoría no Instituto Nacional de Lugo 243.
En calquera caso, seguramente como consecuencia das "presións" das que fala Cabada Vázquez na súa carta a Ferro Couselo, é ben constatable o feito de que entre o persoal docente do Instituto de Pontevedra non aparece no curso 1933-34 ningún profesor numerario ou "encargado de curso" da asignatura de Latín. Esta asignatura fora impartida ata mediados do curso 1932-33 polo catedrático numerario Santiago Almeda Navarro, que deixou o Instituto por traslado o 28 de febreiro de 1933. Desde esta data ata finais de xaneiro do ano 1935 (cando é nomeado catedrático de Latín do Instituto Xavier Echave-Sustaeta, amigo de Cabada Vázquez desde o tempo dos "cursillos" de Barcelona) a asignatura de Latín sería, polo tanto, impartida por algún auxiliar ou axudante interino 244, mentres que Cabada Vázquez atopábase inxustamente desprazado fóra de Galicia 245.
De todas maneiras, non hai que excluír que houbese tamén outras razóns, de tipo ideolóxico ou político (por máis que destas non teña eu neste intre constancia explícita e concreta), que puideron quizais influír neste disimulado e cortés "desterro" 246, fóra de Galicia 247, dun significado galeguista e comprometido católico 248 como era Cabada Vázquez. Non convén esquecer a este respecto, en efecto, a máis arriba comentada Afirmación Católica dun Grupo de Nacionalistas, asinada por Cabada Vázquez e feita pública en varios xornais (só dous anos antes deste seu destino como profesor a terras de Castela), na que se facía unha dura crítica ó Goberno central e "centralista" polas súa disposicións antirrelixiosas.
Sexa o que sexa, pois, das razóns deste inesperado destino á provincia de Valladolid, o feito é que por disposición ministerial do 31 de outubro de 1933 (publicada na "Gaceta de Madrid" do día seguinte 249) Cabada Vázquez é nomeado "profesor encargado de curso" de Latín no "Instituto Elemental" de Ensino Secundario, de nova creación, pertencente ó Distrito Universitario de Valladolid, en Medina de Rioseco (Valladolid). O correspondente título de "Encargado de Curso" está asinado o día 1 de novembro polo Subsecretario do Ministerio de Instrucción Pública e Belas Artes, Cándido Bolívar Pieltain, indicándose nel que a súa remuneración anual como profesor é de 5.000 pesetas anuais.
O seu nomeamento como Director do Instituto foi publicado un día antes na "Gaceta" 250 por orde do mesmo Subsecretario do Ministerio do 30 de outubro de 1933, na que se indica que os novos Directores "podrán tomar posesión en cualquier Centro de Segunda Enseñanza y deberán ponerse al frente de su cargo en el plazo máximo de cinco días". Cabada Vázquez tomou de feito posesión do seu cargo de Director en Vigo, no Instituto Nacional de Ensino Secundario desta cidade, o día 2 de novembro, tal como aparece na comunicación que a Vice-Directora deste Instituto, Mª del Carmen Ambroj, lle remite ó devandito Subsecretario do Ministerio. Tanto o xornal "Faro de Vigo", no día seguinte 251, como, unha semana máis tarde, a revista viguesa "Vida Gallega" 252 danlle a Cabada Vázquez a noraboa por este novo cargo.
Dada a urxencia do prazo establecido polo Ministerio, o novo Director abandona Galicia a comezos de novembro para se facer cargo da xestión do novo Instituto. Poucos días despois da súa chegada a Medina de Rioseco escríbelle ó seu amigo Ferro Couselo o día 11 de novembro, dándolle detallada información sobre o seu novo campo de traballo:
"De Rioseco podo decirvos (escríboche a ti en nome de todas isa xente) que non me fixo impresión mala de todo. É un pobo pequeno, que foi máis do que é, po castelán, frío e barroento, con casas de adobe e rúas tortuosas e pouco limpas. A xente non parece mala, tendo gran elemento a casa do Pobo, polos moitos obreiros. Ten varias iglesias, tres de elas, século XVIII, coma catedrales. O Instituto instalarémolo na casa do Concello, tipo mudéxar, feita na segunda mitade do pasado. Celebrarémo-lo primeiro claustro o día 14, pra acorda-la data dos eixames de ingreso, de que fala a Gaceta de hoxe. Eiquí atopeime co Segredario, que é un bo señor, xa casado, e moi simpático. Dixéronme que a señorita é noviña e competente. Xa o veremos. Hoxe oficieilles dende aquí pra que o martes se me presenten alí [...] Funciona en Rioseco un Colexio, con cinco licenciados e 80 alumnos. Está incorporado ó Instituto de Valladolid e levo ordes de que pase ó meu Instituto. Fálase no Ministerio de ver a maneira de axeitar as demarcacións da segunda enseñanza" 253.
A instalación, da que se fala, do novo Instituto na casa do Concello responde á "invitación" oficial do Ministerio de que se cedan locais para os novos Colexios de Ensino Secundario, creados para "sustituí-lo ensino profesado ata agora polas Ordes relixiosas" 254. Por outra parte, o "Segredario" mencionado na carta é o "cursillista" profesor de Francés no novo Instituto, Agustín Aguilar Tejera, co que o novo Director non tardará en ter unha concreta confrontación persoal, da que se derivarán consecuencias pouco gratas para un e para outro.
Os profesores "cursillistas" que, ademais de Agustín Aguilar, foron destinados polo Ministerio para o novo Instituto de Medina de Rioseco son os seguintes: Manuel Amigo Torres (Física e Química), Mª del Pilar Díez García (Literatura), Manuel Ballesteros Gaibrois (Xeografía e Historia) e Enrique Irueste Roda (Matemáticas) 255. Sen embargo, os dous últimos non chegaron a formar parte en realidade dos docentes do novo Instituto neste curso. En definitiva, ademais dos catro "cursillistas" (incluído o Director), formaron parte do profesorado neste curso inaugural 1933-34 estes outros catro docentes, que accederon ó seu cargo por "concurso": Mª Luisa Rodríguez de la Fuente (Historia Natural), José Mª Marín Garrido (Educación Física), Mariano González Herrera (Xeografía e Historia), Ignacio Blanco Niño (Dibujo) e Carlos León Álvarez (Matemáticas).
Pois ben, segundo xa apuntei, cando apenas pasaran tres meses desde o comezo do curso un incidente entre o Director e o Secretario do novo Instituto vai ter como consecuencia que ámbolos dous haberán de abandonar o seus respectivos cargos. Todo ocorreu entre os días 21 e 25 de febreiro de 1934. Nun recorte de xornal achado entre os papeis de Cabada Vázquez atopeime con esta nova (con data do 23 de febreiro) que se refire á primeira parte dos feitos, os que sucederon nos dous primeiros días. A reportaxe (redactada polo correspondente en Medina de Rioseco do xornal), que fai referencia a Medina de Rioseco e ten como título "Frutos de la Sustitución de la enseñanza", é a seguinte:
"Un suceso más, a los que ocurren en estos días, reúne en la planicie del Carmen a una inquieta multitud, de jóvenes en su mayor parte, en la mañana del día 21. Opinión unánime, censuras por un lado y elogios por otro. Se discute acaloradamente sobre la agresión entre el señor director del Instituto, don J. Manuel Cabada, y el señor secretario del mismo, don Agustín Aguilar. Por este suceso, una vez más, se suprimen las clases en ese día. Poco después, hubo en la calle otra discusión entre el señor director y el hijo del señor secretario, don Manuel-Enrique. Con tal motivo, y en la tarde del 22, ha tenido lugar un consejo de disciplina contra éste. Frente al Instituto patrullaba toda la Guardia civil de este pueblo, al mando del señor capitán, y además tres guardias municipales, en previsión de alterarse el orden. Está fuera de nuestro deseo el indagar si no ha lugar a este consejo de disciplina por ser agresión en la calle, ni las declaraciones de los testigos en favor del estudiante, ni las actas notariales levantadas a tales fines, ni las relaciones existentes entre profesores, ni la intervención del Juzgado, ni de que caso de llegar el asunto al Ministerio de Instrucción se haga justicia. Ponemos de relieve este botón de muestra en la farsa de la sustitución de la enseñanza, porque no siendo de precisión este Centro, por existir otro colegio con becas suficientes para determinadas clases, pueden ver con el ejemplo de la agresión los frutos que recogerán los estudiantes" 256.
O ocorrido entre o Director, Cabada Vázquez, e o Secretario é calificado aquí polo correspondente do xornal como mutua "agresión" e nas actas do Instituto —ás que farei referencia seguidamente— como "reyerta" ou "incidente personal". Pola súa parte, o fillo do Secretario, Manuel Enrique Aguilar Valero, actualmente octoxenario e residente en Madrid, co que tiven ocasión de conversar, indicoume que seu pai fora "zarandeado" polo Director, calificando a este como "algo violento". Isto ocorreu na mañá do día 21 de febreiro. Na tarde do mesmo día, o mencionado fillo do Secretario, entón alumno de 6º curso no novo Instituto, agrediu de súpeto fronte ó Hotel del Carmen de Medina de Rioseco ó Director do seu Instituto. Para o día seguinte é convocada reunión do Claustro de Profesores do Instituto, da que transcribo as actas correspondentes:
"En la ciudad de Medina de Rioseco el día veintidós de febrero, reunido el Claustro que con carácter urgente ha sido citado por el Director para las nueve de la mañana y con asistencia de los señores que se expresan al margen, se dio cuenta de la agresión de que de palabra y de obra en la tarde anterior había sido objeto el Sr. Director por parte del alumno de sexto curso Manuel Enrique Aguilar Valero. Considerando dicha agresión como falta de disciplina y falta grave a la primera autoridad académica, se acordó formar Consejo de disciplina a dicho alumno y que se celebraría a las doce del mismo día".
Estas actas están asinadas pola profesora Mª del Pilar Díez, que actúa como "Secretaria accidental" co Vº Bº do Director, Cabada Vázquez. Os profesores asistentes a esta reunión (sinalados á marxe das actas) son, ademais do Director e da Secretaria accidental, Manuel Amigo, Carlos León e Ignacio Blanco.
O contido do Consello de disciplina sobre a agresión do alumno Manuel Enrique Aguilar ó Director, Cabada Vázquez, está detalladamente exposto nas actas correspondentes do mesmo. Velaquí o seu texto:
"En la ciudad de Medina de Rioseco a ventidós de febrero de mil novecientos treinta y cuatro, reunido el Consejo de Disciplina formado por los profesores que al margen se expresan a las doce de la mañana, como se había acordado en el Claustro celebrado a las nueve del mismo día, se propuso suspenderlo hasta las cinco de la tarde para dar lugar a recibir las instrucciones que se habían pedido al Rectorado de la Universidad para aclarar algunos puntos oscuros acerca de su actuación, según consta en telegrama depositado el día ventidós de febrero a las trece.
Reanudada la sesión a las cinco de la tarde, se dio cuenta de un escrito presentado por D. Agustín Aguilar Tejera, padre del alumno Manuel Enrique Aguilar Valero, desestimando las consideraciones que en él se hacen por no parecer oportunas.
A continuación es llamado a declarar D. José Manuel Cabada, Director agredido, que contesta a las preguntas del Presidente relatando el hecho de la siguiente manera. Paseando dicho señor, vio que el alumno del Instituto, Manuel Enrique Aguilar, al llegar cerca de él, se arrojó encima y, diciendo una palabra ofensiva al mismo tiempo que le puso un pie en el vientre, intentó caerle al suelo. Opina el Sr. Cabada que no fue ofuscación, sino cosa premeditada.
Comparece después el acusado, Sr. Aguilar. El Presidente le da cuenta para que de una manera breve relate los actos y motivos que le impulsaron a agredir al Sr. Director, a lo que contesta que paseando por la calle vio al Sr. Cabada y, creyéndose en el deber de defender a su padre y en un momento de ofuscación se fue hacia él, no recordando si le insultó ni si le llegó a pegar. Le agredió, añade, no como a un profesor sino como a un particular que había ofendido a su padre. Asimismo declara no tener animosidad ninguna contra dicho señor, estando arrepentido de haberlo hecho por tratarse del Director del Instituto, no por ser el supuesto agresor de su padre.
Se presenta como testigo Saturnino Viguera, que declara que estando tomando el sol vio que un joven que él no conocía, separándose de un grupo que le acompañaba, se dirigió al Sr. Director y después de dirigirle una palabra ofensiva le agredió, no pudiendo darse cuenta de más por impedírselo la gente que se acercó a separar al joven. El testigo reconoce que dicho joven es el que está sentado en la sala.
Antonio de Castro relata que iba paseando con el acusado, pero no se dio cuenta de nada hasta ver que estaban agarrados, no sabiendo si uno de ellos es el Director. Cuando se realizó el hecho no acompañaba él al señor Aguilar, sino que le había dejado hacía un momento.
Se presenta como testigo Luis Pizarro, el cual declara que vio al acusado dirigirse hacia el Sr. Cabada, pero no se fijó si llegó a pegarle como tampoco oyó insulto ninguno.
Román Cordero afirma que vio venir al Sr. Aguilar, el que dirigiéndose al Director le dijo: 'Vd. es el maricón que pegó a mi padre y le dio una patada'. El testigo vio que este joven venía acompañado de otros chicos que conocía de vista.
Antonio Pizarro vio que venía el Sr. Director y no sabe si le diría algo al Sr. Aguilar y aproximándose los dos en actitud amenazadora. Al preguntar él al chico cómo hacía aquello con el Director del Instituto, contestó que era el agresor de su padre. Cree que antes de llegar a él los separaron.
El testigo José Pizarro dice que, paseando él con unas señoritas, vio que delante iba el señor Aguilar y que, al pasar frente al Hotel del Carmen donde estaba parado el Sr. Cabada, este se sonrió volviéndose de repente y no puede precisar si llegaron a pegarse, no oyendo tampoco palabra alguna.
El acusado alega que, contra lo que el testigo Sr. Cordero dice acerca de la palabra malsonante, afirma que no profirió palabra ofensiva alguna.
Se da por terminada la sesión, acordándose que la continuación del Consejo para estudiar y aplicar la sanción tendría lugar el día veintitrés a las cinco de la tarde."
Estas actas están asinadas polo Presidente do Consello de Disciplina, Manuel Amigo, polos vocais do mesmo, Carlos León, Ignacio Blanco e José Mª Marín, actuando de Secretaria Mª del Pilar Díez. Son os mesmos nomes que figuran á marxe das actas, todos eles profesores do Instituto dirixido por Cabada Vázquez. Hai que engadir que o feito de que dous profesores do Instituto, Mª Luisa Rodríguez de la Fuente e Mariano González Herrera, non figuren en ningún momento nas actas se debe a que estes profesores aínda non formaban parte do Claustro, dado que o seu nomeamento tivo lugar algúns días despois destes acontecementos. Por outra parte, a non asistencia do Secretario do Instituto e pai do alumno agresor e facilmente comprensible.
Na reunión do Consello de Disciplina do día seguinte acordouse impoñer ó alumno a sanción de "pérdida de curso en todas las asignaturas en que se halla matriculado, acumulada con expulsión durante el curso académico actual de este Instituto", recomendando ademais "darle la publicidad necesaria para conocimiento y ejemplaridad de los alumnos".
Pero se con esta medida disciplinar a agresión do alumno ó Director recibía a súa correspondente sanción, quedaba aínda pendente a posibilidade de que coa "reyerta" habida entre Director e Secretario, que de feito desencadeara os posteriores sucesos, ocorrese algo semellante. E de feito así foi. No mesmo día da "reyerta" chegou ó Ministerio de Instrucción Pública unha denuncia do incidente, e poucos días despois o Ministerio tomou cartas no asunto da maneira que a continuación indico, transcribindo o texto da "Acta del Claustro celebrado el día 25 de febrero de 1934", que di o seguinte:
"En la ciudad de Medina de Rioseco a veinticinco de febrero de 1934, reunido el Claustro por orden del Delegado del Ministerio de Instrucción Pública, Juan Morán, previa citación urgente, y con la asistencia de los señores que se expresan al margen, el Sr. Delegado expone que el objeto de su visita es una denuncia recibida en el Ministerio el día 21 y que se refiere a un incidente personal habido entre el Director y el Secretario de este Instituto.
Lamenta el Sr. Morán lo que dentro del Claustro pasó, más que por el incidente en sí, por el perjuicio que en los chicos puede causar el ejemplo dado en un centro donde de una manera especial debe tenderse a una labor constructiva.
Cree dicho Sr. que como medida obligatoria y mientras el Ministerio resuelve, deben cesar de sus cargos de Director y Secretario los señores D. José Manuel Cabada y D. Agustín Aguilar, siendo sustituidos por el Vicedirector, D. Manuel Amigo y la Vicesecretaria, Mª del Pilar Díez.
Expuesto por el Sr. Marín el objeto que le trae y sin otros asuntos que tratar, se levanta la sesión, de todo lo cual doy fe."
Asinan estas actas, xunto co Delegado do Ministerio, os novos Director e Secretaria "accidentais". Os nomes expresados á marxe da Acta son os dos profesores do Instituto xa antes mencionados e os do Director e Secretario saíntes, Cabada Vázquez e Aguilar Tejera.
Así é como remata, sen chegar a se cumpri-los catro meses completos, o nomeamento de Cabada Vázquez como Director do Instituto, co que —segundo a devandita carta do profesor estradense a Ferro Couselo— o Ministerio pretendera "compensalo" polo seu improcedente destino fóra de Galicia. Tal "compensación" resultou para el de feito, a fin de contas, de escaso proveito, por non dicir de efecto negativo. Menos desafortunado foi, en cambio, pese a todo, o alumno agresor, xa que quedou comprendido, só tres meses despois de ser sancionado, na lei de amnistía do 2 de abril de 1934, segundo a comunicación do día 26 de maio de 1934 do Rectorado da Universidade de Valladolid ó Director accidental do Instituto, Manuel Amigo.
¿É posible coñece-las causas do "incidente personal" —tal como se di na precedente Acta da reunión presidida polo Delegado do Ministerio— entre Director e Secretario, sobre o que a documentación do Instituto non parece ofrecer pistas concretas? Na miña busca de aclaracións sobre este punto recibín, en marzo de 1989, a seguinte información do Secretario do Concello de Medina de Rioseco, Mariano Cortés: "En cuanto al motivo de aquellos altercados, por información que me ha sido facilitada por el entonces bedel del Instituto, parece ser lo eran por motivos políticos (propios de aquella época), dada la situación por la que atravesaba el país, lo que daba lugar a frecuentes y fuertes discusiones dentro del Claustro de profesores; y, al parecer, por algún problema de justificación de las cuentas del Instituto."
O último punto foime recentemente confirmado por Manuel Enrique Aguilar Valero, o mencionado fillo do Secretario, ó indicarme tamén el mesmo que había de por medio algún problema de tipo "administrativo". En canto ó punto primeiro dos "motivos políticos", ós que alude o bedel do Instituto, cre Manuel E. Aguilar que non lles hai que atribuír peso especial, se ben indica que seu pai era políticamente conservador e tradicionalista 257. É comprensible, sen embargo, que xustamente esta liña política do Secretario —dadas as "frecuentes y fuertes discusiones dentro del Claustro de profesores" testemuñadas polo ordenanza do Instituto— puidese converterse nalgún momento en motivo de fricción coa ideoloxía decididamente autonomista e socialmente reivindicadora do militante galeguista que era Cabada Vázquez. Polo demais, a este non lle fallaba —segundo os testemuños dos que o coñeceron— nin un físico robusto nin un carácter decidido e resolto á hora de defende-las súas ideas 258.

IX. Actividade docente e prematura morte en Linares
Á vista do resultado dos acontecementos en Medina de Rioseco —a súa destitución (aínda que provisional por parte do Ministerio) como Director do Instituto e a concesión oficial da amnistía ó alumno que poucos meses antes lle agredira—, Cabada Vázquez intenta abandona-la súa función docente en Medina de Rioseco. Con esta finalidade realizará concurso de traslado, por máis que isto supoñía ter que exerce-la docencia nun centro docente aínda máis distanciado de Galicia, como de feito vai suceder.
O novo centro docente será agora o Instituto de Linares, na provincia de Jaén, do que por Orde de 29 de agosto foran anunciadas a concurso varias prazas vacantes, entre elas a de Lingua latina. E será aquí, en terras andaluzas, onde Cabada Vázquez, no derradeiro ano e medio que lle resta de vida, se atopará ben acollido profesional e persoalmente, porque entre outras cousas aquí será onde inciará a súa relación afectiva coa xove linarense, María Luisa López Jiménez, farmacéutica e noiva do poeta estradense 259, que aínda hoxe vive en Linares, fiel de por vida ó seu primeiro amor.
Antes de dirixirse ó seu novo destino, Cabada Vázquez pasará algúns días na súa terra natal de Codeseda, no verán de 1934, tal como verbo desta curta permanencia en terras estradenses informa o xornal vigués "El Pueblo Gallego", calificando aquí a Cabada Vázquez como "figura prestigiosa entre la juventud literaria de Galicia" 260. Cara a finais de setembro deixará Galicia, para dirixirse primeiramente a terras de Castela, tal como informa ó seu irmán Perfecto, en carta escrita xa desde Linares o 31 de outubro:
"Aun cando no te he escrito hasta ahora ninguna carta desde que salí de Galicia, te supongo enterado de mis andanzas por tierras de Castilla durante los últimos días de setiembre y todo el mes de octubre, ya que procuré escribir a menudo a casa. Hasta fines de setiembre estuve en Madrid, de donde marché luego a Valladolid y Rioseco para hacer los exámenes en aquel Instituto. Pasé luego tres días en Salamanca, en donde me sorprendió el primer día de la huelga revolucionaria. Desde allí me trasladé de nuevo a Valladolid, en donde permanecí solamente dos días. Regresé nuevamente a Madrid y allí estuve hasta el día diez y ocho en que salí destinado aquí. En Madrid viví, por lo tanto, la mayor parte de la huelga y escuché los tiroteos que se armaban todos los días al atardecer" 261.
Como se ve, a carta reflicte a inquietante situación política do país durante parte do chamado bienio negro (iniciado co trunfo electoral das Dereitas o 19 de novembro de 1933), o xurdimento da folga xeral e revolucionaria de comezos de outubro de 1934 en Madrid, na que se paralizaron os servicios públicos, se produciron tiroteos (dos que se fala na carta), etc.
O 18 de outubro abandona, pois, Cabada Vázquez definitivamente as terras da meseta de Castela para baixar ata Linares, na provincia de Jaén. Na carta anteriormente citada informa sobre o seu novo destino a seu irmán:
"Esto no está mal: es una ciudad, que decayó un poco por haber decaído también, desde hace algunos años, la explotación de las minas. Tiene actualmente alrededor de cuarenta mil habitantes, y es más importante que Jaén, que es la capital. El Instituto está instalado en un buen edificio y tiene unos doscientos sesenta alumnos. Los compañeros quieren hacerme a mí Director, pero yo no quiero aceptar, pues no quiero sobre mí cargas y responsabilidades" 262.
Non é nada extraño que, respecto deste último tema e despois das pouco gratas experiencias de Medina de Rioseco, Cabada Vázquez se mostre en principio máis ben oposto a tal posibilidade. En calquera caso, o novo profesor, dous días despois da publicación na "Gaceta de Madrid" do seu nomeamento 263, toma posesión do seu cargo de profesor encargado de curso de Latín no Instituto Nacional de Ensino Secundario de Linares o día 23 de outubro de 1934, tal como consta na certificación, con data deste mesmo día, estendida por D. José Ortega y Ortega, Oficial de Administración Civil de 3ª Clase e Secretario accidental do Instituto de Linares, na que se di:
"D. José Manuel Cabada Vázquez, Profesor encargado de curso de la asignatura de Latín, procedente de los Cursillos de selección, con el sueldo anual de 5.000 pesetas, ha tomado posesión en el día de la fecha del indicado cargo en este Instituto y para cuyo cargo fue nombrado por concurso de traslado y Orden del Ministerio de Instrucción Pública fecha 13 de los corrientes (publicada en la Gaceta del 21) procedente del Instituto Elemental de Medina de Rioseco [...]".
Foron nomeados tamén polo Ministerio de Instrucción Pública, xunto con Cabada Vázquez, como novos profesores encargados de curso para cubri-las prazas vacantes no Instituto Nacional de Linares estes outros profesores: Antonio Escribano Nevado (Física e Química), Honorato Álvarez García (Agricultura), Luis Sánchez-Brunete Álvarez (Lingua Francesa), Julián Zapatero García (Filosofía), José Zapatero González (Matemáticas), Carlos Díaz Rodríguez (Xeografía e Historia), Mª del Carmen Sierra Domínguez (Lingua e Literatura españolas) e Concepción Pilar Mesa Martín (Dibuxo) 264. A estes nomes hai que engadir aínda como compañeiros de Cabada Vázquez na docencia no Instituto de Linares os de Enrique Anaya (Matemáticas) e Gregorio Retenaga (Física e Química).
Como xa indiquei, desde a súa chegada ó Instituto de Linares os compañeiros de Cabada Vázquez, a pesar das resistencias deste, pensaban que el era a persoa máis axeitada para asumi-lo cargo de Director. O Claustro de Profesores así o propuxo de feito ó Ministerio e este decidiu tamén no senso da proposta: "Vistas las ternas propuestas por el Claustro del Instituto Nacional de Segunda enseñanza de Linares, este Ministerio ha tenido a bien nombrar para el cargo de Director del mismo a D. José Manuel Cabada Vázquez, por cuanto figura en primer lugar de la terna, con la indemnización anual de 750 pesetas" 265.
Sen embargo —debido ás especiais circunstancias académico-administrativas polas que atravesaba o Instituto (nas que non me vou deter), que fixeron preciso que este estivese dirixido ou administrado por un Comisario especial, Alfonso Navarro Funes—, Cabada Vázquez no se fará cargo efectivo da dirección do centro ata case tres meses despois do seu nomeamento, a teor da orde do 28 de febreiro de 1935, publicada na Gaceta do 7 de marzo, que di o seguinte:
"Normalizada la vida académico-administrativa del Instituto Nacional de Segunda enseñanza de Linares, y en atención a lo propuesto por el Claustro y la Comisaría especial que para el mismo fue nombrada, este Ministerio ha resuelto: 1º Conceder autorización al Catedrático D. Alfonso Navarro Funes para que definitivamente entregue la Dirección del Instituto a D. José Manuel Cabada Vázquez, nombrado al efecto. 2º Conceder autorización para la entrega de la Secretaría del mismo Centro al Oficial de Administración don José Ortega Ortega, que, como el anterior, deberán incorporarse a sus destinos oficiales. 3º Dar las gracias a los señores Navarro Funes y Ortega Ortega por el acierto con que interpretaron y cumplieron la misión que el Ministerio les confió en el Centro de que se viene haciendo mérito, y 4º Nombrar Secretario del Instituto de Linares a D. Carlos Díaz Rodríguez [...]" 266.
O poeta estradense toma posesión do seu cargo de Director do Instituto dous días despois da publicación desta resolución oficial, o 9 de marzo de 1935. Deste modo, coa toma de posesión dos cargos de Director e Secretario, desempeñados desde agora por profesores do mesmo Instituto, a vida académica inicia a súa actividade normal, tanto académica como administrativa.
Hai que dicir que a vida de Cabada Vázquez, como profesor e Director do Instituto de Linares, foi nos poucos meses que lle restaron de vida -segundo os testemuños concordantes recibidos (que entrecomiñamos) de alumnos ou coñecidos—, intensa e fructífera, vivindo "totalmente entregado ó Instituto" (Jesús Mendoza Negrillo), "admirado" como "estupendo profesor" polos seus alumnos, que agradeceron 267 a súa entrega a eles, a pesar de seren conscientes de que era "moi esixente" (Alfonso Serrano Sánchez) con eles. "Serio y de porte erguido, era una persona muy agradable, correcto, competente. Impresionaba su personalidad. Sentimos mucho su muerte por su juventud y valía personal" (Adela Martos). "Fue acogido con alegría, simpatía y esperanza en el Instituto de Linares. No olvido su postura erguida, sonriente" (Jesús Mendoza Negrillo 268). "No tuve el placer de ser discípulo de él, ya que mis estudios fueron de Peritaje Comercial, pero le admiraba sin tratarle por su irradiante simpatía y personalidad" (Juan Sánchez Caballero 269). Do seu alumno, posterior xornalista, locutor de Radio e Redactor Xefe de Radio Nacional, Juan Martín Navas, é tamén o seguinte testemuño: "Fue mi profesor de Latín. Fue un ejemplar de humanidad y profesionalidad poco común. Fue un hombre docente inolvidable. Recuerdo que, bajo sus órdenes, traduje la Eneida, de Virgilio, hasta donde dejó el poema el autor, y las Bucólicas. Antes tradujimos De bello gallico, de César, y aun varios discursos de Cicerón. Me consta que corregía estos trabajos en los días de fiesta..., cuando su bella novia, la Srta. farmacéutica de Linares, le dejaba libre. ¡Qué pena que muriera tan joven! Estuve en el Cementerio como todos sus alumnos, como todos los del Instituto, como todo Linares. Fue un hombre serio, sobrio, entrañable".
Pouco despois do nomeamento de Cabada Vázquez como Director foi tamén cando se editou no Instituto por primeira vez (nos primeiros meses de 1935) a revista "El Bachiller" (que leva como subtítulo: "Revista de los alumnos del Instituto Nacional de 2ª Enseñanza") 270. Os alumnos eran en realidade os verdadeiros protagonistas da publicación 271, aínda que figuraba como Director da mesma o profesor de Xeografía e Historia e novo Secretario do Instituto, Carlos Díaz, co que evidentemente o Director Cabada Vázquez parece terse levado moito mellor que co anterior Secretario do Instituto de Medina de Rioseco 272. O interesante, polo demais, desta modesta revista é que, ó lla remesar Cabada Vázquez ó seu amigo Ferro Couselo (que por entón impartía a asignatura de Filosofía no Instituto de Ensino Secundario de Tui), lle serviu de feito a este como pulo para a creación, un par de meses despois, doutra revista semellante, "Tvde", que ten como subtítulo: "Revista editada por los estudiantes de Bachillerato del Instituto de Tuy". Así o formula o mesmo Ferro Couselo no primeiro número da revista, aínda que sen indicar explicitamente nin o nome de Cabada Vázquez nin o da revista linarense:
"Habíamos proyectado unos cuantos estudiosos (permítaseme la palabra, si no es inmodestia) la publicación de una revista especialmente dedicada a estudios sobre Tuy y su comarca, que algún día fuese un órgano cultural de las tierras del Bajo Miño, lo mismo de las de Galicia que de las de Portugal. Por dificultades que siempre ocurren, el proyecto quedó para mejor ocasión. Mas he aquí que un día, y voy a ser sincero, un entrañable amigo y compañero, el director del Instituto de Linares, me envía el primer número de una revista que los alumnos de aquel centro editan. Entonces a mí mismo me pregunto: '¿Por qué no hacer aquí otro tanto?' Y resueltamente digo: 'Al amigo de Linares le contestaré en el mismo estilo'. Y lo primero que hago es convocar a mis alumnos, pertenecientes a los dos últimos cursos, y les leo la revista. Sin más, ellos me hacen la pregunta que yo esperaba: '¿Por qué no hacer nosotros otro tanto? Nuestra idea, dicen, tal vez surgió primero y se nos han adelantado ya'. Téngase en cuenta que en la revista proyectada, a que al principio me referí, colaborarían también alumnos del Instituto, pues es justo decir que hasta en los Institutos hay hoy estudiantes que saben ser tales" 273.
Pero o labor de Cabada Vázquez non se limitou ás funcións administrativas e docente-educativas como Director e profesor no interior do Instituto. A súa actividade tivo tamén unha proxección social, como non podía ser doutra maneira nunha persoa como el, eticamente comprometida coa sociedade e coa política.
Unha boa mostra disto é a súa intervención pública na cidade de Linares co gallo da celebración do XXV aniversario da fundación da Escola Superior de Traballo de Linares.
Cabada Vázquez pasara no verán uns días de descanso en Codeseda e, pola carta que lle escribe a seu irmán Perfecto, sabemos que pasou tamén alí os días da festa da Grela (na mesma parroquia de Codeseda) entre o 6 e o 8 de setembro. Pouco despois estaba de novo en Linares, desde onde lle dará novas a seu irmán, o 19 de outubro de 1935, sobre o comezo do novo curso 1935-36, nostálxico sen dúbida aínda do clima suave e refrescante da terra natal:
"Yo he pasado aquí un calor horroroso que duró hasta fines de setiembre. Ahora ha refrescado el tiempo bastante y ha llovido algún día. Estamos en plena actividad académica, pues ya se ha formalizado toda la matrícula y las clases se dan con toda la normalidad. Por ahora estamos los mismos profesores del año pasado, aunque no sé si será por todo el curso". 274
Seguramente non sospeitaría Cabada Vázquez que habería de ser el mesmo quen non estaría "por todo el curso"...
Pois ben, inmediatamente antes de comezar este curso académico ou, máis ben, coincidindo co comezo do mesmo, vaise celebra-lo mencionado aniversario da Escola Superior de Traballo. O xornal de Linares "La Razón" inclúe en primeira páxina do nº 142 (1 de outubro) o Pregón Cultural, que a Dirección do xornal lle encargara a Cabada Vázquez co gallo da conmemoración do devandito aniversario. Nel fará este, en canto Director do Instituto, unha apoloxía da necesidade da cultura e da importancia do traballo persoal, formulando unha dura crítica a comportamentos contrarios, tan estendidos no modo social de proceder:
"Nada de buscar el aprobado, buscando antes la recomendación y el apoyo de las amistades, en vez de afanarse en merecerlo y ganarlo con su trabajo y con su saber. Lo contrario sería formar señoritos y vagos al amparo de un título académico, para los que todos los caminos de la vida se van cerrando y que tanto abundan todavía desgraciadamente en nuestra España. 'Labor omnia vincit improbus': La sangre roja del trabajo y del estudio tiene que ser la regeneradora de la sociedad, medio corrompida por la sangre azul de tanto vago y pedante, dilapidador de fortunas y de salud" 275.
Esta intervención escrita será aínda completada por outra oral e improvisada, pronunciada por Cabada Vázquez ó final do banquete conmemorativo do mesmo aniversario, que será recollida taquigraficamente por un dos redactores de "La Razón" e publicada en primeira páxina no mesmo xornal o día 4 de octubre co título de Un gran discurso del Sr. Cabada. O discurso foi interrompido tres veces polos aplausos da "numerosa concurrencia" e clausurado cunha "prolongada e clamorosa ovación", segundo a reportaxe de "La Razón". A entusiasta acollida do seu discurso non sería seguramente só debida á vea oratoria, da que Cabada Vázquez estaba dotado e da que xa dera mostras na súa actividade relixiosa e política anterior, senón tamén ó contido mesmo das ideas e á paixón e ó convecemento persoal cos que as sostiña. De maneira semellante ó escrito no seu Pregón cultural, Cabada Vázquez centra o seu discurso na relevancia da cultura e dos actos culturais, que non poden ser reducidos á mera dimensión económica. Velaquí só algúns párrafos:
"Cada acto cultural que celebra un pueblo es un nuevo jalón que éste va colocando en su camino hacia el progreso. La significación del acto cultural que hoy celebra la ciudad de Linares para conmemorar las Bodas de Plata de su Escuela Superior de Trabajo entraña un hondo problema en su vida. No viven los pueblos solamente del desarrollo de sus fuentes económicas; necesitan la sacudida del anhelo cultural, para desenvolver, a la par que sus actividades económicas, sus facultades espirituales [...] Desde las alturas se habla de la probable supresión de Centros docentes, y yo me atrevo a prevenir a todos los linarenses, por si la amenaza pudiera afectar a su Escuela o a su Instituto, para que se dispongan a la defensa, ya que defender esto es defender su vida espiritual, es defender su cultura, es defender el porvenir de Linares y de sus hijos. El profesorado de estos centros está al lado del pueblo de Linares, de este pueblo que trabaja y canta, y aspira a que sus hijos le den por su cultura y por su saber la fama y la popularidad que le dio el plomo de sus minas por su insuperable calidad" 276.
Na derradeira carta que se conserva, desde Linares, á súa familia (19 outubro 1935) Cabada Vázquez amósalle a seu irmán —que por entón está a traballar por terras de A Fonsagrada, na provincia de Lugo— a súa preocupación persoal pola situación dos pais e do sobriño Jaime ("lembranza acesa da irmán adourada" 277, fillo da irmá Emilia, inspiradora dos seus versos):
"Supongo que estarás enterado de que Jaimito vuelve a estar en el Colegio 'Labor', en Vigo. Me decidí a hacer un sacrificio, siquiera por este año, para ver si aprende algo. Con ello lograré, además, sacarles una preocupación de casa [...] A mí me preocupa la situación de nuestra casa y me duele el abandono en que tenemos a nuestros padres. A menudo pienso en la manera de resolver esta situación y evitar este abandono, pero no encuentro modo de conseguirlo" 278.
Cabada Vázquez, lonxe da súa terra, segue vencellado, pois, a ela polas relacións familiares e polo sentimento de saudade que afecta ó galego na lonxanía. O seu Pregón cultural remata de feito deste xeito: "Hervor de sangre y alegría de corazón bajo este espléndido cielo andaluz y entre esta gente acogedora que sabe hacernos menos nostálgico el recuerdo de los verdes paisajes de nuestra Galicia" 279.
Linares "acolleu" de feito a Cabada Vázquez en vida e tamén en morte. En vida, polo xeral recoñecemento da súa súa actividade educativa e da súa entrega a esta misión. Na súa morte, pola multitudinaria manifestación de dó dos linarenses ante o luctuoso acontecemento da súa inesperada morte. Esta produciuse como consecuencia dunha apendicite nun xoves, o día 2 280 de abril de 1936, ás 21'00 horas, no Hospital Municipal de Linares, cando contaba o poeta estradense 34 anos de idade. O "gran conversador" 281 que fora Cabada Vázquez calara para sempre. Era a semana chamada de Paixón, inmediatamente anterior á Semana Santa. O seu enterro tivo lugar na parroquia de San Francisco, no día seguinte, venres de Dores, véspera da festividade da Nosa Señora das Dores, á que o poeta cantara, case xustamente oito anos antes, no seu fermoso poema A la Virgen, al pie de la Cruz 282, cando era estudiante de segundo curso de Teoloxía no Seminario compostelán adicado á advocación da Virxe das Dores. Á Virxe da súa devoción vencellara tamén precisamente o poeta, no intre do seu abandono da carreira eclesiástica, cinco anos antes, o pensamento ou, quizais, presentimento da súa propia morte, nos últimos versos do xa mencionado poema A María Inmaculada:
Dadme aliento, Madre, a fin de que ahora
no desmaye, y, cuando llegue de mi muerte
el tremendo día, la temible hora,
entonces y siempre sé mi Intercesora,
para que en el Cielo pueda un día verte 283.
O pai do poeta emprendeu a longa viaxe desde Codeseda ata Linares e fíxolle así presente ó poeta o agarimo da familia e a lembranza da lonxana Galicia nos días anteriores ó seu pasamento. A súa terra natal non podía serlle, neste intre derradeiro, totalmente allea ó poeta que cantara e rematara un dos seus máis acabados poemas, ¡Salve, irmán piñeiro!, con estes versos:
¡Salve, irmán piñeiro, outo pino forte!
Gardo teu recordo na hucha do peito.
Soio che hoxe prego que, ó collerme a morte,
—¡Salve, irmán piñeiro! ¡Salve, pino forte!--
¡unha ponla dones pra meu cadaleito!... 284
A anceiada ponla para o seu cadaleito era só un símbolo da imperiosa necesidade, percibida polo poeta, da presencia da terra maternal e vivificante, como matriz enxendradora dunha nova vida ó chega-la morte fría e destructora. De feito, segundo o testemuño da súa noiva, o poeta de Codeseda formulou varias veces nos seus derradeiros momentos esta súa única dor: "Sólo siento que mi cuerpo no sea enterrado en mi querida Galicia" 285.
A asistencia dos habitantes da cidade de Linares, non só dos alumnos e profesores do seu Instituto, ó sepelio de Cabada Vázquez, profesor e director do Instituto e próximo xa a contraer matrimonio cunha bela linarense, foi multitudinaria. Nos pregos de condoencia coa familia do finado pódense contabilizar máis de oitocentos nomes de xentes de tódalas clases sociais, institucións relixiosas e civís, académicas, profesores, alumnos, amigos, etc. E é, en calquera caso, unha obriga non só dos familiares do poeta senón de tódolos amantes de Galicia agradecer moi fondamente á noiva do poeta, Mª Luisa López Jiménez, ter sido, durante máis dun cuarto de século, agarimosa coidadora do poeta na súa tumba linarense deica o traslado dos seus restos á súa terra natal no 1962 286.
¿Tiveron algún eco na lonxana Galicia os acontecementos de Linares? Aínda tendo en conta que Cabada Vázquez levaba residindo fóra de Galicia desde había dous anos e medio e que a situación política —xa case nos preludios do comezo da guerra civil— non era nada propicia nestes momentos para a celebración de homenaxes ou solemnes lembranzas, non deixaron de se laiar xornais e institucións da perda do poeta e político galeguista. Co obrigado silencio posterior, naturalmente, desde o comezo da contenda civil, xa que nos mesmos inicios da insurrección antirrepublicana varios dos amigos galeguistas de Cabada Vázquez foron vilmente asasinados ou represaliados.
Semella que o primeiro xornal en da-la nova da desaparición de Cabada Vázquez foi "A Nosa Terra", semanario que levaba como subtítulo desde febreiro de 1932 o de "Boletín do Partido Galeguista" (trala recente fundación en decembro de 1931 deste Partido). Era lóxico, por outra parte, que o semanario portavoz do Partido lle adicara a Cabada Vázquez unha puntual e urxente lembranza, dado que non só era militante do Partido Galeguista, senón que fora tamén cofundador do mesmo trala súa anterior pertenza ás Irmandades da Fala. Os primeiros párrafos das "Liñas de loito" adicadas a Cabada Vázquez e publicadas en primeira páxina o mesmo día do seu enterro en Linares, son estes:
"En Linares, onde exercía o cárrego de director do Instituto, acaba de morrer o gran poeta galego e querido irmán noso Xosé Cabada Vázquez. Outro irmán máis que nos deixa. Outro faro senlleiro da nosa lírica que se apaga para sempre. Como Manuel Antonio e Amado Carballo, Cabada Vázquez morre novo, mozo e cando había de aportar á nosa literatura inxentes páxinas prodoito da súa extraordinaria cultura e inspiración. A fada que sóbor dos nosos homes e novos valores pesa de xeito teimante lévanos agora a Cabada Vázquez. Morre fóra da Terra que tanto amaba, como Xurxo Lourenzo [...]" 287.
O "outro irmán" ó que fan referencia as "Liñas de loito" é Antón Villar Ponte, que morrera só un mes antes e que fora xunto co seu irmán Ramón cofundador e alma das "Irmandades da Fala".
No día seguinte, o xornal "El Pueblo Gallego" —de orientación galeguista, republicana e liberal-esquerdista— publica tamén en primeira páxina a nova da desaparición de Cabada Vázquez coa seguinte cabeceira: Otro malogrado. Sobre o poeta e político estradense indica aquí o xornal vigués:
"Nos deja en plena juventud, lejos de la tierra a la que consagró sus mejores entusiasmos y todo el fruto de su numen [...] Cabada Vázquez era un gallego que honraba a su país. Dotado de sólida cultura, con gran apetencia espiritual, con voluntad decidida para su función de maestro de juventudes, era uno de los valores más prometedores del movimiento renacentista gallego. En Vigo [...] adquirió numerosas relaciones, que hoy llorarán su prematura pérdida. De este dolor han de participar todos los círculos culturales de Galicia, donde Cabada Vázquez adquiriera una estimación merecida y cordial" 288.
No día seguinte inserta aínda "El Pueblo Gallego", en primeira páxina tamén, unha fotografía do poeta (do tempo da súa estancia en Vigo) con estas palabras ó pé da mesma: "Galicia pierde con la prematura muerte del notable escritor una legítima esperanza y un cultivador meritísimo de su patrimonio intelectual" 289.
Só algún días despois, o semanario ourensán "Heraldo de Galicia" —moi ligado tamén ó galeguismo— inserta unha eloxiosa lembranza do poeta e político de Codeseda, flanqueada por senllas colaboracións de Vicente Risco e Ramón Otero Pedrayo:
"Una nueva y sensible baja —dise aquí— en las filas del renacimiento gallego [...] Muy joven todavía, con sólidos estudios clásicos y filosóficos, latinista, conocedor profundo de la lengua gallega, que escribía con el dominio y soltura de los mejores autores consagrados, con un corazón lleno de fe en los altos destinos de Galicia y de esperanza en su triunfo, Cabada Vázquez tuvo ya una actuación literaria y aun política destacada [...] Pero, además, era de aquellos que, concibiendo el galleguismo como un apostolado de cada hora, de cada momento, no perdía ninguna ocasión ni ningún pretexto, por pequeño e insignificante que pudiera parecer, en la que pudiera conseguir una manifestación del espíritu de nuestra tierra, de nuestra raza, de nuestro idioma. Admirable labor callada para ser realizada por un poeta. Dediquemos aquí un recuerdo emocionado a este otro amigo que nos deja, llevándose todas las esperanzas que podíamos poner en la labor futura de una de las inteligencias mejor dotadas y de las más puras sensibilidades del galleguismo" 290.
"El Pueblo Gallego" volverá aínda, tres semanas despois da morte de Cabada Vázquez, a salienta-la relevancia do poeta e político desaparecido cunha ampla colaboración da autoría de Ramón Villar Ponte (a quen no mes anterior, o día 4 de marzo, lle morrera tamén seu irmán Antón), que leva como título Door e sentimento, da que reproduzo o comezo:
"A racha da disgraza continúa apouvigando aos 'bos e xenerosos'. Como decote, a escolma dos destinados á ausenza definitiva sigue antre aqueles que polos seus anos aínda podían render á terra nai escolleitos e vizosos froitos que valorizasen cada vegada máis o seu vivire. A 'pálida' sabe escoller. E como sabe escoller, busca con preferenza ós que, a través de unha vida relativamente breve, souperon ofrescer un xurdio exempro de capacidade prena e de patriotismo insuperábel, prometedor de risoñas espranzas axiña truncadas. Tal o caso de Cabada Vázquez. Con el de novo cúmprese o dito antergo de que os preferidos dos deuses deveñen axiña malogrados. E contra o fado que nos persigue non valen decisións, non sirven procedimentos.
Alonxado da patria que el soupo amare co amor acaso que soio sinten os mozos que levan na fronte a estrela e no bico o cantar de que falou o mestre, Cabada Vázquez ollou apagárese a súa vida sen ter o consolo de sentir no intre fatal o aloumiño do seu ambente nativo [...]" 291.
Entre as institucións culturais do galeguismo, cabe salienta-la postura adoptada polo "Seminario de Estudos Galegos" ante a desaparición do que fora en vida socio activo do mesmo:
"En la última reunión celebrada por la Comisión Directiva del Seminario de Estudos Galegos, bajo la presidencia de D. Luis Iglesias e Iglesias y con asistencia de los Directores de Sección señores Carro, Pedret, Bouza Brey y Filgueira Valverde, actuando de Secretario el señor Bouza Brey [...], el Seminario acordó sumarse a las manifestaciones de duelo con que se recibió en Galicia la noticia del fallecimiento del poeta gallego Cabada Vázquez, que desempeñaba el cargo de Director en el Instituto de Linares (Jaén) y que había colaborado en las tareas del Centro con gran entusiasmo" 292.
Entre os seus amigos, non se pode deixar de aludir ó impacto producido pola súa morte en M. García Barros (Ken Keirades). O popular e comprometido escritor estradense rememora, case tres décadas despois do luctuoso acontecemento, o sentimento que produciu nel a inesperada morte do seu amigo:
"[...] Non sei ben agora o tempo que pasou, pero coido que non foi moito. Ó ir eu á Vila, a onde iba eu decote era ó 'Centro de Emigrados', no que estaba a Redaución do 'Emigrado'. Non facía moito tempo que mesmo ó entrar albiscara xa de lonxe o 'Pueblo Gallego', estendido ou pousado sobre a mesola central, como era adoito, co retrato de Loriga en pirmeira prana. E mesmo ó velo eiscramei estremecido:
-¡Alá se vai Loriga!...
E, nefeito: Loriga estrelárase en Madrí cunha avioneta.
Do mesmo xeito, cando máis adiante ó entrar albisquei, tamén en primeira prana, o retrato de Cabada sentín coma un martillazo no corazón.
-¡Alá se vai Cabada!, escramei. E fórase Cabada.
A sala estaba a aquila hora solitaria. E anque non estivera sería o mesmo. Debruceime sobre a mesa, e sin poderlle quitar os ollos denriba chorei por il." 293.
Este fraternal sentimento correspóndese en realidade co que amosara Ken Keirades moitos anos antes, ó enteirarse do falecemento en lonxanas terras de Cabada Vázquez. O escritor estradense publica entón nas súas Rexoubas de "El Emigrado" a seguinte, sentida e agarimosa, lembranza sobre o seu desaparecido amigo, que reproduzo aquí enteira:
"Certas noticias deixan a un tan abatido que máis que realidade fegúranselle a un soños ausurdos e atormentadores de mala noite. Non se ve a posibilidade de darlles creto.
O ler a noticia da morte do amigo fraterno José M. Cabada Vázquez foi coma se me botaran o mundo enteiro encima da alma.
¿Será posibre?
Coa noticia está o retrato que me mira co-aquila surrisa súa, caraiterísteca, cal si me dixera: -¡Non é verdá iso!- E represéntaseme a última ves ¡a última! que o despedín cheo de vida e de outimismo. -Estásme engordando moito- lle dixen.
-Éche a boa vida- respondeume il.
-Agora, a casarse, Cabada.
-Xa outros che me dixeron o mesmo.
Sóanme inda aquilas verbas cheas de dozura e agarimo que xa non volverei a ouír. E casouse o Cabada. Casouse ca noiva que nos acena dende o berce e que cando menos un o espera nos apreixa nos seus descarnados brazos.
Siquera, puido ser enterrado con traxe de home e non coa sotana negra que algúns meses levara.
A súa desaparición dóinos na alma como lles doerá a todos os que tiveron a fertuna de ser seus amigos, e tamén, seguramente, ós seus discípulos de Linares, aló na provincia de Jaén, de cuio Instituto era Direutor.
Un dos bos e xenerosos que se vai.
¡Adeus, Cabadiña!" 294.
En canto a Ferro Couselo, o compañeiro e amigo íntimo de Cabada Vázquez durante anos de estudio, docencia e militancia política e ideolóxica, hai que dicir que debeu de sentir coma poucos a separación definitiva do seu amigo. Velaquí algúns párrafos da carta que lle escribe o 27 de abril de 1933, desde o Instituto Nacional de Ensino Secundario de Tui, ó pai do poeta:
"Gran impresión me causó la inesperada muerte de mi queridísimo amigo y compañero Pepe, que en gloria esté. Yo lo supe por la Prensa, que, que si algo hubiese sabido antes respecto a su enfermedad, a Linares hubiera ido a verle por última vez.
Me doy cuenta del enorme dolor y desconsuelo en que Vdes. tienen que estar sumidos, pero no nos queda más remedio que resignarnos ante lo inevitable.
Yo desearía saber detalles respecto a los últimos momentos y a la voluntad del que fue uno de mis entrañables amigos [...].
Si de mí necesita Vd. para algo, vgr. lo referente a los libros o a la liquidación de 'Vagalumes', que anda disperso por diversas librerías, no tiene más que ordenarme [...]" 295.
En diversas ocasións tense aludido ás posibilidades e esperanzas truncadas coa desaparición da xove promesa que era o poeta e político estradense. Así, por exemplo, Xavier Echave-Sustaeta, profesor e bo coñecedor de Cabada Vázquez despois do mutuo encontro nos "cursillos de selección" de Barcelona, fala, un mes despois da súa morte, da "vida desbordada de promesas" de Cabada Vázquez:
"Ha muerto en plena juventud, abierto a todas las ilusiones. Quizá nunca pueda afirmarse esto con la verdad que en esta ocasión. Su inteligencia y su temperamento le avalaban el triunfo. Había logrado destacar precisa su personalidad en el profesorado y en la literatura sin ajena ayuda, artífice de su suerte. Y ha muerto malogrando esperanzas, cuando su alma resonaba como el mar colmada de sentido de vida [...] Con la muerte de José M. Cabada Vázquez se malogra uno de los valores más firmes de la juventud gallega. Desplazado de Galicia [...], la muerte ha cegado las fuentes que en su pecho hervían" 296.
Pero é o mesmo Cabada Vázquez o que se laiaba xa, cando só tiña vintetrés anos, no seu poema Mistéreos (non recolleito en Vagalumes), do "mal fado" de Galicia ante a morte prematura dos bos e xenerosos:
¡Ai, Galicia, mal fado te encrobe
dende hai muito tempo!
Os teus fillos soados, no cume
dos sans pensamentos,
baixo a fouce da Intrusa esmirrada
van caíndo a eito.
¿Que fixemos? Meu Dios, ¿que pecado
contra Ti tan negro
cometemos pra así castigares
ó pobo galego
con tan feros castigos, ¡di!, orfo
deixando tal neno?
¿E quizaves que, a aqueles que sinten
no fondo do peito
nobres ansias de loita enxebrista
pra os lobos montesos
botar fóra, o prémeo xa dónaslle
denantes do feito?
¿Ou aló no teu reino ti queres
formar de galegos,
de almas nobres exército forte,
enxebre e escolleito,
pra mandares no día da loita
á terra? ¡Mistéreos!...
¡Mala fada, Galicia, te encrobe
dende hai moito tempo! 297
Sen embargo, pódese dicir con Alonso Montero verbo de Cabada Vázquez que, a pesar de morrer novo, "no seu espírito [...] a súa vida foi intensa, afervoada, densa de peripecias íntimas" 298. Podería dicirse incluso que morreu, neste senso, non só ó seu tempo, senón tamén a tempo. Quero dicir con isto que Cabada Vázquez puido así partir deste mundo, pletórico aínda de ilusións e esperanzas e sen ter que presenciar e sufrir (quizais tamén na súa propia carne) a represión contra as libertades individuais e políticas que se desencadeou só poucos meses despois da súa morte e que afectou directamente a amigos seus galeguistas, partícipes coma el dos mesmos ideais. Nos próximos apartados quero ofrecer ó lector precisamente unha síntese desta vida "intensa" de Cabada Vázquez nos eidos da poesía, da cultura e da política, unha vez descrita ata aquí a grandes trazos a súa cronoloxía vital deica o seu pasamento.

X. Producción literaria e inspiración poética
A produción literaria de Cabada Vázquez non é só poética senón tamén en prosa, aínda que esta última non é tan abondosa coma a primeira.
Son preto de vinte os escritos en prosa 299, redactados máis ou menos a partes iguais en castelán e en galego, aínda que hai que dicir que a súa estrea como prosista é en lingua galega, na súa narración, publicada en outubro de 1923 (cando o seu autor contaba con vinteún anos de idade), que leva como título A bolaíña. Os escritos en prosa son de moi variada temática: reportaxes culturais (sobre acontecementos deste xénero nas terras da Estrada), enxuizamentos da situación política, ensaios novelísticos ou etnográficos, discursos, semblanzas biográficas (sobre Amor Ruibal), reseñas bibliográficas, polémicas educacionais (en relación coa función do maxisterio nacional), etc.
Sen embargo, medio ano antes do seu primeiro escrito en prosa o poeta estradense dera xa mostras da súa inspiración poética nos seus dous primeiros poemas, titulados Meus soños e A túa visita, publicados conxuntamente en abril de 1923 300. A súa producción poética está só en parte contida no libro de versos Vagalumes. Case outros tantos poemas, escritos en galego e en castelán (os últimos 301 algo menos numerosos que os escritos en galego), atópanse fóra deste volume, ben sexa isto por seren posteriores a Vagalumes (uns catorce poemas), por estaren escritos en castelán, ou ben porque o seu autor considerou que, aínda estando escritos en galego e con anterioridade a Vagalumes, non debían aparecer —segundo xa indiquei anteriormente— nunha publicación como Vagalumes, editada nun centro eclesiástico (o Seminario Conciliar de Santiago), tendo recibido Cabada Vázquez pouco antes a orde do diaconado; poemas, por conseguinte, con determinado contido amoroso-galante, político, etc. ou que deixan albiscar posibles dúbidas relixiosas, etc. tiñan que ser sometidos á revisión ou quedar simplemente excluídos da escolma. Isto naturalmente non quere dicir que o propio autor non excluíse "autocriticamente" (como indica Alonso Montero 302) de Vagalumes determinados poemas, especialmente da súa primeira época, por razóns de tipo literario ou estilístico. En calquera caso, para un coñecemento adecuado de Cabada Vázquez como escritor é preciso atender á súa producción literaria completa, editada agora en recente publicación 303.
Por outra parte, con moita frecuencia un mesmo escrito de Cabada Vázquez atópase sucesivamente publicado en xornais ou revistas moi diversos, aínda que a publicación máis veces utilizada polo poeta para os seus escritos, sobre todo poemas, foi sen dúbida a revista viguesa "Vida Gallega". De aquí que máis dunha vez se fale del con razón como do "poeta de 'Vida Gallega'". Efectivamente, cerca de cen poemas do poeta estradense poden lerse nesta revista, triplicando en número ós poemas publicados no seguinte xornal máis utilizado (sobre todo despois da publicación de Vagalumes), "El Compostelano", ó que segue moi de preto o xornal estradense "El Emigrado". As seguintes publicacións periódicas (xornais ou revistas) nas que ata este intre atopei escritos de Cabada Vázquez son, en orde descendente (segundo a frecuencia coa que son utilizadas), estas: "Faro de Vigo", "A Nosa Terra", "Céltiga" (Bos Aires), "Nós", "Acción" (Órgano de la Juventud Católica de Pontevedra), "Heraldo de Galicia" (La Habana), "La Voz de Galicia", "La Razón" (Linares), "Progreso" (Pontevedra), "Logos" (Pontevedra), "Catecismos de Compostela", "Catecismos de San Martín" (Santiago), "La Voz de la Verdad" (Lugo), "Las Riberas del Eo" (Ribadeo), "Revista [ou 'Boletín'] Oficial del Centro Gallego de Avellaneda" (Bos Aires), "El Pueblo Gallego", "Heraldo de Galicia" (Ourense), "Diario de Galicia" (Santiago), "El Eco de Santiago" e "Boletín Oficial de la Unión Hispano-Americana Valle Miñor" (Bos Aires).
O feito de que os seus poemas fosen editados en moi diversas publicacións periódicas contribuíu sen dúbida de maneira importante ó coñecemento da súa poesía. A este respecto tivo sobre todo "Vida Gallega" unha relevante función, non só porque foi nesta revista onde o poeta de Codeseda publicou, o 5 de abril de 1923 (pouco despois de cumpri-los vinteún anos), os primeiros de tódolos seus escritos (os dous poemas más arriba sinalados), senón tamén porque foi nela onde de feito máis publicou, tendo en conta ademais que esta revista editaba un número para aquela época moi elevado de exemplares (70.000 polo ano 1930 304).
De tódalas maneiras, a primeira edición en 1931 do libro Vagalumes, que contén moitos dos poemas galegos publicados con anterioridade en diversas publicacións periódicas, fai que o poeta de Codeseda vaia ser coñecido agora por un público máis amplo.
A idea da publicación de Vagalumes, da que se fala xa a comezos do ano 1928 (case tres anos antes da aparición do volume), non parece, sen embargo, que procedese nun principio do poeta mesmo 305. En realidade, nas mesmas "Verbas limiares" de Vagalumes indícase neste senso: "Endexamais eu maxinara en dar ó pobo meus versos así recollidos antre as páxinas dun volume. Foron miñas boas amistades as que de hai tempo eisixiron de min ista laboura, e foi derradeiramente o mestre Amor Ruibal [...] quen me deu o decisivo empuxe".
Pois ben, a inminente aparición de Vagalumes foi xa anunciada ("Vai saír Vagalumes...) nos números 1º (xaneiro 1931) e 2º (febreiro 1931) da revista pontevedresa "Logos" 306 e o libro debeu de aparecer a finais de xaneiro ou na primeira quincena de febreiro de 1931, dado que a primeira reseña que se publicou sobre Vagalumes foi redactada polo seu autor, R. Otero Pedrayo, en Trasalba, xa o día 18 de febreiro 307. En todo caso, a aparición de Vagalumes non puido ser despois do día 24 deste mes, porque hai, por outro lado, constancia de que nesta data foron entregados polo poeta varios exemplares de Vagalumes a dúas librerías de Santiago (as librerías "Casa González" e "Socorro Queimunde") para a súa venda (a 4'50 ptas. o exemplar).
Vagalumes foi tamén remitido a outras librerías de Galicia (como a "Zincke Hermanos" da Coruña ou a "Julián Buceta" de Vigo). Pouco tempo despois da súa aparición estaba así mesmo á venda en Bos Aires, concretamente na Redacción da revista "Céltiga" e na "Sociedade Nazonalista Pondal" desta cidade, tal como se deduce da carta de resposta (do 24 de setembro de 1931) do Presidente desta Sociedade, Manuel Oliveira, a outra anterior de Cabada Vázquez do 5 de agosto dirixida a esta mesma Sociedade: "Sobor o seu libro 'Vagalumes' aínda nos quedan algúns exemplares pra a venda, e non temos necesidade de pedir ó direutor de 'Céltiga' os que el ten no seu poder". Os exemplares de Vagalumes pedidos pola "Sociedade Nazonalista Pondal" estaban á venda nos locais desta mesma Sociedade, tal como se pode ver en diversos números de "A Fouce" 308, e tamén no Centro Galego de Bos Aires 309.
Aínda que García Barros di que Vagalumes "polo movido daquilas xeiras pasou case desapercebido" 310 (a proclamación da República non tardaría, en efecto, en chegar o 14 de abril), cómpre sinalar que de feito foi reseñado, a pouco de aparecer, polo menos en cinco publicacións distintas. A primeira e máis importante de todas foi a xa sinalada de R. Otero Pedrayo, publicada en primeira páxina en "El Pueblo Gallego" (26 febreiro 1931) 311. O poeta remitíralle previamente ó patriarca das letras galegas a súa recente obra, acompañándoa cun breve escrito no que lle di: "Meu destinto amigo: Velahí lle vai ise libriño, como ofrenda sinceira ó mestre da prosa galega. Hei de pregarlle que o acolla con agarimo e que teña a ben adicarlle unhas liñas. Seu decote bo amigo e ademirador. Xosé M. Cabada Vázquez". No mes seguinte aparecen as reseñas de Filgueira Valverde en "Logos" 312 e a do xove poeta Aquilino Iglesia Alvariño no "Faro de Vigo" 313. Posteriormente, xa no mes de marzo, publícanse aínda dúas reseñas máis: a de H. de Sá no "Liceo Franciscano" 314 e a de Luis Gonzaga Sánchez y Santa María en "Vida Gallega" 315.
Verbo do título mesmo "Vagalumes" (ou "vermes de luz"), é posible que a elección do mesmo estea en relación co poema Era unha rosa..., non publicado con anterioridade polo seu autor, pero si lido nunha homenaxe a un amigo, pouco antes (en xuño de 1930) da publicación de Vagalumes. Algunhas das estrofas do poema soan deste xeito:
Era un luceiro cal vagalume,
unha luz lene, soave e maina,
que, pouco a pouco, resprandecendo
foi con máis brilo e acesa chama
para algún día ser cal a estrela
que os meus vieiros alumeara.
[...]
Aquel luceiro cal vagalume
ora é facheiro de acesas chamas,
que no máis fondo do meu esprito
pon escentilos de estrela sagra. 316
Noutra ocasión indiquei xa: "O 'vagalume' parece servirlle ó poeta, que pon á luz pública os seus primeiros versos en forma de libro, como símbolo do seu primeiro modesto intento de esclarecerse a si mesmo e ós demais do seu entorno a experiencia misteriosa do vivir humano. Para o poeta acender a pequena luz da poesía é unha necesidade tan fonda como beneficiosa é para si mesmo e para todo lector que saiba 'con-sentir' co poeta a emoción que xorde da expresión poética" 317.
Pola súa parte, Ramón Villar Ponte escribía neste senso, en homenaxe ó recén desaparecido autor de "Vagalumes", o seguinte:
"Morreu un poeta galego e galeguista [...] E aínda que os vermes que teñen de roeren os seus miolos, trocados en vagalumes, non poidan luciren na silandeira e augusta noite galega que adobían os marmurios dos pinos enxebres e o bruar rouco do noso mar [...], os 'Vagalumes', en troque, que Cabada Vázquez soupo crearse como ofrenda perenne á súa patria, serán o testemuño fidel da eisistenza froitífera do poeta mozo, que arrebatado fisicamente pola negra morte de antre nós, vivirá decote á beira dos que somos seus irmáns como chama inestinguíbel e confortadora que non morre nunca" 318.
De maneira semellante ó "vagalume" que, segundo o poema de Cabada Vázquez, se converte en "facheiro de acesas chamas", Villar Ponte considera agora ó poeta mesmo desaparecido como "vagalume" ou "verme de luz" convertido en "chama inestiguíbel". Por certo, a alusión de Villar Ponte ós "vermes que teñen de roeren os seus miolos" está en continuidade co dito polo seu irmán Antón co gallo do pasamento en Pontevedra do gran galeguista e mestre de galeguistas Antón Losada Diéguez en outubro de 1929 319.
Cómpre sinalar que para a edición deste volume de versos Cabada Vázquez contou coa colaboración inestimable do seu amigo e afamado artista gráfico, Camilo Díaz Baliño, quen non só realizou a fermosa portada do libro (que —segundo X. Alonso Montero— "está, ó meu ver, entre as máis fermosas que deseñou quen tanto sabía de cubertas de libros" 320), senón tamén tódalas viñetas e motivos que aparecen ó comezo ou ó final dalgúns dos poemas 321.
¿Como foi recibida a obra poética do poeta de Codeseda?
A alta calidade da súa poesía foi ben destacada por Manuel de Liboria, cando escribe: "Encol da poesía de Vagalumes podería decírese —sen que isto siñifique académico esteticismo hermético— o que Eneas de Venus, por boca de Virxilio: vera incessu patet dea: no xeito de andar ben se deixa ver que é, de certo, unha deusa" 322. Pola súa parte, Aquilino Iglesia Alvariño escribe pouco despois de saír Vagalumes: "Por cualquier aspecto que consideremos este libro, nos revela un gran poeta, un poeta que llega a los repliegues más escondidos del alma, como Rosalía, y sabe evocar la fuerte realidad del ambiente, como Ramón Cabanillas. Un poeta que ya en su primer libro se revela como un valor destacado y pleno, dentro de una fuerte personalidad, también muy destacada. Pocos, muy pocos poetas se presentan con un primer libro tan acabado como 'Vagalumes'" 323.
Otero Pedrayo viu tamén esta duplicidade de fortaleza (Cabanillas) e agarimo íntimo (Rosalía) que xorde da poesía, que atende ó "exterior" e ó "interior", de Vagalumes: "Un libro sinxelo, forte, honrado, franco. Un libro esenzalmente galego, confiado e san como a fala garimosa u xurdia na que están tecída-las estrofas, como o camiño de estrelas e o bater de brancas aas arredor da torre do reló na fermosa portada de Camilo Díaz" 324.
Sánchez y Santa María aludirá a estas dúas ás da poesía de Cabada Vázquez, a suavidade e a impetuosidade das súas estrofas poéticas:
"[...] unas veces, cual el suave batir de la blanda brisa mañanera, que riza y perfuma la superficie esmeralda de las serenas rías gallegas, cuando canta aquella
Galicia,
berce dos meus amores,
xardín de frores,
patrio fogar;
ya rugientes, precipitándose en reto iracundo, a guisa de imponente, violento, impestuoso torbellino que envuelve, funde y subyuga, cuando estalla en su pecho enardecido aquel
¡Ouh celtas escravos, de vinga sedentos,
xa non máis lamentos,
xa non máis chorar;
que rotas xa tedes as fortes cadeas,
e as sagras ideas
podés xa ceibar!" 325.
Por iso Alvaro de las Casas dirá de Vagalumes que é un "libro pleno de emoción" 326, namentres outros falan tamén da "ternura" da súa poesía 327.
En realidade, a poesía de Cabada Vázquez, coma a dos bos poetas galegos, é a expresión consciente dunha terra, suave e forte, na que o espírito xorde como conciencia da mesma natureza que o envolve. Otero Pedrayo soubo expresar belamente esta cualidade da súa poesía:
"Endexamais casaron tan ben o paisaxe e o libro [Vagalumes]. Ó igoal que nunhas horas decorren polo paisaxe sucesiós dos fondos temas da ialma da nosa terra, no libro unha riola de estados de esprito refrexan os interiores hourizontes do poeta, acompasado sempre o xurdir da fonte da súa ispiraceón co agurgullar sonoroso ou maino deitar da vaga ispiraceón do paisaxe e da raza. Pois tratándose da Galiza, ¿quen porá os marcos entre o home e a terra? A concéncea galega, como a chuvia atránteca, de tal xeito amoleceu a esgrevieza das cousas que istas chegaron a revestire semellanzas de concéncia humán" 328.
A poesía do poeta de Codeseda xorde, viva, en contacto inmediato coa natureza, e esa é xustamente a súa beleza e a súa arte, a de non ser "artificial", como salienta Sánchez y Santa María:
"Eso es la poesía de Cabada Vázquez: un arpa eolia que, suspendida en medio de la riente selva gallega, vibra sonora [...] Sólo vibra si la hiere el soplo de las acres brisas marinas de las rías gallegas, el triste lamento de sus hondos valles, campos de esmeralda, por donde se deslizan los ríos plateados de arenas de oro, el blando céfiro de los cotos rumorosos, las febles auras de sus 'searas', la música inefable de sus fontanas, el susurro lloroso de sus florestas en que la adelfa se corona de flores gayas... Su musa campesina del agro celta no sabe del jardín del artificio. Canta la 'alma paz' de la naturaleza que se refleja en ella [...]
¡Ouh, que pracer puro, que devino goce
síntese, escoitando ise falar doce,
no que á i-alma fala toda a Natureza!" 329.
Por esta razón Cabada Vázquez non rexeita nin se arreda, na súa poesía, da vida real e ordinaria, daquela que viven os seus, as mulleres e os homes da terra na que vive. Iglesia Alvariño non deixou de insistir amplamente neste aspecto da poesía de Vagalumes:
"En sus versos, de noble porte tradicional, palpita la emoción ingénita de las cosas íntimas, de las cosas de todos los días. No precisa el poeta para llenar de emotividad los bellos moldes de sus rimas, recurrir a abstracciones idealistas y equilibrios de pensamiento. Su musa está lejos de todo conceptismo. Es sencilla y llana como una linda campesina gallega que canta, al caer de la tarde, las alegrías y tristezas de su hogar. Cabada Vázquez, como Goethe, y con más razón que el altísimo poeta alemán, pudiera decir que canta como canta el pájaro que vive en la enramada. Porque este poeta no es de los que se crean para sí un mundo ideal —de espíritus feéricos, como el de los clásicos, o de almas atormentadas, como la de los románticos del siglo XIX— para cantarlo, luego, sin haberlo vivido. Muy al contrario, José M. Cabada Vázquez vive el mundo que canta, su vida corriente y vulgar, como la de cualquier hombre de espíritu culto y refinado. Pero como es un poeta, y un grande poeta, sabe sentir y amar esa vida, sabe embellecerla y llenarla de emoción, y sabe, finalmente, verter la quintaesencia de esa emoción en la delicada copa de sus rimas, que libamos con placer todos los que tenemos hecho el paladar al zumo agridulce de la vieja parra de familia" 330.
Xustamente porque o poeta de Codeseda expresa e canta na súa poesía a vida, e esta é, na súa complexidade, variada, afectada unhas veces pola ledicia e outras pola traxedia ou a sorpresa, pódese dicir 331 que Vagalumes é un verdadeiro repertorio da variedade das experiencias vitais que afectaron a Cabada Vázquez e con el a unha determinada cultura, a rural galega: vida e morte, tristura e ledicia, traballo e festa, amor e relixiosidade, etc. 332. Pero case por enriba de todo isto, a poesía de Cabada Vázquez, como quizais toda poesía auténtica, é a expresión dunha experiencia humana que se podería denominar trascendental, e neste senso posiblemente universal: a experiencia humana do tempo, do tempo que foi (pero que segue presente no espírito), do tempo que é, e do tempo que será (que pode ser ou que debería ser).
Na devandita reseña de Vagalumes de Hipólito de Sá fixera xa este un intento de agrupamento dos poemas publicados nel, xuntando nun primeiro grupo os poemas de carácter nostálxico (na liña dos poemas máis típicos de Rosalía de Castro), nun segundo grupo os de tendencia ó misterioso ou escondido (en relación co costumismo galego, como no caso de Curros, Lamas Carvajal, Cabanillas, Pondal, Brañas, etc.) e un derradeiro grupo, que viña sendo unha mestura dos dous anteriores.
Coido, pola miña parte, sen embargo, que sería máis axeitada unha clasificación dos poemas segundo a devandita diversa e paradóxica, e con todo unitaria, vivencia poética do tempo pasado, presente e futuro.
Á vivencia do tempo pasado (en forma de lembranza apaixoada da terra ou do amor lonxanos, da idade infantil, da morte dos máis queridos, etc.) pertence unha boa parte de poemas. Non se debe esquecer que a "Adicatoria" de Vagalumes é "ás somas ben-amadas de Emiliña e Dora —fontes da miña inspiración— ", irmá e curmá, respectivamente, do poeta desaparecidas en plena xuventude 333. Cara ó final mesmo de Vagalumes o poeta falará aínda da "Dor" como orixe da súa inspiración poética:
Na gaiola do meu peito
ten seu niño un reiseñor,
que, a sofrir penas afeito,
canta as feridas da Dor.
Foi alegre en tempos idos,
mais nunca soupo cantar
hastra que os dores buídos
o chegaron a magoar.
O reiseñor é meu estro,
na cencia da Dor maestro,
que meus versos inspirou;
que a doce malenconía,
desque fuxeu a alegría,
no meu peitiño aniñou. 334
Poemas que expresan esta vivencia do tempo pasado e da dor serían, por exemplo, Ofrenda de amor, Meu dor, O espello, Sospiros de emigrado, As miñas canas, Bágoas, Nai, ¡¡Irmanciña!!, Morriña, Mágoas, ¿Non te lembras?, Soños, Brétema, Lembranza lírica, Miña lúa aluarada, A un mal, outro pior, A fonte das meigas, Sobre a fenestra, etc.
Outro xénero de poemas están máis en relación coa vivencia do tempo presente, porque así como nos primeiros tiña máis peso vivencial a saudade ou a dor espiritual, nestes outros faise dono do poeta a ledicia, a fermosura do vivir e do amor, a bela paisaxe, a festa, etc. Este é o talante de poemas como Festa en San-Iago, Na fala meiga, A Galicia, O merlo, Acoarela, Maruxa, Tríptico, Lírica, Paisaxe do lusco e fusco, Ruada, ¡Inda o diaño!, Nadal, Anceios, Era unha rosa, Nosa Señora da Grela, Eu teño un paxariño, Hoxe houbo festa no ceo, Son o mesmo, ¡Galego!, etc. 335.
Finalmente, un terceiro grupo de poemas é expresión dunha vivencia dinámica do tempo futuro, na liña dunha reivindicación política e social, referida a Galicia como unidade envolvente dunha cultura concreta e, no seo da mesma, a un grupo social de forte presencia no país galego, ós sufridos labregos 336. Son poemas que expresan anceios, esperanzas arelantes e esixentes dun tempo mellor, como A loitar, Sursum... Corda!, No día de Galicia, Berros de loita, Primaveira, Alborada, etc.
Este ordenamento temático dos poemas segundo a vivencia, que podería denominarse "tripartita", do tempo non deixa de ser de tódolos xeitos algo artificial, porque poucos poemas están ceibes de elementos que os poden emparentar tamén cos dos outros dous grupos. A mestura de elementos destas tres vivencias do tempo pode notarse, en calquera caso, con claridade nun dos poemas máis emotivos e coñecidos de Cabada Vázquez; e poida que esa mestura das tres vivencias temporais xunto co fondo e íntimo diálogo entre o poeta, que vive no tempo (que foi, que é e que será), e o "piñeiro", que vén sendo un símbolo da eternidade (que está máis alá do tempo), sexa unha das claves da emoción literaria que fai xurdir no lector. Refírome ó poema ¡Salve, irmán piñeiro!, piñeiro (físico) que nun tempo puiden aínda ollar 337 ata que o fero machado o fixo caer, pero que como símbolo extratemporal segue sempre vivo no espírito e se fai presente, por iso, a todo lector. Verbo deste poema escribiu, por certo, Álvaro de las Casas, na súa Antología de poetas gallegos (1939) que "es tan notable como 'El pino de Formentor' de Costa y Llovera" 338.
Os poemas de Cabada Vázquez son, en conformidade coa súa variedade temática, variados tamén nas súas formas expresivas e por iso pode dicir Manuel de Liboria que os poemas que integran Vagalumes "abranguen dende o enxebremente lírico ate as composicións mistas" 339.
Por outra parte, os estudios realizados polo poeta na Universidade Pontificia de Santiago deixaron nel unha marcada impronta clásica e humanista, que é doado percibir claramente nos seus poemas. Como sinala aquí mesmo Manuel de Liboria, "o autor de Vagalumes soupo deixar impreso niste libro o calco de súa persoalidade, robustecida cunha forte formación humanística" 340. De modo que M. González R. pode dicir tamén con razón que Cabada Vázquez "a su lirismo céltico unió la brillantez literaria de los hijos del Lacio" 341.
No que se refire á súa linguaxe, hai xeral acordo en recoñecerlle ó poeta de Codeseda a propiedade e dominio con que sabe utiliza-la lingua galega, tanto a culta como a coloquial. Pouco despois de se editar Vagalumes, fala, en efecto, xa Filgueira da "súa forte e xusta expresión, da riqueza do seu léxico" 342. Pola súa parte, Eladio Rodríguez González (1864-1949), que foi membro numerario fundador da Real Academia Galega, autor dos tres tomos do coñecido Diccionario Enciclopédico gallego-castellano (publicado póstumamente) e que sabía el mesmo utilizar con excelente dominio o galego, adicoulle o seu poemario Oracións campesiñas (1927) ó poeta de Codeseda con estas palabras: "Pra Xosé M. Cabada, poeta galego de gran inspiración e de verdadeiro conocemento do idioma. Con moita ademiración e simpatía" 343. É tamén significativa a louvanza que do seu dominio da lingua galega fai o "Heraldo de Galicia", nada máis espallarse a nova do falecemento do poeta, ó dicir verbo del que é un "conocedor profundo de la lengua gallega, que escribió con el dominio y soltura de los mejores autores consagrados" 344. Neste senso, na súa introducción á reedición de Vagalumes poderá afirmar así mesmo Alonso Montero que Cabada Vázquez "como poeta na nosa lingua escribe desde dentro do galego, o que non é moi frecuente" e que por iso a súa lingua é "viva, rica e de forte acento natal, auténtico, por tanto" 345.
Dada a variedade de formas e temáticas poéticas do poeta de Codeseda, foi este de feito relacionado con figuras sobresaíntes da poesía galega e portuguesa.
Xa indiquei a relación que establece Iglesia Vilariño entre a poesía de Vagalumes e a de Rosalía e Cabanillas. En canto á relación literaria e ideolóxica, por outra parte, con este último ou tamén con Curros recórdese o xa dito sobre isto en páxinas anteriores.
Outros comentadores falan da seu parentesco poético con Eduardo Pondal, como Álvaro de las Casas, cando indica que o canto dos piñeiros é tanto no poeta de Ponteceso como en Cabada Vázquez "obsesión" 346; ou como Otero Pedrayo ó aludir ó contraste entre o "numen pondaliano" de Cabada Vázquez e a "íntima musa filosófica" de Roberto Blanco Torres 347. Neste senso califica tamén Lanza Álvarez a Vagalumes como "libro de traza pondaliana" 348. De feito na biblioteca de Cabada Vázquez atópanse tanto a decisiva obra pondaliana Queixumes dos pinos, na súa primeira edición de 1886, como unha Escolma das súas poesías.
Por outro lado, Filgueira Valverde alude, respecto de Vagalumes, ó "entronque da súa tónica poética con Lamas Carvajal" 349, a quen o poeta de Codeseda chama nalgunha ocasión "nuestro Homero" 350. Alonso Montero salientou esta relación literaria co poeta ourensán: "En Vagalumes está moi presente a musa campesina, non só a que denuncia senón tamén a que se deleita coa paisaxe e con certos aspectos do existir rural. Como na obra poética de Lamas Carvajal, á que non foi alleo" 351.
En canto á súa relación coa poética portuguesa, foi tamén Filgueira Valverde quen falou do parentesco literario de Cabada Vázquez "con Guerra Junqueiro, o dos 'Simples', craro está" 352. E, certamente, hai que recoñecer que a fermosa obra poética Os simples, na que o poeta portugués amosa o seu fondo aprecio polos "simples", a velliña, o pastor, etc., ten un innegable aire de familia con moitos poemas de Cabada Vázquez. De feito, Os simples —en edición portuguesa do ano 1924— non só figura na biblioteca de Cabada Vázquez, senón que este cita algúns dos seus versos no propio Vagalumes 353. Pola súa parte, Fraguas fala tamén da semellanza da poesía de Cabada Vázquez coa do cantor portugués da saudade, Teixeira de Pascoaes: "Sempre que leo esta adicatoria lembro —comenta A. Fraguas— ó poeta Teixeira de Pascoaes" 354. Non convén esquecer, a este respecto, o xa indicado de que Cabada Vázquez, debido ó seu aprecio e coñecemento da literatura e historia do país veciño, chegou a pertencer desde o ano 1933 ó "Instituto Histórico do Minho", con sede no norte de Portugal, como membro do mesmo.
Todos estes influxos poéticos sobre a obra literaria de Cabada Vázquez son ben posibles, dado o amplo coñecemento de que o poeta de Codeseda dispoñía verbo da literatura poética da súa época e de épocas anteriores, tal como se deduce da abonda e variada presencia de obras poéticas na súa biblioteca 355. El comprendíase a si mesmo, por outra parte, en continuidade precisamente con esta rica tradición literaria e, especialmente, galega. Neste senso e contexto poden lerse versos seus como estes:
...
Galego falaron os donos da rima:
Rosalía, Curros, Añón e Pondal,
e así do Parnaso chegaron á cima,
e así conqueriron renome inmortal.
... 356
...
Falarvos hoxe quero na léngoa dos Chariños,
dos Pontes, Airas Núñez e Alfonso, o sabio rei;
Feixóo, Sarmiento, Andrade, Cernadas e os Camiños,
Macías, Martín Códax, Rodríguez e Camoens.
Na léngoa en que nos falan "As musas das aldeas",
os "Aires da terriña" e "A Virxe do Cristal";
na que, eisilado, Añón chorou bágoas a cheas,
e ós pinos rumorosos oeu queixar Pondal.
Na fala melosiña da excelsa Rosalía,
que en "Follas Novas" quixo a i-alma nos deixar;
... 357
Algúns dos poemas presentes en Vagalumes foron dados a coñecer posteriormente por medio de escolmas da poesía galega. A primeira que recolle poemas de Cabada Vázquez é a Antología de poetas gallegos de Álvaro de las Casas, publicada en Bos Aires en 1939. Nela figuran somentes os poemas O merlo e A tarde vaise. Case vinte anos despois aparece o volume III da Escolma de poesía galega de F. Fernández del Riego, onde se recollen, por esta orde, os poemas A tarde vaise, Acoarela, Mágoas, Soños, Eu teño un paxariño. Posteriormente, na súa Antoloxía de poesía galega recollerá o mesmo Fernández del Riego somentes os tres primeiros dos poemas anteriormente seleccionados na súa Escolma 358. Como se ve, A tarde vaise é o único poema que foi recollido nas tres escolmas.
Pódese dicir, polo demais, que, tamén a nivel popular e local, os poemas de Cabada Vázquez foron dados a coñecer, tanto antes como despois da publicación de Vagalumes, ó público en xeral co gallo sobre todo das denominadas "Festas Escolares". Así, por exemplo, na Festa Escolar de Tabeirós do domingo 17 de xullo de 1927, no que se recitaron poemas de Rosalía, Lamas Carvajal, Cabanillas, etc., a nena Argentina López recitou tamén o poema Unha noite (non recolleito en Vagalumes) 359. Dous anos despois da publicación de Vagalumes, nunha celebración semellante da Festa Escolar de Tabeirós do día 30 de xullo de 1933, recitou Gumersindo Suárez ante "numerosísimo público" o poema O espello de Cabada Vázquez 360, poema este que recitaría así mesmo Josefa Reimóndez Brey na Festa Escolar de San Miguel de Castro un ano despois, xunto (aquí tamén) co poema A fonte das meigas, recitado por Matilde Mosquera 361.
Respecto do lugar que ocupa Cabada Vázquez nas correntes poéticas da época, é preciso facer alusión á cuestión (ben perfilada xa e esquematicamente abordada por Alonso Montero 362) da súa relación cos novos estilos poéticos da primeira parte do século XX.
O feito é que A. Couceiro Freijomil, no seu Diccionario bio-bibliográfico de escritores (1951), indica respecto da poesía de Vagalumes que son "versos de temática decimonónica" 363. Seguidamente, na anteriormente mencionada Escolma de poesía galega (1957) de Fernández del Riego, chega este a incluír, de maneira á primeira vista polo menos desconcertante 364, a Cabada Vázquez no volume III da súa Escolma, que leva como título "O século XIX", reiterando alí mesmo acerca de Vagalumes (do que se recollen os cinco poemas xa mencionados) case as mesmas palabras que escribira Couceiro Freijomil seis anos antes, ó dicir Fernández del Riego que Vagalumes é "de feitío tipicamente dazanovesco" 365. O mesmo autor repetirá estas mesmas palabras na súa posterior Antoloxía de 1980 366, engadindo aínda ó final do terceiro poema recolleito nesta escolma: "Esta composición, como as precedentes, inxírense curiosamente na tradición do dezanove" 367. En realidade, estas palabras veñen a ser case o mesmo que escribe Carballo Calero, na súa voluminosa e influínte Historia de literatura galega contemporánea, ó se referir de maneira moi breve a Cabada Vázquez dicindo que Vagalumes está "curiosamente inserto na tradición do XIX" 368.
Cando se fala de poética decimonónica (na que os mencionados autores inclúen a Vagalumes) faise referencia a un tipo de poesía de talante tradicional, na liña dos grandes poetas galegos do século XIX (Rosalía, Pondal, Curros, etc.), nos que predomina un determinado tipo de realismo costumista, temática rural, etc. Fronte a ela unha nova corrente poética, que colle forzas a comezos do século XX, aposta decididamente por unha renovación temática e formal da poesía, que se converte neste senso en vangardista, facéndose eco de correntes como o ultraísmo, o creacionismo, surrealismo, etc. Seguindo as consignas literarias de Vicente Huidobro (1893-1948), a poesía debe ser agora sobre todo "creadora", creando novas realidades, máis alá da natureza, coa liberdade da linguaxe e das imaxes por ela elaboradas. Carballo Calero denomina, no ámbito da poesía galega, ós poetas pertencentes a esta novo estilo poético "novecentistas":
"En liñas xerais, os 'novecentistas' serían os 'vangardistas'; mais preferimos a primeira denominación, máis neutra, porque non todos avantaron tanto na súa estética que ficaran marcados polo futurismo, o cubismo, o creacionismo, o ultraísmo ou o suprarrealismo. Novencentismo, postmodernismo, vangardismo son notas comúns a moitos, ben que non a todos. O que lles é común é ter nado arredor de 1900" 369.
"Novecentistas" serían neste senso, segundo a denominación de Carballo Calero, poetas como Manuel Antonio, Amado Carballo, Augusto Mª Casas 370, etc.
A actitude do poeta de Codeseda (nado no 1901, pertencente en principio, polo tanto, por idade ós "novecentistas") fronte a estas novas correntes poéticas foi máis ben cautelosa. Por iso Álvaro de las Casas, no ano 1928 (cando Vagalumes aínda non fora publicado, pero os poemas de Cabada Vázquez eran xa suficientemente coñecidos), coloca a este, entre os variados grupos da súa persoal clasificación, non no grupo dos que el denomina "futuristas" ("dignos de figurar en los más altos puestos de las más escogidas vanguardias"), tales como son para el Amado Carballo, Manuel Antonio, Augusto Mª Casas, etc., senón no grupo dos "galleguistas, que exaltan las virtudes de la raza y se ocupan especialmente en cantar la gesta heroica de los antepasados" 371. Por outra parte, pouco despois do pasamento do poeta estradense dicía xa o vasco X. Echave-Sustaeta verbo da poesía do seu amigo galego: "No le acucia la desalentada fiebre de novedad" 372.
En realidade, Cabada Vázquez recibira na Universidade Pontificia de Santiago unha formación humanística e clásica demasiado fonda e ampla coma para ser esquecida e superada por determinadas novas correntes poéticas nas que primaba, en certo modo, sobre o contido mesmo das experiencias humanas fundamentais a liberdade e a novedade da forma poética en si mesma. Neste senso parece pertinente e axeitada a visión do poeta e erudito literario F. Rey Romero sobre a poesía de Cabada Vázquez en relación coa inclusión por parte de Fernández del Riego de Vagalumes no ámbito poético do século XIX:
"Pertenece Cabada Vázquez a esa larga y brillante nómina de poetas que recibieron su formación en nuestros seminarios, desde Francisco Añón a Díaz Castro [...] El contacto con la Latinidad clásica imprime carácter a todos ellos, una suerte que los inmuniza contra modas pasajeras y periclitantes. La inclusión de nuestro poeta entre los del siglo XIX, que el agudo sentido crítico de Francisco Fernández del Riego le asigna en el volumen III de la 'Escolma de poesía galega', pudiera parecer a primera vista dislocado y anacrónico; mas no lo es realmente, analizado 'Vagalumes'. En metros tradicionales y con un sistema metafórico e imaginístico diecinovesco, con un léxico pangalaico, entreverado aquí y allí de una que otra forma dialectal, se alza la estructura de las composiciones que integran el libro [...]" 373.
Coido que, en liña co dito aquí por Rey Romero (que pola súa parte amosa sempre un grande aprecio pola poesía de Cabada Vázquez), este talante "tradicional" da poesía do poeta estradense non hai que velo como unha tacha ou defecto da súa poesía, senón como unha opción persoal do poeta Cabada Vázquez, experimentador e sentidor de fondo da vida humana, que considera que é máis importante comunicar poeticamente de maneira inmediata e directa a experiencia e a emoción e sentimento poéticos que facer que o lector se deixe entreter, de modo meramente estético, coa pura forma poética. En realidade, o valor e a verdadeira "novidade" da "vella" poesía de Cabada Vázquez foi xa ben percibida por A. Iglesia Alvariño, na súa reseña de Vagalumes, pouco despois da publicación desta obra, cando indica que "Cabada Vázquez es un joven poeta de inspiración fácil y natural que, sin pertenecer a la nueva escuela, es tan nuevo como el que más; tan nuevo como el arte, que no envejece" 374.
En relación con isto, atopei entre os papeis da biblioteca de Cabada Vázquez un significativo manuscrito, que parece amosar, indirectamente polo menos, a súa desconfianza contra os excesos das novas formas e modas poéticas. Trátase dunha copia, coidadosamente manuscrita, do longo e rítmico poema de Carlos Luis de Cuenca (1849-1927), titulado Ultrafuturismo, no que o poeta fai unha aguda e festiva sátira dos "ismos" literarios de moda. Velaquí os primeiros versos do poema, do que Cabada Vázquez fixo copia moi precisa, indicando só ó final: "Por las copias: J. Lamenú" (o pseudónimo habitual do poeta de Codeseda):
¡Hagamos añicos las antologías!
de los aborígenes hasta nuestros días;
cuantos en el mundo cantaron poesías
no trovaron nunca más que tonterías.
Versos sin detalles y sin calorías,
notas sordas, frías,
silentes, sombrías
sin timbre vibrátil en las armonías.
¡Tan solo en mis versos hay eucaristías!
¡Yo soy el Mesías!
Yo soy el maestro,
porque yo demuestro
que en el tiempo nuestro
soy de puro diestro:
¡¡¡el astro del estro!!!
¿Por qué? Porque extirpo todo clasicismo
y romanticismo,
y aun el modernismo,
y hasta el futurismo.
Mi madre es la Nada: mi padre el Abismo
por eso yo mismo
tengo que expedirme la fe de bautismo.
¡¡Soy el superhombre y el superartista
supereminente por la gran conquista
del numen poético "ultrafuturista"!!
¡¡Decid francamente si hay quién me resista!!
¡Nadie! A todos venzo. Soy el soberano
y el canon artístico lo traza mi mano.
¡Cada rasgo mío es un meridiano!
y hago mi falsilla con los paralelos,
y mi ortografía la cojo en los Cielos;
y al trazar mis versos sobre la laguna,
el sol es el punto, la coma la luna,
y con las estrellas de rayos más vivos
pongo en mis estrofas puntos suspensivos.
¡Esmaltan mis frases lumbres de diamantes,
encima, debajo, detrás y delante
y en torno el ambiente se enciende y se anima!
¡detrás y delante, debajo y encima!
¿Quién hizo otro tanto del ritmo y la rima?;
¡Oh, seres yacentes en el antro obscuro
de la vieja Estética! ¡Venid, yo os auguro
porvenir excelso por el arte puro;
yo, que he descubierto el rumbo seguro
que lleva a las cimas del plusquanfuturo!
[...]
O feito da coidadosa realización desta copia parece indicar que non é descamiñada a sospeita de que o poeta de Codeseda se identificase, en maior ou menor medida, coa crítica satírica, realizada polo prolífico poeta madrileño ó longo do seu poema, ós excesos estilísticos das novas correntes literarias.
Cómpre salientar, sen embargo, por outro lado, que Cabada Vázquez semella estar ben ó tanto das novas correntes literarias. En relación coa corrente "modernista", na biblioteca do poeta figuran dez obras de Rubén Darío (1867-1916), iniciador e alma do movemento literario modernista 375, como tamén as obras poéticas Castalia Bárbara e Los sueños son vida do importante poeta modernista Ricardo Jaime Freyre (1868-1933) 376. Significativo é, en calquera caso, o número de obras existentes na súa biblioteca (quince en total) do modernista Francisco Villaespesa (1877-1936) 377.
Respecto da corrente vangardista, a dos "novecentistas" (na formulación de Carballo Calero), só un par de datos en relación con Manuel Antonio (Pérez Sánchez), Xosé Roxelio Otero Espasandín e Luís Amado Carballo, nados os tres en 1900 ou 1901 (estrictamente, pois, coétaneos do poeta de Codeseda) e claramente afiliados ó vangardismo poético. Pois ben, hai que sinalar que no período (desde o verán de 1923 ata outono do 1927) no que está ausente da Universidade Pontificia de Santiago, Cabada Vázquez entra de feito en contacto coa estética literaria dos tres poetas. En efecto, entre os papeis da súa biblioteca atópanse numerosos recortes de xornais (especialmente do xornal "Galicia" de Vigo) con poemas dos tres poetas sinalados. De poemas de Otero Espasandín (nado, polo demais, nunha parroquia do veciño concello de Cerdedo, cercana ó lugar de nacemento de Cabada Vázquez) atópanse, ademais, numerosos recortes de poemas tomados do xornal "Faro de Vigo" (da súa "Página Literaria"). De Amado Carballo figuran, por outra parte, na biblioteca de Cabada Vázquez o poemario Proel e o breve escrito en prosa Maliaxe.
Todo isto vén a demostrar o seu interese polos novos modos de facer poesía e, aínda que se mantén ata a publicación de Vagalumes fundamentalmente na súa liña propia tradicional, non están totalmente ausentes deste poemario determinados recursos literarios típicos das novas correntes poéticas. Por iso Alonso Montero indica con razón que Vagalumes "contén, aquí e acolá, poemas ou pasaxes que pertencen á estética do noso século", como ocorre, por exemplo, nos poemas, recollidos en Vagalumes, Paisaxe do lusco e fusco ou Ofrenda de amor. Estes son as pasaxes sinaladas por Alonso Montero:
Detrás dos outos penedos
érse a lúa aluarada,
inqueda, lanzal, altiva,
rindo tola ás gargalladas.
(Do poema Paisaxe do lusco e fusco)
"No cimiterio de Pontevedra, na-
mentras esmorece a tarde e, cabo
a unha cruz de pau, encravada na
removida terra, unha nai enloitada
reza unha ourazón de bágoas,
que ó caír no chan trócanse en pétalos
de rosas..."
(Texto en prosa ó final do poema Ofrenda de amor)
Hai que sinalar que a primeira publicación destes poemas coincide curiosamente coa época (entre 1923 e 1927) na que o poeta toma precisamente coñecemento directo dos poetas vangardistas mencionados 378. Non é nada estraño por iso que Alonso Montero vexa concretamente nas pasaxes sinaladas semellanzas literarias coa prosa e poética de Amado Carballo 379.
Agora ben, o dito ata aquí fai referencia ós poemas publicados en Vagalumes. ¿Que ocorre cos que Cabada Vázquez redactará ou publicará despois? Nos cinco anos que lle restan de vida o poeta non abandonará a súa actividade poética. Ata este intre teño constancia duns catorce poemas (publicados ou non) novos, é dicir, posteriores a Vagalumes. Certamente non son moitos, pero semella que os acontecementos políticos xerais (nos que Cabada Vázquez toma parte activa de maneira especial desde 1931) xunto coa múltiple actividade profesional (docente e xestora) e os problemas persoais que de todo isto se derivaron puideron contribuír a unha relativa ralentización da súa actividade literaria. Sobre todo se se ten en conta que (como xa indiquei) tivo que residir fóra de Galicia (en Castilla e Andalucía) a metade do tempo que lle restou de vida, debido ás improcedentes manipulacións en relación coa súa solicitude de permanencia como profesor de bacharelato en Galicia. Importante, en calquera caso, é salienta-lo feito de que a meirande parte dos poemas saídos da pluma do poeta nestes anos parecen agora amosar unha recepción máis decidida da nova estética poética, imaxinista, por conseguinte. Alonso Montero fixo xa alusión á "clara modernidade" (á parte da súa excelente calidade) dalgúns destes poemas, que deste modo "contribúen a destruí-la imaxe decimonónica que gravita sobre a súa condición de poeta" 380. As miñas propias pesquisas acadaron aínda localizar dous poemas máis (posteriores a Vagalumes), que amosan, ó meu ver, a modernidade dos mesmos. Velaquí o texto de ámbolos dous:
Pantasía nupcial
A lúa tece na noite,
coas suas brancas raioliñas,
o albo veo nupcial
que ha lucir a noiva miña.
*
Os luceiros son as lámpadas
que a mañán da nosa voda
han de arder didiante o altar
no instante da ceremonia.
*
Denantes que o crego-Sol
nos diga a misa de vela,
disparará o fogueteiro
unha alba chuvia de estrelas.
*
E hemos de ir no setestrelo
de viaxe de noivado,
ademirando as belezas
do camiño de Santiago.
*
E ó finda-lo recorrido,
será o noso arco trunfal
a xoiante craridade
dunha aurora boreal. 381
Soñei contigo
Pra Maruxiña Montemar
Soñei contigo esta noite;
meniña, non teñas medo.
A lúa ía peneirando
foulas de luz polo ceo.
O mar era unha resteva
sementada de vieiros.
Dentro de min alentaba
o esforzado mariñeiro:
a nao belida eras ti
e eran meus brazos os remos.
A lúa ía peneirando
foulas de luz polo ceo.
Naufraguei na inmensidade,
apouvigado dos ventos.
Baixo as pingotas de luces
que orballaban os luceiros,
a nao ía mariñando
polo ronsel do misterio.
Soñei contigo esta noite;
meniña, non teñas medo.
De súpeto, no horizonte
o faro da espranza aceso,
a tecer e destecer
unha rede de vieiros,
abalou meu curazón,
que ía na proa senlleiro.
A lúa ía peneirando
foulas de luz polo ceo.
No lonxe, o porto arelado
lucía bicos e acenos;
relanzo do meu esprito,
acougo dos meus desexos.
A nao fuxía, embalada
polo batuxar dos remos,
namentras tremelucía
unha canción nos meus beizos...
Soñei contigo esta noite;
meniña, non teñas medo.
A lúa ía peneirando
foulas de luz polo ceo... 382
Como se ve, existe sen dúbida no poeta de Codeseda unha clara evolución na súa poesía desde as formas máis tradicionais da meirande parte dos poemas presentes en Vagalumes deica a paulatina introducción das novas formas poéticas, que son xa predominantes na súa última época. Por iso Antón Villar Ponte, ó escribir en xuño de 1934 (cando o poeta de Codeseda dera xa mostras da "modernidade" dos seus novos poemas) sobre a nova lírica galega, pode xa enumerar con razón explicitamente a Cabada Vázquez entre os poetas que camiñan polo viero aberto por Manuel Antonio e Amado Carballo: "Ya abierto el camino, otros poetas avanzan con la fina estrella 'd'avant-garde' en la frente. Y en los vitrales de las librerías sonríen al público transeúnte libros de Montes, de Cunqueiro, de Acuña, de Bouza, de Sigüenza, de Otero Espasandín, Augusto M. Casas, de Blanco Amor, de Cabada y tantos otros. Libros de versos nuevos que ponen nuestra poesía a la altura de la mayor de España" 383.

XI. Promoción cultural, educativa e galeguista
No contexto biográfico de Xosé Manuel Cabada Vázquez é importante salientar, sen embargo, que este non se enclaustrou na actividade meramente literaria (poética) senón que, máis alá da relevancia que como poeta puidese ter, exerceu unha actuación extra-poética e decidida a prol da cultura, entendida esta no senso amplo de promoción social dos saberes, pero cunha especial atención, inicialmente alomenos, ó ámbito galego e popular. Hai constancia especial deste tipo de actividade no tempo da súa ausencia de Santiago (entre o verán de 1923 e o outono de 1927). Farei só algunhas referencias.
A súa actuación é case sempre en unión e relación de amizade con M. García Barros (Ken Keirades). É este quen fai, por exemplo, unha reportaxe da actuación de ámbolos dous en conxunción con xoves artistas estradenses no Salón Novedades da Estrada, na noite do sábado 11 de decembro de 1926. Trátase dunha velada artística a prol dos damnificados de Cuba, é dicir, dos prexudicados polo ciclón que afectara pouco tempo antes á illa de Cuba, ou —en palabras de Cabada Vázquez— "en pro dos apouvigados con xenreira teimosa na isla de Cuba polo ciclón do vinte do derradeiro outono" 384. Velaquí algúns dos datos acerca desta velada, ofrecidos por García Barros:
"Nueve y media de la noche. Salón Novedades. Ni una platea ni una butaca vacía [...] ¡Y que no se ha elegido una obra fácil! Nada menos que El Filón de Muñoz Seca [...].
Arrimado el ojo a la juntura, se ve el Salón rebosante. Todo lo más saliente, lo más selecto, lo más granado de la villa y también del distrito está allí presente [...].
Entro en la concha. Voy a hacer de apuntador en un apropósito que comencé a escribir por puro compromiso y que terminé con cierto cariño a los tres días [...] 'Carta da Habana' se titula [...]. Calurosos aplausos premiaron la labor de los niños. Buenamente creo que bien se los merecieron.
Y llega para mí el apuro de la noche. Tengo que presentar a Cabada Vázquez, el poeta enxebre que canta pé das frondas de la verde tierra nativa. El se empeña y no desiste. Bueno soy yo para enfrentarme con el público. Sacudo al fin mi aturdimiento y digo unas palabras en mi idioma ¡cosa rara! Tal vez dijese algo, puesto que me aplauden. Cualquier otro pudiera ser aplaudido sólo por simpatía. Yo no. A mí, por simpatía no se me aplaude. Entre otras razones porque ¡no hay por qué!
Se adelanta Cabada Vázquez, correcto, natural y sereno, sin afectaciones ni sensiblerías. Lee o recita admirablemente poesías de Lamas Carvajal, Curros, Rosalía y propias. Débiles aplausos al principio. Parece que sobre las cabezas flota la incomprensión. No me extraña, si bien siento que me invade una inquietud desesperante. Al leer la primera de las propias, cuyo título he perdido, se va calentando el ambiente y, al fin, Cabada Vázquez recoge nutridos y bien ganados aplausos.
Bien hace Cabada Vázquez al hacer lo que hace. El público no sabe leer, aunque otra cosa parezca. Y así, se le enseña. No se extrañe lo que digo: En los centros docentes de una y otra clase la lectura es lo más desatendido. Era yo maestro, y para saber leer tuve que oír, primero, a D. Laurentino Espinosa y, luego, a Losada Diéguez, allá cuando aún no era catedrático. Por lo tanto, Cabada Vázquez practica la obra de misericordia de instruir deleitando" 385.
Moitos anos despois, no outono de 1962, García Barros lembrarase aínda desta súa presentación do poeta de Codeseda. O texto que seguidamente transcribo é un bo e simpático complemento en galego da súa crónica en castelán do ano 1926:
"Nunha velada que houbo no salón Novedades, único teatro que tiñamos daquela na vila, non podo recordar con que motivo, Cabada Vázquez interviu nela lendo algunhas poesías e empeñouse alí mesmo, entre bastidores, en que tiña eu que apresentalo.
Eu tratei de resistirme aducindo que tería que buscar antes quen me apresentase a min. E, ademais, que non vía, non sabía de que maneira o había de facer. Pero il entencou:
- Pois, apreséntame coma poeta conoscido xa por ahí adiante, sobor todo nas Américas, onde as miñas composicións son celebradas, etc., etc.
E nisto, toca o timbre, dá en sobir o telón e houbo que avanzar hastrás candilexas.
Cando Otero Abelleira fixo no 'Emigrado' a reseña do auto, dixo que non se sabía cal iba máis medoñento, se o apresentado ou o apresentante. Eu fixen, como soie decirse, das tripas corazón, e dixen sin ningunha crase de arrogancia:
- Respetado púbrico: Teño o grande honor de apresentarvos ó poeta Xosé Manoel Cabada Vázquez, que todos xa conoscedes máis ou menos. Un gran poeta cuias composicións son moi celebradas, non soio por eiquí senón tamén polas Américas, pois hastra alá chegan. Pero Cabada Vázquez ten ademais a virtude da modestia, pois, nistes casos de apresentacións, os que van a sere apresentados, todos precuran o selo por alguén, e iste que aquí vedes aveuse a selo por ninguén.
Non estou xa seguro de se houbo aprausos, pero do que estou é de que non se ouviron asobíos, que era ó que eu lle tiña medo. Fixen unha reverencia e retireime.
Recordo que comezou lendo o 'Noiturnio' de Curros, logo outras poesías do mesmo, e de Rosalía, alternando coas súas propias" 386.
Unha das poesías propias que alí leu o xove poeta foi ¡Salve, irmán piñeiro!, da que se di no "El Emigrado", algúns meses máis tarde, que foi "una de las que más gustó del recital del mismo en el Salón Novedades cuando las veladas a beneficio de Cuba" 387. Por outra parte, no xornal vigués "El Pueblo Gallego" dise que nesta velada estradense o poeta de Codeseda foi "frenéticamente aplaudido" 388.
Dado o éxito acadado nesta primeira velada, decídese a repetición da mesma cinco días despois, na noite do xoves, día 16 de decembro. Segundo informa García Barros, "hubo una concurrencia muy nutrida" e o éxito foi tamén grande. Respecto da actuación do poeta de Codeseda indica García Barros: "Cabada Vázquez recitó hermosas poesías con más entusiasmo, con más dominio, si cabe, que la otra vez, cosechando aplausos estruendosos" 389.
Quince días despois, no día de fin de ano, repetirase en Lalín a velada estradense, coa diferencia unicamente de que esta vez o apropósito de García Barros non sería representado. A crónica desta velada no veciño concello foi redactada (en castelán) para "El Emigrado" por Cabada Vázquez, que asina no xornal coas iniciais J. L. do pseudónimo J. Lamenú 390. O poeta de Codeseda foi presentado aquí por un xove de Lalín que fixo —segundo a información do mesmo poeta presentado— "una originalísima presentación". Cabada Vázquez —segundo a información do propio poeta— "recita composiciones propias, preludiadas por unas palabras en el lenguaje meigo". O mesmo Cabada Vázquez encargarase de presentar seguidamente ós artistas estradenses que representarían a continuación a obra El Filón de Muñoz Seca.
Cara ó final desta crónica sobre a actuación dos estradenses en Lalín, Cabada Vázquez animará á formación e consolidación dunha compañía teatral estradense con estas palabras:
"A todos mi entusiasta felicitación, y mi voto para el Sr. García Barros que apuntó la idea laudable de formar en Estrada una compañía enxebre. Estrada cuenta con elemento suficiente para ello. Esta es la hora.
Al Sr. Velasco brindo la idea de García Barros y a este le aliento a proseguir, insistiendo hasta que se vea la realidad de su idea. La Estrada atenderá, que para eso ha demostrado que no es pueblo dormido y tacaño, y prestará su indispensable apoyo."
Volverá aínda Cabada Vázquez, algúns meses despois (e agora xa en galego), sobre este tema, é dicir, sobre a necesidade de crear e espallar cultura (musical, teatral, etc.) no concello da Estrada, nun artigo titulado Chamamento, adicado "ó feixe de rapazas e rapaces que tomaron parte nas representaciós escénicas en pro dos damnificados de Cuba e da futura Banda da Estrada". Despois dun primeiro párrafo, que omito, dise nel o seguinte:
"[...] Ben; pois o piquer é pregarlle a ese rol de rapazas donairosas e bariles rapaces, que nas devanditas veladas nos souperon amostrar xa as súas dotes prá escea —algunhas tal que de vellos e avezados artistas—, que non se esquezan do seu valer, que se non deixen domeñar pola teimosa nugalla. Xa noutra ocasión o dixen e agora quero novamente —inda que a idea iniciadora me non perteña— repetilo. Na Estrada hai dabondo ilementos pra acadar a formación de un xuntoiro escénico de caraute marcadamente enxebre; e, polo tanto, debera formarse ese xuntoiro que en toda Galicia tería de ser acollido con parabéns. Aí temos a Polifónica de Pontevedra. Pois encomezou facendo unha escolma axeitada de verdadeiros valores corales. Fágase tamén na Estrada entre a xente moza a escolma que propoño, e se verá que non vou fóra do rego ó decir que hai ilementos dabondo. O piquer é da-la pirmeira alancada, e a min paréceme que pra dala non hai polo de agora reparo algún. Está Avelina Porto, as Varela e irmán; as Rey, Abarca, Reino e outros moitos que eu non lembro. Coido que ningún se negará. ¡Conque, azos e a traballar!
Traballar, si; mais traballemos pra nós, traballemos pola nosa cultura, a que debemos espallar por toda Galicia. Fagamos laboura enxebre. Non fallará cecais algún sabidor que coide esto que digo desbaratado e fóra de carreiro. Non fallará quen diga que, inda que se acadase o xuntoiro de que falo, non teriamos obras galegas que levar á escea, ou que, se algunha aparecese, serían cousas sen mérito. Pra tal non escoitar non hai millor meiciña que facerse o xordo. Xa non faltou tampouco quen dixese nun xornal da rexión que non poidía haber teatro galego, xa que non había asuntos que levar a il.
Contamos xa con un feixe de obras de teatro galego. Algunhas pódense codear coas millores do teatro moderno castelán. Aí está O Mariscal, de Cabanillas e Villar Ponte, cuia pirmeira edición vai case esgotada; Trebón e Lubicán, do mestre Cotarelo; Almas mortas, de Villar Ponte; O engano de Carré; Donosiña, de Quintanilla; María Rosa, de López Abente, e moitas máis dos mesmos e de outros autores. Tampouco temos falla de esceógrafos. Falen por min Camilo Díaz e Castelao.
Pra findar, direi que o pobo da Estrada non poidería non acoller con agarimo a isa agrupación de rapaces escolleitos antre a xuventude estradense, e si fose mester, inda sabería acudir co seu auxilio moral e material.
Dixen." 391
Pola súa parte, Cabada Vázquez amosa (poucos meses antes aínda de comezar na Universidade de Santiago os estudios cos que acadaría a licenciatura en Filosofía e Letras - Sección de Historia) o seu interese por recupera-lo coñecemento dos valores artísticos e históricos da bisbarra da Estrada. Na súa crónica Por tierras de Curantes (publicada en "El Pueblo Gallego") describe con detalle a excursión feita por el, o día 23 de maio de 1927, xunto con García Barros, Otero Abelleira (Director do "El Emigrado"), o fotógrafo Martínez e Xesús Porto por Pena do Foxo, Pousada, Curantes, Pereiras, a fervenza da Freixa, etc., coa finalidade de recoller datos e fotografías tanto para a revista "Céltiga" de Bos Aires como para o Seminario de Estudos Galegos de Santiago. Velaquí algúns párrafos da crónica de Cabada Vázquez, na que este levanta acta para a posteridade do visitado nese día:
"[...] Llegados a Pousada, y obtenido permiso, nos internamos en el corralón de la mencionada casa [la 'antigua casona solariega de los canónigos, hoy conocida por la de Recarey'], fijando nuestra atención en una preciosa balconada de mediados del siglo XVIII. Lamentábanse los señores García Barros y Porto del abandono despiadado en que se ve tal balconada, en la que más de una vez sus fundadores habrán leído Horas y Maitines, como asimismo el resto del edificio. Sobre la capilla —hoy transformada en cuadra— se ve la pequeña espadaña desde la que la voz de la campana habrá convocado al santo sacrificio a los vecinos de Pousada. Tal vez no se conserven documentos escritos de la casona, ya que, según nos manifestó ingenuamente su actual poseedor, 'eran xa moi vellos e non se lían, pois tiñan unhas letras reviriganchadas'. A pocos metros de la casa —coronada por una ridícula figura de un hombre que echando los brazos a la cabeza sostiene sobre ésta una cruz de hierro, figura a la que dan el nombre de 'A Nugalla'— yérguese un crucero sobre una escalinata de piedra. Al dorso del crucifijo que mira al NO se ve la Virgen María en el glorioso tránsito de su 'Asunción', imagen nada común en cruceros.
Alrededor del zócalo se lee en caracteres ya cubiertos por las pátinas del tiempo: 'Este crvco lo mando acer D. Bernardo Balladares Cano de la Sta. Igla de Sto año 1774' [...]
Tampoco nos pasaron inadvertidos otros muchos cruceros de cuyo arte se debiera hacer en Galicia un minucioso estudio, para apreciar las caprichosas variaciones que en ellos supo imbuir el cincel de nuestros canteros.
Ya en Pereiras, quisimos visitar la casa conocida por la de la Inquisición. Es una casa de labradores construida toda de mampostería ordinaria, sin valor alguno artístico, en los primeros años de la actual centuria. De la antigua que debía existir sólo conservaron el escudo que empotraron toscamente en la fachada sur de la actual. Este escudo, muy bien tallado en una sola pieza, presenta en su centro una cruz latina completamente lisa sostenida sobre una cabeza humana, mostrando a su derecha una palma y a la izquierda una espada o más bien un puñal. Todo esto en alto relieve. Debajo, y haciendo juego con la orla del escudo, una piedra rectangular, terminada en su parte superior en una flor de lis, ostenta esta inscripción: 'Aqvi nació i se crió D. Jvan Anto Pereira y Somoza comisario de la Santa Inqvisición y abad de S. Migvel de (una palabra ilegible) año de 177...(ilegible la última cifra)'.
Con el fin de poder adquirir datos concretos acerca del comisario Somoza, preguntamos por las escrituras de casa a los poseedores de ésta, respondiéndonos el marido que las tenía muy malas de buscar, y poco después su señora: 'que as romperan os rapaces cando se lle as deran pra deprender a ler nelas. Ademais, tamén tiñan medo que lles viñese algún mal por aquelo ou que lles botasemos máis paga da que tiñan'[...]
Quisimos visitar también la famosa 'Lagoa Sagra', pero la falta de caballerías para todos nos disuadió de ello [...]" 392.
No verán deste mesmo ano, o día 17 de xullo, asistirá á Festa Escolar de Tabeirós, na que tiveron parte activa os mestres da localidade, Plácido de Castro Pena e Manuela Lois Garcia. Cabada Vázquez participará aquí coa lectura dunha selección de décimas da composición poética de Rubén Darío, El Libro. El mesmo redactará despois para "El Emigrado" unha extensa crónica, titulada La Fiesta Escolar de Tabeirós. Velaquí só algúns párrafos da mesma:
"[...] Aparece, luego, la niña Lois Pena, que recita admirablemente la poesía de Cabanillas 'Rosiña, Rosa...', cosechando una nutrida ovación. Siguen los niños Albino Pena, Manolo Puente y la niña Argentina López, ataviados a la usanza enxebre, que interpretan el diálogo en verso gallego de nuestro Homero, Lamas Carvajal, 'Por mor dunha capa'. Finita Costa recita la 'Alborada' del llorado Arzobispo de Santiago, Lago González.
Antonio Rodríguez, Dorinda Durán, Manuela Moure, Nieves Bergueiro y Obdulia [?] Rodríguez hacen que el público se desternille de risa al ver escenificada la poesía dialogada del graciosísimo Xavier Pardo 'Unha malva'. Manuel Vicente y Lidia López encarnan el mozo y la moza gallega al interpretar 'Polo atallo' de Valentín Lamas Carvajal. José Rodríguez es ovacionado al recitar 'O Moucho' de la autora de 'Follas Novas', la divina Rosalía. Síguele Argentina López con una composición del que esto escribe, 'Unha noite...' (¡muchas gracias, Manueliña!). 'Comendo a cabra' es una escena sabrosísima (¡y si fuese cabrito, mejor que mejor!) de Xavier Pardo, que en una composición festiva supo encerrar toda la cazurra desconfianza del campesino gallego. La interpretaron muy bien unos como magistrados, otros como reos y otros como testigos: Manuel Vicente, José Maceira, Manuel Picáns, Manuel Rodríguez, Lois Pena, Emilia López, Antonio Rodríguez y José Tosar, que fueron muy aplaudidos. José Maceira recitó, además, 'A festa de Tabeirós'; Dora [?] Rodríguez, 'Canto a la Escuela'; Antonio Rodríguez, 'El nido', de Juan de Dios Peza, y Gumersindo Puente, 'Canto a la Bandera', siendo unos y otros aplaudidos por el público [...] A continuación le permitieron a un servidor leer unas décimas escogidas de Rubén Darío acerca de "El Libro" [...] Para terminar, he de hacer presente mi entusiasta y sincera felicitación a los jóvenes maestros de Tabeirós, Srta. Lois García y Sr. de Castro Pena, por su acertada actuación al frente de sus escuelas y por su infatigable labor de modeladores de inteligencias, animándoles a proseguir por la senda emprendida y a no dejar decaer la pompa y solemnidad con que este año supieron revestir su fiesta escolar, lamentando muy de veras que la influencia de su ejemplo no se haga sentir en todas las escuelas" 393.
Neste final da crónica preanúnciase xa case a polémica —a que aínda aludirei— sobre a función e a práctica educativa dos mestres (que terá lugar dous anos depois), na que Cabada Vázquez xogará un papel importante.
Xunto ó seu interese pola promoción pública da cultura e, máis concretamente, da cultura autóctona galega, hai que sinalar tamén o seu esforzo por recoller contos e lendas populares que forman parte do imaxinario galego, máis concretamente, da tradición das xentes da súa terra natal de Codeseda. Vai nesta liña a súa colaboración, A nena encantada, na revista "Céltiga" de Bos Aires, onde se describe a lenda da nena encantada Frolinda, da que se namora un lanzal mozo do val de Codeseda 394, ou o seu curto manuscrito (de data descoñecida), A Pena de Fervenza, no que coa descrición da pena que se ergue no alto do monte das Penizas, preto do seu lugar natal de Barro, se mesturan novas sobre outras lendas e tradicións.
A pena ten, en efecto, "no máis outo unha laxe da mesma peza á maneira de tapadeira polo que a xente dou en creer que por alí foi por onde os mouros meteron o tesouro". "Ouvín falar de neno —di aínda algo máis adiante— de esnaquiza-lo penedo con dinamita, mais a cousa non deixou de ser unha tolemia dos mozos. Lémbrome de que unha vegada ouvín a unhas mulleres asegurar que o que quixese esnaquiza-la Pena morrería aburado por un lume de alquitrán que sairía de dentro. O quid era sabe-la desencantar, pra coller o tesouro que nela se agocha. Contan que unha vez foi un neno a leva-las vacas onde a pena, e veu cabo dela unha garrida nena cunha tenda de cousas. Chamou ó neno e perguntoulle que cousa lle gustaba máis do que alí estaba. Dimpois de pasarlle a vista a toda a chilindrada, sin detela na tendeira, namorouse de unhas pequenas tiseiras douradas, e dixo: Góstanme aquelas tiseiras. - Pra cortarche a léngoa, badulaque. E desapareceu a tendeira dos ollos do neno. Se este dixera que máis lle gustaba [...]" 395.
Este interese de Cabada Vázquez pola cultura e por crear conciencia nos máis xoves da importancia da mesma seguirá presente nel cando exerza anos despois, lonxe de Galicia, a súa función como profesor e Director do Instituto de Linares (Jaén). Tanto o seu Pregón cultural como o seu Discurso conmemorativo co gallo da celebración dos XXV aniversario da fundación da Escola Superior de Traballo de Linares, a comezos de outubro de 1935, son —segundo xa indiquei máis arriba— boas mostras diso. Cabada anima, en efecto, en Linares á colaboración académica e social para que os xoves educandos "se formen para la lucha de la vida —cada día más ardua y más dura— fuertes y robustos en sus estudios y en su cultura", dado que "hoy sacude a los pueblos un fuerte anhelo de cultura" 396, e os pobos "no viven solamente del desarrollo de sus fuentes económicas; necesitan la sacudida del anhelo cultural" 397.
Por iso, non sen razón "El Pueblo Gallego" atribúe a Cabada Vázquez, co gallo do seu pasamento, unha "voluntad decidida para su función de maestro de juventudes" 398.
Máis arriba indiquei tamén como o poeta estradense xunto con García Barros e outros fixeron, a mediados do ano 1927, un percorrido histórico-artístico por lugares non lonxanos da Estrada. Unha das razóns do mesmo era —segundo a afirmación do propio Cabada Vázquez— facer tamén "alguna fotografía para el Seminario de Estudios Gallegos de Santiago" 399. En realidade esta institución, de tanta importancia no seu tempo para estudios e investigacións en diversos eidos da realidade galega, fora fundada en Santiago algúns anos antes, no mes de outubro de 1923, pouco despois de que o estudiante Cabada Vázquez interrompese (no verán deste mesmo ano e deica o comezo do curso 1927-28) os seus estudios na Universidade Pontificia de Santiago. Deste xeito non lle foi posible participar (como Filgueira Valverde e algúns outros estudiantes composteláns) na fundación do mesmo. Sen embargo, sobre todo desde a súa volta a Santiago, vai estar en estreito contacto coas actividades deste Seminario.
Desta súa presencia nos locais do Seminario de Estudos Galegos informa Antonio Fraguas Fraguas en varias ocasións. Así, no seu artigo sobre Sebastián González García-Paz indica: "Tamén faciamos algunha visita a Camilo Díaz e algún que outro día había animada conversa nun departamento do Seminario onde estaban Carlos Villar, Aquilino Iglesia Alvariño, Carballo Calero, Francisco Fernández del Riego, J. Manuel Cabada Vázquez, Xesús Ferro e algún outro que por unhas ou por outras razóns viñan ó Seminario" 400. Outras veces, como cara ó ano 1930, Cabada Vázquez vén ó Seminario acompañado polo seu amigo Manuel García García (un dos asinantes, con Cabada Vázquez, da devandita Afirmación Católica dun Grupo de Nacionalistas): "Os dous [Manuel García e Cabada Vázquez] viñan ó Seminario de Estudos Galegos —escribe noutro lugar Fraguas—, xa por aquel entonces no edificio de Fonseca que ocupaba a Facultade de Farmacia" 401. Por outra parte, en 1931 o xornal compostelán "El Eco de Santiago" informa de que ámbolos dous, Cabada Vázquez e Manuel García, fixeron donativos de libros seus ó Seminario de Estudos Galegos 402.
¿Que modo de vencellamento concreto mantivo Cabada Vázquez co Seminario de Estudos Galegos? O poeta foi "socio". O seu nome figura, efectivamente, na "Lista de Socios do Seminario de Estudos Galegos" (no grupo de Vigo) da publicación "Arquivos do Seminario de Estudos Galegos" 403. Verbo da función e categoría destes "Socios protectores" indícase nunha información do "Faro de Vigo":
"Esta categoría creada na xuntanza xeral do 12 de Nadal de 1926 comprende a cantos con doacións ou cuotas periódicas axudan á realización dos fins do Seminario [...] Estes Socios [...] poderán utiliza-la biblioteca circulante, asistir a tódalas sesións, usa-la insinia do Seminario, etc. etc. [...] As cuotas non baixarán de 12 pts. anuales e serán cobradas por trimestre" 404.
Nas liñas superiores fíxose xa alusión ás doazóns de Cabada Vázquez. Entre os papeis do poeta consérvanse, por outra parte, dous xustificantes (do 31 de Nadal de 1934 e do 30 de xuño de 1935: da época, polo tanto, da súa estancia, en Linares) do pago da súa cuota 405 como "socio proteitor", o que quere dicir que o poeta foi socio do Seminario deica ó final dos seus días. Compréndese ben por iso que o Seminario de Estudos Galegos se sumase —como xa indiquei máis arriba— ás manifestacións xerais de dó polo falecemento en terras andaluzas do poeta galeguista.
Este interese de Cabada Vázquez pola cultura e polas maneiras máis axeitadas de espallala na realidade galega foi sen dúbida o que está na orixe dunha interesante polémica que tivo lugar entre finais de 1929 e abril de 1930 —toda ela publicada no xornal estradense "El Emigrado"— sobre a función dos mestres na súa tarefa pedagóxica.
A polémica iniciouse en realidade cun comentario —realizado nas súas Rexoubas por Ken Keirades (García Barros)— a un artigo de opinión do xornal vigués "El Pueblo Gallego", no que o escritor estradense de Berres escribe:
"Nunha das 'Opinións' que leo no preódico que leo sempre e que por fertuna é o máis lido na Galicia coméntase a indiferenza que as xentes de cartos ou de posición desafogada sinten pola escola nacional. 'Pra iles, di, a escola nacional non eisiste. Non lle consagran a máis pequena das súas inquedanzas, o máis lixeiro dos seus afeutos. Non lle intresa se cumpre ben ou mal a súa función educativa. Prá maoría dos ricos, a mensión trascendental da escola pasa desapercibida, non lles importa, non se cotiza antre os valores que iles estiman'. Ben dito [...] Os seus fillos, xa o di o avisado articulista das 'Opinións', mándanos ós colexios onde hai profesores que oustentan títulos de máis fuste que o de maestro, que ten en menos, ou mándanllos ós frades, ou ás monxas, porque é máis destenguido, e ademais é bo ir ganando a parte de groria eterna que se perde na frábica e detrás do mostrador [...] 406.
Pola súa parte Cabada Vázquez vai facer tamén un comentario crítico a este comentario do seu amigo Ken Keirades (e, polo tanto, tamén ó autor do artigo de opinión de "El Pueblo Gallego"). A crítica de Cabada Vázquez é de feito unha autocrítica desde a profesión e o exercicio do maxisterio, dado que Ken Keirades era mestre e o xove poeta de Codeseda rematara tamén practicamente os seus estudios da carreira de maxisterio. Velaquí algúns párrafos do comentario crítico de Cabada Vázquez, que suscitará seguidamente encontradas reaccións no seo do maxisterio:
"Con grande dor temos que confesar que é, por disgracia nosa, certo o desapego que se vén a cotío ouservando no que se refire á proteición das escolas nacionás e a manda-los fillos a colexios e institutos relixiosos non só por parte da 'xente de posición desfogada', mais tamén inda por parte da xente de posición non moi desafogada. Mais ¿disto a quen culpar e facer responsabre? ¡Eis a custión! Anque as miñas verbas sexan acedas e duras pra todos cantos nos preciamos de contarnos na grea dos escolantes nacionás españoles, hemos de por forza recoñecer que os verdadeiros causantes dese despego e desatenzón á escola somos nós mesmos. É de todo punto indubitabre que se todos os maestros nacionás que rexentan escolas se adicaran de cheo a cumpri-lo sagro deber social (verdadeiro deber) a que legalmente están obrigados, non tería Ken Keirades que lamentar a xusta autuación da xente de posición desafogada. Ben me decato de que, por fertuna, son poucos os que, ou por fas ou por nefas, deixan de cumpri-lo devandito Deber, e que Ken Keirades non vai entre iles.
¡Con canta dor teño de confesar que se algo adeprendín na escola foi cando meus pais se procataron de que era menester sacarme da 'escola do Estado' e mandarme á 'escola de paga'! E isto non o facían meus pais por ser máis distinguido, senón por ser de resultado máis práitico. Na concencia do pobo está de certo ben enraizado todo isto, e ningún escolante 'nacional' se estreverá a negarse a darlles a razón, anque certamente nos doia e mágoe na i-alma [...]
¿Mais como remedialo no que ás escolas se refire? Facendo enraizar ben fondo na concéncea dos pobos a obrigación á que están de dar conta ás autoridades do mal comportamento dos escolantes; e por parte das autoridades, estimulando a laboura escolar con prémeos ós maestros de millor actuación ó frente da enseñanza e facendo por arredalos canto sexa posibre de actuaciós que dalgún xeito poidan lixar ou magoar en algo a laboura escolar.
Non fai moito tempo soupen que en certo concello unha boa parte dos concexales eran escolantes con escola. Agora ben, ¿quen me dirá que ises Sres., anque ben intenzoados, van a desenrolar a súa laboura escolar como deberan? Ises postos no concello serán a miúdo excusas pra non presta-la debida atención á enseñanza.
Póñase coto, polo mesmo, á deixadez e ó desazo dos escolantes, e verase despois amengoado o despego dos pais de posición, referente ás escolas nacionás [...]" 407.
Nas Rexoubas que Ken Keirades publica neste mesmo número do "El Emigrado" agradécelle, á parte de outras consideracións, a Lamenú (o pseudónimo co que Cabada Vázquez asina as súas tres Moxenas desta polémica) o ter afondado no tema "hastra un punto que eu non me estrevín, aínda pensando o mesmo", se ben, verbo do feito de que os pais do poeta o trasladaran a este da escola pública á particular, cre Ken Keirades que "dende aquela poideron varear moito as circunstánceas, e dende logo varearon en parte considerabre" 408.
Seguidamente, no número do "El Emigrado" do día 7 de xaneiro do ano seguinte o mestre Bernardo Mato Castro referirase ás Moxenas "queimantes" de Cabada Vázquez, dicindo que non ve nelas "nin unha liña de erro" 409, constatación esta que agradecerá Cabada Vázquez nas súas segundas Moxenas [II], ó tempo que nelas alude ó dito por Ken Keirades nas súas anteriores Rexoubas desta maneira:
"Desde que eu fun á escola 'poideron varear moito as circunstánceas e dende logo varearon en parte considerabre'. Non o nego; pro ise 'poideron' e ise 'dende logo' quedan bambeándose sen que seipan para que banda incrinarse. E que daquela mesmo non tódalas escolas nacionás eran dun mesmo xeito é ben certo tamén, como certo é inda hoxe [...] Pra findar, debo advertir que o Ken Keirades fuxeu do miolo da custión por 'pensar o mesmo' —el o dixo, aínda que non se estrevese a afondalo—. Limitouse a comentar o contido dos paréntesis con evasivas e verdadeiros rexoubeos; mais nas custiós hai que ir de cara ó nó, non pra cortalo senón pra ver a maneira de desatalo..." 410
Mais é agora cando intervén na polémica outro mestre nacional, que inicialmente asina as súas colaboracións co pseudónimo "Ramón de Tabeirós" e despois xa co seu propio nome, Ramón J. Puente Barcala 411, mestre neste intre en Graba. As críticas que dirixirá contra Cabada Vázquez (e contra J. Rivas) están feitas desde a súa alta estima da función do maxisterio nacional. Velaquí algunhas das frases que motivarán aínda unha posterior (e derradeira) intervención de Cabada Vázquez [Lamenú]:
"[...] Mas vemos con sorpresa que [...] se vuelve a traer a tela de juicio la actuación profesional de una Clase que hasta ahora no hizo más que forjar caracteres sufriendo vejaciones. Y así el Sr. Lamenú en sus 'Moxenas' dice ser nula la labor de la Escuela Nacional, y trae en confirmación de sus asertos el hecho aislado de que en su niñez tuvo que asistir a clases particulares para saber algo.
Nosotros creemos que en el Magisterio hay personas más o menos capacitadas como las hay en todas las profesiones y clases sociales [...] Que el Sr. Lamenú haya asistido a clases particulares no lo negamos; pero esas clases particulares eran dadas —esto lo dejó en el tintero el autor de 'Moxenas'— por un Maestro Nacional, y tal vez asistiese a ellas por no haber en su pueblo natal en aquel entonces escuela de niños.
Nosotros no conocemos más que dos clases de maestros: buenos y mejores; y por lo que se refiere al Ayuntamiento de La Estrada confesamos en alta voz que su magisterio instruido digno y laborioso le honra" 412.
A resposta de Cabada Vázquez a este escrito de "Ramón de Tabeirós" vai ser directa e decidida. Velaquí o seu texto, despois dun preámbulo que omito:
"[...] Denantes, señor Direitor, hei pregarlle non me meta as tixeiras, como a vez pasada, pois prometo non chegar a decir todo o que 'debera' decir por mor de non magoar a ninguén.
Coido que nas miñas 'Moxenas' non se achará razón, inda que cativa, pra lexitimar ista afirmación tan gratuita como argallante: 'El Sr. Lamenú en sus 'Moxenas' dice ser nula la labor de la Escuela Nacional'. Pois iso me colga ise Sr. Ramón no seu 'Replicando'. Eu dixen, si, e sigo sostendo que os causantes de que a xente de posición desafogada manden os seus fillos a colexios e escolas particulares somos os maestros nacionás. E inda engadía no núm. 323 do EMIGRADO: 'Ben me decato de que, por fertuna, son poucos os que, por fas ou por nefas, deixan de cumpri-lo devandito Deber'. Mais, polo visto, o Sr. Ramón non reparou nisas liñas ou, se reparou, non atinou a entreverlles o seu verdadeiro senso, cecais por ser elas escritas na nosa fala, a fala dos seus pais e mais dos meus.
Tamén eu creo co autor do 'Replicando' que no Maxisterio hai persoas máis ou menos capacitadas como as hai en tódalas profesiós e crases sociaes; mais el coñece, según di, somentes dúas castes de maestros: bos e millores; e eu poidera alongar a escaleira, pois coñezo maestros bos, millores e moi bos, por unha banda; e pola outra, maestros malos, piores e pésimos, 'coma en tódalas profesiós e crases sociaes.'
Polo que ós do Concello da Estrada se refire, non os coñezo a todos e non podo falar en xeral, anque supoño que irán millor antre os pirmeiros que antre os segundos.
E, dito o que deixo dito, xa pode, pola miña parte, Ramón de Tabeirós seguir repricando e mostrando a súa personalidade centífico-literaria e a súa 'solvencia' pedagóxica hastra que lle pareza que chegou a hora de calar." 413
De feito, con estas últimas "Moxenas" conclúe Cabada Vázquez a súa participación nesta polémica sobre o maxisterio nacional, aínda que a disputa continuará algún tempo máis entre J. Rivas (na liña de Cabada Vázquez) por unha banda e "Ramón de Tabeirós" por outra 414.
Ken Keirades, pola súa parte, intentará finalmente face-las paces entre os dous principais contendentes, repartindo cortesmente louvanzas ó un e ó outro: "Non vou a meterme no rebumbio suscitado por Ramón de Tabeirós porque ben conozo que non teño vela no enterro ise. Pero si quero facer resaltar o feito de que sirveu pra que se puñeran de manifesto unha ves máis, e quizais más que ningunha, o valer de dúas prumas doutros tantos colaboradores nosos, unha na lengua de Cervantes e outra na doce e baril de Rosalía. Istas si que xa son prumas cotizabres, e un e outro demostran que saben darlle de banda a isa literatura pasada por auga que asoma de ves en cando" 415.
No contexto desta polémica, cómpre aludir brevemente, aínda que só sexa de paso, á mutua relación ideolóxica e de amizade entre M. García Barros (Ken Keirades) e Cabada Vázquez. Unha relación que non deixa de ser rechamante, porque, no que á idade se refire, Ken Keirades superaba ó xove poeta de Codeseda en algo máis de vintecinco anos. Pero máis alá da idade eran moitas as cousas que mutuamente os vencellaban tanto nos eidos sociais e políticos coma inclusive nos literarios. Todo iso cunha común teima pola promoción cultural. Existía sen dúbida entre os dous un sincero e mutuo aprecio, que se foi convertendo pouco a pouco en fonda amizade e en estreita colaboración artística e cultural en diversas ocasións, tal como xa en páxinas superiores quedou indicado.
En relación coa anterior polémica, publicada no "El Emigrado", hai que sinalar que Ken Keirades foi alma e vida deste xornal estradense, do que Ramón Villares chega a dicir que "gracias ao apoio das sociedades emigrantes, á súa incardinación no movemento agrarista e á súa aceptación, incluso militancia, a favor do nacionalismo galego, constitúe un órgano de comunicación que rebasa os límites da prensa local", tendo así dereito a "formar parte do grupo máis selecto de xornais de toda a prensa local galega" 416. Foi tamén neste xornal onde o xove Cabada Vázquez (con só vinteún anos) —nada máis deixa-lo Seminario, ó remata-lo curso 1922-23— publicou o seu desafiante poema A loitar. Esta é a primeira dunha serie de posteriores colaboracións (tanto en verso coma en prosa) no "El Emigrado", que son testemuño da súa estreita relación con Ken Keirades. Por isto non é nada estraño que lle dedique a este un dos seus máis fermosos e emotivos poemas, ¡Salve, Irmán Piñeiro!, na versión aparecida na revista "Céltiga" de Bos Aires en 1927, con estas palabras: "Ao meu amigo o autor de 'Contiños da Terra', M. García Barros, con sinceira ademiración" 417.
É en maio deste mesmo ano cando os dous, xunto con outros amigos, realizaron a xa antes mencionada xira artística e cultural por terras de Curantes, sobre a que Cabada Vázquez e García Barros publicaron crónicas en diversos xornais e revistas. Dado que xa máis arriba aludín á crónica desta excursión escrita polo poeta de Codeseda, limítome agora a dicir que García Barros publicou tamén a súa no "El Emigrado", sen deixar naturalmente de facer nela referencia ó seu amigo, como cando indica que "Cabada Vázquez fixo de gandeiro" no intre de retratar "unhas vacas que pacían prácidamente no río, nun remanso tranquío, virxiliano", ou cando —atendendo xa algo máis á arte e á historia— fotografiaron un cruceiro, estando "Cabada rabuñando na peana do mesmo" coa intención de facilita-la lectura das inscricións realizadas nel 418. A finais deste mesmo ano publicará aínda García Barros na revista "Céltiga" unha reportaxe gráfica da mesma excursión, na que se inclúen varias fotografías, en dúas das cales aparece el mesmo xunto con Cabada Vázquez, nunha o pé dun cruceiro e noutra no medio da corrente da fermosa fervenza da Freixa 419.
Xa nalgún momento indiquei que na relación entre Cabada Vázquez e García Barros había unha circunstancia, o da pertenza daquel (máis ou menos interrompida e finalmente abandonada) ó estamento eclesial, que non podía ser do agrado dunha persoa de talante tan crítico con todo clase de poder (incluído o eclesial) como era García Barros. Por esta razón o escritor de Berres, que en tanto aprecio tiña as capacidades intelectuais, literarias e políticas do seu xove amigo, non lle deixou de amosar a este, dunha ou doutra forma (case sempre de maneira amistosamente irónica), a súa visión sobre o seu, máis ou menos firme, compromiso eclesial. Ken Keirades quería un Cabada Vázquez enteiramente dedicado ó seu ideal político galeguista e literario, ceibe de compromisos coas estructuras eclesiais, que seguramente lle impedirían, dunha ou doutra maneira, esta dedicación. Así, na súa crónica, Por terras de Curantes, ó enumera-los integrantes da mencionada xira artística, fala García Barros tamén do "poeta Cabada Vázquez, en vísperas de casamento, según lle contan, iñorando por súa parte se lle naceu a moza" 420. Esta alusión ó casamento do poeta de Codeseda debeuse en realidade a unha, dalgunha maneira comprensible, confusión do correspondente estradense do xornal "El Pueblo Gallego", que comunicou ó xornal vigués que José M. Cabada Vázquez contraería proximamente matrimonio con Maruja Porto Silva, confundindo comprensiblemente ó poeta de Codeseda co curmán deste, que pertencía á mesma parroquia de Codeseda, nacera no mesmo ano (1901) e tiña ademais os mesmos apelidos que o poeta (en canto que era fillo dun irmán do pai e dunha irmá da nai do poeta), se ben o seu nome era só "José" e non "José Manuel" 421. Esta inexistente voda do poeta foi, sen embargo, unha boa ocasión para que Keirades escribise unha humorística "Rexouba" sobre o seu amigo (da que ofrezo ó lector os párrafos principais 422), na que amosa a súa ledicia pola suposta decisión vital do seu amigo e, ó tempo, a súa "desesperación" ó enteirarse de que as cousas non eran como el supoñía:
"[...] Fai días veuse nun preódico a noticia da boda de José Cabada Vázquez, que nin é M. nin é poeta, ó menos que se seipa. Outros preódicos, creendo tal ves que ninguén tiña dreito a ser Cabada Vázquez máis que o poeta, reitificaron por súa conta engadíndolle o M. e mais o calificativo do poeta. De xeito que quen se casaba, según os preódicos, era José M. Cabada Vázquez, poeta, de Codeseda. Así foi como eu lin a noticia.
Dende logo apresureime a mandarlle a miña felicitación, non pola fertuna que podería cairlle, senón polo xesto gallardo e varil de dispoñerse a cumprir un dos máis trascendentes fins sociales debidamente, como Dios manda.
E deseguida deime a descurrir sobre o obsequio que lle faría. Dende logo, pensei nunhas caxetillas das finas de cincoenta que son a fror da nosa Tabacaleira. Poríalle en cada unha, unha adicatoria en letra caligráfica, da que eu sei facer e hastra pensaba aproveitar as prantas de tabaco que levan dibuxadas pra trasformalas en loureiros como ofrenda ó poeta.
Pero decateime de que Cabada, levado cicais da propaganda que lle teño feito a Arrendataria n'ista seución, tivo o bo acordo de non contarse no númaro dos fumadores.
Desfeitada, polo tanto, a idea das caxetillas, deime a pensar de novo no ousequio que podería facerlle que estouvese en caráuter, que fose de utilidade práutica ... e que non costase moito.
Víame xa medio tolo á forza de cavilar, cando de súpeto dei un brinco e, a semellanza do sabio de Siracusa (eu tamén sei quitar citas eruditas), berrei: ¡Eureka! Unha idea presentáraseme xermolante que anxiña se volveu patente, lumiosa, agarimante, que madurei n-un santamén. Presentóuseme na forma dunhas gafas. Unhas gafas con vidro de color de rosa. No medio da montura que vén a caír encima do narís alzaríase artistecamente unha lira arrodeada cunha xirnalda de follas de loureiro con cereixas maduras. Nada tan en caráuter pra un poeta como unhas gafas. É o compreto da melena e o sombreiro de anchas alas. Ademais; que os vidros de color de rosa teñen a propiedade de que se ve por iles todo de color de rosa. E un poeta de imaxinación inspiradora que se lle faga ver todo de color de rosa, á forza ten que producir cousas de beleza incomparabre e indiscutibre.
Entusiasmado coa miña idea mandei deseguida a face-lo encargo. Pedíronme os cartos diante e mandeinos. Esperaba anseosamente a hora de ver realizada a miña idea. Saboreaba xa de antemán o efeuto que causaría a miña felís ocurrencia, cando...
Quitei da faltriqueira un preódico que coas preocupacións facía catro días que levaba sin ler, e entereime con dorida sorpresa que quen se casaba non era o poeta, senón outro Cabada.
Entroume unha desesperación tan fonda, que eu naturalmente pacífeco e inofensivo hastra cheguei a sentir desexos de matar a alguén [...]" 423.
A mutua colaboración entre García Barros e o xove Cabada Vázquez na promoción cultural continúa a ser efectiva neste mesmo ano 1927. O propio García Barros pídelle a Cabada Vázquez que redacte para "El Emigrado" crónicas de diversos actos escolares e culturais 424. Pero esta colaboración queda practicamente interrompida desde o momento en que Cabada Vázquez decide reanuda-los estudios na Facultade de Teoloxía da Universidade Pontificia de Santiago no curso 1927-28, despois de catro anos de ausencia das aulas universitarias. En certo modo a súa despedida da dimensión romántica, a-clerical, do mundo feminino, antes de volver a Santiago, está no seu escrito A nena encantada, coa adicatoria: "Pra Maruxiña, no ferventío do meu amoroso anceio" 425. García Barros, que ve con mágoa como o seu amigo se lle marcha de novo para Santiago, non pode menos de comentar, referíndose a esta adicatoria —como xa indiquei máis arriba— o seguinte: "Fólgome que non lle decaia o seu entusiasmo polas Maruxas, xa noutras ocasións manifestado. O pior é que se a sorte é boa, dentro de pouco vai a ter que contentarse con confesalas" 426. Sen embargo, aínda antes de abandonar en 1931 definitivamente a súa carreira eclesiástica para se mergullar de cheo na vida social e política, Cabada Vázquez continúa sendo para Ken Keirades "amigo" e "hirmán" 427.
Sobre esta súa relación con Cabada Vázquez desde a volta deste a Santiago (1927) deica o abandono definitivo dos seus estudios eclesiais (1931) é interesante o testemuño do octoxenario Ken Keirades, que fai lembranza do seus contactos co poeta de Codeseda, co gallo do traslado en 1962 das súas cinzas á parroquia natal de Codeseda:
"[...] Anos adiante, non sei cantos, íbame eu por unha rúa de Santiago e vin a dous cregos arrechegados a un escaparate mirando non sei que. Como podía facelo, arrimeime tamén a ver o que alí habería. Un diles, o que tiña máis á beira, miroume así de reollo e dixo con certo rosmeleo:
- ¡Ken Keirades! ...
Mireille prá cara:
- Pero ... ¿ti es Cabada?
- ¿E logo? ¿Xa non me conosce?
- Nada ten de eistrano que non te conosza, pois iñoraba que cambiaras de vestimenta.
- Sonlle cousas.
- Si, home, si; craro que son cousas.
Máis adiante, nos finaes da monarquía e comenzos da Repúbrica deino en ver pola Estrada decote en compaña doutro crego.
Eu tiña a miña escola outida nas derradeiras oposicións libres, as máis difíceles e rifadas que ten habido por haber concorrido a ilas concursantes de todas as rexións de Hespaña, e por concurso de traslado puiden achegarme a carón da miña casa, podendo ir á Vila con adoito, onde soía atoparme con Cabada, decote en compaña doutro crego.
Foi naquilas datas cando aparesceu 'Vagalumes', libro de poesías de Cabada, o cal polo movido daquilas xeiras pasou case desapercebido.
E volvín a perder o contaito con Cabada.
Hastra que habendo ido eu a Pontevedra pra ingresar un fillo na Normal, atopeime alí coíl, con Cabada, solprendéndome o velo de peisano. Acheguéimelle:
- ¡Pero, home! E ti...
- Xa vostede ve. Cousas da vida.
Correu o tempo. E un día atopeime coíl na nosa Vila. Debía de haber tempo xa que nos viramos. Il era cadeirádego alá na outra banda da Hespaña, en Linares (Jaén). Feguróuseme de máis talla, e, dende logo, máis gordeiro e máis apousado. Alí, de pé, no meio da praza, falamos de moitas cousas, e cando me veu ó caso, díxenlle:
- Mira, Cabada: O que tes que facer agora, é o que eu che vou a decir.
- Vostede dirá.
- Pois, isto: casarte.
Il surriuse:
- Xa non é vostede o pirmeiro que me llo di.
- Pois, nada: Axexa por ahí, se non tes axexado xa, e a ver cando me mandas a participación de avencello" 428.
Como se ve, Ken Keirades segue adiante coa súa consabida teima por casar ó poeta ... Aínda que ó final, a morte adiantaríase, por ben pouco, ó xa proxectado casamento con Mª Luisa López Jiménez.
Máis arriba aludín ós últimos párrafos desta agarimosa lembranza que do poeta de Codeseda fai o escritor de Berres. Non está de máis, sen embargo, evocalos agora unha vez máis como colofón dunha estreita relación, frustrada pola intempestiva morte de Cabada Vázquez. Despois de aludir Ken Keirades á impresión que nel se produciu ó ler, no estradense "Centro de Emigrados", a nova da morte do aviador Loriga no xornal "El Pueblo Gallego", indica seguidamente:
"Do mesmo xeito, cando máis adiante ó entrar albisquei, tamén en primeira prana, o retrato de Cabada sentín coma un martillazo no corazón.
-¡Alá se vai Cabada!, escramei. E fórase Cabada.
A sala estaba a aquila hora solitaria. E anque non estivera sería o mesmo. Debruceime sobre a mesa, e sin poderlle quitar os ollos denriba chorei por il." 429.
Sen dúbida, a mutua relación de amizade entre Ken Keirades e Cabada Vázquez tiña a súa razón fundamental en que ámbolos dous adoptaran unha actitude decidida a prol do galeguismo. En canto a Cabada Vázquez, xa antes da súa volta a Santiago, dera mostras deste seu compromiso. As festas locais, por exemplo, ofrecíanlle unha boa ocasión para iso.
Unha delas era a festa da Grela, que se celebra a comezos de setembro no lugar da Grela 430, pertencente á parroquia natal do poeta, Codeseda. Velaquí como describe hai poucos anos esta festa o estradense Reimóndez Portela: "Outra festa importante é a da Virxe de Guadalupe na capela da Grela o 8 de setembro. Antigamente ese día os viciños de Codeseda saían da igrexa co San Xorxe e levábano en procesión ata o chamado monte da Cruz, xa preto da Grela. Ó mesmo tempo os viciños da Grela saían coa imaxe da Virxe de Guadalupe ata o mesmo cruceiro; encontrándose alí facíanse a 'venia' ou a 'reverencia' [...], botábanse moitos fogos e todos se poñían de xeonllos; feita a reverencia, baixaban todos en procesión coas dúas imaxes ata a capela da Grela. O San Xorxe deixábano alí ata o seguinte domingo que volvía en procesión ata a igrexa" 431.
No seu poema ¿Non te lembras? fai tamén o poeta, cando só ten vintedous anos, lembranza literaria e etnográfica da súa festa parroquial con estrofas como estas:
[...]
¿Non te lembras da romaxe
da santa Virxe da Grela,
na que ti tódolos anos
estrenabas 'en oferta'
un traxe e mais uns zapatos?
¿Non te lembras?
¿Non te lembras do día sete
no que os santos, en ringleira,
rubían nas súas andas
a costa que a Ermida leva
só por mor de ve-la Virxe?
¿Non te lembras?
¿Non te lembras cal do monte
ó outo salíalles Ela
e agardábaos cabo a Cruz
onde eles a reverencian,
por diante dela pasando?
¿Non te lembras?
¿Non te lembras canto a xente
gozaba mirando as 'ruedas
de fuego' e o 'monicreque'
a pelexar coa 'culebra'
hastra que os dous estoupaban?
¿Non te lembras?
¿Non te lembras dos xantares
que comíanse na festa,
e dos cegos que chegaban
pidichando unha codela
ou un cachiño de zanco?
¿Non te lembras?
¿Non te lembras das cantigas
—coplas feitas alí a présa--
que, empezadas polo cego,
rematábaas a parenta,
chiscando o ollo ós namorados?
¿Non te lembras?
¿Non te lembras como as mozas,
de noite ó baixar da festa,
cantabades o alaláa,
poñendo unha man na orella
e deténdovos ós poucos?
¿Non te lembras?
[...]
¿Non te lembras da estampiña
da nosa Virxe da Grela
que ti trouxeche connosco
para que nos protexera,
e que conservamos inda?
¿Non te lembras?
[...] 432
Gerardo Vázquez Gil, tío materno do poeta e —segundo xa quedou indicado— moi vencellado a este, manifestou sempre unha grande devoción á Virxe da Grela e á súa festa. De maneira especial nas festas dos anos 1927 e 1928 (poucos anos despois do falecemento da súa dona e filla no 1924), cando era Axudante de Camiños Provinciais. A prensa salienta a brillantez dos días de festa (6, 7 433 e 8 de setembro) destes anos, "gracias al altruismo de D. Gerardo Vázquez, gran devoto de la Virgen de Guadalupe y natural de Codeseda, que de su peculio particular hizo la explanación de un camino por el que pueden circular automóviles, pudiendo llegar al campo de la romería" 434. Neste ano 1927, poucos días antes da festa, o xornal "Progreso" inclúe no número do 1 de setembro unha folla solta co programa ("imprentado no Seminario, Santiago") da festa e redactado en galego. O poeta conservou entre os seus papeis este número do "Progreso", co seu programa en galego no interior, e coa indicación escrita da súa man: "Programas de Guadalupe 1927". Moi probablemente o texto do programa foi redactado por Cabada Vázquez ou tivo el alomenos parte importante na súa confección, aínda que figura asinado pola "Comisión", dado que foi el, ademais, quen o remesou á Redacción de "A Nosa Terra", como axiña indicarei. Velaquí o texto do programa das "Grandes e solenes Festas adicadas á Nosa Sra. de Guadalupe, que se venera na súa ermida da Grela (Codeseda)":
Día 6.- No atardecer deste día gaitas enxebres arumarán o ambente cos acordes armoñosos de ledas muiñeiras, anunciando de tal xeito o comezo das festas.
Día 7.- De mañanciña saudarán o abrente unhas ducias de bombas, e deixaranse escoitar as notas ledas e velaíñas de escolleitas alboradas.
Pouco dimpois, farán a súa entrada as coñecidas BANDAS de RIVEIRA e REMESAR, que interpretarán pezas a retesía.
Ás once MISA GRANDE, estando o coro a cargo de unha axeitada escolma de elementos novos.
Pola tarde sairá da igrexa de Codeseda a romax de imaxes, que no cumio do monte, cabo da cruz, será agardada polas imaxes da Grela. Unha vez alí, o patrón de Codeseda, San Xorxe, e as demais imaxes farán á Virxe o saúdo típico e emocionante, pra de seguida acollerse todas á ermida. No acompañamento desta magna PROCESIÓN terán boa parte as gaitas e bandas, e durante o recorrido fenderán o ar foguetes abrouxadores.
Logo disto, dará comezo a VERBENA, que este ano superará as de anos anteriores. O alumbrado terá de chamar a atención do xentío.
Antre lusco e fusco, SOLENES VÍSPORAS RELIXIOSAS na ermida.
O acretado fogueteiro, siñor Gaiteiro, que ten feito caprichos no fogo do Apóstole, ten preparados ramos extraordinarios pra queimar nesta noite e no día seguinte, a mais de globos, foguetes de moxenas e outras sorpresas.
Día 8.- Durante a mañán deste día, coma na do anterior, haberá misas rezadas por mor dos mariñeiros e da xente forasteira en xeral, recibíndose, ademais, os presentes e as esmolas e repartíndose as adoitadas estampas da Virxe da Grela.
Ás once MISA SOLENE, seguida da procesión na que un grupo de nenas-anxos faranlle a corte de honor á Virxe.
Findarán as festas con un GRAN BAILE amenizado por as gaitas e bandas.
¡Mariñeiros, acudide este ano á VIRXE DA GRELA!
Codeseda, agosto do 1927.
Con anterioridade á festa da Grela, "El Pueblo Gallego" fai referencia á mesma, indicando: "Se ha publicado en gallego un programa interesante" 435. Pero será, pouco despois, en "A Nosa Terra" —unha publicación estreitamente vencellada ás Irmandades da Fala, é dicir, ó nacionalismo galego anterior á fundación do Partido Galeguista— onde se salientará de maneira especial o feito da publicación en galego deste programa das festas de Codeseda. Velaquí o interesante comentario do boletín galeguista:
"Un bon amigo noso, o notabre poeta Xosé M. Cabada Vázquez, envíanos un programa das festas que iste ano, 6, 7 e 8 de Setembro, vanse celebrar en Codeseda en honor á Virxe de Guadalupe que se venera na súa ermida da Grela.
Ten o programa a novedade simpática de estar todo el escrito en galego, cousa nova até agora que cómpre facer resaltar e dar a conoscer para que cunda o exempro. Unha cousa que debera ser natural e obrigada por se tratar de festas nas nosas aldeas entre os nosos paisanos que non empregan outra fala que a galega e que polo costume ou pola desgaleguización xeneral, á que vergoñosamente temos chegado, resulta, feita como é debido, algo extraaordinario e dino de gabanza.
Alédanos infinito o feito patriótico que honra aos paisanos de Codeseda e ogallá o seu exempro teña imitadores en toda Galicia" 436.
A teima de Cabada Vázquez por lle dar normalización á lingua galega nas manifestacións públicas de calquera signo, levaralle tamén a redactar para esta festa o seu fermoso poema Nosa Señora da Grela, que se abre con esta estrofa:
Ergueuse o sol moi cediño
e, por ser día de festa,
destrenzou unha muiñeira
na serra de Cabanelas.
Segundo a indicación do propio poeta, o poema foi recitado "pola nena Celia Iglesias Teira, diante a imaxe de Nosa Señora da Grela, o día 8 de setembro —data da súa festa— do 1930" 437.
Se o anterior ocorre a finais do verán coa festa da Grela, pódese dicir que algo semellante sucede coa de San Mauro, avogoso da reuma, ó que se "lle ofrecían figuras de cera, pés ou pernas, mans e brazos, cabezas, etc." 438 e que se celebra en pleno inverno, o 15 de xaneiro, na mesma parroquia de Codeseda. Coma no caso da festa da Grela, o programa da festa de San Mauro do ano 1930, todo el redactado en galego, foi igualmente enviado (posiblemente tamén por Cabada Vázquez) á Redacción de "A Nosa Terra". Dado que non dispoño do programa orixinal e tendo en conta que o poeta de Codeseda debeu de se-lo autor do mesmo —alomenos segundo o testemuño de Ken Keirades 439—, ofrezo ó lector o texto do programa da festa tal como o reproduce "A Nosa Terra" xunto co previo comentario laudatorio do mesmo (co título de Unha vila exemprar), escrito pola Redacción desta importante publicación galeguista:
"Con ademiración e lediza recibimos hoxe o programa das festas a San Mauro adicadas no pobo de Codeseda. Dixemos con ademiración e lediza e aínda poderiamos engadir que con entusiasmo fervente.
En verdade, a cousa non pode ser máis fermosa. Unha vila nosa escolle a nosa fala pra anunciar unha festa que tamén é nosa. Uns versos axeitados ó caso prestan diño marco a cadro tan maestro.
Pra exempro dos demais pobos e pra satisfazón dos que tiveron acordo tan patriótico reproducimos a continuazón o programa menzoado:
Grandes e solemnísimas festas adicará ó glorioso San Mauro a vila de Codeseda nos días 14 e 15 de 1930.
Día 14. Acretadas bandas de música e famosos gaiteiros percorrerán neste día as rúas interpretando escollidas pezas e anunciando de tal xeito o comezo das festas. Foguetes e bombas de tres estalos racharán o espazo; e, no antre lusco e fusco dos dous días, o adoitado fogo de lucería —no que o afamado fogueteiro de Vedra Sr. Gaiteiro ensaiará caprichosas novedás— arrancaralle á xente verbas de loubanza e de ademirazón.
Pola noitiña, celebraranse na igrexa Solemnes Vísporas en honor do Santo.
Día 15. De mañanciña, espertará a xente ó estrondar dun bo feixe de bombas de palenque. Un alongado repiniqueo de campás será a siñal pra dar comezo ás misas rezadas. Polas doce, escomenzará a Solene, na que unha escolma de axeitadas voces, onde entrarán elementos vidos adrede de Santiago, interpretará a Missa de Angelis, con acompañamento do manífico armonium-órgano, propiedade da parroquial de Codeseda. O coñecido e loubado orador sagro Dr. D. Santiago Fernández García ten ó seu cárrego o sermón nesta grande solenidade.
Findada a Misa, formarase a Procesión que recorrerá o camiño adoitado, pra tornar a recollerse. Levará o estandarte o Presidente da Comisión de festexos, D. Manuel Graña Gómez.
Pola tarde, verificarase a ceremonia de impór a tódolos devotos a imaxe do Santo, e recolleranse, de camiño, os ex-votos e esmolas ofercidas.
Ás catro, terá lugar un concurso de bailes rexionás, onde o xurado, denantes desinado, otorgará un único premio á parexa que, á usanza rexional ataviada, millor baile a muiñeira. Dimpois haberá Cucañas, Carreiras de Sacos, de oustáculos, etc., e outra manchea de cousas, que terán de agradar sobremaneira.
Dende as oito da noite gran Verbena, na que o xentío poderá ademirar a artística iluminazón eléitrica, que corre ó carrego do coñecido industrial e dono da fábrica que suministra a enerxía pra o alumbrado da vila e das aldeas abeiradas, D. Xoán Vilas Filloy.
Queimarase gran cantidade de fogo de lucería e de artificio: rodas, ramos caprichosos, monifates, etc., a mais da elevación de globos de diferentes tamaños e figuras maxinarias" 440.
Polo programa das festas de San Mauro do ano 1948, do que dispoño, todo el escrito xa en castelán (debido á política castelanizante do réxime xurdido da contenda civil do 1936), podo deducir que os "versos axeitados ó caso", que "prestan diño marco" ó programa das festas de San Mauro do ano 1930 —dos que fala o anterior texto de "A Nosa Terra"— seguramente serían os mesmos que figuran aínda no encabezamento do programa en castelán do ano 1948, dada a similitude de contido do texto de ámbolos dous programas. O poema adicado á festa de San Mauro, que aparece (sen título) no programa da festa do ano 1948, está asinado por "Pepe da Xila", que é un dos pseudónimos de Cabada Vázquez, aínda que este o emprega só poucas veces. O poema non aparece aquí en realidade por primeira vez, porque xa fora publicado, xustamente poucos días antes da festa de San Mauro do ano 1930, no "El Emigrado" co título O San Mauro de Codeseda 441. De aquí que sexa lóxico supoñer que o texto deste poema de Cabada Vázquez fose o mesmo que apareceu no programa da festa de San Mauro deste mesmo ano 1930 e que "A Nosa Terra" describe como "versos axeitados" ó acontecemento festivo de Codeseda, sobre todo se é verdade que foi Cabada Vázquez tamén o autor do texto en prosa do resto do programa.
Como por estas datas (mediados de xaneiro de 1930) Cabada Vázquez atopábase xa de novo en Santiago, fixo a viaxe da cidade compostelá ás festas da súa parroquia natal acompañado polos seus compañeiros e amigos, Santiago Fernández García (o encargado do solemne sermón da festa) 442, Casimiro Cubela e Secundino Cortizo 443. O Presidente da Comisión de festexos de San Mauro deste ano 1930, Manuel Graña Gómez, non deixará de agradecer posteriormente, de maneira formal, en "El Emigrado", al "entusiasta Sr. Cabada, a quien debemos mucha colaboración" 444.
No verán deste mesmo ano 1930, Cabada Vázquez asistirá á celebración da misa nova, na súa parroquia natal de San Xurxo de Sacos (Cotobade), do seu íntimo amigo Casimiro Cubela García, tomando tamén nela parte activa. Na súa primeira misa acompañarán ó novo presbítero como diácono Secundino Cortizo e como subdiácono o poeta de Codeseda (se ben este recibira xa o 14 de xuño deste mesmo ano a orde do diaconado). "O solene acto da súa primeira misa —segundo as palabras do texto galego da invitación do novo presbítero á mesma— terá de celebrarse ás once da mañán do día 6 de Agosto do 1930, festa dos irmáns mártires S. Xusto e S. Pastor, na Ermida a iles adicada, fregresía de S. Xorxe de Sacos (Pontevedra)" 445. Como na anterior festividade de San Mauro de Codeseda, o encargado do sermón da misa nova será Santiago Fernández García. De maneira que os catro amigos atópanse agora de novo xuntos noutra celebración relixiosa e festiva. Rematadas a misa, procesión e beixamáns, "el nuevo presbítero obsequió a los numerosos concurrentes (que pasaban de un centenar) con un exquisito y bien servido banquete, en la tan nombrada y hermosa Carballeira do San Xusto" 446.
É cara ó final do festivo xantar cando Cabada Vázquez —amosando, unha vez máis, a súa decisión de darlle proxección pública á lingua galega— "lee unas poesías suyas, enxebres, alusivas al acto, que fueron muy aplaudidas" 447. O poema lido e redactado para esta ocasión é o titulado Hoxe houbo festa no Ceo 448. Cando Casimiro Cubela celebrou as vodas de ouro en 1980 da súa misa nova, no mesmo lugar e día, non puido menos de lembrar, en carta escrita ó autor deste ensaio, o poema lido alí medio século antes polo seu amigo de Codeseda: "Allí leyera Pepe su hermosa y sentida poesía, que trae Vagalumes, 'Hoxe houbo festa no Ceo'; si viviese hoy..., su asistencia sería obligada, D. m., y leería otra, quizá: 'Hoxe hóuboa tamén na terra'..."
Por iso, cando no ano seguinte se anuncien as "Grandes Festas que terán de celebrarse en honor dos groriosos Nenos Irmáns S. Xusto e S. Pastor os días 5 e 6 de agosto do 1931" —segundo reza o título do programa (redactado tamén todo el en galego)—, o extenso programa estará enmarcado, á dereita e á esquerda, por case trinta versos do poema Hoxe houbo festa no Ceo, lido na Carballeira do San Xusto por Cabada Vázquez no ano anterior, e por outro poema (da probable autoría, tamén, do poeta de Codeseda) sobre a Carballeira do San Xusto 449.
Cando no curso 1927-28 volve á Universidade Pontificia de Santiago, despois de catro longos anos de ausencia, Cabada Vázquez ten xa moi claro que a súa promoción da lingua galega ha de estenderse tamén ó interior da institución eclesiástica. Cousa en verdade nada doada, se se ten en conta a ampla historia do sometemento fáctico da lingua e cultura galegas á intromisión política castelá. O que di A. Rodríguez Fraiz (alumno do Seminario de Santiago, posterior a Cabada Vázquez, ó que chegou aínda a coñecer no mesmo Seminario), nado na Terra de Montes, en Santa Mariña de Tomonde (Cerdedo), sobre a situación durante os seus estudios no Seminario pode sen dúbida ser aplicado tamén á época, algo anterior, do estudiante de Codeseda, parroquia limítrofe coa Terra de Montes: "A fala no Seminario foi para min un verdadeiro trauma. Eu non tiña outra lingua —e coma min os da Terra de Montes— cá galega, que no Seminario era unha lingua proscrita: a lingua dos aldeáns e atrasados [...] Os que procediamos da Terra de Montes, de fala exclusivamente galega e nula ou case nula escola, fómo-los que padecemos máis aquel status inquisitivo e discriminatorio, case que soamente pola lingua" 450.
Pois ben, neste contexto debeu de ser sen dúbida para o entón xove seminarista (quince anos de idade) de Tomonde unha forte experiencia liberadora presenciar a Cabada Vázquez recitando nun importante acto público na Universidade Pontificia o seu poema Na fala meiga 451. Este acto —do que se conserva aínda o programa entre os papeis de Cabada Vázquez— leva como título "Velada que la Universidad Pontificia Compostelana dedica al nuevo Arzobispo de Santiago Excmo. y Revmo. Señor Dr. D. Fray Zacarías Martínez Núñez el día 17 de Mayo de 1928 a las siete de la tarde". De entre tódalas actuacións (catorce en total) da velada en homenaxe ó novo arcebispo (discursos, cancións, poesías, etc.) a única poesía en lingua galega é a do poeta de Codeseda 452, o que non deixa de ser digno de mención, se se ten en conta tanto a devandita actitude respecto da lingua galega no seo da institución eclesiástica universitaria coma o feito de non ser galego o novo arcebispo (nado na provincia de Burgos), ó que o poema vai dirixido. Nun acto público tan importante Cabada Vázquez non podía deixar de aproveita-la ocasión para dar testemuño da dignidade da lingua galega, da que el fai no poema cumprida gabanza en sonoros versos. O xornal "El Compostelano" ofreceu no día seguinte detallada información sobre esta Velada literario-musical, indicando que a poesía de Cabada Vázquez "fue muy celebrada". En canto ós asistentes á Velada, informa así mesmo o xornal: "Hallábase el salón artísticamente adornado y rebosante de numeroso y distinguido público. Ocupaban la presidencia el señor Arzobispo, Rector de la Universidad, director del Instituto, Alcalde, con una comisión de concejales, el coronel del Regimiento de Zaragoza, el Deán, Arcipreste, Chantre, Tesorero, Doctoral, Lectoral, Magistral, los canónigos señores Capón y Sande, Cámara de Comercio, Liga de Amigos, Círculo Mercantil, PP. Jesuitas y PP. Franciscanos" 453, ademais do claustro de profesores da Universidade Pontificia, segundo se indica noutro xornal 454.
Cabada Vázquez, pouco antes de abandonar definitivamente a carreira eclesiástica, terá aínda ocasión de recitar publicamente, en parecidas circunstancias, outro poema seu en galego, co título latino Sursum...Corda! 455, nun acto presidido polo arcebispo compostelán. O poema do poeta de Codeseda foi, efectivamente, o colofón doutra "Velada literario-musical" organizada pola "Academia de Estudios Misionais" da Universidade Pontificia compostelá, que tivo lugar no Salón Teatro da mesma na tarde do domingo, día 12 de abril do 1931 456.
Xa indiquei máis arriba a sintonía que, no que á estima da lingua galega se refire, había entre A. Amor Ruibal e Cabada Vázquez, que residía por entón co sabio compostelán no mesmo edificio (Pazo de Raxoi). En conformidade con este, sostén Cabada Vázquez, pouco despois do falecemento de Amor Ruibal no 1930, que a "predicación en galego" era "cousa á que debe chegarse axiña" 457. Para iso era mester realizar ó tempo unha tarefa de trasformación e acomodamento á lingua e á cultura galegas dos principais textos pedagóxicos e catequéticos da predicación e ensino eclesiais. De feito, Cabada Váquez iniciou (polo menos), co seu manuscrito do que existen varias páxinas e que leva por título Decraración da Doctrina cristiana por preguntas e respostas, a traducción ó galego do popular Catecismo do P. Astete, respondendo así tamén ó desexo comunicado a el por Amor Ruibal 458.
Por outra parte, Cabada Vázquez, no tempo da súa permanencia na Universidade Pontificia de Santiago, non limitou a súa actividade a prol da dignidade e normalización do uso da lingua galega ás relacións, públicas ou non, no interior da institución eclesiástica, senón que procurou tamén manter cara ó exterior esta mesma actitude. Así aparece, cando o poeta leva xa un par de cursos en Santiago, na xa mencionada polémica do "El Emigrado" sobre a función do maxisterio. Cabada Vázquez, efectivamente, utilizou sempre, á diferencia do seu contrincante principal, a lingua galega nas súas intervencións, cousa que el por outra parte considera normal: "Nada me ten que agradecer [Ken Keirades] por empregar a léngoa galega. Non é cousa nova en min, xa que nela pubriquei o pouco que teño pubricado, e nela falo a cotío, sentíndome orgulloso de facelo. ¡Galego, e sempre galego!... Fago ista salvedade, porque calquera coidaría, ó ler as liñas das Rexoubas, que a doce fala nosa era somente a fala de Ken Keirades" 459. É neste contexto do seu convencemento de que a lingua falada debería ser tamén a escrita como hai que entende-la súa ironía contra certas terxiversacións da súa opinión por parte de "Ramón de Tabeirós": "Pois iso me colga ise Sr. Ramón no seu 'Replicando' [...] Mais, polo visto, o Sr. Ramón non reparou nisas liñas ou, se reparou, non atinou a entreverlles o seu verdadeiro senso, cecais por ser elas escritas na nosa fala, a fala dos seus pais e mais dos meus" 460.
A comezos de abril de 1930 enviará Cabada Vázquez ós seus amigos C. Díaz Baliño, M. García Barros (Ken Keirades), etc. comunicación, impresa no prelo do Seminario compostelán, sobre a súa promoción á orde eclesiástica do subdiaconado, co seguinte texto, naturalmente en galego:
"Xosé Ml. Cabada Vázquez E. a V. a M. e fólgase en participarlle que no día de hoxe foi promovido ó Sagro Orde do Subdiaconado, no que, compracido, se lle ofrece. Santiago (Pazo de Raxoi), 5 de abril de 1930".
Ken Keirades fará referencia no "El Emigrado" a esta comunicación do seu "querido amigo, irmán y colaborador", aledándose de que estea escrita "en nuestro hermoso idioma", o que dá a entender que non era esta a maneira normal de comunicar tales acontecementos 461.
O compromiso de Cabada Vázquez co galeguismo e coa lingua da súa terra lévao a acceder ó desexo dos seus amigos de publicar no ano seguinte (1931) un volume cunha escolma dos seus poemas dispersos. Sen embargo, pese a ter publicado un bo número de poemas en castelán (sobre todo na súa primeira época), o volume estará constituído exclusivamente por poemas escritos en galego. É posible que un dos primeiros comentadores deste volume, Vagalumes, interprete axeitadamente este feito, cando escribe: "Y sólo canta en gallego porque la poesía es —como dijo Maragall— la palabra viva, palpitando todavía el misterioso ritmo de su origen divino en la boca del pueblo, que es su madre tierra, y porque sabe que, aunque un pueblo, rostro en tierra, caiga esclavo, si conserva su idioma, jamás se extinguirá en el santuario de su alma la lámpara votiva y salvadora de un fervoroso sentimiento étnico" 462.
Por testemuño recibido de alumnos da súa época de docencia en Vigo, concretamente no Colexio "Labor", teño constancia, finalmente, de que, pese a se-la docencia da lingua latina a súa ocupación fundamental nas institucións docentes nas que exerceu o seu labor, non deixaba de suscitar e crear nos seus discípulos, dunha ou doutra maneira, un vivo interese polo coñecemento da literatura galega.

XII. Compromiso político galeguista
Agora ben, todo este esforzo e interese de Cabada Vázquez por promocionar e espalla-la lingua e cultura galega en todo momento e circunstancia está perfectamente artellado coa súa ideoloxía xeral galeguista, sobre a que agora ofrezo algunhas informacións.
Hai que salientar, en primeiro lugar, que esta clara e decidida actitude súa ideolóxica foi recoñecida e admirada por importantes persoeiros da política e das letras daquel entón, sobre todo no intre de dar apresurada nova da súa inesperada morte. Pero xa Otero Pedrayo percibira, ó ler e comenta-los poemas de Vagalumes, nada máis saír este do prelo a comezos do 1931, que o libro "siñifica —polo menos asina o creio no meu homilde entender— un compromiso ca Galicia" por parte do seu autor e, así, este convértese, segundo Otero Pedrayo, en "troveiro de redenzón e da pureza espirtoal da nosa Pátrea" 463. Veremos aínda que isto que di aquí o grande persoeiro das letras galegas é moi verdade, sobre todo se se teñen tamén en conta outros poemas e escritos non aparecidos en Vagalumes.
Son, por outra parte, diversos os testemuños da clarividencia e decisión coas que o poeta e político de Codeseda se entregou á causa do galeguismo, o que só se poderá comprender, sen embargo, na súa medida cando máis adiante faga referencia máis concreta á súa actividade política. Velaquí algúns destes testemuños.
O "Heraldo de Galicia" indica que Cabada Vázquez tivo "un corazón lleno de fe en los altos destinos de Galicia y de esperanza en su triunfo". "Pero además —continúa a dicir o xornal ourensán— era de aquellos que, concibiendo el galleguismo como un apostolado de cada hora, de cada momento, no perdía ninguna ocasión ni ningún pretexto, por pequeño e insignificante que pudiera parecer, en los que pudiera conseguir una manifestación del espíritu de nuestra tierra, de nuestra raza, de nuestro idioma". Deste xeito o xornal califica a Cabada Vázquez como "una de las más puras sensibilidades del galleguismo" 464.
"A Nosa Terra" (o Boletín do Partido Galeguista) "con dor fonda e coa alma amargurada" lamentará, ante a súa desaparición, "esta nova baixa nas fías dos loitadores da galeguidade", que se engade á, pouco anterior, de Antón Villar Ponte 465.
Para o irmán deste último, Ramón, Cabada Vázquez soubo "ofrescer un xurdio exempro de capacidade prena e de patriotismo insuperábel", porque para Ramón Villar Ponte era el un gran amador de Galicia 466, calificación esta á que non se deixará de facer referencia dun lado e doutro 467.
En realidade, Cabada Vázquez soubo vencellar de maneira persoal e efectiva a súa actividade literaria coa praxe política, non sendo para el a unha independente da outra. Non poucos dos seus poemas e escritos expresan, por iso, directamente a súa ideoloxía política; a súa praxe política, por outra parte, pretende levar á realidade social o que sen ela permanecería estéril e sen proxección práctica.
Polo que se refire ós seus escritos (poemas sobre todo) que teñen como tema principal o problema social e político de Galicia como entidade cultural e humana que posúe unha determinada unidade propia, o poeta de Codeseda é moi explícito na súa demanda de toma de conciencia desta realidade, facendo de diversos modos unha crítica literaria decidida a modos de comportamento social, cultural e político non conformes coas esixencias do momento histórico. O pensamento do poeta e político de Codeseda móvese aquí no contexto ideolóxico do movemento agrario (que tan forte pulo tivo en Galicia desde finais do século XIX e durante todo o primeiro tercio do século XX), do anticaciquismo e do galeguismo, adquirindo este último cada vez máis entidade e autonomía ó incluír en si ós dous anteriores.
Moi ó comezo xa da súa actividade literaria o xove Cabada Vázquez, con só vinteún anos, publica nun mesmo día os poemas Na fala galega 468 e Na tumba de Murguía 469, sendo o primeiro unha loa poética da lingua galega e o segundo expresión do sentimento pola perda que significa para Galicia a recente desaparición do gran galeguista. Neste intre o poeta atópase aínda nas aulas da Universidade Pontificia, antes da súa primeira e temporal ausencia durante catro anos. Naturalmente co seu próximo provisional abandono (só un par de meses despois) dos estudios e da disciplina eclesiais o poeta poderá adoptar unha postura máis radical. Isto é o que ocorre co seu poema A loitar, no que se atopan estrofas coma estas:
¡Ánemo, galegos!
¡Todos a loitar!
[...]
¡Pillémo-las fouces!
¡Marchemos á liza
sega-las cabezas daqueles treidores
que tantos escarnios fixeron
da nosa Galiza!
¡Seguemos sen medo
pra logo acabar!...
E quede dende hoxe pra sempre o galego
liberto de tales larpeiros!...
¡Sexamos hirmáns!
[...] 470
Pero despois de pouco máis de dous meses de publicar este poema, a mediados de setembro deste ano 1923 as circunstancias políticas cambian co inicio da Dictadura de Primo de Rivera, que vai durar ata finais de xaneiro do 1930. O poeta ten, pois, alomenos de momento, que frea-lo seu entusiasmo e radicalidade autonomista e galeguista, para transformalos en algo máis sentimental e abstracto e publica entón, un mes despois do comezo da Dictadura, o seu poema A Galicia 471, no que o intimismo e a saudade pola terra querida só ofrecen acougo e tenrura ó sentimento interior.
De todos modos é ben sabido que os galeguistas, entre outros, recibiron ó principio cunha certa esperanza e benevolencia o advenimento da Dictadura, porque polo menos nas declaracións formais falábase da posibilidade dunha determinada descentralización administrativa e do uso das linguas rexionais, criticándose ademais o caciquismo, etc. Só a finais do 1923 ou comezos do ano seguinte tiveron o convencemento claro de que a Dictadura non quería saber nada de nacionalismos e, polo tanto, de que estaba en contra de toda clase de galeguismo político, ó exercer, entre outras cousas, ferreamente a censura previa contra as súas publicacións 472.
É neste primeiro contexto político, dunha certa esperanza do galeguismo nas promesas da Dictadura, como hai que entender tanto o artigo ¡Redención! como o poema Alborada de Cabada Vázquez, publicados respectivamente en outubro e decembro deste ano. O primeiro, escrito en castelán, é unha expresión de confianza na prometida política de Primo de Rivera fronte á lacra do caciquismo que —segundo o xove (vinteún anos) político de Codeseda— afecta sobre todo a Galicia e é a causa fundamental da miseria dos labregos e da sangría da emigración. Velaquí só un dos párrafos da crítica de Cabada Vázquez ó caciquismo:
"¡Sí!; el suelo gallego venía siendo de un modo preponderante el campo de acción para el caciquismo. No parece sino que esos hombres, hijos muchos de ellos, para deshonra y vergüenza nuestra, de padres gallegos, habían hecho voto de contribuir con todos sus esfuerzos a abrir el camino por donde necesariamente tenía que despeñarse el pueblo celta; no parece sino que esos hombres habíanse persuadido de que la vida era solamente para ellos y solamente a ellos les era lícito vivir; pero, ¿de qué modo?, ¿a expensas de quién?: a expensas de la sangre de sus semejantes —que ellos consideraban inferiores— del modo más asqueroso: como parásitos, a cuesta de lo ajeno."
Curiosamente, a proclama final (o único en galego da mesma) repite os dous primeiros versos do anterior, decidido e valente, poema A loitar (publicado antes de que se establecese a Dictadura), como se deste xeito o poeta quixese, dalgunha maneira, descarga-lo poema do seu claro contido político galeguista ou autonomista (contrario á Dictadura) e reorientalo así cara á loita social contra o caciquismo (esta si anunciada ou prometida pola Dictadura). Este é o remate de ¡Redención!:
¡Ánemo, galegos!
¡Todos a loitar! 473.
Despois de pouco máis dun mes, o poeta daralle forma poética ás ideas do seu artigo ¡Redención! no poema Alborada, onde Primo de Rivera non é xa nomeado explicitamente (como en ¡Redención!) pero si louvado e cantado implicitamente como "novo Moisés" e "Libertador" da tiranía e do caciquismo que asoballan ós galegos. Velaquí as estrofas coas que comeza e remata Alborada:
¡Hosanna, galegos! Cantemos sin medo,
co curazón ledo,
ó novo Moisés.
¡Hosanna! O Tirano ferido agoniza,
e a nobre Galiza
xa é libre outra ves.
[...]
¡Hosanna, galegos! Cantemos sin medo,
co curazón ledo,
ó Libertador.
¡Xa en toda Galiza se escoita a alborada,
que anuncia a chegada
dun tempo millor!... 474
O galeguismo de Cabada Vázquez terá, pois, despois de comezos do 1924 e ata que remate a Dictadura un carácter sobre todo social ou agrarista, concretamente na liña do anticaciquismo e da tamén polo Directorio pretendida supresión ou "redención" definitiva dos foros, que de feito se levará a cabo legalmente co decreto de finais de xuño do 1926. No seu longo poema Os banqueiros do demo, publicado en outubro de 1925 475, o poeta fará unha dura crítica á usura e á idolatría do diñeiro duns poucos (que provoca a emigración ou a situación de "misérrimos caseiros" dos máis), na forma dun animado diálogo do rico e prepotente usureiro que chega ás portas do Ceo, atopando a oposición do porteiro San Pedro e tendo que dirixirse, en consecuencia, cara ó inferno, no que hai seguramente "marqueses e ministros". O poeta anceia e clama por unha Galicia mellor, unha Galicia "resucitada" dunha precaria situación, tal como se di nunha das Moxenas do poema deste mesmo nome, publicado en Nadal do 1925:
O mar freme e brúa o vento,
núbrase o sol, treme a terra...
¿Será, quizaves, chegada
a Resurrección galega? 476
En marzo do ano seguinte, poucos meses antes do decreto-lei de Primo de Rivera polo que se declara a redención de foros, o poeta publica aínda Berros de loita, que adica a R. Cabanillas. Cabada Vázquez fai aquí unha chamada á loita labrega contra a "xauría de lobos", tal como son calificados cantos asoballan ós labregos con impostos e cargas imposibles de aturar. Ó final de cada unha das tres partes nas que se divide o poema aparecen estas enérxicas chamadas á resistencia labrega contra "a xauría de lobos famentos":
[...]
¡Upade, mociños;
petrucios, ergueivos,
e á loita aprestaivos
con paus e fungueiros!
[...]
¡Pillade as forcadas!
Soltade, lixeiros,
os cans, e apurrádeos.
¡Á loita, labregos!
[...]
¡Upade, mociños;
petrucios, ergueivos!
¡Que o sol do porvir alumee
ó probe labrego xa ceibo!... 477
En realidade o poeta faise aquí eco (e ó tempo dálles novo pulo) das mobilizacións públicas que se ían sucedendo na sociedade galega a prol da eliminación da renda foral. Hai que recoñecer que o decreto de Primo de Rivera respondeu de feito neste senso a moitas das esperanzas postas nel por sectores maioritarios da sociedade galega, concretamente a rural. Velaquí, en efecto, como xulga desde este punto de vista á Dictadura o historiador Barreiro Fernández:
"A Ditadura veu como consecuencia da profunda crise postbélica e en consonancia co ciclo da crise mundial. En España había particulares razóns pra facer máis urxente o cambeo: un réxime parlamentario caduco, unha absoluta falla de credibilidade e a inseguridade cidadán, xa que a rúa estaba tomada polo anarquismo ou polo pistolerismo branco. A saída soio podía ser unha revolución ou unha ditadura. O capital financieiro e a burguesía, e se cadra a mesma monarquía, impediron a revolución promocionando a Primo de Rivera [...] En Galicia a Ditadura xogará un papel decisivo no agro, até o ponto de poder afirmar que o paso da Ditadura foi altamente beneficioso pra este sector. O problema aberto no agro era o da eliminación da renda foral. O movemento agrario viña sostendo dende 1905 unha loita arreo e, en certa maneira, heroica neste senso [...] Despois dun período de estudo, aparece en 1926 o decreto de redención foral que fará do Ditador unha figura particularmente estimábel pró campesiño galego" 478.
Aínda que a redención efectiva dos foros se fixo pouco a pouco 479, a loita dos labregos, secundada por políticos e poetas, entre eles o poeta de Codeseda, tivo éxito. Por iso, cando no curso 1927-28 Cabada Vázquez decide volver á Universidade Pontificia para continua-los seus estudios, pódese dicir que seguramente tería tranquila conciencia do deber cumprido.
Á Dictadura réstanlle aínda varios anos para chegar á súa fin. O poeta, agora de novo en Santiago, seguirá, sen embargo, coa súa teima a prol da xustiza social e, en canto a censura da Dictadura o permite, a prol tamén dos dereitos culturais, lingüísticos e políticos de Galicia como entidade diferenciada. Xustamente no día de Nadal de 1927 publica o seu sentido poema Nadal 480, fortemente crítico contra a desigualdade social, simbolizada no contraste entre a morte do pobre pecoreiriño "de neve cuberto" e o rico Pazo "onde se folga e se bebe". En troques, no xa máis arriba mencionado poema Na fala meiga, recitado en maio do 1928 perante o novo arcebispo Zacarías Martínez, o poeta reivindicará a dignidade lingüística e cultural da "fala de Galicia", salientando a súa proxección histórica e a súa calidade literaria en versos coma estes:
[...]
Falarvos hoxe quero na léngoa dos Chariños,
dos Pontes, Airas Núñez e Alfonso, o sabio rei;
Feixóo, Sarmiento, Andrade, Cernadas e os Camiños,
Macías, Martín Códax, Rodríguez e Camoens.
Na léngoa en que nos falan "As musas das aldeas",
os "Aires da terriña" e "A Virxe do Cristal";
na que, eisilado, Añón chorou bágoas a cheas,
e ós pinos rumorosos oeu queixar Pondal.
Na fala melosiña da excelsa Rosalía,
que en "Follas Novas" quixo a i-alma nos deixar [...] 481
Aínda que a dimensión política do galeguismo está constrinxida na Dictadura, ela non pode menos, sen embargo, de aparecer dunha forma ou doutra. Así ocorre no poema Primaveira, de abril do 1929, no que ós primeiros versos sobre o "esbrochar das roseiras" primaverais se vencella logo, case inesperadamente, o pensamento, máis ou menos explícito, da liberdade política de Galicia:
[...]
¡Xuventude...! ¡Galicia...! ¡Primaveira...!
Novas roitas abertas, e a bandeira
frameando da santa Redención... [...] 482.
Que nestes versos está presente unha certa intencionalidade política pódeo amosa-lo feito de que foi publicado tamén posteriormente, despois de rematada a Dictadura, en "A Nosa Terra", a publicación directamente vencellada ó galeguismo anterior a fundación do Partido Galeguista 483.
Sen embargo, o tema do caciquismo volve loxicamente unha e outra vez na poesía crítica de Cabada Vázquez no tempo da Dictadura. Así ocorre unha vez máis, de maneira explícita no seu longo poema, de finais de agosto do 1929, Vítimas 484, adicado significativamente ós "galegos emigrados alén-mar". Os protagonistas "Pepiño" e a súa nai "a Chuca", que aparecen ó final traxicamente exánimes, abrazados o un á outra, son —como se di nuns dos versos— "vítimas desa canalla / que se alcuma caciquismo", que aquí é relacionado, ademais, explicitamente coas eleccións nas que o cacique adoita exerce-lo seu poder.
A Dictadura rematou a finais de xaneiro de 1930, un ano antes da aparición de Vagalumes. Por iso (se ben a proclamación da República é aínda algúns meses posterior á saída á luz deste poemario) van poder ter xa cabida nel algún poema ou algúns versos de determinados poemas, dos que non teño noticia de teren sido publicados polo seu autor con anterioridade noutro xornal ou revista. Son versos que levan xa en si unha determinada carga política, como o breve poema titulado ¡Galego!, que é unha decidida exaltación patriótica de Galicia:
Máis que ás mulleres todas,
quero á nai miña;
máis que a tódalas terras,
quero a Galicia.
Máis que a tódalas patrias
a nosa patria,
máis que tódalas falas
a nosa fala.
Máis que as bandeiras todas
nosa bandeira,
máis que tódalas terras
¡a miña terra! 485
Outro tanto ocorre co poema ¡Moitas gracias!, no que se inclúen determinados versos dun contido claramente político e galeguista, non só anticaciquista ou crítico respecto de determinados comportamentos sociais. O poeta prega nel, en efecto, con "ardente pregaria"
[...]
pola Galicia ceibe
con libertade sagra,
por tódolos valentes loitadores
que forman nestos tempos a cruzada
dos escollidos bos e xenerosos
que loitan pola Terra e pola Fala [...] 486
Mais as posibilidades de que Galicia avante na conciencia de si mesma a nas capacidades de autogoberno adquiren unha nova perspectiva co advenimento da República en abril de 1931, pouco máis dun ano despois do final da Dictadura. Este acontecemento foi moi importante na biografía de Cabada Vázquez e tivo sen dúbida tamén un forte influxo na súa cada vez máis envolvente implicación política co galeguismo, da que axiña falarei. Mais querendo limitarme de momento somentes ó, por dicilo así, mero precipitado literario da ideoloxía política do poeta de Codeseda, aludo finalmente ó seu decidido e comprometido poema, lido publicamente no día da festa do Apóstolo Santiago deste mesmo ano ante a estatua de Rosalía en Compostela, tres meses depois da proclamación da República. Este poema, co título No Día de Galicia, é todo el unha chamada á liberdade de Galicia e á loita por conquerila. Velaquí so algúns versos e o final do poema:
Galicia xa desperta
do sono en que dormira escravizada,
e a voz dos xenerosos
exténdese por montes e valgadas
chamándonos á loita que escomeza
pra conquerir a libertade ansiada.
[...]
¡Galicia!... ¡Nai Galicia!... ¡Terra a nosa!...
¡Caiamos por Galicia na batalla! 487.
Deste xeito, e máis alá da proxección literaria da actitude política de Cabada Vázquez, faise preciso aludir xa máis directamente a esta mesma.
O comezo da súa explícita actividade política está vencellado á súa relación coas "Irmandades da Fala", que teñen o seu inicio coa fundación en 1916 da primeira Irmandade na Coruña polos irmáns Antón e Ramón Villar Ponte 488, que manterán sempre unha estreita relación de amizade e de afinidade ideolóxica con Cabada Vázquez. Sen poder facer aquí unha análise detallada da importancia da contribución das Irmandades á emerxente política galeguista que desembocará na fundación do Partido Galeguista en decembro do 1931, limítome somentes a aludir ó que escribe Rojo Salgado sobre as "Irmandades da Fala":
"No cabe la menor duda de que el año 1916 supone un cambio sustancial en la vida política y cultural gallega. Es a partir de esta fecha cuando la intelectualidad gallega, hasta entonces limitada en su mayoría a defender posturas meramente regionalistas o agraristas, se encara resueltamente con la cuestión nacionalista. Y aunque [...] la definición nacionalista no llega a producirse propiamente hasta la Asamblea de Lugo en 1918, es a partir de 1916 cuando la opción nacionalista se presenta como algo irreversible en el horizonte político gallego" 489.
É verdade que na IV Asemblea das Irmandades, celebrada en febreiro de 1922 en Monforte, se produxo unha escisión entre a liña máis directamente "política" (representada pola Irmandade da Coruña, con L. Peña Novo á cabeza) e a liña máis "culturalista" (defendida principalmente polo grupo de Ourense: Risco, Losada Diéguez, etc.), triunfando oficialmente esta última coa creación da "Irmandade Nacionalista Galega" (I.N.G.). Pero foi xustamente a Dictadura de Primo de Rivera (que se inicia en setembro do ano seguinte) a que acabou de feito con esta división interna. Como di Barreiro Fernández: "A Ditadura de Primo de Rivera eliminou na práctica a fractura das Irmandades, xa que, impedida a liña política, soio era viabel unha tendencia cultural e aínda esta con moitos atrancos" 490. A Dictadura impediu tamén a celebración das Asembleas das Irmandades (que desde o ano 1918 se viñan celebrando con periodicidade practicamente anual).
A V Asemblea (seis meses antes do comezo da Dictadura) celebrouse na Coruña os días 18 e 19 de marzo de 1923. Pois ben, semella que é arredor da data da celebración desta Asemblea coruñesa cando Cabada Vázquez -daquela un xove seminarista de vinteún anos- entra en relación coas Irmandades e fai propios os ideais culturais e políticos das mesmas; teño incluso a sospeita de que Cabada Vázquez asistiu persoalmente a esta V Asemblea 491. En efecto, só un mes despois da celebración da V Asemblea das Irmandades publica o xove poeta e político estradense uns dos seus primeiros poemas -de clara afirmación galeguista-, Na fala galega e Na tumba de Murguía 492, ós que segue, só un par de meses despois, o decidido e rupturista-revolucionario poema A loitar 493, do que máis arriba teño xa presentado algunhas estrofas. Un dos versos ("¡Sexamos hirmáns!") do poema parece facer incluso referencia ó movemento político das "Irmandades", sobre todo se sen ten en conta que no xornal "El Emigrado" (no que se publica o poema) se viñan reproducindo, desde algúns números antes, textos (ideas, programas, etc.) da "Irmandade Nacionalista Galega" (I.N.G.), a nova designación oficial, que, segundo a decisión tomada na IV Asemblea (a de Monforte), debería abrangue-las diversas "Irmandades da Fala" 494.
A publicación deste poema coincide co abandono por parte de Cabada Vázquez dos seus estudios na Universidade Pontificia de Santiago, á que non voltará -como xa sabemos- deica catro anos máis tarde. Ó longo destes anos vaise enfortecendo nel o seu compromiso galeguista, entre outras cousas, por exemplo, coa asidua lectura do xornal vigués "Galicia" (do que se conserva na súa biblioteca particular un bo número de recortes desde outubro de 1923 ata agosto de 1926) e co seu directo contacto coas xentes, labregos e traballadores, de Galicia 495. Sendo como era, por outra parte, "A Nosa Terra" voceiro ou órgano das Irmandades desde a fundación das mesmas (ata empezar a cumprir posteriormente, desde comezos de 1932, a mesma función en relación co recén fundado Partido Galeguista), o poeta iniciou tamén a súa colaboración literaria nesta revista durante estes anos. É posible que o poema Contiño 496 fose a súa primeira colaboración en "A Nosa Terra". En calquera caso, desde o mesmo inicio do ano 1927 (antes aínda, polo tanto, da súa volta á Universidade Pontificia) a súa colaboración na revista das Irmandades non será infrecuente 497.
O seu fervor galeguista non esmorecerá ó volver á Universidade Pontificia no curso 1927-28, senón que máis ben irá en aumento. Hai a este respecto unha curiosa información, que amosa como Cabada Vázquez intentou que o seu inicial compromiso eclesiástico non fose impedimento para seguir mantendo a fidelidade ó seu ideario galeguista. Velaquí o que se di o día dos Difuntos do mes de Santos do ano 1929 no xornal vigués "El Pueblo Gallego":
"Flores a Rosalía y a Brañas.- Hoy, a las once de la mañana, las directivas de las asociaciones escolares se trasladarán al templo de Santo Domingo con el fin de depositar unos ramos de flores y unas coronas en las tumbas de Rosalía de Castro y Alfredo Brañas. El clérigo escolar de Filosofía y Letras señor Cabada Vázquez rezará responso en el acto" 498.
No día seguinte X. Rey Alvite dá conta na súa Crónica de Santiago para o "Faro de Vigo" da actuación do seminarista estradense no interior do templo compostelán de San Domingos de Bonaval:
"El joven clérigo y alumno de Filosofía y Letras, señor Cabada Vázquez, por encargo de los escolares, aplicó responsos en los mausoleos que guardan los restos mortales de Rosalía Castro y Alfredo Brañas" 499.
En realidade Cabada Vázquez nestas datas non era aínda estrictamente crego ou "clérigo", dado que só recibira por entón, algúns meses antes, as ordes menores (e non aínda o subdiaconado e diaconado, que lle serían conferidos no ano seguinte). Pero os seus condiscípulos na Universidade civil compostelá (Cabada Vázquez cursaba estudios de Teoloxía na Universidade Pontificia e ó mesmo tempo de Filosofía e Letras na Universidade Literaria), coñecedores do seu simultáneo compromiso eclesial e galeguista, decatáronse sen dúbida de que Cabada Vázquez era quen mellor os podía representar nese día ante os sarcófagos de Rosalía e Brañas 500.
Que o seu posicionamento galeguista era claro e dicidido amósao tamén o feito da súa relación co xornal vigués "El Pueblo Gallego" desde que este comezou a publicarse en xaneiro de 1924. Unha relación que pasou de ser entusiasta co mesmo ata se converter en cautelosa e distante. Cabada Vázquez alude a isto en xaneiro de 1930 na máis arriba mencionada polémica sobre a función do maxisterio, ó escribir alí:
"Foi certo que nos seus comenzos e nos seus tempos millores lía eu ise preódico e inda algunha vez colaborei nil; mais, cando me decatei dos seus miúdos cámbeos de chaqueta, de que os seus fins eran torcidos, de que era todo menos o que debía ser, xa que por un ichavo era capaz de renegar hastra de Galicia, e, finalmente, de que 'os bos e xenerosos' se arredaban dil, tamén o quixen fuxir" 501.
De feito Cabada Vázquez foi tamén -tal como xa quedou indicado- no tempo da súa ausencia de Santiago deica a súa volta á Universidade Pontificia correspondente en Codeseda de "El Pueblo Gallego". É posible que o seu distanciamento posterior respecto do xornal vigués, que pasa ás mans de Portela Valladares no ano 1927, teña que ver coa postura ambigua do coñecido político pontevedrés respecto da autonomía efectiva de Galicia. Pero o decidido temperamento de Cabada Vázquez non pasaba por estas compoñendas.
En abril de 1930 reúnese a VI Asemblea das Irmandades. Hai constancia certa, tanto polo testemuño de Antonio Fraguas 502, que asistiu á Asemblea, como polas notas manuscritas do propio Cabada Vázquez 503, da asistencia deste (ás tres semanas de ter recibido a orde do subdiaconado) a esta derradeira Asemblea, celebrada tres meses despois de rematada a Dictadura (despois de sete anos nos que as Asembleas non se puideran celebrar) na Coruña o domingo, 27 de abril de 1930. Aquí puido contactar Cabada Vázquez cos outros galeguistas asistentes á Asemblea, como, por exemplo, Víctor Casas, Antón Villar Ponte, Anxel Casal, Xosé F. Lesta Meis 504 (delegados do grupo da Coruña), Vicente Risco (do grupo de Ourense), Valentín Paz Andrade (do de Vigo), Ramón Villar Ponte (do grupo de Viveiro), Alfonso R. Castelao, Antón Iglesias Vilarelle e Xosé Filgueira Valverde (os delegados do grupo de Pontevedra), Xosé Núñez Búa (grupo de Vilagarcía), Manuel Lugrís Freire (grupo de Sada), Camilo Díaz Baliño, Antón Fraguas, Sebastián González (do grupo de Santiago), etc. 505. Nesta Asemblea tratábase, entre outros temas, de dilucidar se o galeguismo das Irmandades había ter ou non unha organización unitaria propia, dada a recente adhesión á ORGA (Organización Republicana Galega Autónoma) dalgúns galeguistas, entre eles A. Villar Ponte. Pero o feito foi que, en realidade e na práctica, debido ás distintas estratexias políticas no seo do galeguismo, as Irmandades non chegarían á verdadeira unión política ata desembocaren finalmente na fundación, a comezos de decembro do ano seguinte, do Partido Galeguista.
A formación e constitución do Partido Galeguista tivo uns importantes precedentes políticos a nivel nacional ou estatal que en boa medida o posibilitaron, de maneira especial a proclamación da República o 14 de abril de 1931 e o triunfo tamén de nacionalistas cataláns e vascos nas previas eleccións. De aquí que os galeguistas inmediatamente anteriores á fundación do Partido Galeguista ensaien tamén aquí e alá formas concretas políticas que se correspondesen coas novas posibilidades autonómicas abertas pola República. É así como xorde na cidade compostelá, gracias á colaboración entre outros do poeta e político de Codeseda, a denominada "Agrupación Nazonalista" de Santiago. Da constitución deste grupo político, só unha semana despois da proclamación da República, dá conta a prensa por primeira vez o 22 de abril. Velaquí a información completa aparecida na prensa sobre esta nova formación política:
"Celebróse en el Recreo Artístico e Industrial de Santiago una reunión de elementos galleguistas con el objeto de constituir una agrupación galleguista que respondiera a las necesidades políticas del actual momento gallego y representara a nuestra ciudad en aquellas asambleas que se celebren con la finalidad de recabar para Galicia aquella personalidad que por derecho propio le corresponde para desarrollar su vida y encauzar y resolver sus problemas.
A esta reunión concurrieron numerosas y significadas personalidades de la localidad. D. Juan Jesús González, iniciador de esta reunión, manifestó a los reunidos que el objeto de la convocatoria que había lanzado a la Prensa tenía por única finalidad sondear la opinión pública en espera de hallar personas que se interesaran por formar una agrupación de carácter galleguista que fuera capaz de llevar la voz de Compostela en las próximas asambleas que se celebren con el fin de discutir el Estatuto que Galicia ha de llevar a las Constituyentes.
Hicieron uso de la palabra los señores Vázquez Enríquez, Banet Fontenla, Tobío Fernández, Carballo Calero, Sebastián González y Juan Jesús González acerca de la denominación que había de dar fisonomía política a este grupo y se acordó, por unanimidad, se llamara 'Agrupación Nazonalista', independiente previamente de las demás agrupaciones similares de otros pueblos gallegos. Seguidamente procediose al nombramiento de un Comité provisional para proceder a la organización del Grupo y por aclamación fueron designados los siguientes señores:
Francisco Vázquez Enríquez, presidente; Juan Jesús González, secretario; Luis Seoane López, vocal contador; Sebastián González, vocal; José Cabada Vázquez, vocal.
Acordóse enviar saludos a todas las demás Agrupaciones de Galicia y América y señalar como residencia oficial de la Agrupación para todo lo concerniente a inscripciones y otros asuntos relacionados con la misma la casa del presidente, calle de las Ruedas, núm. 2.
En la reunión reinó un gran entusiasmo". 506
Cabada Vázquez, xa que logo, é nomeado "vocal" do Comité provisional que debía encargarse da organización efectiva desta "Asociación Nazonalista". O "iniciador" da reunión, Xoán Xesús González, nado en Cequeril (non lonxe da parroquia natal de Cabada Vázquez), era, ademais de escritor e poeta 507, gran activista político, radical nacionalista galego e ó tempo moi preocupado e interesado polos problemas sociais 508. En canto ós outros dous vocais que xunto con Cabada Vázquez formaban parte do Comité provisional, o coñecido artista, pintor e poeta Luís Seoane era daquela un xove de vinteún anos, mentres que verbo do, xove tamén, profesor da Facultade de Filosofía e Letras da Universidade de Santiago, o pontevedrés Sebastián González, xa quedou indicado máis arriba que estaba tamén vencellado ó galeguismo pola súa pertenza ás "Irmandades da Fala" (e máis tarde ó Partido Galeguista).
Oito días despois de celebrada esta primeira reunión na que se decidiu o nome da "Agrupación Nazonalista" e cumprida a función para que fora designado o Comité provisional, foi designada unha nova directiva. Nela non figuran xa nin o anterior presidente (a quen sustitúe na nova directiva Lois Tobío Fernández 509, actuando como vicepresidente Ricardo Carballo Calero 510) nin Cabada Vázquez 511. Pero esta ausencia de Cabada Vázquez da directiva da "Agrupación Nazonalista" non significa de ningún modo que se retirase da súa militancia na devandita Agrupación ou da actividade política en xeral, dado que esta irá, polo contrario, a máis.
En efecto, só tres días despois, o domingo, día 3 de maio, aparece na Estrada nun importante acto galeguista a prol da autonomía de Galicia, tal como informa a prensa un par de días despois: "A las cinco de la tarde comienza el acto, llenándose completamente el espacioso Teatro Constenla. De la 'Agrupación Nazonalista' de Santiago acudieron con este motivo a La Estrada los señores Banet Fontenla, Tobío Fernández, Cabada Vázquez y otros destacados miembros" 512. Neste acto político estradense fixeron uso da palabra Xosé Núñez Búa, Valentín Paz-Andrade e Otero Pedrayo, que foron presentados por Carlos Pardo Ciorraga.
Un par de meses despois empezan en Santiago os preparativos para a celebración do Día de Galicia, o sábado 25 de xullo. Trátase da primeira celebración despois da proclamación da República, da que se espera acada-la autonomía para Galicia. Na antevéspera da festividade do Apóstolo, Raimundo López Pol, que —trala súa elección por unanimidade como alcalde de Santiago poucos días despois da proclamación da República— só levaba tres meses no desempeño do seu cargo, fai o seguinte chamamento ós santiagueses:
"Respondiendo a loable indicación de significados convecinos, la Corporación municipal acordó celebrar solemnemente el 25 del actual mes, el 'Día de Galicia'.
Al efecto ese día a las doce y media se reunirán en el palacio municipal, con el Ayuntamiento, las representaciones todas compostelanas, para recibir a los parlamentarios gallegos que concurran y organizar seguidamente la procesión cívica, que se dirigirá al paseo de la Herradura, a ofrendar a Galicia, ante la estatua de su excelsa cantora, Rosalía, discursos, poesías y flores.
Fiesta de tan alta significación, en la que se hace magnífico alarde de la perfecta unidad y solidaridad de nuestra raza gallega, por todo el mundo extendida y no obstante apasionadamente enraizada a su tierra, no puede menos de contar con la entusiasta adhesión de todo el pueblo compostelano.
Por ello en nombre propio y en el de la Corporación municipal os invito a que ese día engalanéis los balcones y ventanas de vuestras casas con los colores de la Bandera Gallega y concurráis al solemne acto de exaltación de la amada Galicia que, en comunión espiritual con nuestros hermanos de aquende y allende los mares, nos disponemos a realizar.
Santiago de Compostela, 23 de julio de 1931". 513
A resposta do pobo compostelán foi o "numeroso público" 514 que asistiu ós actos deste Día de Galicia. No xornal "El Eco de Santiago" faise unha breve crónica da celebración:
"A la una de la tarde, congregados en el ayuntamiento la corporación municipal, el Seminario de Estudios Gallegos, las representaciones oficiales de todo orden y muchos particulares se formó una procesión cívica en la que figuraron los niños de las escuelas públicas provistos de banderitas de Galicia. Desde la plaza del Hospital por la Rúa del Villar, Fajera y paseo de la Alameda se dirigieron al monumento de Rosalía Castro donde el alcalde y el presidente del Seminario de Estudios Gallegos depositaron una hermosa corona de flores naturales con cintas de los colores de Galicia a los acordes de una gallegada. Luego, en gallego, don Salvador Cabeza de León pronunció un hermoso discurso dedicado a Rosalía Castro [...] Siguióle en el uso de la palabra el señor Cabada, que leyó unos versos dedicados a Rosalía Castro y a los gallegos, a quienes invita para que le rindan los merecidos homenajes luchando por la liberación de la tierra. Por último hizo uso de la palabra el Sr. López Pol, diciendo que lo hacía por el cargo de alcalde que ocupa. Se refirió a los que antes habían hablado y dijo que, ya implantada la República en España, es de esperar que se conceda a Galicia el derecho a gobernarse por sí misma. Manifestó que nuestra región tiene condiciones como ninguna otra para vivir independiente por la riqueza de sus valles y la de sus costas y añadió que Santiago con sus valores artísticos bien destacados, con sus hombres de ciencia y sus literatos ha ido formando la personalidad gallega, cuyo reconocimiento oficial será ahora un hecho. Fue muy aplaudido el Sr. López Pol. Seguidamente, acompañados por la banda municipal, se cantó el Himno Gallego y con vivas a Galicia y a Santiago se terminó el acto" 515.
Na crónica que se publica no "Faro de Vigo" engádese aínda que fixeron tamén uso da palabra neste acto, entre outros, Antón Alonso Ríos e Ramón Fernández Mato, tendo lugar despois un mitin en Santa Susana, no que falaron Bonet Fontenla, Carnero, Vicente Risco, Alexandro Bóveda, Fernández Mato e Otero Pedrayo 516.
Dada a importancia do poema lido polo poeta e político estradense ante a estatua de Rosalía, en canto que reflecte por unha banda a súa decidida actitude política e por outra o importante momento histórico que vivía Galicia nestas datas, reprodúzoo enteiro a continuación:
No Día de Galicia
¡Cantora de Galicia,
esperta do teu sono! ¡Erte!... ¡Canta!...
Chegamos en romaxe á túa beira,
nesta magna Diada,
nas mans coa ofrenda sagra dunhas rosas,
nos beizos a emoción dunha pregaria.
Non vimos a chorar a túa perda,
de abondo xa chorada,
nin a enxoitar tampouco as bágoas nosas.
Outra minsión máis outa e máis honrada
traguemos que cumprir os eiquí xuntos
ó pé da túa estatua:
Queremos ser cruzados de Galicia;
queremos afincar a fe na Causa,
e vimos para armarnos cabaleiros
nesta cibdade santa,
gardadora das cinzas de Santiago,
e verdadeiro altar da nosa patria;
cabaleiros de Cristo e de Galicia,
defensores das libertades sagras
da Terra, e da Fe ardente
que eiquí o Santo Apóstol predicara.
Queremos, Rosalía, que hoxe encendas
no noso peito as roxas labaradas
que outrora os teus Cantares
e as túas Follas Novas inspiraran.
Nas chamas de ise fogo sagrosanto
temprar vimos prá loita as nosas armas,
e a recoller alentos
e folgos pra seguir a roita sagra
que ti nos amostrache nos teus versos
e a miúdo amoleceche coas tuas bágoas.
Repara en derredor,
esperta, nosa Santa,
e escoita as notas fortes e bariles
que vén ceibando ó vento a nosa gaita.
Non chora, cal dinantes nos dixeras,
non chora, non, que canta:
¡canta o rexurdimento dunha terra,
o despertar glorioso dunha raza,
o abrente dunha data que se achega,
o trunfo dunha loita que se agarda!
Galicia xa desperta
do sono en que dormira escravizada,
e a voz dos xenerosos
exténdese por montes e valgadas
chamándonos á loita que escomeza
pra conquerir a libertade ansiada.
Mais hainos que están xordos,
e n'oien a chamada,
e cegos, e non ven o que lle ofrecen,
e coxos ou varados, e non andan.
Por ises malpocados
tamén nosa pregaria:
Que a gracia de El Señor lles abra os ollos,
que anden e que escoiten nosa fala;
que prenda o amor da terra nos seus peitos
e abrase a cobardía das suas almas.

¡Caiamos por Galicia na batalla! 517
O poema foi publicado tamén nun dos Suplementos de "NÓS" 518, precedido alí destes párrafos: "Iste ano celebrouse o Día de Galicia con grande brilantez en moitas cibdades e vilas da nosa Terra. Nos diversos aitos celebrados pronunciaron notabres discursos, antre outros destacados patriotas, os señores Risco, Otero Pedrayo, Castelao, Paz Andrade, Bóveda, Alonso Ríos, Suárez Picallo, Fernández Mato, Alvarez Gallego, Cabeza de León, Cabada, Carballo, Filgueira Valverde e Núñez Búa. Pubricamos hoxe as verbas acesas de galeguidade pronunciadas en Vilagarcía polo irmán Xosé Núñez Búa e a bela poesía de Cabada Vázquez que, de xeito maxistral, leu o seu autor ante o moimento erixido a Rosalía en Compostela" 519.
O feito de ser editado o poema na revista "NÓS" e tamén nun dos seus Suplementos amosa, por unha banda, a estima que de Cabada Vázquez tiñan os homes de "NÓS" e, por outra, deu a coñecer a un público aínda máis amplo có que asistiu ós actos de Santiago a crecente faciana política do poeta de Codeseda 520.
Despois de acadar o 1 de setembro deste ano 1931 a dispensa da orde eclesial do diaconado, Cabada Vázquez está agora ceibe de anteriores vencellos clericais para poder dedicarse máis libremente á actividade política. Como máis arriba quedou xa indicado, un mes despois de acadada a dispensa, desde comezos de outubro deste ano deica o verán de 1933 residirá en Vigo, adicado fundamentalmente á docencia en diversos colexios. É durante os primeiros meses da súa estancia en Vigo cando entra en contacto co denominado "Grupo Autonomista Galego" de Vigo, fundado en 1930, algúns meses despois de rematada a Dictadura e presidido por Valentín Paz-Andrade 521 ata a incorporación do Grupo ó Partido Galeguista, dous meses despois da chegada de Cabada Vázquez a Vigo 522. Paz-Andrade e Cabada Vázquez participaran xa conxuntamente no devandito acto galeguista do mes de maio na Estrada e agora, na asemblea constituínte do Partido Galeguista, formarían parte tamén do grupo dos galeguistas vidos de Vigo á reunión de Pontevedra 523.
Nesta asemblea fundacional do Partido Galeguista, que tivo lugar nos días 5 e 6 de decembro de 1931 en Pontevedra, estiveron representados trinta e dous grupos ou oganizacións galeguistas, asistindo ás sesións uns oitenta "concurrentes" de diversas partes de Galicia. Menciono só algúns dos nomes máis coñecidos dos "concurrentes", ademais dos deputados Castelao, Otero Pedrayo e Suárez Picallo: M. Lugrís Freire, Victor Casas, Plácido R. Castro (A Coruña); M. Bonet Fontenla, Lois Tobío Fernández, Carballo Calero, Sebastián González, Anxel Casal, A. Vázquez Martínez (Santiago); V. Paz-Andrade, Xerardo Álvarez Gallego, X. Ferro Couselo (Vigo); Núñez Búa (Vilagarcía); Carlos Pardo Ciorraga (A Estrada); A. Alonso Ríos (Tomiño); Alvaro das Casas (Noia); X. García Vidal, A. Iglesias Vilarelle, A. Bóveda, Basanta, Filgueira Valverde, Vidal Martínez, Barral Otero, Claudio Losada, etc. (Pontevedra) 524.
A devandita crónica de "A Nosa Terra" indica o seguinte respecto dos debates que tiveron lugar nas diversas sesións: "Durante as sesións da asambreia interviron no debate diversas vegadas os irmáns: Suárez Picallo, Lugrís Freire, Víctor Casas, Plácido Castro, Cortiñas, Banet, Tobío, Cabada, Alvarez Gallego, Núñez Búa, Villaverde, Roxeiriño, Carlos Pardo, Alonso Ríos, Gallástegui, Iglesias, Castelao, Bóveda, Basanta, Alvaro das Casas, Vidal, Xil" 525.
Ora ben, ¿sobre que temática e en que senso foron as intervencións de Cabada Vázquez nas sesións? Algo importante si se pode deducir das crónicas ou reportaxes publicadas pola prensa sobre esta importante asemblea política. Os encargados de defende-la ponencia na asemblea eran García Vidal e Filgueira Valverde (Presidente e Secretario respectivamente da agrupación "Labor Galeguista de Pontevedra", constituída nesta cidade sete meses antes, o 1 de maio de 1931). Pois ben, cando se trataba de discuti-lo apartado relativo á Política Fiscal, tivo lugar o seguinte debate, segundo a información de "El Pueblo Gallego":
"El señor Alvarez Gallego apoya una enmienda al artículo tercero, a fin de que el impuesto fiscal progresivo sobre la renta tenga carácter preceptivo. El señor García Vidal, en nombre de la ponencia, defiende la redacción primitiva del artículo. A favor de la enmienda hablan también el señor Tobío, en nombre del Grupo Nacionalista de Santiago y el señor Cabada, en representación del Grupo Autonomista de Vigo. Después de intervenir reiteradamente los señores García Vidal y Alvarez Gallego, se pone a votación la enmienda presentada. Mientras votan los delegados, propone la ponencia la nueva redacción del artículo, con arreglo al sentido de la propuesta, aprobándose la modificación" 526.
Na redacción definitiva do programa do Partido Galeguista o previo apartado V de Política Fiscal pasou a ser o VI e o discutido artigo 3º deste apartado pasou a ser 4º. O texto deste artigo quedou redactado, despois das devanditas intervencións, deste xeito: "4º Creación de un imposto progresivo sobre a renda" 527. No seu documentado estudio sobre o galeguismo na época republicana indica respecto disto Xavier Castro: "No Proxecto dicíase ambigua e cautelosamente: 'Ensaio' dun imposto fiscal progresivo sobre a renda" 528. A expresión "Ensaio" da ponencia, tal como en principio a defendían García Vidal e Filgueira Valverde, viña de feito e en realidade a baleirar de todo contido o imposto progresivo 529 sobre a renda. De aquí a importancia e a razón que contiñan as enmendas defendidas, xunto con Alvarez Gallego e Tobío Fernández, por Cabada Vázquez, ó esixir que a palabra "Ensaio" fose sustituída pola de "Creación", que ten —segundo indicaba a crónica de "El Pueblo Gallego"— "carácter preceptivo". A nova formulación ten así —segundo o atinado comentario de X. Castro— "un sentido indubidablemente progresista" 530.
Curiosamente, Cabada Vázquez é considerado, con motivo das súas intervencións a prol da preceptividade do imposto progresivo sobre a renda, nunhas informacións como "representante do Grupo Autonomista de Vigo" 531 e noutras como "representante de la derecha" 532 ou "de las fuerzas de la derecha" 533. Sobre a figura de Cabada Vázquez proxectábase en calquera caso o rol desempeñado por el ata só tres meses antes na súa actividade política en canto pertencente tamén, dunha forma máis ou menos plena, ó estamento clerical. De aquí que fose comprensible a adscrición da súa persoa á "dereita", en canto que nesa liña actuou social e historicamente o poder eclesial ou así, alomenos, foi el en xeral percibido. De aí a sorpresa e satisfacción, expresadas nalgunhas crónicas, de que Cabada Vázquez apoiase esa enmenda "progresista" ou socialmente avanzada, ata o punto de ser "ovacionado" pola asemblea despois da súa intervención, tal como sobre este debate informa, por exemplo, "El Ideal Gallego":
"Los puntos más debatidos fueron el impuesto general progresivo sobre la renta, en cuya discusión fue ovacionado el representante de las fuerzas de la derecha señor Cabada Vázquez, que votó la solución más avanzada basándose en el programa católico de Lieja" 534.
O xornal coruñés volve aínda no día seguinte a facer un comentario (co título de Enseñanzas provechosas) sobre este importante debate fiscal na asemblea de Pontevedra, estando no centro do comentario a notable actuación na mesma do galeguista de Codeseda:
"Los galleguistas reunidos en Pontevedra han dado una prueba de fino espíritu político que ya quisiéramos haber visto en los partidos que vienen disputándose la hegemonía en el gobierno de la nación. El amor a unos ideales políticos, acertados o no, eso no vamos a discutirlo, les lleva a una coincidencia en puntos fundamentales que realmente sorprende en estos momentos de pasión e intransigencia [...] Notemos un hecho nuevo registrado en una asamblea política a la que asisten representantes de todos los partidos. En el aspecto social los católicos dieron la pauta y persuadieron a los izquierdistas que el programa por aquellos defendido permite todos los avances que los más radicales pueden desear: los únicos límites que se ponen son el respeto a los postulados de la justicia y la sujeción a las posibilidades de tiempo y lugar para que los daños causados por las reformas no superen a los beneficios que de ella se esperan. La exposición de algunos puntos del programa social de una escuela belga permitió al señor Cabada Vázquez llevar a los debates el espíritu de cordialidad [...] Ocurre frecuentemente que el solo anuncio de que se dispone a hablar un católico provoca las más airadas protestas de los intolerantes que nada quieren saber de las doctrinas contrarias; pero sucede también muchas veces que la exposición de nuestros principios políticos y sociales arranca las más entusiastas ovaciones a públicos predispuestos contra el catolicismo. En Pontevedra bastó que el deseo de mutua transigencia permitiese oír a los católicos para que los asambleístas se midiesen a la solidez de los razonamientos empleados por los oradores que llevaban la voz de los sectores socialmente derechistas" 535.
En realidade, o discurso de Cabada semella ter sido dirixido non tanto ós "esquerdistas" (tal como se indica no comentario do xornal coruñés) como, máis ben, a un determinado sector de católicos ou "socialmente dereitistas" no seo do galeguismo, reticentes ante as necesarias reformas sociais (e que deixaran de feito a súa impronta na primeira redacción do artigo relativo ó imposto da renda). De aí precisamente a utilización feita por Cabada Vázquez de textos directa ou indirectamente eclesiais, ós que fai alusión "El Ideal Gallego" ó indicar que o político estradense baseou en boa parte o seu discurso no "programa social de una escuela belga" ou no "programa católico de Lieja".
En realidade é na cidade industrial de Lieja onde, a finais da penúltima década do século XIX, ten o seu inicio un movemento social católico que en parte influíu na promulgación en 1891 da encíclica social Rerum novarum do papa León XIII 536, da que na biblioteca de Cabada Vázquez se atopan dous exemplares 537. Pola súa parte, as encíclicas pontificias influíron de maneira importante no chamado Código Social de Malinas, redactado pola Unión Internacional de Estudios Sociais fundada en Malinas en 1920 baixo a presidencia do cardeal Mercier. Esta obra, na súa edición española de 1928 (con Prólogo de Severino Aznar), está tamén na biblioteca particular do político estradense e sobre ela ou, máis concretamente, sobre os párrafos do Código relativos ó "imposto" versaría seguramente a súa intervención pública ante a asemblea galeguista de Pontevedra. Velaquí, en efecto, o texto do mencionado Código Social de Malinas, que está sen dúbida na base da enmenda, defendida por Cabada Vázquez, á primeira redacción da ponencia sobre o imposto fiscal:
"Las leyes fiscales justas y justamente aplicadas obligan en conciencia. El esfuerzo de los católicos sociales debe tender a corregir la opinión extraviada en esta materia y a procurar, en nombre de la justicia social, una leal participación de las personas honradas en las cargas del Estado [...] El impuesto, es decir, la contribución a las cargas públicas, sin ventajas inmediatas para quienes lo pagan, es una obligación no real, sino personal, de los ciudadanos, en el sentido de que pesa, no inmediatamente sobre los bienes, sino sobre su poseedor [...] En cuanto el bien común lo permita, la justicia distributiva pide que el impuesto sea, no proporcional a las rentas, sino progresivo; pero no según una razón constante, sino según una progresión que se contiene y modera para acercarse en la cúspide al impuesto proporcional. Llamamos a este impuesto 'progresional'".
Pódese dicir, pois, que Cabada Vázquez, coas súas intervencións na asemblea, contribuíu de maneira importante ó acercamento entre as diversas posturas dos galeguistas asistentes. A súa formación eclesiástica non fixo minguar as inquedanzas sociais nin o seu espírito anticaciquil, senón que lles deu máis ben de feito unha base sólida na que atoparen apoio. Así se explica, por exemplo, a amizade e cercanía ideolóxica e humana que mantivo sempre con persoas autodenominadas de "esquerda", como as que asinaron en Santiago o 14 de xuño de 1931 o manifesto coa cabeceira A ezquerda galeguista fálalle ó país, seis meses antes da celebración da devandita asemblea galeguista fundacional de Pontevedra 538. Os nomes dos asinantes do manifesto eran estes: Alvaro de las Casas, Sebastián González, Antonio Fraguas, Luís Tobío, R. Carballo Calero, Luís Seoane López e Anxel Casal (todos eles, agás Luís Seoane e A. Fraguas, presentes na asemblea fundacional do Partido Galeguista).
Con todos eles mantivo Cabada Vázquez, especialmente na cidade compostelá, estreita amizade e colaboración política. Verbo da amizade, por exemplo, de Cabada Vázquez ata a súa morte con Anxel Casal (asasinado só pouco más de catro neses despois do falecemento de Cabada Vázquez) só un pequeno dato. Despois da victoria da Fronte Popular (no que se integrara o Partido Galeguista) Anxel Casal foi elixido en febreiro de 1936 concellal do Concello de Santiago e seguidamente tamén alcalde por votación dos concellais. Pois ben, Cabada Vázquez dálle cordialmente a noraboa desde Linares ó seu amigo, o novo alcalde, e este respóndelle, en carta con membrete da alcaldía de Santiago, deste modo:
¡Querido Cabada! Recibín a túa garimosa felicitación, que moito agradezo, pola miña chegada a iste cárrego no que estou ao teu dispor e decidido a seguir labourando con todo entusiasmo polo conquerimento dos nosos ideaes.
Recibe unha aperta de Camilo 539 e un feixe de apertas do teu decote
A. Casal.
Casal presidiu aínda, como alcalde de Santiago, a asemblea do Estatuto, no que se viña traballando xa desde tempos anteriores, e o Estatuto foi, por fin, plebiscitado o 28 de xuño deste ano 1936, sendo presentado ó Presidente das Cortes o 15 de xullo (tres días antes do inicio da guerra civil), por unha Comisión da que formaba parte tamén o alcalde de Santiago. Pouco despois da súa volta a Compostela, Casal sería encarcerado (xunto co seu amigo e colaborador no concello, Camilo Díaz Baliño) e "paseado", aparecendo o seu cadáver o 19 de agosto nunha gabia da estrada en Cacheiras, preto da cidade do Apóstolo.
En canto ó seu amigo (e amigo tamén de Cabada Vázquez), Camilo Díaz Baliño, cómpre engadir aquí que foi asasinado, só cinco días antes de Casal, na noite do 13 ó 14 de agosto, atopándose o seu cadáver noutra gabia da estrada do lugar de Saa, na parroquia de Meixide (concello de Palas de Rei) 540. Indica José A. Durán na súa biografía sobre Díaz Baliño que neste se foi operando despois do ano 1931 un crecente corremento cara a posicións de esquerda 541. Pois ben, a mutua amizade entre Cabada Vázquez e Díaz Baliño foi a mesma ata o ano 1936 (ano da morte de ámbolos dous) que nos anos 1930 ou 1931 (na amigable convivencia de ámbolos dous na cidade da Coruña co gallo da celebración, o 27 de abril de 1930, da derradeira Asemblea da Irmandades da Fala ou na xa aludida colaboración artística de Díaz Baliño en Vagalumes a comezos de 1931, etc), tal como se amosa na correspondencia escrita. O 31 de outubro de 1935 mándalle Cabada Vázquez desde Linares ó seu amigo Díaz Baliño "un estreito abrazo e un saúdo garimoso" e de novo, só mes e medio despois, o 15 de decembro, deséxalle "moi felices Páscoas de Nadal e próspero Aninovo dende istas lonxanas terras andaluzas, onde a lembranza de cada amigo é unha estrela encendida no camiño de Sant-Yago". Díaz Baliño responderá o 18 de xaneiro de 1936 a esta felicitación de Nadal do seu amigo estradense co seguinte escrito:
Amigo Cabada: Recibín o teu E. L. M.
Ben e moi ben que te lembres dos amigos e irmáns. Mais ¿cando me mandas a nova da túa voda?
Cómpre que o fagas. Xa non tes impedimento; que a laboura do home na vida é o primeiro facer homes ... ou mulleres.
Un fillo teu, ou unha filla, ten que ser por forza un patriota.
Agardando esa nova e agardando sempre a libertade da Terra, libertade compreta, libertade no senso enteiro da verba, abrázate teu irmán na causa e na Libertade. 542
Cabada Vázquez falecería, inesperadamente, só dous meses e medio despois da data desta carta. Os seus amigos Díaz Baliño e Casal acompañaríano pouco despois como consecuencia da barbarie desencadeada contra os amantes desta "libertade da Terra, libertade compreta, libertade no senso enteiro da verba", da que lle fala nesta derradeira carta Díaz Baliño ó seu "irmán na causa e na Libertade", Cabada Vázquez 543. O poeta e político de Codeseda tivo, polo menos, a sorte de morrer algúns meses antes para non ter que vivi-la traxedia da perda violenta destes (entre outros) seus grandes amigos e o soterramento das libertades cívicas durante longos anos. ¿Ou sería quizais tamén el mesmo, se daquela vivise, outro máis dos afectados polo desenfreo da violencia?
Volvendo á cuestión da ideoloxía do político Cabada Vázquez, non deixa de ser curioso e tamén paradóxico que quen nalgunhas informacións é denominado (de maneira, polo que se ve, pouco feliz) "representante da dereita" fose quen se opuxo, na temática do imposto fiscal, ós defensores do primitivo texto da ponencia, García Vidal e Filgueira Valverde. Eran estes xustamente os que representaban en realidade, ó defende-lo texto da ponencia, unha postura conservadora ou dereitista. De feito non é nada casual que fosen tamén Filgueira Valverde e García Vidal os que, tres anos e medio despois (o 25 de maio de 1935) redactaron e asinaron (xunto con algúns máis) o manifesto polo que se constituía unha nova agrupación denominada "Dereita Galeguista de Pontevedra" 544, afastándose así da disciplina do Partido Galeguista. O nome de Cabada Vázquez non figurará nesta nova agrupación dereitista, nin nas que, seguindo o exemplo da de Pontevedra, se formaron posteriormente en Ourense 545 ou Santiago 546. É posible supoñer que Cabada Vázquez —que con tanta ilusión e entrega persoal traballara polo galeguismo tanto na súa dimensión cultural como política— non vería con bos ollos estes intentos de rompe-la unidade política dun partido que chegara a ser tal co esforzo e a cooperación dos galeguistas das máis diversas tendencias ideolóxicas en decembro de 1931 547.
A postura de Cabada Vázquez nesta temática sería neste senso basicamente semellante á de Otero Pedrayo, que tampouco puxo a súa sinatura entre os asinantes da "Dereita Galeguista", aínda compartindo con eles fundamentalmente unha mesma relixiosidade ou confesión. Como xa máis arriba quedou indicado e analizado, na Afirmación Católica dun Grupo de Nacionalistas, que a finais de outono de 1931 (só pouco máis dun mes antes da asemblea fundacional do Partido Galeguista) asinaron entre outros Otero Pedrayo e Cabada Vázquez (e tamén Filgueira Valverde e Vicente Risco), os asinantes puxeron nela de manifesto as súas protestas contra a intolerancia gobernamental ou estatal en relación coa liberdade relixiosa, de ensino (especialmente en relación cos lexítimos dereitos das ordes ou comunidades relixiosas ameazadas nas súas funcións "se se levan a efeito leis inxustas"), etc. Esta protesta no ía dirixida contra os galeguistas (entre outras cousas porque o Partido Galeguista non estaba aínda fundado), senón contra os poderes centrais ou estatais. Explicitamente din ademais os asinantes da Afirmación Católica dun Grupo de Nacionalistas que manifestan a súa protesta "sen arredármonos das fías do nacionalismo galego", cousa ben diferente da actitude da posterior "Dereita Galeguista" 548, que explicitamente se constitúe en "agrupación" diferente do Partido Galeguista, aínda que disposta —segundo se afirma ó final do manifesto— á "formación dun soio frente sempre que sexa preciso actuar na defensa da nosa Terra" 549.
Despois de remata-la asemblea fundacional do Partido Galeguista (a I Asemblea do partido formalmente constituído) en Pontevedra, Cabada Vázquez proseguirá en Vigo a súa actividade política galeguista, ó formar parte en decembro de 1932, como "Secretario de actas", da nova directiva do Grupo Galeguista de Vigo, que viña a se-la continuación do Grupo Autonomista Galego da mesma cidade, anterior á fundación do Partido Galeguista. O "Faro de Vigo" informa da elección da nova directiva, que tivo lugar o mércores, 7 de decembro, nos salóns da sociedade "Recreo", onde se reuniu a xunta xeral do Grupo Galeguista. A reunión foi presidida polo secretario xeral do Partido, Pedro Basanta del Río, que se trasladou a Vigo con esta finalidade. Para a nova directiva do Grupo Galeguista foron elixidos por unanimidade: Presidente, Manuel Gómez Román; vicepresidente, Miguel Rodríguez e Rodríguez; secretario xeral, Xerardo Alvarez Gallego; secretario de actas, Xosé M. Cabada Vázquez; vicesecretario, Antonio S. Fernández; bibliotecario, Olimpia Valencia; tesoreiro, Xusto Tomé Pérez; contador, Rodrigo Recondo; vocal presidente da sección primeira (política e propaganda), Ramiro Isla Couto; vocal presidente da sección segunda (agraria e social), Ramón Ovella Vidal; e, finalmente, vocal presidente da sección terceira (arte, cultura e idioma), Xulio Sigüenza 550.
Na crónica que o "Faro de Vigo" publica desta reunión do Grupo Galeguista indícase, polo demais, o seguinte: "La nueva directiva, que se propone imprimir rumbos de gran actividad a la agrupación, tiene en proyecto numerosas iniciativas". En realidade o Grupo Galeguista vigués constituíuse efectivamente nun activo movemento de concienciación galeguista. Cando os elixidos tomaron posesión dos seus cargos despois do Nadal, o 5 de xaneiro de 1933, proxectaron xa unha serie de conferencias, de periodicidade mensual, nun teatro vigués "a cargo dos mellores oradores cataláns e vascos" 551. Na reunión, que a mediados do mes seguinte ten a xunta directiva do Grupo no seu domicilio social de Vigo (García Barbón, 8, 1º) e na que se constata "o maior entusiasmo en todos", ofrécese información sobre as "numerosas altas recibidas" e determínase así mesmo que o proxectado ciclo de conferencias dea comezo no mes de marzo 552. Ó mesmo tempo teñen lugar, ata o verán deste ano 1933, na sede do Grupo Galeguista 553 unha serie de conferencias de coñecidas persoalidades do galeguismo, como a de Risco, o día 17 de marzo, sobre a vida e obra de Murguía (no centenario do seu nacemento) 554, a de Castelao do 8 de abril 555, a de Otero Pedrayo sobre Camoens no día 13 de xuño 556 ou a de Fernández del Riego do 15 de xullo 557.
Pero no verán deste ano 1933 conclúen as actividades de Cabada Vázquez no seo da directiva do Grupo Galeguista de Vigo, dado que é entón cando se inicia —como xa sabemos— a etapa da súa ausencia de Galicia por razón dos "Cursillos de selección" e da discriminativa asignación da súa función docente a centros educativos de lonxe de Galicia.
Sen embargo, cómpre indicar que a relación do político de Codeseda co galeguismo antes do verán do ano 1933 non se limitou, despois da súa participación na asemblea fundacional do Partido Galeguista, á súa pertenza á directiva do Grupo Galeguista de Vigo, senón que tomou aínda parte na primeira asemblea posterior á fundacional, a II Asemblea do Partido Galeguista. Ó final da mencionada crónica sobre a elección da nova directiva do Grupo Galeguista de Vigo dicíase precisamente que tamén "se acordó el nombramiento de los delegados y suplentes que han de representar al Grupo en la segunda Asamblea regional de Santiago" 558.
Foron cinco, en efecto, os delegados do Grupo Galeguista de Vigo que representaron a este na II Asemblea do Partido Galeguista, que se celebrou en Santiago nos días 10 e 11 de decembro de 1932, tres días despois da reunión en Vigo do mesmo Grupo (na que se elixiron os cinco representantes). Os representantes do grupo vigués foron o seu vicepresidente, Miguel Rodríguez, o secretario xeral, Alvarez Gallego, o secretario de actas, Xosé M. Cabada Vázquez e os dous vocais das seccións primeira e segunda, respectivamente, Isla Couto e Ramón Ovella Vidal.
As sesións desta Asemblea tiveron lugar nos salóns da Sociedad Económica de Amigos del País e a Mesa provisional estaba integrada por Lugrís Freire (como presidente), e polos vocais Bóveda, Núñez Búa, Carballo Calero e Basanta. Entre os delegados concurrentes, ademais dos xa sinalados de Vigo (entre eles Cabada Vázquez), fago mención unicamente dalgúns: Barral (Catoira); Abelaira (A Coruña); Casal, Fernández del Riego, Sebastián González (Santiago); Aguiar (Mondoñedo); Peña Rey (Ourense); J. Lino Sánchez, Darío Caramés (Pontevedra); Carlos Pardo Ciorraga (A Estrada); Ramón Villar Ponte (Viveiro); A. Alonso Ríos (Federación de Sociedades Galegas Agrarias e Culturais: República Arxentina), etc. Asistiu, naturalmente, o Consello Executivo do partido en pleno, constituído polos secretarios Basanta, Bóveda, Núñez Búa e Filgueira Valverde e mais polos conselleiros Lugrís Freire, Banet Fontenla, Víctor Casas, Plácido R. Castro, Carballo Calero, V. Risco e Martínez López. Os deputados do Partido, Castelao, Otero Pedrayo e Suárez Picallo estiveron tamén presentes nesta Asemblea.
Despois da lectura das actas da primeira asemblea constituínte do Partido, procedeuse á elección da mesa definitiva, que "por aclamación e á proposta do grupo de Santiago" quedou constituída por Manuel Peña Rey, presidente; Ramón Villar Ponte e Francisco Abelaira, vicepresidentes; J. Barral Otero, secretario de orde; Cabada Vázquez, secretario de actas; J. Lino Sánchez e Raimundo Aguiar, suplentes. Segundo a crónica do ourensán "Heraldo de Galicia" a mesa definitiva "fue acogida con grandes aplausos" 559. Como se ve, o político estradense é o preferido como secretario de Actas tanto antes, en Vigo, como agora en Santiago 560.
Pero —como xa quedou indicado— a por el non querida, pero escuramente imposta, ausencia de Galicia de Cabada Vázquez desde o verán do ano 1933 ata a súa morte impediulle estar presente nas seguintes asembleas do Partido Galeguista, tan decisivas por outra banda en relación coa estratexia de alianzas do Partido Galeguista coas forzas políticas da esquerda (que estivo na orixe do xurdimento da xa mencionada "Dereita Galeguista de Pontevedra" pouco despois da IV Asemblea). En efecto, cando se celebra a III Asemblea do Partido en Ourense en xaneiro de 1934 561, o político de Codeseda atópase exercendo as súas funcións docentes e dirixentes no Instituto Elemental de Medina de Rioseco (Valladolid). E, así mesmo, cando se reúne en Santiago a IV Asemblea nos días 20 e 21 de abril do ano seguinte 562, Cabada Vázquez reside aínda máis lonxe, en Linares (Jaén), actuando como profesor e director do Instituto desta localidade.
Sen embargo, a súa mente esta posta a cotío en Galicia, na súa liberación cultural, social e política de imposicións centralistas, caciquís ou de calquera outro xénero. Aínda en terras catalanas, o 12 de agosto de 1933, cando está a facer en Barcelona os "Cursillos" previos ó acceso de profesor nos novos centros docentes creados pola República, Cabada Vázquez escribiralle a Filgueira Valverde, que pola súa parte se atopa facendo o mesmo en Madrid, deste xeito: "¿Que tal marchades todos eses bos amigos que vivides no cubil dos centralistas?" 563.
Desde o amor e a distancia, Cabada Vázquez segue despois, en canto pode, en terras castelás ou andaluzas, os vaivéns da política galega, aledándose cos avances e victorias do galeguismo ou partidos afíns, tal como se amosa, por exemplo, na carta que lle escribe a Antonio Alonso Ríos na segunda metade do mes de febreiro de 1936 desde Linares, desde o "desterro" (só pouco máis dun mes antes da súa morte, o día 2 de abril, nesta cidade):
Meu bo amigo e irmán: Chega hasta min a ledicia da Terra polo trunfo acadado nas urnas. No desterro experiméntase unha fonda emoción ó saber que Galicia vai ter outra vez quen a represente dinamente e quen seipa interpretar as súas necesidades raciaes e as súas arelas de libertade ante a Cámara española.
Coa noraboa do trunfo unha estreita aperta de
José M. Cabada Vázquez 564
O pontevedrés de Silleda, A. Alonso Ríos (que emigrara, como tantos outros, moi xove a Arxentina para volver no ano 1931 a Galicia coa misión de traballar pola autonomía de Galicia) non pertencía estrictamente ó Partido Galeguista —aínda que estivera presente na asemblea fundacional e mais na seguinte do Partido, nas que tivera unha activa participación Cabada Vázquez—, senón que representaba neste tempo á Federación de Sociedades Agrarias de Pontevedra. Nestas eleccións do 16 de febreiro do 1936, ás que se refire sen dúbida na súa carta Cabada Vázquez, figuraba (con Castelao, etc.) como candidato na Coalición de Esquerda Republicana (Fronte Popular), saíndo elixido deputado. Do seu esquerdismo deu el bo testemuño público nunha das súas primeiras intervencións parlamentarias como deputado:
"Señores Diputados. Ante todo me interesa que se tome buena nota de que quien ahora se dirige a la Cámara no pertenece a un partido de Centro, sino a la Federación Provincial Agraria de Pontevedra, que es una organización de carácter izquierdista. Por tanto, soy diputado agrario de izquierda, y de izquierda bien acentuada, más allá que Izquierda Republicana" 565.
Alonso Ríos soubo xuntar este acentuado esquerdismo cun forte espíritu galeguista, loitando politicamente sempre de feito ó lado dos galeguistas, especialmente na propaganda a prol do Estatuto. Segundo o testemuño de Xosé Mª Alvarez Blázquez: "Os partidos políticos que loitaron xuntos no Frente Popular e que se comprometeran a pechar filas co Partido Galeguista, chegada a hora do Plebiscito, non puxeron demasiado ardor na campaña. En verdade, non sentían a fondo as arelanzas galegas. Algúns diputados e dirixentes da esquerda tomaron parte en mítines e proclamas, pero somentes Alonso Ríos, polas organización agrarias, verqueuse de cheo nunha afervoada propaganda" 566.
Ista actitude de Alonso Ríos no ano 1936 contrasta por certo fortemente co contido dunha carta con data do 24 de setembro de 1931, asinada polo Presidente e mais polo Secretario da "Sociedade Nazonalista 'Pondal'" de Bos Aires e dirixida a Cabada Vázquez, en resposta a unha deste (do 5 de agosto) relativa á venda de Vagalumes na capital arxentina:
"No caso do señor Alonso Ríos —dise alí—, a Irmandade da Cruña ten coñecemento do valor que ten a súa representazón como delegado dos emigrados. Facendo honor á verdade pódese decir que nin el nin os outros representan máis que a eles mesmos. Certo que a xunta dun grupo que ten nome de Federación, pro que non representa gran cousa dentro da nosa coleitividade, lle confireu esa representazón, pro elas non se poden tomar en ningún caso como emanadas dos emigrados, cuias sociedades son máis de 200. Dunha colleita que se fixo pra el e pra Suárez Picallo é o diñeiro que se lle mandou deiquí. En canto ás súas ideas políticas foi socialista, e ó fundarse a Federación de Sociedades Gallegas chamouse republicán federalista, sendo sempre oposto ós ideales de liberdade de Galiza. A Sociedade Nazonalista Pondal débelle ó tal señor o bastante mal que lle fixo cando a súa autuazón na Xunta da Federación e como direutor do periódico 'El Despertar Gallego', hoxe 'Galicia', onde estivo decote en contra dos nazonalistas".
Hai que dicir que esta amizade entre Cabada Vázquez e Alonso Ríos semella cuestionar ou poñer en dúbida unha vez máis o presunto ou suposto "dereitismo" do galeguismo de Cabada Vázquez.
Finalmente e á vista desta documentación pódese dicir que é agora máis comprensible por que os editores do semanario galeguista ourensán "Heraldo de Galicia" se laiaban da inesperada morte de Cabada Vázquez indicando que este tivera xa, nos curtos anos da súa vida, unha "actuación política destacada" 567.

XIII. Galeguismo e relixión
Cómpre sinalar agora que Cabada Vázquez exerceu a súa actividade política de maneira aberta e dialogante con outras ideoloxías ou cosmovisións no seo do galeguismo, pero sen renunciar pola súa parte nin ás súas propias crenzas relixiosas nin ó exercicio do seu compromiso público verbo das mesmas, dado que pensaba que estas crenzas tiñan tamén a capacidade de daren novo pulo ás mesmas liberdades políticas e ós dereitos sociais. É neste senso —segundo xa dalgunha maneira quedou indicado— como hai que entende-la súa participación na mencionada Afirmación Católica dun Grupo de Nacionalistas (da que en páxinas anteriores ofrecín o texto completo), asinada por el xunto con outros destacados políticos galeguistas o 25 de outubro de 1931. Foi este en realidade un manifesto en defensa das liberdades das persoas e grupos ameazados por determinadas disposicións políticas ou por concretos actos de individuos ou grupos contrarios ás lexítimas liberdades.
Con anterioridade xa a este manifesto, a revista "Logos" (coa que —como xa sabemos— Cabada Vázquez tiña unha especial relación ó ser el un dos seus fundadores) publicara unha breve declaración, da que ofrezo ó lector o primeiro dos seus catro párrafos:
"LOGOS non pode calar os seus sentimentos diante dos gravísimos feitos que nestes derradeiros días ameazaron a pas da catolicidade. Primeiro as doorosas profanacións e as salvaxes fogueiras que un esprito de morbosa truculencia fixo erguer en Castela e Andalucía, despois a ofensiva anticatólica dos fascistas, secuenza lóxica do esprito de nazonalismo estatal de certa parte das masas políticas italianas. De un lado, a xeira contra o máis peculiar, o máis humán e o máis artístico de unha vella raza, por un suposto credo de internacionalismos; de outro o choque da exaltación patrioteira contra o máis ergueito sentido ecuménico do Catolicismo. Doorosas leccións pra os que coidan que se poden matar impunemente nos pobos o senso das peculiaridades diferenciaes ou o freno de todo nazonalismo que representan as doutriñas de Christo" 568.
A este tipo de actuacións violentas engadiranse, sen embargo, aínda determinados proxectos políticos ou disposicións de tipo legal que van ser percibidos como unha ameaza ós lexítimos dereitos de comunidades ou confesións relixiosas.
Foi, entre outros, o deputado do Partido Radical e famoso cura de Beiro, Basilio Alvarez, quen acusou neste senso ó proxecto de Constitución como sectario e ofensivo ós sentimentos relixiosos. No seu "Discurso contra la totalidad del dictamen del proyecto de Constitución" (pronunciado o 28 de agosto de 1931) Basilio Alvarez fala de que o proxecto de Constitución nalgúns dos seus títulos "toma el camino del sectarismo, de una demagogia basta y se ensaña con el sentimiento religioso del país, como si este sentimiento fuera el único y absoluto responsable de todas las desdichas, de todos los errores y hasta de los crímenes que han perpetrado una Monarquía, que se fue para siempre, unos políticos deshonestos y banales y una plutocracia insaciable" 569, fustigando acremente ademais o deputado ourensán as proxectadas limitacións no exercicio da liberdade de ensino, etc. das congregacións relixiosas, chegándose incluso á ameaza de nacionalización dos seus bens 570.
Tamén R. Otero Pedrayo, amigo de Cabada Vázquez e pouco despois coasinante con el da Afirmación Católica..., defenderá valentemente o 8 de outubro no Parlamento os dereitos das ordes ou congregacións relixiosas contra a ameaza do famoso artigo 26, que —como xa queda dito— afectaba de maneira especial ós xesuítas 571.
O artigo 26 foi, pese a todo, aprobado polos (aínda que non moitos) asistentes ás sesións parlamentarias do 13 e 14 de outubro e, co decreto posterior do 23 de xaneiro de 1932, serían levadas a efecto a disolución dos xesuítas e a nacionalización dos seus bens. O devandito manifesto, asinado (poucos días depois da aprobación parlamentaria do artigo 26) por Cabada Vázquez e os outros asinantes galeguistas, "fondamente feridos nas súas conviccións católicas e amantes da liberdade" (segundo se di ó comezo do mesmo), foi en realidade un intento, desde as propias crenzas persoais, de acadar que o devandito artigo, pola inxustiza do seu contido, non se levase a efecto. X. Castro indica que incluso o Comité Executivo do Partido Galeguista de Pontevedra "estivo de acordo en que se publicase a nota dos galeguistas católicos confesionais" 572.
Dada a disparidade confesional ou cosmovisional existente no interior das diversas asociacións galeguistas, é lóxico, sen embargo, que a obxectiva discriminación legal imposta polo mencionado artigo non fose percibida ou sentida de igual modo polos diversos grupos galeguistas ou polos simpatizantes co galeguismo. Así a Irmandade da Fala da Coruña —tal como se di en "A Nosa Terra"— "fai púbrico que non se solidariza co Manifesto de afirmación católica que recentemente pubricaron algúns afiliados do nacionalismo galego, por canto este é alleo a toda confesionalidade" 573. En continuación con esta declaración coruñesa A. Villar Ponte publicará no xornal vigués "El Pueblo Gallego" unhas reflexións co título El galleguismo siempre será liberal, das que ofrezo aquí algúns párrafos:
"Una cosa es la religión y otra la política. Mezclar la política con la religión no conduce a nada bueno [...].
Sin embargo, unos cuantos amigos nuestros, dueños de verdadero prestigio intelectual, cegados por el turbio apasionamiento de la hora española presente, se lanzaron nada menos que a publicar un manifiesto de afirmación político-religiosa dentro del campo del galleguismo, que a nosotros nos parece tan inoportuno como infeliz.
Creemos sinceramente que se trata de una equivocación lamentable que traerá perjuicios, no sólo para el ideal religioso que pretenden defender, sino también para la causa de la galleguidad a la que dicen continuar adscritos.
Bien claramente se dijo en las Cortes [...] que nadie iba contra la religión sino contra las ingerencias de los miembros de la misma en la soberanía civil del Estado [...].
Ello no obstante, un grupo prestigioso de galleguistas se pasan con armas y bagaje al campo del ultramontanismo. Nosotros, lamentándolo mucho, no podremos seguirle, ni podremos continuar estableciendo solidaridad con ellos [...]" 574.
Pero este escrito de Villar Ponte non quedou sen a réplica, cortés mais incisiva, de Vicente Risco, o primeiro dos asinantes da Afirmación Católica dun Grupo de Nacionalistas, se ben é doado supoñer que ela reflectía tamén o pensar do resto dos asinantes, Cabada Vázquez incluído. Pola súa importancia e porque centra a cuestión xustamente na temática da "liberdade" (punto clave do manifesto), invocada polo demais tamén por Villar Ponte alomenos no título do seu escrito (El galleguismo siempre será liberal), reprodúzoa aquí na súa totalidade:
"Esta vez, o querido e ademirado Antón Villar Ponte afiou o seu esprito vixiante, de cote xusto e preciso, contra do manifesto que un deber ineludíbile de concencia nos levou a rubricar a varios nacionalistas. Non hai polémica posíbile con quen un está identificado no esencial, e ademais, contra Antón Villar Ponte é difizle ter razón.
Mais aínda recoñecéndolle a que poida ter, dende o seu punto de vista, coido —e dígollo así, amicalmente, intimamente, coma de cote nos tratamos e trataremos na comunión libre, igualitaria e fraternal das Irmandades— que non interpretou ben o sinificado nen o senso da nosa decraración.
A min paréceme que o noso documento nen mistura de ningún xeito a relixión coa política, nen sinifica unha posición de ultramontanismo, nen moitísimo menos nega as tradiciós liberais e democráticas de Galicia, nen pretende ir contra elas.
Contrariamente, o noso manifesto fúndase precisamente nos máis estrictos principios de liberdade e volve por eles. Nel acollémonos ao esprito liberal e democrático da nosa Terra.
Pedimos prá opinión católica os mesmos dereitos, a mesma liberdade de expresión de que hoxe gozan tódalas demais opiniós. Non atopará Villar Ponte no manifesto suscrito por 'católicos e amantes da liberdade' ningunha afirmanza concreta en que a verba 'liberdade' non sexa a verba sinificativa inicial: liberdade da Eirexa, liberdade de profesión relixiosa, liberdade de enseño ... ¿E que esprito verdadeiramente liberal e democrático pode ir contra destas cousas?
Procramamos unha conceición do mundo que é a nosa e que non, por estar en baixa nas altas esferas da gobernación do Estado hespañol, ten menos dereito a ser profesada, esposta e discutida. Discutida tamén, porque é así, na libre discusión, coas luces da razón e do pensamento, como queremos facela trunfar, non coas armas do poder políteco que agora se volven contra dela.
Non pedimos, pois, privilexios; pedimos garantías xurídicas, pedimos belixerancia. Pedimos o que se nos dá en tódolos países cultos do mundo.
Canto á oportunidade, querido Villar Ponte, ningunha senón esta; namentras non houbo ataque non cumpría a defensa.
Eu ben sei que un escrito tan cultivado e tan lúcido coma o de Villar Ponte, de quen teño eu dito máis dunha vez que atina case sempre, ten que estar no fondo convencido, anque non comparta as nosas ideias, da razón e da xustiza que nos asisten. Mais eu ben sei: Villar Ponte comprender ben comprende, mais sen dúbida teme que outros non comprendan. E tamén nisto ten razón. Andan as ideias ordeadas e confundidas dabondo.
Que conste que nós non queremos arrastrar ao nacionalismo galego atrás de nós, nen pretendemos que os nacionalistas que non sinten o mesmo desacougo na concencia se solidaricen conosco. Non; sabemos ben os desenganos e as amarguras que neste camiño nos agardan, e collímolos nós soilos pola nosa conta e risco, sen comprometer a naide" 575.
Son estas nada doadas circunstancias políticas e relixiosas as que enmarcan o comportamento e a actividade política e confesional-relixiosa de Cabada Vázquez. Unha das mostras desta súa actitude foi o feito de asinar, xunto cos outros sobresaíntes galeguistas, a sinalada Afirmación... Por outra parte, o poeta e político estradense ó tempo que enfortecía o galeguismo político coa súa activa militancia no mesmo, non deixou de actuar tamén na defensa e espallamento das súas crenzas relixiosas en canto consideradas por el como capaces de promocionaren un máis xusto comportamento social e político. De aquí a súa actividade e colaboración, durante a súa permanencia en Vigo, coa "Xuventude Católica", un movemento confesional dependente da "Acción Católica" que adquiriu neste tempo, ante a emerxente situación política, un novo impulso.
A súa relación coa "Xuventude Católica" foi en principio, antes aínda do seu traslado a Vigo, sobre todo literaria ou poética, a través dos poemas galegos (catro en total) publicados en 1928 e 1929 na revista "Acción", que leva o subtítulo de "Órgano de la Juventud Católica de Pontevedra". A súa colaboración nesta revista debeuse probablemente ó feito de que o seu curmán Jorge Vázquez Fernández, que fixera tamén a súa carreira eclesiástica en Santiago, era nestes anos xove Consiliario da Xuventude Católica de Pontevedra 576.
En Vigo a colaboración coa "Xuventude Católica" é xa máis directa e explícita, tal como se pode deducir dalgunhas informacións aparecidas no "Faro de Vigo". O seu nome é xa coñecido na "Xuventude Católica" pouco despois da súa chegada a Vigo. Así, no día anterior ó comezo da asemblea fundacional do Partido Galeguista en Pontevedra, os poemas de Cabada Vázquez son recitados nunha das sesións culturais da "Xuventude Católica" de Vigo 577. Tal como se deduce da correspondencia co seu amigo e colega Ferro Couselo e doutras informacións, ámbolos dous asistiron á V Asemblea Rexional das "Xuventudes Católicas" de Galicia, que se celebrou nos días 23 e 24 de xullo de 1932 no Salón de Actos da Escola Nocturna Obreira de Vigo 578. Nunha carta que lle escribe desde Vigo a Ferro Couselo o 23 de agosto, un mes despois da celebración desta Asemblea, o tema da "Xuventude Católica" está presente:
"Querido amigo e compañeiro. Fai xa ben días que chegou a min a túa e que entreguei os papeis da túa Ponencia na Xuventude [...] O colexio sigue coma cando estiveche eiquí pola asamblea das Xuventudes [...] O día 4 —domingo— irei coa Xuventude a Noia. Sairemos de aquí antre seis e sete para pasar por Cesures e Padrón polas 8½ ou nove. Se queres ir —que penso que si— pódesnos agardar ahí ou vir aquí o 3". 579
Gracias á actividade e ós esforzos de, entre outros, Ferro Couselo e Cabada Vázquez a "Xuventude Católica de Vigo" vai en aumento. E así, o domingo 4 de decembro deste mesmo ano 1932 celébrase a solemne inauguración dun novo local social da mesma, presidida polo bispo diocesano. Despois de aludir ós diversos actos litúrxicos e relixiosos que na inauguración tiveron lugar, o "Faro de Vigo" indica: "Se verificó a continuación un acto literario-musical [...] destacándose notablemente la rondalla y los señores Salinas, Cabada, [...], Veiga y Ochaíta, en sus intervenciones [...]. Todos los que intervinieron en el acto fueron muy aplaudidos por el numeroso público que llenaba el amplio local" 580.
Da actividade formativa e educativa que Cabada Vázquez exerceu no seo da "Xuventude Católica" de Vigo quedan aínda algúns testemuños escritos entre os papeis da súa biblioteca persoal, como un manuscrito (de seis folios), sen data, escrito pola man do poeta, que leva como título: "Juventud Católica de Vigo. Estudios apologético-sociales. Tema 1: Dios - Pruebas de su existencia - Perfecciones divinas - El mundo creado por Dios". O manuscrito vén sendo unha especie de guión de reflexións, de feitura clásica ou tradicional, sobre o problema filosófico da divindade, redactado en función posiblemente dalgunha lección ou conferencia a desenrolar nas sesións formativas ou culturais da "Xuventude Católica" (á que no título do manuscrito se fai referencia) 581.
Cómpre engadir, finalmente, a afirmación de Olga Gallego na súa biografía de Ferro Couselo sobre a pertenza tamén de Cabada Vázquez á "Asociación Nacional Católica de Propagandistas" 582, fundada en 1908 polo xesuíta Angel Ayala e que tivo como primeiro presidente a Angel Herrera Oria, posterior bispo de Málaga. Pola miña parte só podo dicir (ó non dispoñer de datos concretos sobre este punto) que na súa biblioteca figura o pequeno volume Reglamento. Conclusiones de las Asambleas. Ritual, publicado e editado no ano 1930 en Madrid pola A. C. N. de P. (Asociación Católica Nacional de Propagandistas), o que polo menos pode indicar que Cabada Vázquez coñecía esta Asociación, participase ou non nela como membro da mesma.

XIV. Reencontro póstumo coa Terra Nai
Pouco máis dun cuarto de século despois da súa primeira inhumación en terras andaluzas, os restos mortais do poeta viñeron a acougar por fin ó seu chan nativo. No mesmo día desta súa definitiva inhumación no cemiterio da igrexa parroquial de Codeseda escribía o poeta rianxeiro Faustino Rey Romero: "Las tierras de Jaén, que guardan desde el siglo XIV los restos del gran trovador gallego Macías el Enamorado, muerto a filo de lanza por un marido celoso en la cárcel de Arjonilla, nos devuelven ahora las cenizas de otro doncel galaico, inhumado en el cementerio de Linares" 583.
Deuse así honroso cumprimento a un dos derradeiros sentimentos e desexos do moribundo poeta e político estradense. A súa noiva andaluza, María Luisa López Jiménez, declarou, en efecto, en Linares co gallo do traslado do seus restos a Galicia: "Por una parte, mucho siento que se lo lleven; por otra, bien sabe Dios cuánto me alegro, ya que en sus últimos momentos dijo varias veces: 'Sólo siento que mi cuerpo no sea enterrado en mi querida Galicia'". Segundo outros testemuños, o poeta expresou este desexo no intre de deixar esta vida deste modo: "Sólo deseo que mi alma descanse en el Señor y que mis restos mortales vayan a descansar a mi entrañable Galicia" 584.
Os tempos posteriores ó comezo (só tres meses e medio despois do falecemento do poeta) da guerra civil non eran certamente propicios para que os derradeiros desexos do poeta se puidesen levar a efecto.
Por primeira vez (ó meu ver), sen embargo, unha carta dirixida por Manuel González R. desde Soutolongo (Lalín) ó director do "Faro de Vigo" fai pública en febreiro de 1959, despois dunha eloxiosa lembranza persoal do poeta de Codeseda, a seguinte petición: "Por todo ello, y desde estas columnas de FARO DE VIGO, pido a los estradenses, y a los gallegos en general, que sean traídos a su parroquia natal (Codeseda) los restos de tan excelente poeta" 585. Un par de anos despois, Manuel Fraga de Lis (1910-1983), coñecido xornalista e membro da Real Academia Galega 586, exponlles no verán de 1961, na parroquia estradense de Tabeirós, a Plácido de Castro Pena (1899-1971), mestre e inspector de ensino primario 587, e a outros amigos, entre eles Xosé Docampo Vázquez ("Casagrande") —correspondente por entón do xornal "Faro de Vigo" 588—, a súa idea do traslado a Codeseda dos restos do poeta. O proxecto foi moi ben acollido, decidíndose formar unha comisión, encargada de levar a efecto o traslado 589. No mes de setembro queda esta constituída coas seguintes persoas: Presidente honorario, Manuel Fraga de Lis 590; presidente efectivo, Plácido de Castro Pena; vocais: Mario Blanco Fuentes (alcalde do concello estradense), Xosé Barreiro (párroco de Codeseda), Secundino Cortizo Cortizo (arcipreste de Montes), Casimiro Cubela (por entón párroco de Santa María de Trasmonte, Ames) 591, Gilberto Vázquez Fernández (curmán do poeta, de Pontevedra), Felipe Castro Valladares (de Sabucedo, A Estrada) e o xa mencionado Xosé Docampo Vázquez 592.
Foron este último, Xosé Docampo Vázquez, e mais Xosé Fernández Caramés os que se desprazaron ata Linares para procederen ó traslado das cinzas do poeta. En canto a Fernández Caramés, hai que dicir que colaborou de maneira activa e xenerosa no traslado, facéndose cargo persoalmente dos gastos orixinados polo mesmo. Fernández Caramés, nado no 1897 na parroquia estradense de Liripio, emigrara ós quince anos de idade a Arxentina, onde chegou a ser importante home de negocios. Neste ano 1962 estaba disfrutando duns meses de descanso na súa terra natal 593.
O solemne acto da inhumación definitiva das cinzas do poeta estradense na súa parroquia natal realizouse o sábado, 13 594 de outubro de 1962 e foi presidido polo gobernador civil da provincia, José González-Sama García, acompañado polo presidente da Diputación provincial, Prudencio Landín Carrasco. Entre outras persoalidades asistentes ó acto, ademais do mencionado X. Fernández Caramés e dos membros da devandita comisión encargada do traslado dos restos do poeta, cabe sinalar a presencia do vicerrector da universidade compostelá, Abelardo Moralejo Laso 595, que —segundo as informacións da prensa— ostentaba a representación do rector. Non podían estar ausentes, naturalmente, neste emotivo acto outros amigos seus como Ramón Otero Pedrayo, Xesús Ferro Couselo, etc. 596. Presidiu os oficios litúrxicos Jorge Vázquez Fernández, inspector de Ensino Primario e curmán do poeta, asistido polos arciprestes de Vea e Montes e párrocos de San Xurxo de Vea e Forcarei, Fernando Lobato Couto e Secundino Cortizo Cortizo respectivamente. Ámbolos dous foran compañeiros e amigos do poeta na Universidade Pontificia de Santiago. Velaquí algunhas informacións de prensa: "Al acto fúnebre asistió la casi totalidad de los señores curas párrocos del municipio y numerosísimo público, entre el que se encontraban miembros de la Academia Gallega, poetas y parientes del finado" 597. "Una vez depositadas las cenizas en el lugar del descanso definitivo, el reverendo don Jorge Vázquez pronunció unas emocionadas palabras, testimoniando la gratitud de todos los familiares del poeta a cuantas personas y organismos intervinieron en el traslado de los restos mortales" 598.
Despois dos actos litúrxicos celebrados na igrexa parroquial de Codeseda e da inhumación dos restos do poeta no cemiterio do adro, tivo lugar aquí mesmo unha sentida homenaxe poética (de desigual calidade literaria, pero de común acendido aprecio polo poeta desaparecido), realizada por amigos do xove poeta de Codeseda, que acougaba agora por fin para sempre preto da súa casa natal.
Tomou a palabra en primeiro lugar Constantino Neira Baloira, antigo compañeiro do poeta de Codeseda en Compostela, arcipreste de Tabeirós e párroco tamén da parroquia estradense de San Miguel de Moreira. Comezou recitando o fermoso poema de Cabada Vázquez Na fala meiga, que o poeta compuxera para unha homenaxe literario-musical ó novo arcebispo Zacarías Martínez Núñez que tivo lugar o 17 de maio de 1928 na Universidade Pontificia de Santiago. A continuación dedicou ó poeta de Codeseda un poema propio (que el mesmo asina co pseudónimo "Martiño") e que, xunto co texto en prosa que o precede, reproduzo seguidamente:
I-agora eu, que nunca fun poeta, que sempre coidei privado pra min o achego á morada das musas, quero deixar pendurada da groria inmarchitada dun poeta de sona ben gañada, o bon amigo Xosé M. Cabada Vázquez, eiquí xustamente, a carón do seu lar vernáculo, sóbor diste sartego que garda receioso súas cinzas, ista frol cativiña por ser miña, pro que ten o mérito de ser a pirmeira, e cicais (sen cicais) sexa tamén a derradeira, que xurdeu do meu caletre apoucadiño.
Vela eiquí:
UNHA FROL SINXELA
Lonxe da terra amada e cobizosa,
relembrando o fungar dos piñeirales,
de cotío istes montes e istes vales
eran de Cabada arela saudosa.
Cal outro Añón na sua vida azarosa,
pra torcedura e cruto dos seus males,
sofreu o eixilio i-outras penas tales
que solo a morte puido acalar piedosa.
Mais hoxe que terra sagra en Codeseda
as suas cinzas pra sempre van levar,
prego a Deus que sua i-alma pura e leda
dende os outos ceos poida ollar
o cativo moimento que eiquí queda
no curazón da terra que el soupo amar.
MARTIÑO
O coñecido xornalista e poeta mindoniense Xosé Díaz Jácome compuxo en homenaxe ó poeta estradense 599 o seguinte poema, que foi lido despois do anterior:
A VOLTA DERRADEIRA
Ofrenda de Xosé Díaz Xácome
Irmán poeta, foula de silenzo,
esculcador de arelas, labrador de beleza:
xa estás agora na groria dos teus eidos.
Xa tes os ósos —a cinza namorada--
no colo garimoso de tua Terra,
a Nosa Nai, que sempre ri chorando...
Xa sei, poeta, lembrada soma humán;
xa sei que o noso pino fungador
che deu a pónla que anceiabas, doce.
A pónla que cantaches coma un páxaro.
I-agora estás eiquí, feito lembranza;
perto de nós, calada gaita, terra...
Estás no colo tenro de tua Nai.
¿Non sintes os seus bicos como bágoas?
Non podía estar ausente Casimiro Cubela García nesta homenaxe ó seu íntimo amigo, compoñendo para esta ocasión, en efecto, tres poemas co título común Arelas cumpridas (Tríptico de sonetos), que dou a coñecer a continuación:
O RETORNO
En lembranza de Xosé Ml. Cabada Vázquez
"Y si quizás la muerte
no nos hiere a los dos en un instante,
aquel que sobreviva al otro cante"
(De uno de nuestros bardos)
Meu vello amigo: Por fin chegou o día
entre salaios e verbas de ledicia
no que á mimosa terra de Galicia
viñeches dende a quente Andalucía.
Dos teus deudos cumpreuse a fonda arela,
que fai tempo buligaba no seu peito...
E tódolos que estamos aquí a eito,
todos decote matinamos nela.
A túa infinda arela derradeira
vese cumprida neste morno outono
á sombra dos carballos desta feira...
Hoxe asistimos á tua "Misa Nova"
onde tuas cinzas xa moi longo sono
¡durmirán na quietude dunha cova!
PRA OS PAIS DO POETA
"Nunc dimittis"...¡Señor, cando ti queiras...!
Dous petrucios de trementes remos,
máis fornidos que o temple dos carballos...,
que loitaron toda a vida cos traballos,
con santa pena diante nós os temos.
Testemuñas suas brancas cabeleiras
¡e as bágoas que as meixelas lles regaron!
das acedumes que eles soportaron...
Despois desto... ¡Señor, cando Ti queiras...!
Por fin ambos a dous —dita cumprida--
no cabo xa da súa longa vida
as cinzas ver poideron neste día
do fillo que decote tanto amaron,
co calor do seu peito as mornearon
¡e unhas bágoas regaron caixa fría...!
LUMINARE IN COELIS... (UNHA ESTRELA NO CEO)
Prá xuventú de Codeseda e prós sobriños do Poeta
Ouh xuventú da fértil Codeseda,
este exemplar de trenzadura forte
moitos anos despois da súa morte
pra todos vós ergueito aquí vos queda.
Baixo a súa fermosa cabeleira
degaros el levaba dun xigante...
e no seu peito un corazón de atlante
espallando sorrisos de roseira.
Cando en noites sereas, lá no ceo,
dun lumiar vexas sempre o parpadeo
que inmorrente esfachica raros lumes...,
serán os "fuegos fatuos" de unha cova
que preparan decote a misa nova
¡do famoso cantor de VAGALUMES!
A sentida homenaxe literaria e popular rematou cun poema de Otero Pedrayo, que o septuaxenario patriarca das letras galegas leu persoalmente alí como derradeira ofrenda ó seu amigo. Velaquí o texto do traballado e fermoso poema (sen título), composto para esta ocasión polo escritor de Trasalba:
Terra nai, niño amante, doce acougo,
as cinzas do poeta
pousan na tua quentura garimosa
non lonxe do val vougo
onde foi volvoreta
sua tenra edá naipela e señardosa.
O esprito alba fariña
do petrucio muíño,
xentil laio do Umia ventureiro,
frol do ceo e do liño,
namoro de mociño
de ledo matinar alboradeiro,
revoa nas outonizas carballeiras,
xoga nos vagos fumes
do Tabeirós fidalgo e campesío.
E si á mañán nas leiras
e nas valentes cumes
tolle a neboeira o abrente lucidío,
vede do poeta as íntimas lembranzas
dos mortos benamados
e a lareira esquencida.
E a ben tecida espranza
dos días asoellados
pra a Nosa Terra ergueita e benquerida.
No latexar das torres de Sant Yago
profeso na Galiza
e a língoa feiticeira
afundiume a sulago
na foula de lediza
da tradición amiga e miragreira.
Chantemos baixo a Crus, a "vita et via",
verdecente loureiro
fillo do agasallado
pola tremante man de Rosalía.
E pra sempre na vila e no rueiro,
nos pazos alteirosos
se fale, e no camiño:
Foi un poeta senlleiro
dos bos e xenerosos.
Pra il no seixo cristaíño
faíscan da sona lumes gabanciosos
[do Pico faíscan lumes gabanciosos] 600.
Merecida homenaxe, xa que logo, á figura de Cabada Vázquez. Sen embargo, o réxime político implantado trala guerra civil coas prexudiciais consecuencias para a cultura e o movemento político galeguista non podía ofrecer unha posibilidade axeitada para que nesta homenaxe aparecese tamén, na súa real dimensión, a faciana política, galeguista, do estradense homenaxeado.
Agás algunha velada alusión ("E a ben tecida espranza / dos días asoellados / pra a Nosa Terra ergueita e benquerida" ou "Foi un poeta senlleiro dos bos e xenerosos") do poema de Otero Pedrayo (directo coñecedor da actividade política de Cabada Vázquez), o público asistente, descoñecedor seguramente na súa meirande parte do compromiso literario e político con Galicia do xove estradense homenaxeado, non debeu de percibir na celebración deste actos máis mensaxe que a de que un poeta da bisbarra, que estrañamente facía poemas na súa lingua natal, viña a acougar por fin á súa terra. Neste senso indica, posiblemente non sen razón, Blanco Valdés respecto desta homenaxe a Cabada Vázquez: "O acto foi moi aireado pola prensa do momento e déuselle de feito un carácter semioficial, co que sen dúbida se pretendía dende o poder conxurar posibles connotacións excesivamente galeguistas" 601.
Mais incluso, ó se alongar excesivamente no tempo a etapa dictatorial previa á democracia, a súa mesma figura poética corría perigo de se esvaecer. De aquí a importancia que é preciso darlle ó feito de que só unha década despois de se inicia-la democracia se publicase a nova edición de Vagalumes 602, como continuación do novo interese polo poeta que se empeza a amosar tras se cumprir en 1986 o quincuaxésimo cabodano da súa morte.
A "Asociación de Fillos e Amigos da Estrada" (e o seu Presidente, Alfonso Varela Durán), a "Asociación de Escritores en Lingua Galega" e outros admiradores e amigos do poeta como os estradenses Xosé Porto Matalobos, David Otero, etc. 603 contribuíron, por outra parte, xenerosamente e de maneira importante a manter acendido o lume da súa lembranza con actos e iniciativas de diverso tipo, como a anual ofrenda floral no camposanto de Codeseda co gallo do cabodano do falecemento do poeta, etc. É de xustiza recoñecer finalmente que o Concello estradense contribuíu de maneira decisiva a actualizar e revaliza-la figura de Cabada Vázquez ó ter dedicado o ano 2001 a lembra-lo seu labor cultural.
Tanto este mesmo cativo ensaio biográfico sobre o poeta e político de Codeseda coma a recente edición da súa obra completa 604 só puideron chegar, en realidade, ó seu termo gracias ó apoio constante e o amical alento recibidos destas mesmas persoas e institucións amigas da nosa cultura, fieis ós valores da nosa tradición e sinceramente agradecidos cos bos e xenerosos que nos precederon.
Sen dúbida, para preparar e proxecta-lo futuro é sempre preciso coñece-lo noso pasado no que se asenta. Esta foi en realidade a verdadeira pretensión deste escrito, que chega agora ó seu final.

Bibliografía
N. B.: Para alixeira-la lectura, nas notas a pé de páxina aparecen só o apelido e a primeira ou primeiras palabras do título dos escritos incluídos nesta bibliografía. Os escritos, sen embargo, que son citados só unha vez non están incluídos nela, ó apareceren xa nas notas cos seus datos bibliográficos completos.
- Acuña Garrido, Xesús, Salvador Antonio Rodríguez Fraiz, un crego do noso pobo: "Encrucillada", nº 92 (marzo-abril 1995) 149-160.
- Álvarez Blázquez, Xosé María, Alexandro Bóveda (Vigo, Ir Indo, 1992).
- Barreiro Fernández, X. R., Historia de Galicia. IV. Edade Contemporánea (Vigo, Galaxia, 1981).
- Blanco Valdés, Juan L., Otero Pedrayo e Díaz Jácome: dous poemas inéditos: "Boletín Galego de Literatura", nº 19 (1998) 139-143.
- Cabada Castro, Manuel, Fondos bibliográficos da biblioteca do poeta Xosé Manuel Cabada Vázquez (1901-1936): "A Estrada. Miscelánea histórica e cultural" (Fundación Cultural da Estrada. Museo M. R. Portela), nº 3 (2000) 237-308.
- ----, Presencia feminina no poeta Cabada Vázquez: "Tabeirós Terra" (Xornal Cultural da Estrada), nn. VI, VII e VIII (1999).
- ----, Xosé Manuel Cabada Vázquez (1901-1936), poeta, galeguista, educador. Re- presentación dun anaco da nosa propia cultura: "Grial" XXVIII (1990) 68-83.
- Cabada Vázquez, Xosé Manuel, ¡Amor Ruibal no ha muerto!: "Faro de Vigo", 14 novembro 1930, p. 1.
- ----, Chamamento: "El Emigrado", nº 229 (18 maio 1927), pp. 2-3.
- ----, La Fiesta Escolar de Tabeirós: "El Emigrado", nº 236 (31 xullo 1927), pp. 2-3.
- ----, Ha muerto el sabio. Galicia debe consagrarle un grandioso homenaje: "Faro de Vigo", 8 novembro 1930, p. 1.
- ----, O Mestre Amor Ruibal. Verbas de loito: "Logos. Boletín Católico Mensual", nº 1 (xaneiro 1931), pp. 1-4.
- ---- [J. Lamenú], Moxenas [I]: "El Emigrado", 31 decembro 1929.
- ---- [J. Lamenú], Moxenas [II]: "El Emigrado", 16 xaneiro 1930.
- ---- [J. Lamenú], Moxenas [III]: "El Emigrado", 7 febreiro 1930.
- ----, Por tierras de Curantes: "El Pueblo Gallego", 4 xuño 1927, p. 9.
- ----, Vagalumes. Versos galegos. Edic. facsímil (Asociación de Fillos e Amigos da Estrada, 1989) da edic. de 1931 (Santiago, Imprenta, Lib. e Enc. do Seminario C. Central). Estudio introductorio de Xesús Alonso Montero.
- ----, Obra Completa. Poemas e outros escritos. Edición, Introducción e notas de Manuel Cabada Castro. A Estrada, Fundación Cultural da Estrada (Avda. Benito Vigo, 104.- 36680 A Estrada - Pontevedra. Fax: 986 570 233. Tel.: 986 570 165), 2001.
- Carballo, Francisco; Magariños, Alfonso, La Iglesia en la Galicia Contemporánea (Análisis histórico y teológico del período 1931-1936, II República) (Madrid, Akal, 1978).
- Carballo Calero, Ricardo, Historia da literatura galega contemporánea. 1808-1936. 3ª edic. (Vigo, Galaxia, 1981).
- Casas, Álvaro de las, Antología de la lírica gallega (Madrid, Compañía Ibero-Americana de Publicaciones - Biblioteca de Estudios Gallegos, 1928).
- ----, Antología de poetas gallegos (Buenos Aires, Ed. Sopena Argentina, 1939).
- Castro, Xavier, O galeguismo na encrucillada republicana (Ourense, Publicacións da Deputación de Ourense, 1985).
- Couceiro Freijomil, Antonio, Diccionario bio-bibliográfico de escritores. Vol. I (Santiago de Compostela, Bibliófilos Gallegos, 1951).
- Diccionario da Literatura Galega. I. Autores. II. Publicacións periódicas. Ed. por Dolores Vilavedra (Vigo, Galaxia, 1995-1997).
- Durán, José Antonio, Camilo Díaz Baliño. Crónica de otro olvido inexplicable (Sada-A Coruña, Ed. do Castro, 1990).
- Echave-Sustaeta, Xavier, In memoriam. José M. Cabada Vázquez: "Faro de Vigo", 6 maio 1936, p. 6.
- Escolma de poesía galega. III. O século XIX. Edición, limiar e notas bio-bibliográficas de Francisco Fernández del Riego (Vigo, Galaxia, 1957).
- Fernández del Riego, Francisco, Diccionario de escritores en lingua galega (Sada- A Coruña, Ed. do Castro, 19922).
- ----, Poesía galega. Do posmodernismo aos novos. Vol. III (Vigo, Galaxia, 1980).
- Filgueira Valverde, José, Amor Ruibal en la cultura gallega de su tiempo. En: Angel Amor Ruibal en la actualidad. Décima Semana Española de Filosofía (Madrid, C. S.I. C. - Instituto de Filosofía "Luis Vives", 1973), pp. 537-555.
- ---- [J. A.], Cabada Vázquez - "Vagalumes": "Logos. Boletín Católico Mensual", nº 3 (marzal 1931), p. 16.
- ----, Limiar. En: "Logos. Revista de Cultura Relixiosa" (Barcelona, Ed. Sotelo Blanco, 1983), pp. V-XV.
- Fraguas Fraguas, Antonio, Da vida e da obra de Xosé Manuel Cabada: "Faro de Vigo", 15 maio 1990.
- Galicia-Historia (A Coruña, Hércules de Ediciones, 1991). Tomo VIII (José Ramón Barreiro Fernández).
- Gallego Domínguez, Olga, Xesús Ferro Couselo. Vida e obra (A Coruña, Publicacións da Real Academia Galega, 1996).
- García Barros, M., A miña lembranza ó poeta Xosé Manuel Cabada Vázquez (manuscrito de 1962). Agora en: Freixeiro Mato, Xosé Ramón, Cos pés na terra. Personalidade e obra inédita ou esquecida de Manuel García Barros (A Estrada, Asociación Cultural "A Estrada" - Ed. Fouce, 1999), pp. 105-107.
- ---- [M. G. B.], Por terras de Curantes: "El Emigrado", nº 230 (31 maio 1927), pp. 1 e 3.
- ----, Por tierras de Curantes: "Céltiga", nº 72 (25 decembro 1927).
- ----, La velada del sábado. Por los damnificados de Cuba. Impresiones: "El Emigrado", nº 213 (16 decembro 1926).
- Garrido Couceiro, Xoán Carlos, Manuel García Barros. Loitando sempre (Lugo, Ed. Fouce, 1995).
- González R., Manuel, Los restos de Cabada Vázquez deben reposar en La Estrada: "Faro de Vigo", 5 febreiro 1959, p. 6.
- Graña Gómez, Manuel, En torno a la fiesta de San Mauro: "El Emigrado", nº 326 (31 xaneiro 1930), pp. 3-4.
- Iglesia Alvariño, Aquilino, Un poeta gallego juzgado por otro poeta gallego. El libro de Cabada Vázquez: "Vida Gallega", nº 479 (20 marzo 1931).
- ----, "Vagalumes". Versos gallegos por José M. Cabada Vázquez: "Faro de Vigo", 12 marzo 1931, p. 7.
- Otero Pedrayo, Ramón, Prosa miúda. Artigos non coleccionados (1927- 1934). Ed. de Aurora Marco (Sada - A Coruña, Ed. do Castro, 1988).
- ----, "Vagalumes". Versos galegos por Cabada Vázquez: "El Pueblo Gallego", 26 febreiro 1931, p. 1. Tamén en: "A Fouce. Periódico galego" (Bos Aires), 15 maio 1931. Agora en: Otero Pedrayo, Ramón, Prosa miúda..., pp. 93-94.
- Pardo, Javier, Una entrevista con el sabio políglota Dr. Amor Ruibal: "Galicia. Diario de Vigo", 25 xullo 1925, p. 16.
- Pardo, Xavier, Una entrevista con el Doctor Amor Ruibal (Conclusión): "Galicia. Diario de Vigo", 26 xullo 1925, p. 3.
- Pikaza, Javier, Amor Ruibal y Cabada Vázquez. En: Diálogos sobre Amor Ruibal (Madrid, Revista "Estudios", 1970), pp. 31-40.
- Precedo Lafuente, Jesús, El poeta Cabada Vázquez: "El Correo Gallego", 2 xullo 1989, p. 30.
- Reimóndez Portela, Manuel, A Estrada rural (Pontevedra, Deputación Provincial, 1990).
- Rey Alvite, Jesús, Cabada Vázquez, orador sagrado: "Faro de Vigo", 14 marzo 1931, p. 8.
- Rey Romero, Faustino, El poeta José Manuel Cabada Vázquez vuelve a su tierra: "Faro de Vigo", 14 outubro 1962, p. 13.
- Rivera Vázquez, Evaristo, Colegio Apóstol Santiago. Historia de una larga peregrinación (Vigo, Colegio Apóstol Santiago, 1993).
- ---- (ed.), Memoria de 125 años. Ancéis, 1872 - Vigo, 1997 (Colegio Apóstol Santiago- Jesuitas, Vigo, 1998).
- Rodríguez Fraiz, Antonio, Castelao. Na alma dos escritores do seu tempo (Pontevedra, Deputación Provincial, 1990).
- ----, Terra, vida e obra do poeta Xosé Manuel Cabada Vázquez. Conferencia inédita do 15 de setembro 1987 no I Simposio de Literatura Galega Estradense, organizado pola Asociación Cultural "A Estrada".
- Rojo Salgado, Argimiro, La Federación de Mocedades Galleguistas (Madrid, Facultad de Ciencias Políticas y Sociología de la Universidad Complutense, 1980).
- Sánchez y Santa María, Luis Gonzaga, Leyendo "Vagalumes" de Cabada Vázquez: "Vida Gallega", nº 481 (10 abril 1931).
- Villar Ponte, Ramón, Door e sentimento: "El Pueblo Gallego", 23 abril 1936, p. 1.
- Xesús Ferro Couselo. Lembranzas, actividade, inquedanzas (Ourense, Grupo Marcelo Macías - Museo Arqueolóxico Provincial, 1996).
NOTAS
1 Ramón Villares, Figuras da nación (Vigo, Xerais de Galicia, 1997), p. 8.
2 Cf. En louva do galego egrexio. 1997 (Vigo, Fundación Premios da Crítica Galicia, 1998), p. 18.
3 Así, por exemplo, A. Rodríguez Fraiz, Costumes populares litúrxico-mariais nas igrexas e santuarios de Galicia (Santiago, Museo do Pobo Galego, 1995), p. 33.
4 Cf. Cabada Vázquez, Vagalumes..., 19.
5 O volume Xosé Manuel Cabada Vázquez. Obra completa. Poemas e outros escritos pode adquirirse na Fundación Cultural da Estrada (Avda. Benito Vigo, 104.- 36680 A Estrada - Pontevedra. Fax: 986 570 233. Tel.: 986 570 165). A presentación do volume tivo lugar no Teatro Principal da Estrada o día 16 de maio de 2001.
6 Os actos conmemorativos do "Ano Cabada Vázquez" comezaran en Codeseda o 14 de xaneiro deste mesmo ano.
7 Cf. Cabada Vázquez, Vagalumes..., 19.
8 Debo indicar, sen embargo, que a algunhas das persoas non mencionadas neste Limiar farase aínda no seu momento ó longo deste ensaio alusión agradecida.
9 Pode consultarse a lista dos máis de mil títulos desta biblioteca en Cabada Castro, Fondos...
10 Cabada Vázquez, Vagalumes..., 203 (Cabada Vázquez, Obra..., 216).
11 Couceiro, Diccionario..., 185.
12 Carballo Calero, Historia..., 566.
13 Cf. Carballo Calero, ibíd.
14 Fernández del Riego, Poesía..., pp. 18 e 503.
15 Un plano do núcleo urbano da Estrada, realizado por Bonifacio Vázquez Gil no ano 1904, pode verse en María Jesús Fernández Bascuas, Aproximación á xénese urbanística da vila de A Estrada. I: "A Estrada. Miscelánea histórica e cultural", nº 2 (1999), p. 61.
16 Vagalumes, 197-199 (Cabada Vázquez, Obra..., 171-172).
17 "Progreso" (Pontevedra), 27 maio 1924. Un ano despois a prensa fará tamén alusión á celebración do cabodano da finada do día 25 de maio deste modo: "Todas las misas que se celebren en la Iglesia de San Lorenzo de Sabucedo (Estrada) desde las seis hasta las diez como también el acto fúnebre que tendra lugar el mismo día y las misas que se digan durante todo el año actual a las siete y media en el convento de San Francisco de Pontevedra los días 25 y 26 será aplicadas por su alma" ("Progreso", 19 maio 1925).
18 Cf. "Vida Gallega", nº 267 (15. I. 1925).
19 "Galicia. Diario de Vigo", 30 decembro 1924.
20 "Vida Gallega", nº 267 (15. I. 1925). En "El Emigrado" ós nomes de Sobrino, Fraga e de la Iglesia como representantes do Instituto de Pontevedra na conducción do cadáver éngadese aínda o do destacado dirixente galeguista e tamén catedrático (desde o ano 1919) do mesmo Instituto, Antón Losada Diéguez (Cf. "El Emigrado", 7. I. 1925). Losada Diéguez impartía a súa docencia na asignatura Ética e Rudimentos de Dereito. En canto ós outros tres catedráticos, R. Sobrino era catedrático de Historia Natural (e Director do Instituto desde 1921), Fraga de Lingua Latina e A. de la Iglesia de Literatura.
21 "Vida Gallega", nº 258 (5 setembro 1924). Posiblemente é este o primeiro poema redactado en castelán, dado que o poeta engade a man no seu exemplar persoal de "Vida Gallega" ó lugar de redacción (Codeseda) o seguinte: "julio 1923". Ver Cabada Vázquez, Obra..., 95s.
22 Cf. Cabada Vázquez, Vagalumes, 27s (Cabada Vázquez, Obra..., 123). E moi posible tamén que o poema "Mistéreos" —non recolleito en Vagalumes (ver Cabada Vázquez, Obra..., 124)— teña que ver coa perda da súa querida curmá.
23 Non se debe confundir a irmá do poeta, Emilia Cabada Vázquez, coa súa curmá (filla de Esperanza e Xosé, irmá e irmán respectivamente da nai e do pai do poeta), do mesmo nome e apelidos, que o 23 de febreiro de 1927 contraerá matrimonio con Xosé Durán Maceira na igrexa parroquial de San Xurxo de Codeseda.
24 Cf. "El Emigrado", nº 178 (16. XII. 1925).
25 Sobre o enterro da irmá do poeta dise no "Faro de Vigo" (13. XII. 1925): "Una gran manifestación de duelo constituyó dicho acto, pues desde su casa, en Barro, hasta el cementerio fue acompañada de un inmenso gentío, que de los lugares próximos acudió, testimoniando así el cariño que todos profesaban a la finada y el dolor que experimentaron al verse separados de la que fue modelo y admiración de todos. Fue conducida en hombros por los señores D. Emilio Cerviño, D. Jesús Castro, D. José Ramos y D. Francisco Rozados; llevando los cordones sus primas de Marcenlos, Emilia y Dorinda Cabada Vázquez, su primo Gerardo F. Vázquez Iglesias y José Eirín Castro".
26 Cf. Cabada Vázquez, Vagalumes..., 24s.
27 Cf. Moxenas [I] en "El Emigrado", 31 decembro 1929 (Cabada Vázquez, Obra..., 301).
28 Hai que advertir que no curso 1918/19 os alumnos de Latinidade (entre eles o novo alumno de Codeseda) non empezaron as clases no Seminario ata o día 2 de xaneiro de 1919 (tres meses, polo tanto, máis tarde do normal). Ve-lo "Boletín Oficial del Arzobispado de Santiago", 1918, p. 373 (10. XII. 1918).
29 Cf. García Cortés, El Seminario Conciliar de Santiago. Nuevos datos para su historia: "Compostellannum" XXVI (1981), pp. 239-240, 249.
30 Nado en Callobre, levaba de párroco na parroquia de Codeseda vintesete anos cando morreu en febreiro de 1933. Foi, polo tanto, o párroco da parroquia natal de Cabada Vázquez desde que este non era máis que un rapaz de cinco anos. Sobre o seu enterro, ó que asistiron vintecatro sacerdotes, pode lerse o xornal "La Palanca" (A Estrada), nº 7 (16 marzo 1933), p. 6, onde se di del que era "sacerdote y ciudadano ejemplar".
31 Cf. De la velada de Lalín ("El Emigrado", nº 217).
32 Léanse, se non, os seus poemas (todos eles do ano 1923) Na fala galega, Na tumba de Murguía, A Galicia e, sobre todo, A loitar.
33 Quero agradecer ós responsables deste Arquivo militar as atencións recibidas nel na miña busca de novas sobre este período biográfico do poeta.
34 González R., Los restos...
35 "Paseado" —segundo me comunicou o meu colega Xoaquín Losada Espinosa (+2000), fillo de Antón Losada— polos insurxentes contra o réxime republicano nos comezos mesmos do noso incivil enfrentamento do 1936.
36 No Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra (ó que agradezco as atencións recibidas) poden consultarse estes e outros datos sobre os estudios de bacharelato do poeta estradense no Instituto de Pontevedra.
37 Debo esta información a meu pai, Perfecto, irmán do poeta.
38 Quero aquí agradecer especialmente as informacións recibidas de Anxo Ferreiro (Concelleiro de Cultura de Carral), que me puxo en contacto con Xosé Espiñeira Bermúdez (en Herbes, no mesmo concello de Carral), quen me proporcionou datos concretos sobre as obras realizadas, entre outros, polo pai de Xosé Manuel na estrada que une A Coruña con Santiago.
39 Consta, por outra parte, que o poeta estradense era por este tempo (alomenos no ano 1927) correspondente de "El Pueblo Gallego" ó informar el mesmo (Cf. "El Pueblo Gallego", 5 agosto 1927, p. 11), como "corresponsal de El Pueblo Gallego", sobre a visita a Codeseda de varias persoalidades como motivo da construcción dun camiño vecinal. Pouco despois, nunha información do mesmo xornal sobre unha protesta contra o servicio de transporte entre as localidades de A Estrada, Codeseda, Forcarei e Soutelo, refírese o seguinte: "Hace dos días antojábasele [ó administrador de "La Montañesa"] cobrarle berlina al corresponsal de 'El Pueblo Gallego', señor Cabada Vázquez, cuando el coche en que este señor viajaba sólo tenía interior"... ("El Pueblo Gallego", 23 setembro 1927, p. 11).
40 Outro dos contratistas, que traballaba nas mesmas obras, chamábase —segundo as mesmas informacións— Xesús Eguía García (orixinario de Vigo).
41 No curso 1927/28, no que Cabada Vázquez retorna á Universidade Pontificia de Santiago, eran en total 533 os seminaristas que nela estudiaban, segundo os datos do "Boletín Oficial del Arzobispado de Santiago", 1927, p. 328.
42 Nas asignaturas dos nove cursos realizados en Santiago acadou, en total, trinta "Meritissimus" (sobresaliente), oito "Benemeritus" (notable) e só un "aprobado", curiosamente na "Reválida de Latín" do seu primeiro curso en Santiago (sendo así que posteriormente, desde 1931 ata a súa morte, sería prestixioso docente de Lingua latina en diversos centros).
43 Co gallo da chegada do arcebispo, Zacarías Martínez Núñez, a Compostela o poeta recitara, case un ano antes, o seu fermoso poema Na fala meiga (Vagalumes, 17-23; Cabada Vázquez, Obra..., 188-190), na velada literario-musical adicada ó novo arcebispo o día 17 de maio de 1928. Sobre as querencias monárquicas e o antirrepublicanismo de Zacarías Martínez, ver Carballo; Magariños, La Iglesia..., 518s.
44 Ve-la súa Crónica de Santiago no "Faro de Vigo", 7 marzo 1931, p. 6. Ver tamén "La Voz de Galicia", 8 de marzo 1931, pp. 8 e 9. O libro de poemas Vagalumes estaría nas librerías compostelás un mes antes, máis ou menos, desta actuación do poeta como orador sagrado.
45 Rey Alvite, Cabada Vázquez...
46 ibíd. Ángel Amor Ruibal morrera só catro meses antes, o 4 de novembro de 1930.
47 ibíd. Ver tamén a Crónica de Santiago de Rey Alvite no "Faro de Vigo", 8 de marzo 1931, p. 7.
48 Xunto con el foron nomeados tamén profesores auxiliares Calixto García Seoane, Edelmiro Troitiño Mariño, Alejandro Blanco Carou, Florentino Pena, Angel Rey Camiña, Manuel López Peteiro e o seu amigo Casimiro Cubela García (Cf. "El Pueblo Gallego", 4 outubro 1929, p. 7; "Faro de Vigo", 4 outubro 1929, p. 10).
49 Na biblioteca do poeta figuran tres dos seus discursos, un deles a Oración fúnebre en las honras del Sr. Arzobispo Fr. Zacarías Martínez Núñez, o arcebispo compostelán que conferiu as ordes eclesiásticas (ata o diaconado inclusive) a Cabada Vázquez.
50 Na biblioteca do poeta atópase a lección inaugural do curso 1916-17 deste profesor, El positivismo contemporáneo y la existencia de Dios. No curso 1918-19 o prof. Cerdeira impartiulle docencia de "Historia de España" ó seu alumno de Codeseda (que acadou a calificación de "Meritissimus"). Testemuño, por outra parte, do seu interese pola poesía é o seu poema Compostela y su Pastor, lido polo profesor na "Velada que la Universidad Pontificia Compostelana dedica al nuevo Arzobispo de Santiago Exmo. y Revmo. Señor Dr. D. Fray Zacarías Martínez Núñez el día 17 de Mayo de 1928 a las siete de la tarde", tal como aparece no programa. Na mesma velada lería tamén o poeta de Codeseda o seu poema Na fala meiga.
51 Antes de imparti-la súa docencia en Dereito Canónico, Benito Espiño foi profesor de latín e doutras materias humanísticas. Velaquí a louvanza que fai Antonio Rodríguez Fraiz do seu mestre: "O ensino, pola década devandita [polos anos vinte], nos primeiros anos era pésimo. Só unha excepción: don Benito Espiño Arceo, excelente mestre. Os que cursaron con el aprenderon ben o latín e demais materias que ensinaba [...] Gardo unha lediciosa lembranza deste mestre coma profesor, boa persoa e e bo superior. Quero destacar que, aínda que falaba en castelán, empregaba con moita frecuencia o galego e, sobre todo, que podiamos usa-lo galego nas tarefas literarias que nos encomendaba. Toda unha liberación esa cátedra de don Benito" (Acuña, Salvador Antonio..., 151).
52 Na biblioteca particular de Cabada Vázquez hai varios escritos da autoría de Luciano García Rodríguez. Un deles, titulado ... Como los pájaros cantan... (Santiago, Porto, 1931) ten a seguinte adicatoria ó autor de Vagalumes (publicado este no mesmo ano, pouco antes do devandito escrito de poemas en castelán do seu profesor de teoloxía): "A su distinguido discípulo José Ml. Cabada Vázquez, poeta bien amado de los Dioses y con firma de acreditados valores en el Parnaso Gallego, en justa correspondencia y en prenda de sincera estima, dedica este ejemplar. El Autor. Santiago, 4 de junio de 1931".
53 No curso 1930-31, no que Cabada Vázquez estudia o seu primeiro e único curso de Dereito Canónico, empeza tamén López Souto a súa docencia nesta especialidade, lendo o discurso inaugural (sobre o tema do evolucionismo) de comezo de curso na Universidade Pontificia. O discurso figura entre os libros da biblioteca particular do poeta.
54 Foi membro do Seminario de Estudos Galegos e da Real Academia Galega. As súas publicacións Catecismo social e O cañón de pau están na biblioteca do poeta.
55 Foi tamén administrador do Pazo de Raxoi, onde —como veremos aínda— vivía A. Amor Ruibal co seu discípulo e amigo, o noso poeta estradense. Foi, con este, un dos primeiros promotores e propagadores da obra de Amor Ruibal. A Cándido Pumar, que tomou posesión do seu cargo de prefecto de estudios da Universidade Pontificia en xaneiro de 1929, débelle, por outra parte, Cabada Vázquez o seu nomeamento como profesor auxiliar na mesma Universidade en setembro deste mesmo ano.
56 Cabada Vázquez traduciu ó galego varios dos poemas en castelán de J. da Viña e adicou a este ("Para D. José da Viña Trasmonte, con el más sincero afecto") o seu poema de 1924 Gratitude (non recolleito en Vagalumes. Ver Cabada Vázquez, Obra..., 92-93). Verbo do posible influxo literario de J. da Viña no poeta de Codeseda, indica J. Precedo Lafuente que "posiblemente el gusto estético se lo haya avivado, más que ninguna otra persona, don José da Viña Trasmonte" (Precedo, El poeta...). Máis datos sobre estes e outros profesores da Universidade Pontificia de Santiago poden lerse en Carlos García Cortés, El profesorado del Seminario Conciliar de Santiago y su labor científico-docente en la etapa universitaria (1876-1932). Estudio significativo desde las lecciones inaugurales de curso. Discurso inaugural del año académico 1982-83 (Instituto Teológico Compostelano, Santiago de Compostela, 1982).
57 Cabada Vázquez, Vagalumes, 301 (Cabada Vázquez, Obra..., 209).
58 "Vida Gallega", nº 5 (maio 1909).
59 Filgueira, Amor Ruibal..., 544.
60 Cabada Vázquez, O Mestre..., 3 (Cabada Vázquez, Obra..., 320-321).
61 Cabada Vázquez, O Mestre..., 3-4 (Cabada Vázquez, Obra..., 321).
62 Cabada Vázquez, Ha muerto... (Cabada Vázquez, Obra..., 311).
63 Cabada Vázquez, ¡Amor Ruibal...! (Cabada Vázquez, Obra..., 313).
64 Pikaza, Amor Ruibal..., 32-33.
65 Cabada Vázquez, O Mestre..., 1 (Cabada Vázquez, Obra..., 318).
66 Otero Pedrayo, "Vagalumes"... O texto de Otero Pedrayo forma parte do seu comentario literario ó libro de versos Vagalumes do poeta estradense, que este lle remitira poucos días antes. Na posdata da carta que acompañaba a Vagalumes, indicáballe Cabada Vázquez ó seu amigo Otero Pedrayo acerca de Amor Ruibal: "De camiño hei de pedirlle que, se lle cadrase de ter á man un exemprar do artigo adicado por vostede a Amor Ruibal, mo remitise, pois teño ansiedade por velo".
67 Cf. "La Voz de Galicia", 21 novembro 1930, p. 2.
68 "Faro de Vigo", 8 novembro 1930 (Cabada Vázquez, Obra..., 310-313).
69 "Faro de Vigo", 14 novembro 1930 (Cabada Vázquez, Obra..., 313-315).
70 "Faro de Vigo", 22 novembro 1930 (Cabada Vázquez, Obra..., 315-318). J. Pikaza publica, na súa colaboración Amor Ruibal y..., p. 37, algúns textos dun escrito sobre Amor Ruibal, aparecido un ano despois no "Faro de Vigo" (4 novembro 1931), atribuíndo tal escrito a Cabada Vázquez. En realidade este escrito (La Cátedra de Amor Ruibal, asinado en Compostela coas iniciais F. M. O.) no é da autoría do poeta de Codeseda, que, polo demais, nesta época residía xa en Vigo, non en Santiago de Compostela.
71 Cf. Cabada Vázquez, Obra..., 312-313.
72 Cf. Cabada Vázquez, Obra..., 315.
73 Cf. Cabada Vázquez, Obra..., 317-318.
74 Cabada Vázquez, O Mestre..., 1-2 (Cabada Vázquez, Obra..., 318-319).
75 Cf. Filgueira Valverde, Limiar, IX-X.
76 Cabada Vázquez, Vagalumes..., 11-12 (Cabada Vázquez, Obra..., 322).
77 Rey Alvite, Cabada Vázquez...
78 Pikaza, Amor Ruibal..., 33.
79 Ver sobre isto M. Vidán Torreira, Raíz gallega del pensamiento filosófico de Amor Ruibal: "Ínsula", nº 152-153 (1959), p. 6.
80 Cabada Vázquez, O Mestre..., 4 (Cabada Vázquez, Obra..., 321). Ver tamén sobre isto mesmo: Cabada Vázquez, Ha muerto... (Cabada Vázquez, Obra..., 311).
81 Cf. Filgueira, Amor Ruibal..., 547.
82 Angel Amor Ruibal, La lenguua gallega y su léxico etimológico: "Faro de Vigo", 1 xaneiro 1927, p. 4 (tamén na revista "Grial", nº 25, 1969, p. 358-359). Na entrevista realizada un ano despois por X. Pardo a Amor Ruibal fai este referencia, unha vez máis, ó seu proxectado Diccionario etimolóxico da lingua galega (Cf. Pardo, J., Una entrevista con el sabio...).
83 Cf. Pardo, J., Una entrevista con el sabio...
84 Cf. Pardo, X., Una entrevista con el Doctor... Ver tamén, Pardo, J., Una entrevista con el sabio...
85 Pardo, X., Una entrevista con el sabio...
86 "El Emigrado", 7 outubro 1923 (Cabada Vázquez, Obra..., 277-279).
87 Cabada Vázquez, O Mestre..., 3-4 (Cabada Vázquez, Obra..., 321).
88 Cabada Vázquez, Ha muerto... (Cabada Vázquez, Obra..., 311). Neste mesmo escrito indica Cabada Vázquez o seguinte dato sobre os traballos que á súa morte levaba Amor Ruibal entre mans: "Actualmente preparaba un importante estudio sobre la venida de Santiago a España y sobre los primitivos habitantes de Galicia" (Cabada Vázquez, Obra..., 312).
89 Filgueira, Amor Ruibal..., 545.
90 Ver Cabada Vázquez, Obra..., 327-328.
91 Cabada Vázquez, O Mestre..., 4 (Cabada Vázquez, Obra..., 321).
92 Si, en troques, parece deberse a Cabada Vázquez a traducción ó galego dun inédito de Amor Ruibal, titulado A Extensión e aparecido no nº 2 de "Logos" (febreiro 1931), pp. 1-2 (Ver Cabada Vázquez, Obra..., 329-330). Despois do título e antes do corpo do artigo hai alí esta indicación: "Entre os papés do sabio Amor Ruibal, pra cuia memoria garda LOGOS un filial agarimo, topáronse unha chea de notas utilizadas en estudos xa pubricados ou cédulas de traballos en preparación. Entre elas escollemos pra pubricar eiquí hoxe as ideias do mestre encol da extensión [...]". Tanto esta indicación como a traducción ó galego do texto de Amor Ruibal semellan ter como autor a Cabada Vázquez, dado que este indicara xa na súa anterior colaboración, O Mestre Amor Ruibal..., no número anterior (e primeiro) de "Logos" que quería tamén "traer a istas páxinas algo do que deixa inédito" ("Logos. Boletín Católico Mensual", nº 1, xaneiro 1931, páx. 4). Da mesma opinión é J.- L. Lemos Montanet, Angel Amor Ruibal. Una reflexión viva acerca del hombre (Santiago de Compostela, Xunta de Galicia, 1996), p. 285 (n. 615).
93 Ver Cabada Vázquez, Obra..., 322.
94 O coñecido biógrafo de Amor Ruibal, Avelino Gómez Ledo, aportou datos interesantes sobre as cualidades poéticas do sabio compostelá, presentando, ademais, o texto dunha composición poética súa, calificada con razón como "bellísima, muy sentida, profunda y elegante en su versificación". Ver Avelino Gómez Ledo, Disquisiciones en torno a una poesía de Amor Ruibal: "Estudios" XXV (1969), pp. 134-137.
95 Non é correcta, polo tanto, a afirmación de Fernández del Riego de que Cabada Vázquez fixo a carreira de maxisterio "na Escola Normal compostelana" (Fernández del Riego, Diccionario, 62), aínda que é verdade que a "Escuela Normal de Maestros de Pontevedra" (na que o poeta de Codeseda cursou por libre, é dicir, en "enseñanza no oficial", os seus estudios de maxisterio) pertencía ó Distrito Universitario de Santiago.
96 Ve-lo seu artigo Por tierras... (Cabada Vázquez, Obra..., 286-289), no que fai unha detallada descripción desta excursión histórico-artística.
97 O texto da nota da papeleta de exame desta última asignatura di "sobresaínte" (en galego) e está asinada por "O Secretario do Tribunal" (corrixido do texto impreso oficial en castelán), Alfonso Vázquez Martínez, sobre o que farei aínda despois algunhas indicacións.
98 Ve-la súa Crónica de Santiago do "Faro de Vigo" do 16 de xuño de 1931, p. 6.
99 De Fermín Bouza Brey hai na biblioteca do poeta de Codeseda dous escritos adicados a este polo seu autor. Un co título Cántigas populares de Arousa (Primeira serie) (pubricado nos "Arquivos do Seminario de Estudos Galegos", III, 1931, Seizón de Etnografía), adicado por esta época ó poeta de Codeseda con estas palabras: "Ó poeta Cabada Vázquez, que sabe de todo lírico vieiro cara ó reencontro da Galiza inmortal, adica estas estrelas do ceu popular noso. O Autor. A Estrada, no maio de 1931"; o outro, algo posterior, é o importante e influínte poemario Nao senlleira, que leva esta adicatoria: "A Cabada Vázquez, bo poeta e bo amigo. O Autor. 1933".
100 Na sección "Galicia al día " do nº 491 (20 xullo 1931) da revista "Vida Gallega" indícase o seguinte: "En Santiago, tras brillantes ejercicios y con la obtención de la nota de sobresaliente han hecho la reválida de Filosofía y Letras el juez de La Estrada señor Bouza Brey, don José Manuel Cabada Vázquez y don Antonio Moar Vázquez".
101 Á anterior cátedra acumulou Cotarelo no ano 1919 a de Teoría e Literatura das Artes. Desde este mesmo ano tivo tamén un curso público sobre lingua e literatura galegas. Na biblioteca do poeta figuran nove obras de Cotarelo, editadas entre os anos 1916 e 1931. Dúas delas, Cancioeiro da Agulla e Beiramar, publicadas no ano 1931, están adicadas "ó poeta Cabada, seu amigo" polo "Coleutor" e "Autor" respectivamente.
102 Pertenceu ás Irmandades da Fala e, posteriormente, ó Partido Galeguista.
103 Velaquí o texto das adicatorias de A. Vázquez Martínez a Cabada Vázquez, tal como aparecen nas separatas dos seus artigos publicados en "Nós": "Con todo agarimo e sinceira amistade recibe este pequeno homaxe" (en Notas encol da laboura de restauración de documentos). "A Cabada con fondísima ledicia pola súa amistade" (en O voto do Concello de Arbo na festa de San Roque). "Alfonso Vázquez Martínez adica ó seu amigo Cabada con todo agarimo e fondísima amistade como correlixionario político e espiritual" (en Programa pra unha investigación documental nos Arquivos parroquiaes). A. Vázquez Martínez estivo vencellado —como o seu amigo Cabada Vázquez— ó Seminario de Estudos Galegos e realizaría tamén, como el, os "Cursillos de selección" do profesorado no verán do 1933, sendo nomeado a continuación profesor de Xeografía e Historia e Director do "Colexio subvencionado" de Vilalba (Lugo) ó tempo que Cabada Vázquez era nomeado profesor de Latín e Director do Instituto Nacional de Medina de Rioseco (Valladolid) (Cf. "Gaceta de Madrid", 1 novembro 1933, pp. 794-796). Vázquez Martínez pertencería tamén ás Reais Academias da Historia e Galega.
104 Velaquí, sen embargo, o que escribe A. Mato sobre a escasa dotación de profesorado na Sección de Historia (creada en 1922) da Facultade compostelá de Filosofía e Letras por estes anos: "A Sección de Historia, creada dezaseis anos máis tarde que a das principais universidades españolas, non contou cos medios necesarios para consolidar en Galicia unha comunidade historiográfica universitaria. O profesorado titular era escaso, ambulante e estaba sobrecargado de cátedras acumuladas. En 1934 a Facultade só contaba con tres catedráticos, dous de Historia, Pérez Bustamante e Viñas Mey, e un de Latín, Moralejo. Gran parte das disciplinas eran impartidas por recén licenciados en período de formación, como Sebastián González, Fraguas e Vázquez Martínez —algúns deles ligados ó Corpo de Arquiveiros, como Luísa Cuesta—, ou incluso por eruditos eclesiásticos, como Pérez Millán, arquiveiro da catedral. E os intentos que se fixeron desde a Facultade por potenciar certas disciplinas, como a Prehistoria ou a Historia de América, non chegaron moi lonxe, entre outras cousas, tamén, porque 1936 chegou demasiado axiña" (Alfonso Mato, Ferro Couselo, historiador. En: Xesús Ferro Couselo. Día das Letras Galegas 1996, Santiago, Xunta de Galicia, 1996, pp. 56-57).
105 Sobre o pseudónimo J. Lamenú indica J. Precedo: "es lo mismo que José Manuel, pero sometiendo el segundo nombre a tres metátesis recíprocas, pero reguladas por un ritmo uniforme, ya que la letra 6 se combina con la 2; la 1 con la 5, y la 3 con la 4" (Precedo, El poeta...).
106 Ver Cabada Vázquez, Obra..., 114-116.
107 Ver Cabada Vázquez, Obra..., 177-178.
108 Alonso Montero fixo xa alusión a este punto no seu "Estudio" introductorio á segunda edición de Vagalumes, pp. 21-22.
109 En Cabada Vázquez, Obra..., 79.
110 Ver Cabada Vázquez, Obra..., 142-144.
111 Ver Cabada Vázquez, Obra..., 249.
112 Ver Cabada Vázquez, Obra..., 151-153.
113 Ver Cabada Vázquez, Obra..., 161-163.
114 Ver Cabada Vázquez, Obra..., 195-196.
115 Cf. X. Alonso Montero, "Estudio" introductorio á segunda edición (1989) de Vagalumes, 20-21, aínda que o introductor non se decatou da presencia deste poema (transformado) en Vagalumes. Ver Cabada Vázquez, Obra..., 175.
116 Ver Cabada Vázquez, Obra..., 158-160.
117 De todos os modos, na versión que se publica en "Vida Gallega" (por segunda vez nesta revista: o 20 de novembro 1927), pouco despois da volta do poeta a Santiago, o poema aparece asinado (a diferencia das primeiras tres versións) co pseudónimo cauteloso de J. Lamenú.
118 Ver Cabada Vázquez, Obra..., 149-150.
119 Ver Cabada Vázquez, Obra..., 183.
120 Sánchez y Santa María, Leyendo... No exemplar de Vagalumes de Sánchez y Santa María (que se atopa actualmente na Biblioteca da Universidade de Santiago) hai esta adicatoria de Cabada Vázquez: "Pra Lois G. Sánchez Santa María, con agarimosa simpatía e cordialidade. Ofrenda do Autor. Pazo de Raxoi - Santiago 1931".
121 Iglesia Alvariño, "Vagalumes"... O mesmo texto en íd., Un poeta...
122 Cf. Cabada Vázquez, Vagalumes..., 20.
123 Cf. "Vida Gallega", nº 287 (20 outubro 1925). Ver Cabada Vázquez, Obra..., 142-144.
124 Ver Cabada Vázquez, Obra..., 38.
125 Ver Cabada Vázquez, Obra..., 51-56.
126 Ver Cabada Vázquez, Obra..., 92-93.
127 Ver Cabada Vázquez, Obra..., 277-279.
128 Cf. "Vida Gallega", nº 228 (10 xullo 1923). Ver Cabada Vázquez, Obra..., 45-47.
129 Cf. "El Emigrado", nº 143 (31 decembro 1924); "Vida Gallega", nº 270 (25 febreiro 1925). Ver Cabada Vázquez, Obra..., 110-111.
130 Cf. "Vida Gallega", nº 228 (10 xullo 1923). Ver Cabada Vázquez, Obra..., 43-44.
131 Cf. "Vida Gallega", nº 221 (5 abril 1923). Ver Cabada Vázquez, Obra..., 36.
132 Cf. "Vida Gallega", nº 281 (25 xullo 1925). Ver Cabada Vázquez, Obra..., 125.
133 Estes catro últimos poemas (todos en castelán) atópanse no nº 282 (5 agosto 1925) de "Vida Gallega" (Ver Cabada Vázquez, Obra..., 127-130). Coas irmás Concha e Lupe Gude mantivo sempre o poeta (desde alomenos o ano 1925) unha estreita amizade. Xa en maio do 1925 (antes aínda das adicatorias destes dous poemas Amor... Dolor e Desengaño e da do seguinte, algo posterior, Meu dor) remesáralles o seu poema Ofrenda de amor "como proba de cariñoso e mutuo afecto". Posteriormente recibirían as dúas irmás o libro Vagalumes, adicado a elas polo seu autor "con agarimo e cordialidade". A derradeira misiva ás dúas irmás quizais fose esta que lle dirixe a Concha (residente en Pontevedra) desde Linares (Jaén), só catro meses antes da súa morte: "Mi buenísima amiga: No puedo dejar pasar la fecha de tu onomástico sin desearte en ese día todo género de dichas y felicidades en compañía de tu hermana Lupiña. Un cariñoso saludo de vuestro amigo. Pepe. Linares, 8. XII. 1935".
134 Cf. "Vida Gallega", nº 288 (1 novembro 1925). Ver Cabada Vázquez, Obra..., 145-147.
135 Cf. "Vida Gallega", nº 281 (25 xullo 1925). Ver Cabada Vázquez, Obra..., 126.
136 Ver este poema en "Vida Gallega", nº 324 (30 novembro 1926).
137 Ve-las dúas versións deste acróstico en Cabada Vázquez, Obra..., 168-169.
138 Cf. "Céltiga", nº 68 (25 outubro 1927). Ver Cabada Vázquez, Obra..., 294-296. A esta colaboración (e á súa adicatoria: "Pra Maruxiña...") do poeta de Codeseda refírese Ken Keirades nas súas Rexoubas ("El Emigrado", 31 decembro 1927) deste xeito: "O Cabada Vázquez adícalle o seu fermoso traballo de 'Céltiga' 'a Maruxiña, con amoroso anceio'. Fólgome que non lle decaia o seu entusiasmo polas Maruxas, xa noutras ocasións manifestado. O pior é que se a sorte é boa, dentro de pouco vai a ter que contentarse con confesalas".
139 Cf. "Vida Gallega", nº 264 (25 novembro 1924). Ver Cabada Vázquez, Obra..., 103-107.
140 Cf. "Vida Gallega", nº 324 (30 novembro 1926); "A Nosa Terra", nº 233 (1 febreiro 1927), p. 6; "El Compostelano", 25 xuño 1928.
141 Ver Cabada Vázquez, Obra..., 164-167.
142 "Vida Gallega", 20 abril 1923. Asinado co pseudónimo J. Lamenú.
143 Vagalumes, 53-54.
144 Ver ámbolos dous poemas en Cabada Vázquez, Obra..., 40 e 212.
145 Cf. "A Nosa Terra", nº 259 (1 abril 1929), p. 4. Ver Cabada Vázquez, Obra..., 195-196.
146 Este poema está publicado no "Faro de Vigo", 9 outubro 1932, p. 9 (co acostumado pseudónimo J. Lamenú). Ver Cabada Vázquez, Obra..., 253-254. Varias das análises realizadas ata aquí sobre a relación coa feminidade do escritor estradense adianteinas xa nas miñas colaboracións, co título Presencia feminina no poeta Cabada Vázquez, en "Tabeirós Terra" (Xornal Cultural da Estrada), números VI (p. 21), VII (p. 3), VIII (p. 3) de febreiro, xuño e novembro respectivamente de 1999.
147 García Barros, A miña lembranza... (Freixeiro, Cos pés..., 106).
148 Carballo Calero, Historia..., 363.
149 Echave-Sustaeta, In memoriam... Na biblioteca particular de Cabada Vázquez atópanse seis volumes de diversas obras do poeta de Celanova.
150 Cf. Cabada Castro, Fondos...
151 García Barros, A miña... (Freixeiro, Cos pés..., 105-106).
152 Cf. Acuña, Salvador Antonio Rodríguez Fraiz..., 152.
153 Cabada Vázquez, ¡Amor Ruibal...! (Cabada Vázquez, Obra..., 313).
154 Picaza, Amor Ruibal..., 33.
155 Ver Cabada Vázquez, Obra..., 333-334. No orixinal desta carta a palabra fichado aparece subliñada.
156 Cf. Cabada Vázquez, Obra..., 249.
157 Pódense ler louvanzas da súa figura en "A Nosa Terra", nº 113 (25. II. 1920), p. 2, e tamén —co gallo do seu falecemento— no núm. 257 (1. II. 1929), p. 11 da mesma revista.
158 Na revista "Catecismos de San Martín" (ou "Catecismos de Compostela") aparece nos anos anteriores a novembro de 1932 este dobre enderezo: "Dirección: Calle de la Virgen de la Cerca, 31. Residencia PP. Jesuitas. Redacción-Administración: Pza. de la Inmaculada, 5 (Seminario Conciliar Central)".
159 Cómpre tamén sinalar que outro xesuíta poeta, Xosé Rubinos Ramos (nado en 1898 na Coruña), publicou tamén varios dos seus poemas galegos, polos anos 1924 e 1925, nesta mesma revista "Catecismos de Compostela" (ou "Catecismos de San Martín"). Posteriormente, desde o ano 1931, non son poucos os poemas en galego do mesmo xesuíta que aparecerán publicados en "Vida Gallega", a revista na que máis número de poemas publicou tamén, pola súa parte, o poeta de Codeseda.
160 O novo edificio do colexio fora inaugurado só tres anos antes, o 7 de outubro de 1928.
161 Xaime Illa Couto, A miña relación con Ferro na militancia galeguista. En: Xesús Ferro Couselo. Lembranzas..., p. 61. Pola súa "miudeza" física tiña entre os seus alumnos de Vigo o agarimoso sobrenome de "milímetro", mentres que outro profesor, Manuel Arteta, pola razón contraria, era chamado "kilómetro"...
162 Cf. "Faro de Vigo", 22 maio 1926, p. 1.
163 Publica, no final da década dos anos vinte e nos primeiros anos da década dos trinta, moitos dos seus poemas e escritos no "Faro de Vigo", do que é redactor. Na biblioteca de Cabada Vázquez figura o seu libro, Desorden. Versos, coa seguinte adicatoria: "Al queridísimo amigo J. M. Cabada Vázquez, que manifiesta su alto espíritu de poesía en su admirable cordialidad. Vigo, junio 1934. José Antonio Ochaíta".
164 Recibín informacións sobre diversos profesores do colexio dos xesuítas de Vigo de varios antigos alumnos, especialmente de Luis Cabo Rey. Para unha información máis ampla e detallada sobre este colexio son imprescindibles os traballos históricos de Evaristo Rivera Vázquez, Colegio Apóstol... e Memoria... Débolle, ademais, ó autor destes estudios novas e datos máis concretos, tamén sobre Cabada Vázquez.
165 Como relanzo de paz, previo ós drásticos acontecementos de orixe política que non tardarán en afectar ó colexio, Cabada Vázquez viaxa de Vigo a Pontevedra para asistir á voda do seu único irmán, Perfecto, con M. Palmira Castro Valladares, que se celebra na igrexa da Virxe do Camiño de Pontevedra o día 16 de xaneiro de 1932. Jorge Vázquez Fernández, curmán do poeta, bendí a unión, actuando de padriño de voda seu tío, Gerardo Vázquez Gil (a quen xa coñecemos como parente moi vencellado ó sobriño poeta). Entre as testemuñas desta unión figura Casimiro Cubela García, por este tempo párroco de Tomonde (Cerdedo) e grande amigo do poeta desde os tempos de Santiago. Polas informacións da prensa sabemos que —como non podía ser menos— "a la hora del champán hizo uso de la palabra el profesor y poeta D. José Cabada Vázquez".
166 Seguidamente alúdese —como queda dito— ás outras Ordes relixiosas, que deberán "someterse a unha lei especial", que se baseará en puntos como estes: "disolución das que, polas súas actividades, constitúan un perigo para a seguridade do Estado", "prohibición de exerce-la industria, o comercio ou o ensino". O artigo 26 remata coa ameaza final de que "os bens das Ordes relixiosas poderán ser nacionalizados".
167 A carta que o poeta de Codeseda lle remite a Otero Pedrayo xunto co recén aparecido volume de Vagalumes, a comezos do 1931, remata así: "Seu decote bo amigo e ademirador". Ve-lo texto desta carta en Cabada Vázquez, Obra..., 332.
168 Cf. Carballo; Magariños, La Iglesia..., 531-535; Rivera, Colegio Apóstol..., 334-335.
169 No "Faro de Vigo", en vez deste título, aparece este outro: "Los regionalistas católicos".
170 Tanto en "La Región" coma no "Faro de Vigo" dise "Uns cantos", en vez de "Algúns".
171 No "Faro de Vigo" dise "érguese" (en vez de "erguerase").
172 En "La Región" non aparecen as palabras "de Galiza".
173 Este párrafo enteiro ("Pola ... crentes") non aparece en "La Región".
174 No "Faro de Vigo", debido a un claro erro do prelo, dise "defeitos" en vez de "dereitos".
175 Este manifesto foi dado a coñecer, polo menos, nas seguintes publicacións: "Logos" (Pontevedra), nº 10 (outono do 1931), pp. 2-3; "La Región" (Ourense), 3 novembro 1931, p. 1; "Faro de Vigo", 5 novembro 1931, p. 10.
176 Ver Cabada Vázquez, Obra..., 340.
177 Iglesia Alvariño, Un poeta...
178 Ver Cabada Vázquez, Obra..., 156-157.
179 Cf. Cabada Vázquez, Vagalumes..., 29. "Como en Cabanillas, hai, ás veces, na súa poesía —indica así mesmo Alonso Montero sobre a poesía de Cabada Vázquez— espadas erguidas (ou fungueiros) e fouces que se afían para combates de redención" (íd., 23). Na biblioteca de Cabada Vázquez hai oito volumes do poeta de Cambados (Cf. Cabada Castro, Fondos..., 248-249). Consta, por outro lado, que o xove Cabada Vázquez leu nunha velada que tivo lugar no Salón Novedades da Estrada en decembro de 1926, entre outros, poemas de Cabanillas (Cf. "El Pueblo Gallego", 15 decembro 1926, p. 11).
180 Quizais por iso Mariano Viñuales adica conxuntamente, tamén en "Vida Gallega" (nº 333, 28 febreiro 1927), a ámbolos dous poetas o seu poema "¡Galicia!" con estas palabras: "A los inspirados poetas Cabada y Cabanillas, pródigos sembradores de las florecillas del huerto de Rosalía".
181 Na biblioteca de Cabada Vázquez hai catro escritos (de entre os anos 1925 e 1931) da autoría de Filgueira. Dous deles (dos anos 1930 e 1931) levan esta mesma adicatoria: "Pra Cabada Vázquez, garimosamente. Filgueira". Ver Cabada Castro, Fondos..., 265.
182 Cf. Cabada Vázquez, Vagalumes..., 23.
183 Velaquí o que escribe Pedret, só tres anos depois de asina-la devandita Afirmación..., sobre o seu galeguismo: "Cando eu comenzaba os estudos de segunda insinanza, encetei a decatarme que de algúns dos postos máis esgrevios de Santiago fixéranse donos homes non nados na nosa Terra, que seguían chamando a outros veciños seus, namentras os de aquí xexuaban. E fixeime en que paisanos deles eran os que facían bulra da nosa lingoa e do noso carácter, na súa literatura e nos seus falares [...] O que sinificou pra min aquel desprecio foi a proba crarísima de que Galicia era un pobo con caraiterísticas de persoalidade propia, e que así como os románs despreciaban ás xentes de alén das fronteiras, non por seren incultas senón por non ser súas, tamén algúns do noso Estado abafábannos por non ser seus de todo. Porque na laboura de desgaleguización que dende varios séculos víñase facendo, eles víranse fracasados; e esta forteza da nosa Terra contra do aniquilamento ó que fora condeada non deixou de alegrarme. Teño entón que confesar que a orixe do meu galeguismo foi un resentimento" (Cf. Paulino Pedret Casado, O meu galeguismo: "Alento", 1934, nº 4; "Grial", nº 25 [1969], p. 367).
184 Cf. Galicia-Historia, tomo V (Coruña, Hércules de Edic. 1991), p. 319.
185 Cf. "Faro de Vigo", 27 de abril 1926, p. 1. Ve-lo seu poema galego publicado en "Catecismos de Compostela", nº 86 (abril 1926), p. 27.
186 Cf. Fraguas, Da vida...
187 Cf. "El Pueblo Gallego", 1 maio 1931, p. 5. Pode lerse o programa ideolóxico desta agrupación galeguista no "Faro de Vigo", 12 novembro 1931.
188 Nunha reportaxe de Alexandre Agra Cadarso sobre os grupos "Ultreia" dise o seguinte: "Outro señor simpatiquísimo, de gran cultura, e de un galeguismo apasionado é don Claudio Losada, médico. Todos os nosos compañeiros de Pontevedra quéreno moito e parece natural, pois tanto el como o señor Filgueira e o Sr. Iglesias Vilarelle son a alma do grupo pontevedrés" (Cf. "Nós", nº 106, 15 outono 1932, p. 187). No nº 522 (30 maio 1932) de "Vida Gallega" aparece, nunha fotografía, Alvaro de las Casas (o fundador e "Rexente" dos grupos "Ultreia") flanqueado por Claudio Losada e Filgueira Valverde. Este último era en 1933, como tamén Antón Iglesias Vilarelle (outro dos asinantes da Afirmación..., do que seguidamente direi algo aínda), "vocal" dos grupos "Ultreia", sendo Secretario Xeral dos mesmos grupos Francisco Fernández del Riego (Cf. "Nós", nº 115, 25 xullo 1933, p. 103).
189 Filgueira, Limiar, p. VIII.
190 Iglesias Vilarelle foi nomeado nesta Asemblea un dos tres integrantes (xunto con Otero Pedrayo e Salvador Mosteiro) do Comité executivo encargado de agrupa-las diversas Irmandades (Cf. "A Nosa Terra", nº 271, 1 maio 1930, p. 8).
191 Álvarez Blázquez, Alexandro Bóveda, 183.
192 Álvarez Blázquez, o.c, 185.
193 Rivera, Memoria..., 196.
194 Detalladas informacións sobre a incautación do colexio dos xesuítas de Vigo poden lerse no documentado estudio de E. Rivera, Colegio Apóstol..., 338-341. O influente xornal vigués "El Pueblo Gallego" (propiedade de Manuel Portela Valladares, ex-alumno do Colexio e masón de alta graduación) apoiou claramente o decreto de disolución da Compañía de Xesús. Ver, por exemplo, o escrito Los jesuitas impedirían la inteligencia entre la Iglesia y el Estado, editado na primeira páxina do xornal do día 29. I. 1932.
195 Cf. Rivera, Colegio Apóstol..., 341-344.
196 A función de Cabada Vázquez no novo centro debeu de ser importante, dado que o nome de Sergio Saborido (que actuará como xestor titular da "Academia Labor", mentres que os xesuítas, co seu Rector á cabeza, eran en realidade os verdadeiros responsables do mesmo) e o de Cabada Vázquez (e só estes dous) aparecen —o de Cabada Vázquez debaixo do de Sergio Saborido— no membrete dalgúns impresos oficiais do centro do ano 1932, que puiden atopar entre os papeis de Cabada Vázquez. Hai que dicir que no actual Colexio "Labor" de Vigo (dirixido polo fillo —do mesmo nome— de D. Sergio Saborido) non se atopa documentación desta primeira etapa do posterior colexio.
197 Cf. Rivera, Memoria..., 269.
198 O testemuño é do xesuíta José M. Díaz de Rábago en carta do 24 de marzo de 1998 ó autor deste ensaio. Debo tamén informacións sobre Cabada Vázquez a outros antigos alumnos da Academia ou do posterior Colexio "Labor", como Diego Llorens (tamén xesuíta), Federico Trillo-Figueroa (pai do actual Presidente do Congreso de Deputados), Recaredo Romero Nieto, Fernando Alario Saubot, Gustavo Castro, Luis Cabo Rey, Rafael de la Piñera, etc.
199 "Saepe librum tuum inspicio, sed miser omnes subtilitates linguae tuae capere non possum, quamquam me delectat" (da carta de B. Wojtas a Cabada Vázquez). Da Embaixada de Polonia en Madrid recibo estas informacións verbo do devandito xove polonés: "Jan Bernard Wojtas nació el 20 de agosto de 1911 en Golub, provincia de Pomerania (Polonia). Fue de nacionalidad polaca y de confesión católico-romana. En 1931 terminó el bachillerato en un liceo de Rybnik (Silesia), después hizo la carrera de Derecho, así como tres cursos en la Facultad de Navegación de la Escuela Marina de Gdynia (Polonia). Cursó también un curso para los Alféreces de Reserva en la Escuela de Artillería de Wlodzimierz (hoy Ucrania). En 1937 tuvo el rango militar de subteniente, pero desde 1934 trabajaba ya como oficial en los barcos civiles. Conocía bien el alemán, el francés y el inglés, era soltero, y conocía 'todos los países marinos de Europa, USA, Egipto y Palestina'. A partir de 1937 no se saben más datos".
200 Ochaíta, J. Antonio, Aspecto del Vigo intelectual: "Faro de Vigo", 25 xullo 1933, p. 20.
201 Moi probablemente impartiu tamén no Colexio "Labor" —alomenos durante algún tempo— docencia de Historia da Lingua e Literatura españolas.
202 Segundo as informacións recibidas, acompañarían ó seu profesor nesta fotografía os seguintes alumnos: Rafael de la Piñera, Fernando Curbera, Guillermo Guerrero, Narciso Bravo Garabato, Jaime López Valcárcel, Javier Ozores, Gustavo Castro, Alberto Arbones, Daniel Fornos Rey, Alejandro Molíns Ristori, José Moreno e dous máis.
203 Un dos alumnos do Colexio "Labor", Rafael de la Piñera, lémbrase aínda, ós seus oitenta anos (abril 1998), dos poemas galegos do seu profesor: "en algunas pausas en las clases solía comentar sobre poesía gallega, leyéndonos algunas de las suyas que nos causaban honda impresión [...] Me queda el grabado recuerdo de sus poesías".
204 Cf. "Faro de Vigo", 15 febreiro 1933, p. 10.
205 En el Colegio "Labor". Conferencia de Álvaro de las Casas: "Faro de Vigo", 16 febreiro 1933, p. 8.
206 Na biblioteca de Cabada Vázquez atópanse cinco obras de Álvaro de las Casas (Cf. Cabada Castro, Fondos..., 252), dúas delas adicadas por este ó poeta de Codeseda: "Pra o nobre poeta Cabada Vázquez cunha aperta de A. de las Casas" (no exemplar nº 233 da edición de 1931 dos 300 exemplares "numerados e asinados polo autor" da súa obra Xornadas de Bastián Albor). "Pra Cabada Vázquez, cunha aperta" (en Verbas aos mozos galegos. O momento universitario. Confrencia na Universidade composteán o 9 de marzal do 1933). En 1931 invocaba A. de las Casas a Cabada Vázquez como apoio da súa petición de que os restos mortais do en 1925 falecido arcebispo de Santiago, Manuel Lago González, non se trasladasen da cidade compostelá á Catedral de Tui: "Hablad vosotros, Pedret, Cabada, Jesús Carro, Quintillán ,,, ¿Puede aponerse alguien, razonablemente, a este deseo" (Álvaro de las Casas, Las cenizas del arzobispo Lago: "El Pueblo Gallego", 13 novembro 1931, p. 1).
207 Casas, Á. de las, Antología de la lírica..., 17. Esta obra atópase entre os libros de Cabada Vázquez. Posteriormente, na súa Antología de poetas gallegos (1939), reproducirá dous poemas (O merlo e A tarde vaise) do libro Vagalumes do seu finado amigo estradense (Cf. Casas, A. de las, Antología de poetas..., 160-162).
208 Cf. Rojo, La Federación..., 132-133.
209 Sobre o ideario ou "decálogo" dos grupos "Ultreia" pode verse Rojo, La Federación..., 133-134 e tamén "Faro de Vigo", 12 febreiro 1932, p. 10. En canto ó significado simbólico do triskele vermello que fulxía sobre os brancos xerseis dos xoves "Ultreia" pode lerse o que o propio Álvaro de las Casas escribe en "Vida Gallega", nº 555 (30 abril 1933). Ver tamén Rojo, o.c., 136.
210 Cf. Rojo, o.c., pp. 134, 137. Deste modo o movemento "Ultreia" convértese ademais en "claro e importante antecedente en el proceso de formación de las Mocedades Galleguistas" (íd., o.c., p. 137).
211 Cf. "Nós", nº 110 (15 febreiro 1933), pp. 38-39.
212 Cf. "Faro de Vigo": 6 xullo 1933, p. 5; 13 xullo 1933, p. 10.
213 Cf. "El Pueblo Gallego", 28 xullo 1933, p. 4.
214 Sobre a amizade de Cabada Vázquez con Alvaro de las Casas escribe Xerardo Pardo de Vera: "Don José Cabada había ingresado en el Seminario de Santiago de Compostela [...]. Allí conoció a mi tío Ignacio y ambos fueron alumnos de don Anxel Amor Ruibal. Mi tío se dedicó luego a la abogacía, mientras su amigo lo hacía con las lenguas de los clásicos, la literatura, la historia. Tenían un querido amigo común, Alvaro María de las Casas, otro hombre bueno, tan recordado en mis tertulias familiares. 'Eran la bondad y la humanidad juntas, Alvaro y Pepe', decía mi tío". Cf. Xerardo Pardo de Vera, Linares - A Estrada. Recuerdos y memorias (II): www.xornal.com (nº 430, 7 febreiro 2001).
215 A esta conclusión puiden chegar (ante a ausencia de documentación desta época no actual Colexio vigués "San José de Cluny") despois da lectura dunha carta do 20 de decembro de 1935 (que se conserva entre os papeis do poeta estradense) de Angel Araneta a Cabada Vázquez, na que o remitente agradece a este a excelente formación na lingua latina recibida pola súa filla Charito: "He de decirle que estamos muy contentos con la marcha de sus estudios en la Facultad de Filosofía, pues, según referencias, el profesorado está muy contento con el pequeño grupo que forma el primer año [...] Excuso decirle que nuestra niña, gracias a la orientación sólida que supo Vd. darle en el Latín, que es la asignatura más dura del curso, hace un papel airoso entre el pequeño grupo de alumnos, por cuyo motivo se le recuerda cariñosamente". Posteriormente puiden contactar con Charo Araneta (profesora ela mesma tamén de Latín, coma o seu antigo profesor vigués), que me informou que tanto ela como a súa irmá Beatriz foran alumnas, no Colexio "San José de Cluny", do poeta de Codeseda, do que aínda se lembran como "excelente profesor".
216 Cf. Gallego Domínguez, Xesús Ferro Couselo..., 8.
217 Cf. "Faro de Vigo", 8 marzo 1933, p. 8. X. Ferro Couselo desempeñou o cargo de Secretario da Sección provincial de Pontevedra do referido Colexio Oficial desde 1932 a 1936 (Cf. Xesús Ferro Couselo. Lembranzas..., 149-150).
218 É moi posible que Cabada Vázquez asistise a unha serie de conferencias que Hernâni A. Cidade (doctor en Filoloxía Románica, profesor da Facultade de Letras da Universidade de Lisboa e excelente historiador) pronunciou desde abril de 1931 na Universidade de Santiago sobre temas relacionados coa historia e cultura portuguesa, europea, etc. De feito na súa biblioteca pode verse o libro do mencionado profesor portugués, Conferências. Camôens - Garrett - Gomes de Amorim (Porto, Companhia Portuguesa Edit., s. d.), coa seguinte adicatoria: "Ao Sr. D. José Ml. Cabada Vázquez. Lembranza gratíssima do seu admirador. H. Cidade".
219 "Faro de Vigo", 4 xullo 1933, p. 10. Na sección Galicia al día do nº 563 (20 xullo 1933) de "Vida Gallega" insírese tamén a noticia desta distinción. Ó "Instituto Histórico do Minho" pertencía tamén o seu amigo, o escritor e poeta Avelino Rodríguez Elías, que en 1931 lle adicara a Cabada Vázquez dúas obras súas, o poemario O cantar dos cantares ("A mi querido amigo el inspirado poeta D. José M. Cabada. El Autor. Santiago, junio de 1931") e Obras teatrales galegas ("A mi querido y admirado amigo el Poeta D. José M. Cabada Vázquez, con todo afecto. El Autor. Vigo, septbre 1931").
220 Cf. Júlio de Lemos, A Biblioteca, o Museo e o Arquivo de Viana do Castelo (Lisboa, Ed. do Templo, 1978), p. 17.
221 Cf. Confraternidade luso-galaica. O Instituto Histórico do Minho: "A Nosa Terra", nº 236 (1 maio 1927), p. 10.
222 Sobre a persoalidade de Júlio de Lemos e a súa relación con Galicia pode lerse o escrito baixo o epígrafe D. Júlio de Lemos en "Vida Gallega", nº 404 (20 febreiro 1929). Cabada Vázquez refírese eloxiosamente a J. de Lemos na súa colaboración (co pseudónimo de J. Lamenú) Nuevos poetas y nuevos libros en "Vida Gallega", nº 448 (10 maio 1930).
223 De aquí a crítica de Castelao, en carta do 14 de agosto de 1933 a Bóveda, da "actitude de Barnés respective aos cursillos para encargados de curso", que amosan, segundo Castelao, que o Goberno non parecía te-la intención de da-lo "Estatuto" a Galicia, senón unicamente ós cataláns. Cf. Carta de Castelao a Bóveda: "A Nosa Terra", Extra 5-6 (Castelao e Bóveda irmáns!!), p. 80. No mesmo senso vai a crítica de Otero Pedrayo, poucos días despois, á "negativa á Galiza dos cursillos profesorales concedidos a outras rexiós" (R. Otero Pedrayo, Galeusca: "El Pueblo Gallego", 20 agosto 1933. Cf. Otero Pedrayo, Prosa..., 158).
224 Cf. "Gaceta de Madrid", nº 186 (5 xullo 1933), p. 90.
225 O correspondente do "Faro de Vigo" na Estrada fala o 11 de xullo sobre a estancia do poeta na súa parroquia natal: "Hemos tenido el gusto de saludar a nuestro particular amigo, el escritor gallego José M. Cabada Vázquez, que se halla veraneando en Codeseda, de donde saldrá dentro de poco para dirigirse a la capital de España. Lleve feliz viaje el amigo Cabada Vázquez" ("Faro de Vigo", 11 xullo 1933, p. 2).
226 Cf. Alonso Montero, "Estudio" introductorio. En: Cabada Vázquez, Vagalumes..., p. 36.
227 Unha delas, El meu hort ha florit. Poemes (Valls, Arc de Bará, 1927), leva esta adicatoria: "Al amabilíssimo amic poeta, gallec, Josep Manuel Cabada Vázquez. Afectuosíssimamente. Carles Magrinyà. 9 setiembre 1933". A outra é Aigua salada (Badalona, Proa, 1933), traducción ó catalán da novela de Heinrich Hauser, con esta outra adicatoria: "Al excelente poeta gallego José Ml. Cabada Vázquez en prueba de amistad. Carlos Magriñá. Bna. Febrero 1934".
228 Cf. Echave-Sustaeta, In memoriam...
229 Villar Ponte, A., Una fundación que debemos tener muy presente: "Galicia" (Vigo), 12 xuño 1925, p. 1.
230 Tal como lle conta Cabada Vázquez a Filgueira Valverde na anteriormente mencionada carta do 12 de agosto de 1933.
231 A viaxe dos deputados galeguistas estaba en relación co pacto de "Galeuzca" (Galicia-Euskadi-Cataluña). Otero Pedrayo non deixará de criticar duramente as interpretacións feitas desde Madrid sobre este pacto: "¿Que podemos agardar de Madrid? [...] Madrid, tal como é hoxe, co seu sentido metropolitán e imperialista, seródeo, inxusto e desacreditado, é o pior nemigo de Galicia. Pois nós somos difrentes e Madrid quer a uniformidade, pois nós somos outros e Madrid quer que sexamos como il, pois nós criámonos ás beiras do Atlántico diante de todos os camiños do mundo e Madrid vive diante da estepa enxoita, lonxe dos mares e do mundo, máis pechado e indefrente que Felipe o Taciturno na súa celda do triste Escorial [...] Madrid non debe estar arestora moi seguro da súa potencia metropolitana cando minte e inxuria por falla de millores argomentos. Isto aconteceu agora coa viaxe triangular e a formazón de 'Galeuzca'. Tres pobos na Hespaña disfroitan de língoa, cultura i esprito propios [...] Euskadi, Cataluña, Galiza precisan de unha chea liberdade, e soilo poden vivir armónicamente cas outras porciós de Hespaña baixo a fórmula federal. Os actos celebrados en Barcelona con motivo do pacto 'Galeuzca' —xuntanza de tres nazonalismos irmáns— prodocirán en Madrid, e na Prensa infante de Galiza levada da man por Madrid, comentarios tan probes que fan rir, tan miseirentos que soilo deixan logar au disprezo [...] E afirmamos que o alento poderoso dos tres pobos rexos da periferia non será endexamais domeado por ningunha incomprensión serodia, pois súa verba é fraterna e de paz pra todas as concenzas de boa vontade [...]" (Otero Pedrayo, Galeusca: "El Pueblo Gallego", 20 agosto 1933. Cf. Otero Pedrayo, Prosa..., 158-159).
232 Ve-lo poema en Vagalumes, 17-23 (Cabada Vázquez, Obra..., 188-190).
233 Cf. Rodríguez Fraiz, Castelao..., 146.
234 Cf. Rodríguez Fraiz, Castelao..., 145.
235 "Faro de Vigo", 3 novembro 1933, p. 8. Na p. 3 deste mesmo número do xornal vigués aparece unha vistosa fotografía de Cabada Vázquez. Antonio Rodríguez Fraiz, que —aínda sendo once anos máis xove que o poeta de Codeseda— coñeceu a este no Seminario de Santiago e o visitou logo no ano 1934 (poucos meses despois de rematados os cursos de Barcelona) en Medina de Rioseco (Valladolid) —o seu primeiro destino como profesor "encargado de curso"—, indicou na súa conferencia de 1987 na Estrada que Cabada Vázquez superou as probas para profesor de latín "coas meirandes louvanzas dos membros do tribunal examinador". Cf. Rodríguez Fraiz, Terra...
236 Ver nº 305 (1 novembro 1933) da "Gaceta de Madrid, pp. 794-795.
237 Ver "Gaceta de Madrid", nº 305 (1 novembro 1933), pp. 795-796. Velaquí o que me escribe (12 de xuño de 1997) Antonio Fraguas sobre as peripecias ocorridas nas súas probas dos "cursos prácticos": "Fixemos os cursillos do 1933. Eu fíxenos en Madrid e pesoume non ir facelos a Valencia, millor que a Barcelona, por causa de un profesor que por defender a un colaborador seu que casi dixo tantos disparates como palabras e tocoume facerlle a trinca e estaba falando sen molestar ó autuante, indicando que eu enfocaría o tema de outra maneira, e cando estaba falando dunha razón xeográfica, saleu o profesor con un esperpento que me deixou sin fala máis de cinco minutos". O "esperpento" do profesor, que apoiaba ó seu incompetente colaborador, incluía unhas iradas verbas de aquel contra Fraguas, coas que lle berraba a este: "¡No le entiendo a Ud. nada!" (comunicación oral de Fraguas). A "trinca" da que aquí se fala responde á normativa dun dos decretos do Ministerio nos que se regula o funcionamento dos "cursos prácticos", formulando a seguinte esixencia ós cursillistas: "Explicación por los aspirantes de lecciones adecuadas por su extensión y profundidad para alumnos de Bachillerato. Cada aspirante habrá de explicar durante el curso, por lo menos, una lección. Las lecciones versarán sobre temas fijados con veinticuatro horas de anticipación por el Profesor encargado de un curso y durarán cuarenta minutos, transcurridos los cuales los demás opositores podrán hacer uso de la palabra para exponer las observaciones de carácter crítico que la lección explicada les haya sugerido" (Cf. "Gaceta de Madrid", nº 178, 27 xuño 1933, p. 2261).
238 Ademais de Antonio Fraguas y Fraguas (Xeografía e Historia), aparecen na "Gaceta de Madrid" (nº 305, 1 novembro 1933, pp. 793, 795-797) como designados para o novo "Colexio subvencionado" da Estrada estes outros catro profesores "encargados de curso", procedentes tamén dos cursillos: Antonio Lino Sánchez (Francés e Director), Leopoldo Mosquera Caramelo (Agricultura), Carlos Maside García (Dibujo) e Juan Aguilar Jiménez (Latín).
239 Ver Cabada Vázquez, Obra..., 336-337.
240 Un mes despois da morte de Cabada Vázquez, Xavier Echave-Sustaeta, seu amigo e compañeiro desde os "cursillos de selección" de Barcelona, publicou unha extensa lembranza sobre o seu amigo, na que fala deste como "desplazado de Galicia" a Castela e Andalucía. Cando isto escribe o profesor bilbaíno, era catedrático de Latín por oposición precisamente no Instituto de Pontevedra, praza á que accedera desde o seu anterior posto como profesor "encargado de curso" no Instituto Nacional "Miguel de Unamuno" de Bilbao (primeiro destino que tivo despois dos "cursillos de selección"). Hai que supoñer que, dada a amizade que mantiña con Cabada Vázquez e tendo en conta tamén o seu coñecemento directo do Instituto de Pontevedra, no que levaba xa máis dun ano como catedrático de Latín (desde o seu nomeamento o 31 de xaneiro de 1935), sabería ben o que dicía ó escribir que Cabada Vázquez fora "desplazado" (no estricto senso da palabra...) de Galicia. Cf. Echave-Sustaeta, In memoriam...
241 Na Orde ministerial pola que se designa ós novos profesores "encargados de curso" para o próximo curso 1933-34 dise explicitamente: "Los encargados y Catedráticos interinos nombrados para el curso de 1932 a 1933, confirmados provisionalmente en sus cargos por Orden de 17 del actual, cesarán automáticamente de prestar servicio el mismo día en que se posesionen de las enseñanzas respectivas los Encargados de curso que figuran en la presente Orden" ("Gaceta de Madrid", nº 305, 1 novembro 1933, p. 790).
242 Cf. "Gaceta de Madrid", nº 305 (1 novembro 1933), pp. 790-798.
243 Cf. "Gaceta de Madrid", 1 novembro 1933, pp. 795, 797. Adxunto aquí a amable resposta (do 3 de febreiro de 1998) de Antonio Fraguas ó meu envío a el do texto da devandita carta de Cabada Vázquez a Ferro Couselo: "Lin con moita pausa a carta de Ferro e comprendo o disgusto de Pepe [Xosé M. Cabada Vázquez]; tivo que ser disgusto grande. Semella que debían darlle a el a plaza e tivo que ser moi grande o peixe. Claro que no Ministerio había un rapaz que nomeaba el; ese de tal mando chegou ós meus anos. Eu como cursillista pedín que me deran Santiago e dixo que era plaza que xa non ma podían dar e dábanme pra un puebliño de Alicante. Era o mes de agosto e nos fins de outubre nomearon, obra do funcionario, unha profesora. Non deixaría de ser o dos nomeamentos pontevedreses; inda que había un pontevedrés de moita forza que falaba del, eu non tiven ocasión de conocelo, pero falaba o que foi director da Estrada [...] Quedo preocupado [por] quen tivo poder pra pasar por encima das puntuacións".
244 No curso 1933-34 había para Letras no Instituto de Pontevedra un "auxiliar numerario", Ramón Segura, e tres "axudantes interinos", Enrique Fernández-Villamil, Eugenio López Aydillo e María del Rosario Ingunza Muñiz.
245 Director do Instituto de Pontevedra era nestes anos o catedrático numerario de Agricultura Bibiano Fernández Osorio-Tafall, que a comezos do ano 1936 sería nomeado Subsecretario de Traballo e Acción Social no Ministerio de Traballo, Xustiza e Sanidade. Entre os papeis de Cabada Vázquez hai unha carta dirixida a este polo novo Subsecretario, con data do 28 de febreiro de 1936, un mes antes do falecemento de Cabada Vázquez, por entón Director do Instituto de Linares, na que se di: "Mi querido amigo: Muy agradecido a su amable felicitación y elogiosas frases que me dedica con motivo de mi nombramiento para este cargo, en el que sabe me tiene a su entera disposición. Un saludo afectuoso de su buen amigo".
246 De feito, Cabada Vázquez utiliza a palabra "desterro" cando lle escribe desde o seu posterior destino en Linares (Jaén), en febreiro do 1936 (poucas semanas antes da súa morte), a Antón Alonso Ríos felicitándoo por ter acadado ser deputado nas Cortes: "No desterro experiméntase unha fonda emoción ó saber que Galicia vai ter outra vez quen a represente dinamente e quen seipa interpretar as súas necesidades raciaes a as súas arelas de libertade ante a Cámara española" (Cabada Vázquez, Obra..., 345).
247 Antonio Rodríguez Fraiz, que conversou con el en Medina De Rioseco, indica na súa conferencia inédita: "ó ano seguinte [1934] puiden saudalo, paseándome eu de paso por esta vila castelá, e amosoume fondos desexos de vivir na terra galega" (Cf. Rodríguez Fraiz, Terra...).
248 O íntimo amigo de Cabada Vázquez, X. Ferro Couselo, despois de supera-las primeiras probas, foi de feito posteriormente rexeitado nos "cursos prácticos", debido tamén —segundo parece— a unha inxusta discriminación ideolóxica polo seu traballo coas "Xuventudes Católicas". Cf. Xesús Ferro Couselo..., 45. Indicarei aínda despois como Cabada Vázquez e Ferro Couselo traballaron de feito conxuntamente, durante a súa estancia en Vigo, nesta organización católica xuvenil dependente da "Acción Católica".
249 Cf. "Gaceta de Madrid", nº 305, 1 novembro 1933, p. 794-795.
250 Cf. "Gaceta de Madrid", nº 304 (31 outubro 1933), pp. 744-745.
251 Despois de falar da excelente puntuación acadada nos cursillos, indícase seguidamente: "Lleva varios años dedicado a la enseñanza y tanto por esto como por su capacidad y ponderación de carácter le auguramos una gestión muy eficaz al frente del Instituto de Medina de Rioseco ("Faro de Vigo", 3 novembro 1933, p. 8). Na p. 3 deste mesmo número do xornal inclúese fotografía do novo Director estradense do Instituto castelán.
252 Cf. "Vida Gallega", nº 574 (10 novembro 1933), na sección Galicia al día.
253 Cabada Vázquez, Obra..., 336-337.
254 "El Ministerio de Instrucción pública y Bellas Artes invita a todas las Corporaciones oficiales, entidades y particulares radicadas en Madrid, capitales de provincia o cabezas de partido, a ofrecer gratuita o remuneradamente edificios utilizables para la instalación de Centros de Segunda enseñanza [...]" ("Gaceta de Madrid", nº 178, 27 xuño 1933, p. 2261).
255 Cf. "Gaceta de Madrid", nº 305, 1 novembro 1933, pp. 790-798.
256 "El Diario Regional", 25. II. 1934, p. 5. Agradezo ó catedrático da Universidade de Valladolid, Gonzalo Martínez Díez, terme localizado nome e data do xornal ó que pertence o texto do recorte mencionado. Tanto ó mencionado catedrático como ó tamén catedrático da Universidade de Valladolid, Celso Almuiña Fernández, e á profesora Mª Jesús Dueñas Cepeda débolles agradecer tamén terme proporcionado interesante documentación do Arquivo Universitario de Valladolid relativa ó Instituto de Medina de Rioseco, á que a continuación farei referencia.
257 O Secretario do Instituto, Agustín Aguilar Tejera, nado en Estepa (Sevilla), tiña 44 anos cando ocorreron estes sucesos en Medina de Rioseco e morreu no ano seguinte, un ano antes que o poeta de Codeseda. O mencionado Secretario era tamén poeta e compuxo un bo número de poemas, que "ostentan el sello de un clásico y delicado helenismo", tal como se di no primeiro volume (do ano 1930) dos Apéndices da Enciclopedia Espasa, onde se poden ler tamén os títulos de varios dos seus escritos.
258 Ofrecín un breve adianto dalgúns dos datos, aquí máis extensamente presentados, sobre a estancia de Cabada Vázquez no Instituto de Medina de Rioseco en Cabada Castro, Xosé Manuel Cabada..., 77ss.
259 Un dos seus alumnos (Alfonso Serrano Sánchez) indica que Cabada Vázquez era "de carácter atractivo para el bello sexo".
260 Cf. "El Pueblo Gallego", 16 setembro 1934, p. 14.
261 Cabada