Loimil*
Clara Iglesias Cortizo
- AS CARBALLAS: carballa é o nome que recibe en moitos lugares o carballo vello, de tronco voluminoso e de copa frondosa. A variación de xénero en carballo/carballa expresa un significado de tamaño, maior o feminino e menor o masculino. Carballo é un nome de orixe prerromana, estendido polo noroeste peninsular (en asturiano e leonés sería carvayo ou carbajo). A palabra latina correspondente para designar esta árbore, ROBURE(M), aínda que chegou a deixar restos na toponimia, como Reboredo ou Reboreda, sucumbiu fronte á vitalidade do nome autóctono. O lexema kar- (que aparece en bastantes topónimos, como é o caso de Carnota) tiña o significado de “pedra”. De aí deriva a denominación desta árbore que se caracteriza pola dureza e pola consistencia.
- OS CASARES: é o plural de casar, variante de casal. Procede do latín tardío CASALEM, que, á súa vez, derivaba de CASAM. Esta palabra, que en latín clásico tiña o significado de “cabana, choza” e tamén “granxa, propiedade rural” acabou por suplantar completamente a palabra clásica DOMUS, “casa”. Casar, casal, casares son palabras que se repiten moito na toponimia galega, cos seguintes significados: “casa de campo con todas as súas terras e pertenzas”; ou “conxunto de casas que forman un pequeno grupo no campo ou dentro de outra pequena entidade de poboación”.
- CHENLOS: Chenlo provén do latín PLANELLUM, derivado de PLANUM + o sufixo diminutivo –ELLUM; o seu significado sería “chaira pequena”, neste caso en plural, Chenlos, faría referencia a un conxunto de terreos chans.
- LOIMIL/LOIMIL DO CARBALLO: Carballo, como xa comentarmos noutro lugar, é un nome de orixe prerromana, estendido polo noroeste peninsular (en asturiano e leonés sería carvayo ou carbajo). A palabra latina correspondente para designar esta árbore, ROBUREM, aínda que chegou a deixar restos na toponimia, como Reboredo ou Reboreda, sucumbiu fronte á vitalidade do nome autóctono. O lexema kar- (que aparece en bastantes topónimos, como é o caso de Carnota) tiña o significado de “pedra”. De aí deriva a denominación desta árbore que se caracteriza pola dureza e pola consistencia. En canto a Loimil, trátase dun topónimo de posesor, derivado do sintagma VILLAM LEODEMIRI, xenitivo do antropónimo xermánico Leodemirus.
- O OUTEIRO: do latín ALTARIUM. Trátase dun topónimo moi habitual, co significado que ten na lingua común, “pequena elevación no terreo”.
- PARDELLAS: posibelmente este topónimo pertenza á familia léxica da palabra parede. Do latín PARIETEM formaríase, en época tardía, un diminutivo co sufixo -ella: *parietella>pardella. É de supoñer que este nome de lugar fará referencia á existencia de restos de muros ou antigas construcións.
- PENAPORRÍN: trátase dun curioso topónimo. Está constituído por dúas bases léxicas: pena (que pertence ao léxico común) e *porrín. En canto ao primeiro lexema, xa vimos noutro lugar a posíbel orixe desta palabra, derivada do latín PINNAM, “amea” ou “pluma”. De aquí pasou a significar en galego “rocha, pedra grande”, parece que como resultado da semellanza entre as rochas que coroan o alto dalgúns montes coas ameas das fortalezas. Na toponimia adoita ter o valor de “outeiro, elevación do terreo”. A este substantivo engádese o segundo elemento, porrín, para o cal poden existir dúas explicacións: 1 Derivado do latín PORRINUM, diminutivo de PORRUM, “allo porro”. Esta posibilidade vén apoiada pola existencia no noso país doutros topónimos coa mesma orixe, como é o caso do Porriño. Mais, son dous os problemas que se presentan. En primeiro lugar, a terminación –ín, que pertence a unha área dialectal afastada do concello da Estrada (propia do leste da provincia de Lugo, galego de Asturias e do Bierzo). A Estrada localízase no dominio dialectal maioritario, o do resultado –iño para o sufixo latino –INUM. Non sería insólita esta solución posto que hai outros derivados de –INUM fosilizados en –ín fóra da súa área dialectal, tales como Curutín, no concello de Outeiro de Rei, ou Valín no concello de Lugo. De todos xeitos, aínda que o resultado porrín non é completamente imposible, si é anómalo. Outro dos problemas sería de tipo léxico e semántico: é estraña a forma do topónimo, constituído por dous substantivos unidos que forman unha especie de palabra composta, de significado un tanto peculiar; 2) Topónimo de posesor: a terminación -ín dálle esa aparencia. Sería posíbel, xa que o antropónimo latino Porrinus está documentado na época medieval; posibelmente fose unha forma hipocorística dunha variante de Polus, derivado á súa vez de PAULUS. Quizais non estea usado como nome de pía, mais si como alcume ou sobrenome, se cadra co sentido de “pequeno”. A partir do xenitivo Porrini chegariamos a porrín. E resultaría claro en canto ao significado: “o penedo de Porrinus”.
- RIOMAO: trátase dun topónimo formado pola unión das palabras río e mao. Río, como xa vimos, deriva do latín RIVUM (inicialmente “río pequeno, arroio”), que en época tardía desprazou o clásico FLUMEN. Aparentemente mao semella o resultado tradicional do MALUM latino (hoxe substituído case completamente na lingua común pola forma menos xenuína malo). Mais, segundo a opinión de Gonzalo Navaza, a orixe deste mao é ben distinta; consonte este autor, trátase dun hidrónimo prerromano, *omano, que deu lugar a bastantes Riomao espallados polo noso territorio, tanto para designar augas como entidades de poboación. Prodúcese, polo tanto, un conflito de homonimia co mao da lingua común, o que deu pé para a creación do topónimo contrastivo Riobó, tamén bastante estendido en Galicia. No que respecta a este caso, é evidente a relación entre os topónimos Riomao e Riobó: a aldea de Riomao toma o nome do río que circula polo lugar e, máis adiante, este mesmo río, acrecentado pola auga de varios regatos en terras de Oca e Remesar, acaba por recibir o nome de Riobó e darlle nome a outra parroquia.
- A SOBREIRA: procede do latín tardío SUBERARIAM, e este do clásico SUBER. É un fitotopónimo que designa unha única árbore, posibelmente un exemplar vistoso, único supervivente dun sobreiral que seguramente existiu no lugar.
Os nomes da Estrada; ed. Fervenza, 2018
Loimil (Santa María)
Manuel Reimóndez Portela
Así se chama esta parroquia desde sempre sen que se lle coñecese outro nome. Pertence á zona da Ulla Alta coas outras chamadas, Orazo, Remesar, Agar, San Pedro e San Tomé de Ancorados, ocupa con Orazo o linde leste desta zona.
LINDES: linda polo norte con San Miguel de Casatro e o concello de Silleda; polo sur con Orazo, polo leste con Silleda e polo oeste coas parroquias de Oca e de Remesar.
Por razón do seu nome correspóndelle o número 25 e da súa superficie ocupa o posto número 43 con 317,5 hectáreas.
A parroquia conta na actualidade cos seguintes lugares:
COMUNICACIÓNS: igual que a maioría das parroquias estradenses, esta de Loimil encóntrase moi ben comunicada. En canto ás súas saídas ten a sorte de contar co paso da estrada nacional 525 Santiago-Ourense, que a cruza polo norte. Ademais, cada lugar está comunicado por pistas asfaltadas, beneficio que supón nas parroquias ter feita a concentración parcelaria, ademais das saídas á dita N-525 está comunicada coas parroquias veciñas con saídas cara a Riobó coa estrada Callobre-Ponte Ledesma e cara a Agar e os Ancorados chegando á nacional 640 Chapa-Carril por Remesar ou Orazo. Outros camiños veciñais lévannos a leiras e montes da parroquia. Polo norte desta parroquia e só lindando con ela pasaba o Camiño Real, que despois de cruzar San Miguel de Castro pasaba á barca ou á ponte da Ulla camiño de Compostela.
Está cruzada pola autoestrada Santiago-Ourense AP-53, que pasa polo sur de Riomao, o que supón unha hoa comunicación con incorporación a 3 km do acceso de Lamela, entrando por Orazo.
HIDROGRAFÍA: o principal regueiro é o Riomao, que nace en Miroi e recolle o tamén regueiro de Barcia, que pasa polo igrexario seguindo camiño de terras de Oca por onda o Pazo, ou tamén por terras que dividen Remesar de Oca polo fondo do lugar do Outeiro.
Ao chegar preto do lugar de Barcia de Remesar acolle o regato tamén chamado de Barcia e pasa a recibir o nome de Riomao (poida que sexa río Malo) e de alí en diante leva o nome de río Bo, que antes chamaba río da Barreira por pasar por onde estivo esta importante fortaleza, para seguir camiño do Ulla. Nos seus comenzos o Riomao tamén recibe os regatos chamados de Loimil do Carballo, que nace nos Radaños, e o da Riqueira, que nace na Revolta.
PONTES E PONTELLAS: atópase a ponte do Riomao, no lugar do mesmo nome, e as pontellas de Loimil do Carballo e de Porto de Mouro e a ponte Costedo no regato do Regueiro, e por suposto a importante ponte de Riobó na estrada Callobre Ponte Ledesma.
OROGRAFÍA: trátase dun terreo case que chan, con monte pouco cara a Remesar, cara a Pedrouzo e Montecelo.
Loimil forma un amplo val aberto ás parroquias veciñas e ás terras da Ulla Baixa coma Oca e Arnois; trátase dunha fértil terra xunguida á beleza dun conxunto cheo de harmonía.
PEDRAS: en Pardellas preto da estrada N-525 na chamada Carballeira do Rei atopamos un marco con R, pertencente por tanto ás plantacións reais. Tivo que haber cruceiros xa que preto de Riomao existe un topónimo onde lle chaman Cima da Cruz e na actualidade queda en pé un cruceiro no lugar do Outeiro que fai linde coa parroquia de Oca, que é o seguinte:
Os hórreos dos máis antigos son os de Martís o de Ruibal e o de
Maceira procedente da casa de Maceira da Igrexa, das máis vellas da parroquia.
LENDAS: no Lóbrego, monte entre Penaporrín e A Sobreira, aparecíanse en ocasións unha moza loura moi belida, que se escondía ao ver xente.
No lugar da Igrexa dise que había unha canteira e que gardaban o seu tesouro os mouros, por iso lle chamaron a fonte de Portodemouros.
HISTORIA: Jerónimo del Hoyo deixou escrito no ano 1607 o seguinte: "Santa Marfa de Loimil, anexo de San Pedro de Orago.
Esta feligresfa tiene 20 feligreses. Los frutos todos a a cura valdrán al retor treinta cargas de pan. Presentación del monasterio de Sar. La fábrica tiene de renta dos ferrados de centeno y ocho pie^as de bacas y boyes".
Catastro de Ensenada do ano 1747, polo se refire á parroquia pode atoparse no capftulo dedicado a este Catastro onde tamén aparecen o couto de Oca e o couto de la Vega.
Tamén Pascual Madoz no seu gran Dicionario (1846-50) recolle: "Loimil (Santa Marfa), feligresfa en la provincia de Pontevedra (1 leg.) partido judicial de Tabeirós (2), diócesis de Santiago (4 y fi), ayuntamiento de La Estrada (2) situada en la extremidad NE. del Monte Aranao o de la Rocha, toma con más frecuencia los aires del N y NE., el clima es templado y las enfermedades comunes dolores de costado y pulmonfa tiene 40 casas distribufdas en los siguientes lugares, Carballas, Casares, Loimil del Carballo, Outeiro, Riomao y Sobreira. Hay escuela de primeras letras concurrida por 30 niños de ambos sexos cuyo maestro percibe un ferrado de mafz por cada discfpulo. La iglesia parroquial (Santa Marfa) de la que es aneja San Pedro do Orazo está servida por un cura de provisión en concurso. También existe casi aruinada una ermita dedicada a la Concepción de Nuestra Señora cerca de una colina. Confirma el término N feligresfa de Castro y Oca. E la de Dornelas, S la de Orazo y O la de Oca y Remesar de las que dista cuarto de legua poco más o menos. Cruza por esta feligresfa un arroyo que se une después al riachuelo de Oca. Y en varios puntos brotan fuentes de aguas ligeras y no tienen la mayor aceptación. El terreno en la mayor parte es llano, arcilloso y de mediana calidad. Atraviesa por la parte oriental la carretera de Santiago a Orense en muy buen estado. El correo se recibe en Chapa por balijero. Produce mafz, centeno, algún trigo, patatas, nabos, lino y castañas, hay ganado vacuno, lanar, de cerda y mular; caza de conejos, liebres y perdices. Industria, la agricultura, molinos harineros, telares de lienzos ordinario y arrierfa. Población: 40 vecinos, 200 almas."
Nomenclator Arz.de Santiago: 1883. Loimil (Santa Marfa y San Pedro de Orazo-Piloño-PontevedraEstrada-Estrada Ecco. Rl. Entrada. 212 vecinos, 1060 almas entre las dos. Ulla-Penaporrfn. Personal: Guerra Fernández, D. Juan, Parr. 49 teólog. 5 años. Alvárez Rodriguez D. Manuel Prbr. 28 años carr. breve". No censo do ano 1924 tiña 352 habitantes.
E Alvarez Limeses (1936) expón: "Loimil (Santa Marfa). Dista 54 kilómetros de Pontevedra, 14 de La Estrada y limita: N con Castro, S con Orazo, E con Piñeiro y Dornelas y O con Oca."
Entidades: Carballas con 51 habitantes, Casares 34, Iglesia 26, Loimil do Carballo 87 y 49 Outeiro, Riomao 80 y diseminados 25 que hacen un total de 352 habitantes, para los cuales hay una escuela mixta servida por maestro, ocupando un edificio construfdo por la parroquia.
La cruza el riachuelo llamado Riomao que se une poco después de salir de ella con el rfo Boy que nace en Orazo. Sus montes principales son los de Riomao, Loimil de Carballo, Lóbrigo y Salgueiro. Pasa por ella la carretera de Orense a Santiago que empalma en Arnois con la de La Estrada y tiene dos servicios diarios de automóviles a Orense, Pontevedra, Santiago y Estrada. Tiene dos molinos harineros, varias sierras de madera y dos tabernas. La iglesia es del siglo XII y sus fiestas principales son las de la patrona y la de la Saleta en la capilla asf llamada de mucho renombre y en la que se celebra una romerfa muy concurrida. Cercano a esta capilla existe un manantial de aguas sulfurosas y ferruginosas. El terreno es de regular calidad y tiene extensos pinares y robledales asf como buenos prados.
IGREXA: López Ferreiro dinos na "Historia de la Santa Iglesia de Santiago de Compostela". T.lll p.96 do apéndice que "la reina doña Urraca dueña de esta Santa Iglesia de Santiago el monasterio de Camazo y otras varias posesiones cerca del Ulla"... entre elas cita a Castovite (Orazo), S. Martfn de Dornelas (Dornelas-Silleda) Santa Marfa de Rfo Malo, San Salvador de Riomalo, San Miguel de Castro... etc. Por elo sabemos con seguridade da existencia de dos Rfos Mao e Riomao (San Salvador e Santa Marfa). Dita cesión data do dfa 3 de xaneiro de 1115... iglesias que están alrededor de Castro Biti".
Non coñecemos restos do mosteiro de San Salvador de Riomao e os veciños sitúano na paraxe chamada Zanca de Riamao, afnda que se cree que alf estaba a actual igrexa parroquial.
Sábese tamén que o pontífice Anastasio IV por Bula do 8 de abril de 1154, e Alexandro III noutra Bula do 20 de marzo de 1178 confirmaron os privilexios... "de la iglesia Compostela sobre otras iglesias, tierras y monasterios, encontrándose entre éstos el de Riomalo".
Tamén dela xa nos di Ángel del Castillo... de una nave y un ábside rectangular. Puerta principal de arquivolta tórica rodeada de ajedrezado, de directriz semicurrular sobre una columna por lado, adintelada; puerta del muro sur con dintel pentagonal (compostelano) y lisas jambas; puerto del norte de arquivolta semicircular tórica, sobre columnas, una por lado, acodilladas en las jambas. Arco trinfal acodado sobre semicolumnas apunadas; de la misma directriz es otro también tiene, pero de columnas exentas; se cubre el ábside con bóvedas de cañón de la misma directriz que los arcos, al fondo se abre una ventana de arquivolta tórica semicircular de una columnita por lado; sobre el testero el Agnus Dei con una cruz de palmas; los muros laterales tienen semicolumnas adosadas contrarrestando el empuje del arco secundado. En el testero de la nave una cruz calada de palmas y entrelazados, colección de canecillos.
Buen ejemplar románico de su tipo de la segunda mitad del siglo XII, bien conservado.
Conserva dos curiosas cruces procesionales, una dorada, al parecer del siglo XVI, con dibujos y relieves, ojival degenerado, árbol cilfndrico e imágenes y otra de plata de últimos de dicho siglo a principios del XVII, renacimiento, con cierto aire " plateresco", flor de Lis con los Evangelistas, la Virgen entre rayos flamfgeros etc buenos ejemplares. (La primera fue de la extinquida capilla de Castrovite)".
Interesantfsima é a descrición que dela fai (coma sempre) Hipólito de Sá no seu sobranceiro libro sobre a arte románica en Pontevedra (Rutas del Románico), que remata dicindo "Como dije al escribir sobre la iglesia de Santo Tomé de Ancorados, en la iglesia de Loimil se repiten las caracterfsticas que encontramos en distintas iglesias de Tabeirós, que tienen el ábside rectangular".
Para esta igrexa fixo o santiagués Jacobo Pascual Montenegro Crespo en 1785 catro cálices por 3.744 reais e en 1797 un incensario.
De 1744 a 1 753 colocouse unha imaxe da Virxe do Carme. Segundo H. de Sá, a igrexa de Loimil é unha das máis completas entre as igrexias románicas das terras de Tabeirós.
"Su planta es de una nave con tres puertas aunque actualmente sólo tiene practicables dos y un ábside rectangular. Arco triunfal semicircular ligeramente apuntado apoyado en dos semicolunmas adosadas y de igual directriz al arco fajón que divide en dos tramos la capilla mayor sirviendo de apoyo a la bóveda del presbiterio. Este arco arranca de columnas exentas que con sus bases se apoyan en un podio corrido que se extiende a lo largo de los muros laterales. Una imposta moldurada une los ábacos de las columnas y señala el arranque de la bóveda. En el testero una ventana románica de archivolta tórica y un par de columnas. Ventanas abocinadas en la nave con abertura de saetera en el muro exterior reflejando la traza común extendida en las iglesias románicas de la comarca.
De las tres portadas que inicialmente tuvo correspondientes a las tres puertas de la nave tan sólo dos, la principal y la del lado norte, la del muro sur está tapiada. La portada principal nos recuerda la de la iglesia de Frades.
En las dos una archivolta tórica con rehundios formando medio bocel en el frente y en el intrados rodeada por otra de ajedrezado sobre salientes ábacos moldeados apoyados en un par de columnas acodilladas en las jambas. Tfmpanos lisos en las dos portadas encima de mochetas de bisel que cierran el vano de las puertas en forma de arco deprimido. En la principal la archivolta tórica está enmarcada por un medio bocely la ajedrezada por un arco de pequeñas rosetas esculpidas acusando un pequeño peralte que no tienen las archivoltas de la portada lateral. En esta la archivolta tórica presenta varios rehundidos enmarcando tres medios boceles dentro del arco que cierra la archivolta ajedrezada.
En la puerta sur que ahora está tapiada queda empotrado en el muro el dintel pentagonal que sobre jambas lisas enmarca el vano de la puerta lateral, al presente tapiada. En los muros de la nave las aberturas en saetera de las ventanas laterales y sobre el piñón una curiosa cruz calada, de palmas y entrelazos de fina labra. El ábside está dividido en dos tramos mediante semicolumnas adosadas que contrarrestan el empuje del arco fajón interior en el testero una ventana de archivolta semicircular y un par de columnas bordeando la abertura interior de saetera y en el coronamiento del texto el "Agnus Dei" caracterfstico del estilo románico con una cruz potenzada sobre el lomo... La sacristfa de esta iglesia fue reedificada en 1725, la tribuna e 1736, el incensario en 1762, parece ser que en 1747 robaron la cruz y cálices de la iglesia, pero al poco tiempo lo restituyeron todo". Volveron roubar en 1979.
A capela de Saleta en Loimil: ten planta rectangular, unha fachada con porta de medio punto e diante un pórtico cun telladiño cuberto a tres augas sostido por pilares.
Cornixa moldurada ao redor dos muros e tellados a dúas augas. No interior cuberta de madeira plana nun só tramo.
Esta capela foi modificada e aumentada sobre doutra que xa existfa co nome de capela da Concepción, fundada polo cura Rosendo Vaamonde segundo testamento que outorgan en 1690 perante o escribán Andrés de Nodar. A renovación á que nos referimos ffxose sendo cura párroco Ramón Valenzuela no ano 1960. Ten ao seu redor unha carballeira milenaria, dotada con mesas e bancos de pedra e grellas onde os romeiros xantan o día da Saleta.
As campás: as intrucións das campás da igrexa son as seguintes: campá grande: AÑO 1868 JHS MARÍA Y JOSÉ LISTE EN ORAZO. Campá pequena: AÑO 1869 JHS MARÍA Y JOSÉ LISTE EN ORAZO.
Capela da Saleta: Non ten campás:
Restauróuselle o tellado e o falso teito, aproveitando a estética, estilo e materiais anteriores. No ano 1978 construíuse un cemiterio parroquial no lugar da igrexa, na que tamén se derrubou a antiga casa reitoral facendo unha nova.
CASAS NOBRES: a casa da Botica, nos Casares que se está acondicionando para turismo rural, con piscinas, campo de minigolf, tenis, restaurante, bar etc...
A do Ferrador: casa cunha importante actividade económica desde moi antigo. Os primeiros datos documentados remóntanse a 1809 e neles consta a existencia duna fábrica de chocolate e dunha telleira, da que se conserva aínda o topónimo do "Chouso da Telleira". Posteriormente, a mediados do século XIX, Benito Casares orienta a actividade cara á posta de dilixencias, ferraxe de bestas, fonda ou casa de albergue, taberna e casa correo. Sen fillos no seu matrimonio, adopta como aprendiz a Manuel Pereiro Castro, o que casa cunha sobriña e declara herdeiro universal, que ampliou a actividade, chegando a contar con servizo de veterinario, como era prescritivo.
Da importancia da actividade desta ferradoría e do seu prestixio abonda con saber que tivo que abrir unha sucursal na rúa do Hórreo, en Santiago de Compostela, onde ían ferrar todos os xoves.
Recuas de mulas, carruaxes, transportistas de todo tipo de materias: arrieiros do viño, madeira, sal,..., atopaban acougo e comida na casa do ferrador, que aínda hoxe continúa coa mesma actividade, con carácter itinerante Luis Pereiro e o seu fillo Manuel Pereiro Castro.
OUTROS DATOS: non podemos deixar de nomear o topónimo As Sobreiras, xa que nesta parella situado no termo de Salgueiro, xa nos lindes coas parroquias de Castro e Cira, en terreo todo monte, existe aínda un cruce de camiños; o do nacente ao poñente era o camiño real a Santiago e o que cruza de norte a sur éra tamén un camiño importante que poñía en comunicación as terras de Cira, Ledesma e Camanzo cara a Vila de Cruces coas da Estrada pola Mota. Pois alí había tres sobreiras (aínda quedan dúas) e mais encontráronse pedras traballadas coidando a xente que alí mesmo estaba situada a actual igrexa de Loimil, ista é unha crenza xeneralizada entre os veciños, como tamén coidan que alí houbo unha taberna.
AS FESTAS: a festa patronal é a da Santa María, que se celebra o día 15 de agosto, así como a de S. Roque o día 16. É moi importante e concorrida a da Saleta (Nosa Señora de Saleta), que se celebra o día 19 de setembro ou o sábado máis próximo. Tamén celebran a función ao Carme no segundo domingo de xullo.
INDUSTRIA: non ten industrias a parroquia, aínda noutros tempos houbo bastantes muíños de regueiro, sendo moi importante os do Outeiro no río Mao, onde tamén houbo unha fábrica de papel.
Os restos dos muíños que se coñecen aínda hoxe son: catro muiños no lugar do Outeiro e tres en Riomao.
Non podemos pasar sen deixar constancia da existencia dunha fábrica de papel; trátase da fábrica que construíu aproveitando a existencia dun muíño no río Mao no lugar do Outeiro, aínda que hoxe pode verse algunha pía grande de pedra das usadas na fabricación do papel.
Un home que debeu de nacer en Tofín da parroquia de Riobó e se chamaba José Pazos Somoza, persoa de grande enxeño e por iso destacada nesta bisbarra entre mediados e finais do século XIX, sábese del que negociaba co diñeiro a préstamo, e facía compravendas de madeira de piñeiro, carballos ou incluso cañotas... pois este home aproveitando a cantidade de auga e o axeitado do sitio plantou a fábrica de papel nos muíños do lugar do Outeiro, como xa dixemos. Alí facía papel de estraza e algún de mellor calidade a partir da materia prima, que era o trapo, aínda se ven dúas pías de pedra, como xa indicamos.
Andando os anos outra persoa influente e poderosa na bisbarra, Outeiro da Mota de Riobó, construíu unha fábrica de papel no río Bó, un pouco abaixo onde estivo a célebre torre de Barreira, fábrica que xa contaba con outros adiantos e facía papel de mellor clase.
Outeiro chamou a José Pazos e preguntoulle cánto coidaba que gañaba un día con outro coa súa fábrica de papel no Outeiro, respostándolle este que gañaría aproximadamente unhas cinco pesetas ao día, entón Outeiro contratouno pagándolle as mesmas cinco pesetas diarias e dándolle outras vantaxes e ademais púxoo de director.
HIDROLOXÍA: son coñecidas de sempre as augas minerais e medicinais sulfurosas, foron doutros tempos concorridas, para enfermidades da pel e do fígado ou estómago e aínda hoxe hai quen bebe destas augas en ocasións, case ao pé da capela da Saleta, onda o campo da romaría e tamén non lonxe da mesma igrexa, restaurada e ben acondicionada,; atópanse estas augas aparecendo por entre as pedras, aínda que agora "canalizaron" a súa saída ao exterior xurdindo nun pequeniño monte..." a medio quilómetro de la iglesia parroquial y en el paraje que los vecinos distinguen con los nombres de Tojal, Monte o Bañiño, hay un manantial de agua mineral que brota en un nicho granítico... A unos 200 pasos de la fuente sulfurosa en un sitio nombrado del Frade o de la viña se encuentra otro manantial también de agua mineral ferruginosa. El descubrimiento data de muy remota antigüedad especialmente el de las sulfurosas que vienen usándose durante muchos años por los vecinos de las tres o cuatro parroquias más inmediatas. Taboada Leal. Hidrología... páxs. 321-322.
Son numerosas as fontes públicas: a fonte de Loimil do Carballo con lavadoiro, a fonte de Loimil da igrexa, con auga potable, restaurada no ano 2003 e ben acondicionada. A fonte de auga mineral que lle chaman a fonte do Bañiño. A fonte do Cura. A fonte de Portomouro. A fonte Virtude. A fonte dos Chousos dos Breices. A fonte do camiño e a fonte do Xan. A fonte da Sobreira no lugar do mesmo nome, próxima ao Camiño da Prata.
CENTROS CULTURAIS: están restaurados de 2003 o baixo do palco da música e a antiga escola onde vive xente na primeira planta e utilízase a parte inferior para usos veciñais.
TOPONIMIA MENOR: entre os nomes da toponimia menor temos a da Sobreiras, xa deixamos dito que alí poida que estivese a igrexa actual de Loimil; mais aínda ten outra particularidade. As Sobreiras eran (e son se cadra puntos de cita e encontro. O Lóbrego, tido como monte de encantos e de aparicións... entre elas a da moza Loura. O agro de Foxos polo que pode deducirse que alí houbo un foxo para cazar animais salvaxes. A carballeira do Rei se temos en conta que se trataba dunha plantación de SM. o Rei. Os muíños de Outeiro onde houbo unha fábrica de papel. As fontes de Porto Mouro e a de Virtudes por qué?, e a Zanca de Riomao onde se di que houbo un convento.
TELEFONÍA: mixta.
PLANTÍO REAIS: a "Dehesa y Vivero de SM. La dehesa se halla en dicho monte de Lombao, cavido 50 ferrados, limita, Levante y mediodía con otro monte de Lombao y norte y poniente, cerrada.
Hoxe coñécese como "A carballeira do Lombao"
Viveíro: "El vivero se halla inmediato a la dicha dehesa, cavidad un ferrado y tres cuartillos de tierra de primera calidad cerrada sobre si".
Debido á grande emigración de xente, atópanse moitas nacionalidades distintas de retornados e familiares destes.
CAMIÑO DE SANTIAGO: retomamos o camiño dende a estrada a Santiago en Penaporrín de Loimil, fronte ao monte Loubrigo, monte non moi alto que ten na súa cúspide unhas penas, unha delas con cazoletas ou "aras" e o seu nome parece ter a reminiscencias xermánicas.
O camiño desviábase aquí á dereita saíndose da estrada; a uns 50 metros torcía no ángulo recto á esquerda pasando polo que hoxe son leiras de terras de labor das casas do veterinario e a anexa do ferrador.
Pero seguindo a estrada, pasadas as mencionadas vivendas, pola súa fronte aparece unha pista á man dereita que leva á parroquia de Dornelas e ao percorrer por ela uns 30 metros atópase un camiño á man esquerda xunto ao edificio que foi fábrica de bloques e dende aló o camiño segue practicamente paralelo á N-525 en dirección ao poñente, a pouca distancia da mencionada estrada, cruzando pola "chousa da Forxa" e o "Agro da Poza" cun "Marco" que lles serve de linde aos concellos de Silleda e A Estrada; ten escasas curvas, ata o punto denominado "O Salgueiro" ou máis puntualmente "A Sobreira", onde aínda poden verse dúas sobreiras en pé loitando contra a senectude.
Aquí aparece outro camiño que, procedendo do mediodía (terras de Tabeirós, Moreira e Pica), Berres, Riobó, Oca e Loimil, cruza aquípara continuar cara ao norte por Cira á Ponte Ledesma.
No ángulo noroeste que forman estes dous camiños estivo situada unha capela ou igrexa xa que de alí saíron restos de pedras traballadas e pulidas, anacos de tellas grosas etc... quedando ocos profundos no terreo. Unha anciá falecida hai máis de 20 anos, a unha idadepróxima aos cen, insistía en que lembraba esas mostras e a base e columna dun cruceiro que alí existía, corroborado por outros veciños.
RURALCENTRO: nas antigas escolas no lugar de Igrexa, dá acceso libre e gratuíto a veciños/as que se inician en cursos e uso da Intemet. Lnstalado polo proxecto "aestradadixital".
TURISMO RURAL
Casa da Botica, no lugar dos Casares nº 7. Antiga botica restaurada, 10 habitacións dobres con baño. Piscina cuberta. Ampla zona axardinada, restaurante e bar.
Teléfonos 986 587 893 677 838 858.
www.casadabotica.com.
* A Estrada rural.1990 Ed.. 2007.

- Situación: parroquia de Loimil, lugar do Outeiro.
- Descrición: plataforma: dous chanzos. Pedestal: cúbico, con arestas biseladas. Columnas: comeza cadrada e segue de sección octogonal. Capitel: redondo con volutas e catro querubíns. Cruz: latina, espiñeira, sen figuras. Altura: catro metros e medio.
- Inscricións: non aparecen.
- Conservación: mala.
- Tradición: antigo cruce, exemplo de situación na divisoria de dúas parroquias, Loimil e Oca.
- Propiedade: discutida. Foi da familia Calveiro.
- Situación: no cemiterio parroquial.

Pedro Varela
Parroquia de 62 cabezas de familia e 328 habitantes, que dista da Estrada uns 12 quilómetros.
A freguesía, pola súa fundación, pertence a tempos moi antigos. O significado do nome que leva, pola súa raíz vasca, equivale a “país húmedo” ou “lameira”, como en realidade, así é.
Lugares: Loimil do Carballo, Chenlos, Loimil da Igrexa, Riomao, O Outeiro, As Carballas, Os Casares, A Sobreira e Penaporrín.
Lindeiros: norte, Dornelas, San Miguel de Castro e Cira; sur, Remesar e Orazo; leste, Orazo e Dornelas e oeste, Oca.
Vías de comunicación: a estrada de Ourense a Santiago pola parte norte do territorio; un bo camiño aberto desde Penaporrín ás inmediacións da igrexa, iniciado e dirixido polo celoso párroco D. José Fariña Garabán; camiños veciñais antigos e os pontóns de Riomao e Costedo.
Bañan a parroquia os regatos da Barcia e Riomao; o primeiro pasa polo eido da casa reitoral, únese co segundo que baixa de Currelo (Orazo) e, unidos, marchan á horta do pazo de Oca.
No eclesiástico: Loimil ten por filial a Orazo. A patroa é Santa María e o curato, que é de entrada, pertence á Coroa. Riomao, “río malo”, foi soar, en tempos antiquísimos, do mosteiro de San Salvador e Santa Maria. Ningúns vestixios se conservan do edificio. En canto ao demais, só sabemos que o pontífice Anastasio IV, en bula do 8 de abril de 1154, e Alejandro III, noutra bula do 20 de marzo de 1178, confirmaron os privilexios da Igrexa Compostelá sobre outras igrexas, terras e mosteiros, encontrándose entre estes o de Riomao. A igrexa de Loimil é antiga e nela resalta o estilo románico bizantino, só desnaturalizado coa espadana, que é moderna. A sancristía fíxose en 1725, a tribuna en 1736, o incensario en 1762. En 1747 roubaron a cruz e os cálices da igrexa, pero ao pouco tempo restituírono todo. Antes do templo actual houbo o primitivo nas Tres Sobreiras do Salgueiro, punto do Agriño, onde aínda aparecen vestixios.
Preto da igrexa houbo a capela da Concepción, fundada polo cura D. Rosendo Vaamonde por medio do testamento que outorgou en 1690 perante o escribán Andrés de Nodar. En 1860, sendo cura o célebre D. Ramón Valenzuela, a capela referida foi modificada e aumentada, pasando a ser a da Saleta, que actualmente se conserva.
Festas anuais: a patroa, Santa María, o 15 de agosto; o 16, San Roque; Corpus, o domingo seguinte ao 15 de agosto; a Saleta, o 19 de setembro; o domingo seguinte, o Carme; o 8 de decembro, a Concepción.
Á beira da estrada hai algúns establecementos comerciais e unha cartería en Penaporrín.
Teñen os veciños reunida unha respectable cantidade para construír un local escola, xa iniciado; débese esta mellora á subscrición entre os veciños e mais os fillos da parroquia residentes en América, e moi singularmente á iniciativa e dirección do párroco.
*Pedro Varela, A Estrada, 1923