Infancia (1892-1904)
Naceu o 7 de marzo de 1892 no lugar de Vilapouca, na parroquia de S. Xurxo de Cereixo e foi chamado José, José Otero Abelleira (JOE). Os seus pais, Serafín e Jesusa, tiñan outros tres fillos. Era o segundo de catro irmáns: María Josefa, José, Manuel e Albino.
Xosé non creceu cos pais e os irmáns. Foi vivir cuns tíos no veciño lugar de Pernaviva, como fillo adoptivo deles. Este tipo de cesión era bastante frecuente naquela época, cando a economía familiar era precaria, coma neste caso. A pobreza obrigaba os labregos a emigrar ou a buscar solucións, como ceder algún dos seus fillos para a casa dun familiar que non tivese.
Os pais e tíos de JOA conformaban o que se chama un matrimonio “de troque”, que era típico precisamente da zona da Estrada: dúas persoas dunha casa contraen matrimonio con dúas doutra, varón e muller dunha cun varón e unha muller da outra, ou ben dous varóns con dúas mulleres. Ao verificarse a voda, renuncian recíprocamente os que saen da casa de seus pais a recibiren a herdanza destes para adquirir a dos sogros da familia na que entran. Era un xeito de asegurar que as poucas terras que pertencesen á casa continuarían sen dividir. O tío de JOA era irmán da nai e a tía, irmá do pai. Traballaban no campo e o tío era zoqueiro de oficio.
JOA destacou na escola desde ben pequeno. O mestre deixábao ao coidado da clase cando tiña que saír e, como estaban xuntos moitos rapaces de diferentes idades, el facía de profesor dos máis pequenos. Íase vendo xa o interese que máis adiante mostraría polo ensino.
Cando JOA tiña 12 anos aconteceu un feito que marcaría para sempre a súa vida: morreu o seu pai, aos 40 anos. A nai, véndose nunha situación economica moi difícil, reclamou a José, que era o fillo varón máis vello, para que a acompañase a Cuba, onde ela tiña dous irmáns emigrados. Os tíos quedaron moi disgustados, pero tiveron que deixalo ir.

Emigración (1904-1908)
Eran moitos os galegos emigrados. A miseria e a fame empuxáranos á emigración, que comezara xa no s.XVIII e que no XIX era masiva. Calcúlase que nos últimos 50 anos do s.XIX marchara unha cuarta parte da poboación.
Desde mediados do XIX formáranse importantes colectividades de emigrantes galegos en América, especialmente na Arxentina e mais en Cuba.
Os Centros Galegos eran nun primeiro momento sociedades mutualistas, de asistencia sanitaria e de beneficencia. Despois comezan a servir como centros de instrución e recreo, e tamén van realizar unha grande actividade cultural e política. Vaise desenvolvendo unha prensa galega, que se convirte en voceiro dos emigrados. Trataban de poñer de relevo as calamidades da emigración, os abusos que sufrían os emigrantes e criticar os males que empuxan os galegos a emigrar, como os foros, os impostos, o caciquismo...
Para un rapaz intelixente e ávido de aprender, como JOA, había campo abondo de traballo en La Habana. Así, ao tempo que traballaba como recadeiro nunha tenda de zapatos, aproveitaba para formarse no Centro Galego. Alí asistiu a clases, pero o máis importante é que entrou en contacto co galeguismo e co agrarismo. Decatouse de que Galicia era un pobo con historia e con cultura propias. A pesar de ser aínda moi novo, JOA comeza a conformar a súa ideoloxía galeguista, progresista, agrarista e de denuncia da emigración.
JOA escribiu sobre unha anécdota que lle aconteceu en La Habana e que lle serviu de lección. No ano 1907 o fillo da súa patroa de traballo, que era escritor, mandouno a facer un encargo: entregarlle un libro a un señor galego, tamén escritor, que vivía alí. Este vello señor decontado se decatou de que o rapaz era galego, a pesar de falar en castelán e con acento cubano. Díxolle que, posto que os dous eran galegos, podían comunicarse perfectamente na súa propia lingua e que non había ningunha razón para intentar esconder o sotaque galego. Díxolle que nunca nos debemos avergoñar de nós mesmos nin de sermos quen somos. JOA volveu á casa da súa patroa reflexionando sobre o asunto e, ao chegar, preguntou o nome do señor. Era nin máis nin menos que D. Manuel Curros Enríquez, que vivía en Cuba desde o ano 1894, en que tivera que marchar debido á persecución política que sufría. Por certo, Curros Enríquez faleceu ao ano seguinte, cando xa JOA retornara ao país. Escribirá nese ano na revista Galicia en lembranza do escritor.

Regreso á Terra, xornalismo, maxisterio e agrarismo (1908-1920)
Despois de permanecer catro anos en Cuba, JOA e mais a súa nai emprenden o regreso. Descoñecemos os contactos que JOA puido facer alí, pero o certo é que moi poucos anos despois de regresar a Galicia, convértese en corresponsal e colaborador asiduo da revista Galicia, que se editaba na Habana. Era unha revista básicamente en castelán, pero nela colaboraron importantes escritores e persoeiros do momento, como Curros Enríquez, Basilio Alvárez, Manuel Murguía, Carré Aldao, Lamas Carvajal, Lugrís Freire… Mesmo o propio Castelao publicou algún debuxo na portada. A revista estaba moi vinculada ao rexionalismo e ao agrarismo.
Otero Abelleria é corresponsal desde o ano 1912 e colabora con moitos artigos sobre o problema agrario e os foros. Tamén publica textos de reivindicación galeguista, algúns deles con tanta intensidade coma este de 1915:
“[…] le convendría a Galicia una autonomía amplia, muy amplia; y mejor aún que la autonomía, una completa independencia”
Escribe, asimesmo, artigos sobre historia, ofrecendo unha visión moi novidosa naquela época (e aínda hoxe, en que a historia de Galicia aparece deturpada pola historiografía oficial); así, JOA opinaba, tal como na actualidade está demostrado que Galicia, na Idade Media, non era un territorio marxinal e pouco importante, senón que era unha nación hexemónica na Península Ibérica:
“comprendía una tercera parte de la Península, en la que entraba la actual Galicia, León, Asturias, gran parte de Castilla la Vieja y medio Portugal […] la Galicia primitiva […] constituyó una de las naciones más grandes y poderosas de la Península Ibérica”
Tamén colaborou con artigos de viaxes (unha serie titulada “Viajando por Galicia”) e moi especialmente, textos en que mostraba a súa preocupación pola cuestión do ensino e de como este tería que servir para a formación de cidadáns libres, responsables e orgullosos da súa cultura:
“Dende pequerrechiño, dende que empecei a soportar sobre as miñas enclenques costelas as negruras da emigración, deu en ir apoderándose de min un amor tan tenro […] cara esta fermosa Galicia que […] a ela me fun entregando con vida, corazón e corpo, sen darme conta sequera”.
Este amor tan grande, tan grande, foi quen me arrastrou polos nobres carreiros da instrución primaria, levándome a ese glorioso templo da sabencia que nós chamamos escola. Entendín que ela era o mellor taller onde eu podía traballar pola redención do pobo galego, facendo dos rapaces actuais homes libres do porvir que saiban cumprir fielmente os seus deberes, pero, ao mesmo tempo, que non ignoren e saiban tamén reclamar os dereitos que como cultos cidadáns lles corresponden.
(1913, Galicia)
Cando regresa a Galicia parece que xa ten clara a súa vocación: quere exercer o maxisterio e decide realizar eses estudos, pese á inicial oposición familiar, pois os seus tíos pensaban que esta profesión o acabaría levando lonxe da casa. A pesar da súa xuventude ten claros os camiños que debe seguir na vida, tanto no plano profesional como no persoal: inicia a relación sentimental coa que máis adiante sería a súa muller, Generosa, unha moza de Vinseiro, a quen xa coñecera na escola.
Comeza a desenvolver moitas actividades: ademais de ser corresponsal da revista Galicia, colabora no periodico agrario El Eco de La Estrada e é un dos directivos da Unión de Agricultores de Vinseiro. No ano 1912, con tan só 20 anos, comezou o seu labor como mestre, interrumpido durante 1914 e 1915, en que realiza o servizo militar en Santiago de Compostela.
A preocupación polo ensino é unha constante nos emigrantes. Pensaban que a falta de instrución era a culpable dos desprezos e explotación a que estaban sometidos fóra do país. Por iso, para eles era unha prioridade a creación de escolas. Naceron así na emigración as chamadas “Sociedades de Instrucción”. No ano 1906 formárase a Sociedad de Instrucción Unión de Rubín e comezara a subscrición popular para a posta en marcha da escola. Estas sociedades tiñan como tarefa fundamental difundiren o ensino cada unha na súa zona, fundando escolas onde non existisen ou onde a oferta de escolas públicas non fose suficiente ou satisfactoria. Os métodos que se van aplicar nestas escolas van supor unha alternativa ao ensino oficial. O que pretendían era capacitar aos individuos para que soubesen desenvolver a súa vida unha vez rematada a etapa de instrución, fose aquí ou na emigración. Tratábase dun ensino adaptado á realidade galega coa finalidade de mellorar as condicións do mundo rural. A idea de formar o alumnado para a emigración non era a única finalidade destas sociedades, senón que tamén procuraban un ensino máis adaptado á realidade do país coa finalidade de mellorar as condicións socio-económicas do mundo rural. Estas escolas. na súa maioría eran laicas, gratuítas, con programas de estudos modernos e mesmo ás veces con certa orientación técnica e agrícola. JOA realiza o seu labor como mestre nas escolas de Cereixo, Callobre e Rubín, contratado como profesor particular polas sociedades de emigrantes. Varela Buxán, o grande autor de teatro galego, lembraba o que significou para el a escola de Rubín, da que foi alumno:
“Quero dar grazas aos irmáns estradenses de Cuba, por ter feito unha escola na que se me ensinou a formar as primeiras letras e números: ‘A escola de Rubín’. Naquela escola […] ensinóuseme a coñecer e querer o que esta ben, rexeitar e odiar o que está mal”
Para os galeguistas, non abondaba con formar os nenos , senón que se reivindicaba unha escola galega e para Galicia, na que tivese prioridade a xeografía e historia de Galicia, así como a lingua galega. Así o levou á práctica JOA. De feito, en 1917 recibe unha mención na revista A Nosa Terra, pola súa iniciativa de impartir clases de lingua galega un día á semana.
“O ilustrado mestre de instrución primaria en Cereixo (A Estrada), Sr. Otero Abelleira, ten mentes de dar unha clase semanal de idioma galego.
Non somos homes de gabar de abondo ao Sr. Otero Abelleira. Novas como a que el nos dá, fan no espírito unha impresión tan doce como un bico de nai. E cousa que nos ergue o corazón e nos fai xuntar as mans para aplaudirmos, saber do proxecto deste mestre, merecente de ser imitado por todos os seus colegas galegos. Así se fai patria.
Moi ben, Sr. Otero, moi ben”.
JOA sabía que Galicia tiña historia de seu e xa tiña manifestado con anterioridade a necesidade de recuperarmos a nosa propia historia para podermos construír o futuro, pois as leccións do pasado van servir para que poidamos transformar a realidade. Neste sentido, tamén celebrou na escola actos conmemorativos de datas relevantes, como o 17 de decembro, aniversario da decapitación do mariscal Pardo de Cela. En concreto, podemos citar a conmemoración que realizou no ano 1912, á que asisten os alumnos xunto cos seus pais. Ese día JOA dá unha lección maxistral sobre a figura de Pardo de Cela, símbolo da loita pola liberdade de Galicia. Así se recordaba esta celebración nun artigo publicado na revista Galicia un mes despois (xaneiro 1913) e asinado por Merdedes Vieito Bouza:
“El discurso vibrante de patriotismo […], fue una invocación del sagrado nombre de Galicia y una lección de historia llena de grandes conocimientos, que produjo honda emoción en el ánimo de los que oían tan autorizada palabra y pudo llevar a los alumnos, a los niños de hoy y hombres de mañana el convencimiento pleno de sus derechos y de lo que a la patria y a sus hijos ilustres se debe y de que, como muy bien se expresó el sr. Otero, “honrando a nuestros antepasados gloriosos, nos honramos a nosotros mismos”
Ejemplo digno de imitación es el del sr. Otero Abelleira, pues […] verifica allí, en la escuela, una tarea sublime: la tarea de hacer patria, puesto que sabe formar [...] no solamente seres conscientes, capaces de, ante todo, defender heroicamente sus derechos, sino también patriotas”.
A preocupación pola escola non vai desaparecer aínda cando deixa a súa profesión de maxisterio para dedicarse ao xornalismo. Moi ao contrario, vai continuar participando moi activamente na celebración de certames escolares e escribindo artigos en El Emigrado sobre a cuestión do ensino.
Outro problema que interesaba moi especialmente a JOA era o agrario. Os campesinos organizábanse en sociedades agrarias. Trataban de loitar contra os foros e, ao mesmo tempo, de modernizar a agricultura, con novas técnicas e cun coñecemento máis científico do traballo do campo. JOA participou activamente nisto.
No ano 1912 forma parte da xunta directiva da Unión de Agricultores de Vinseiro. En 1916 participa nun Congreso Agrario na Estrada, onde fala sobre o perigo das mulleres emigrantes de caeren na trata de brancas.
No 1917 forma parte da directiva da Federación de Sociedades Agrarias da Estrada. Vai intentar reorganizar o sindicalismo agrario, que comezaba a estar xa un pouco debilitado e desunido naquel momento. Vanse unir as forzas dos agraristas coas das sociedades de emigrados. JOA representa moi ben ese punto de unión, pois el formaba parte das sociedades emigrantes, en concreto de Hijos de La Estrada en La Habana. . Colaboraba aínda na revista Galicia con artigos nos que se amosaba sempre a súa ideoloxía agraria, progresista e patriótica.

El Emigrado. Política estradense (1920-1936)
En setembro de 1920 edítase o primeiro número de El Emigrado. Os residentes en Cuba tiñan a idea de poñer en marcha un xornal local. Ao mesmo tempo inicia a súa andaina o Centro de Emigrados, local social da Sociedade de Emigrados en Cuba.
O xornal preséntase como apartidario, co fin de contribuír a reunificación do agrarismo.
Ofréncelle a JOA a dirección do xornal, xunto coa secretaría da sociedade e coidado do local social, situado na rúa Riestra, número 16 (hoxe Calvo Sotelo). A decisión foi complicada, por varias razóns:
JOA casara no ano 1917 coa súa noiva da infancia. En setembro de 1920 tiñan xa dúas fillas, unha de dous anos e outra nacida había uns meses. Vivían en Pernaviva, xunto cos tíos que o criaran. Estes non vían con bos ollos a oferta: o xove matrimonio tería que marchar da casa, trasladarse a vivir á vila e abandonar, polo tanto, o traballo da terra no que ata ese momento colaboraban. Por outra banda, JOA era feliz co seu traballo de mestre, que tería que abandonar tamén. Finalmente aceptou a oferta, pero a decisión trouxo inconvenientes para a familia: JOA veu para A Estrada e ocupou o piso que alugou a sociedade de emigrados (o Centro de Emigrados) e Generosa e mais as fillas quedaron en Cereixo vivinvo cos sogros. El ía alá polo menos dúas veces á semana para ver a súa familia.
El Emigrado é fundado polos irmáns Albino e Maximino Matalobos Loureiro e por JOA. Está subvencionado pola sociedade “Hijos del Ayuntamiento de La Estrada en Cuba”. Comezou a publicarse en 1920 e terminou, sen ter ningunha interrupción, en 1940. Durante case todo este tempo foi dirixido e administrado por JOA. O periódico, que comezou a saír cunha periodicidade semanal, tirábase na imprenta “Postal-Hita” (montada polo Administrador de Correos Manuel Castro Santos, de Cereixo, no ano 1916). JOA era o director-administrador e, como tal, o máximo responsable. Fai o deseño do periódico, escribe os seus propios artigos, fai editoriais, enche o espazo cando non hai suficientes colaboracións… García Barros, amigo de JOA, escribe asiduamente en El Emigrado. Alí faise famoso coas súas coñecidas “Rexoubas” e popularízase o seu pseudónimo “Ken-Keirades”. En moitos anos de traballo e colaboración nunca tiveron discrepancias entre eles. Así o ten dito JOA e GB escribía no ano 1926: “en seis anos de convivencia xamis disentimos nin rifamos por nada”
Nas bases para a fundación do periódico afírmase que é independente, de interese xeral, defensor dos intereses locais e rexionais, de información local e mais de América e Cádiz (onde había moitos emigrados estradenses).
Foron anos de entusiasmo, traballo diario e ilusión por un proxecto progresista e galeguista. No 1921, JOA ratifica por 3ª vez a súa renuncia como Secretario da Federación Agraria e por fin esta renuncia é aceptada. Desde as páxinas de El Emigrado xa se facía denuncia agraria e anticaciquil; ao tempo que se procuraba a mellora cultural e social dos labregos.
JOA continúa especialmente interesado no problema do ensino e da formación cultural do campesiñado. En xullo de 1922 fórmase una comisión encargada de organizar exposicións e festas escolares, na que JOA participa, segundo el mesmo afirma “en vista do lamentable abandono da infancia”. Como fora sempre, continúa sendo o ensino un asunto primordial para JOA. Decídese celebrar cada ano un certame escolar. Nos poucos anos en que traballara como mestre, xa levara isto á práctica, como temos noticia dos anos 1912 (Pardo de Cela) e do 1918, polo que supoñemos que realizaría estas actividades todos os anos que exerceu o seu labor docente. Non é de estrañar que participe na comisión organizadora destes certames, coñecidos, desde 1923 como Festa dos Pereiriños. En El Emigrado vaise informar detidamente sobre estes certames e vánselle dedicar moitas liñas. A idea de fondo era a de potenciar un ensino adaptado á realidade de Galicia desbotando os programas uniformadores e asimilistas. Pretendíase integrar no currículo escolar contidos como historia e xeografía de Galicia, nocións de lingua e literatura galegas… En fin, un ensino que partise do próximo ao neno e que o axudase a valorar a súa propia identidade, utilizando un método indutivo, é dicir, partir sempre do próximo e do coñecido. É salientable o discurso que le un neno no certame dos Pereiriños do ano 1923:
“Eu pregaría aos señores Mestres que me atenden, que pensasen inflamar os nosos corazóns no santo amor da Terra nosa falándonos algo dos seus merecementos e das súas glorias. Eu pregaríallles que así como nos falan de Sagunto, de D. Pelayo e doutras glorias e feitos españois, nos falasen tamén do monte Medulio, de Paio Gomes Chariño, de Macías, de Rodríguez do Padrón e outras glorias e feitos galegos. Quixera, ademais, para que estes actos tivesen unha finalidade máis definida e proveitosa, que eles contribuísen a afianzar a personalidade da nosa patria.
Nós, a onde queira que cheguemos, onde queira que esteamos, levantaremos sempre con orgullo a bandeira da nosa Patria; aquí o una emigración levaremos escrito no corazón o nome santo de Galicia, e na fartura ou na desgraza, na ledicia ou no abatemento, o noso berro será sempre o do poeta: Galicia e sempre Galicia”.
Citamos este texto cun pouco de extensión porque é máis que probable que o seu autor fose o propio JOA, tendo en conta que estas mesmas ideas que expón, este interese por dar a coñecer a historia da patria e os seus personaxes máis salientables, citando precisamente os exemplos do monte Medulio ou dos trobadores Macías e Chariño, xa as tiña manifestado con anterioridade, nos artigos que escribiu na súa época de corresponsal e colaborador na revista Galicia. De feito, en 1923 escribe en El Emigrado que cómpre realizar tanto na escola como na sociedade actos cívicos en conmemoración dos feitos importantes e dos persoeiros da nosa historia.
No ano 1922, cando JOA estaba traballando en El Emigrado con todo o seu esforzo e ilusión, acontece un feito na súa vida persoal que vai marcar fondamente toda a súa traxectoria a partir de aí: a súa filla máis nova, Carmiña, que tiña naquela altura dous anos, enferma de poliomielite. O prognóstico é duro: imposibilitada de pernas e brazos, quedará nunha cadeira de rodas inválida para toda a vida. O sufrimento familiar e a problemático que isto provoca é doada de comprender. Para comezar, Carmiña, que quedara en Cereixo coa súa nai, súa irmá e seus avós, debe vir para A Estrada, co obxecto de recibir os tratamentos médicos que require. Así, a nena, xunto coa nai, veñen vivir con JOA. Esta reunión familiar non é precisamente feliz, pois a causa é desgraciada e ademais, a irmá máis vella, Josefina, de catro anos, debe quedar a vivir en Cereixo cos seus avós, que así llelo esixen. Non volve cos seus pais ata cumprir os 14 anos.
Comeza un novo período na vida da familia. Son constantes as idas e vidas a Cereixo e tamén as viaxes a médicos, especialistas, aos baños, tanto na praia coma en balneario, tratamentos experimentais, como as correntes eléctricas, o chorro ou o trixémino… A situación mellora un pouco: Carmiña recupera o uso dos brazos, aínda que o das pernas nunca o recobrou e quedou confinada toda a vida a unha cadeira de rodas.
De todas formas, hai aspectos positivos nesta nova etapa das súas vidas. José e Generosa volven estar xuntos, que era o que eles desexaban. A familia ocupaba a metade do piso e a outra metade era o local social. Generosa vaise ocupar do mantemento do Centro de Emigrados e do servizo de cafés e licores aos socios. O Centro era un local de reunión e tertulia que comezou a encherse de xente todos os días. Por alí pasaban toda as persoas que participaban da vida cultural e intelectual estradense daquel momento e moitas delas fixeron amistade con JOA e coa súa familia: García Barros, Torres Agrelo, Xosé García Nodar, Pedro Cabada, Xosé Fondevila, Bernardo Mato, Brea Abades… E o propio Castelao. Castelao chegou á nosa vila a través do seu casamento coa estradense Virxinia Pereira. Casaron en outubro de 1912 na antiga igrexa de S. Paio. Debido á delicada saúde do seu fillo, que naceu en 1914, pasaban na Estrada longas tempadas nos veráns. Durante toda a década dos 20 deixouse sentir a súa influencia cultural e política na nosa vila. Nestes anos, 1922 e 1923 comeza a relación de amistade entre Castelao, JOA e outros persoeiros estradenses, como GB, a quen Castelao lle fixo as ilustracións para os seus Contiños da terra. Foi moi grande a pegada da Estrada na obra de Castelao, sobre todo, nos debuxos e pinturas: a igrexa de Ouzande, a torre de Guimarei, a ponte de Liñares, o pazo de Oca (cuxa fonte aparece debuxada no texto “A marquesiña” de Cousas). Tamén foi moi grande a pegada da súa personalidade política: Castelao visitaba case todos os días o Centro de Emigrados e alí conversaba longamente con JOA e GB. Dixo este último que “bo era se sabía escoitar”. Evidentemente, a autoridade intelectual e política de Castelao era moi superior á dos dous amigos estradenses e por iso estas tertulias resultaron tan enriquecedoras para eles. É salientable a excursión que fixeron ao Pico Sacro no mes de xullo de 1925. Acompañaron a Castelao, JOA, GB, Manuel Nodar Magán, Manuel Castedo e Manuel Sinde.
JOA tivo un papel moi importante como difusor da cultura galega na Estrada e estaba sempre atento ás novidades que podían xurdir neste terreo. Tivo a idea de vender, xunto con El Emigrado, as novelas breves das coleccións Lar, Terra a Nosa! e Céltiga, que se puxeran en marcha naqueles anos co obxectivo de conseguir público para a narrativa galega. A importancia que estas empresas editoriais tiveron na renovación da literatura galega e na captación de lectores foi enorme.
En 1924 JOA comeza o seu labor como Concelleiro.
O 12 de setembro de 1923 producírase o golpe de estado do xeneral Primo de Rivera. Primo de Rivera preséntase á sociedade española coa proposta de solucionar o problema sangrante da guerra de Marrocos. Ademais, promete unha descentralización política e a resolución do problema dos foros. Primo de Rivera ofrécelle aos galeguistas o proxecto de supresión das Deputacións e da creación no seu lugar dun goberno autónomo galego. Isto provocou neles interese e certa esperanza. A cambio pídelle a colaboración nos gobernos municipais. Así incorpóranse por toda Galicia importantes persoeiros do galeguismo aos concellos. Na Estrada, os do grupo do Centro de Emigrados manifestan o seu apoio ao novo réxime. A JOA solicítanlle a súa participación no Concello “polos seus méritos cidadáns”. Vai asumir en febreiro do ano 1924 o cargo de Concelleiro. El afirma que o seu labor non vai ser político, senón administrativo, cultural e económico. O que quere é traballar en beneficio da comunidade.
En marzo de 1924, xunto con Torres Agrelo, JOA presenta no Concello unha moción, na que se pedía a renovación da administración, a supresión das Deputacións Provinciais. Opinaban que o Concello é un organismo natural, básico na organización social e asimesmo a “rexión”, sobre todo en países como Galicia nos que se dá unha personalidade histórica e cultural diferenciada. No entanto, as provincias son organismos artificiais, que consumen moitos recursos e non responden a ningunha diferenciación real: os caracteres das catro provincias galegas son idénticos e os seus intereses, os mesmos. No entanto, Galicia é un país que forma unha unidade cultural e histórica. Por iso, reclamaban un goberno autónomo galego, o cal constituía unha promesa do novo rexime político.
Nestes anos no Concello, son moitas as iniciativas que defende JOA e as súas reclamacións e preocupacións son sempre relativas ao progreso de Galicia e mais da Estrada, así como á recuperación da nosa cultura e dos nosos sinais de identidade. No Concello, o 6 de maio de 1925, JOA defende a celebración de recoñecemento e homenaxe a certos persoeiros estradense, caídos no esquecemento. En concreto, refírese a Marcial e Avelina Valladares. Segundo se menciona nas páxinas de El Emigrado, esta intervención provocou a extrañeza dos membros da corporación. De feito, perante o apatía institucional, comezan JOA e mais GB no periódico con esta mesma campaña, intentan dar a coñecer as figuras destes dous estradenses ilustres, prometen ir publicando algún texto de Avelina, opinan que habería que conmemorar a data de nacemento da poeta, 23 de outubro (de feito, adícanlle un número de El Emigrado) e que sería conveniente adicarlle unha rúa na vila. Esta idea da necesidade de recordar e honrar os nosos persoeiros ilustres, como forma de autorrecoñecemento colectivo é algo continuado ao longo de toda a traxectoria de JOA.
Outra cuestión que xerou moito interese en JOA sobre todo no ano 1925 foi a cuestión do Ferrocarril Central Gallego. A sociedade comeza a organizarse para esixir que este proxectado ferrocarril pase pola estrada. JOA comenta como o noso concello queda fóra das máis importantes vías de comunicación, o cal é un verdadeiro lastre para a modernización da comarca. Ao final, como tantas outras cousas, o proxecto do ferrocarril convértese tamén en decepción.
No ano 1926 JOA está decidido a deixar o Concello. Xa nesa data se vira que as promesas de descentralización non se ían cumprir, por iso moitos galeguistas que participaran como Concelleiros por toda Galicia, comezan a deixar os cargos. Ademais, JOA está decepcionado por cuestións internas, en concreto, debido á irregular contratación dun familiar do alcalde para o corpo de médicos do Concello. No certame escolar de Pardemarín, que se celebra nese ano, GB ten no seu discurso unhas laudatorias palabras cara JOA, celebrando que ao final non abandone o seu cargo político e louvando a súa xestión, sobre todo no que se refire ao interese polas vías de comunicación e polas escolas.
Yo he visto a Otero Abelleira puesto a la máquina día y noche, una semana y otra, un mes y otro mes, en períodos diversos, haciendo de oficial gratuito del Ayuntamiento, a fin de que los expedientes fueran a tiempo y como debieran. Y sé que sin su constancia, su tesón y su empeño, muchos caminos establecidos y muchas escuelas conseguidas no lo serían aún a estas fechas.
Y sé también que, hombre íntegro a toda prueba, si presentó la renuncia, fue por ver triunfar lo que repugna a su integridad y a su conciencia.
Y ahora que el pueblo sabe esto, vea si conviene o no que un concejal como Otero Abelleira siga desempeñando el cargo.
En xullo de 1927 os alumnos e alumnas da escola de Codeseda foron ao pazo de Oca de excursión. Ao regreso, pola tarde, JOA recibiu a rapaces e profesores no Concello; ensinoulles as dependencias e faloulles da importancia da educación e da formación. Díxolles que a peor das enfermidades que pode sufrir un pobo é a ignorancia. Como vemos, a preocupación polo ensino é unha constante na súa vida. De feito, en novembro dese mesmo ano, JOA fala en El Emigrado da necesidade que ten A Estrada dun centro de “formación industrial”.
En 1928 fórmase na Estrada unha comisión para a creación da Caixa de Crédito Foral. JOA participa nela como vocal, como en tantos outros proxectos encamiñados á mellora das condicións de vida dos labregos. Era moi importante esta Caixa de Crédito para facilitar que os labregos puidesen pagar a redención do foro e estábase retrasando a súa constitución.
En 1928 El Emigrado comeza a tirarse na imprenta “La Artística”. Esta imprenta viñera de Vilagarcía e a súa dona vendeuna na Estrada ao Secretario do Concello, Antonio Reino e ao Procurador Manuel Castedo, entrando JOA a dirixila, como socio industrial. Co tempo, acabou comprándolle a súa parte aos outros socios, quedando el só coa imprenta, que ampliou a papelaría e libraría. Estaba entón nun baixo do que hoxe é a Porta do Sol, chamada daquela praza de Fermín Galán, no nº 47.
En 1930, JOA, xunto cun grupo de outros cinco concelleiros, deixa o seu traballo político. Como viramos, xa uns anos antes estivera a punto de facelo; pero convencérano para que continuase. Agora, a decisión estaba clara. Nesa altura, xa estaba claro que as Deputacións Provinciais ían continuar existindo e que non se ía formar un goberno autónomo galego. A Ditadura de Primo de Rivera enganara aos galeguistas. Esta decepción é a razón de fondo do abandono do Concello, pero hai máis. Cando JOA aceptou o cargo, facíao con vontade de renovar e purificar a política municipal. Para el era moi importante que o estado de contas estivese claro. De feito, estas contas víñanse publicando nas páxinas de El Emigrado. Chega un momento en que JOA se enfronta co alcalde, precisamente por escuridade e sospeita nas contas municipais.
No ano 1931 créase na Estrada o Centro Republicano, en cuxa directiva aparece JOA. Xa que o intento anterior de colaborar coa Ditadura remata mal, os galeguistas teñen que reorganizarse. Colabora aquí JOA con vellos amigos seus e compañeiros, como o propio GB. O obxectivo do Centro Republicano era conseguir a República no Estado Español e a autonomía para Galicia. Pertencen a ORGA (Organización Republicana Galega Autónoma) El Emigrado vaise convertir no portavoz dos republicanos. De feito, como subtítulo na cabeceira do xornal aparece Periódico galeguista. Comeza a aparecer no periódico moita propaganda republicana e galeguista, de feito aparecen proclamas como estas:
Galego: considérate pequeno e envilecido mentres a túa patria non sexa ceibe.
Galego: se non es parvo nin inconsciente nin covarde nin ruín, levanta un fungueiro en alto e berra “A nosa Terra é nosa!”.
Os homes que esquecen a súa lingua esquécense a si mesmos.
En abril de 1931 proclámase a República. Por suposto, a satisfacción dos dirixentes do Centro Republicano é moi grande e poñen nela todas as súas esperanzas. O galeguismo na Estrada vai estar neses anos moi influenciada pola presenza de Bouza Brei, que chegara como xuíz á nosa vila no ano 1929 e que vai compartir con JOA paseos e tertulias.
A finais do 1932 o Centro Republicano estradense organízase dentro do Partido Republicano Galego. Na dirección do partido na Estrada aparece JOA como tesoureiro. Deciden, desde o día da súa constitución, facer toda a propaganda posible a favor do Estatuto.
Nese mesmo ano, 1932, JOA deixa de ser director de El Emigrado. É el mesmo o que renuncia a este traballo que viña desempeñando desde había 12 anos con grande ilusión. Faino forzado por discrepancias cos dirixentes da sociedade de emigrados. JOA queda moi doído, pero continúa colaborando no xornal e, por suposto, este segue a imprimirse na imprenta “La Artística”.
Mentres a súa familia insístelle en que abandone algunhas das súas responsabilidades, pois parece que comeza a resentirse fisicamente: ten engordado moito e séntese moi cansado. No entanto, a pesar do disgusto do periódico, el continúa vivindo con ilusión ese novo período da República, esperando que se abran novas posibilidades para Galicia, a comezar polo Estatuto. En setembro do 1933 escribe un artigo en galego, co nome Xosé D´Outeiro, sobre o pernicioso que é esquecer o propio e preferir o alleo, referido, claro está, á nosa lingua e cultura. Nese mesmo ano JOA formaba parte do Comité Local de Propaganda Pro-Estatuto Gallego. Neses anos comezaron os galeguistas da Estrada un grande proxecto: a realización na Estrada dun monumento a Pardo de Cela, que era visto polos nacionalistas como símbolo da independencia de Galicia e da resistencia fronte ao dominio castelán. Xa vimos o interese que JOA manifestou sempre pola historia do noso país, polos grandes feitos e persoeiros do pasado que poden servir para axurdarnos a construír o futuro. Como é lóxico, JOA estaba colaborando tamén aí. Formouse unha comisión presidida por Bouza Brey, o secretario era Rafael Varela Pazo (representante na Estrada do PG) e JOA era o tesoureiro. Participaba xente tan importante como o nacionalista Antonio Fraguas, profesor daquela no instituto da Estrada. Colaboraron económicamente no proxecto destacadas personalidades da cultura e da política galega (Alexandre Bóveda, Ánxel Casal…), as asociacións de emigrantes; así, por exemplo, a sociedade “Unión Estradense” de Buenos Aires, da que JOA era representante na Estrada e tamén colectivos agrarios, como o de Pardemarín. Ao final, o diñeiro que se conseguira gastouse na propaganda do Estatuto.
No ano 1934 e tal como temía a súa familia, JOA enferma. Detéctaselle uremia, é dicir, uns niveis extraordinariamente altos de urea no sangue, síntoma de fallo renal. Pódese dicir que aquí comeza o progresivo abandono da actividade pública e política que JOA viña realizando, pois o médico aconséllalle tranquilidade e descanso, e mais unha dieta moi severa que manterá ata o fin da súa vida. A familia insiste moito en que abandone parte das súas actividades.
De todos xeitos, JOA segue escribindo en El Emigrado e segue activo sobre todo no que respecta á defensa do estatuto. Aínda que no ano 1934 forma parte da directiva de Acción Republicana, partido no que se integrara o Partido Republicano Galego, en que militaba JOA, o certo é que pouco despois abandonaría este cargo, distanciándose da política activa. Segue escribindo en El Emigrado sobre temas que sempre lle interesaran, como as melloras técnicas na agricultura e a explotación forestal e pesqueira, de feito no periódico viña dando noticia das experiencias da Misión Biolóxica de Cruz Gallástegui. Pero, o que centra sobre todo o seu interese é a campaña polo Estatuto. De feito, as proclamas que acompañaban a cabeceira de El Emigrado eran coma a que segue: “El día del plebiscito demostraremos si queremos ser libres”.
O día 28 de xuño de 1936 celébrase o referendo. A vitoria é abrumadora, co 77% dos votos favorables. JOA séntese moi satisfeito cos resultados e así o manifesta en El emigrado. Para el, coma para todos os galeguistas, ábrese un futuro de expectativas e posibilidades desexadas durante moito tempo. Non podemos saber se JOA volvería a participar en política, se lle gustaría retomar a súa actividade, que fora pouco a pouco abandonando. Pero non vai ter a oportunidade: o 18 de xullo o golpe militar encabezado polo xeneral Franco triunfa en Galicia. Comeza outra etapa na historia do noso país e na vida de JOA.

Ditadura, decepción e abandono definitivo (1936-1979)
Chegan os anos do medo. Moitos dos amigos e coñecidos de JOA sofren as represalias que impón o rexime do terror. JOA e a súa familia van vendo, estarrecidos, como moita xente é asasinada, torturada ou encarcerada. Moitos optan por escapar e outros por esconderse. JOA xa non era dirixente de ningún partido político no momento do golpe militar e iso é o que o salva. Pero o medo estaba presente, calquera noite podían chamar á porta e ter que saír a un “paseo” do que nunca máis se regresaba.
JOA decide agacharse na súa propia casa, no interior de si mesmo. Simplemente, decide agardar en silencio os acontecementos. Volve a dirixir o periódico, porque o que daquela era director, Manuel Durán, foxe para Portugal e, para axudar á muller deste, JOA ponse outra vez á fronte de El Emigrado. Pero as cousas xa non son como eran antes. De feito, agora JOA escribe unicamente sobre técnicas para melloras agrícolas, do coidado do gando e das aves e explotación forestal No 1940 publícase o derradeiro número do periódico.
De todos xeitos, JOA acaba no cárcere. En xaneiro de 1939 é detido coa excusa duns cromos que tiña no escaparate da súa libraría. Nestes cromos aparecían as bandeiras dos países do mundo e a de España era aínda a da República. Pasou no cárcere da Estrada algo máis dun mes. A familia viviu aterrorizada o episodio, contando con que en calquera momento o ían levar para Pontevedra e de aí a un destino aínda peor. Finalmente, tras un xuízo en que el asumiu a súa propia defensa, foi liberado.
E a partir de aquí, JOA dedícase ao seu traballo e á súa familia. No ano 1953 deixa a imprenta e continúa coa libraría, que segue a chamarse “La Artística”. Aínda que non volveu realizar actividades públicas, o seu ideario mantívose inalterado durante toda a vida. Continuou mantendo relación ou correspondencia con algúns dos vellos amigos, como Bouza Brey ou Varela Buxán. Seguiu sempre interesado polas novidades da nosa literatura e así foi completando a súa biblioteca cos títulos que comezou a publicar a editorial Galaxia, nos anos 50. Falou toda a vida de Galicia e da República, cantou moitas veces o Himno nos días da Patria e aínda chegou a tempo de recibir con ledicia a noticia da morte de Franco.
Finou no 1979, de forma que non chegou a ver como a autonomía, pola que el e tantos outros tiñan loitado, non cumpriría nin de lonxe as expectativas que se puxeran nela.
Para rematar, reproduzo un texto seu publicado na revista La Estrada do día 25 de xullo de 1932:
Galego: onde queira que te aches, calquera que sexa o partido político en que te enroles, leva sempre por diante a defensa desta Terra meiga que te viu nacer. Dende calquera bando e dende calquera campo ideolóxico en que te encontres, podes ser un bo galego, podes ser un bo irmán na Santa Causa de Galicia; podes loitar con uñas e dentes polos sagrados dereitos da túa Terra-Nai, sen mingua para os teus ideais políticos, sociais e relixiosos.
Galego: que por onde queira que vaias sexa decote o teu lema:
GALICIA ANTE TODO E SOBOR TODO

php.Element.Def.Pdf_Fallback