... Crebadas todas as pontes
que dan o mundo estantio. Sen ti, sen meu albedrio, no morto ronsel dos ontes valeiro entre os horizontes... (E.B.A.) |
|
As pontes do Lérez
Antonio Rodríguez Fraiz
Verbas lembradoiras
Aí vai un feixe de pontes. Son vida e obra e fe dos canteiros das ribeiras do Lérez, nelas viven o sono eterno dos que viven dos inmorrentes, nas súas obra; enfiladas polas feiticeiras augas do Lérez. O poeta cantou: ...sempre que eu te vexo, en min espertas meus tempos ledos e o relampo sagro da miña edá primeira!... Estas cristaiñas augas do Lérez son o espello no que a miña vida loucamente tenra e terca tense de ollar deica o fin. O trece do Marzal do ano 1937, aquel egrexio, sinxelo garimoso e sabio Arcebispo Compostelán Dr. Tomás Muñiz de Pablos no pazo compostelán apousou sobor das testas de doce mociños as súas mans mensaxeiras do Espírito de Deus. Foi un Iuceiro unha luz lener suave e maina acesa para sempre nos corazóns de aqueles xoves, entre os que me encontraba. Novos vieiros de servizo, traballo, entrega e cultura. Escintileos de estrela sacra encetáronse na alma de Xosé Alvarez Cortizo, Vicenzo Alvarez Cortizo, Xesús Anido Grelar, Xosé Otero Fernández, Manoel Otero Fernández, estes xa o Señor os chamou para si. Augas do río da vida que chegaron o mar. Manoel Carnota Aradas, Eliseo Mato Abelenda, Benigno Rocamonde Carríl, Antonio Rodríguez Fraiz, Xesús Touriño Fonte, Manoel Troitiño Maríño e Anastasio Fernández Alonso, cincuenta anos pasados coma lóstregos. ¡Cantas cousas aconteceron dende aquel intre deica hoxe! Como as augas do Lérez enfiadas polas pontes. Anos e vidas cheas de ilusións de desexos non acadados en boa medida; tamén en boa parte; pero fuxiron sir meus amigos, para sempre e máis non volven. ¡Canté si inda volveran! |
Pontes do LérezXosé Otero Espasandín Pontes do río Lérez,
feitas de ceo e pedra: lévovos no recordo sempre ledas. Firmes pontes, brinco de orela a orela, maternos brazos da ialma da Galecia: comigo andades sempre, as meniñas dos ollos moi abertas cara ó lonxe do tempo e das estrelas. Inverno tras inverno ferven as augas nas vosas estribeiras, e pouco a pouco anéganvos os ollos. Mais a invernía pasa, a seca volve, volve o ru-ru da rula, as anduriñas, o cantar das labercas. Pontes do río Lérez, onde os ventos xostregan, onde morden os lazos do xaneiro e tamborilean as sarabias marceñas: vin polos vosos arcos, pontes vedras, xurdir castelos de xacinto, meigos arcos da vella, o foguete do Martín pescador, a flor das ameixeiras... ¿Que dedos vos teceron? ¿Foron dos anxos ou das meigas? Por enriba de vós, como as augas eterna, pasa e volve a pasar de noite e día a ialma de Galecia, ora feita alalá, ora aturuxo, conto ou lenda, mentras nas augas dondas —río abaixo de vagar ou de presa-- bailan todas a unha as vosas pedras. |
Por enriba de vós pasan as nubes
en recuas ou en greas, enche e devala a lúa as mareas; a madeixa do tempo; á veira vosa, faise escuma e area de puro croio; as campás de Cerdedo, de Quireza, Tenorio, Viascón, de Dorna e Pontevedra, cantan, rin, choran, recordan, rezan, e, ó cabo, morren de vellas: e vós, pontes do Lérez, vestidas de liques, xaramagos, cróqueles, hedras, aí estades, vivos soños entre o ceo e a terra. Que ben se soña, mozo ou vello, sentado á vosa orela en tanto cantan os muíños e alén das nubes quedas do serán, na gaiola dos ceos, unha a unha acéndense as estrelas... ¡Quizais un dia, pontes da miña infancia, volva a escoitar o melro á vosa veira!... |
A Terra Nai
POLO decreto do 30 de Novembro do 1833 ó xunguir o antergo territorio da provincia tudense ós da Terra de Montes, Deza, Trasdeza, Camba, con outros da provincia compostelán e lucense, xurdiu a belida, donda e garrida provincia de Pontevedra de 4.473 os. cadrados, a máis pequena das catro galegas. Nela,o agro, o mar e a montaña,cinguise nunha paisaxe de piñeirais e parreiras, barcos e penedos, carballos e castiñeiros, campo e mar; remos, redes, limoeiros e laranxeiras; piornos e douradas panochas.
Nas outas bisbarras erguese o Faro cos seus 1.187 metros, o curuto máis sobresaínte da provincia, nos lindeiros coa de Lugo, coroado pola branca pombiña a Nosa Señora, que Xoán de Requeixo cantou:
Fun eu, madre, en romaría
ao Faro co meu amigo
e veño del namorada
por canto falou comigo,
que me xurou que morría
por mín, tan ben me quería!
..........................................
Mándovos eu ir ao Faro un día,
filla fremosa, facer oraçon,
onde fale convosco como sollía,
o voso amigo e, se Deus vos perdón,
non vos entendan, per ren que sexa,
que vos eu mando ir ú vos el vexa...
No partido de Lalín áchanse os montes do Carrio e Pena de Francia que deixan polo solpor ó Deza de quen a carreira zarra polo medio dia o monte Foxo do Cabirto e polo solpor, desprendéndose do Testeiro, os montes Coco, Chamor e o Candán de 1.028 metros.
Ai cérvas do monte, vouvos preguntar,
foise o meu amigo e se alá tardar,
que farei belidas?...
Nestes non moi largacíos cumes da Terra de Montes agurgullan os tres ríos máis nitidamente pontevedreses: Lérez, Umia e Verdugo, cordoveas das rias de Pontevedra, Arousa e Vigo. O Gaiteiro de Soutelo, canta:
Umia, Lérez e Verdugo
ríos son de cobizar;
nacen na Terra de Montes
ensoando van para o mar...
Inda que o noso obxecto primario non é tratar do río Lérez, senón dos monumentos milenarios uns, arrequintados e sinxelos outros; pero populares todos, baixo dos que o Lérez unhas vegadas paseniño e outras arrizadamente, camiña deica a derradeira aperta co mar: As Pontes do Lérez. Algo temos que dicir das súas fontes e do seu leito que forma infindas paisaxes; portento de beleza e vexetación.

As fontes do Lérez
Ou monte, ou fonte, ou río!
¡Ou segredo certo, deleitoso!...
(Frai Luis de León)
¡Ou segredo certo, deleitoso!...
(Frai Luis de León)
Na freguesía de Santa Maria a Real de Aciveiro, anterga Terra de Montes, áchase o cume máis outo do Candán, Outeiro da Guerra — 1.028 ms. a súa veira os restos da anterga Capeliña de San Bento, punto xeodésico no que se axuntan os concellos de Forcarei, Silleda e Lalín. Da capela noutros tempos tan visitada non fican hoxe máis que parte dos muros de mamposteiría de lousa, única pedra alí existente. Capela feita e dependente do mosteiro de Bernaldos de Aciveiro— século XII.
A uns cen metros da mesma xorden as fontelas: “Pau Direito” e “Rego Dedra”, berce do Lérez lixeiro, vertente Sur da Serra, arredadas uns cen metros; pequenos regatos ós que, un pouquiño denantes da pontella e lugar da Noveliza axúntanselle as augas do “Rego dos Bidros” e “Rego da Mexadoira”. Dende o abrazo destas catro fontelas, o Lérez cantareiro enceta a se-lo que é, aorta da provincia de Pontevedra. Rumor extrahumán, eco remoto e complexo de amor e vida, portador de espíritos inmorrentes poboadores das orelas, realidade milagrosa, mensaxeiro do San Bento do Candán para o San Benitiño de Lérez, cando se abraza ó mar na Ria de Pontevedra.
Apesares das catro fontes primixenias inda o río é un regato e as pontes son pontiñas. Pouco denantes da Rochela recibe as augas do “Rego das Latas”, “Forno Telleiro” e “Carballo Torto”, dende este lugar, o Lérez enceta a ser río e as pontiñas e pontillóns a ser pontes. Estas augas regan os herbeiros dos pequenos rueiros da Noveliza, Filloi, Rochela... ó mesmo tempo que adondan aquelas calvas da longa e gredosa terra do Candán, dando lugar ós infindos paraxes admirábeis pola vexetación, vizosidade e fermosura.
Ei de ir, cos meus amigos,
a San Bento do Candán,
beberei na Fonte dos Bidros,
cunha cunchiña no vran.
San Bentiño do Candán
que tan alto se foi pore;
dalle o vento, dalle a neve,
dalle o sol polo arredore.

Camiño lericense
O mesmo nome do río é un puro exercicio de lexicoloxía. Un rueiriño da parroquia de Santa Mariña de Castrelo, que se desenrola a beiriña do río, chámase Lerce; a mosteiral freguesía de Lérez en Pontevedra, despide as súas augas no abrazo co mar.
Recibiría o nome destes pobos? Pode ser. Ademais dos dous nomes Lerce e Lérez, chamouse polos xeógrafos gregos e latinos: Loerón, Leros, Lerón, Terón, Léricos, Lerice, Lerz, Leris e Leriz... O desenvolvemento do nome, segundo un ilustre filólogo é: Leros-Ler. Leros Lerz-Lérez. Lirós (Liyz) Lirés. Lerce: Lir’z-Leres-Lerce...
Os ribeireños do río senten o borboriño que xurde dos “salóns” e presas que se estenden polos campos veciños:
Has de cantar á veira do río, ó son de oliñas de campo florido; has de cantar á veira do mar, ó son das oliñas que soben e van;
has de cantar á veira da fonte...
Ai! has de cantar, meniña, solteira, Ai!, has de cantar alá na ribeira...
Tamén os balbordos roucos das augas entrecortadas polos penedos do seu leito que nos fondos canles retórcense para ouvirse moitas légoas máis alá. Remorso extrahumán, eco de todo o que zoou milleiros e milleiros de lustros nas orelas que viron pasalo amor e maila morte, envencellado coas brancas escumas, misteriosa voz dos mitos.
Un dos itinerarios más belidos que se poden admirar na Galiza para ledicia dos amantes da Natureza, sería a rota do Lérez; soamente o propio dos troiteiros; polo intre sen albiscar as infindas belezas dos sesenta quilómetros do río. Miragrentas augas das fontiñas: Pau Direito e Rego Dedra... que xorden das circias tetas do Candán abenzoadas por San Bento e Santa María de Aciveiro para que leven a mensaxe de amor, luz e paz denantes da derradeira aperta co mar dos mareantes pontevedreses e dos poetas que o trobaron: Frai Martiño Sarmiento, Luis de la Riega, Xoán Bautista Andrade, Luis Pintos, Labarta Pose, Amado Carballo, Viñas Calvo, Pai Amoedo Carballo, Cuña Novás, que canta:
Mapoulada mapoula do río que mapoula é...
Quen marmura na lingoa do río Lavandeira é.
Quen pendura o seu sono de un fío Tecedeira é.
Mapoulada, mapoula do río Miña noiva é...

Afluentes do Lérez
No outo do cerne Candán
deitan as fontes do Lérez...
(A.C.)
deitan as fontes do Lérez...
(A.C.)
MOITAS e brincadeiras son as fontiñas que dan os primeiros folgos ó Lérez que nomea a cantiga popular:
Fontiñas do Lérez lixeiro:
Regos Dedra e dos Bidros,
Das Latas, Carballo Torto e Mexadoira,
Brañas da Corredoira;
Fonte Martiña e Forno Telleiro:
Nas pontes do Muiño e Tras da Vela
Xuntádesvos namoradeiras;
Para morrer en Pontevedra...
Fontiñas de augas limpas que xorden da Serra Nai. As primeiras ó Sur e ó Abrente, a uns mil metros da Casa Grande de Noveliza, ergueita e dependente do mosteiro de Aciveiro, casa de pastores, rabaños e greas que vivían libres nos grandes pasteiros destas hirtias e outas serras. Casa que deu principio o rueiro en tempos de media ducia de veciños, todos pastores dependentes do mosteiro deica o 1835; logo libres, tan libres que arestora soamente vive alí unha familia de tres membros.
No lugar da Rochela recibe a auga das derradeiras fontes, forman un regueiro que os veciños danlle o nome dos “Bidros”; por esta especie que masivamente poboa as orelas. As cristaiñas augas corren deica o Norde logo un guichiño mais abaixo o Sul, cortando pola metade as outas e largacías terras da freguesía de santa Maria a Real de Aciveiro, até chegar as veiras do románico mosteiro, aquí regan pasteiros, moven muíños, martelos e outros artefactos que axudaron o desenvolvemento material do grande cenobio aprehendendo ás xentes os traballos artesáns, nos que inda hoxe sobrancean en toda a Terra de Montes.
A maioría da vida económica do mosteiro xirou arredor das largacías serras do Candán, Millarada, Zobra, Refoxos e o Lérez, roturando os montes, construíndo pontes e pontillóns, algúns tan importantes e artísticos coma o de Andón, o do Crego...
AFLUENTES DO LÉREZ NO CONCELLO DE FORCAREI
BANDA DA DEREITA: As diversas fontelas que agurgullan nos outos do Candán axúntanse na Noveliza e a Rochela, formando o canle definitivo do río; pola banda da dereita aflúen ó mesmo o Regato de Taboadelo, que nace en Masgalán de Arriba, axuntase en Porto do Muíño co Lérez. No monte da Picanace o Regato de Narcellas, pasa por San Bartolomé e xúnguese ó Lérez na paraxe de A Grota. En Rabadeiras agurgulla o Regato de Córneas —Dúas Igrexas— abraza o Lérez en Pena de Garza. Río de Chamosa e Regato e Sorribas, o primeiro nace en Salgueiro e na Mámoa o segundo, despois da Ponte da Barreira xúntase co Lérez no Pozo da Luz. Regueiro de Ponteciñas, nace na Mámoa de Castrelo, rega a Liñares, na Murada xúngueselle o regato de este nome, nado nas Eiras dos Mouros, ou as Lagoas, lindeiros dos montes de Castrelo e Tomonde, entra no Lérez nos Pasos de Gaxín. Regueiro do Bosque, nace no Coto Acibeiro - Castrelo pasa por Lerce e na Esbarrela rende as augas no Pozo de Bugallo. Río Pequeno, agroma no Cruceiro de Antas-San Martiño de Figueiroa - Cerdedo-a este axúntanse dous regatos que nacen no Campo dos Cans e no monte de Loureiro, rega Figueiroa e entra no Lérez en Lamas-Cerdedo.
CONCELLO DE CERDEDO: Regueiro de Chope, nace en Vilar, San Martiño, desemboca no Lérez, en Portobó, Cerdedo. Regueiro de Deán, agurgulla en A Granxa, entra no Lérez en Cantarilla-Vichocuntin. Río de Quireza, agurgulla en A Baiuca-Rega dos Ladróns-Montes de Tomonde, un dos afluentes co Castro e o Almofrei mais importantes do Lérez pola auga que aportan e o longo canle dos mesmos; ao Quireza recibe pola dereita dous pequenos afluentes que nacen na Serra de Cabanelas-concello da Estrada-bañando o rueiro de Vilaboa e a freguesía de Sabucedo; outros regueiros o de Tres-Aldeas-Quireza-nace na Conla, e nos outos de Montouto o de Bugarín, en este rueiro xúnguese o principal. Pola banda da esquerda son tributarios o Regueiro, o Fraguas e o Vila-Alén que agurgullan nos montes de Tomonde, o Filgueira axuntase un pouco mais abaixo da Ponte do Cando ou Quireza, este xúnguese ó Lérez a douscentos metros do rueiro do Serrapio; cóntanse sobor de este río do Val de Quireza unhas dez pontes, algunhas coma a Ponte do Cando e a do Serrapio de moita importancia. No Serrapio rematan as terras do concello de Cerdedo, encetándose as do Campo-Lameiro.
Os afluentes do Lérez pola esquerda no concello de Forcarei son: regato de Loureiro e Valiñas Dúas Igrexas, Forcarei, entra no Lérez na Balsada. Regueiro de Espindo ou Atranco, entra no Lérez en este paraxe. Río da Freixeira ou Millarada, agurgulla no Porto Oscuro-Candán- xúnguese a este os regatos de Quintela e o Vilar, entra no Lérez na Ponte Parada, despois de regar os lugares do Berrozo, Eirexa, Porto, Garellas, Malburgo, Covas, Ponte Freixeira e Vilariño.
Regueiro de Vilariño, parroquia de Folgoso, nace nos montes de Covas, rega Vilariño e co Lérez forma o Pozo de Andión. Río do Castro ou Piñóa, por ter un recorrido case que tan longo como o Lérez e tanta auga describirase cos seus afluentes o remate de todos os demais; agurgulla en Portela de Lamas-Pardesoa e no Pozo do Angueiro axuntase con Lérez. Río Cervas, nace en Chousas da Chamadoira, rega este lugar pasa por medio dos rueiros de San Bernabé, Viduido, Limeres e Lourido, en Ponte Cervas axuntase co Lérez. Regueiro de Vilanova e Miñotos, agroma nos montes de Limeres e Pedre, no Pozo Caldeiro-Vichocuntin- chega o Lérez. Río de Cabaleiros ou Corredoira, nace na Anta e Breixa, corre a esquerda das Cortellas de Pedre, en Riadosa xúnguese o Lérez, divide os termos municipais de Cerdedo e Cotobade.
RÍO DO CASTRO: Agurgulla este importante, afluente do Lérez na Portela de Lamas freguesía de Pardesoa-Forcarei-rega esta parroquia e o Sisto, en Zoña axúntase co Río Ventoxo que agroma en Pastizales-Vilariño de Millarada, rega este lugar, Ventoxo,e na Esbarrela chega o principal.
Afluentes do Castro pola banda da esquerda: Río Aludenta, nace no Bioco, montes do Seixo-Presqueiras, recibe os regatos de Santo Domingo e Aludenta, rende as augas en As Grovias, despois de regar os lugares de Devesa de Arriba, Devesa de Abaixo e Alfonsín,de Santa Mariña de Presqueiras-Forcarei. Regato de Carballás-Cerdedo-e San Miguel de Presqueiras, na Ponte do Porto entra no Castro. Río do Seixo, borbolla na freguesía de Caroi, Campo de Santa Mariña pola banda do solpor, pola do nacente nace o Almofrei, na ponte románica da Cavadosa recibe un regato nado no Pastizal de Xestido; baña os rueiros de Viduido, Abelaindo, Meilide e Cabenca, na Poza do Cura-Cerdedo xúnguese ó Castro. Regato da Revolta, nace nas xesteiras de Lourido, baña a Revolta, entra no Castro por a Insua a veira da Capela de San Antonio e ponte románica de este nome, de fondas tradicións, crenzas e ritos no pobo, louvada por Cunqueiro.
AFLUENTES POLA BANDA DA DEREITA: Concello do Campo-Lameiro. Río dos Calvos, agurgulla na Chan do Marco, freguesía de Santiago de Morillas, rega esta parroquia e Parada de San Isidro, en Faróns entra no Lérez. Regueiro de Maneses, nace nos montes de Moimenta e desemboca no Lérez en Lodeiro. Regueiro de Liñeriño, agurgulla nos montes de este lugar, freguesía do Campo-Lameiro, xúnguese o Lérez en Ladróns, Reboredo, As Fragas. Regueiro do Porto do Río, nace nos montes Da Albatunez, rueiro da Laxe, no Cachopo xuntase o Lérez. Regueiro do Salgueiro, nace nos montes de Portagapanda, lugar de Mullerbóa, freguesía de As Fragas, desemboca no Lérez en Abaliña-Fontenla. Río de Gargallóns, agurgulla nos montes do Acibal, xúntase o Lérez no devandito de Gargallóns, As Fragas.
AFLUENTES DO LÉREZ NO CONCELLO DE COTOBADE: Poucos ríos se encontran na esquerda do Lérez que percorran as terras de Cotobade. O monte Castelo é a división hidrográfica dos ríos que van o Lérez e o Almofrei. Esta pequena barreira dividida en outros montiños, que fan de contraforte, acadan os nomes de Courego a 770 m. As Brañas de Furatal, Laxindo, Fonte dos Mouros, Mina dos Mouros, Rega do Foxo, As Costas do Currás, O Outeiro que Bole, O Outeiro do Can, A Cruz de Daniel, O Porto dos Bois, a Veiga da Vella, que forman liñas partitorias de fíos de auga que se escoan sin formar regueiros.
As parroquias de Cotobade que dan regatos o Lérez, son: Santa Maria de Sacos, San Xurxo de Sacos, Viascón e Tenorio. Santa Maria de Sacos ten como a mellor corrente da auga o Río Pequeno, ou regueiro de Doma, nace o pé do Courego, entra no Lérez no mesmo Doma. Regueiro de Faróns, San Xurxo de Sacos, regato de moita pendente; entra no Lérez no devandito Faróns. Río Cabanelas ou Rexidoiro, como lle chama o Pai Sarmiento, agroma nos termos de Viascón-Fonte Moscosa e Chan dos Bois; no paraxe Chan do Río chega o Lérez. Río Tenorio, da nome a parroquia mais importante do concello de Cotobade, rega esta parroquia, pasa o pé da anterga Casa dos Couto irmáns tan soados no século XIX, Manoel Anxel e Bento Núñez de Couto polo seu patriotismo e loita polas liberdades de Galiza. Agurgulla este río nos Palleiros rebe logo as augas da Veiga Vella, pasa o pé do Outeiro do Erbedo, mole de unha soia peza granítica, con lendas de donas de cabelos e loiros e peites de ouro... Xúntanse estes dous regatos na Caneda, corre por Traslasmós, Guiela e na Secreta de Debaixo entra no Lérez, a pouco treito onde afogaron a nove soldados franceses dos que se renderon no mosteiro de Tenorio o 20 de febreiro do 1809, ós paisanos da Terra de Montes, Cotobade e outros aliados na chamada Guerra da Independencia.
ANTERGO CONCELLO DE XEVE: Volvendo a banda da dereita, no antergo concello de Xeve —hoxe de Pontevedra— contamos o Río Fontanes, que nace no Acibal, montes de Santa María e Berducido, no seu curso óllanse algunhas pontes moi antergas, fronte a Monte Porreiro xúnguese o Lérez. Derradeiramente por esta ribeira aflúe o Lérez o río Veán, Alba ou Campañó que agurgulla nos montes da Portela — Barro— no curso derradeiro forma as marismas de Lérez e Campañó, entra no Lérez pola Ponte do Magueiro, dividindo as freguesías de Campañó e Santa Maria de Pontevedra, O Burgo.
Pola banda da esquerda nas Pontes de Bora, o Río Almofrei entra no Lérez, agroma, como se dixo, o pé da ermida da Santa Mariña de Caroi no monte do Seixo, rega as parroquias de Corredoira, Loureiro, Carballedo, Rebordelo, Borela e Almofrei, nos primeiros tramos do recorrido divide os concellos da Lama e Cotobade e logo este co de Pontevedra e Ponte-Caldelas, sobranceamos a ponte de San Antonio de Borela, románica, ponte de boutizos, conxunto moi artístico e belido de fonda raizame nas tradicións do pobo.
Derradeiramente o Lérez recibe nas Corbaceiras o Río Tomeza que agurgulla nos montes de Xustáns e Canicouba, baña as freguesías de Marcón, Tomeza, Bértola, denantes Mourente, hoxe San Xosé e Salcedo.
Ducias de ríos cantareiros de limpas augas que deron e dan vida o pai Lérez. Así cantou Avelino Cachafeiro:
Regatiños da doce Galicia,
gaitiñas levades pro marí
de pedra en pedra un gaiteiro
espallando o voso alborear.
Os páxaros nos amieiros
rompen con vos a cantar,
as troitas pillan saltiños
e brincan pra namorar...

Pontiña vella da Noveliza
O home que inventou tantas e tan belidas cousas, poucas tan fermosas e útiles coma as pontes.
Galiza, terra dos dez mil ríos e infindos regatos, é ricaz en pontes de recoñecida antigüidade, historia e arte en boa parte. O pai Miño e o Sil; O Xallas e o Tambre; o Eume e o Xuvia; o Landro e o Eo; o Sar e o Sarela; o Deza e o Trasdeza; o Unlla e o Umia; o Arnoia e o Limia; o Avia e o Verduxo; o Miñor e o Lérez... e tantos máis, corren as súas cristaiñas augas baixo os graciosos arcos que lembran xeiras de romanización, moitas veces reconstruídos, ollándose nas mesmas pedras forneiras da súa fundación as sinais dos canteiros. Ao arredor destas pontes houbo sempre crenzas máxicas e ritos específicos que chegaron deica os nosos días.
A máis outa maxistratura romana foi a do Pontifex, é dicir, do feitor de pontes, título que inda conserva o Bispo de Roma, ao que chamamos: Sumo Pontífice.
Os romanos cunha colonización mais requintada construíron camiños e tenderon pontes que lles permitisen levar para a Metrópole os metais —estaño sobor de todo— grans... de maneira máis cómoda e racional.
Froito de este dominio son os viais romanos existentes no noso país: “Bracara” (Braga), “Lucus” (Lugo), “Brigantium” (Betanzos), e “Astúrica” (Astorga), cumios xunguidos entre si por vellas e principais calzadas e camiños de segundo orde; algúns destes e pontes podémolos ollar no curso do Lérez.
Se descontamos algunhas construcións, levadas a remate polos frades ao arredor dos mosteiros deica a Idade Media apenas se soergueu ningunha ponte, ao máis conserváronse as romanos e o progreso das comunidades vai xunguida o feito dunha ponte que sirve de paso para as xentes e as facendas.
Moitas pontes do meirande valor histórico-arqueolóxico e artístico seguen hoxe leixadas pola maleza, corren o perigo dun esvaemento a non tardar moito.
Hai distintos tipos de construcións para atravesar os ríos, segundo sexan estes e os camiños: sendeiros, carreiros, congostras, calzadas, corredoiras: pontiñas, pontellas, pontillóns, pontes..., no curso do Lérez temos exemplares de todos estes tipos. As pontes son froito do traballo comunitario, como os antergos camiños.
O arco supón uns coñecementos e obra máis requintada, emporiso é moi pouco usado na arquitectura popular galega, o mesmo nas pontes. Na carreira do outo Lérez tratase de construcións sinxelas que poden ser dende unha simple lousa alongada, tendida sobor das dúas orelas, deica as fábricas de un, dous, ou máis ollos non moi outos con cubertas capealzadas.

Ponte do Naval Novo
PONTES e pontiñas da Galiza infinda. Dúas partes de terra irmán que nacen illadas polas augas das fontiñas do Lérez que aquí se xuntan, foron xunguidas por un pequeno pontillón. Obra de aqueles frades bernaldos de Aciveiro, xenerosos pontífices, de hábitos brancos, como as nevadas cumes do Candán.
Todo branco se viste.
Todo dorme, frío, triste,
Sin latexo...
Onde agurgullan as limpas augas que son irmáns dende os tempos fundacionais do lugar da Noveliza, debaixo dunhas laxas que parecían arrincadas dun dolmen; no que os frades poboadores desta hirtia serra, asentaron algúns irmáns (fratres laicos barbatos) para que vivisen coidando rabaños de gando miúdo. Inda hoxe pódese ollar a casa do convento, de forma ovoidal, planta baixa
con dous alpendres, paredes e teitumes de laxas de lousa.
A dous mil metros deste rueiro, monte arriba pola Rega dos Bidros onde a mil cinco centos metros nace a fontiña principal que, coa do Rego Dedra, dan vida inmorrente o Lérez. No outo do Candán, ó Castelo, achábase a románica capeliña do San Bento, hoxe soamente podemos ollar dolorosos restos dos muros que cada día enrúganse máis e máis para cinguirse novamente coa Terra Nai; pretiño da Capeliña o “Outeiro da Guerra” que debe o nome as témeras loitas que todos os anos tiñan entre sí os mozos de Trasdeza e Terra de Montes que en bandadas asistían as festas do San Bento, sobor de todo as do 11 de xullo de cada ano, ás que, debido a tales liortas, preceptivamente tiñan que asistir os xuíces meiriños, en compaña de saións para poñer respecto.
En catro niños de toxo e ouces,
nace o Lérez;
catro fonteliñas de limpas augas.
Cantade ruliñas.
Trae nos ollos e beizos
tristeiras cancións de rozadas.
Albas de neve e asubíos de vento.
Pola pequena bufarda
da primeira pontella
as auguiñas virxes, cantando
á Noveliza...
No ano 1983, fixeron un novo camiño de terra e seoxo, tamén unha ponte de cemento de catro ollos redondos; no verán unhas bágoas o pequeno leva. Arestora na Noveliza viven unha naiciña co fillo, o home na emigración, gañando de canteiro para mal vivir no rueiro, a veira das fontes do Lérez: Rego dos Bidros, Rego Dedra e a Mexadoira.

Ponte da Barreiriña
ANDANDO faise camiño, este xurdiu cando os frades ían para o San Bento facela festa; para a Noveliza a ollar e acurrala facenda: gando miúdo, cabalar e vacún; ollar as estivadas, os centeos, asistir as mallas, coller as rendas,...
A corredoira que leva o mosteiro bordea o río dende a Noveliza: terras de centeo, pasteiros e prados, cubertos de folerpas, revoando no inverno, verdecentes na primavera, douradas no outono.
Hai que pasalo río. Aquí as augas do Lérez xa son quedas, cristaiñas, namoradeiras; por necesidade xurdiu a longa e estreita pontella a: “Ponte da Barreiriña”, á medida para os poucos viandantes e o pequeno e cantareiro carro do país.
Dende a Barreiriña o Mosteiro,
hai un camiño de pedra,
unha ponte sobor do Lérez,
flores da miña Terra.
Ten de largo esta florida pontíña uns cinco metros e de ancho metro e medio.
Na Ponte da Barreiriña,
botei unha rosa no río;
canto máis a rosa corre
máis amores eu sinto.
O Gaiteiro de Soutelo: “...grande e puro artista, por Castelao abrazado en data solemne para o espírito, por toda Galiza, como o máis rexo e harmonioso carballo do bosque antigo”... Fidel namorado do arte e da Natureza, nas infindas andainas polos cumes do Candán e as ribeiras do Lérez, sentiu cantar:
...os grilos a unha
cas rulas o seu arrular,
os melros tocan a frauta,
soio lles falta falar..

Ponte do Atranco Grande
O mosteiro inda se acha lonxe, o empedrado camiño percorre pola beiriña do río.
Noveliza fica preto. Como as pontellas, pontiñas e pontillóns eran obras das comunidades e un dos desexos meirandes do home é xunguir ribeiras, atravesar correntes de auga sen perigo; emporiso nestas primeiras andainas do Lérez achamos belidas pontiñas, as veces non son máis que pedras, ben asentadas iso si, enxergadas na obra, tal como saíron das canteiras abondosas no arredor, que as correntes foron cortando o traveso dos milenios.
A Ponte do Atranco Grande xurdiu polo século XIV, cando a respectábel poboazon das ribeiras do río chegou o meirande crecemento e tivo que acadar o pan de cada día estibando o hirtio monte, sementando centeo do outono e logo atrancando o eido común para que o gando que en liberdade pastaba naqueles montesíos paraxes non o derramase.
Neste verdecente paraxe, rodeado de anosos ameneiros e bidueiros, ó fin o río agroma na Rega dos Bidros, aquí xa deixa de ser un regatiño suposto que se lle xungue a auga do Rego das Latas ou Dúas Fontes, o primeiro caudal importante que recibe das terras outas acibeirenses.
Esta belida, enxebre e ben coidada obra ten de longo uns tres metros e de ancho metro e medio, cuberto por unha laxe de cerca de tres metros de longo.
Nestes outos paraxes óllanse antergos casais habitados por xentes noutros tempos adicadas ás rozas e pastoreo. Hoxe a emigración, é o fin de toda a xente moza.
A cantiga feiticeira e fachendosa, lémbranos ás xentes antergas:
Dende Noveliza ó Atranco,
hai un camiño de pedra;
unha ponte sobor do río,
flores da miña terra.
Arestora xa non hai quen cante así.

Ponte dos Portos
O adobío dun río son as pontes que as enfía como nidios rosarios de brancas perolas para perfección da paisaxe e servizo dos camiñantes.
¿Será esta dos Portos ponte, pontillón ou pontiña? O río,xa nestes eidos e carreira merece unha ponte; pero o leito é espatarrado, areoso e empedrado, emporiso soamente se necesitaba unha pontella ou quizais un pontillón para o paso dos peóns que do rueiro da Rochela camiñen para o Candán, Grobas, ou Millarada.
Os carros e gandos poden vadear o río a meirande parte do ano. O pontillón ten de ancho dous metros por tres de longo, cobren o van dúas laxas moi rústicas. A paisaxe fondamente verdecente, cuberta de bidueiros, ameneiros e carballos nos que aniñan os molros cantareiros que son o lecer do camiñante; así dínolo a cantiga:
Un melro na Rochela,
díxome co seu asubío;
rube, rube meu amigo,
que baixar baixa calquera.
Os picariños, decotío sentados na pontiña, teiman pascalas moitas e celmosas troitas que nestas cristaiñas augas culebrean; o mesmo o petrucio que vai ametela auga, ollalos eidos, gardalo gando, ou soamente escoitar os infindos gaiteiros e pregarlle, como un dia o fixo o gran Don Ramón, o das Sonatas:
Paxariño louro,
gaiteiriño lindo,
cántame no peito
que o teño ferido.
Cántame no peito,
gaiteiriño lindo,
que con Xesús falas
no teu asubío...
Orballiño fresco
nas pallas do dia,
orballiño, gracia
da Virxe Maria.
¡Canto tiveron que sorrir o Neno no colo e Nosa Señora Santa Maria de Acibeiro o escoitar tan belida, cósmica e sinxela pregaria.!

Ponte do Carballo
ROCHEDOS pardos na montesía paisaxe que rodea o río, as ras brincadeiras raufiñan na ribeira, picariños ledizosos teiman dende o pontillón acadar algunha troita en boa lide co Martin Peixeiro que escaramonado revoa polo leito do río.
Pontella semellante a dos Portos, de grandes laxas e un só van de metro e medio para o decorrer do río de máis de seis metros de ancho, na invernía e no desneve como non cabe por el a auga abriuse camiño polas dúas bandas. Dende a Rochela unha empedrada corredoira lévanos o pontillón soamente feito para servizo das veigas de millo, verdecentes pasteiros e montes estibados. Á súa veira as loiras mozas da Rochela lavan, cantan, parolan de amores e espantan os males, soidades e dores dos afastamentos do home, do fillo ou do noivo que se achan na emigración.
Un varudo carballo, moitos anos as súas follosas pólas foron agarimo de melros piadores, malvises pintados, xílgaros do Candán de penlas policromadas, reiseñores fachendosos... arestora de petos e bubelas, deulle nome a pontella. Cando paso a súa veira lémbrome do soneto do Poeta da Raza:
Cando soio, ó serán, vou paseniño
cara ó fogar, de volta do traballo,
sempre detén meus ollos un carballo
ergueito nun mallón, sobre o camiño
Lanzal o tronco, as polas alongadas
o follaxe en dosel, forte, senlleiro,
ten a medosa traza d-un guerreiro
vixiante de castros e valgadas...
Ó chegar ó pé d-el na atardecida,
da lexendaria edade saudoso,
quixérao ver cadeira frorecida
d-un rei celta, barbudo, fazañoso,
ou soleada, verdecents ermida
d-un santiño aldeán e miragroso.

Ponte do Muíño de Arriba
PRETIÑO da Rochela, un dos rueiros máis importantes e antergos da mosteiral freguesía de Aciveiro. Unha das vivendas aínda hoxe amosa na porta da fachada a data da construción e a súa orixe monástica, no capealzo de lousa unha cruz “immisa grega”, nas mochetas a esquerda: cruz latina con baseamento triangular, as letras do ano e as do Ave Maria e Xesús, na da esquerda o ano:
Neste rueiro bícanse en eternos amores as cristaiñas augas das outras dúas fontes primixenias do Lérez: “Rego do Carballo Torto” e “Rego das Latas”, fontelas que o Candan alumea a uns 1.500 metros da fonte nai do noso río, que no intre enceta a súa eterna andaina sempre igual e sempre desemellante, imaxe do fluente ir e vir arrincando pedras nun lado para poñelas noutro, despois de redondealas e luilas. As pontes son a gracia dos ríos, os muíños a forza.
Aquí o Lérez amosa as forzas no primeiro muíño da súa carreira, logo moitos, moitos máis, algúns deles chegaron a ser de moita sona. Xa nos tempos do Abade Xoán,s. XIII, pagaban foros o mosteiro e moían o centeo e o trigo dos montes da Graña, Grobas, Filloi, Levoso, Pardellas, Reigosa, Rozados, Taboadelo, O Forno, Vilaverde..., que facían a mellor fariña e o mellor pan da comarca.
O muiño traina, traina.
Deita fariña de roda;
A filla da muiñeira,
Ten un falar que namora.
A Pontiña do Muíño de Arriba, sigue sendo como as demais pequena e de laxas; pois como o muíño necesita moita auga, no verán polo pontillón case que non pasa ningunha. Soamente da servizo para o muíño do patrucio Xosé Vilaverde López, para o gando e pasteiros que destes viven.

Ponte de Tras da Vela ou Muíño de Abaixo
Os homes somos e temos espírito de camiñantes, conciencia de que fan falla novas dimensións. Compre facer pontes para as novas xeiras, pro mundo novo; como o fixeron as xentes de Aciveiro, camiñantes polos vieiros do mundo levando denantes e arestora como único fardel o xeito que decote foi a virtude dos artesáns galegos, chámense estes: canteiros, carpinteiros, ferreiros, xastres, costureiras, tecedeiras, zapateiros, zoqueiros, muiñeiros, paraugueiros, cesteiros, carboeiros, cerralleiros, cereiros, albeitares, capadores ou avogado das silveiras... E que estes homes de Aciveiro ían das ribeiras da nosa galeguidade, das fontes sacras da fe e do amor que só se conquisten nas outuras, no noso caso nas limpas augas xermolas do Lérez, e nas ribeiras sacras de todos os nosos ríos.
Con estes homes da eterna andaina foi con eles toda a forza do noso pobo, viva e eterna:
Coa forza do noso pobo
hoxe proclamo o meu credo;
quero ser home novo
porque renazo galego...
Asi cantaron os irimegos noutra mañanciña nas fontes do pai Miño.
As augas do Lérez comenzaron a ter forza e os canteiros de Aciveiro souberon apreixala en canles de pedra. Un guichiño máis abaixo xurdiu o muíño de Tras da Vela á beira do grande outeiro de gneis que parez unha vela de balandro, rizada polo vento. Muíño de herdeiros:
Por eiqui vai un camiño
por eiqui vai un carreiro;
por eiqui vai un camiño
para o muíño do Forno Telleiro.
Onde xurda un muíño encétase un carreiro, un camiño e unha ponte; así a Ponte de tras da Vela ou do Muíño de Abaixo. Ponte de dous vans con taxamar, o primeiro cuberto por dúas lousas de dous metros de longo por un vinte e cinco de ancho, o segundo van cúbrese dunha soia laxa de metro e medio. Pontiña e camiño pouco coidados.
O río faise cantareiro a porfía cos malvises e reiseñores inda que a enfesta no lugar non é moita.
Pouco máis abaixo dous muíños tamén de herdeiros e detrás destes o de Farruco Villaverde García do rueiro de Vilaverde, con cubo de pedra de uns seis metros.
Lugar de espesa frondosidade de vellos carballos, salgueiros, abeneiros, vidros... case que en estado natural debido os atrancos para chegar o sitio.
Non hai pau coma o carballo,
dá ó ano catro frutas:
bugalliños e bugallos,
landras e mazarocas.

Ponte vella do Rabelo
Os rueiros do Forno e o de Vilaverde co de Andón, uns dos máis importantes e ricos de freguesía aciveirense, dende os tempos primixenios do mosteiro, estiveron xunguidos pola Ponte Vella do Rabelo que tan sinxela e nuamente soubo apreixar o artista Agostiño Portela.
Tratábase dunha ponte de laxas de dous vans con parte-augas a xeito de quilla, cada van duns tres metros de longo por dous de ancho cuberto de laxas moi pesadas, como todos os devanditos, de construción capealzada, a adoitada en todos para a que se achaban máis capacitados os picapedreiros e mamposteiros de Aciveiro.
Á veira das pontes xurdiron os muíños, neste lugar áchase dende principios do século XIX o de Benerando Villaverde, do lugar de este nome. As mozas e mozos dun e doutro rueiro cantan nas noites de luar:
Antre o Forno e Vilaverde,
hai a Ponte do Rabelo;
canto mailo río corre
máis amores eu vou tendo.
O río que lembra a cantiga, móvese manseniñamente, encetando os belidos salóns, a característica de todo o Lérez; para soamente peneirar ós nenúfares brancos e amarelos, que aduvían o seu leito:
...que xurde detras dos piñeiráis,
sauda o río,
que, con beixos de amor,
xermola a ribeira...

Ponte Nova do Rabelo
O carro cantareiro do país centos de anos pasou a Ponte do Rabelo, do Forno a Vilaverde, de Vilaverde o Forno, do Cotiño a Rochela... pontiña feita con amor e materiais do lugar, arrincados nas canteiras da Rochela, de Filloi, San Bento, Noveliza... polos canteiros e labregos traballando en comunidade; pero aqueles carros de rodas de pau de carballo tirados por bois amarelos, deixaron paso ós novos carros de outas rodas de goma, tremelantes, esixindo camiños máis folgados; emporiso no 1983 o vello pontillón foi arredado e feito a Nova Ponte do Rabelo de cemento, perdendo a beleza da pedra e adoitada arquitectura do pobo constituído en comunidade para enxergar obras pro ben de todos.
O cemento é máis feo que calquera outros elementos que a nosa Terra amorosamente dá; pero máis práctico, rápido e máis á medida das necesidades
do tempo, inda que todo nel sexa rugoso desaborido e tristeiro, sen a cadencia e o ritmo que a pedra presta a paisaxe.
¿Será o cemento como unha materialización dos nosos tempos que, a máis de acharse nas paredes das casas, nos mesmos grises e tristeiros templos, nos costumes, nas maneiras de ser e de existir, aniñe tamén nas nosas propias almas? Parez que arestora nin os ricos nin a administración saben crear e arrequecer arte e beleza.
Como o Lérez enceta a ser caudaloso, sobor de todo no inverno a nova ponte é forte, armada sobor de piares de formigón e trabes comenentes dunha anchura de catro metros por nove de longo podendo ser utilizada por toda clás de carros.
Meu carriño novo
¿Quen che puxo vello?
O sol do vran
e a chuvia do inverno.

Ponte Vella da Fraga ou do Forno
COAS xermolantes augas do Lérez, agurgulladas o pé do San Bento e no Rego do Carballo Torto camiñamos algúns milleiros de metros, pasamos nove pontiñas, amorosos anhelos cos que as xentes da Noveliza, Filloi, Rochela, Forno Telleiro, Vilaverde, O Cotiño... adobiaron o aínda inxel e xerminal río Lérez.
Ponte da Fraga a máis anterga de todas, enceta como unha nova xeira e unha máis monumental forma, arte e beleza nas pontes lericenses. O Lérez despois desta ponte entra nunha paisaxe e terra diferente. Saudosos outeiros e ensarilladas corredoiras, regará verdecentes campos e segueiros; aquelas augas agromadas na serra doce e ronca, ampla e recolleita; impoñente e serea, serán despois da Ponte Vella da Fraga, docemente garimosas, quedas e espellantes nos infindos salóns deica o abrazo coa Boa Vila, co máis alá que é: “la mar que es el morir”, como matinou o poeta castelán.
Ponte monástica, unha das primeiras obras feitas polos frades; quizais denantes do mesmo mosteiro, con este dende a Rochela o empedrado camiño imprescindíbeis para o carreto da pedra e demais materiais para a fábrica do convento, a ponte debeu xurdir polo ano 1135, data da chegada dos primeiros frades fundadores do cenobio. Ó pé da ponte xurdiron logo os rueiros do Forno, Vilaverde e o Cotiño.
Cruza o río polo antergo bosque mosteiral de carballos, castiñeiros, nogueiras, abelaneiras, abeneiros, bidueiros, unces... imprescindíbeis para a inmorrente obra que se encetaba en nome de Santa Maria a Real de Aciveiro. Dende aquela data os dourados ábsidas óllanse no cambiante espello do nó e a campá grande,coa pequena como contrapunto,non deixaron de aledar os días de festa nin de chorar cando os tristeiros vaivéns da vida así o demandaron.
Ninguén pode amosar millor nin
máis poeticamente a realidade desta ponte, que o poeta Noriega Varela:
Naciches bélida e pequena,
axeitada para un río,
tamén pequeno e ruadeiro;
bicandose decote
a soma do Mosteiro;
matinando na vida
correndo para o mar...
Esta ponte tiña tres vans e dous parte-augas románicos, de metro e medio de outo; cubríase por laxas de dous metros de longo por metro e medio de ancho, a dereita o rueiro do Forno e a esquerda o do Cotiño, pretiño un cruceiro e moitos piornos con capeliñas como coroas, outra vez lembramos o Poeta da Montaña:
Aquela ponte, aquel Cristo,
aquel manso piñeiral,
en vela xunto o Mosteiro
que se esborralóu, están...
No corgo do río a carón da ponte as donas puñan a ensialo o liño; un pouquiño máis arriba atópanse aínda as ben trabadas paredes do muiño, do batán e martinete do Mosteiro.
O Abade Frai Martín Alonso no 1665 fixo un foro a Francisco Balsa e Urcibai, polo que costa: “En 8 de abril de 1665 se hizo foro a Francisco de Balsa y Urcibai del lugar do Estanco por vida de tres reyes, lra. Felipe IV. Demarcada la hacienda en el foro: En el que tiene obligación de hacer una fragua de herrería y cerrajería, y una casa para vivir, dentro de un ano, y puede hacer un martinete y sacar para el presa de agua del río de la Rochela y otra del arroyo de Curris Millán y cuando no fuese necesario para el molino de casa otra del de Villaverde, y si junto al martinete hiciese molino de moler todo el grano necesario para el monasterio y en tal caso puede llevar enteramente el agua de los tres ríos; y si no lo hiciere ha de dexar el agua bastante para el molino de esta casa. Y por ello ha de herrar todo a su costa todas las cabalgaduras que tiene o tuviese dicho monasterio, y aderezar las cerraduras de puertas y ventanas, y hacer los clavos necesarios para los reparos de esta casa, y si ella quisiera hacer alguna obra mayor en tal caso se le pague el metal pero no otra cosa, todo por su vida. Y si tuviese hijo que sepa su oficio ha de pagar lo mismo y si no lo tuviese sus herederos han de pagar cada año cinco ducados por navidad de cada año, luctuosa, décima y perfectos. Puede cortar la madera nacesaria para la fragua y martinete y reparos dello de las fragas del monasterio sin incilrrir en pena alguna”. Así o fai costar o Tumbo Grande de Aciveiro. Tamén di: “No valió este foro porque se fue huido la persona a quien se le hizo y le estuvo bien al monasterio”.
A nova ponte de cemento feita no ano 1983, como a Ponte Nova do Rabelo, é ampla e solidamente enxergada e práctica; pero no é como a vedraia...

Ponte Nova das Codeseiras
DENDE facía moitos anos a estrada de Ventas de Narón e Folgoso era a cantareliña que todos os políticos nos tempos das ditaduras como nos poucos anos de gobernos máis ou rnenos libres, todos eles prometían a carreteira que tanto servizo tiña que facer as Terras de Montes, Trasdeza e Deza, camiño axeitado que as xunguise coas bisbarras de Monterroso e Lugo a onde ían todos os anos boa parte dos “buxas” de Aciveiro, Pereira, Quintillán, Forcarei... cada un coa sua cuadrilla de rapaces a traballar como mamposteiros as freguesías campesiñas da largacía provincia de Lugo, de estrela a estrela, a mantido: caldiño de nabos, pan de centeo e touciño cortado sobor do pan; de soldada nin sequera unha peseta polas 12 horas de traballo. É que os rapaces da Terra de Montes ían a aprender o oficio por aquelo de que ninguén podía ser bo mamposteiro se non ía a Lugo polo menos dous ou tres anos.
Os políticos da Segunda República foron máis responsábeis que os de denantes; a estrada de Ventas de Narón a Folgoso foi realidade e a belida Ponte das Codeseiras no 1933 foi arte e servizo, no medio dunha verdecente paisaxe circundada por abeneiros, bidueiros e salgueiros que afogan as polas e as raiceiras na auga sombriza, chea de tranquilidade e miserio.
Ponte de pedra concertada e ben traballada como corresponde a freguesía aciveirense na que viven arestora os mellores canteiros do concello de Forcarei, ou quizais da Terra de Montes. Ponte lanzal, de medio punto de uns sete metros de longo por seis de ancho e outros tantos de outo dende o nivel das augas. Oito denticulos a cada lado adobían esta importante fábrica, obra aposta para este eido tan fermoso do Lérez. Quen puidera debruzarse horas e horas sobor das varandas da ponte, ollando o vagaroso correr das augas, as carreiras en ese zig-zag dos “aranguxos”, coa sua teoría de círculos en cada perniña e o doce colear das troitas sobor do areoso leito.
O Lérez amosa aquí un dos seus mais belidos “salóns” de uns cincuenta metros de longo. Todo un poema de auga, sol e soma, adobiado por unha ponte:
A aldea do Cotiño,
de lonxe parece vila;
ten un mosteiro na entrada,
e unha Ponte na saída.

Pontillón do Porto das Buratas
NON moi arredado da Ponte Nova, río abaixo, en leito areeiro e levián pendente; para servizo de pasteiros e muíños da banda dereita do río, os veciños enxergaron dende fai moitos anos este garrido pontillón de seis metros de longo, seis pasos e tres estéos precisados porque o río ten o leito moi ancho, inda que pouco fondo. Pontillón cuberto de laxas, arestora soamente da servizo para o prado e muíño de Herminio Doval Villaverde do Cotiño.
A ese muíño do Cotiño,
eu a él non hei de ir;
que me queren mal de morte
porque apaguei o candil.
Pontillón arestora enxergado por Francisco Doval Vieites, un dos mellores mestres de cantería de Aciveiro, con obras en Lugo, Guipúzcoa, Madrid e outras cidades do Estado Español. Sobrancéa no rueiro a propia casa do mestre toda do cantería concertada e como obra utilitario-ornamental o hórreo propio, auténtica obra de arte, e, sobor de todo, os pináculos semellan capeliñas góticas, totalmente caladas rematando en cruz latina.
Morreu este gran artista da pedra o
4 de Abril do 1965, cando acadaba os setenta e cinco anos.

Ponte do Porto do Muiño ou das Brañas
PONTINA soamente para un muíño e o herbeiro que o cingue.
O muíño é merecente dunha ponte; pois é a forza aparellada do río, elemento indispensábel, dentro da arquitectura popular galega; é que o gran de centeo, trigo, millo miúdo e o máis na economía campesiña galega foi da meirande importancia. O muíño mais común no Lérez é o de moer o gran do que sae a fariña para facer o panciño noso de cada dia; tamén houbo muíños para moer a casca de carballo para o curtido das peles nos “pelamios”, arestora non fica ningún nin tampouco batáns.
Este muíño do Porto ou Porto do Muíño, muíño de herdeiros, foi dos mellores, emporiso a comunidade do Cotiño e Andón dirixidos polo mestre de cantería Xosé Maria Cumbraos do rueiro de Andón enxergaron unha ponte de tres vans de metro e medio de outo por seis de longo e metro e medio de ancho, soamente para servizo de persoas e facendas. No muíño dúas sinales amosan a firma dos canteiros: na mocheta dereita H, na da esquerda.
O Lérez, despois de recibir a auga de dous regueiros: río de Taboadelo e de Mas Galán de Arriba, enceta pequena pendente cortada por un canle moi importante para regar herbeiros e pasteiros. O corgo enxerga, sobor de todo no inverno, unha cantareira e branca freixa cuberta por freguiza vexetación que convida ó lecer, escoitando o malvís e ollando ás brincadeiras troitas río arriba.
Eu son a Fada das augas
que nos remansos se espella,
brilo no Arco da Vella
e á fonte fago cantar.
Eu boto a andar barulleiro
o rodicio do moiño...

Ponte Vella de Andón
Ponte de infíndos camiños
de Acibeiro, Santiago e Fisterra...
de Acibeiro, Santiago e Fisterra...
TENDO o Lérez por espello, o belido rueiro de Andón áchase nun altiño; antergo camiño enlousado, fachendosas casas dos vinte veciños cos hórreos máis feituqueiros da Terra de Montes; hortas muradas, verdecentes prados a unha banda e a outra da corredoira deica acadar a vella ponte que leva o nome do pobo.
O Lérez camiña silandeiro, harmoniosamente sereno, as ribeiras son todo vexetación e vida. Nos tempos que Roma era dona da Galiza soamente existía embeleñada e salvaxe vexetación, non embargantes ollaron a necesidade dunha ponte: “Ponte dos infindos camiños...” Ponte axeitada para a maxestade do río e do lugar. Ponte usada polos camiñantes das ribeiras do Sil, do Miño, do Avia... co mundo da xacobea pelerinaxe: abades miterados de Santiago, Monfero, Sobrado, Oseira, frades pregadores, esmoleiros, ricos feirantes e logo as tropas do Corso en percura da paisanaxe e do mosteiro que roubaron e queimaron...
En Soutelo o 25 do Outono do 1698, o Valedor da Terra de Montes, escribán Don Melchor de Beiro e Balbóa dí: “Que ha ganado provisión real para que se compusiesen las puentes, puertos y camiños desta Jurisdicción de calidad que. por ellos se pueda caminar ansi de noche como de dia a pié y a caballo, ganados mayores y menores sin riesgos de perder la vida” ... Debido a este real degredo encetóuse na Terra de Montes o arranxo de todalas pontes antergas e costrucción de outras. A Ponte de Andón debéuselle de enlóusar o leito, enxergar o cruceiro e baranda xuntamente coa calzada dende o mosteiro a Meavía, Tabeicamiño de pelerinaxe, chamadoiros nos protocolos do tempo: Camiño francés”.
A vella ponte, debido ó traballo, carretos da pedra e demais materiais para a obra que se encetaba no 1135, debeu derramarse de tal maneira que non se podía atravesar sin perigo. Como no século XV encetáronse todas as obras do actual mosteiro, esta ponte como a do Forno e outras eran imprescindíbeis para os traballos e demais servizos, sobor de todo para os veciños de Andón, Forno, Vilaverde, O Cotiño... tan dependentes do mosteiro que no intre chegou a ter a meirande comunidade de frades, escola de Teoloxía Moral, Noviciado, etc. e sobor de todo o mellor abade de todos os tempos: San Gonzalo das Penas, nado nos primeiros do século XV, incansábel en todo os eidos da vida, home homildoso, caritativo, traballador e Santo, eso foi tamén a Comunidade que gobernou uns corenta e seis anos. A súa festa celébrase o 6 de xuño de cada ano.
A Ponte de Andón con outras obras da meirande importancia no mosteiro e fora do mesmo son laboura deste Santo Abade.
Ponte de Andón,
Vella ponte dos frades;
Ponte de infindos camiños
de Aciveiro, Santiago e Fisterra.
O poeta asi o cantou, tamén o pobo que garda no peito as cousas que coida seren merecentes diso. Aqui unha das paspalleiras cantigas deica a ponte:
Eu paséi a Ponte de Andón,
cun capitan de Narcellas;
e fun desembarcar
o rueiro de Pardellas.
Esta obra meianamente conservada, áchase a uns cen metros de Andón, de un só arco, apuntado como corresponde ó tempo no que foi enxergado, de oito metros de luz e cinco de outo dende o leito do río, o ancho da calzada e ponte dous metros e medio por un longo de trinta; a obra de perpiaño nos baseamentos dovelas e varandas o demais de pedra de lousa con anacos da cantería.
Na carreira do Lérez contanse polo menos cinco pontes da máixima importancia no mundo máxico, pontes escolleitas para enxergar nelas o: “rito de quebra do sino”, ou bautismo no ventre da nai.
A Ponte de Andón é a primeira destas por existir río arriba sete muíños, e unha cruz que en tempos idos tivo sobor do arco, arestora conserva unhas cruces e outros sinos un tanto misteriosos na primeira capa da varanda da dereita.
Ten a particularidade esta ponte sobor das demais que coñezamos, que nela quítase o “Aire de Culebra, Culebrón, Lagarto e Arañon”e toda clase de pezoñas. Con un ramiño de anís bendícese con auga do río á persoa doente nove días, denantes do nacemento do Sol ou despois de poñerse, namentres se di:
Todos cantos pasan
a Ponte de Andón
preguntan que se lle fai
o mal de culebra e culebrón-( lagarto e arañon)
Bendecilo e azóutalo
con tres ramiños de fionllo;
para que non creza, nin aviveza,
nin faga cousa que se lle pareza.
Pola gracia de Deus e da Virxe Maria
un Padre Nuestro e un Ave Maria.

Ponte Nova de Andón
DENDE fai poucos anos un novo camiño breeiro xungue Aciveiro e Pereira coa nova estrada de Forcarei a Silleda. A uns cen metros da Ponte Vella enxergóuse a nova Ponte de Andón de cemento e ferro.
A corredoira e anterga ponte ficaron dende aquel intre sin moita vida, arredados a un segundo termo, simples atallos para as veigas e aldeas que xurdiron e medraron ao traveso dos tempos a súa veira; arestora óllanse con frieza, leixadas polo tempo, fitando somentes para as novas estradas.
É certo que estas acadan todas as misións para as que foron enxergadas e, nos novos modos de vida imprescindibeis; pero son estranas a paisaxe de que endexamais serán parte, como o son as vellas corredoiras e vedraias pontes. Os novos tempos e as novas angueiras fan xurdir novos vieiros as vegadas non axeitados o entorno no que se desenrolan.
Esta ponte, lanzal e ben axeitada, ten uns dazaseis metros de longo por sete de ancho e seis de outo dende o leito do río; de un soio van de oito metros; sobor de fortes trabes de ferro e cemento aséntase a placa comenentemente enxergada para o servicio que ten que prestar, a cada banda,para millor seguridade,branceiras tamén de cemento.
Obra un tanto atrevida no proieito, execución, desenrolo e remate, como non é moi adoitado acadar en outras obras das mesmas caraiterísticas e función.

Ponte da Carballa (Dúas Igrexas) - Forcarei
DEIXA o Lérez a freguesía das matriciais augas, de tantas e tan belidas pontes e paisaxes. Despois da Ponte Nova de Andón entra na freguesía de Pereira, eiqui recibe os regatos de Narcellas e Devesa; pero non ten ningunha ponte en todo o percorrido por esta parroquia, dende 1867 anexo de Aciveiro, denantes xunguida a Quintillán.
Entra en Duas Eirexas polos termos de Quintelas e Valiñas a 802 ms. de altitude. Nesta parroquia achamos tres pontes: Ponte do Crego, de moita importancia pola súa frabica e lendas, Ponte Valiñas e a que nos ocupa. Ponte de belida costrucción, en anos antergos ben coidada, arestora non o é tanto. Enxergóuse nos anos da Segunda República, con pequenas axudas do concello de Forcarei e traballo comunitario dos veciños de Valiñas, Quintelas e Duas Eirexas, dirixóu a obra o mestre de canteiría Xosé Maria Cumbraos do rueiro de Andón.
Ponte de pedra de nove vans e dazaoito metros de longo por tres de ancho e outros tantos de outo, cos séus correspondentes parte-augas a maneira de quilla, sobor de cada un soérguese un pináculo dun metro, branceira de aramio. O leito do río, de pequena pendente e moita auga no inverno exténdese a todo o ancho da ponte. Comunica as xentes de Aciveiro, parte das de Milleirada e logo as de Quintelas con Duas Eirexas e Forcarei; emporiso foi degoirada sempre polos vaciños.
Á dereita da ponte un moiño de herdeiros do século XVIII con sinales cruciformes: no capealzo 't3 na mocheta esquerda . Arestora moi leixado, como dí a cantiga:
O muiño da Carballa
ten as silvas darredore;
as mozas que van a él
todas perden a colore.

Ponte de Valiñas
NON moi lonxano da Ponte Carballa, temos a Ponte Valiñas, tamén na freguesía de Duas Eirexas, á saida do rueiro de Quintelas para esta parroquia e Forcarei... O río forma pequena fervenza que, ao cair sobor do duro leito retorcese saltareiro arredor dos cantos redondos formando encaixes de escuma.
Ponte decote percurada polos veciños da ribeira esquerda do río non somentes polos que pertencen a Duas Eirexas senón os de Aciveiro, Milleirada.. paso mais curto para acadar Forcarei, Estrada, Santiago, e carreteira de Silleda.
Ponte de pedra enxergada pola comunidade no 1932, coa axuda do Conce-
llo forcaricense, sendo Alcalde o leterado Sabino Mariño, somentes para paso de peatóns, carros do país e facenda. Ponte dun soio van de oito metros de longo por metro e meio de ancho e tres de outo. A pouco de encetado con música e festa polos veciños unha riada levóullela, composta novamente engadironlle branceiros de ferro; novamente leixada e pouco transitada,arestora a cepa da dreita ameaza ruiña, sin trazas de un novo arranxo. Podemos decir que existe para fitar o río e o luxurioso entorno verdadeiramente cheo de beleza, vida e amor:
Ti gardas senlleiro,
cos ollos fitando ao río;
á montaña, ao amor á vida
e o lonxano mar...

Ponte do Crego
UNHA mañanciña de San Xoán, denantes de nace-lo Sol e que a nosa terra fose xunguida a lei de Roma, nin chegase a mesma ningún pregador co fardel da Boa Nova de Xesús o Nazareo, a loira Loureiriña deixóu o Castro, que os seus antergos soergueran, para ollarse nas cristaiñas augas do Lérez. Ameigada pola beleza case que infinda da longa e vizosa carballeira pola que paseniñamente se pasea o Lérez e ponse de espello para reílexar a gracia xeórxica dunha vida virxinal, a loira Loureiriña durmíuse para despertar de tempo en tempo.
As xentes do Loureiro albíscana e ainda as vegadas falan con ela, óllana lavando e tendendo a roupa na ribeira do río, bañandose e peiteando uns cabelos loiros que mismamente da groria ollalos. Outro dia de San Xoán un garrido mozo parolou con Loureiriña, esta levóuno a unha cova chea de ouro, que ten a porta a fror da auga; trabes de ouro, potes,
cuncas, culleres e pratos de ouro.Hastra as súas galiñas son de ouro e poñen ovos de ouro; pero tamén o dourado fogar de Loureiriña ten na porta unha trabe de brea que queimará o que se achegue o tesouro se asi o quer Loureiriña que un dia, fai milleiros de anos, baixóu do Castro de Loureiro para vivir e aparecerse, xa como “moura” na Ponte do Crego, bañarse nas cristaiñas augas do río, folgarse na céltica fraga na que os druidas santos son eternos oferentes aos deuses dos lubres e as ninfas dos ríos, á Loureiriña que arestora vive nas loiras rapazas de Loureiro de Duas-Eirexas,
Aldeiña de Loureiro
aldea que todo o ten:
o cruceiro, a ponte e o Castro,
e bóas mozas tamén.
O Lérez chega a esta Ponte do Crego despois de ser saudado por outras moitas. Esta non ten moitos séculos pero si a de denantes que as xentes din ser obra de San Gonzalo de Aciveiro. Hai que ter en conta que as freguesías de Duas-Eirexas e Forcarei eran en todo dependentes do mosteiro; como a maoria dos fiéis da parroquia áchanse na banda esquerda do río a ponte foi en todolos tempos imprescindibel.
A obra aitual data do século XVIII. Un abade de Duas-Eirexas tivo moita parte neste choio ben feito, de perpiaño concertado, ben trabado, traballado e lampiño; dun soio arco rebaixado que se enceta no mismo leito do río, duns oito metros de longo por dous e meio de ancho e catro de outo, con baranda tamén de canteiría. Augas quedas, que non se sabe moito para onde camiñan, espellan a gracia do atrevido arco da Ponte do Crego para que os veciños de Valiñas e Loureiro —rueiro ceibado do Castro— soios e cos defuntiños poidan a pé enxoito chegar a Duas-Eirexas. Emporiso a veira do antergo camiño da eirexa no 1779 o cereiro Xosé Magán Salgueiro mandoulle ao méstre de canteiría Antonio Fillói amañar e poñer tres cruces nos si-
tios por aquel sinalados, unha déstas foi a que se achaba ao pé da ponte, arestora somentes se olla o basamento, a súa veira puñan os defuntos namentras o crego salmodiaba e os levadores repousaban, diante da pequena Cruz dos Posentes neste meio tan axeitado para a Santa Compaña. Esta é tristeira realidade por moitos ollada anunciadora de que algún veciño pasará a ponte por derradeira vegada camiño do Camposanto. Non hai moitos anos que dúas velliñas de Loureiro de volta do rosario entre lusco e fusco albiscaron a Santa Compaña no meio da calzada con grande acompañamento, antre o que elas mesmas se recoñeceron, voltaron a casa pola ponte e lugar de Valiñas. Pouco despois un veciño benquerido deixóu de existir.
As mozas de Loureiro cantan ledizosas por moitas cousas pero tamén pola sua Ponte:
A aldea de Loureiro
de lonxe parece vila;
un caravel na entrada,
unha ponte na saida.

Ponte de Xulián
CONXUNTO dos mais orixináis non somentes do Lérez senón de calisquer outro río, lémbranos aquelas pontes da Idade Media con portas en ambalas duas entradas. Ponte que por unha e a outra banda pechan duas portas de duas casas.
Un bo canteiro Xulián da Ponte no primeiro terzo do século XIX foi o inxenieiro e o costructor para xunguir dous bos eidos da súa propiedade. Ponte orixinariamente enxergada de pedra de pizarra, capealzada, de uns catro metros de longo, un e meio de ancho e tres de outo; proporcións non moi folgadas para un río que no inverno leva, anque manseniñamente, moita auga. A anterga ponte do mestre Xulián despois de un século de servicio derramóuse e o mesmo a
razón pola que xurdéu: o prado foi partido, debido a este feito un dos donos enxergóu unha nova casiña pola banda esquerda do río con ela unha nova porta e un novo cadeado, con estes aditamentos a ponte xuliana ollárona pequena, entón xurdiu a de hoxe tamén de un soio van de seis metros de longo por dous de ancho e tres de outo; pero de cemento co que gañóu en servicio e seguranza pero perdeu en beleza e armoñia.
O bucólico poema lembra a obra do mestre Xulián da Ponte:
Pequeno ponte de lousas,
feito de lus e de somas,
de carballos e salgueiros...
Verdes campos a túa veira,
nos que pacen vagarosas
mansiñas vacas marelas...

Ponte Maril
SE noutros concellos da Galiza as carballeiras teñen doorosamente abaixado, no de Forcarei inda se conservan moitas e boas, sobor de todo nas ribeiras do Lérez, unha destas é a nomeada “Foxo Vello”, no medio áchase a Ponte Maril.
A sensibilidade das xentes forcaricenses non esquence que o carballo enriquece e restabelece o chan: pois a caida e derradeira podremia das follas engade elementos nutritivos facendo xurdir un sotobosque ricaz permitindo ao mismo tempo medrar pastos a súa veira, alonxando o perigro de queimas forestais. Na mesma parroquia de Forcarei unha aldea leva o nome da Carballeira.
A Ponte Maril xurdeu para serventía dos rueiros de Espindo, Loureiro, Valiñas... e dos prados que a veira do río se alcontran, nos que moitas vegadas gardóu a facenda de aquelas vellas da Ponte o petrucio galego Antón Alonso ríos (o probe señor Aframio), cando a sua vida estaba pendente da pura clandestinidade.
Un canteiro-preiteante do que apesares de haber pasado máis de seculo e meio, ainda as xentes de Espindo gardan lembranzas, chamado Maril, foi coa súa familia e costructor desta ponte duns trinta metros de longo por dous e meio de ancho e tres de outo, sin barandas, de cinco vans que dividen cepas de perpiaño de trinta centimetros de ancho por dous metros de outo, cubertas de grandes lousas de canteiría.
A veira da ponte o moiño do Foxo Vello de herdeiros de máis de dous séculos de lendas e cantigas namoradeiras:
Pasei a Ponte Maril,
paseina nunha carreira;
iba detras dun xabaril,
saleum-unha costureira.
O moiño tróula, tróula,
a auga faino troulare;
a filla da muiñeira
rabea por se casare.

A Ponte do Batán
NO primeiro foi o río, o paso, a veira o rueiro, logo o moiño, o batán e, dende os primeiros anos deste século a Ponte, a Ponte de Forcarei. Obra dos méstres canteiros forcaricenses. Esta ponte, coa da Pedra sobor do Umia cinguidas por finta de prata, son as duas millores e moimentais da carreteira de Vilapóuca á Estrada por Codeseda. Pola Ponte da Pedra pasaban os canteiros de Montes e Coto de Codeseda para Compostela:
¿Donde son os canteiriños,
que pasan a Ponte da Pedra?
Son de Tomonde e Quireza
vanse para Compostela.
Pola Ponte de Forcarei os canteiros, arrieiros, cereiros e demáis xentes non soio do concello de Forcarei senon dos do Carballiño, Beariz, A Estrada, Moraña... pasaban coas recuas e fardeles, traxinantes da vida...
Arrieiros de Moraña
ven por Codeseda arriba,
mociñas de Vilapóuca
tendelle a carne cocida.
Ponte de paramentos lisos basamentos escalonados, aristada rematando en dentículos. Arco rabaixado de nove metros de luz, sete de ancho e uns cinco de outo. O río corre maxestuosamente en meio de luxuriante vexetación sobor de pequena corga amosando a súa categoría no concerto dos ríos da Galiza. A veira o antergo batán de Isidoro da Ponte, derradeiro artesán e artefacto que traballóu en toda a carreira do Lérez deica o segundo terzo do seculo que corre; emparellado co batán o moiño e a casa do bataneiro.
A ese Batán da Ponte,
a él non hei de ir;
bate de dia e de noite,
e non me deixa dormir.
Despois os barudos mazos deixaron de petar no pano de lan, non así o moiño, namentres o moiñeiro tivo folgos non deixóu de moer, e as mociñas de Forcarei de rexoubar cabo del:
Maruxiña vai na Ponte,
moito tarda que non ven;
ou trabucou o camiño
ou moitos amores ten.
Arestora non hai moiñeiro e bataneiro que escoite os mazazos do inxenioso artefacto, nin o troula, troula do moiño; todo se acha cegado, en ruiñas, todo sin vida.
Somentes o río sigue correndo...

Ponte de Gomail
ENTRE Gaxín e Castrelo áchase unha das pontes mais antergas do Lérez. O arco meirande, polo que pasa toda a auga do río, lixeiramente apuntado, o que nos di que o seculo XV é no que foi enxergado. Homildosa obra de cinco séculos de vida, cinco séculos pasando acotio sobor dos séus lombos as xentes da pelerinaxe xacobéa, os trafegantes de Tabeirós, Moraña, Montes, labregos levando os seus tesouros para as feiras de Aciveiro, Soutelo, Doade e, por algún tempo a da Granxa de Castrelo, obra dun dos millores alcaldes de Forcarei: Aparicio Gil Gaiteiro nos anos 1881-1887.
Ponte de Gomail,
homildosa Ponte,
entre Gaxin e Parada;
achaste perdida, no vento, no río
e na fraga.
Nos teus tenros ollos,
latexa encadeado o Lérez
vicando rosas e penedos...
Esta ponte parte esencial da anterga calzada ten uns quince metros de longo por dous e meio de ancho. O arco principal de pizarra posta en chapacuña asentase sobor de fortes basamentos no leito do río, arco lanzal e garrido, duns sete metros de luz por cinco de outo, a direita burdallo parteaugas a seguido o segundo arco, máis baixo e asi o terceiro, moi ben mazizados, gracias a esto achase en pé apesares do tempo que leva feita o abandono e as enchentas do Lérez, que en este paraxe, despois de recibilo río Freixeira e moi respetabel inda no vran.
A veira da ponte un terreo de infindas belezas cheo de carballos, bidros, salgueiros, uces, xestas... Pouco mais arriba o encoro e presa dunha das primeiras fral)icas de electricidade que coa de Purriñeiras se soergueron na provincia de Pontevedra, deron luz as vilas de Forcarei e Cerdedo.
Ponte milagreira para curar toda clas de “aires” de sabanduxa, lagarto, mosca, araña, culebra, culebrón... Mollar en viño tinto un espantademos feito de fiuncho e herba de anís, bendecindo a parte enferma nove días seguidos denantes da misa de Parada, decindo:
Pola Ponte Gomail
uns pasan e outros non,
preguntando uns os outros:
¿De que mal é esta pezoña? de sa banduxa, lagarto...)
Morra o mal e viva Cristo.
Pola gracia de Deus e a Virxe Maria,
Un Noso Pai e un Ave Maria.

Ponte de Parada
POUCAS vegadas poderá ninguén alcontrar millores verbas para falar da Ponte de Parada que as do Pai Martín Sarmiento, verdadeiro Precursor do rexurdimento da Galiza que a Terra de Montes deu; pois os fillos dos canteiros, inda que nazan fora da casa paterna tense como nados nela.
Di o esgrevio frade de San Bento deica esta ponte que él ollóu pola que o Lérez entra nas terras de Cerdedo, inda que non se achaba moi informado de todalas demais: “Nace este río Lérez hacia el monasterio de Acebeiro de Padres Bernardos, siete leguas al nordeste de Pontevedra... A una legua de Acebeiro pasa por el valle de Lerze, y cerca de la aldea de Lerze en la feligresia de Santa Maria de Castrelo... A media legua mas abajo se halla la antiquisima puente de Parada. Es la primera puente de piedra por donde pasa, y por la que comunicaba el Pais de Rivadabia con el Arzobispado de Santiago...”
E pois calzada, ponte e camiño breeiro de pelerinaxe xacobea e dos infindos arrieiros de viño das bisbarras do Ribeiro e dos da Castela. Obra craramente román na sua orixe, recostruida polo século XII ou XIII, aproveitando as mismas pedras da anterga, arco lixeiramente apuntado. Non se ollan sinais dos canteiros nas mismas como acontece na de Pedre, ten uns oito metros de outo.
Aséntase en rochedos de pizarra con cimentacións desta pedra denantes do arranque do arco de canteiría apicoñada, sobor desta a entrambolos dous lados toda a costrucción maciza é de pedra de pizarra sin traballar, a cada banda uns contrafortes redondeados, feitos con posterioridade, fan de torna augas, de grandes cachotes, pola entrada do río áchanse moi danados, tamén parte das dovelas e claves xa no leito do río, outras crebadas; podemos matinar que serán ben poucos os anos que poida resistir esta histórica e belida obra román-meie-val. Óllase ademais pola banda direita que a auga nas cheas xa entra polas cimentacións e sae polo meio das pedras do basamento do arco. Se non se arranxa e limpa de prantas parásitas axiña ficará no leito do río, como a de Seoane-Meavía, no Umia, do mismo tempo que esta de Parada. A calzada como a ponte ten dous metros de ancho, con barandas de lousas. Ponte necesaria para Parada e Vilariño de Folgoso:
Vilariño e mais Parada,
teñen a ponte e o moiño.
O Lérez ten unha noiva
á que lle canta acotio.
Na actualidade ao enxergarse a Ponte do Pego e a estrada, deixóu de percorrerse debido tamén a que por ambolos dous lados os camiños costaneiros e leixados fixéronse intransitábeis, xurdindo espesa fraga de carballos, castiñeiros, bidueiros e salgueiros nas veiras e no mismo leito do río.
Como noutras pontes do Lérez, esta era lugar para quitar toda clase de “aires, feitizos e pezoñas”, somellante a Ponte de Gomail:
Pasando a Ponte de Parada
bendecin a pezoña e pezoñón;
de culebra e culebrón,
do lagarto e do lagartón,
da rata e do ratón
do sapo e do sapón,
da toupa e do toupón
da araña e do arañón
e do bicho malo
de toda a nación.
Pola gracia de Deus
e da Virxe Maria...

Ponte Vella do Pego
Folgoso esta no alto,
Insua en un baixiño;
Nosa Señora do Pego,
está a veira do río.
(C.P.)
Insua en un baixiño;
Nosa Señora do Pego,
está a veira do río.
(C.P.)
DENDE a Ponte de Gomail o Lérez corre vagarosamente lixeiro formando recantos cheos de indescriptibel beleza, fondo canle excavado a pico por chans esquistosos. ao chegar ao Pego hai que deterse e disfroitar dunha das paraxes onde a natureza faise arte: carballos, castiñeiros, avelaneiros, nogáis, salgueiros, bidueiros e outras moitas castes de árbores formando un conxunto de coóres e paisaxes, podemos decir que soio. Metida entre estes, arrequentandoos mais, se é posibel: a Ponte e a ermida da Nosa Sra. do Pego. Obra da comunidade para celebrar nela as xuntanzas cada mércores da Zinza de cada ano para elexir ao Valedor do Pobo diante os Xueces-Meriños da Terra de Montes que a rexían, e outros mesteres
que a vida do común demandaba, entre estes era ter esta Ponte e todas as demais en pé.
Deica fai alguns anos que se soerguéu a Ponte Nova e a estrada de Folgoso a Parada, Castrelo e Forcarei a ponte de pau foi decote das meirandes angurias nas comunicacións da Terra de Montes.
Quen tivera amores lonxe,
rigueiriños que pasar;
faga unha ponte de pedra,
que de pau pode crebar.
A Ponte Vella achábase detras da Capela e polo lexendario Pozo Negro, un dos remansos do Lérez mais fondos, longos e míticos do río. Luis de la Riega, dí a este respeito: “Está este puente de madera llamado del Pego en el término de un pozo del mismo nombre y cuyas dimensiones son de 40 metros de largo por 30 a 35 de ancho. Es bastante profundo, y en él, segun las tradiciones vulgares de nuestros campesinos, dejaron los moros una grada de oro, que nunca han podido aquellos extraer del fondo de dicho pozo, apesar de las exploraciones practicadas”.
A Ponte Vella de Pego soio é historia, somentes poden ollarse os burdallos esteos a unha e outra banda do río, sobor das que se tendian as tres trabes duns sete metros de longo e táboas de carballo de dous de ancho con barandas de aramio: por él con moito perigro pasaba a xente, as bestas e carros do país, cando o tempo e as riadas non a danaban, logo outra vegada as angurias por unha nova ponte enxergada en debidas condicións.

Ponte Nova do Pego
PONTE feita a uns cen metros mais abaixo da anterga, debido o fondo canle do río, ben outa, de un soio arco de meio punto de canteiría ben traballada, sin adovíos, de uns trece metros de longo por cinco e meio de ancho e oito de outo; por ela pasa a estrada de Folgoso a Forcarei e Baiucas servindo as freguesías de Folgoso, Parada, e Castrelo con Forcarei e Cerdedo coa Estrada. Obra feita a meiados de este século, fondamente desexada e de dificil execución.
Ponte Nova do Pego,
lanzal e feiticeira ponte.
Ponte da Nosa Señora
das Candelas, dos tesóuros
baixo as uces brancas,
dos mouros e das augas,
limpas e sonoras.
Como os sinos da ermida,
de Parada e de Folgoso...
Pola esquerda e o pe da ponte encetase unha canle de un metro de ancho e fondo enxergada nos primeiros anos de este século para surtir de auga corrente e abondosa a Cerdedo, co que sería das primeiras vilas da provincia en disfroitar de este indispensabel servicio, se non fora a mala fada que de sempre foi compañeira inseparabel de calisquer adianto para o progreso e benestar das xentes da pequena vila. Logo aproveitada para unha frabica de electricidade, obra do sempre inquedo e traballador Secundino Bugallo que deu luz a Cerdedo anos denantes de algunhas cidades da Galiza.
Seguindo a canle a uns cen metros áchase un outeiro de doce metros de longo, sete de ancho e catro de groso con petroglifos e sinais alfabetiformes nunha das caras, no fondo do río. A ela parez que se refire o Ciprianillo que dí: “No penedo Salgoso (¿Folgoso?) derrubada parte da muralla, encontran-se os haberes de D. Gurina, propietaria que foi do penedo”... A dréita na fraga de uces a veira do río, segun o mismo libro que: “Debaixo de unha uce branca fica un azado de moedas de ouro”.
Un guichiño mais abaixo hai outro pelouro desprendido do muro de dona Gurina de Folgoso, fegura un castelo ou forteleza, que as xentes da bisbarra chaman “Torre dos Mouros”. Moimentos máxicos ou relixiosos da alborada céltiga.
Rematamos con unha cantiga namoradeira encol da Ponte:
Pasei a Ponte do Pego
paseina dunha carreira;
paseina tras dunha moza
saéume unha costureira.

Ponte dos Madeiros ou de Valoutas
DENDE A Ponte do Pego e “Torre dos Mouros” o Lérez lixeiro brinca polas ladeiras dos montes de Figueiróa e Cerdedo por riba de seixos e laxeiras, traballa ledamente, como traballan os serranchís no monte, espellando o seu fondo pola pureza batida das augas, seguen facendo eternamente un traballo de escultura, como se acha no “Pozo de Pegalbo”, no fondo unhas liñas brancas formadas por seixos constituíndo dous triángulos nos que algunhas vegadas óllase a fegura da Cruz no leito do río, lembranza dun estudante de crego afogado e arrousado por unha ola. río abaixo a Ponte dos Madeiros e arestora de Valoutas a mais importante para as xentes de Cerdedo en camiño para a Estrada e Santiago e para as de Tomonde e Figueiróa en camiño para Cerdedo e Pontevedra. Decote foi unha anguria para os veciños, porque infindas vegadas o tempo e o río nas grandes arriadas danábana de tal maneira que non se podía
pasar, nin atravesar o río meiante pasos.
Como se dixo, en Soutelo o 25 do Outono do 1698, o Valedor do Pobo da Terra de Montes, Melchor de Beiro gañóu provisión reial para o arranxo dos camiños e pontes: “...A dos Madeiros achabase caida e ...despues que los vecinos de Cerdedo y Figueiroa se han allanado a que se haga y componga la puente que llaman “dos madeiros”, en el sitio que costa de los autos y de calidad y con las condiciones que motiva una escritura de concordia (proieito) que entregó Pedro de Monteagudo y Salvador da Torre, Maestros Arquitectos y vecinos de dichas fras. como principales y Pedro Ruzo vno. de Quireza su fiador... “As obras foronlle encarregadas e: “...pasaron a partir la piedra, bigas y maderas para dicha Puente y ademas cada una de las fras. dichas, pagarán ochocientos reales de vellón para pagar a los maestros...”
A ponte enxergada polos mestres Monteagudo e da Torre durou uns corenta e oito anos; pois costa que o 18 de Setembro do 1746, xuntáronse os veciños de Cerdedo e Figueiróa, dixeron: “...que allandose arruinado el Puente de los Madeiros... lo ajustan al maestro de Obras Esteban Ciz, vno. de Cerdedo paque.lo redificase en dicho sitio, segun la costumbre en la cantidad de 460 reales de vellón...” Asi o fixo o bó mestre, pero un guichiño mais abaixo, xustamente no sitio onde logo se enxergóu a Ponte que hoxe podemos ollar, inda que non foi realidade deica o 1852, co gallo da construción da estrada que desfrutamos de Barbantes a Pontevedra.
Eran desexos infindas vez manifestados ao Goberno de Madrid polas provincias de Santiago, Ourense e Tui, da construción da carreteira devandita. No 1791 fixo o proxecto o Capitán de Navío d. Eustaquio Gianmini, o cóengo de Compostela D. Pedro Antonio Sánchez escribiu unha memoria, e nos comenzos do século XIX o Goberno destinou para a carreteira de Benavente a Vigo os fondos sobre a venda da sal que estaban destinados aos camiños transversais.
O 18 de Setembro do 1799 o Conde de Guzmán: “...del Consejo de S.M.D. Carlos IV en el de Hacienda, Intendente del Exército, Inspector General de Caminos y Canales de Navegación, etc. en compaña do segredario d. Xoán Antonio Gironda, o facultativo D. Vicente de Ponte e un axuda de Cámara; encetaron no devandito dia e ano unha xornada dende Madrid a Pontevedra e Vigo para ollar a necesidade da carreteira e por onde debía enxergarse, camiñaban de cinco a seis horas e media diarias.
Polo que a este traballo e Terra de Montes importa, costa que: “...En hora e meia entre vento e chuvia fixeron o tránsito do Paraño (parage tan infeliz que los mismos naturales lo miran con horror) chegando a recollerse en regular aloxamento en Soutelo. O día seguinte 2 de Nadal pararon en Cerdedo habendo tomado notas para o arranxo do camiño... Entre Soutelo e Cerdedo, anacos vellos de calzada. Cerdedo: 10 veciños. Logo Carballeiras, anacos empedrados, Pedre nun outo a esquerda, Viascón e San Xurxo de Sacos en terra de monteña fértil: vense oito pobos us pretiño dos outros...”
A obra da carreteira Barbantes Pontevedra enxergouse a mediados do século XIX, sendo Conselleiro do Estado D. Pedro Acuña e Malvar, e o Conde de Gimonde. As obras da frabica son infindas, as pontes moitas e de grande beleza, obra xigante se se ten en conta os meios de que dispoñían.
Ponte de perpiaño concertado e luído, baseamentos redondeados nos cantos dos esteos, un só arco de uns vinte metros de luz, quince de outo e de ancho oito.
Lembranza para a Ponte dos Madeiros ou de Valoutas:
Ou Ponte de Valoutas,
de Figueiróa e Cerdedo;
cantas veces che pasei,
indo a escola, sendo neno,
e xoguei con outros rapaces
as tuas veiras,
escoitando ao Pai Lérez;
como pasa paseniño
ou lixeiro...

Ponte Nova de Cerdedo
POR veigas e pasteiros verdecentes, río abaixo a Ponte Nova de Cerdedo. Ribeira saudosa, namoradeira. Na lembranza o xograr e crego compostelán, Airas Nuñes:
Pela ribeira do río
cantando ia la virgo de amor:
¿Quen amores ha
como dormirá,
ai, bela frol?...
Cen anos despois de enxergada a estrada de Pontevedra a Ourense a Administración matinou axeitar a centenaria carreteira para os novos mesteres que demanda a vida e as comunicacións modernas. Importantisimas obras que en boa parte mudaron o proxecto Gianmini, enxergando novos tramos e pontes novas, unha destas é a que nos ocupa.
Pontes enxergadas matinando mais na funcionalidade que na estética e a paisaxe, utilizando como materiais o cemento e o ferro. Non embargantes inda que a Ponte Nova de Cerdedo non sexa dina do río, nin do entorno poucos metros mais abaixo si que fixeron unha ponte monumental.
Ponte de cemento armado de dous arcos xemelgos de oito metros de ancho, sete de outo, arredados por un esteo de metro e medio. Sobor de esta armadura moitas toneladas de terra hastra acadar o nivel comenente da estrada de rodaxe.
Uns cincenta metros mais abaixo xuntase o río do Castro co Lérez recibindo tanta auga como a que este trae. Salón de uns cen metros, ledicia de troiteiros e demais amadores da Natureza. Novamente a lembranza de Airas Nuñes:
Can’deu paso por algunhas ribeiras,
so boas arvores, por boas prado...

Ponte de Vichocuntín
O enxenieiro Eustaquio Gianmini e o eoengo Pedro Antón Sánchez ben puideron aforrarse o traballo e estudo da Ponte de Vichocuntin, soamente pregarlle os mestres canteiros de Pedre, Sanmartiño, Quireza... que ollasen o río. A Ponte Valoutas, feita realidade polo Sol, no espello da arrais da auga encetóu vagarosa romaría augas a baixo sobor das dondas costas do río, alumeada polos ouros do solpor. Na carreira os croios trenzaban danzas o arredor e os ameneiros, freixos, salgueiros, bidueiros, avelaneiras... saudaban a fermosa imaxe da Ponte Valoutas que en Vichocuntin, o conxuro dos mestres canteiros e picapedreiros seria realidade por segunda vegada.
Así xurdiu a Ponte de Vichocuntin, irmán da de Valoutas; os pais e padriños foron os mesmos, o mesmo río, as mesmas ribeiras o mesmo garimoso e farturento val, as mesmas xentes de Cerdedo, Figueiroa, Folgoso e Castrelo, Tomonde, Quireza e Pedre... os mesmos arrieiros coas mesmas ringleiras de cabalos aledan cos arouxos de noite e de dia, baixo o Sol ardente e a morna Lúa, namentres, segundo o devandito Otero Espasandín:
...Ergueito sen fachenda,
no verán e no inverno,
escoitando do Lérez
que baixa entre penedos
o canto sosegado,...
Ponte dun só arco rebaixado duns trinta e cinco metros de longo por oito de ancho e vinte e cinco de outo, con varandas de pedra concertada e luída, obra dos canteiros da Terra de Montes. Arestora de pouco uso e, no intre, doadamente coidada.

Ponte Nova
MONUMENTAL viaduto, quizais a obra da rábica mais importante feita na estrada dende Pontevedra a Ourense, dina de ser admirada pola súa traza, execución e emprazamento, honra da enxeñería e de todos os que traballaron para que tal obra fora gorentosa realidade.
¡Lástima que a de Cerdedo non fose semellante! O río, o val e a vila asi o demandaban.
Atrevida e harmoniosa, armadura de ferro e cemento, de catro vans e tres esteos parellos, sobor destes as fortes trabes de formigón e ferro necesarios sobor dos que se asenta a calzada de rodaxe, de dez metros de ancho, ademais as veiras para peóns e varandas de ferro.
Ten esta obra uns corenta e cinco
metros de outo sobor do leito do río e uns cento cincuenta de longo.
Diante, desta obra todo pode aledarse: a natureza, o home, a arte, a vida e cantar co Poeta da Terra de Montes: Otero Espasandin:
Todo canta: o merlo,
o sapo, o moucho, o luar,
o rodicio do muíño, as meniñas casadeiras,
camiñando pouco a pouco...
Todo canta: a fonte,
o carro, a brisa do mar
nas follas dos castiñeiros,
os badales das campás...
de Quireza, Tomonde ou Sabucedo...

Ponte de Pedre
Cando esperare é ser son de goteira
unha casa sen lume, desgonzada,
e herbas tristes saíndo da fumeira...
(A. Iglesia Albariño)
unha casa sen lume, desgonzada,
e herbas tristes saíndo da fumeira...
(A. Iglesia Albariño)
A Ponte de Pedre é sen dúbida, coa do Burgo de Pontevedra a de máis importancia e de máis historia de todas as do Lérez.
O Pai Sarmiento, Luís de la Riega, Muruais, Otero Espasandín e tantos mais, adicáronlle importantes traballos. Sarmiento di: “...asta San Esteban de Pedre 4 leguas de Pontevedra, en donde está la Puente de Pedre, y de piedra no se halla otra asta la de Pontevedra sobre la Ria. E1 puente de Pedre que he visto, es muy antiguo, y por ella vi pasar a Santiago muchos Portugueses, y gallegos de la Provincia de Tuy. Tenía inscripción en las piedras del borde; pero las mas están caidas en el río; y seria bien, que algún curioso las juntara y leyese la Inscripción, cuyas tres letras separadas, que vi, son romanas”.
O esgrevio frade de San Bento ficou encadeado pola beleza, arte e puro sentimento vital que se albisca diante este, quizais o mais antergo monumento deste xénero na Terra de Montes é que, de tal maneira se acha no seu sitio, eternízao tal sinxeleza, son tan seus o entorno, a paisaxe, a coór, a luz a auga que no veran soamente entra polo arco maior, deixando os outros para as cheas do inverno, os muíños, é a historia da pelerinaxe, do misterio, do amor, da vida e tamén da morte:
As mociñas de Fornelos
moito se poden gabar;
pasan a Ponte de Pedre
para poder namorar.
Como soamente polo degoro económico pode este monumento ficar asolagado é mester facer un pequeno relato da mesma. Son tres os arcos que a compoñen do meirande ao máis pequeno e da esquerda a dereita. O arco meirande e o que amosa mais antergos paramentos, sobor de todo nas primeiras ringleiras claramente tabletipica das pontes románas; asentada sobor de fortes outeiros, non amosa sinal algunha de arranxo deica uns tres metros de outo, aqui pequena repisa dende a que pode ollarse a obra de reconstrución dos derradeiros do século XII o XIII. Os tres arcos son lixeiramente apuntados de perfil triangular das pontes góticas. Arreda este arco do seguinte un parteaugas sen mostra algunha de derradeiro arranxo o mesmo o contraforte oposto, inda que algunhas ringleiras áchanse un guichiño movidas. Non se ollan neste arco e demais elementos sinales dos canteiros. O parte-augas é apuntado, mide uns dez metros de outo, quince de luz e tres e medio de ancho, o texamar uns cinco metros.
Segundo arco das mesmas características que o primeiro, soamente que a reconstrución encetase a un metro de outo. Neste arco é no que se ollan máis sinales dos canteiros, sobranceando os cruciformes e alfabetiformes. O parteaugas é redondeado rematando en pequeno apuntamento o que invertido amosarianos un arco das mesmas formas que o que nos ocupa; contraforte cuadrangular en estado ruiñoso a parte cimeira, ten de outo uns nove metros, dez de ancho, o parte-augas cinco.
Arco terceiro, mais pequeno, en todo semellante os demais, amosa en case que todas as fileiras dos perpiaños marcas dos canteiros, semellantes as do segundo; de sete metros de outo e seis de ancho. Sobor de toda esta obra unhas fileiras de perpiaño concertado sobor das mesmas a varanda corrida das que no século XVIII algunhas amosaban inscricións latinas; as que, cando as ollou o Pai Sarmiento, achábanse no leito do río. Arestora non se olla ningunha, todas deben durmir acochadas polas augas. A calzada ten tres metros de ancho. Obra nitidamente romana nos seus principios inda que arranxada polo século XII ou principios do XIII.
Quen foi o mestre de tan importante arranxo? Algúns din que poido ser o mestre ponteiro Petrus Petri —Pedro de Pedre— pai do mestre Mateo, autor inmorrente do Pórtico da Groria.
O Dr. Bouza Brey, lembra un bitafe que parez que estivo no arco da Ponte Salime, sobor do río Navia que decia:
Pedro de Pedre (Petrus Petri)
de Castro Natural,
hizo la Puente de Salime,
la iglesia y el hospital,
y la Catedral de Lugo
a donde se fue a enterrar.
Abril año de 1113.
De eiqui o nome de Ponte de Pedre, inda que o Dr. I. Millán González Pardo di que mais ben o nome de “Ponte a Pedre” pode ter un siñificado de remate de xornada, relanzo,... Asi terá lóxica falencia o nome e rueiro de “Parata” Parada, a dreita e non moi lonxe da Ponte.
Que por Pedre, ponte e calzada da que inda hoxe poden ollarse en bo estado algúns tramos, pasaba unha das vías románs asi o afiuzan todolos que tratan esta dificil custión do trazado das vias
románs pola nosa Terra; para Barros Sivelo e outros mais era a segunda das catro vias principáis que percorrian a provincia galega que partindo de Braga, abriase na Ponte do Lima polas antergas mansións de Tude, Búrbida, Turoqua, Aquis, Celenis, Iria, Asseconia...
Calzada e ponte eran camiño de pelerinaxe ao Señor Xacobe de Compostela, afiuzao o Pai Sarmiento, ainda as xentes mais vellas de Pedre, Parada de San Cidre, Moimenta,... lembran aos peleriños portugueses e as xentes da banda esquerda do río Verduxo deica o Miño.
Pedre era lugar de moradia de tropa e pequeno polvorin, vila de paso para todolos servicios e movimentos entre unha e a outra banda do río.
Dende o 11 de xaneiro que Soult chegóu a Cruña e Ourense os labregos da Terra de Montes e outras xurisdiccións ollaron amusgados o paso pola vereda real de Pontevedra a Ourense dos napoleónidas, non tardarían moito en sair o seu encontro; aos que os franceses, ben armados e ben vestidos, non avaliaron ren, deica o 19 de febreiro do 1809, que na Rectoral de San Xurxo de Sacos, Tenorio, Bora,... pasaron a coitelo a varios soldados; pero estes tamén deron morte o bó escopeteiro Andres de Pedre, fillo de Rosende e Benta e irmán de Rosiña que tamén morreu afogada debaixo da Ponte de Pedre, que o alcontrarse nela con un destacamento de soldados franceses, tiróuse o río dende o arco maor. O crego de Pedre Xosé Bento do Porto con todo o pobo lembraron de xionllos e con infindas vágoas a estes fillos esgrevíos da freguesia. Poetas, historiadores... trataron fonda e sentidamente a tráxica morte de estes irmáns nados en Pedre.
Todalas xentes da bisbarra teñen o meirande vencello sentimental con esta Ponte erguida no Lérez polos románs e recostruida por Petrus Petri. Ponte de boutismos de “non natos” en percura da vida, tamén por ela teñen que pasar os veciños do lugar do Sarrapio e Fornelos para a dormición eterna no pequeno Camposanto de Pedre, acochados pola terra Nai, baixo das belidas estelas funerarias, arte e sentimento dos méstres canteiros; pola direita a Ponte ten un artístico cruceiro dos derradeiros do século XV, a veira da Ponte o moiño de maquia de catro rodas parellas, no que as mozas e mozos de Pedre, Serrapio, Fornelos, Bugarin,... tiveron moitas fiadeiras, parladoiros, coberteiro de amoríos e acougo de sospeitosas estadías noitébregas:
Moiñeiro, moiñeiro,
moiñeiro quero madre;
si non me dan moiñeiro
solteira hei de quedare.
O meu home foi de tróula
e veu cheo de fariña;
él moiñeiro non é,
eu non sei a quen se arrima.

Ponte nova de Lixó
Como ispido na forza do seu arco,
lanzal teu corpo,sen ferir a area,
sortiuse conlediza de venablo
para o cachón das augas balbordeiras...
(E.B.A.)
lanzal teu corpo,sen ferir a area,
sortiuse conlediza de venablo
para o cachón das augas balbordeiras...
(E.B.A.)
SEN dúbida a ponte mais lanzal e arriscada do río Lérez, dunha beleza dina da paisaxe que lle sirve de berce e do río que debaixo dela retorcese de pedra en pedra engaiolándoas con forza de xigante e paciencia de namorado até darlles novos xeitos, novas existencias, novas vidas; para logo durmir solermiño á soma ben amada de varudos ameneiros. Paraxe único en todo o Lérez que no seu correr tantos enxerga para lecer dos que saben disfroitalos, onde o home dende tempos prehistóricos soerguéu templos as ninfas, as augas e logo a Santa Maria:
San Xurxo está no alto
Fentáns nun baixiño,
Nosa Señora de Lixó
a veiriña do río.
Romaría da meirande importancia en tempos non moi esquecidos xunguida pola ponte á dos santos Xusto e Pastor, ningún romeiro sentía cumprida a promesa senón reza, canta e troula arredor da capela da Nosa Sra. dos Remedios de Lixó e logo na de San Xusto da Carballeira mellor cantada da Galiza:
Carballeira do San Xusto,
Carballeira derramada;
naquela carballeiriña
perdín a miña navalla.
Soérguese esta ponte sobor de fortes pañascais, esteos e contrafortes redondeados dun só arco. Nos esteos óllanse dúas andainas, unha románica aos dous metros e medio de outura con varios chineles para vigas, mostra que nun principio foi Ponte de Madeiros; mais ao enxergar a obra actual de cantería concertada, chamouse Ponte Nova, xuntamente con Ponte Romana. Tal como hoxe se olla o lanzal arco apuntado pode datarse dos derradeiros do séc. XIV o XV.
A luz desta pouco coñecida ponte pasa dos corenta metros de outo uns trinta e cinco sobor do leito do río por tres de ancho. De pedra concertada, ben luída, as chaves longas e estreitas para maor seguridade de tan monumental obra. Non se ollan sinos nos esteos nin na bóveda dos canteiros de San Xurxo e Santa María de Sacos, cos de San Cidre que a enxergaron.
Esta ponte foi soiña en toda a ribeira de Cotobade e Campo-Lameiro, obrigado paso para as xentes da Corredoira, Caroi, Sacos... para o Campo, Moraña, Moimenta, Cuntis... denantes de enxergar a estrada e Ponte Nova de San Xurxo ao Campo-Lameiro, Cutián e Fentáns...
Como todas as pontes medievais, ten importancia no mundo máxico co rito do
boutismo no ventre da nai ou “quebra do sino”. Ninguén describiu mellor nin mais poeticamente esta fonda crenzas das xentes galaicas, que o insigne Valle Inclán en “Aguia de Blasón”: “...el bautizo se hace en la entraña de la madre para que el niño nazca en su tiempo y se logre. Una mala mujer diome un hechizo en una manzana reineta, y no logro familia. ¡Ay, Jesús! ¡Condenada ladra! Ya le ofrecíamos una carga de trigo porque rompiere el embrujo y no quiso. ¡Condenada ladra! Por no andar en cuentos con la justicia no la hube tullido a palos... Bendiga el agua para que sea santa, mi señora?. ¿Que nombre quiere ponerle al que está por nacer?... Yo te bautizo con agua santa del Jordán, como al Señor Jesucristo bautizó el señor San Juan. Yo te bautizo y te pongo el nombre bendito que porta la santidad y la sanidad consigo. Si niña hubieres de nacer, el nombre de la Virgen Santisima habrás de tener, y si de varón hubieres la condición, tendrás el nombre de San Amaro glorioso, que se sienta a la mesa de Dios Nuestro Señor Todo Poderoso. Amen, Jesús... E1 hijo me bate en las entrañas con el talón del pié. ¡Me bate en las entrañas!...”

Ponte nova de Cutián
Como unha fouce de prata
O río loce ao luar,
mentres a moa do muíño
alá no fondo do val
tece un refaixo de neve...
(X. O. Espasandín)
O río loce ao luar,
mentres a moa do muíño
alá no fondo do val
tece un refaixo de neve...
(X. O. Espasandín)
DEBIDO o fondo canle do Lérez entre as freguesías de San Xurxo e Campo Lameiro, por este insuperábel feito e non poder aproveitarse a ponte de Lixó; a necesidade dunhas comunicacións axeitadas aos tempos presentes eran realmente inaprazábeis.
No primeiro terzo deste século fíxose a estrada de San Xurxo o Campo-Lameiro; para vencer a témera canle do río enxergouse a monumental Ponte Nova de Cutián.
Obra de cantería concertada de sete arcos, o do medio moito mais cumprido que os demais, polo que corren case que todas as augas. Os arcos menores teñen catro metros de luz e todos uns sesenta de outo. O central corenta e cinco.
Varandas, tamén de pedra, en todo o longo de esta importantisima obra de máis de cen metros de longo por seis de ancho.
O río amosa un dos salóns máis belidos e dondos do seu recorrido, cotos encoutados para criadeiro de troitas saltareiras sobor das limpas augas. Á veira a ben amañada casa do Gardarrios, dálle engado a paisaxe que en si e harmoniosamente belido, grave e solemne como unha badalada saída da Berenguela Compostelán.
Como un verso virxiliano, recreado polo crego e poeta: Casimiro Cubela García, que descansa, non moi lonxe, nas cimeiras do Castro de San Xurxo.

Ponte do Sadornil
E dorme o son do río, o son das aves
que cantan na espesura,
ou ben ao son da musical fontela
que por entre o coial salta e murmulla.
(Horacio)
que cantan na espesura,
ou ben ao son da musical fontela
que por entre o coial salta e murmulla.
(Horacio)
DENDE que agurgulla, o Lérez abre os brazos onde o val os abre, e encollese cando o val se estreita, neste das Pontes de Bora é un pequeno lago de infindos cores que, canso de brincar polas ladeiras abancaladas, encabeza un sono sobor da verdecente campía de viñedos dondos, amarelos, roxos, violeta...
No remanso de Bora axuntanse as augas do Almofrei coas do Lérez, dous fillos xemelgos da Terra de Montes.
Dende tempos do Imperio Román tivo dúas pontes, arestora unha asolagada a outra a medio cubrir das augas. A mediados do século XIX, enxergouse a Ponte Nova de Bora sobor do Almofrei e un século despois a Ponte de Sadornil, na estrada das Pontes de Bora a Xeve, obra necesaria, degoiro das xentes dunha e doutra banda do río, o que denantes
pasaban por unha barca, un pouco mais arriba pode ollarse no leito do río un outeiro no que se acha unha argola a que se ataba a barquiña usada polos veciños de Tenorio, Bora, Xeve...
Ponte de gran beleza, de dous arcos xemelgos xunguidos por un esteo — parte— augas redondeado, toda esta fabrica de pedra luída, obra dos bos mestres de cantería de Xeve e Bora, inda que o dito popular arrede os primeiros:
De Bora un e de Xeve ningún.
Arcos rebaixados de uns corenta metros de luz por seis de outo e sete de ancho, de calzada cen, varandas tamén de pedra concertada.
Nas espelleantes augas do pequeno lago de Bora óllanse as catro pontes en toda a súa traxedia unhas, ás outras en toda a súa fermosura, arte e servizo.

Ponte Nova de Bora
...Mentras tuas orelas vogan
nas augas craras e ledas
dun ensono.
¡ Vela por min, que máfogan
as cen pantasmas inquedas
dun mal sono...
(E.B.A.)
nas augas craras e ledas
dun ensono.
¡ Vela por min, que máfogan
as cen pantasmas inquedas
dun mal sono...
(E.B.A.)
A necesidade dunhas medianas comunicacións coa Galiza, nun Estado centralista e abafante como era o da España dos Borbóns, sentíase cada diada mais; emporiso o Conde de Guzman, Inspector Xeral de Camiños e Canales de Navegación o 18 de setembro do 1799, en compaña do segredario don Xoán Antonio Gironda e facultativo don Vicenzo da Ponte, encetaron unha viaxe en Madri deica Pontevedra e Vigo para ollar “in situ” o trazado, aproveitamento dos anacos de camiños antigos, pontes, empedreados e demais; remataron a viaxe ao 30 de Santos do mesmo ano en Padrón. Xa se barrunta que detras de esta viaxe achábanse os dous galegos mais esgrevios da Corte de Carlos IV. don Pedro de Acuña Malvar e o Conde de Gimonde.
O diario desta interesantisima viaxe di: “...Viascon e San Xurxo de Sacos en terra de montaña fértil: vense oito pobos us pretiño dos outros. Baixada empedreada a Tenorio, Pontes de Bora mal conservadas, vellas, inzadas de silveiras. Logo camiño estreito hastra Pontevedra polas hortas e eidos que sacugulan na boa terra..
A Ponte Nova de Bora sobor do Almofrei, e a estrada tardaron dende a viaxe meio século en ser realidade, como a de Valóutas e Vichocuntin, en todo semellantes a esta. Os canteiros de Bora, Xeve e Mourente, eran bos ponteiros, coma os de Pedre, Cerdedo, Quireza,Tomonde e demais da Terra de Montes; emporiso xurdiu unha obra belida, lanzal e harmoniosamente atergada coa paisaxe e a luz que aloumiña os acios e pon sobor das vides as ourilocentes cores que día a día as douran para ledicia dos sedentos e camiñantes:
Taberna da Ponte de Bora,
cando te virás abaixo.
O meu amor afogouse
xerra a xerra, vaso a vaso.
Ponte dun soio arco duns vinte metros de luz, de perpiaño concertado e luido, aséntase sobor de roca viva duns vinte níetros de outo e oito de ancho.
A sua veira, como é adoitado en case que todas as pontes, unha taberna da que, anguriada fálanos a noiva ou a tristeira dona, do amor afogado no arrecedente viño do Val de Bora. Taberna atípica, abenzoada pola máis belida, barroca e artística capeliña de animas que é adoitado admirar, enxergada no tempo en que o foi a ponte, 1851.
Unha ponte para un río baril dende o nacemento en Santa Mariña de Caroi para morrer abrazado a Santa Mariña de Bora, despois de dar vida a ducias de muíños.

Pontes Vellas de Bora
O Conde de Guzmán no 1799, ollóu: “...as Pontes de Bora, mal conservadas, vellas, inzadas de silveiras...” Se as ollase hoxe alcontrarías: unha debaixo das augas a oiatra medio asolagada, e a parte que se olla: “...mal conservada, vella, inzada de silveiras” e infindas malezas máis. O cruceiro da entrada aleixado, sin a cruz, sin o Cristo, sin a Piedade; non embargantes estas pontes vellas de Bora, son as mais antergas e necesarias do Lérez.
Pontes de fondas e máxicas crenzas deica a vida e da morte nas angueiras de pobo. Tesouros de arte e amor que se debia e deben de conservar.
Ponte romana e medieval, construída alí onde os ríos Almofrei e Lérez xuntan as súas cristaiñas augas coas, un póuco mais abaixo, salgadas do mar, no longo esteiro pontevedrés. Decote foi angueira dos rexidores pontevedreses, a conservación destas pontes, sempre danadas polas fortes enchentes. Entre outras lembramos a acontecida nos derradeiros do outono do 1633 que as leixóu de maneira que ficaron intransitábeis e, polo intre illada Pontevedra de todos os pobos do Norde da provincia de Santiago.
Diante este acontecemento o 7 do mes dos Santos do 1633, nas Casas do Concello de Pontevedra axuntaronse co Capitán Xeral da Galiza don Xulián Ortiz de Zárate, don Pascoal Mariño de Lobeira, Tenente-Xues Ordinario, don Xoán de Sáa Figueroa, Alcalde Ordinario da Yila, Licdo. Xoán de Lis e Soto, e outros: “...dan testimonio que debido a unas fuertes crecidas se arruinaron las Puentes de la Bora camino y serventia hordinaria ansi del Reino de Castilla como de parte y lugares del territorio... por la que hay que pasar pa. todos los mantenimientos sino por la que pasan los ganados lanar y otros que se traen y sacan della (Pontevedra) ...algunas personas intentaron pasarlas se ahogaron y otras pusieron en muy grande peligro sus vidas, cabalgaduras, bueyes, carros...” Expoen todo esto o Rexidor e Gobernador, pregando axuda de contado para o arranxo das mesmas.
Namentras non se podian enxergar millor, nas devanditas datas pregan: “...a don Albaro de Texada, Juez Conservador de los Montes plantios de la Costa del mar deste territorio de Galicia por titulo y comisión de Su Excia. E1 Sr. Marqués de Hespinardo, Capitan General deste dcho. Reino... que deje cortar la madera necesaria pa. arreglar el Puente con el fin de que se pueda ir pasando ...mientras no se arreglan como es debido las Puentes de Bora”.
Sete dias despois o devandito Capitán Xeral e rexidores: “...contrataron a Bento de Ardión, carpinteiro y Gregorio Martinez pa. que corten cuatro robles y con ellos hagan una Puente pa. que la gente pueda pasar sin peligro en el interin que se hace otro mayor reparo... ” Poden estes e outros legaxos ollarse no Arq. Histórico de Pontevedra.
A Ponte non de todo asulagada, ten dous arcos, nidiamente román un deles o outro lixeiramente apuntado, recostruido na Idade Media e despois moitas vegadas, namentras non foron asulagados por unha represa, sin os ter en conta. O arco meirande ten dez metros de luz por sete de outo, o segundo uns oito de longo por seis de outo e tres de ancho, apuntado no meio da calzada; polo séc. XVI foi santificado por un cruceiro, arestora moi danado do que somentes se olla o basamento, o varal e parte do capitelo. Un dos cruceiros mais intresantes onde tantos e tan bos exemprares se conservan.
Ponte escolleita no mundo máxico da bisbarra para practicar na meia noite, coa axuda de un viaxeiro descoñecido que pasase por ela, o rito de boutismo no ventre da nai, cortando as fitas ou os fios que van permitir a unha muller preñada dar a luz un fillo sin atrancos, destruidos pola ceremonia máxica os supostos impedimentos, obra de escuras potencias malignas. A liturxia do rito conta Andres Muruais no poema: “O Boutismo” referindose a Ponte do Burgo cando naquela se practicaban:
Fixenlle unha cruz no peito
amodiño e con concencia
decindo o que dí a doutrina
e como Deus nos enseña;
logo fixenlle outra cruz...
Remataba a cirimónia rezando ao pé do cruceiro e diante da capeliña das almiñas nos muros da casa do ponteiro, con ofertas de espigas, luces e frores...
Pasaron as pontes reises, raiñas, arcebispos, pelegríns do Señor Xecobe, ricos mercaderes, labregos, feireantes, tamén os soldados de Napoleón, unhas vegadas sin impedimento, outras tendo que loitar cos campesiños que lles cortaban o paso; asi aconteceu o 20 de febreiro do 1809, que se desenrolóu témera loita entre os napoleónidas e os valentes fillos da Terra de Montes, Cotobade, Caldevergazo, Mourente, Bora, Tourón, Xustáns, Taboadelo, Marcón...
Moitos foron os mortos dunha e doutra banda. Entre os campesiños que eiqui deixaron groriosamente as vidas contase Andrés Nieto de Pedre, irmán de Rosiña, o canteiro Matias Rodríguez e o Sarxento de Infantería Domingos Bugallo de Santa Mariña de Tomonde.

Ponte Nova do Camiño de Ferro
A ponte cabela as augas
aterecidas e vellas.
Presas nos fíos do vento
van abaixando as estrelas...
(L.A.C.)
aterecidas e vellas.
Presas nos fíos do vento
van abaixando as estrelas...
(L.A.C.)
OLLAMOS as infindas paisaxes que o Lérez percorre dende as fontenlas de San Bento, cheas de luz, ás begadas luz cegadora que mata as cores que afía as aristas, que presentando somentes contornos deixa arredar a máis pequena irregularidade; nembargantes a beleza da paisaxe non se acha soilo nos cumiados do Candán, do Seixo, das Baiucas, nin do Montouto; áchase tamén nos vales e pumariños de Tomonde, Quireza, Cerdedo, Bora... nas limpas augas das ribeiras pontevedresas de Monteporreiro, onde o Lérez ten soamente no leito herbiñas de namorar. Na súa carreira louca ou vagarosa foi e vai deixando os tesos pelouros para dondamente enguedellar día a día, noite e noite a frol da auga do mar.
Terra e mar son escravos da luz, lei de correspondencia entre o sector outo e a parte baixa da paisaxe, esta realidade foi ben coñecida e practicada polos pintores holandeses, polos poetas: Amado Carballo, Xoán Bautista Andrade, Viñas Calvo... tamén o foi polos enxeñeiros de esta Ponte do Camiño de Ferro de Pontevedra.
Viaduto que apesares de atravesar unha das paraxes e entornos mais belidos da campía pontevedresa non os dana. Obra lanzal e baruda de ferro e cemento de tres arcos e dous esteos asentados no medio do río co ancho dabondo para o comenente servizo económico e deportivo. Como a canle do río e considerábel así tamén a outura da ponte ben concibida e ben enxergada:
Pés lixeiros de enfeitizadas ondas,
cumpridos, coitados, na cunca que bican...
Rematamos cos aloumiñados versos de Noriega Varela que parez que tiña no corazón o entorno destas feraces marxes e vales lericenses, eco nos séculos das rítmicas salmodias dos frades que foron, e hoxe das pregarias dos infindos devotos de San Benitiño e do Santo Cristo do Lérez:
A fonte reza baixiño,
no Santo Cristo luz hai,
e o zuido dos piñeiros
lembra os queixumes do mar...

Ponte do Borrón
Fel mantenza de auga miragreira
que vai e ven e baixa e rube e roda,
e ferve nas punteiras das lustrosas
testas ergueitas das rocas agachadas...
(Viñas Calvo)
que vai e ven e baixa e rube e roda,
e ferve nas punteiras das lustrosas
testas ergueitas das rocas agachadas...
(Viñas Calvo)
PAREZ un galgo en percura da outra órela en louca carreira, o lombo longo e estarricado, as patas ben afincadas no leito do río: auga miragreira, como di Viñas Calvo, que empuxada polo mar vai e ven, baixa, rube, roda, ferve, coa eterna benzón o agurgullar, de Santa María de Aciveiro.
Onde veredes que anda mesturado o mar co río Lérez, que foi Leron Por nome grego...”
Como cantou con versos hexámetros e resonancias virxilianas o P. Amoedo Carballo.
Ponte novísima, sen historia; pero con moita vida. Milleiros de mociñas e mociños veñen e van por ela fervendo de vida e de inquedanzas día a día, hora a hora, como as augas do río, como as augas do mar.
As dúas bandas do Lérez xa están novamente xunguidas por unha nova ponte; se os xeógrafos do Imperio Román escribisen deica os camiños e as pontes de Pontevedra dirían: “...ad tres pontes..."
Ponte do Borrón pontevedrés, dina do Lérez, como o podía ser do Sena, do Rhin ou do Támesis...
Rematamos lembrando a Marcial:
Si contas polos anos da cabeza,
Ligia, os anos que tes,
a túa vida aínda agora empeza:
non vexo máis que tres.

Ponte do Burgo
... esta Puente, tiene 200 varas de largo (168 m.)
reedificado formalmente ya por
tercera vez y que se denomina del Burgo...
(Frai Martin Sarmiento)

ENCETAMOS a lembranza da Ponte do Burgo con verbas do Pai Sarmiento porque foi un dos meirandes namorados do Lérez, onde chega composto e saudado por trinta e sete pontes, para ser espello e reflexar a gracia dos once arcos desta Ponte a máis anterga, coñecida e louvada polos poetas, historiadores, xeógrafos e artistas; moitas vegadas recomposta. Non fai moitos anos novamente arranxada e ancheada con moito respeito para a obra anterga, enxergándolle motivos xacobeos como ponte que foi e é paso obrigado da pelerinaxe ao Señor Santiago.
Ponte lembrada polos xeografos latinos, infindas vegadas na Idade Media, sobor da que se fixeron avinzas e, sobor de todo, infindos bautismos de “non natos” para que ao seu tempo naceran sans e escorreitos; ponte sobor da que se desenrolaron en todos os tempos loitas entre os distintos bandos en percura do mando na Boa Vila, derradeiramente a loita dos patriotas encontra dos soldados de Napoleón o 28 de Febreiro do 1809.
Maxistralmente estudada por Enrique Villamil e outros mais; sobranceamos arestora un dos feitos mais antergos sobor da Ponte do Burgo: a paz entre o rei don Fernando II de León e o rei de Portugal don Alfonso Enriquez no ano 1165: “Facta carta donationis sub die quod erat IIo kalendas mayii, in tempore coadunationis regun scilicet Fernandus rex atque rex Adefonsus Portugalensis, promti utrunque ad confirmandam veranque pacem, amicitia inter se et suos, super flumen Lerice, in Vetula Ponte. Pleacuit Deo et ita factum est, sit nomen Domini benedictum, era MCCIII.”
Polo 1393 outra das loitas sobor da ponte desenrolóuse entre as mesnadas do rei Enrique III, e as do arcebispo compostelán don Xoan Garcia Manrique, inimigo político do primeiro e partidario do rei portugués; témera loita na Vila, arredores e sobor da ponte, co gallo da mesma as doncelas e belidas donas pontevedresas ollaban dende as fenestras das súas casas como os feros cabaleiros por émbolos dous bandos zorregábanse témeras zoupadas deica perdela vida.
Nos derradeiros do séc. XVII (xuño do 1697) a vella ponte ameazaba ruína, de tal maneira que os rexedores da Vila encomendaron aos Arquitectos Pedro de Monteagudo e Bento Pintos ollalo estado da mesma e dar presuposto para o arranxo, din: “...que necesita deshacerse dichos arcos... desde el pié del enlosado...” “Tasan las obras de reconstrución en” “... cuarenta y dos mil y ducientos y sesenta y seis reales...”
As obras fixéronse no intre e a ponte ficou arranxada e en servizo, deica o derradeiro terzo do séc. XIX que foron abatidos os torreóns que, se para o arte e a historia non foi moi comenente, si para un mellor servizo da xente e tráfico que, denantes de soerguer a Ponte da Barca discorría soamente por esta. Deste modo cumpríronse os desexos arreo manifestados, as vegadas violentamente polo pobo camiñante e feirante, como aconteceu, entre tantas ocasións, a noite do día 20 ao 21 de xullo do 1879, que o Alcalde Aleixendre Mon: “...ha desplegado de nuevo un terrible aparato de fuerza en el ya célebre portazgo del Puente... demuestra claramente, (sigue decindo o cronista) que hasta como cuestión de orden público es de necesidad que de ahí desaparezca esa nueva barrera que se opone a nuestra prosperidad...”

Ponte da Barca
A noite por a Ponte.
A estrela dorme no río.
Barqueiro de Pontevedra,
Soilo a pena vai contigo.
(C.P.)
A estrela dorme no río.
Barqueiro de Pontevedra,
Soilo a pena vai contigo.
(C.P.)
NO primeiro foi o río, logo a barca, despois a Ponte de Madeira que segundo as crónicas (1899) ...“sobre la ria ha hecho construir el Sr. Riestra para dar cómodo paso a su bella posesión...” Despois unha sinxela ponte de pedra ben traballada e enxergada con ferro; pero sen capacidade para o movemento dos tempos que corren, xurdindo logo a necesidade dunha nova ponte de acordo coas demandas da Cidade en claro crecemento e o Val do Salnés, a meirande, máis belida e farturenta comarca de Pontevedra.
Ponte de cemento, lanzal, como moi poucas na Galiza. Ponte marco entre os concellos de Pontevedra e Poio. Antergos documentos fan sempre referencia a “Barca de Mercé”, como termo de xurisdicións mosteirais, episcopais, parroquiais e arestora administrativas. Marco de termo: “A Pena Penela”, arestora asolagada polas augas mareiras que teiman rubir e as do río que o seu sino é baixar, tenra e eterna sinfonía o agurgullar, heroica e forte nos derradeiros compases:
O río, verde;
a barca, branca,
ouro, a veira;
o remo, prata.
A auga, un lene
salaio que anda...

Río, pontes, vida...
Carlos Baliñas Fernández
Os romanos antigos chamaban «pontífice» ao funcionario que se ocupaba de facer e reparar pontes. ¿Que pode un dicir ao terminar de andar as follas de este libro que Don Antonio Rodríguez Fraiz escribiu «de pontifical» sobre as pontes do noso río Lérez, tal como as veu o debuxante Agustín Pórtela? A todos os nacidos na Terra de Montes nos gustaría escribir un libro sobre o río noso. Este forma parte da biografía de cada un. Por eso, aínda tratando do mesmo tema, cada libro de eses resultaría tan persoal e intransferible como a biografía mesma. Cada un vería, del, diversos aspectos, matices e instantáneas, porque nada, e menos un río, é igual para todos. Neste epílogo vou facer por amigable compromiso algo do que xa me gustaría facer por lecer.
Nos debuxos do libro, vense as pontellas e pontillóns que choutan sobre o río, aínda neno e dubidoso, alá por terras de Aciveiro. Vai por alí o río liscando, como unha serpe, de pequeno en pequeno val de eses que, por iso, chaman «valiñas», topónimo ao que algúns de Montes debemos apelido. Se eu tivera ocasión de escribir por longo a miña biografía do Lérez, tería que lembrar como cerca del, a carón do mosteiro, nos xuntamos hai xa anos un grupo de amigos a xantar cos alcaldes dos concellos de Forcarei, Cerdedo e Beariz. Convidaba Paco Filgueiras Gulías, entón alcalde de Forcarei, para ver de montar a sociedade «Amigos do mosteiro». Non foi ese, exactamente, o resultado de aquel xantar celebrado baixo palio dun castiñeiro, pero sí a iniciativa para todo canto despois se ten feito pola Terra de Montes. Naquela xuntanza estaban tamén —¿como non?— os autores literario e gráfico do libro este, que agora queren contribuír ao salvamento das pontes nosas sempre ameazadas de que as asolague o río da vida e do «Progreso».
Entre Forcarei e Cerdedo o río entra nesa fase que os xeógrafos chaman «heroica» e as pontes ascenden de pontellas a pontes mozas, peraltadas e, como quen di, sempre «na punta do pe». ¿Gomo esquecer a que chaman «do Pego»? Na fraga, case a chupe, a pequena ermida; abaixo, fungando no inverno, silandeiro no verán, o líquido cristal. Arredor, a estrada, mirador en fouce. Abaixo de Cerdedo o río recibe o «casto connubio» de outro pequeno río que ven da caeira do Suido e do Seixo, traendo aínda areas do que foi castelo feudal en Presqueiras. Os dous camiñan en «luna de mel» deica a Ponte de Pedre, que os de alí chaman familiarmente «a Pontapedre».
Alí recibe ao que chega da parte do val de Quireza. Un non quere enguedellarse en liortas de burocracia fluvial, pero pensa que o Lérez soamente é Lérez desde esa confluencia. Por algo as xentes lie chaman desde alí «o río Grande», para distinguilo dos moitos afluentes, e por eso a ponte que alí salta sobre del ten xa tres arcos de medieval maxestade. Se eu escribirá ese libro que cada ún da Terra de Montes desearía escribir, tería que facer estación maior neste antigo viaduto admirable que, como o todo o antigo admirable, está en perigo de desaparecer. Todos os aficionados á pesca teñen unha débeda con este tramo do río que nos dou tantas horas de ilusión por ver o espectáculo, tan fuxidío como inefable, da troita bailando na punta da cana. Pero, no tal libro non nato, ¿como esquecerse tamen da que, xa en terras de Sacos, chaman a «Ponte Nova»? Paseina unha sola vez, cara a noitiña, antes ou despois dun carro? daba arrepío sentir como que as lousas tremaban cando o carro rouseaba. Abaixo brillaban os cons do río, que por alí vai sobre un leito de pedras visibles. O lugar, lírico e avesío, parece un verso de Otero Espasandín.
Das pontes de Bora cara abaixo, demórase o río en relanzos que a literatura chama «Salóns». No libro ese que ún nunca escribirá habería que evocar por longo a Don Miguel de Unamurno cando aquí escoitou a gaita que para el tocaba Don Perfecto Feijoo, o dos «Goros». Se o profesor salmantino andaba tamen ese dia cismando co enigma da morte, o río dáballo resolto ao marchar tranquilamente a se ensumir no mar. «Nuestras vidas son los ríos...»
Pero aos pontevedreses este tramo ten que lembrarlles, sen dúbida, moito máis que a morte, o amor, que tantas veces fixo noviciado indo e vindo entre Monteporreiro e o Burgo. Alí está a ponte famosa? debaixo o río, xa ancho, como nos versos do poeta castelán,
«llevando palabras de amor,
palabras».
Algúns topamos por alí ponte para a vida propia.
A todos os da Terra de Montes nos gustaría escribir un libro sobre o río noso e aquí van gromos do que ún non escribirá. Por sorte tampouco é necesario. Ese libro común xa o escribiu, sobre debuxos de Agustín Pórtela, Antonio Rodríguez Fraiz que, alá enriba de onde o río morre en ria, en Campañó, ten curato de almas e de letras. Desde agora xa merecería, para os romanos, o título de «Sumo Pontífice» do Lérez.

ANTONIO RODRIGUEZ FRAIZ, naceu en Santa Mariña de Tomonde-Terra de Montes, Pontevedra, o 30 de novembro do 1912. Os nove anos ingresou no Seminario e Univ. Pontificia de San Martín Pinario de Santiago, onde cursou Humanidades, Filosofía, Teoloxía e Dereito Canónico. No 1937 o Arcebispo Muñiz de Pablos ordenouno crego, dándolle o destino de Cura-Coadxutor de Moaña no 1940 pasa como Cura-Ecónomo a Santomé de Vilariño-Teo este ano oposita a parroquias acadando a de San Pedro de Cervás no concello de Ares, O Ferrol; o egrexio Cardeal Quiroga Palacios previa oposición, nomeouno Reitor de San Pedro de Campañó-Pontevedra, tanto en esta como nas demais freguesías desenrolou unha fonda labor relixiosa, cultural e social.
Na década dos anos sesenta, como membro do «Equipo Misionero Pontifício para América», fundado por Pío XII, dirixido polo P. Enrique Ma. Huelin S. J. misionou en Bós Aires, onde celebrou a primeira misa en lingoa galega7 a primeira de todos os tempos, diante do sartego de Castelao na Chacarita, logo en Colombia, Puerto Rico, Rep. Dominicana, Venezuela, NovaYork, Nova Jersey... No 1969 volveu a Campañó onde fica na actualidade (1987). Gomo parte da labor parroquial arranxou os templos de Cervás, o Santuario de Chanteiro, o templo parroquial e a capela do Santo Paio de Campañó, creou dúas escolas parroquiais, o Centro Parroquial de Cultura, deu vida activa a varias cofradias, etc. Antonio Rodríguez Fraiz é membro do Inst. Padre Sarmiento de Inv. Científicas, Membro Fundador do Museo do Pobo Galego e do seu Padroado, Membro do Pedrón de Ouro, da Comisión Diocesana de Arte da Arquidioceses de Santiago, Membro Fundador do Inst. de Cultura de Gorozal-Puerto Rico, Cronista Oficial do Concello de Forcarei (Terra de Montes)... Apaixonado pola cultura, liberdade do Pobo e Nación Galega, dende mociño colaborou na prensa da Galiza, con seccións fixas perante moitos anos no «Faro de Vigo», sendo moi linda e popular O: «Atrio de la Peregrina». En Cervás publicou na década dos corenta unha revista parroquial; logo en Campañó: «Campaniola»; colaborou en «Spes», «Vieiros», «Compostellanum», «E1 Museo de Pontevedra», «Cuadernos de Estudios Gallegos». Entre as súas publicacións amosamos: «Ntra. Sra. de la Merced de Chanteiro» (Pontedeume, Ferrol, 1946); «Costumbres populares litürgicomariales en las Iglesias y Santuarios de Galicia» (E1 Museo de Pontevedra, 1965); «Cruces y Cruceros de Campañó», (Iden, 1966); «E1 Santuario de Ntra. Sra. de los Milagros de Amil» (Vigo, 1962); «Historia de Gorozal» (Puerto Rico (Vigo, 1968); «Terra de Montes. Torre-fortaleza do Castro y Jueces-Merinos» (Santiago, 1971), traballo premiado polo Inst. de Est. Jacobeos de Santiago; «Dr. Don Fernando García Leiro. Obrero, sacerdote y maestro» (Pontevedra, 1972); «Los ascendientes del Padre Martín Sarmiento en Cerdedo» (Santiago, 1972); «Terra de Montes. E1 Monasterio de Acibeiro» (Pontevedra, 1973); «Virxilio Blanco. Lembranza» (Pontevedra, 1975); «Canteiros e artistas da Terra de Montes e Ribeiras do Lérez» (Pontevedra,1982); «Los petroglifos y los signos lapidarios en los monumentos románicos, góticos y populares de Galicia» (Actes du Culloque International de Glyptographie de SaragosseZaragozat, 1983); «Terra de Montes. Territorios que históricamente pertenceron a misma» (Santiago, 1986); «A vida nos mosteiros de San Martiño Pinario, Lérez e Poio nos primeiros anos do século XVIII» (Pontevedra,1983); en preparación «Estudio histórico das freguesías da Terra de Montes»... |
AGOSTIÑO PORTELA PAZ naceu en Pontevedra o 1906, cursou o ensino primario e secundario en esta cidade.
Trasladado seu pai don Francisco Portela a Madrid, como funcionario do Estado, con el foi toda a familia, o novo bacharel ingresou nas Escolas de Enxeñeiros Industriais, Aparelladores e Belas Artes, tivo como mestres de arte a Castelao e Álvaro Gil. En Madrid foi fundador o persoeiro da Liga dos Dreitos do Home na España. O 19 de xullo do 1936 volveu con seus pais definitivamente a Pontevedra, traballando co mo Aparellador no concello de Pontevedra e logo na Deputación deica a xubilación. Loitador sempre pola cultura o arte e a libertade da Galiza é Membro Fundador do Museo do Pobo Galego, dos Padroados do Museo de Pontevedra e do Pedrón de Ouro, Correspondente da Academia Galega, etc. A obra de Portela Paz como debuxante e augafortista é de largacía temática e variedade de estilos sen por elo perder un persoal modo de expresión artística, sobresaíndo no campo do humor. Ilustrou libros de Cabanillas7 Cunqueiro, Carballo Calero, Viñas Calvo Rodríguez Fraiz... Colaborador artístico de «Vida Gallega», «Faro de Vigo»r «Diario de Pontevedra», «Chan», «La Noche», «Finisterre», etc. O 1947, publicou: «Pontevedra e Boa Vila»; no 1980, «Plano de Reconstrución do recinto amurallado da Vila de Pontevedra a mediados do século XIX», gardase no Museo de Pontevedra, supón a restitución gráfica da morfoloxía e tipoloxía de Pontevedra? garda inda inédita a obra: «O Trasno», libro de hu mor sobor de feitos e lendas vivas no pobo galego. Traballa nunha monumental obra: «Os castelos da Galiza». A obra inédita de este artista pontevedrés é moita e da meirande calidade. |