Casa de Badía
José Manuel Bértolo Ballesteros e Luís Ferro Pego
Baltasara Gómez de Castro, filla dos donos do pazo de Xerliz, o escribán Baltasar Gómez de Castro e a súa segunda esposa, foi una das primeiras donas da casa de Badía. Casou en 1747 con Domingos Antonio Andújar Novoa, da parroquia de San Breixo de Lamas, que tamén era rico pois herdara de seus pais pero tamén do seu tío cura e de seu irmán Bartolomeu.
Sucedeulles o vinculeiro, Xoán Andújar Gómez de Castro, veciño de San Breixo de Lamas. Avogado da Real Audiencia e cabaleiro maestrante de Ronda, durante a guerra de Independencia foi elixido polo pobo, como “caudillo e comandante na xusta sublevación e defensa da nosa sagrada relixión, do noso rei Fernando VII, ...”, pero logo marchou para Santiago xunto cos franceses, pois “dicía en público que era unha barbaridade opoñerse aos franceses”. Xoán disputou moitas veces co seu veciño e primo Andrés Marcelino Gómez de Castro, dono do pazo de Xerliz, por exemplo, pola ponte sobre o río de Xerliz, que Andrés quixo reconstruír máis arriba, meténdose en terreos de Xoán mentres el incorporaba terreo na súa propiedade.
Unha filla de Xoán, Andrea Andújar Padín, casou en 1833 con Xosé Badía Martínez, veciño de Santiago. Vivían na súa casa de Xerliz, que a partir de agora se chamará “casa de Badía”, e como non tiñan descendencia, Andrea deixoulle a metade da herdanza a seu marido e da outra metade deulle poder para elixir entre as súas dúas irmás ou os seus descendentes. El fíxoo a favor da súa sobriña Carme Paseiro, que entón xa era a súa nova esposa.
Xosé na década dos 40 cobraba as contribucións do distrito e foi alcalde desde 1865 a 1868. En 1865 Xosé comezou a facer un hórreo na súa eira pero a dous metros dunha fiestra do pazo de Xerliz. Trala disputa co seu dono, Manuel Gómez, chegaron a un acordo polo que fixeron algúns trocos de leiras, de xeito que puideron facer entre as súas propiedades un muro recto de separación de 17 cuartas de alto, ao que poderían arrimar calquera obra que non excedese a altura da muralla. Tiveron oito fillos, entre eles Atilano Badía Paseiro, que casou en 1889 con Matilde Paseiro Budiño,natural de Callobre, pais de Xosé Antonio Badía Paseiro.
Xosé Antonio contraeu matrimonio con Filomena Campos García, de Cuntis, e foron os pais de:
Na actualidade vive nesta casa Aurora Fernández Fernández xunto á súa filla Lucita Otero Fernández, que casou con Manuel Pisos Rey, nacido en Arcos de Furcos (Cuntis). Son os pais de Silvia Pisos Otero, casada con Xaime Picallo, que tiveron a Sarela no ano 2009; e de Elisa Sabela Pisos Otero, casada con Uxío García, que teñen un neno chamado Uxío nacido en 2007.
* Capicúa. 24-10-2012

- María Amparo Badía Campos, (Xerliz, 1915-1990), que casou en Guimarei con Ramiro Pose Blanco, natural de Moreira. Emigraron a Bos Aires no ano 1951 e regresaron en 1979. Deste matrimonio houbo un fillo chamado Gumersindo Pose Badía, que casou en Bos Aires con Marta Ventura Gentini, que son os propietarios do restaurante estradense Argentinos Burguer, especializado en cociña italiana e mexicana, que rexentan desde 1980. Son pais de Guillermina e Gonzalo.
- Arminda Badía Campos, (Xerliz,1917-2004) casou con Francisco Valcárcel Rey, natural de Figueroa. Seu fillo Francisco Xosé Valcárcel Badía, casado en A Somoza con Ma Xosefa Constela Moreno é o xerente de “Muebles Hermanos Valcárcel Rey” da rúa Serafín Pazos de A Estrada, unha das últimas moblerías onde os ebanistas fabrican os mobles de forma artesanal.
- Ernestina Badía Campos casada con Gumersindo Puente Durán.
- Elena Avelina Carme Matilde Badía Campos.