Muller e emigración na Terra de Montes
Carme Hermida Gulías
A Terra de Montes foi de sempre unha terra de emigración. De primeiras os homes marchaban só unha parte do ano para traballaren de canteiros; despois, respondendo á chamada das Américas, pasaban anos e anos en Cuba, na Arxentina, en Venezuela, en México, nos Estados Unidos...; máis adiante, o reclamo chegou de Europa e os nosos homes coñeceron Suíza, Francia, Alemaña, Andorra... Esta peregrinaxe -esencialmente masculina- en busca de pan e futuro converteu as mulleres na Terra de Montes en fieis modelos destoutra que cantaba Rosalía de Castro:
“Tecín soia a miña tea,
Sembréi soia o meu nabal,
Soia vou por leña ó monte,
Soia a vexo arder no lar.
Nin na fonte nin no prado,
Así morra coa carrax,
El non ha de virme a erguer,
El xa non me pousará.
¡Qué tristieza! O vento soa,
canta o grilo ó seu compás...;
ferve o pote..., mais, meu caldo,
soíña te hei de cear...”
A falta da figura masculina na casa supuxo que nesta terra moitas mulleres asumisen roles públicos que noutros lugares estaban adscritos ós homes: contacto coas administracións, transacións comerciais, representación pública da familia, etc. Isto non quere dicir que aquí o sistema patriarcal tivese menos forza ca noutros lugares. As circunstancias obrigaban, iso si, a que as mulleres asumisen e exercesen por delegación o rol de cabeza de familia. Mais cando el volvía, tamén ela retornaba ó seu lugar secundario.
E se a ausencia do home non supuxo no ámbito da representatividade ningunha mellora, as súas consecuencias para as vivencias sociais e afectivas das mulleres foron fatais. As viúvas de vivos, igual cás viúvas de mortos, estiveron sempre obrigadas a gardar ausencia, aínda que a diferenza das segundas, non tiñan por que vestir de negro. Con todo, o goce que podían ter dunha festa reducíase, en ámbolos casos, á asistencia á comida familiar ou á misa dunha romaría á que estivesen ofrecidas. Todo o máis, estáballe permitido acudir ó baile sempre que a súa función fose a de acompañante e gardadora da honra das fillas.
A fidelidade á parella ausente non era, xeralmente, compartida polo home que, coa connivencia e o silencio cómplice doutros veciños, amigos, compañeiros e familiares tamén emigrados, podía no seu novo lugar de residencia convivir sen problemas con outra parella. Casos houbo en que un home mantivo durante anos unha familia aquí e outra alá, sen que nada soubese unha da outra ata despois da súa morte. E isto non tería nada de reprobable se non provocase un forte trauma afectivo e social na familia de aquí e moi especialmente na súa muller.
E casos hai en que o home despois dunha morea de anos vivindo na emigración con outra parella regresa aquí coa idea de que a lexítima, tan abnegada ela que criou os fillos e fillas, coidou os vellos e sempre o recibiu cos brazos abertos nas vacacións, sen preguntas, sen reproches, tamén vai estar en disposición de coidalo e de agarimalo na vellez. E se, por algunha razón, non se entenden ou a muller se revela contra a submisión debida despois de anos de liberdade de acción, os fillos e fillas intentarán por tódolos medios arreaxuntalos. E se non o conseguen, sen dúbida as culpas serán para a muller que non é capaz de recoñecer o que para el supuxo deixar a terra, os fillos, traballar para mantelos...
Aínda que a maioría das mulleres aceptaron a renuncia á vida propia e plena, houbo algunhas que non puideron ou non quixeron renunciar á vida sexual e afectiva á que as condenaba a ausencia do marido. Pero antes non era coma hoxe: a honradez dunha familia estaba asociada só coa pureza sexual das súas mulleres e coa súa entrega a un só home, non era crenza común que a muller puidese gozar por si e para si da súa sexualidade, non había divorcio, non había métodos anticonceptivos... Por iso algunhas houbo que ante a inminencia do descubrimento da súa infidelidade optaron pola autoinmolación facendo uso dunha soga na carballeira máis próxima á casa.