A casa de Araúxo en Ponte-Sarandón (Ribeira)
José M. Bértolo Ballesteros e Luís Ferro Pego
En Ponte Sarandón na parroquia de Santa Mariña de Ribeira está situado o “pazo de San Bieito”, como se chamaba antigamente, ou “casa Araúxo” como se adoita chamar agora. No século XVIII tiña escrito na súa entrada o seguinte:
“Portal y murallas mandaron hacer D. Pedro Joseph Miranda, Valcarce, Valboa, Farfán de los Godos, Vermúdez, Castro y Ruibalcaba, Campelo, Núñez, Pimentel, Ribadeneira y Da María Rosa Palomo de Paredes, Carnero, Salgado, Sánchez de Quiroga, Sarmiento y Bervetoros su mujer, año 1756. ”
E máis abaixo proseguía: “Blasones son míos todos, los que arriba se verán, y también pongo Farfán, que desciendo de los Godos, no debo ni deudo nada, de nobles esta alcabala, esta honra debo a Dios, y a mis pasados la gala, de tenerla y conservarla, y así me río de todos”.
Tal cantidade de apelidos fan alusión aos seus ascendentes que foron todos de familias ben situadas. Dito Pedro era fillo Pedro Salvador Miranda Valcarce, que procedía dunha familia de escribáns de Padrón, e de Ana María Xacoba Campelo e Castro, quen herdara a casa, capela e todo o anexo de Ponte Sarandón. En efecto, estes bens pertencían a Pedro Núñez e Xulia de Castro, quen fixo testamento a mediados de agosto de 1617 deixándollelos a seus fillos. Pero será a súa filla Ana de Castro, casada co boticario e home de negocios Bieito Campelo, quen finalmente quedará con todo.
Das actividades económicas de Bieito hai abundantes documentos no Arquivo Catedralicio de Santiago. Destaca unha venda de mulas a un parente da muller, a Bernardino Sarmiento Sotomaior, da casa de Figueroa (A Estrada), que era quen coidaba das cabalerías de S.M. a raíña.
O seu neto Xacinto Campelo, capitán e familiar do Santo Oficio, casou sobre 1667 con María Ballesteros del Mazo Pimentel, filla dos donos do pazo de Laíño, preto de Padrón, e que procedían de Xoán Ballesteros Rubalcava ou del Mazo, que a mediados do XVI se instalou como campaneiro en Santiago procedente de Cantabria (do lugar de El Mazo, terra de campaneiros). Xacinto e María foron os avós maternos de dito Pedro Xosé Miranda, o que fixo as estrofas que adornaban o pazo. Dito Pedro Xosé casou tres veces. A segunda muller, da que tivo catro fillos, foi Ma Felipa Sanxurxo Montenegro Bermúdez de la Peña Soutomaior, filla do escribán Xoán Ambrosio, da “casa de San Paio de Figueroa”, e de Sabela Mª Núñez de Castro Varela de Vaamonde, da “casa de Barcia” en Cora. Logo casou con María Rosa Palomo Salgado, veciña da parroquia de San Bartolomeu en Pontevedra, da que tivo quince fillos (daquela non había televisión). Unha bisneta deste matrimonio Carme Miranda Xil casou co avogado Manuel Luces Gómez Reloba, natural de Muros, que veu para a Estrada onde tomou posesión o 4 de xaneiro de 1864 no Rexistro de Propiedade en A Estrada, que empezara a funcionar un ano antes.
Unha filla de Carme Miranda chamada Laura Luces Miranda, contraeu esponsais na igrexa (neste momento aínda non había “lei de matrimonio” nin Rexistro Civil) con Maximino Araúxo Gómez, incorporándose así o apelido Araúxo a esta saga, que é o que lle dará nome ao pazo.
O seguinte dono do pazo foi Xosé Buenaventura Araúxo Luces, quen contraeu matrimonio en Orazo o 29 de xuño de 1900, con Carme Ulloa Villar. Xosé era médico e atendeu en 1923 á marquesa de Casa Pardiñas, Mª Loisa Mayo Araúxo, da que era parente, e can-
do morreu, o 27 de setembro dese ano, Xosé embalsamouna para ser traslada ao cemiterio de Vilaxoán, lugar onde o seu home o xeneral de brigada Ramón Sanxurxo Neira tiña casa principal. Pero logo tivo que chegar a un preito contra os herdeiros, pois non lle querían pagar os seus honorarios.
Cando morreu Xosé e Carme, os fillos fixeron as partillas quedándolles a catro irmáns unha casa de tres pisos na rúa Marqués de la Vega de A Estrada. No baixo da casa había dous locais destinados a Escola de nenos n° 1 e n° 3, que cando quedaron libres en 1957 quixeron ocupar, pero atoparon a oposición do Concello, que non llelos quería desocupar.
O pazo quedoulle a María da Concepción Araúxo Ulloa, que casou con Manuel Puente Matalobos, e foron pais de oito fillos. A maior, María do Carme Puente Araúxo xunto co seu home mercou a seus tíos a propiedade do pazo, sendo agora a actual propietaria.
* Capicúa 4-7-2012