Aguións*
Clara Iglesias Cortizo
- AGUIÓNS: do latín vulgar AQUILEONEM OU AQUILIONEM, variante do latín clásico ACULEUS, “aguillón, punta, púa”. Debe tratarse dunha referencia a algún elemento do terreo (unha pena, unha rocha) de forma máis ou menos aguda ou afiada.
- A ALDEA GRANDE: topónimo de significado transparente. A palabra aldea procede do árabe al daya, “a vila”. Pola súa parte, o adxectivo grande provén do latín (GRANDIS-GRANDE).
- CAMPENLOS: diminutivo de campo, do latín CAMPUM. Fórmase sobre o lexema camp- + o sufixo diminutivo –elo, que procede do latino –ELLU. O resultado esperábel sería Campelo, forma moi frecuente na toponimia galega. A nasalización do sufixo parece que non é etimolóxica e seguramente se deberá á influencia da consoante nasal que traba a primeira sílaba. Este fenómeno afecta á nosa zona dialectal, tal e como acontece tamén noutras formas toponímicas tales como Fontenla ou Pinguenla. En xeral, co substantivo CAMPUM designábase a terra plana, en oposición ao monte; tamén indicaba aqueles terreos que se cultivaban e opoñíase a URBEM, “vila”.
- OS CEBADOS: é posíbel que este nome de lugar teña que ver co cereal que tamén é coñecido coma orxo. O substantivo cebada procede do latín CIBATAM, derivado de CIBUM, “alimento”. En xeral, é infrecuente este nome na toponimia galega, dado que, segundo parece, non era este un cereal que fose antigamente moi sementado na Galiza. Segundo o dicionario de Eladio Rodríguez era practicamente descoñecido no país e só se cultivaba algo nas provincias de Lugo e Ourense. En todo caso, resulta un topónimo dubidoso, aínda máis tendo en conta esta forma Cebados, en masculino plural, que parece o participio do verbo cebar. Pode ser que se refira ao cereal; ou ben, que sexa unha forma de cebar, aludindo aos animais que se cebaban nesta aldea. En calquera dos casos a etimoloxía viría ser a mesma.
- O CODESO: do latín vulgar CUTISSUM, que veu substituír ao clásico CITISSUM. Trátase dun fitotopónimo (codeso: “arbusto semellante á xesta, con talos cilíndricos e flores brancas”).
- A FRIEIRA: provén do adxectivo latino FRIGIDUM, “frío”, coa adición do sufixo –ARIAM (>eira), de sentido locativo. O significado pode ser, polo tanto, “lugar onde se sente moito o frío” e tamén “arroio” ou “torrente”.
- O OUTEIRO: do latín ALTARIUM. Trátase dun topónimo moi habitual, co significado que ten na lingua común, “pequena elevación no terreo”.
- O PREGUECIDO: do latín PIGRITIAM (>preguiza) + sufixo abundancial –ido. Aínda que parece un topónimo estraño polo seu significado, e supoñendo que non nos equivoquemos na súa interpretación, pertencería a un grupo de nomes de lugar que indican unha valoración sensitiva establecida polo ser humano.
- RAXEIRA: nome do léxico común, “espazo breve de tempo en que loce o sol nun día de chuvia”, ou “lugar onde dá o sol”; posibelmente derivado do latín RADIARE, “irradiar”. De todos xeitos, segundo o dicionario de Eladio Rodríguez raxeira pode significar tamén “toxeira, campo de toxos”. Na opinión do profesor Pensado derivaría entón de raseira “terreo raso e desprovisto de vexetación”, que acabou por confluír co significado de “toxeira”.
Os nomes da Estrada; ed. Fervenza, 2018
Aguións (Santa María)*
Manuel Reimóndez Portela
Co nome de Santa María é coñecida esta parroquia desde tempos esquecidos. Trátase duna parroquia que pertence á zona chamada de Vea Alta, arrimada xa á mesma vila da Estrada polo norte. Á mesma zona pertencen Santeles, Toedo e Matalobos.
LINDES: linda polo norte con Barbude e parte de Santeles, polo sur coa Estrada e Lagartóns, polo leste con Moreira, oeste coa parroquia de Toedo e parte de Santeles
Por razón alfabética do seu nome ten o número 2 (despois de Agar) entre as 51 que compoñen o concello.
Por razón da súa superficie ocupa o lugar 34 con 405 hectáreas segundo o Nomenclátor de 1981.
COMUNICACIÓNS: a máis importante estrada atravesa esta parroquia na dirección norte-sur é a PO-2150 que saíndo da Estrada segue ata a Ponte Ulla. Dende esta estrada arrancan as pistas asfaltadas pola concentración parcelaria que chegan a cada un dos lugares da parroquia sen que teñan saída polo leste, onde lle fai de fronteira o río Liñares; tiñan outras pontes que recordemos onde lles corresponde, so a Ponte Nogueira atravesa este río polo nordeste dando paso á devandita estrada.
Polos outros aires ten saída cara a Santeles e Toedo e á mesma Estrada cara a Figueroa.
Atópase ben comunicada e moi preto da vila lindando polo norte cos seus terreos.
O camiño real pasaba por esta freguesía pola ponte Cañizas en Preguecido seguindo á Estrada e pola outra banda a Pía e Pica en Moreira camiño de Vilafruxil e de alí por monte Redondo á Mota.
Fíxose un novo acceso asfaltado que conduce á igrexa.
HIDROGRAFÍA: o Liñares que vai ao Ulla é un río importante que lie serve de linde polo leste.
O chamado río de Barcia é o máis importante regueiro, está formado polo Frieira e o de Toedo e vai desembocar ao Liñares entre Pina e o castelo de Santeles.
O da Frieira (dito) nace en Cova do ladrón no oeste da vila e o de Toedo nace no Brañal desa parroquia.
PONTES: a ponte Nogueira sobre do Liñares é a máis importante. A das Cañizas, en moi mal estado, hoxe desaparecida, e a do Cálvelo tamén sobre dese río, igualmente desaparecida.
Os pasos de Fondibaos aínda existen e teñen acceso por unha pista nova de concentración.
A ponte do río Barcia, en realidade é unha pontella sobre dese regueiro do que xa falamos, igual que a pontella das Brañas, que foi reconstruída no ano 2002.
Como curiosidade diremos que as pedras, 34, na súa totalidade, son pasais no chamado río de Toedo, regato do que tamén temos falado, pois estes pasos fan de linde entre esta parroquia (Aguións) e a súa veciña de Toedo; a pedra central, facendo de linde ten gravada unha cruz e a letra O.
FONTES: unha fonte importante é a da Virxe preto da igrexa, con augas que lie collían os veciños para bendicir as leiras o día da Ascensión e mais sandar o gando como diremos unhas lendas desta parroquia.
A fonte da Aldea Grande, ou fonte de Estrela (por estar a carón a casa dunha veciña con ese nome) é tamén importante pois ten unha inscrición que di "HECHA POR LOS HABANEROS DE ESTA PARROQUIA DE AGUIONES. AÑO 1910"
A fonte de Travela é a chamada "A Fontiña" que seca de verán, actualmente desaparecida.
OROGRAFÍA: esta é unha terra case cha, non ten importantes montes nin montañas.
CASTROS: esta parroquia ten un importante castro chamado de Preguecido ou de Aguións. Atópase entre o pazo de Preguecido, a igrexa parroquial e o lugar de Cebados. Está bastante abandonado e conta cunha plantación de castiñeiros; ten unha fermosa vista cara ás terras de Santiago e o Xesteiras, ademais das "hacheadas" terras da parroquia. Cunha forte pendente cara ao río Liñares que o envolve, en parte e moito menos cara aos terreos lindantes de Aguións. Na banda oposta ao Liñares ten sinais dunha vella canteira que algúns din que serviu a pedra para o pazo. Téñense atopado alí restos de cerámica. Preto do castro está a fonte da Virxe da que falaremos unhas lendas desta parroquia.
PAISAXE: xa dixemos que se trata dunha terra cha moi fermosa con moito verdor e en puntos bastante humidade no terreo, a mellor paisaxe tena dende o castro.
PEDRAS: non atopamos pedras, penedos, ou laxes con chamadeiros, con inscricións, non sendo a da fonte da Aldea Grande, da que xa falaremos, e por suposto as dos cruceiros.
A pedra do medio das paraxes chamadas de Gundivaos que separan esta parroquia da de Toedo tiña unha cruz e unha O.
CRUCEIROS: moi importantes son os cruceiros que hoxe aínda están en pé nesta parroquia, que damos a coñecer:
1 Situación: parroquia de Aguións, fronte á entrada principal ao adro da súa igrexa.
Desprazouse 10 m cando se arranxou a praza.
Descrición: plataforma: tres chanzos con mesa no derradeiro. Pedestal: cúbico con arestas rombas. Columna: octogonal con "remendos" de ferro para a súa conservación; comeza e remata cadrada. Capitel: cuadrangular con "colo" na parte media. Cruz: octogonal, latina. Anverso: Cristo crucificado coa testa inclinada á dereita. Reverso: Nosa Señora das Angustias. Altura: uns catro metros.
Inscricións: non se observan.
Conservación: boa.
Tradición: cruceiro instalado, como moitos outros, fronte á entrada da igrexa, con mesa para pousar a caixa co cadaleito para rezar antes de entrar no recinto sacro.
Tamén había nesta praza un enorme castiñeiro que secou en 1994.
Propiedade: pública.
Situación: parroquia de Aguións, a carón da estrada dende esta á de Santeles, a 1,2 km. Dende o seu entronque na estrada da Estrada a Ponte Ulla.
Descrición: plataforma: de dous chanzos. Pedestal: cuadrangular para rematar redondo. Columna: octogonal, comeza cadrada con signos da Paixón: columna, escoda, martelo e tenaza, dous flaxelos en X. Capitel: cuadrangular con volutas con dous querubíns e dúas imaxes. Cruz: octogonal, latina. Anverso: Cristo crucificado, testa inclinada á dereita, separada da cruz, con anxo pequeno á súa dereita. Reverso: ascensión da Virxe, un anxo a cada banda no brazo horizontal da cruz. Altura: uns catro metros.
Inscrición: non se observan.
Conservación: mala.
Tradición: situado nunha antiga carballeira con cruce de camiños.
Propiedade: pública.
HÓRREOS: o máis importante hórreo pola súa antigüidade e o seu gran tamaño de 10 claros é o do Pazo de Preguecido ao que se lle considera con moitos anos.
LENDAS: a fonte da Virxe: atópase preto do castro de Preguecido, da banda do río Liñares a quen os veciños lle dan o nome da fonte da Virxe, coidando que nace xusto debaixo da súa imaxe, exposta no altar.
Tanto veciños coma forasteiros facían uso destas augas para quitarlles o enganido aos nenos. Unha persoa maior levaba o neno ata a fonte tendo que ir por un camiño e volver por outro e non atoparse con ninguén. Chegado á fonte lavábao e con ¡so curáballe a enfermidade.
Tamén polo día da Ascensión os veciños enchían alí botellas de auga para abenzoar os froitos que tivesen sementados, millo, trigo, centeo, horta, etc., ademais das casas.
Outra lenda retírese ao cruceiro que se atopa na paraxe que leva ese nome na pista a Santeles; segundo os veciños alí había unha trabe de ouro e outra de alcatrán, e coma sempre a xente non ía cavar co medo de atopar coa de alcatrán ou xofre e morrer queimados.
No castro de Preguecido saía unha galiña con pitos de ouro, aínda que os veciños din que debían ser perdices.
HISTORIA: damos a coñecer datos recollidos e expostos por razón de datas:
Recolle en 1607 Jerónimo del Hoyo:
"Santa María de Aguiones.
Hoy en esta feligresía de Santa María veinte y cinco feligreses. Los fructos todos a la cura, que valdrán treinta cargas de pan. Representación de legos. La fábrica tiene de renta once fanegas y cinco ferrados de centeno y dos fanegas y dos ferrados de mijo y seis caberas de vacas."
Catastro de Ensenada: "A la primera pregunta dijeron todos unánimes y conformes que dicha feligresía y su término en que se hace esta operación es muy bien conocida por todo el reino con el nombre de Santa María de Aguiones la que es parte de las mas sujetas a la referida jurisdicción de Vea.
A la segunda pregunta (si es de Señorío o Realengo...) dijeron que la citada feligresía es del Señorío de los muy Reverendos Arzobispos de Santiago y así lo tienen entendido por público y notorio y a mayor abundamiento se remiten a los títulos que en orden a dicha regalía haiga....
A la tercera pregunta (que territorio ocupa el término, cuanto de Levante a Poniente...) dijeron que el territorio y término que ocupa la citada feligresía de Aguiones será de Levante a Poniente un quarto de legua, y de Norte a Sur poco más de media legua y circunferencia tendrá cinco quartos de legua por lo que se tardaría en andar alrededor de hora y media, confronta por Levante.... su figura es casi redonda....
A la quarta pregunta (Que especie de tierra se hallan en el térmio...) digeron que en la citada feligresía igualmente se hallan y ay las especies de tierras labradío, regadío y secano, pastos, herbales, viñas en parra, castaños, hortaliza, frutales, tojales, robles, xestares o retamares montes incultos por imposibilidad y en parte por naturaleza y en dichas tierras se siembran por lo regular las semillas de trigo, centeno, mijo, maiz, mixo menudo, mijo maiz, lino, habas
interpoladas con el maiz, calabazo de olla y nabos, las que producen regularmente los mencionados frutos sin descanso o intermición y en las que son de mas sustancia que se benefician y estercolan recogen dos frutos en un mismo año, de manera que sembrada esta tierra de centeno o lino de primera mano, alzados estos el mismo año se vuelve a sembrar de segunda mano de maíz, de mijo menudo a nabos y si se siembra primero de maíz no se coge otro fruto.
A la quinta pregunta (De quantas calidades de tierra hay en cada una de las especies...) digeron que las especies que hay en las tierras de dicha feligresía son de buena, mediana e inferior calidad a excepción de sauces y ameneyros y montes que son de una sola calidad.
A la nona (De que medidas de tierra se usa en aquel pueblo...) digeron que la medida de tierra que se usa en esta feligresía así como para sus frutos se llama ferrado que se regula por varas de diez palmos y su circunferencia tiene quarenta y ocho que componen ciento y veinte varas castellanas, en cuia cabida de tierra necesita para sembrarse de centeno en este país ferrado y quarto del mismo fruto; para la de trigo veinte quartillas del mismo fruto, para de menudo tres quartillos y ferrado y medio de linaza para la de lino, para los nabos medio quartillo...no se acostumbra a sembrar h^bas por si solas sólo interpoladas entre el maiz y suele llevar un quartillo en la cabida de un ferrado...estas son las que se siembran y no otras.
A la décima pregunta (Que números de medidas de tierra habrá en el término...)digeron que no pueden declarar el número fixo de medidas de tierras que ay en dicha feligresía ni les es fácil distinguir sus especies y calidades por menor, pues para ello se necesitaba mucho trabajo y dispendio de personas que las midiesen, pero lo que pueden decir es que los términos que dexan deslindados tienen por mayor las especies referidas a excepción de lo que ocupan los caminos, ríos, arroyos y montes incultos...y se remiten al marqueo hecho.
A la undécima pregunta (Que especie de frutos se cogen en el término) digeron que las especies de frutos que se cogen en esta referida feligresía de Santa María de Aguiones son trigo, centeno, maíz, mijo menudo, vino, lino, habas interpoladas con el maíz, nabos, verzas del país y calabazas de olla....
A la catorce pregunta (Que valor tienen ordinariamente un año con otro los frutos...) digeron que el valor que regularmente y por un quinquenio tienen los frutos en dicha fefigresía es como sigue: el ferrado de trigo a seis reales, el de centeno a tres, el de mixo maíz seis maravedises a quatro, el de mixo menudo a dos, el cañado de vino ocho reales, el afusal de lino en bruto a seis, la libra en limpio quatro, el ferrado de linaza diez.
Y para luz de las pensiones forales así mismo declararon que una marrana de ombro vale veinte reales vellón y una de leche seis, un carnero once, un cordero cuatro y medio, un cabrito cuatro, una gallina dos, una polla diez y siete maravedises de vellón, una docena de huevos diez y seis maravedises, una libra de miel un real y diez y siete maravedises vellón y la de cera en pasta siete reales. El carro de paja triga diez, el de centenal quatro, el de leña lo mismo y un par de capones cinco reales vellón; cuios verdaderos precios constaran mas vien de las relaciones de los Señoríos y Colonos que en orden a ello hubieren dado a que se remiten y por lo que se mira a la hortaliza y demás frutos ya lo tienen dicho...
A la décima quinta (Que derechos se hallan impuestos sobre las tierras del término como Diezmos, Primicias,...) digeron que se halla impuesto sobre las tierras de dicha feligresía el Diezmo que se entiende de diez uno de los frutos de trigo, centeno, mixo maiz, menudo, lino, lana y nabos, el que se paga por entero al cura parrocho de ella y además de dicho diezmo se paga Primicia al cura en la manera siguiente: Por el lugar de Cebados tres primicias, por el de Preguecido una, por el del Codeso tres, por el de Aguiones siete y por el de la Frieira una y cada primicia de las referidas se compone de quatro ferrados de centeno y mixo menudo de por metad, vien entendido que los llevadores y poseedores de dichos vienes de dichos lugares pagan la expresada primicia según la maior o menor proporción de haciendas que en ellos tienen sin que aiga distinción entre viúdo, viúda, casado, soltero o soltera, sino que todos de cada lugar tienen obligación de completar entre sí y pagar al precitado cura dichas Primicias y para hacer esta distribución o comparto se juntan a fin de saber de parte discreta que a cada uno corresponde.
Tanvién pagan los vecinos de dicha feligresía al referido cura Oblatas en esta manera: los casados y viúdos un ferrado de centeno y una gallina, las viúdas, solteros y solteras nada.
Paga igualmente cada vecino por razón de Voto al Apostol Santiago ocho quartillos de centeno y siendo pobre que no tenga labranza no contribuye con cosa alguna; y estos son los Diezmos, Primicias y Oblatas que se alian sobre dichas tierras. Y aunque ay algunas pensiones como son Foros, Censos y Pias memorias no pueden expresarlas...
A la décimosesta pregunta (A que cantidad de frutos suelen montar los referidos derechos de cada especie...) digeron que los Diezmos que percibe dicho cura parrocho baldrán regulados por un quinquenio anualmente tres mil reales vellón y las primicias importan sesenta ferrados de centeno y mixo menudo de por mitad...
A la vigésima pregunta (De que especies de ganado hay en el pueblo y término...) digeron que son muy reducidas las especies de ganados que ay en dicha feligresía y su término y son, bueyes, vacas, juvencos, juvencas, yeguas, ovexas, carneros, cabras y cerdos y no ay cabaña ni yeguada.
A la vigésima primera pregunta (De que numero de vecinos se compone la población...) digeron que el número de vecinos que ay en dicha feligresía son setenta y siete sobre cuio numero se remiten a las relaciones y certificación del Cura...en cuanto a casas de campo o alquerías no ay ninguna.
A la vigésima segunda pregunta (Quantas casas habrá en el pueblo, que número de inhabitables...) digeron que habrá tantas casas como vecinos y en orden a las arruinadas se alian las que siguen: una propia de Pedro González sita en la Aldea Grande, otra de Joseph Terceyro sita en la aldea do Codeso, otra de Juan Martínez el mozo sita en la aldea dos Zebados, otra de Pedro Cuntín ausente, en dicha aldea dos Cebados, otra de Ignacio Carbón ausente sita en dicha aldea de Cebados y otra de Antonio de Sarria vecino de San Julián de Guimarey sita en la referida aldea de Cebados, no saben las pensiones que sobre si tengan...aunque el muy Rvdo. Arzobispo de Santiago no percibe por el suelo y establecimiento de dichas casas cosa alguna.
A la vigésima tercia pregunta (Que propiedad tiene el común y a que asciende su producto al año) digeron que sólo tiene y disfruta el común de dicha feligresía quatro reales de vellón, procedidos del pesillo de lino que se vende en las ferias de Carvia y Casanoba que se celebran en esta jurisdicción de Vea que tiene arrendado Juan Barcala vecino de Santa Cristina de Vea en setenta y cinco reales de vellón cada un año por el todo el dicha jurisdicción y a dicha feligresía le corresponde la cantidad que queda expresada la qual tienen destinada los vecinos de ella y más de la citada jurisdicción para pagar las órdenes que se remiten de la Ciudad de Santiago como cabeza de provincia...
A la trigésimo nona digeron que en esta feligresía no ay Conventos...
A la quarenta pregunta (Si el Rey tiene en el pueblo o término alguna finca o renta...) digeron que no saben aiga en dicha feligresía fincas o rentas que no correspondan a SM en las provinciales o generales que deban extinguirse y que el Rey tiene la Dehesa y Vivero que figuran en las listas..."*
Pascual Madoz no seu Diccionario dos anos 1848-50 dinos:
"Aguiones (Sta. María de), feligresía en la provincia de Pontevedra (a 6 leguas da capital), diócesis de Santiago (4,5 I.) partido judicial de Tabeirós y Ayuntamiento de Estrada. Situada a la izquierda del río Liñares. Clima sano, comprende los lugares de Aldea Grande, Cebados, Codeso, Fieira y Preguecido que reúnen 52 casas muy medianas. La iglesia parroquial (Sta. María) es bastante capaz y el curato de provisión ordinaria. El término confina con: por O y N con el de San Pedro de Toedo, por E con el indicado r. y por S con San Payo de Figueroa. El terreno participa de monte arbolado y de llano fértil regado con las aguas del Liñares y los derrames de buenas y abundantes fuentes. Los caminos son locales y malos, sobre el r. se halla el puente de madera denominado Cañizas. El correo se recibe por Tabeirós. Producción: centeno, maíz, nabos, patatas, algún tripo, hortaliza y poca fruta. Cría ganado lanar, vacuno y algo de cerda. Población: 55 vecinos, 260 almas."
Os datos do ano 1883 pertencen ao Nomenclátor Arz. de Santiago:
Aguiones (Santa María).-Vea-Pontevedra-Estrada-Estrada-Conde de Gimonde-Entrada 70 vecinos, 446 almas, Estrada.
Personal: Eirín Rodríguez D. Juan Parroc. 33a. Teol. 5 anos.
Rodríguez D. Manuel Prbt. 46 a. carr. breve.
No ano 1924 tiña 393 habitantes de dereito, segundo o censo.
Gerardo Álvarez Limeses na "Geografía General del Reino de Galicia" dinos:
"Aguiones (Santa María). Dista 42 kilómetros de Pontevedra y dos de La Estrada y limita al N. con Toedo, al Sur con Estrada, al Este con Moreira y al Oeste con Toedo.
Sus entidades son: Aldea Grande con 128 habitantes. Cebados de Abajo 64. Codeso 50. Outeiro 77. Preguecido 36 y diseminados 38 que dan un total de 393 habitantes, para los que cuenta con una escuela mixta desempeñada por maestra.
El terreno es llano y no hay mas alturas que el llamado Castro de Aguiones, cercano al cual se halla el Palacio de Preguecido, con capilla, mansión que fue de los Condes de Ramiranes. La recorren varios arroyos y la riega el río Liñares, que suministra fuerza motriz a diez molinos harineros y a dos fábricas de electricidad que dan energía eléctrica a La Estrada. Las fábricas tienen servicio telefónico con la villa.
La atraviesa la carretera que va de La Estrada a Puente Ulla y tiene correo diario y servicio de automóvil al puente Sarandón los días 7, 16, 24 y 30 de cada mes.
Abundan los prados y el ganado bovino. Se producen muchas legumbres.
La iglesia fue reedificada en 1787 y hay en ella un retablo de nogal con imágenes de Juan de Pazos. Las fiestas principales son la patronal y las de Corpus, San Antonio y el Carmen"
IGREXA PARROQUIAL
Segundo Pedro Varela a igrexa é regular e ten ao exterior un letreiro, D.M.D.C.C.X.C.II, e que antes houbo no mesmo sitio unha capela. A primeira visita do libro da fábrica data de 1673 e di que o cura tratou de reedificar dita capela obrigando ao presenteiro, mais este non accedeu e tivo que facerse a obra eos fondos da parroquia:
Foi reconstruida en 1787 segundo Álvarez Limeses e hai nela un retablo de nogueira con imaxes, obra do escultor Xoán Pazos.
O prateiro Alberto Cotorino, veciño de Santiago, fixo en 1585 unha cruz de prata de 11 marcos para a igrexa de Santa María de Aguións igual ca unha que tiña a capela de San Frutuoso de Santiago. (Pérez Constanti "Dicc. de Arts." P. 141).
...MIRANDO AO CASTRO
No ano 1611 encomendóuselle ao entallador francés veciño de Santiago, Juan de París, a construción dun retablo coas imaxes de San Pedro e San Pablo e outra de Nosa Señora co Neno Xesús e un Deus Pai no remate, da que tamén nos deixou dito Pérez Constanti. Dic. Art. p. 421.
Por outra banda tamén sabemos que o bordador compostelán Fernando Álvarez Rebellón fixo para esta igrexa en 1602 unha casula de damasco verde coa súa cenefa bordada e un frontal de damasco vermello e tres cenefas e frontaleiros verdes, colorados e amarelos, e unha imaxe da Nosa Señora bordada con fío de seda e ouro de media vara de alto no corpo do dereito frontal na cal imaxe ten de ser metida nunha tarxeta. Vale 57 ducados.
O mesmo Fernando Álvarez en 1607 encargoulle Gabriel Carbón, mordomo desta igrexa, unha manga de cruz bordada sobre veludo vermello e ten que levar 4 figuras en redondo e 4 tarxetas ao redor perfiladas de seda e bordadas de ouro de Milán, así mesmo ha de levar as súas cortaduras de vasos de cores nos frisos e corpo da manga, todo de seda; e as imaxes serán as figuras de San Xoán Evanxelista, San Pedro e San Pablo cunha Nosa Señora e o Neno Xesús nos brazos ...e os demais cadros con romanos e follaxes... (López Ferreiro "Bordados y Bordadores de Santiago. Galicia Histórica I", p.263)
Outra versión di:
Ten unha portada de arco alintelado con molduras e ademais unha fornecina con arco semicircular e ventá con derrame ao exterior. Remata en espadaña central de dobre van.
Sancristía pegada ao norte e capela no lado sur. Ábsida máis alta do normal.
Escaleira de subida á espadaña no lateral sur e unha cornixa moldurada con talón ao redor de toda a igrexa.
Destaca o retablo feito en pedra, pintado no tempo da Guerra Civil por dous militares, traídos polo crego Amando Veiga Abad.
Inscrición das campás: son dúas do mesmo tamaño.
Campá da dereita: MARIA Y JOSE AÑO 1953. ESTA SE HIZO SIENDO PARROCO DON AMANCIO VEIGA ABAD.
Un selo pequeno di: JUAN OCAMPO. FUNDIDOR DE CAMPANAS. CALDAS DE REYES.
Campá da esquerda: AÑO 1-7 SIENDO CURA RECTOR DON G RABI EL ANTONIO DORELLE SIERRA ME FECIT EN S-to.
Fíxoselle unha reforma en 1980, na que lie puxeron teito novo e tribuna e rexuntáronse as paredes.
Ten unha casa de fábrica restaurada e a reitoral en estado de ruína.
CASAS NOBRES
Casa do Preguecido ou Señorío de Ramiráns
Segundo o "Inventario de Pazos y Torres nº.6, p. 14" o Morgado foi fundado por Gómez Rodríguez de Soutomaior canónigo da Sta. Igrexa de Santiago, fillo de Juan Rodríguez de Castro y Riobó, Sr. do Preguecido, froito do seu casamento con Urraca Ares de Sotomayor. Gómez fundou o vínculo e morgado de Preguecido o 15 de abril de 1556 perante Gonzalo Puñal, escribán do número e Cabido de Santiago, chamando como sucesor ao seu neto.
A importancia deste Pazo demóstrannola os entronques con persoeiros doutras casas nobres cuxa árbore xenealóxica a constituíron: Juan Rodríguez de Castro e Riobó, Sr. de Preguecido, que casou por segunda vez con Urraca Ares de Sotomayor, presunta filia de Pedro Bermúdez de Castro e Aldao (das casas de Aldao, Montaos e Lemos) e de Catalina de Sotomayor, descendente das casas de Lantaño, Rianxo, Sotomayor, viúva de Ferreirós, etc.
Deste casamento naceu Gómez Rodríguez de Sotomayor e Riobó, que foi o fundador como xa dixemos. Este tivo a Juan Rodríguez de Riobó, que tivo de Inés Alonso a Gómez Rodríguez de Sotomayor y Riobó no que recaeu o vínculo fundado por seu avó por desexo deste. Do segundo matrimonio con Elvira de Ribera Sotomayor (párente súa) muller moi ben emparentada, naceu Alfonso Rodríguez de Ribera Sotomayor que casou con María Álvarez de Castro que tiveron a:
Juan Rodríguez de Ribera Sotomayor, que casou con Teresa de Mera e Ulloa da casa da Granxa de Santa Cruz de Herbón e da de Santo Estevo de Basadre; destes naceu:
Baltasar Rodríguez de Ribera Sotomayor, fundador da capela anexa ao pazo na honra de Santo Amaro.
O PAZO, EMBELECEMENTO DO VAL GALEGO
Do primeiro casamento con Isabel Sarmiento de Pazos tivo a María Jacinta de Ribera Sarmiento y Sotomayor, que casou con Luis de Acevedo, da milicia e Señor de Ramiráns; sucedeulle o seu fillo:
José de Acevedo e Ribera, que ostentou o señorío de Ramiráns incluído na propiedade de Preguecido. Foi coronel de Milicias de Santiago (igual que seu pai), casou con Mechora Abraldes e María Teresa de Vega y Portocarrero, que foron Srs. de Guimaráns en Santiago.
"Hasta aquí el árbol genealógico del Pazo del Preguecido, confeccionado por Gómez de Varela de la casa de la Buzaca en el año 1 714".
Martínez Barbeito complétanolo dándonos a sucesión desta última parella:
Antonio Luis Acevedo e Abrales Sr. de Preguecido, Ramiranes, Cobas, etc., foi Coronel de Milicias de Tui, casou con María de Yebra Oca e Pimentel da liñaxe dos Losada da casa de Frieiría, "este señor fue quien al parecer según nos manifestó una de las propietarias del Pazo lo vendió a Segundo Paseiro Andión, cuyos sucesores -familia Paseiro Cidlo poseen actualmente. Conservación buena, escudo sobre una de las arcadas de la fachada principal... su entronque con la Casa de Lagartones supone parentesco con las del Casalnovo y Buzaca, constituyendo raíz de las del Curuxal, Peroja y San Marco".
Na actualidade é propiedade de Mariruz Diz Paseiro. Os seus salóns e dependencias atópanse en bo estado de conservación, sendo un referente arquitectónico dos pazos da Ulla.
Ten anexa unha explotación gandeira: cunha inmensa extensión de 300.000 m2 alugada a gandeiros.
Escribiu sobre el Charo Bellot "Pazo do Preguecido" (Tab. Terra nº IX).
Descrición do pazo dos condes de Ramiráns en Aguións: ten unha planta en L con baixo e piso; a fachada con pórtico formado por tres cercados de medio punto e debaixo escaleiras de chanzo moldurado que dan paso a unha portada alintelada remarcada de moldura plana. Nun dos arcos un escudo e na esquina da fachada reloxo de sol.
As ventás son rectangulares e xunto ás dependencias hai unha capela que forma parte do edificio. No lateral pegado á capela un balcón con ménsula corrida e cornixa moldurada con bola. Ten ademais unha gran cheminea con remate de pináculos, pertencente a unha gran lareira. Ten unha gran fonte oval toda feita en pedra e un antigo cruceiro, de pedestal reducido.
Sobre o muro que rodea a casa un hórreo, de 10 claros, e un pombal octogonal, que chama a atención por ter esta estrutura.
FESTAS PARROQUIAIS: ten as do patrón, Santa María, que se celebra o día 15 de agosto, o día 16 San Roque e ao domingo seguinte o refestexo co Santísimo Sacramento.
Tamén lie teñen festa ao Santo Antón, o día 13 de xuño,
facéndoa cadrar co sábado máis próximo.
Actualmente as festas fanse no campo de fútbol sito na Veiga do Crego, onde antigamente estaba a igrexa.
INDUSTRIA: como industria encontrábanse os muíños :
O de Calvelo e o de Cañizas no río Liñares.
O do Retortoiro, o da Ponte e o do Inferniño no río de Ponte Barcia.
E o muíño da Frieira no chamado río de Toedo.
Unha importante industria nesta parroquia foi a desaparecida Fábrica da Luz Eléctrica de Pina alí no recuncho nordeste da parroquia, no río Liñares, existiu esta fábrica que foi a primeira en dar luz bastantes anos á propia vila da Estrada.
Esta fábrica foi construída por Camilo Pardo (o primeiro farmacéutico da familia Pardo da Estrada) que despois pasou a Manuel Porto Verdura, o renomeado "escobeiro", da vila.
Aínda hoxe se encontran restos déla, a auga era recollida desde a banda de Trasmonte, marxe dereita do Liñares para pasala á marxe esquerda en terreo de Aguións, onde estaba a fábrica; era un salto importante para aqueles tempos. Tiña tamén un paso elevado para persoas.
DEPURADORA
En 2005 entra en funcionamento a Estación Depuradora de Alto Rendemento (EDAR) no lugar de Pina.
Esta estación, que depura todos os residuos procedentes da Estrada, substituíu a todas as depuradoras existentes, por bombeo, o que supón unha innovación e avance no sistema de depuración. Verte ao Liñares
Hai moitas casas novas vinculadas co solo urbano da vila, que co seu crecemento chega á parroquia, cunha poboación xa moi urbana debido á proximidade da Estrada.
INDUSTRIA: actualmente existen 3 carpinterías, 1 serradoiro, 1 empresa de autocares, 1 empresa de atraccións, 3 transportes camións, 2 empresas de construción.
COMERCIO: 1 salón de peiteado, 1 mesón e 1 grupo musical.
ENSINO: os nenos desta parroquia van aos colexios da Estrada.
A caza menor pode exercerse nalgúns montes da parroquia e por suposto a pesca é doada no río Liñares
En canto aos aspectos sanitario, económico, vivenda, luz, etc. nesta parroquia vese atendida polos medios da mesma vila e mellorou moito a economía e forma de vida coa concentración parcelaria e progreso en xeral.
DEPORTES: hai campo de fútbol.
TOPONIMIA MENOR: chámanos a atención que a Aldea Grande desta parroquia sexa un lugar formado por tres grupos de casas con chamadeiros distintos, é dicir, que está formado este lugar polo Recucho, A Figueira e Aldea de Baixo.
Outro topónimo sobresaínte é a Fonte da Virxe preto do Castro de Preguecido, pontes de Pina e a de Cañizas, Codeso, Frieira, o Cruceiro, Pedrouzos, Agro do Lobo, Porto de Bois, Eira dos Carbóns... e tamén curioso "O Prado por Martijo"
TELEFONÍA: por cable.
PLANTÍO REAIS: tiña esta parroquia un Viveiro de SM de cabida dous ferrados; a súa situación era levante-poñente e norte co monte común do lugar de Codeso.
* A Estrada Rural. 1990. Ed. 2007

Pedro Varela
Parroquia de 64 cabezas de familia e 335 habitantes, situada á esquerda do río Liñares e distante da Estrada dous quilómetros e medio aproximadamente.
En canto á antigüidade e nome desta freguesía, temos o testamento do arcebispo D. Paio Raimundez, datado o 17 de xuño de 1154. Neste texto denomina a esta parroquia “Santa María de Argiones”, cuxo significado equivale a “terra de camorristas ou revoltosos”, segundo opinións moi autorizadas.
Nós expoñémolo así con rigorosa fidelidade, sen ánimo ningún de molestar; e aínda entendemos que para os de Aguións, xente nin máis boa nin máis mala que a do resto do concello, non é ofensivo aquel significado, pois nada ten de particular que antigamente se suscitasen por alí polémicas e cuestións, como se suscitaban noutros varios sitios, resoltas xeralmente con razón e valentía.
Lugares: Os Cebados, O Preguecido, O Codeso, A Aldea Grande, O Outeiro e A Frieira.
O primeiro dos devanditos lugares distínguese pola súa fertilidade, e debido a iso os veciños, antigamente, dedicáronse á cría e engorde de bois, que vendían cebados e de aí a súa denominación. O de Codeso debe o nome ao cutissum, planta de raíz vivaz, moi coñecida xeralmente e abundante naquelas paraxes. Frieira vén da humidade ou frialdade que ocasionan os regueiros e brañas que rodean o casarío.
Lindeiros: norte, río Liñares, que separa de Paradela e Barbude; sur, A Estrada; leste, Lagartóns e Moreira; oeste, Toedo e Santeles.
Vías de comunicación: a vía da Estrada a Ponte Ulla e camiños veciñais, a ponte Nogueira, a ponte Canizas, e o pontillón de Barcia. A ponte vella de Nogueira fora mandada construír en virtude de sesión da Corporación municipal en data de 18 de xuño de 1840.
Bañan os termos desta parroquia o río Liñares e o regato de Barcia.
Carecen os de Aguións de escolas de primeiro ensino. O ministerio aprobou o expediente para a creación dunha escola mixta. Funciona en Aguións unha sociedade de agricultores.
No eclesiástico: Ten por patroa Santa María, o curato é de entrada, presentación do conde de Ximonde e outros; a igrexa é regular e ten no exterior un letreiro que di: «año D.M.D.C.C.X.C.I.I.» Antes dese ano había unha capela no lugar do templo actual. A primeira visita do libro de fábrica data do ano 1673. No mesmo libro lese que o cura tratou de reedificar a capela, para o que intentou persuadir ao presenteiro, pero este non accedeu e tivo que facerse a obra con fondos da parroquia.
Na casa do Preguecido, señorío de Ramiráns, hai unha capela, advocación de Nosa Sra. do Carme, pechada ao culto actualmente.
O señorío de Ramiráns foi concedido por título de Alfonso XII o ano 1875.
Festas anuais: a Patroa, o 15 de agosto; San Roque, o 16; o domingo próximo, o Sacramento; e ao seguinte, o Carme. O domingo que segue ao 13 de xuño celébrase o Santo Antonio.
Na Historia de la Iglesia Compostelana consigna o Sr. López Ferreiro este dato curioso: «A Fernando Álvarez, ano 1607, encargou Gabriel Carbón, mordomo da igrexa de Santa María de Aguións, unha manga de cruz bordada sobre veludo carmesí e catro figuras en redondo coas súas tarxetas perfiladas de seda formadas de ouro de Milán, cortaduras de raso de cores nos frisos e corpo da manga perfilada e formado todo de seda, coas imaxes de San Xoán, San Pedro e San Pablo. A Nosa Señora co neno Xesús nos brazos; os demais cadros e cortadura bordados de seda de cores con ramos e follaxe.»
A fábrica de luz eléctrica propiedade de D. Camilo Pardo está en termos da parroquia que describimos.
Hai un terreo entre Codeso e Aldea Grande chamado Veiga do Crego, a labradío, e dise que alí estivo a igrexa: labrando a terra apareceron un capitel antigo e materiais de construción.
A casa que na Aldea Grande posúe Jesús Rey e que se chama Casa do Frade, fíxoa un exclaustrado.
O 15 de abril de 1809 foi asasinado polos franceses o presbítero D. José Vaamonde.
Aos de Aguións distribúelles a correspondencia o peón de Ribeira.
* A Estrada, 1923. Ed. 2017