Imaxes actuais
Torre e Pazo de Guimarei anos 70
Torre e Pazo de Guimarei 1964
Alfonso Maceira Torrado
Torre e Pazo de Guimarei 1950
Milagros Pedreira
Imaxes antigas
A Torre e Pazo de Guimarei
José Manuel Bértolo Ballesteros e Luís Ferro Pego
Moi cerquiña de A Estrada no lugar de Guimarei álzase un pazo e a seu carón unha fortaleza medieval, que pola súa significación recolle o concello no seu escudo.
Falando de torres ou fortalezas medievais, non podemos esquecer a “guerra dos irmandiños”, pois nela derribáronse moitas. Como eran as fortalezas de Galicia antes e despois da guerra podémolo saber pola auditoría que iniciou no ano 1526 o novo arcebispo de Santiago, que pedía unha indemnización polos danos sufridos nas súas fortalezas. O licenciado proposto para a auditoría polo arcebispo saínte, Fonseca III, chamábase Simón Rodríguez, dono “do coto de San Xiao de Guimarei coa súa torre, casa e horta” entre outras moitísimas cousas, pois era moi rico.
A riqueza del e dos seus descendentes baseábase na concentración dos bens no fillo maior (vínculo e morgado), na posesión ou explotación dos foros, nas vodas sempre con xente de familias nobres e nos cargos e privilexios ao amparo das súas relacións cos Grandes de España, así por exemplo en 1655 Antonio Mosquera era “Administrador xeral por S.M. da Real Fábrica de Salinas do Reino de Galicia e Principado de Asturias”, que lle daba grandes beneficios.
Simón, fillo dun rexedor de Pontevedra, casara coa neta de Gregorio Sarmiento Valadares, señor de Valadares, Saxamonde e Meira e que morrera a mans de Pedro Madruga. Quedou pronto viúvo e fíxose cura, chegando a ser cóengo, persoa de confianza do arcebispo Fonseca III, reitor da Universidade e outros moitos cargos.
Deixoulle a mellora a seu neto Álvaro Suárez Sarmiento, fillo de Loisa e de Rodrigo Suárez de Tanxil, señor de Bentraces (Ourense), de onde traían o viño para a súa casa de Guimarei, que estaba pegada á torre. Como Álvaro non tivo fillos lexítimos, sucedeulle a súa sobriña Loisa, que casou con Pedro Mosquera Pimentel, señor do coto de Vilar de Paio Muñiz (Ourense).
O seu fillo primoxénito chamouse Antonio Mosquera, cabaleiro da Orde de Alcántara e fundador do colexio da Compañía de Xesús en Pontevedra (a súa igrexa é actualmente a parroquia de San Bartolomeu). Casou dúas veces, a primeira con Constanza de Lemos, da casa e fortaleza de Maceda e Laiosa, e a segunda con María Pimentel Soutomaior, da casa de A Mezquita (Ourense) e do castelo de Soutomaior (Pontevedra).
Un dos seus fillos, chamado Melchor, que terminou de financiar o colexio de Compañía de Xesús en Pontevedra doándolles os beneficios de Santeles e Lagartóns e rendas nas salinas, foi o pai do 1º marqués de Guimarei, chamado Antonio Miguel Mosquera Sanvitores (1672-1730). Este seguramente foi unha persoa “especial”, xa que despois dun intento de casar coa filla do señor de Torres de Oca, casárono coa filla da marquesa de Robledo, de doce anos de idade, que se negou a todo e pediu a anulación do matrimonio. Por fin casou coa filla do señor da casa de Quindós e da I marquesa de San Sadurniño, coa que tivo un fillo pero xa sobre esas datas foi recoñecido como demente, polo que sería a súa muller e logo a sogra quen administraba os bens de Guimarei.
O seu fillo, o II marqués de Guimarei morreu en 1758, seica asasinado, solteiro e sen descendencia, polo que herdou todos os seus bens e o marquesado un primo seu, chamado Lois Fco. Mosquera Aranda, que estaba na Real Audiencia en México. Por iso, os seguintes marqueses, aínda que mandaron facer o pazo que está a carón da torre no que vivía o seu administrador, xa non viviron permanentemente en Guimarei, aínda que si estiveron ocasionalmente.
Un fillo do VII marqués de Guimarei, Gonzalo Ozores Saavedra, foi quen herdou en 1901 os bens e a torre de Guimarei ademais do título de señor de Rubiáns, e en 1919 arrendou ao concello a finca para facer unha granxa e parada de sementais.
En 1991 os seus descendentes, a familia Ozores Urcola, mandaron quitar o escudo da porta principal do pazo, pero afortunadamente logrouse que fora restituído. E en 1999 venderon a propiedade a D. Lois Boullosa, veciño de Pontevedra, con quen o concello iniciou un proceso para exercer o dereito de retracto.
Actualmente seguimos esperando a Godot, mentres a torre e o pazo descansa no esquecemento e corroído pola vexetación.
* Capicúa. 5-12-2012

Novas achegas á Torre de Guimarei
José Manuel Bértolo Ballesteros e Luís Ferro Pego
Hai dous anos os que subscriben publicamos un extenso traballo sobre a historia da Torre de Guimarei que comezaba a mediados do século XVI co fundador do morgado de Guimarei,don Simón Rodríguez, ata a actualidade. Sen embargo daquela non puidemos chegar ata máis atrás. Afortunadamente agora estamos en disposición de de ofreceraos lectores do FARO DEVIGO os prolegómenos desta torre.
A comezos do século XV o escudeiro e rexedor de Pontevedra Men Suárez Gallinato era o señor do coto de San Xiao de Guimarei, polo que se lle pagaban seis celemíns de pan e dous marabedís porcada casa.E o4 de decembro de 1413 ante o notario deTabeirós e Ribadulla don Afonso Ballón, dito Men Suárez recibiu en doazón de Teresa García (veciña) de Gudín na freguesía de San Xiao de Guimarei a terceira parte de todas as casas,herdades e“chantados”que tiña no lugar de Gudín polas“obras boas e ajudas”que recibiu de dito escudeiro .
Dito Mens Gallinato debía ser da familia de Afonso Gómez Gallinato,que o 29 de xullo de 1366 xunto con Fernán Pérez de Deza asasinou o arcebispo compostelán Suero Gómez deToledo,dada a súa ligazón con Guimarei, como vemos no seu testamento en que efectuou unha manda a favor do convento de Acibeiro de“quantos herdamentos e casas e coutarias e dereitos eu aio em toda terra de Taveiroos e no couto de San Xiao” de Guimarei.
A Men Suárez Gallinato, que testou en 1417, sucedeuno a súa filla Leonor Suárez Gallinato, que casou con Ruy López de Montenegro e foron pais de Gonzalo López de Montenegro, rexedor da vila de Pontevedra.
Gonzalo testou en 1491 e deixou por herdeira á súa esposa dona Inés Gómez, a cal consentiu que os seus cumpridores Jácome Rodríguez e Tristán Francés, seguindo as súas instrucións e co obxecto de fundar dotes para cinco ou seis mozas pobres, vendesen en 1492 o coto e señorío de San Xiao de Guimarei e os padroados dos beneficios de Santeles, o padroado de Lagartóns e outros bens, todo elo ao clérigo de Santa María de Mourente chamado Lope Díaz.
Claro que este clérigo era un mandado do testamentario Jácome Rodríguez, polo que ao ano seguinte fixo cesión do coto de Guimarei e dos padroados dos beneficios de Santeles e Lagartóns a favor de dito Jácome Rodríguez, rexedor da vila de Pontevedra.
Jácome Rodríguez casou en primeiras nupcias con dona Clara Sánchez, quen testou en 1487 en Pontevedra, e foron os pais, entre outros, de Simón Rodríguez, que como dixemos foi o fundador do morgado de Guimarei, que logo herdou a súa filla Luisa Sarmiento de Meira, pois o seu fillo Bartolomé morreu ao pouco de casar -en 1543 con María de Neira, dona e fundadora do morgado do pazo de Oca.
Simón Rodríguez, nacido en Pontevedra na parroquia de San Bartolomeu, foi rexedor de Pontevedra en sucesión a seu pai en 1518,rexedor de Santiago en 1520 e en 1525 asistente e xustiza maior de Santiago. E, unha vez viúvo, foi cóengo de Santiago por bula da súa santidade o Papa Clemente VII, reitor do “colegio nuevo y universidad del señor Santiago Alfeo que fundó y dotó en Santiago en Ilmo.Señorarcobispo D.Alonso de Fonseca” entre 1545 e 1551, e foi axudante e testamentario de Alonso III de Fonseca, arcebispo de Santiago e de Toledo.
En 1534 mercou ao clérigo de San Pedro de Quintillán (Forcarei) dous terzos enteiramente do lugar e casal de Gudín na freguesía de Guimarei,do que a outra terceira partexa lle pertencía.En 1545 adquiriu o lugar e casal denominado 0 Francés sito en San Xiao de Guimarei, con todas as súas casas e herdades a montes e a fontes. En fin, ao longo da súa vida foi adquirindo outras moitas propiedades e dereitos na freguesía de Guimarei, Lagartóns, Somoza, Santeles,etc.
E trala súa morte en 1555, no “Memorial de toda la hacienda, muebles raíces dineros plata e deudas que dejo el señor Licenciado Rodríguez que santa gloria haya,primeramente dejó... el coto de san Xiao de Guimarei con una torre,casa e huerta,tiene cuatrocientos treinta y cuatro celemines de todo pan...”
Agora ben,hai que destacar que sendo xa dono por herdanza da torre e casa anexa de Guimarei, en 1524 aforou tamén“el lugar y casal de A Torre también llamado de Outeiriño en Guimarei”.
Isto nos permite pensar que se dito lugar era coñecido por A Torre pero aínda se coñecía o nome antigo, Outeiriño, temos que presumir que pasarían dúas ou tres xeracións desde que se fixo a torre e que pola súa importancia desprazou o seu antigo nome.
Pómonos así arredor do ano 1480, é dicir, despois da revolta dos Irmandiños e cando se comezaron a reconstruír as novas fortificacións sobre todo as arcebispais, e por iso no proceso Tabera-Fonseca sobre o derribo das torres polos Irmandiños non aparece citada a nosa torre.
Propoñemos pois que a torre de Guimarei foi ergueita en tempos do rexedor da vila de Pontevedra don Gonzalo López de Montenegro (falecido en 1491) e da súa esposa dona Inés Gómez.
* Faro de Vigo. 8-6-14