Brea Abades, primeira vítima dos que nunca deixaron de matar
XOÁN CARLOS GARRIDO
O 1 de novembro de 1931 era tiroteado Brea Abades.
Hai quen di que é a primeira vítima da represión do clericalismo fundamentalista, outros afirman que era un vividor enredante que caeu nunha liorta de xogo ou unha lea de saias. Segundo se fose dunha ou doutra ideoloxía, cada quen tiña unha teoría acaída sobre a autoría deste crime; mais o caso é que nunca se esclareceu de todo o asasinato de Manuel Brea Abades, Natural de Cereixo, soubo ser xornalista e presidente da Federación Agraria, e tanto lía as cartas nas feiras adiviñando o futuro como - froito da súa estadía como celador dun hospital en Bos Aires – sandaba enfermos incurábeis, desafiuzados polos médicos.
Simultaneamente era o director da “Estrada Republicana” e “A República” de Silleda, ademais de correspondente de diversos xornais da emigración, como “La Libertad” e “Galicia” de Bos Aires.
Un dos seus libros mais singulares era anunciado deste xeito: “Política Racial.- Todo aquel que se interese por las grandezas de España y las virtudes de la raza, debe leer el libro ‘Intereses y relaciones Argentino españolas’ recién publicado por M. Brea Abades”. Ao mesmo tempo atopamos este outro anuncio de outro produto bastante diferente do mesmo autor: “Salud, fuerza y vigor, se consigue tomando Habada Brea Abades, que pronto se pondrá a la venta. Esta habada no es una medicina sino un alimento natural que está científicamente comprobado ser el 20 por 100 más alimenticio que la carne de vaca fresca. Es inofensiva y su uso diario hace engordar en poco tiempo varios kilos. No se vive de lo que se come, por que muchas veces lo que se come es ofensivo, sino de lo que se digiere”.
Si, eran tempos nos que os canons de beleza valoraban máis as dietas de engorde e os autodidactas sorprendían con publicacións especializadas de grande altura. O seu lema era “As plantas son tesouros que pisamos”, referíase ás medicinais, mais tamén a todo o que nos rodea e que non sabemos valorar por ignorancia e por desprezo.
Certo que as veces era atrevido demais cos seus descubrimentos de curas milagrosas por moi documentado que estivera. Así afirmaba: “El Culen cura la diabetis, lo demostró el doctor José Grossi, de Valparíso (Chile), en una comunicación presentada al 2º Congreso médico Latino-americano, y afirma que el Culen no fracasó una sola vez en los numerosos enfermos por él tratados. El célebre historiador de costumbres primitivas padres Rosales, dice tambien que el culen cura las heridas, las almorranas y el flujo. Otro tanto dice el químico A. Vázquez en su tratado completo de farmacia, y el profesor Portes director del Museo de Historia de Chile”. O certo é que o culen non fai mal ningún e Brea Abades, para non ter estudios, mostraba unha grande erudición sobre a literatura médica do momento, quizais máis que algún profesional desta especialidade.
Mais o caso é que cando chega a República, Cereixo estaba a celebrar a romaría de San Xorxe, e este ilustre veciño xa tiña mercadas as bandeiras republicanas que lucirían durante estas festas. Non se tocaría a Marcha Real, mais houbo quen tocou o harmonio dentro da igrexa causando o consabido malestar. Entusiasta republicano, desatouse a dar mitins polas parroquias estradenses anunciando e denunciando aquilo que consideraba libremente que debía dicir. Este é o caso do mitin do Foxo do 4 de outubro no que lembraba “como pesa aún sobre los hombros del pueblo la vergonzosa obra de la Dictadura” referíndose ao conflito de Guimarei cos mestres arremetendo contra a intolerancia relixiosa nas súas conclusións: “elevar formal protesta contra los maestros que persiguen a los hijos de los que no quieren firmar la boleta como conformes de que se les enseñe religión a sus hijos”, en referencia a actitude de Tomás Alfonsín de impoñer a realixión á forza.
Nese mesmo lugar, 20 días despois, recibía varios disparos. A primeira versión é que ía con un mozo de Vinseiro, Baltasar Rodríguez Riveira, cando foron petar a porta do establecemento de José Suárez, para tomar un vaso de viño. Tanto lle insistiron que o devandito José apareceu polo tellado tirando tellas e facendo varios disparos, un dos cales alcanzo nas pertas a Baltasar e outro entrou en Brea pola omoplata para saírlle polo pescozo, deixándoo sen sentido. Moi axiña se puxo en cuestión a versión oficial. E na prensa da emigración e republicana de toda Galiza apuntábase cara outras responsabilidades neste crime. No xornal “El Emigrado” considerase estraño “el hecho de que Suárez le hubiera disparado a él, máxime después de habérsele dado a conocer; por lo cual entendía que debiera haber obrado en estado de embriaguez o de locura, o tal vez mal aconsejado por alguna persona extraña que debía estar dentro de su casa” Só lles faltaba pórlle nome: “otras conjeturas que se hace la gente respecto al caso y que anandan por ahí de boca en boca mezclando en ello a cierta persona de hábitos y dando a los móviles de la agresión de Brea Abades carácter político clerical”.
Efectivamente, o grande sospeitoso será durante toda esta etapa o crego de Rubín, Juán Manuel López García, sobre o que recaen as miradas dos republicanos. Tanto é así que na parroquia de Cereixo os veciños tiñan vetado a presenza de dito crego. Así na misa de Corpus do ano 33, cando observaron que asistía en calidade de oficiante, levantáronse e un tras outro foron desfilando até deixar o templo baleiro. Unha vez que se retirou dito crego – quen xa estaba coas vestiduras de misar - o público volveu correctamente á igrexa e a cerimonia celebrouse como de costume.
O 7 de novembro a audiencia provincial puña punto final á vía xudicial ao declarar inocente a José Suárez, co cal sería o tribunal popular do ruxe ruxe cidadán o que seguiría a sentenciar sobre o caso. No xuízo dábanse cita primeiras espadas da xudicatura e da política provincial, Prundencio Landín, pola defensa, e Poza Juncal, pola acusación particular. Co veredicto de inculpabilidade, a viúva e os fillos de Brea Abades, quedaban sen dereito a indemnización que tanto precisaban, e o conxunto dos cidadáns estradenses, ficaban coa dúbida que tanto mal fixo a hora de ser arma de liorta entre os bandos locais. Unha morte que en calquera caso non sería a última e que quedaría esquecida no medio de tantas outras que tiveron lugar a partir de xullo de 1936, fosen ou non polo mesmo motivo que esta primeira.